O tomiño é unha planta
aromática.
Trátase dunha planta vivaz e
rastreira, con pólas delgadas e de
sección cuadrangular, cubertas de
abundante pilosidade. As follas
son ovais, duns 18x10 mm. As
flores, de cor rosa púrpura, nacen
no verán.
O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños, de terreos
húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude.
Ten propiedades medicinais: para curar o reumatismo quéimase tomiño
e nébeda e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a
enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre.
Alberto Ribeiro Ramos
A xilvarveira é un arbusto (ata 80-
100 cm de altura). É abundante en toda
Galicia en carballeiras, soutos ou en
terreos rochosos, preferindo zonas
húmidas.
É de cor verde escuro. Presenta
pequenas flores de cor violetáceo.
Florece en inverno-primavera. No
inverno, nas plantas femininas aparece un
froito en forma de baia de cor laranxa ou vermello.
A raíz e as follas empréganse na medicina para tratamentos de varices
e antiinflamatorios. Reduce a celulite e mellora a circulación. Aplícase de
forma externa.
En moitos países emprégase como adorno de Nadal.
Ana Piñeiro Suárez e Carla Muñiz Delgado
A silva ou silveira é un arbusto
de talos espiñentos. Pode medrar
ata os tres metros. Moi abondosa
en Galicia. As follas nacen en
grupos de tres.
O seu froito aseméllase a unha
baga, coñecida como amora. É
comestible, de cor morada, que se
volve negra ao madurecer. O seu
sabor é doce. Usouse para tinxir a
la de cor negra.
É unha planta invasiva que medra rapidamante e pode colonizar
extensas zonas de bosque ou forman grandes sebes en pouco tempo.
Ana Michalowicz Castro
O merlo macho é negro, con
peteiro brillante amarelo-alaranxado
e un círculo arredor dos ollos. A
femia ten unha cor parda escura.
É omnívora e mide
aproximadamente entre 23 e 29 cm.
Habitan en bosques, sebes, monte
baixo e xardíns. Atópanse en Europa
e en Asia. Non forman bandadas,
ainda que varios deles poden vivir asociados.
Poñen entre catro e cinco ovos de cor azul pálida
con manchas vermellas, que colocan nun niño feito con
herba e lama en forma de cunca que sitúan na
bifurcación das árbores ou en edificios. Comen vermes
e tamén baias e froitos.
Ana Fandiño Barreiro e Nerea Silva Santiago
A pita do monte é unha galinácea que
se encontra actualmente en perigo de
extinción. Desde o ano 2005 a pita de
monte considérase oficialmente extin-
guida en Galiza.
Caracterízase por ter unhas plumas
debaixo do pico en forma de barba, un
rabo en forma de abano e uns tubérculos
vermellos sobre os ollos.
As femias poñen entre cinco e doce
ovos nun furado no chan. Os niños son obxectivo doado para o xabaril, os
cans e o azor. A mortaldade dos pitos é moi alta nas primeiras semanas de
vida. A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe.
Beatriz Rivas López e Antonio Agrelo Fernández
Os piñeiros son árbores perennes.
Son nativas do hemisferio Norte.
A copa pode ser piramidal ou
redondeada e, nas árbores adultas,
ancha e deprimida.
As follas teñen forma de agulla, e
agrúpanse (entre 2 e 5).
Os piñeiros producen resina. A casca
da maioría dos piñeiros é grosa e
nalgunhas especies é escamosa.
A polinización realízana grazas ao
vento, aínda que en certas especies son
os esquíos e os paxaros quen levan o pole.
Brais Carnota Muñiz e Andoni Fernández Pérez
Os fentos ou fieitos non producen
semente: reprodúcense por esporas.
Están formados por un rizoma e
follas grandes, ás veces moi divididas.
É moi abondoso en Galicia, por
exemplo nas carballeiras onde forman
extensas superficies. Segundo a área
xeográfica recibe diferentes
nomes.Existen unhas 10.000 especies
de fentos. Pódese atopar en todos os
continentes, salvo na Antártida.
