SlideShare a Scribd company logo
1 of 72
o parrulo
Os parrulos xa eran coñecidos e
cazados desde a antigüidade. Os
exipcios coñecíanos ben e
criábanos, tal como se ve nas
pinturas de algunhas tumbas nas
que aparecen representadas
distintas clases de parrulos e
gansos.
Os romanos xa
criaban parrulos
como productores
de carne.
Detalle dun
mosaico
romano
Parrulo doméstico
(Anas platyrhynchos
domesticus)
Os parrulos
caracterízanse pola
forma oval e alongada do
corpo, o peteiro, ancho e
plano, e as patas
palmeadas propias das
aves acuáticas.
Son bos animais de
corral, tranquilos, pouco
esixentes e poden vivir
de 9 a 12 anos. O
tamaño e o peso, entre
1,5 e 5 kg, depende da
variedade.
No mundo críanse máis
de 2.500 millóns de
parrulos.
Forma
hidrodinámica
para mellorar o
desplazamento
pol auga. Patas
palmeadas, para
aumentar a
superficie de
empuxe, e
retrasadas, para
facilitar a
propulsión.
Peteiro ancho
para filtrar a
auga e
aproveitar as
sementes e os
pequenos
animais que
aboian ou se
moven nela
O dimorfismo
sexual é moi
evidente nas
especies
silvestres: entre as
cores chamativas
e brillantes dos
machos e as
cores pardas,
apagadas das
femias, para pasar
desapercibidas
cando chocan ou
crían. As cores
dos machos
sérvenlle para
atraer ás femias e
de reclamo aos
predadores que
así deixan
tranquilas ás
femias que coidan
das crías.
O dimorfismo é
menos evidente nas
formas domésticas
nas que algúns
conservan, de
maneira máis ou
menos clara, as
cores do lavanco, do
que derivan, e os
machos o rizo do
rabo. Aínda que se
poden distinguir
bastante ben pola
voz, máis alta e clara
nas femias, polo
tamaño, os machos
son sempre algo
máis grandes e máis
robustos, e polo
remate endurecido
do peteiro que é máis
ancho nos machos e
máis estreito nas
femias.
Parella de parrulos domésticos. O macho á dereita conserva, en parte, as
cores do lavanco e vese ben o remate do peteiro máis ancho que o da
femia, á esquerda.
Detalle do
peteiro
filtrador do
parrulo.
Dentro vese
a lingua, coa
que empuxa
a auga, e, na
beira, as
canles polas
que a
expulsa
cando filtra.
Detalle dun peteiro visto
desde abaixo onde se
poden apreciar con
claridade, as canles de
evacuación da auga.
As plumas dos parrulos non
se mollan. A auga esbara
por enriba delas porque
están recubertas por unha
sustancia graxa.
Os parrulos son moi
curiosos co coidado das
plumas, límpanas,
engráxanas e airéanas para
mantelas sempre en bo
estado. Múdanas cada ano
ao remate da época de cría.
Os parrulos silvestres,
según a especie,
aliméntanse de plantas
acuáticas e terrestres,
grans e pequenos animais.
Os domésticos de currais
pequenos, teñen unha
alimentación semellante á
dos silvestres con
engadido de
complementos: gran, algún
penso composto e herbas.
Os das granxas grandes
só comen pensos
compostos . O que nunca
debe faltar nas zonas de
alimentación dos parrulos
é a auga.
Teñen boa vista, os
ollos situados aos
lados da cabeza e
na parte alta,
permítenlle ver o
que pasa arredor e
por enriba, e oen
ben
Os parrulos
emiten unha
voz
característica
para
chamárense e
cando se
sorprenden. As
femias úsana
ás veces sen
motivo
aparente.
Para durmir adopta unha postura característica. Volve a cabeza cara atrás e
mete o peteiro debaixo dunha á. ás veces estando nunha soa pata.
Aínda que as variedades
domésticas perderon case todas a
capacidade de voar, principalmente
polo aumento de peso, os parrulos
seguen a conservar as tres
maneiras de desplazarse: camiñan
pola terra, aboian e desplázanse
pola auga e poden voar.
Os parrulos
domésticos
viven en
grupos máis
ou menos
numerosos,
os silvestres
forman
grandes
bandos que
se dispersan
durante a
época de cría
na que cada
parella ocupa
un espazo
propio e
separado de
todas as
demais.
Despois do cortexo e
o emparellamento, a
femia prepara un
niño, realiza a posta,
choca os ovos e logo
coida as crías.
Para aniñar, a femia
silvestre escolle
sitios secos
apartados da auga,
a doméstica lugares
pechados e oscuros,
onde se sinta segura
e non sexa
