Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta
Un percorrido polos principais humidais e lagoas da Terra Cha, dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"
Complexo húmido da Terra Cha: un conxunto de ecosistemas de grande valor ecolóxico. Podemos atopar humidais en Cospeito (lagoa de Cospeito, Abelleiras, Seixas, Carballosa, Ramiro e As Lamas), Castro de Rei (Veiga de Pumar, Caque ou Bardancos e Castro), Begonte (Riocaldo e Pedroso, O Ollo, Denune e Fontefría), Vilalba (Codesido, Fabás e Reboredo), Guitiriz (Brañas do Barreiro e Poza Grande) e Rábade (O Rei).
Un espazo de montaña que remata a serra do Galiñeiro polo sur.
Ten un grande interese paisaxístico, xeolóxico, botánico e histórico-etnográfico.
Concellos: Tui
Os montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei-Sil) e os montes que os separan e rodean
Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande biodiversidade de hábitats e especies.

Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.
É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.
CONCELLOS: Santa Comba e Zas.
O espazo protexido ocupa unha parte das abas orientadas ao norte e leste da serra de San Mamede, con altitudes que van dos 1.618 m no cume de San Mamede, ata os 960 m na parte baixa. Inclúe os vales de varios regos cabeceiras do Mao e Queixa (Navea).
O bidueiral de Montederramo é unha das fragas de bidueiros mellor conservadas de Galiza e un dos mellores exemplos de vexetación eurosiberiana máis meridionais do Noroeste da península.
Espazo de media montaña na serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega a continuación da serra do Faro, con altitudes que van dos 600 m en Oseira aos 1.038 dos cumes.
Concellos: San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo).
CONCELLOS: A Golada, Lalín e Vila de Cruces.
O espazo protexido ocupa o curso baixo do río Arnego, dedes o encoro de Portodemouros ata a Ponte de Vilariño, parate do seu afluente Abellás (ata A Ponte da Veiga) e os bosques limítrofes.
As especiais características climáticas da zona, con influencias mediterráneas, propician o desenvolvemento das sobreiras que forman os bosques desta especie máis grandes e mellor conservados de Galiza, principal motivo da protección deste espazo.

LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavínmonadela
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro, desde Ourol ata Viveiro e o seu afluente Bravos, en territorio dos concellos de Ourol e Viveiro (Lugo)
2010 ano da biodiversidade
As especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus hábitats.
As administración entidades científicas establecen criterios e figuras de protección das especies.
Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo.
É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada...
É unha serra que acolle importantes valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.
Inclúe os concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O territorio está artellado arredor dos vales do Arnoia e Limia e os macizos montañosos que os separan. É unha área que acolle importantes valores naturais e culturais.
La Unión Europea ha propuesto un nuevo paquete de sanciones contra Rusia que incluye un embargo al petróleo. El embargo se aplicaría gradualmente durante seis meses para el petróleo crudo y ocho meses para los productos refinados. Este paquete de sanciones requiere la aprobación unánime de los 27 estados miembros de la UE.
2. As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa.
Localízase no Noroeste de Galicia, entre a costa da Ría de Ares e a Serra da Loba en
Monfero, provincia de A Coruña. Exténdese polos concellos coruñeses de Cabanas, A
Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. A mellor forma de
coñecer o parque é a pé. Así, se un sabe ver, quizais atope os xoguetóns duendes que
habitan nel. Carballos, choupos, freixos, alisos, máis de 20 especies de fieitos e 200 de
líquenes danse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz.
Pero este bosque con sombra é secreto é xeneroso coma as súas augas, fontes e
cascadas. E escondido no corazón do bosque, o Mosteiro de Caaveiro, un antigo
convento con máis de 10 siglos de historia e unhas vistas espectaculares desta fraga
máxica.
3. En Galicia podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
variados, como son a súa xeografía e o seu clima. Uns
exemplos de ecosistemas son: unhas marismas, unhas fragas, un
río...
As Fragas do
Eume
Os Ancares
O Bosque
de Ribeira
O Courel
6. O RÍO
O río Eume é un río corto da Península
Ibérica que nace na Serra do Xistral,
na parroquia de Montouto do municipio
de Abadín. Circula por Galicia (España)
e desemboca no océano Atlántico pola
ría de Ares. Atravesa os municipios de
Abadín, Muras, As Pontes de García
Rodríguez, Monfero, A Capela e
desemboca en Pontedeume.
7. MOSTEIRO DE CAAVEIRO
●
O mosteiro de San Xoán
de Caaveiro é un mosteiro
Medieval situado nas fragas,
á beira do río Eume.
●
Estableceuse no ano 934 para acoller aos numerosos
anacoretas que vivían dispersos na zona, e foi
engrandecendo o seu poder coas doazóns de Rosendo
de Celanova, ata convertirse en colexiata, aínda que no
século XVIII comeza o seu declive que culmina coa
desamortización do século XIX.
