O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Coñécense unhas 700
especies de eucaliptos, a
mayoría orixinarias de
Australia.
Na actualidade atópanse en
gran parte do mundo en
plantacións forestais, debido
ao seu rápido crecemento,
para o seu aproveitamento
industrial (febra de celulosa,
productos químicos…) ou en
xardíns como especie
ornamental.
3. A especie que acada maior
altura é o Eucalyptus regnans.
Hai referencias de exemplares
de ata 140 m de altura que
foron cortados no século XIX.
Actualmente o máis alto mide
97 m. Coñécese co nome de
Icarus Dream, e atópase en
Tasmania.
6. Árbore de copa cónica,
vertical e laxa que pode
acadar ata 60 m de altura.
Toda a planta ten un cheiro
típico.
É orixinaria de Australia e
atópase formando bosques
de plantación en toda a
parte baixa de Galiza.
7. TALO:
Toro recto e a tona de cor gris a
castaña crara que se desprende
en tiras verticais.
As ponlas e brotes novos teñen
sección cadrada con
prolongacións nas beiras.
8. FOLLAS
O eucalipto presenta dous tipos de
follas persistentes: as novas son de
forma oval-lanceolada, de 10 a 15 cm,
de lonxitude, de cor verde-gris crara
(cubertas de cera) sentadas e
opostas; as adultas en forma de
fouce, de 10-30 cm de lonxitude, cun
peciolo cilíndrico de 2 cm, coirentas,
de cor verde escura brillante son
alternas e verticais (non fan sombra).
9. FLORES
Hermafroditas, espidas, formadas por un cálice cónico e tapadas por un
opérculo (modificación da corola) que ao desprenderse deixa ao
descuberto numerosos estames finos e un pistilo groso.
Son solitarias, están situadas nas axilas das follas adultas e miden entre
3 e 5 cm de diámetro. Florece no inverno.
10. FROITOS
Caixas de forma cónica de 2-3 cm de altura, de cor castaña
escura na que destacan as costelas laterais.
Ábrense por varios cortes radiais na parte alta e deixan caer
as sementes, moi pequenas, leñosas e de cor castaña.
12. Os eucaliptos forman bosques de plantación en toda a parte
baixa de Galiza (ata os 400 m de altura, xa que non soportan as
xeadas). Son de crecemento moi rápido (producen madeira
aproveitable en 15 anos) e compórtanse como invasoras.
As follas dos eucaliptos segregan unhas substancias que impiden a
actividade biolóxica do solo e a súa rápida rexeneración e crecemento
contribúen a empobrecelo aínda máis.
13. USOS:
A madeira de eucalipto é unha das de
mellor rendemento e calidade para
fabricar pasta de papel. Tamén se
emprega en construción (armazóns,
pisos), bateas, móbeis...
As follas empréganse en infusión
contra os catarros e bronquite e para
elaborar esencias e licores.
15. Os primeiros eucaliptos de
Galicia proceden de sementes
chegadas de Australia no ano
1860, traídas polo frade bieito
Rosendo Salvado que estivo alá
de misioneiro. Durante moitos
anos usouse como árbore
ornamental en xardíns e parques,
e a partir de 1940 comezou a súa
propagación para a repoboación
de montes fomentada polas
industrias de pasta de papel.
Pazo de Barrantes
16. En Galiza podemos atopar
numerosos exemplares de
de gran porte, a maior parte
en parques e xardíns.
Algúns están recollidos no
Catálogo Galego de Árbores
Senlleiras.
Eucalipto “O Avó” (Chavín, Viveiro)
-71,4 m de altura; 7,9 m de perímetro (11
m na base).
É a árbore máis alta de Galiza e unha
das máis altas de Europa.
17. Souto da Retorta (Chavín, Viveiro) á
beira do río Landro.
Uns 600 eucaliptos plantados desde
1880, algúns de gran porte.
O espazo, de 3 há, está declarado
Monumento Natural.
22. Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela).
- 35 m de altura e 8,50 m de perímetro.
Paseo da Ferradura. Santiago de Compostela.
-39,6 m de altura; 6,7 m de perímetro
-38,8 m de altura; 4,50 m de perímetro
23. Ortoño (Ames).
O exemplar máis grande supera os 47 m de
altura e tén 5,50 m de perímetro no toro.
Pazo de Orto
(Abegondo)
-45 m de altura e 6,20 m de perímetro.
24. A Lagarea. (Ortigueira)
A carón da estrada a Ferrol.
Casa de Botana (Paínzas, Arzúa)
Dous exemplares, o máis grande mide 50 m
de altura e 7,73 m de perímetro.
34. OUTRAS ESPECIES DE EUCALIPTOS
Corymbia ficifolia
No Xardín Botánico do Centro de
Investigacións Forestais de Lourizán
(Pontevedra) atópanse máis de
cincuenta especies de eucaliptos entre
os que hai exemplares que superan os
50 m de altura.
35. EUCALIPTO VERMELLO
(Eucalyptus camaldulensis)
Ten a tona avermellada que se desprende en placas
irregulares cando é vello, as follas de tono
avermellado e as flores e froitos pequenos.
É cultivado en pouca cantidade e ocasionalmente
aparece naturalizado pola zona litoral
Monte Aloia
(Tui)
36. EUCALIPTO DO MANÁ
Eucalyptus viminalis
Ten a tona branca-crema, as follas estreitas
e rectas e as flores máis pequenas. Atópase
cultivada e ocasionalmente naturalizada na
zona litoral.
Casa de Órdax. (As Lombas, Castro de Rei)
-45 m de altura e 8,95 m de perímetro (12,60
na base).
40. Castelo de Soutomaior
24 m de altura, 2,80 m de
perímetro.
Eucalipto cinsento
Eucalyptus cinerea
41. Parque Compostela. (Vilagarcía de
Arousa)
-29 m de altura e 3,60 m de perímetro.
-34 m de altura e 3,30 m de perímetro.
Eucalipto cornudo
Eucalyptus cornuta
48. ESCOLMA LITERARIA
Xa non hai abidueiras,
nin acivros, nin bieiteiras,
só eucaliptos medrando
en hortas, prados e eiras.
Fuco Vázquez e Raúl Romero NORDÉS
TRADICIÓN ORAL
Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e
carballos para os netos.