As frondes son moi grandes, de ata 2 metros.
Carla Rodríguez Santiago e Paula Lorenzo Maneiro
A mimosa é unha árbore de
entre 10-12 metros de altura,
perenne, usada en xardinaría
como ornamental, de crecemento
rápido se ben é raro que exceden
dos 30 anos de idade.
Ten flores amarelas de moito
arrecendo. Florece de xaneiro a
marzo. Multiplícase por medio de
sementes.
Plántase en parques, rúas e paseos, aínda que o uso máis estendido é a
xardinaría, pola cor das súas flores e o número delas, ofrecendo conxuntos
de gran beleza. Cultívase como fixador de terreos.
Encontráronse sarcófagos exipcios da súa madeira, seguramente debido
á súa resistencia á putrefacción.
Emilio Dieste Boo e Lourdes Romero Laíño
O castiñeiro é unha árbore
caducifolia moi apreciada pola súa
madeira e os seus froitos. É
orixinario do sueste europeo e Asia
Menor é, desde a antigüidade, moi
común nos montes de Galicia. O seu
espallamento data da época romana.
Moitos exemplares acadan centos de
anos.
A súa madeira de calidade
empregouse na fabricación de mobles
e trabes. Foi un alimento moi
apreciado, especialmente antes da chegada da pataca das Américas. O
magosto é unha das principais festividades da cultura e gastronomía
galega.
Gorka Pereira Chouza e Noelia Treus Pouso
O ourizo cacho pode chegar a pesar
máis dun quilo. Está revestido de pugas.
Os músculos cutáneos permítenlle
envolverse e formar unha bóla de
pugas. Non teñen pescozo e os seus
ollos son pequeniños. Vive en terreos
con matogueiras, silveiras e arbustos.
Os pesticidas e os atropelos nas
estradas son o seu maior problema.
Procura xeralmente o alimento de
noite. Caza e come sobre todo insectos, ovos, landras, castañas e outros
froitos e bagas.
Poden chegar a ter cinco ou seis crías, tras unha xestación de 2 meses.
Helena Boullón Cassau e Álvaro Piñeiro Oubiña
Os falcóns teñen as ás finas e acentuadas, que
lles permiten acadar velocidades moi altas. Os
falcóns peregrinos son os animais máis rápidos do
planeta, acadando velocidades en picado entre os
250-400 km/h.
Os falcóns peregrinos aliméntanse de aves que
capturan no aire. Adoitan cazar ao solpor e ao
mencer. As femias son máis grandes que os machos.
Poñen de 1 a 5 ovos de cor amarela con manchas
acastañadas. Poden vivir ata 15 anos. O falcón úsase na cetrería desde fai
máis de 3000 anos.
O falcón peregrino emprégase en ocasións para espantar outras aves en
aeroportos. Tamén se usaron para interceptar pombas mensaxeiras
durante a Segunda Guerra Mundial.
Lourdes Romero Laíño e Noelia Treus Pouso
A sobreira ou corticeira é unha árbore da familia do carballo. Hai sobre
450 especies. Cultívase no sur de Europa e norte de África. A sobreira é
unha especie natural e autóctona da Península Ibérica.
A madeira é excelente para queimar. A parte que máis se aproveita é a
cortiza. Os romanos xa a usaban para
fabricar sandalias e facer flotar as
redes mariñeiras.
Na actualidade empréganse para
tapar as botellas de vidro e coma
illante sonoro e térmico. Outra parte
que nos é útil da sobreira son as
súas landras, que contribúen á
biodiversidade dos bosques onde se
atopan, pois son alimento de moitos
animais, en especial dos porcos.
Lucía Hermo Abuín
O xabarín é un mamífero de
corpo robusto. É considerado o
antepasado do porco doméstico.