incomodada. Fórra o
niño con plumas e
choca os ovos
durante 28 días,
agarda un ou dous
días máis, a que
saian todos os
parruliños e estean
secos, antes de
abandonalo.
Os parruliños
nacen ben
desenvolvidos
e cubertos dun
denso plumón
no que non
entra a auga.
Acompañan á
nai a donde
vaia. Métense
na auga e
desenvólvense
nela con
habilidade
desde que
deixan o niño.
A nai soa
encárgase
de guiar e
protexer ás
crías.
Aos parrulos
pequenos o último
que se lle desevolve
son as plumas das
ás, polo que non voan
ata pasados uns tres
meses, cando xa
case teñen o tamaño
dos adultos. As
plumas que lle saen
primeiro son as do
peito e o ventre para
poderen manterse
illados da auga.
Para abastecer ás
granxas os ovos son
chocados
artificialmente.
Os parrulos
viven, de media,
entre 9 e 12
anos.
Edwina, foi o parrulo máis vello do
mundo, viveu ata os 22 anos
Os parrulos pódense
criar en calquera lugar
no que poidan manter
unhas mínimas
condicións hixiénicas e
espazo para
desenvolvérense.
Pódense ter en
pequenos grupos nun
curral, ou en grandes
instalacións industriais
en rexime
semiextensivo ou de
confinamento.
Parrulos de curral
Cría de parrulos en semilibertade
Cría de parrulos en
espazo pechado
Parrulo
mascota
Como a maioría
dos animais os
parrulos só comen
o que necesitan.
Para que gañen
máis peso
encérranse en
espazos reducidos,
para que non
gasten enerxía en
desplazamentos e
outras actividades,
e fáiselle unha
alimentación
forzada,
embutíndolle, á
forza, máis alimento
que o que
necesitan para
obter deste xeito os
rendementos
requeridos.
Imaxes dunha granxa de
engorde de parrulos para a
obtención de foie-gras
Na China, o
princpal productor
de parrulos do
mundo, unha
gran parte dos
mesmos críanse
en rexime
semiextensivo
Traslado de parrulos aos campos de alimentación
Dos parrulos
aprovéitase a
carne que se
consume
directamente
ou en
diferentes
preparacións:
xamón , confit
e magret…
Confit: Prepáranse cocendo, a moi baixa
temperatura, en graxa de parrulo, patas e
peitugas.
Magret: Son as peitugas, coa pel e unha capa
de graxa, feitas á plancha. Fanse primeiro pola
parte da pel e sírvense pouco feitas para evitar
que se poñan duras.
Xamón de parrulo: Peitugas de parrulo
secadas durante tres semanas e cortadas
en láminas finas. listas para consumir.
Graxa de parrulo: É unha graxa rica en elementos mono insaturados. Úsase para
facer o confit e para preparar outros platos da mesma maneira que o confit.
Moegas: Véndense frescas ou envasadas confitadas.
as moegas, a graxa
e o producto
estrela, o fígado,
que se consume
fresco ou
preparado como
foie-gras
Os ovos dos parrulos
aceptan os mesmos
tratamentos e as
mesmas elaboracións
que os de galiña, aínda
que teñen un sabor algo
diferente. Os ovos de
parrulo aportan maior
cantidade de elementos
que os de galiña, sobre
todo vitamina A, pero
tamén bastante máis
colesterol.
Coas plumas de
cores, ou tinguidas,
fanse plumas de
pesca e
complementos; co
plumón fanse recheos
para prendas de
abrigo, almofadas,
edredóns…
Para colleitar as
plumas desplúmanse
os parrulos ata catro
veces ao ano
Parrulos silvestres
galegosSó o lavanco é sedentario, os demáis son visitantes invernais que veñen do norte de
Europa
Lavanco (Anas platyrhynchos).
É o parrulo máis común.
Sedentario e abundante. Pódese
ver nos esteiros e en calquera
outra masa de auga encorada ou
de corrente lenta. Cría preto da
auga nun niño agochado entre a
vexetación das ribeiras.
Cerceta real (Anas
crecca). É un parrulo moi
pequeno. Aniña no norte e
no centro de Europa. En
Galicia vese de decembro
a febreiro en rías,
esteiros, lagoas e
encoros.
Parrulo cullerete (Anas clypeata).
Cría desde Europa Central ata Siberia.
En Galicia é visitante, de esteiros e
lagoas, entre setembro e febreiro.
Parrulo cristado común
(Aythya fuligula). Cría no norte
de Europa. En Galicia é visitante
de esteiros, lagoas e encoros
preto do litoral, entre agosto e
abril.
Parrulo rabudo (Anas acuta). Cría no norte e no
leste de Europa e en Siberia. En Galicia é visitante,
