Moreira
moreira
(Morus ...)
Morera
Mulberry
Mûrier
Amoreira
Morus é un xénero de árbores caducifolias de 
entre 10 e 16 especies e numerosos híbridos. 
Son nativas das rexións cálidas e temperadas 
de Asia, África e Norteamérica.
Medran rapidamente cando son novas, pero 
logo raramente pasan dos 15 m de altura.
Teñen un froito múltiple (mora).
CLASE
Anxiospesmas
ORDE
Rosales
FAMILIA
Moráceas
Árbore de copa ampla e 
extendida que pode medir ata 15 
m de altura, sendo xeralmente 
máis ancho que alto. 
Nativa das zonas temperadas de 
Asia Central e do Leste.
MOREIRA 
BRANCA
(Morus alba)
TALO:
Toro cilíndrico, curto, 
frecuentemente retorcido e 
inclinado coas ponlas grandes 
e nudosas. A tona é de cor 
castaña-gris ou castaña-
laranxa, con fendas febrosas, 
moi áspera e con moitos nós.
FOLLAS:
Simples, grandes (7 a18 cm de
lonxitude), co limbo de formas
variadas de cor verde crara: que
van dende a acorazonada ata a
lobulada, e a beira dentada
irregularmente.
O peciolo é cilíndrico acanalado
pola parte de arriba e de aprox. 2
cm de lonxitude.
FLORES
MASCULINAS: amentos (3 cm, de
lonxitude) de cor verde clara
formados por grupos de estames.
Nacen no extremo das ponlas do
ano.
FEMININAS: espigas globosas
formadas por grupos de pistilos dos
que sobresaen os estigmas
plumosos de cor branca. Nacen no
centro das ponlas do ano.
FROITOS
Secos (aquenios), diminutos e envoltos nunha estrutura carnosa de varias
pezas que se forma a partir das cubertas das flores femininas, que se
desenvolven igualmente coa flor sen fecundar.
As moras son unha agrupación de forma globosa (sorose) das envoltas das
flores femininas que ao maduraren collen cor branca-crema, vermella, violeta
ou negra. Teñen un pedúnculo que pode ser da mesma lonxitude que a mora.
CICLO ANUAL: moreira branca
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
USOS
Follas para alimentar as eirugas da seda.
Adorno.
Moreira da variedade péndula
MOREIRA
NEGRA
(Morus nigra)
Árbore robusta, co toro curto e a
copa ampla, coas ponlas longas
e extendidas. Pode acadar os 15
m de altura.
Nativa do sudoeste de Asia.
FOLLAS:
Caducas, simples, alternas, cun
rabo curto e o limbo de forma
acorazonada, coa beira dentada
e rugosas por ambas caras.
Mide de 6 ata 20 cm de
lonxitude.
FLORES:
As flores masculinas aparecen en amentos pedunculados e as
femininas en amentos sen pedúnculo.
JJ Harrison (jjharrison89@facebook.com)
FROITOS
Secos (aquenios), diminutos e envoltos nunha estrutura carnosa de varias
pezas que se forma a partir das cubertas das flores femininas, que se
desenvolven igualmente coa flor sen fecundar.
As moras son unha agrupación de forma globosa (sorose) das envoltas das
flores femininas que ao maduraren collen cor violeta ou negra.
USOS:
Cultívase como especie ornamental e para aproveitar os froitos (alimento,
xaropes, confituras) e as follas (como alimento para as eirugas da seda).
A madeira emprégase en carretería, tonelería, ebanistería e mangos de
ferramentas.
Ten aplicacións medicinais: o xarope de moras para as inflamacións da gorxa
e a boca; a tona da raíz como laxante e para compater os vermes intestinais.
Moreira negra de Cangas de Foz (Foz)- Mide arredor de 4 m de perímetro.
Está incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
Moreira negra de Abajas (Llano de Bureba, Burgos). Foi plantado en 1845.
“Moral de Safont" no parque municipal de Safont,
na ribeira do Teixo en Toledo.
MONTAXE: Adela Leiro
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Xullo 2015

Moreira