Pode acadar os 150 kg de peso e
medir máis dun metro de longo. O
corpo é robusto con pescozo curto.
Os machos presentan na mandíbula
superior dous cairos moi grandes
encorvados cara arriba. Posúen un
olfacto e oído moi desenvolvidos.
É de hábitos nocturnos pero ás veces sae dos seus agochos durante o
día. Unha das actividades características desta especie son os baños de
lama que teñen unha función de regulación da temperatura.
A pelaxe, máis longa e densa no inverno, é ríxida. As crías presentan
unha pelaxe mimética a base de raias leonadas e marróns.
Nicolás Formoso Pérez e Uxía Fernández Piñeiro
O romeu é un arbusto de follas
pequenas e moi abondosas. Son opostase
de cor verde escura. As flores son duns
5 mm de longo e de cor é azul violeta,
rosa ou blanco.
Ten moitas aplicacións medicinais. Co
aceite que se extrae directamente das
súas follas, prepárase alcol de romeu, o
cal se emprega para previr as úlceras. A infusión das follas de romeu calma
a tose e é boa para o fígado. Debe tomarse antes ou despois das comidas.
O fume do romeu serve como tratamento para a asma.
Reprodúcese por sementes ou por medio de gallos.
Pablo Cameán Lorenzo e Brais Vázquez Lourido
O salgueiro é unha árbore orixinaria do
hemisferio norte que vive en zonas de clima
frío ou temperado, con solos máis ben
húmidos. Adoita vivir á beira dos ríos e
regatos.
As pólas son flexibles. Son plantas
caducifolias. As follas son en xeral
alongadas.
As flores dispoñense agrupadas.
Prenden moi ben de estacas ou gallos,
medrando moi rápido.
O salgueiro é coñecido polas súas
propiedades terapéuticas e medicinais.
Pablo Pérez Noceda
O buxo é un arbusto de follas perennes que pode acadar ata os 5-6 m
de altura. É unha planta de crecemento ás veces moi lento, que pode vivir
varios séculos.
As súas flores son moi apreciadas
polas abellas.
A súa madeira utilízase en
ferramentas e na elaboración da gaita
galega por ser compacta e duradeira.
Nos xardíns o buxo emprégase a
miúdo a xeito de sebe, mesmo tallado e
en figuras.
As follas e os froitos son tóxicas e
a súa inxesta pode causar molestias.
Hai fungos que lle provocan a caída
das follas, manifestándose con pintas
brancas persistentes.
Roi Lorenzo Dieste

Bosque2

  • 1.
    O tomiño éunha planta aromática. Trátase dunha planta vivaz e rastreira, con pólas delgadas e de sección cuadrangular, cubertas de abundante pilosidade. As follas son ovais, duns 18x10 mm. As flores, de cor rosa púrpura, nacen no verán. O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños, de terreos húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude. Ten propiedades medicinais: para curar o reumatismo quéimase tomiño e nébeda e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre. Alberto Ribeiro Ramos A xilvarveira é un arbusto (ata 80- 100 cm de altura). É abundante en toda Galicia en carballeiras, soutos ou en terreos rochosos, preferindo zonas húmidas. É de cor verde escuro. Presenta pequenas flores de cor violetáceo. Florece en inverno-primavera. No inverno, nas plantas femininas aparece un froito en forma de baia de cor laranxa ou vermello. A raíz e as follas empréganse na medicina para tratamentos de varices e antiinflamatorios. Reduce a celulite e mellora a circulación. Aplícase de forma externa. En moitos países emprégase como adorno de Nadal. Ana Piñeiro Suárez e Carla Muñiz Delgado
  • 2.
