Faia
(Fagus sylvatica)
beech
hêtre
faia
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Fagales
FAMILIA
Fagáceas
Árbore de copa
redondeada e mesta
que pode acadar os 40
m de altura. Medra
lentamente e acada a
madurez aos 100 anos.
Precisa humidade e
temperaturas frescas
todo o ano.
É unha árbore típica de climas
fríos, orixinaria de Europa
Central.
En Galiza é escasa. Só se atopa
en zonas montañosas da
provincia de Lugo.
Os mellores exemplares
consérvanse en parques e
xardíns.
TORO
Recto coa tona lisa de cor
verde-gris e ramificación
ergueita.
FOLLAS
Simples, alternas, ovais-
apuntadas coa beira
lixeiramente ondeada e con
peliños, cos nervos e o envés
peludos. O peciolo é curto.
FLORES
Son unisexuais, en inflorescencias
separadas sobre o mesmo pé. Saen
na primavera cando brotan as follas
novas. As flores masculinas son
amentos globosos de cálice tubular,
as femininas están en grupos de ata
tres rodeadas por un involucro.
Florece en abril e maio.
♂
FROITOS (faiuchos)
Son secos (aquenios) e están encerrados
nunha cúpula cuberta de pelos grosos e
duros que se abre ao madurar. Madura
entre setembro e outubro.
As sementes son comestibles.
CICLO ANUAL-FAIA
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
Os faiais galegos son pequenas masas forestais asociados moitas
veces aos terreos calcários ou situados en zonas de transición con
carballeiras, en terreos montañosos orientados ao norte. Son
bosques umbríos e con pouco mato.
Os máis importantes atópanse nos Ancares (Pintinidoira), O Courel (Devesa
de Rogueira, Romeor, O Faro), O Cebreiro (Liñares, Zanfoga, Riocereixa,
Fonteformosa) e A Marronda.
Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro
(Lugo). O faial máis puro de Galiza.
Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Devesa de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).
Faia en Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro
(Lugo). 2,10 m de perímetro.
Faial do Sixto (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).
Faial de Liñares (Pedrafita do Cebreiro, Lugo).
Devesa de Brañas. Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Devesa de Romeor (Folgoso do Courel,
Lugo).
Devesa do Faro (Folgoso do Courel, Lugo).
A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).
Fraga da Marronda (Baleira, Lugo).
Faias na Marronda. Baleira
(Lugo). Nesta fraga atópase o
límite occidental de distribución
da faia en Galiza. Forman
manchas nas zonas máis
húmidas dentro dun bosque
mixto de carballos, bidueiros,
carbas, capudres, avelairas,
acivros...
Faias na Devesa de
Rogueira. O Courel (Lugo).
As faias atópanse
mesturadas con carballos,
carbas, acivros, teixos,
pradairos, capudres...
A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).
-4,30 m de perímetro.
-4,35 m de perímetro.
-4,40 m de perímetro.
A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).
A Pintinidoira (Cervantes, Lugo).
-3,80 m de perímetro.
Mosteiro-pazo de San Lourenzo (Santiago
de Compostela)
-21,50 de altura e 3,28 m de perímetro.
Campus da USC
(Santiago de Compostela)
-3,57; 3,40 e 3,50 m de perímetro.
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
(Vedra, A Coruña)
-31 m de altura e 2,95 m de
perímetro.
Pazo de Antequeira (Rois, A Coruña)
-29 m de altura e 3,19 m de perímetro.
Monte Aloia (Tui-Pontevedra).
-3,16 m de perímetro troncal, uns 20 m de
altura e case 30 m de diámetro de copa.
Parque de Castrelos (Vigo)
-45,6 m de altura; 3,84 m de
perímetro.
FAIA PÚRPURA.
É unha variedade de Fagus
sylvatica (Atropurpúrea)
coas follas vermellas.
As máis grandes atópanse
nos pazos de A Mercede
(As Neves), Torrecedeira
(Redondela) e parque de
Castrelos.
Faia púrpura do parque de Castrelos. Vigo
Parque de Castrelos (Vigo).
Varios exemplares, a máis grande mide 38 m
de altura e 3,19 m de perímetro.
Xardíns Méndez Núñez
(A Coruña)
Pazo de Torrecedeira
(Redondela)
-34 m de altura e 4,10 m de perímetro.
USOS:
A madeira de faia é de boa calidade e úsase
para facer móbeis e parquet. Noutros tempos
usouse para facer carbón.
É unha árbore presente en parques e xardíns.
ESCOLMA LITERARIA
SOUTO sin folla!
Faias cerdeiras
roxas
e bidueiras marelas!
.....................................
Ollo do Río!
Barbas de mofo e lidrio!
Alta faia con redroma!
Non miro máis que a sombra.
Uxío Novoneira “Os Eidos 1”
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Outubro 2015

Faia (Fagus sylvatica)