Nesta presentación recóllenseas especies animais protexidas en Galiza
segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia Nº 89, do 9 de maio de 2007.
4.
Bolma rugosa. Atópaseno sublitoral do Océano
Atlántico, desde a Península Ibérica ás Illas Canarias,
Madeira e os Açores, e no Mediterráneo, nas costas
de Grecia. Pode medir ata 7 cm. Ten unha cuncha
sólida e un opérculo calcario chamativo.
5.
Eastonia rugosa.
Atópase no
Mediterráneo
occidentale no
Atlántico desde
Galiza a Dakar. A
cuncha branca ou de
cor amarela-rosada
pode medir ata 7 cm
de longo e 5 de
altura. Vive en
fondos de área e
fango desde o
infralitoral aos 35 m
de fondura.
Aliméntase de
planto.
6.
Elona quimperiana.
Só seatopa no norte
da Península ibérica
e no noroeste de
Francia. En Galiza
asociado a bosques
caducifolios mixtos,
con elevada
humidade
ambiental, zonas
próximas a cursos
de auga con
abundante
vexetación e nas
entradas das covas
7.
mexillón de ríoou ostra
perleira de auga
doce (Margaritifera
margaritifera). Atópase,
parcialmente enterrado, nos
ríos limpos de Europa, Rusia e
da costa do leste dos Estados
Unidos. Pode medir máis de 15
cm de lonxitude. Adoita vivir
uns 30 anos, pero nos lugares
fríos da súa área de distribución
pode vivir máis de 100 anos. Foi
cultivada ata mediados do
século XX para a producción de
perlas utilizadas en xoieiría
8.
cangrexo de río
europeo
(Austropotamobius
pallipes).Vive en ríos,
lagos e regos pouco
fondos desde os
Balcáns ata a
Península Ibérica e as
Illas Británicas. Adoita
medir entre 10 e 12
centímetros.
Aliméntase de
pequenos animais e
de restos.
9.
Gomphus graslinii. Viveen
ríos, regatos ou lagos ben
conservados de parte
da Península Ibérica (O
suroeste de Galiza, suroeste
de Castela León e sur e
suroeste de Andalucía e
Portugal) e parte do sur e
suroeste de Francia. Mide de
4,5 a 5 cm.
Vese entre primeiros de xuño
e mediados de xullo.
10.
Macromia splendens. Atópasenos
tramos lentos e solleiros de ríos
cumpridos e algo fondos, con
vexetación acuática e de ribeira, do
sur e suroeste de Francia e no oeste
e no sur da Península Ibérica
(Galiza, Asturias, Extremadura,
metade oeste de Andalucía e sur de
Portugal). Mide uns 7 cm.
11.
Zerynthia rumina.
Atópase sóno suroeste
de Europa e no norte de
África, vinculada sempre
á presencia de plantas
do xénero Aristolochia
das que se alimenta a
eiruga. Pode medir ata 5
cm de envergadura.
12.
Chalcides bedriagai
(Esgonzo ibérico).
Pequenolagarto de ata
16 cm (a metade son
de rabo), de patas
curtas, endémico da
Península Ibérica. En
Galiza atópase, escaso,
no cadrante suroeste
onde ocupa terreos
areosos con vexetación
herbácea.
(Protéxense as
poboacións insulares e
da provincia da
Coruña).
13.
Dermochelys
coriácea (Tartaruga
de coiro).Tartaruga
mariña de grandes
dimensións, cunha
cuncha que pode
medir case dous
metros, e un peso de
ata 500 kg. En Galiza
é visitante ocasional
que se ve cando se
prende
accidentalmente
nalgunha arte de
pesca.
14.
Emys orbicularis (Sapoconcho
común).Atópase en pantanos,
lagoas e ríos de correr lento de
todo arredor do Mediterráneo.
En Galiza hai pequenas
poboacións fragmentadas e en
localizacións concretas. Ten
unha cuncha que pode medir
uns 20 cm de longo. Aliméntase
de outros animais e dos seus
restos.
15.
Anas crecca (Cerceta
real).É un dos parrulos
máis pequenos, pode
medir uns 35 cm e pesar
entre 270 e 400 g. En
Galiza é común como
invernante pero cría en
número moi escaso.
(Protéxese a poboación
nidificante).
16.