de setembro a abril, de rías esteiros e lagoas.
Parrulo asubión europeo (Anas
penelope). Aniña no norte de Europa e
de Asia. En Galicia é visitante de
setembro a abril. É, despois do lavanco,
o parrulo máis abundante. Pódese ver
nos esteiros e en masas de auga
próximas ao litoral.
Algunhas razas
de parrulos e
outras
curiosidades
Razas
domésticas
máis comúns
Parrulo
blanco ou
parrulo Pekin.
Pesa entre 3,6
e 4 kg. Críase
como
productor de
carne.
Orixinouse a
partir do
lavanco (Anas
platyrhynchos)
e chegou a
Europa e a
Norteamérica,
a comezos do
século XIX,
procedente da
China.
Parrulo mudo (Cairina moschata) . É
orixinario das selvas tropicais de Brasil e
atópase extendido por toda Sudamérica
onde se coñece co nome de “pato
criollo”, aquí coñécese co nome de
parrulo mudo porque non emite son
ningún. E de cores branca e negra todo
el ou repartido en manchas. Machos e
femias teñen unhas carúnculas
vermellas arredor do peteiro e dos ollos,
aínda que as dos machos están máis
desenvolvidas. Os machos tamén son
máis grandes. As femias poñen pola
noite os ovos brancos cun tono verdoso
e, si se lles deixan, enseguida se poñen
a chocalos. Os pitos nacen despois de
34 ou 35 días e son coidados pola nai.
Poden voar , aínda que si crían, vanse
pola mañán e volven á tarde.
Os silvestres son máis pequenos,
negros cunha faixa branca nas ás e o
peteiro con raias negras.
Parrulo Mulard. É un cruce de parrulo pekín e parrulo mudo. Pode pesar máis
de 4 kg. É un animal tranquilo, fácil de criar e de cebar. Críase principalmente
para producir foie-gras. O foie-gras obtense só dos machos porque teñen o
fígado máis grande e de máis calidade
Corredor indio. Orixinario
de Inglaterra,
probablemente importada
procedente de Asia.
seleccionado de primeiras
para a posta de ovos, as
femias poñen unha media
de 200 ao ano, pero agora
tense máis como ave de
adorno. O nome venlle da
súa postura erguida porque
ten as patas moi atrás por
cousa de ter o fémur moi
curto. É un parrulo lixeiro,
pesa entre 1,5 e 2 kg,
asustadizo e non voa.
Parrulos khakhi Campbell. Son aves rústicas e adaptables, de tamaño mediano
e moi poñedoras, ata 300 ovos, de arredor de 70 gr, blancos e alongados, ao
ano. Chocan os ovos durante 28 días.
Parrulo de
cayuga. De cor
negra cun tinte
verde metálico e
patas negras, as
cores podense
volver máis
claras cando se
fai vello, robusto
manso e
autosuficiente
Pode poñer de
100 a 150 ovos
algúns parrulos
chamativos
Parrulo mandarín (Aix galericulata). Orixinario da China, atópase
extendido por todo o mundo como ave ornamental. Está considerado, por
moita xente, como a ave máis bonita do mundo.
Parulo arlequín (Histrionicus histrionicus). Cría ao pé de regatos e ríos fríos e
rápidos de Norteamérica e Rusia oriental.
Pato negro (Netta peposaca). Orixinaria e endémica da metade sur
de Sudamérica.
Parrulo asubiador de cabeza branca (Dendrocygna viduata). Parrulo
tropical de África e América.
Ganso pigmeo
africano
(Nettapus
auritus). É o
parrulo máis
pequeno de
África. Pesa
entre 250 e 280
gr.
Eider de anteollos (Somateria fischeri). Vive no noroeste de América e no
norleste de Asia.
Parrulo de pencas (Stictonetta naevosa).É nativo do sur de Australia.
Parrulo cristado(Sarkidiornis melanotos). Vive en áreas tropicais de
América, África e Asia. Ao macho, na época de cría, desenvólveselle unha
carúncula carnosa enriba do peteiro.
Parrulo amiscleiro (Biziura lobata). Nativo do sur de Australia. O macho, na
época de cría, loce un lóbulo colgante debaixo do peteiro.
Agardando a vez
Un parrulo facendo ximnasia
outro parrulo facendo ximnasia
e outro parrulo facendo ximnasia.
Unha cesta de parrulos
un saco de parrulos,
un carriño de parrulos,
e unha moto con parrulos.
Un parrulo curioso,
dous parrulos curiosos,
tres parrulos voando
e un parrulo abusón.
Flores ou parrulos voando.
A Flying Duck Orchid
(Caleana major) é unha
pequena orquídea que
florece no sur de Australia.
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA

