13. USOS:
A madeira é resistente e utilízase para
mangos de ferramentas e pezas de carros.
As follas teñen propiedades laxantes e
diuréticas, a tona para baixar a febre,
aperitivo e expectorante.
14. CANTIGA POPULAR:
Se queres que o carro ande
forte, a un tempo e velaíño,
bótalle o eixo de freixo
e as treitoiras de sanguiño.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta
Internet
15. freixa
freixo de folla estreita,
(Fraxinus angustifolia)
narrow-leafed ash
frêne à feuilles étroites
freixo
16. Árbore de copa alta,
ovoide e pouco densa que
pode acadar os 25 metros
de altura.
É orixinaria do sur de
Europa, norte de África e
oeste de Asia.
Atópase en ribeiras e
bosques caducifolios
húmidos.
En Galiza aparece no
oeste, centro e sur.
17. TALO
O toro é recto, coa tona lisa,
de cor gris-verdosa nos
exemplares novos e castaña-
gris, con retículas profundas
nos exemplares adultos. Os
gomos son de cor castaña
escura.
18. FOLLAS
Caedizas, opostas, compostas,
pinnadas de 15 a 25 cm de
lonxitude. Formadas por 5-7
foliolos estreitos de forma
lanceolada, coa beira dentada,
de cor verde escura polo dereito
e máis clara polo revés.
22. Montepando (O Val; As Nocedas; Monforte
de Lemos)
-20,9 m de altura e 6,08 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras
da Xunta de Galiza.
33. USOS:
A madeira emprégase en ebanistería e para facer
ferramentas. A leña e o carbón son de gran calidade.
As follas son purgantes e a tona febrífuga e tónica.
34. CANTIGA POPULAR:
Se queres que o carro cante
forte, a un tempo e velaíño,
bótalle o eixo de freixo
e as treitoiras de sanguiño.
35. FREIXO DE FLOR, ORNO
(Fraxinus ornus)
Nativo do sur de Europa e suroeste de Asia.
Cultívase como especie ornamental polas súas
flores de cor branca que aparecen en densas
panículas.
36. Freixo de flor no pazo de Mariñán
(Bergondo)
-2,10 m de perímetro.