Aquila chrysaetos (Aguia
real).En Galiza só se ve
nas zonas máis escarpadas
das serras do surleste.
Pode medir de 80 a 90 cm
de lonxitude.
Burhinus oedicnemus
(Pernileiro). Atópase
enespazos abertos
(dunas e campos
ermos ou cultivados).
Cría localmente nas
zonas máis cálidas
(sur de Ourense),
pero pode verse
esporádicamente,
maiormente pola
costa.
19.
Emberiza schoeniclus
subsp. lusitanica
(Escribentadas
canaveiras). Vive en áreas
húmidas con vexetación
alta. Mide de 13 a 15 cm.
En Galiza é pouco común e
vese máis habitualmente
nos esteiros e zonas
húmidas preto da costa
20.
Gallinago gallinago
Becacina cabra.Mide de
23 a 25 cm. En Galiza
vese máis no inverno en
marismas, brañas e
prados asolagados.
(Protéxese a poboación
nidificante)
21.
Milvus milvus (Miñatoreal).
Mide entre 60 e 70 cm. En
Galiza vese no verán nas zonas
máis cálidas do surleste, en
espazos abertos con árbores
espalladas.
Tetrao urogallus subsp.cantabricus.
(Pita do monte) O macho pode medir
de 70 a 90 cm, a femia é máis
pequeña. En Galiza só ten presenza
accidental nos Ancares.
25.
Tetrax tetrax L.Sisón. Mide 40 a 45 cm.
Atópase en espazos abertos, campos
ermos e pasteiros de zonas chas. En
Galiza vese no verán en localizacións
moi concretas.
26.
Uria aalge (Araodos cons).
Mide de 38 a 45 cm. En Galiza
é moi escaso, pero no inverno,
coa chegada de exemplares do
norte de Europa faise máis
común aínda que pouco visible
porque permanece no mar
lonxe da costa. (Protéxese a
poboación nidificante)
Ursus arctos (Oso).Pode
medir máis de 2 m e pesar
ata 250 kg. En Galiza só se ve
accidentalmente algún
exemplar divagante,
procedente de Asturias e
León, nos Ancares.
Eunicella verrucosa (Ramodo mar).
Colonia ramificada de pólipos que
pode ter cor rosa, laranxa ou branca
de ata 50 cm de altura. Atópase no
Atlántico oriental e no mar
Mediterráneo, onde vive apegada
as rochas, a fonduras entre 4 e 50
m, en lugares nos que traballen as
ondas ou haxa correntes.
31.
Anodonta cygnea (Ameixade río).
Bivalvo de auga doce que vive en
fondos fangosos de augas tranquilas de
Europa e Siberia, donde se alimenta de
plancton e detritus. Pode medir máis
de 20 cm e vivir uns 20 anos.
32.
Geomalacus maculosus. Lesmade
tamaño medio-grande, 90 mm de
media. Atópase na faixa atlántica
entre Irlanda e o centro de Portugal.
Ten hábitos crepusculares e
permanece agochada durante o día.
Só sae nas noites cálidas e húmidas
para alimentarse de liques. En
Galicia é frecuente en zonas de
montaña, en soutos e carballeiras.
33.
Potomida littoralis (Ameixa
derío). Atópase nos cursos
medios dos ríos de toda a
contorna do Mediterráneo e
outros moitos atlánticos
próximos. Mide de 6 a 8 cm.
Vive enterrada preto das
beiras e entre as raíces das
árbores.
Aricia morronensis. Bolboreta
duns22 a 26 mm de
envergadura que se atopa en
terreos calcarios, rochosos,
secos, con vexetación
dispersa. As eirugas pasan o
inverno en formigueiros.
36.
Cerambyx cerdo. Escaravello
grandede entre 25 e 60 mm. As
larvas aliméntanse durante 3
ou 4 anos na madeira de
carballos e aciñeiras antes de
completar o seu
desenvolvemento. Como
adultos viven entre uns días e
un par de semanas.
37.
Echinus esculentus (Ourizodo
mar). Ourizo grande, coa cuncha
globosa, de cor vermella ou rosada
e espiñas curtas. Pode medir ata 15
cm de diámetro. Vive no Atlántico,
sobre rochas, desde o intermareal
ata os 40 m de profundidade.
38.
