O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
3. COPA alta e regular, cónica
nos exemplares novos e
tendendo a esférica nos
máis vellos. Pode acadar os
25 m de altura.
Árbore orixinaria do norte de
África, Europa e sudeste de Asia.
Abonda en toda a Galiza nas
zonas de pouca altitude, á beira
dos ríos, onde forma bosques de
ribeira e nas zonas lamacentas.
4. TALO
O toro é recto, ramificado
frecuentemente desde a base.
A tona é de cor gris a parda e nos
exemplares máis vellos case
negra e dividida en anchas placas.
5. FOLLAS
Caedizas, simples, de forma
redondeada de ata 10 cm de
lonxitude, coa beira dentada, de
cor verde escura e lustrosa polo
dereito. As follas novas son
visguentas e douradas.
6. FLORES
Unisexuais, nacen,
agrupados en acios, no
mesmo pé.
As masculinas son de cor
castaña-crara, teñen catro
estames rodeados de catro
sépalos formando amentos
longos.
As femininas son espidas e
forman pequenos amentos
globosos de cor vermella.
Aparecen no veran,
permanecen durante o
inverno e maduran de
febreiro a marzo
7. FROITOS
Aquenios protexidos por un
envoltorio seco e leñoso que
semella unha pequena piña
(pseudoestóbilo), de cor negra
cando madura.
9. As amieiras teñen unha gran importancia
ecolóxica. Son un elemento importante dos
bosques de ribeira, descontaminantes das
augas e protectores das beiras dos ríos.
As súas raíces teñen unhas bacterias
asociadas (Frankia alni) que lle axudan a
fixar nitróxeno atmosférico.
10. A Fervenza (O Corgo, Lugo)
Unha amieira de 4,85 m de perímetro
víctima dos fungos.
Desde hai uns anos as amieiras están a
padecer unha agresiva praga de fungos,
especialmente o Phytophttora alni, que
está matando árbores por toda a cunca
do Miño-Sil, no Eume, no encoro de
Cecebre... co conseguinte efecto
ecolóxico sobre as ribeiras e as augas
dos ríos.
Phytophttora alni
12. Os Vaos (A Fonsagrada), á beira do río Rodil
Varias amieiras: 4,60 e 4, 10 m de perímetro.
San Sadurniño, á beira do río Grande de Xuvia
13. Meis, á beira do rego da Armenteira
Monforte de Lemos
14. Parque de Castrelos (Vigo)
-2,75 m de perímetro.
A Fervenza (O Corgo, Lugo)
-3,76 m de perímetro.
15. USOS
A madeira de amieira é resistente á podremia e emprégase para
facer pontes e muíños. Úsase tamén en ebanistería, para facer
torneados, zocos e outros obxectos pequenos. A cinza úsouse
para fabricar pólvora e a tona en curtiduría.
En medicina popular úsanse as follas para sandar os pés doentes
ou retirar o leite da muller que cría, e a tona para endurecer as
enxivas e fixar os dentes, e para a dor de gorxa.
16. CANTIGAS POPULARES
Glorioso San Sebastián
feito de pau de ameneiro,
primo carnal dos meus zocos,
curmán do meu tabaqueiro.
Santo San Bras de Viana
feito de pau de amieiro,
irmán das miñas zamancas
feitas no mes de xaneiro.
Salgueiro prende de ponla,
ameneiro de raíz,
amores que foron doutra
non servides para min.
17. ... Agora o cuco de abril,
en que altos amieiros
cucará abriles sin fin?
Aquilino Iglesias Alvariño “Nenias”
“A nosa voz, na soledá perdida,
morrerá sen deixar xiquera ise eco
que a brisa melencónica do outono
deixa na copa azul dos ameneiros”...
Manuel Curros Enríquez. “Aires da miña terra”