Sobreira ou corticeira (Quercus suber).
Recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.
Sobreira ou corticeira (Quercus suber).
Recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.
Piñeiro bravo (Pinus pinaster), piñeiro manso (P. pinea), piñeiro de Monterrei ou insigne (P. radiata), piñeiro de Montezuma (P. montezumae), piñeiro de folla longa (P. palustris), piñeiro chorón mexicano (P. patula).
Recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.
Sobreira ou corticeira (Quercus suber).
Recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.
Carballos (Quercus robur), carbas (Quercus petraea) e rebolos (Quercus pyrenaica).
Recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural.
Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo.
É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada...
É unha serra que acolle importantes valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
3. É unha árbore de orixe sur-europea e norteafricana.
Pode acadar os 25 m de altura, coa copa máis ou
menos esférica ou irregular.
4. O toro é curto e groso, coa
tona (cortiza) grosa,
esponxosa, moi enrugada e
fendida.
As árbores presentan aspecto
distinto se manteñen a tona
orixinal (cor gris, moi gretada)
ou se lles foi retirada (de
vermello a castaño escuro e
con menos fendas).
5. FOLLAS
persistentes, simples, ovais, de
3 a 7 cm de lonxitude por 2 a 3
cm de ancho, ríxidas, coa beira
enteira ou lixeiramente ondeada
con pequenas espiñas, lisas e
de cor verde escura polo dereito
e máis craras e peludas polo
envés.
6. FLORES
Son unisexuais. As masculinas son amentos
colgantes de cor verde-amarela. As femininas
son pequenas e forman grupos reducidos.
Florece de maio a xuño.
Polinízase polo vento.
Amentos de flores
masculinas
♂
♀
7. FROITOS
Landras de 3 cm de lonxitude,
cubertas na súa metade por
unha cúpula escamosa.
Madura de setembro a xaneiro.
9. En Galiza atópase nas
zonas de clima
mediterráneo, en Ourense
(vales do Miño e Sil), no
Ulla e nas Rías Baixas, en
pés illados no medio
doutras árbores ou
formando pequenas
manchas boscosas
(sobreirais) xunto con
carballos, rebolos,
escornacabras, érbedos,
loureiros…
10. Sobreiral do Arnego, protexido como LIC, o único bosque de sobreiras
que se conserva en Galiza no que se explota a cortiza.
14. Pazo de Guimaráns.
(San Mamede de Ribadulla; Vedra).
-17 m de altura; 5,73 m de perímetro.
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
(Vedra)
-18 m de altura, 6 m de perímetro.
15. Herbón (Padrón) a carón do mosteiro.
Un grupo de sobreiras con varios
exemplares de gran porte.
-3,90 m de perímetro
-4,10 m de perímetro
20. Penedo do Castelo do Graúllo
(Erbedeiro-Carballedo)
Un grupo de sobreiras na baixada
ao canón do Miño.
21. Casa do Tristo, (Santiorxo, San
Cosme de Liñares; A Pobra de
Brollón)
Ten perto de 500 anos, 15,2 m de
altura; 10,85 m de perímetro, e unha
copa de 15,2 m de diámetro.
Incluída no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
28. Balboa (Arnois, A Estrada)
-20,3 m de altura; 9,43 m de
perímetro.
Arredor de 500 anos.
Incluída no Catálogo de
Árbores Senlleiras da Xunta
de Galiza.
29. Pazo de Valiñas (Vilar, San Martín de
Callobre, A Estrada)
-21 m de altura; 5,7 m de perímetro.
Incluída no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
30. Pazo de Oca (A Estrada)
-5,10 m de perímetro.
Bermés (Lalín). Varios exemplares, o
máis destacado ten gran porte e mide
4,60 m de perímetro.
31. Siador (A Saleta, Silleda)
-30 m de altura e 8,40 m de perímetro.
Incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
32. Os Miragres de Requián (Frades, A Estrada)
Un grupo de sobreiras no adro da capela dos Miragres de Requián.
A máis grande mide 4,80 m de perímetro.
33. Pontecesures. Un grupo de sobreiras
entre as que destaca unha de gran
porte, con 4 m de perímetro.
35. Sobreiral de Magán (Estacas, Cuntis)
Un grupo de varios exemplares de ata 3,75 m
de perímetro.
Sobreira en Magán (Estacas, Cuntis)
-3,80 m de perímetro.
51. Bonaval (Burgueira, Oia)
-13,5 m de altura, 4,35 m de
perímetro.
Bonaval (Burgueira, Oia). A carón dos restos
da capela de San Domingos de Bonaval.
-4,31 m de perímetro.
52. Pazo de Vilarés (Vilaza, Gondomar).
-4,5 m de perímetro.
Pazo de Pampillón.
(Vilaza, Gondomar).
53. As Eiras (O Rosal)
Na ermida da Madalena.
Varias sobreiras de 4,8; 4,23 e 3,95 m de perímetro.
59. O Calvario (A Soidade)
(Santiago de Ribarteme, As Neves)
-16 m de altura, 4,84 m de perímetro.
60. Adro da Igrexa de Setados (As Neves)
Un grupo de varias sobreiras entre 4 e 4,90 m de perímetro.
61. USOS:
A cortiza da sobreira, polo
seu grosor e elasticidade
explótase comercialmente
Ultilízase para rollas de
botellas, láminas illantes e
revestimentos de paredes e
pisos. Noutros tempos
utilizouse para facer trobos
para as colmeas e boias
para os aparellos de pesca.
A colleita de cortiza faise
cada 7 anos.
A cortiza utilízase tamén
como astrinxente.
A madeira úsase para leña
e para facer carbón.