    A silva ousilveira é un arbusto de talos espiñentos. Pode medrar ata os tres metros. Moi abondosa en Galicia. As follas nacen en grupos de tres. O seu froito aseméllase a unha baga, coñecida como amora. É comestible, de cor morada, que se volve negra ao madurecer. O seu sabor é doce. Usouse para tinxir a la de cor negra. É unha planta invasiva que medra rapidamante e pode colonizar extensas zonas de bosque ou forman grandes sebes en pouco tempo. Ana Michalowicz Castro O merlo macho é negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia ten unha cor parda escura. É omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29 cm. Habitan en bosques, sebes, monte baixo e xardíns. Atópanse en Europa e en Asia. Non forman bandadas, ainda que varios deles poden vivir asociados. Poñen entre catro e cinco ovos de cor azul pálida con manchas vermellas, que colocan nun niño feito con herba e lama en forma de cunca que sitúan na bifurcación das árbores ou en edificios. Comen vermes e tamén baias e froitos. Ana Fandiño Barreiro e Nerea Silva Santiago
  • 3.
    A pita domonte é unha galinácea que se encontra actualmente en perigo de extinción. Desde o ano 2005 a pita de monte considérase oficialmente extin- guida en Galiza. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, un rabo en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos. As femias poñen entre cinco e doce ovos nun furado no chan. Os niños son obxectivo doado para o xabaril, os cans e o azor. A mortaldade dos pitos é moi alta nas primeiras semanas de vida. A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. Beatriz Rivas López e Antonio Agrelo Fernández Os piñeiros son árbores perennes. Son nativas do hemisferio Norte. A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. As follas teñen forma de agulla, e agrúpanse (entre 2 e 5). Os piñeiros producen resina. A casca da maioría dos piñeiros é grosa e nalgunhas especies é escamosa. A polinización realízana grazas ao vento, aínda que en certas especies son os esquíos e os paxaros quen levan o pole. Brais Carnota Muñiz e Andoni Fernández Pérez
  • 4.
    Os fentos oufieitos non producen semente: reprodúcense por esporas. Están formados por un rizoma e follas grandes, ás veces moi divididas. É moi abondoso en Galicia, por exemplo nas carballeiras onde forman extensas superficies. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes.Existen unhas 10.000 especies de fentos. Pódese atopar en todos os continentes, salvo na Antártida. As frondes son moi grandes, de ata 2 metros. Carla Rodríguez Santiago e Paula Lorenzo Maneiro A mimosa é unha árbore de entre 10-12 metros de altura, perenne, usada en xardinaría como ornamental, de crecemento rápido se ben é raro que exceden dos 30 anos de idade. Ten flores amarelas de moito arrecendo. Florece de xaneiro a marzo. Multiplícase por medio de sementes. Plántase en parques, rúas e paseos, aínda que o uso máis estendido é a xardinaría, pola cor das súas flores e o número delas, ofrecendo conxuntos de gran beleza. Cultívase como fixador de terreos. Encontráronse sarcófagos exipcios da súa madeira, seguramente debido á súa resistencia á putrefacción. Emilio Dieste Boo e Lourdes Romero Laíño
  • 5.
    O castiñeiro éunha árbore caducifolia moi apreciada pola súa madeira e os seus froitos. É orixinario do sueste europeo e Asia Menor é, desde a antigüidade, moi común nos montes de Galicia. O seu espallamento data da época romana. Moitos exemplares acadan centos de anos. A súa madeira de calidade empregouse na fabricación de mobles e trabes. Foi un alimento moi apreciado, especialmente antes da chegada da pataca das Américas. O magosto é unha das principais festividades da cultura e gastronomía galega. Gorka Pereira Chouza e Noelia Treus Pouso O ourizo cacho pode chegar a pesar máis dun quilo. Está revestido de pugas. Os músculos cutáneos permítenlle envolverse e formar unha bóla de pugas. Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. Vive en terreos con matogueiras, silveiras e arbustos. Os pesticidas e os atropelos nas estradas son o seu maior problema. Procura xeralmente o alimento de noite. Caza e come sobre todo insectos, ovos, landras, castañas e outros froitos e bagas. Poden chegar a ter cinco ou seis crías, tras unha xestación de 2 meses. Helena Boullón Cassau e Álvaro Piñeiro Oubiña
  • 6.