More Related Content

What's hot

Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
monadela
 
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Mariaivan
 

What's hot (20)

Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Aguia imperial
Aguia imperialAguia imperial
Aguia imperial
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
O mundo animal
O mundo animalO mundo animal
O mundo animal
 
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 

Similar to O parrulo

O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
vanesalidia
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
iesasorey
 
Aves do ortegal
Aves do ortegalAves do ortegal
Aves do ortegal
TamaraSV
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
PaulaReySilva
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
Btt Xiabre
 

Similar to O parrulo (18)

Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O canario
O canarioO canario
O canario
 
Animais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_epAnimais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_ep
 
Esquema
EsquemaEsquema
Esquema
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
Aves do ortegal
Aves do ortegalAves do ortegal
Aves do ortegal
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

O parrulo

  • 2. Os parrulos xa eran coñecidos e cazados desde a antigüidade. Os exipcios coñecíanos ben e criábanos, tal como se ve nas pinturas de algunhas tumbas nas que aparecen representadas distintas clases de parrulos e gansos.
  • 3. Os romanos xa criaban parrulos como productores de carne. Detalle dun mosaico romano
  • 4. Parrulo doméstico (Anas platyrhynchos domesticus) Os parrulos caracterízanse pola forma oval e alongada do corpo, o peteiro, ancho e plano, e as patas palmeadas propias das aves acuáticas. Son bos animais de corral, tranquilos, pouco esixentes e poden vivir de 9 a 12 anos. O tamaño e o peso, entre 1,5 e 5 kg, depende da variedade. No mundo críanse máis de 2.500 millóns de parrulos.
  • 5. Forma hidrodinámica para mellorar o desplazamento pol auga. Patas palmeadas, para aumentar a superficie de empuxe, e retrasadas, para facilitar a propulsión. Peteiro ancho para filtrar a auga e aproveitar as sementes e os pequenos animais que aboian ou se moven nela
  • 6. O dimorfismo sexual é moi evidente nas especies silvestres: entre as cores chamativas e brillantes dos machos e as cores pardas, apagadas das femias, para pasar desapercibidas cando chocan ou crían. As cores dos machos sérvenlle para atraer ás femias e de reclamo aos predadores que así deixan tranquilas ás femias que coidan das crías.
  • 7. O dimorfismo é menos evidente nas formas domésticas nas que algúns conservan, de maneira máis ou menos clara, as cores do lavanco, do que derivan, e os machos o rizo do rabo. Aínda que se poden distinguir bastante ben pola voz, máis alta e clara nas femias, polo tamaño, os machos son sempre algo máis grandes e máis robustos, e polo remate endurecido do peteiro que é máis ancho nos machos e máis estreito nas femias. Parella de parrulos domésticos. O macho á dereita conserva, en parte, as cores do lavanco e vese ben o remate do peteiro máis ancho que o da femia, á esquerda.
  • 8. Detalle do peteiro filtrador do parrulo. Dentro vese a lingua, coa que empuxa a auga, e, na beira, as canles polas que a expulsa cando filtra. Detalle dun peteiro visto desde abaixo onde se poden apreciar con claridade, as canles de evacuación da auga.
  • 9. As plumas dos parrulos non se mollan. A auga esbara por enriba delas porque están recubertas por unha sustancia graxa. Os parrulos son moi curiosos co coidado das plumas, límpanas, engráxanas e airéanas para mantelas sempre en bo estado. Múdanas cada ano ao remate da época de cría.
  • 10. Os parrulos silvestres, según a especie, aliméntanse de plantas acuáticas e terrestres, grans e pequenos animais. Os domésticos de currais pequenos, teñen unha alimentación semellante á dos silvestres con engadido de complementos: gran, algún penso composto e herbas. Os das granxas grandes só comen pensos compostos . O que nunca debe faltar nas zonas de alimentación dos parrulos é a auga.
