abruñeiro
abruño
(Prunus spinosa)
endrino
blackthorn
prunellier
abrunheiro
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Rosales
FAMILIA
Rosáceas
Arbusto ou pequena árbore espiñenta coa copa baixa
irregular e pouco densa que pode acadar os 4 m de altura,
co toro delgado e a tona de cor parda moi escura.
Atópase por toda Galiza, máis abundante na beiramar en
bosques ou formando parte de sebes.
FOLLAS
Caedizas, simples, alternas, de
forma elíptica ou lanceolada, de
ata 4 cm de lonxitude, coa beira
serrada e o peciolo curto.
FLORES
Hermafroditas, brancas
e solitarias.
FROITOS
Drupas de 10 a 12 mm, de cor
negra-azulada e sabor ácido.
CICLO ANUAL-ABRUÑEIRO
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
USOS:
O froito emprégase para facer
confituras, aromatizar licores...
As flores e as follas teñen propiedades
laxantes e diuréticas.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet
Maio 2015
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet
Maio 2015

Abruñeiro (Prunus spinosa)