Alosa alosa (Zamborca).Vive en augas fondas e na primavera entra, á noitiña, nos ríos para poñer os ovos. Pode
medir ata 70 cm e a pesar 3 kg.
39.
Gasterosteus aculeatus
(Espiñento). Podemedir de 5 a 8
cm. Hai poboacións que viven
sempre nos ríos e outras que
pasan o inverno no mar e volven
aos ríos na primavera para
desovar. O macho fai un niño con
anacos de plantas no que varias
femias poñen os ovos que el se
encarga de coidar.
40.
Petromyzon marinus (Lamprea).Pode medir ata 1 m de lonxitude. Nace nos ríos, logo emigra ao mar, onde pasa varios
anos, e volve ao río para desovar e morrer. (Protéxense as poboacións do Cantábrico (de Cabo Ortegal ata o Eo, incluído
o río) e do Arco Ártabro (dende Cabo Ortegal ata as Illas Sisargas).
Discoglossus galganoi
(Sapiño pinto).Mide
de 6 a 7 cm. É moi
parecido a unha ran de
cor pardo. Atópase
case sempre preto da
auga. (Protéxense as
poboacións insulares)
43.
Hyla molleri (Estrozaou rela) L.
mide de 3 a 5 cm. Atópase na
vexetación preto de zonas
húmidas, lagoas e ríos de pouca
corrente.
44.
Lissotriton boscai
(Pintafontes común).
Midede 7 a 10 cm.
Atópase en fontes, pozas,
estanques e ríos de
corente escasa. É
endémico da metade
oeste da Península
Ibérica. (Protéxense as
poboacións insulares)
45.
Pelobates cultripes
(Sapo deesporas).
Mide entre 6 e 9 cm.
Vive en zonas
areentas de dunas e
marismas das costas
de Francia e a
Península Ibérica.
46.
Rana iberica (Ra
patilonga).Ra pequena
de 3 a 4 cm. Vive en
cursos de auga limpa e
de corrente rápida e nas
pozas que se forman nas
súas beiras. Atópase na
metade noroeste da
Península ibérica.
Anguis fragilis
(Escancer). Lagarto
senpatas que pode
medir ata 40 cm, dos
que case a metade
son de rabo. Atópase
en lugares húmidos
con cuberta vexetal,
bosques e pasteiros.
(Protéxense as
poboacións insulares)
Chalcides bedriagai (Esgonzo
ibérico).Pequeno lagarto de
ata 16 cm (a metade son de
rabo), de patas curta,s
endémico da Península
Ibérica. En Galiza atópase,
escaso, no cadrante suroeste
onde ocupa terreos areosos
con vexetación herbácea.
52.
Iberolacerta galani (Lagartaleonesa). Pode medir máis de 25 cm. En Galiza só se atopa nunha pequena zona nas
alturas das montañas da linde oriental.
53.
Iberolacerta montícola
(Lagarta daserra). Pode
medir máis de 20 cm de
lonxitude total cun corpo
duns 7 cm e un rabo o doble
de longo. Ocupa hábitats
rocosos de montaña, pero en
Galiza tamén se atopa
nalgúns puntos preto da
costa. (Protéxense as
poboacións de baixa altitude
da provincia da Coruña e
poboacións de montaña da
provincia de Ourense ).
54.
Lacerta lepida (Lagarto
arnal).Pode medir ata 50
cm, ata 20 cm de corpo e 30
ou máis de rabo. Vive en
zonas abrigadas e solleiras e
con rochas. (Protéxense as
poboacións insulares)
55.
Lacerta vivípara (Lagartadas
brañas). Mide de 15 a 18 cm, de 5 a 6
de corpo e ata 12 de rabo. En Galiza
só se atopa nunhas poucas
localizacións dispersas en brañas de
montaña.
56.
Natrix maura
(Cobra viperina).
Podemedir entre
50 e 65 cm. Vive
preto de ríos e
lagoas nas que
captura as súas
presas e tamén
preto do mar.
(Protéxense as
poboacións
insulares)
57.
Natrix natrix (Cobra
decolar). Pode chegar
a medir máis de 1 m
de longo. Tamén se
atopa preto da auga,
pero pódese atopar
lonxe dela en prados,
leiras e bosques
abertos. (Protéxense
as poboacións
insulares)
58.