  • 11. Teñen boa vista, os ollos situados aos lados da cabeza e na parte alta, permítenlle ver o que pasa arredor e por enriba, e oen ben
  • 12. Os parrulos emiten unha voz característica para chamárense e cando se sorprenden. As femias úsana ás veces sen motivo aparente.
  • 13. Para durmir adopta unha postura característica. Volve a cabeza cara atrás e mete o peteiro debaixo dunha á. ás veces estando nunha soa pata.
  • 14. Aínda que as variedades domésticas perderon case todas a capacidade de voar, principalmente polo aumento de peso, os parrulos seguen a conservar as tres maneiras de desplazarse: camiñan pola terra, aboian e desplázanse pola auga e poden voar.
  • 15. Os parrulos domésticos viven en grupos máis ou menos numerosos, os silvestres forman grandes bandos que se dispersan durante a época de cría na que cada parella ocupa un espazo propio e separado de todas as demais.
  • 16. Despois do cortexo e o emparellamento, a femia prepara un niño, realiza a posta, choca os ovos e logo coida as crías.
  • 17. Para aniñar, a femia silvestre escolle sitios secos apartados da auga, a doméstica lugares pechados e oscuros, onde se sinta segura e non sexa incomodada. Fórra o niño con plumas e choca os ovos durante 28 días, agarda un ou dous días máis, a que saian todos os parruliños e estean secos, antes de abandonalo.
  • 18. Os parruliños nacen ben desenvolvidos e cubertos dun denso plumón no que non entra a auga. Acompañan á nai a donde vaia. Métense na auga e desenvólvense nela con habilidade desde que deixan o niño.
  • 19. A nai soa encárgase de guiar e protexer ás crías.
  • 20. Aos parrulos pequenos o último que se lle desevolve son as plumas das ás, polo que non voan ata pasados uns tres meses, cando xa case teñen o tamaño dos adultos. As plumas que lle saen primeiro son as do peito e o ventre para poderen manterse illados da auga.
  • 21. Para abastecer ás granxas os ovos son chocados artificialmente.
  • 22. Os parrulos viven, de media, entre 9 e 12 anos. Edwina, foi o parrulo máis vello do mundo, viveu ata os 22 anos
  • 23. Os parrulos pódense criar en calquera lugar no que poidan manter unhas mínimas condicións hixiénicas e espazo para desenvolvérense. Pódense ter en pequenos grupos nun curral, ou en grandes instalacións industriais en rexime semiextensivo ou de confinamento. Parrulos de curral
  • 24. Cría de parrulos en semilibertade Cría de parrulos en espazo pechado Parrulo mascota
  • 25. Como a maioría dos animais os parrulos só comen o que necesitan. Para que gañen máis peso encérranse en espazos reducidos, para que non gasten enerxía en desplazamentos e outras actividades, e fáiselle unha alimentación forzada, embutíndolle, á forza, máis alimento que o que necesitan para obter deste xeito os rendementos requeridos. Imaxes dunha granxa de engorde de parrulos para a obtención de foie-gras
  • 26. Na China, o princpal productor de parrulos do mundo, unha gran parte dos mesmos críanse en rexime semiextensivo Traslado de parrulos aos campos de alimentación
  • 27. Dos parrulos aprovéitase a carne que se consume directamente ou en diferentes preparacións: xamón , confit e magret…
  • 28. Confit: Prepáranse cocendo, a moi baixa temperatura, en graxa de parrulo, patas e peitugas. Magret: Son as peitugas, coa pel e unha capa de graxa, feitas á plancha. Fanse primeiro pola parte da pel e sírvense pouco feitas para evitar que se poñan duras. Xamón de parrulo: Peitugas de parrulo secadas durante tres semanas e cortadas en láminas finas. listas para consumir.
  • 29. Graxa de parrulo: É unha graxa rica en elementos mono insaturados. Úsase para facer o confit e para preparar outros platos da mesma maneira que o confit. Moegas: Véndense frescas ou envasadas confitadas. as moegas, a graxa
  • 30. e o producto estrela, o fígado, que se consume fresco ou preparado como foie-gras
  • 31. Os ovos dos parrulos aceptan os mesmos tratamentos e as mesmas elaboracións que os de galiña, aínda que teñen un sabor algo diferente. Os ovos de parrulo aportan maior cantidade de elementos que os de galiña, sobre todo vitamina A, pero tamén bastante máis colesterol.