    Os falcóns teñenas ás finas e acentuadas, que lles permiten acadar velocidades moi altas. Os falcóns peregrinos son os animais máis rápidos do planeta, acadando velocidades en picado entre os 250-400 km/h. Os falcóns peregrinos aliméntanse de aves que capturan no aire. Adoitan cazar ao solpor e ao mencer. As femias son máis grandes que os machos. Poñen de 1 a 5 ovos de cor amarela con manchas acastañadas. Poden vivir ata 15 anos. O falcón úsase na cetrería desde fai máis de 3000 anos. O falcón peregrino emprégase en ocasións para espantar outras aves en aeroportos. Tamén se usaron para interceptar pombas mensaxeiras durante a Segunda Guerra Mundial. Lourdes Romero Laíño e Noelia Treus Pouso A sobreira ou corticeira é unha árbore da familia do carballo. Hai sobre 450 especies. Cultívase no sur de Europa e norte de África. A sobreira é unha especie natural e autóctona da Península Ibérica. A madeira é excelente para queimar. A parte que máis se aproveita é a cortiza. Os romanos xa a usaban para fabricar sandalias e facer flotar as redes mariñeiras. Na actualidade empréganse para tapar as botellas de vidro e coma illante sonoro e térmico. Outra parte que nos é útil da sobreira son as súas landras, que contribúen á biodiversidade dos bosques onde se atopan, pois son alimento de moitos animais, en especial dos porcos. Lucía Hermo Abuín
  • 7.
    O xabarín éun mamífero de corpo robusto. É considerado o antepasado do porco doméstico. Pode acadar os 150 kg de peso e medir máis dun metro de longo. O corpo é robusto con pescozo curto. Os machos presentan na mandíbula superior dous cairos moi grandes encorvados cara arriba. Posúen un olfacto e oído moi desenvolvidos. É de hábitos nocturnos pero ás veces sae dos seus agochos durante o día. Unha das actividades características desta especie son os baños de lama que teñen unha función de regulación da temperatura. A pelaxe, máis longa e densa no inverno, é ríxida. As crías presentan unha pelaxe mimética a base de raias leonadas e marróns. Nicolás Formoso Pérez e Uxía Fernández Piñeiro O romeu é un arbusto de follas pequenas e moi abondosas. Son opostase de cor verde escura. As flores son duns 5 mm de longo e de cor é azul violeta, rosa ou blanco. Ten moitas aplicacións medicinais. Co aceite que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. A infusión das follas de romeu calma a tose e é boa para o fígado. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para a asma. Reprodúcese por sementes ou por medio de gallos. Pablo Cameán Lorenzo e Brais Vázquez Lourido
  • 8.
    O salgueiro éunha árbore orixinaria do hemisferio norte que vive en zonas de clima frío ou temperado, con solos máis ben húmidos. Adoita vivir á beira dos ríos e regatos. As pólas son flexibles. Son plantas caducifolias. As follas son en xeral alongadas. As flores dispoñense agrupadas. Prenden moi ben de estacas ou gallos, medrando moi rápido. O salgueiro é coñecido polas súas propiedades terapéuticas e medicinais. Pablo Pérez Noceda O buxo é un arbusto de follas perennes que pode acadar ata os 5-6 m de altura. É unha planta de crecemento ás veces moi lento, que pode vivir varios séculos. As súas flores son moi apreciadas polas abellas. A súa madeira utilízase en ferramentas e na elaboración da gaita galega por ser compacta e duradeira. Nos xardíns o buxo emprégase a miúdo a xeito de sebe, mesmo tallado e en figuras. As follas e os froitos son tóxicas e a súa inxesta pode causar molestias. Hai fungos que lle provocan a caída das follas, manifestándose con pintas brancas persistentes. Roi Lorenzo Dieste