Rhinechis scalaris (Serpe
riscada).Pode medir ata
1,5 m. Atópase en zonas
solleiras con rochas e
matogueiras dispersas da
metade sur de Galiza
(Protéxense as poboacións
insulares)
59.
Bubo bubo (Buforeal). Pode
medir ata 70 cm. Vive en
montes con bosques e
penedías. En Galiza é
sedentario e moi escaso.
Haematopus ostralegus
(Gabita). Midede 40 a 45 cm.
En Galiza é común como
invernante en rochas da
beiramar, praias e esteiros e
crían algunas parellas.
(Protéxese a poboación
nidificante)
64.
Hieraaetus fasciatus (Aguiaperdiceira). Mide de 65 a 75 cm. En Galiza é moi escasa e vese no verán nas
penedias de montaña con mato do surleste.
Hydrobates pelagicus
(Paíño). Midede 15 a 17
cm. Vive no mar e só se
achega a costa cando fai
mal tempo e para criar.
En Galiza ten algunas
pequenas colonias de
reproducción.
Scolopax rusticola
(Arcea). Midede 33 a 38
cm. En Galiza é rara
como invernante en
bosques e outras zonas
con vexetación arbórea
e arbustiva. (Protéxese a
poboación nidificante)
74.
Galemys pyrenaicus (Furapresas).Ten un corpo duns 10 a 13 cm de
longo e un rabo case da mesma lonxitude. Vive nas correntes de augas
limpas e ben oxixenadas e ten hábitos nocturnos.
75.
Miniopterus screibersi (Morcego
dascovas). Ten un corpo de 5 a 6 cm
e un rabo case igual de longo. Vive
en espazos abertos de montaña
preto de covas calcarias. En Galiza é
esaso e só se atopa na zona oriental.
76.
Myotis bechsteinii
(Morcego de
Bechestein).Pode
medir de 4,5 a 5,5
cm e ten un rabo
case igual de longo
ca o corpo. Vive nos
bosques e agóchase
en furados das
árbores. En Galiza é
escaso.
77.
Myotis blythii (Morcegorateiro
mediano). Mide de 6 a 7 cm e
ten un rabo de 5 ou 6 cm. En
Galiza só se atopa en espazos
abertos da zona con clima
mediterráneo e onde atopa
covas nas que agocharse.
78.
Myotis emarginata
(Morcego deorellas
fendidas). Mide de
4 a 5 cm e ten un
rabo de 3,5 a 4,5
cm. Especie moi rara
en Galiza que vive
en todo tipo de
hábitats a non ser
nos bosques moi
mestos. Refúxiase
en covas, fendas das
rochas e en
construccións.
79.
Myotis myotis (Morcego
rateirogrande). Pode
medir de 7 a 8 cm e ten un
rabo de 4 a 6 cm. En Galiza,
onde ten unha distribución
irregular, vive en áreas
abertas preto de bosques.
Refúxiase en covas, toros
de árbores e construccións.
80.
Myotis mystacina
(Morcego de
bigotes).Mide entre
3,5 e 5 cm e ten un
rabo de entre 3 e 4
cm. Especie moi rara
en Galiza. Vive en
bosques frondosos.
Refúxiase en covas,
árbores ocas e casas
abandonadas.
Rhinolophus euryale (Morcegode
ferradura mediterráneo). Mide de 4 a 6
cm e ten un rabo de 2 ou 3 cm. En Galiza é
escaso e só se atopa nas zonas de clima
mediterráneo
83.
Rhinolophus ferrumequinum
(Morcego grandede
ferradura). Mide entre 5,5 e 7
cm e ten un rabo de 2 a 2,5
cm. Atópase por toda Galiza
en zonas abertas cerca de
bosques.
84.
Rhinolophus hipposideros
(Morcego pequenode
ferradura). Ten un corpo
de 3,5 a 4,5 cm e un rabo
de ata 2 cm. Atópase por
toda Galiza en zonas con
boa cuberta vexetal preto
de masas de auga.
Refúxiase en covas,
árbores e construccións.
85.
Tursiops truncatus (Arroazreal). Pode medir de 2 a 2,5 m e pesar de
250 a case 500 kg. Atópase en todos os mares.
86.
As imaxes fotográficasforon collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
Rematada esta tanda de idas e voltas,
vou tomar un escanso antes de meterme a outra cousa