8. Destaca a súa igrexa barroca construída
sobre un escarpado rochoso. De admirar
é a súa fermosa ábsida semicircular con
columnas pegadas e diversos modillóns.
O mosteiro foi convertido en Monumento histórico-
artístico en 1975.
11. FRAGAS DO EUME: FLORA
As fragas do río Eume son un destacado representante da
fase clímaxe da vexetación galega. Os bosques de ribeira,
dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus
ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no
que respecta á flora. Tradicionalmente foron moi
explotados polo home pola riqueza e fertilidade dos solos,
e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados
unicamente en zonas illadas como estas fragas.
12. FLORA
A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde
da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor
presión humana , e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque,
onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas
logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover
froitos de consumo humano. O bidueiro é a terceira das especies maioritarias, e
ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas
marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran
rapidamente. Nestes espazos están a ser substituídos por carballos por acción
conservacionista.
13. FLORA
Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de
asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas che
salgueiro(con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas
das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro
, nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a
abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o umeiro, frecuente tamén nas
proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a
presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. O teixo,
atopa no parque a súa localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade
humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas orientais
galegas. Finalmente, existe en abundancia o , acivro fundamentalmente como arbusto pero
que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira brava
e a maceira brava, esta últimamente pouco frecuente noutros lugares da
provincia da Coruña
15. CARBALLO
O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas,
caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. O carballo
esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de
terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do
mar ata os 1.000 metros de altitude.
É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40
metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior.
Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é
denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima
atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e
dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior
de Galicia.A madeira do carballo é de excelente calidade, foi moi
empregada na construción.
16. BIDUEIRO
.
Son árbores que medran altas e esveltas, entre 10 e 30 m,
dependendo da especie. O crecemento é rápido. As follas son
simples, alternas, serradas con algo de peluxe, romboidais de
3 a 6 cm, variando lixeiramente segundo a especie. A face
superior adoita ser máis escura. As pólas son flexíbeis, a
casca é lisa, cinsenta ou abrancazada, cunha características
raias horizontais.
17. AMIEIRO
O ameiro ten unhas follas pecioladas , co limbo case tan ancho como longo,
estando a maior anchura cerca da base. Os amentos masculinos alongados,
inicialmente erectose logo colgantes, os amentos femininos son máis curtos.
A madeira do amieiro é resistente, doada de traballar e consérvase ben baixo a
auga. A cor é bastante clara, mais ao cortala tórnase de cor arroibada e por iso
en moitos países de europa crían que esta árbore estaba embruxada. A
madeira é moi resistente na auga e por iso empregábase para a construción de
palafitas .
18. CASTIÑEIRO
As follas son estreitas, alternas, coa beira moi dentada, peludas no envés
cando son novas; miden entre 10 e 25 cm e teñen uns 20 pares de nervios. As
flores reciben o nome de candeas, as masculinas distribúense ao longo dun
eixo e as femininas (con sete a nove estilos) na base do amento, xeralmente en
tríos dentro dunha roseta de espiñas.
Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) de até
4 cm de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres. A época da
recollida das castañas énovembro, e en Galicia celébrase o magosto.
21. Fauna
O espazo natural das FRAGAS DO EUME caracterízase por
representar un caso exemplar de alta diversidade biolóxica.
22. Miles de millóns de
criaturas de case tódalas
formas e tamaños
imaxinables inician a
súa frenética actividade
cotiá, consistente en achar
alimento, evitar converterse
nel, e ter familia.
A inmensa maioría delas
son diminutas, pero
extraordinariamente
numerosas. Os animais de
maior tamaño son máis
escasos. Aquí manteñen
prósperas poboacións
algunhas especies
seriamente ameazadas a
nivel global.
32. Parque Natural
Un parque natural é un espazo pouco transformado pola
explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á
beleza das súas paisaxes, a representividade dos seus
ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou
das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores
ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a
súa conservación merece unha atención preferente.
33. Hai 19 parques naturais en Galicia entre os que se
atopan as fragas do Eume, desde o ano 1997.
34. PARQUE NATURAL POLA SÚA
RIQUEZA ECOLÓXICA E A BELEZA
E SINGULARIDADE DA SÚA PAISAXE
35. NA PRIMAVERA DE 2012 UN TERRIBLE INCENDIO
FERIU AS FRAGAS, PERO O BOSQUE ATLÁNTICO
SEGUE CON VIDA!!!
36. POR ISO É TAN IMPORTANTE COIDAR
A NOSA CONTORNA E REALIZAR
PRÁCTICAS SAUDABLES
PARA O MEDIO AMBIENTE.
37. Prácticas saudables para o
medio ambiente:
-Aforrar e aproveitar a auga.
-Aforrar enerxía.
-Reducir os residuos.
-Reutilizar e consumir de forma responsable.
-Coidar a flora.
-Respectar os animais.