  • 32. Coas plumas de cores, ou tinguidas, fanse plumas de pesca e complementos; co plumón fanse recheos para prendas de abrigo, almofadas, edredóns… Para colleitar as plumas desplúmanse os parrulos ata catro veces ao ano
  • 33. Parrulos silvestres galegosSó o lavanco é sedentario, os demáis son visitantes invernais que veñen do norte de Europa Lavanco (Anas platyrhynchos). É o parrulo máis común. Sedentario e abundante. Pódese ver nos esteiros e en calquera outra masa de auga encorada ou de corrente lenta. Cría preto da auga nun niño agochado entre a vexetación das ribeiras.
  • 34. Cerceta real (Anas crecca). É un parrulo moi pequeno. Aniña no norte e no centro de Europa. En Galicia vese de decembro a febreiro en rías, esteiros, lagoas e encoros. Parrulo cullerete (Anas clypeata). Cría desde Europa Central ata Siberia. En Galicia é visitante, de esteiros e lagoas, entre setembro e febreiro. Parrulo cristado común (Aythya fuligula). Cría no norte de Europa. En Galicia é visitante de esteiros, lagoas e encoros preto do litoral, entre agosto e abril. Parrulo rabudo (Anas acuta). Cría no norte e no leste de Europa e en Siberia. En Galicia é visitante, de setembro a abril, de rías esteiros e lagoas. Parrulo asubión europeo (Anas penelope). Aniña no norte de Europa e de Asia. En Galicia é visitante de setembro a abril. É, despois do lavanco, o parrulo máis abundante. Pódese ver nos esteiros e en masas de auga próximas ao litoral.
  • 35. Algunhas razas de parrulos e outras curiosidades
  • 37. Parrulo blanco ou parrulo Pekin. Pesa entre 3,6 e 4 kg. Críase como productor de carne. Orixinouse a partir do lavanco (Anas platyrhynchos) e chegou a Europa e a Norteamérica, a comezos do século XIX, procedente da China.
  • 38. Parrulo mudo (Cairina moschata) . É orixinario das selvas tropicais de Brasil e atópase extendido por toda Sudamérica onde se coñece co nome de “pato criollo”, aquí coñécese co nome de parrulo mudo porque non emite son ningún. E de cores branca e negra todo el ou repartido en manchas. Machos e femias teñen unhas carúnculas vermellas arredor do peteiro e dos ollos, aínda que as dos machos están máis desenvolvidas. Os machos tamén son máis grandes. As femias poñen pola noite os ovos brancos cun tono verdoso e, si se lles deixan, enseguida se poñen a chocalos. Os pitos nacen despois de 34 ou 35 días e son coidados pola nai. Poden voar , aínda que si crían, vanse pola mañán e volven á tarde. Os silvestres son máis pequenos, negros cunha faixa branca nas ás e o peteiro con raias negras.
  • 39. Parrulo Mulard. É un cruce de parrulo pekín e parrulo mudo. Pode pesar máis de 4 kg. É un animal tranquilo, fácil de criar e de cebar. Críase principalmente para producir foie-gras. O foie-gras obtense só dos machos porque teñen o fígado máis grande e de máis calidade
  • 40. Corredor indio. Orixinario de Inglaterra, probablemente importada procedente de Asia. seleccionado de primeiras para a posta de ovos, as femias poñen unha media de 200 ao ano, pero agora tense máis como ave de adorno. O nome venlle da súa postura erguida porque ten as patas moi atrás por cousa de ter o fémur moi curto. É un parrulo lixeiro, pesa entre 1,5 e 2 kg, asustadizo e non voa.
  • 41. Parrulos khakhi Campbell. Son aves rústicas e adaptables, de tamaño mediano e moi poñedoras, ata 300 ovos, de arredor de 70 gr, blancos e alongados, ao ano. Chocan os ovos durante 28 días.
  • 42. Parrulo de cayuga. De cor negra cun tinte verde metálico e patas negras, as cores podense volver máis claras cando se fai vello, robusto manso e autosuficiente Pode poñer de 100 a 150 ovos
  • 44. Parrulo mandarín (Aix galericulata). Orixinario da China, atópase extendido por todo o mundo como ave ornamental. Está considerado, por moita xente, como a ave máis bonita do mundo.
  • 45. Parulo arlequín (Histrionicus histrionicus). Cría ao pé de regatos e ríos fríos e rápidos de Norteamérica e Rusia oriental.
  • 46. Pato negro (Netta peposaca). Orixinaria e endémica da metade sur de Sudamérica.
  • 47. Parrulo asubiador de cabeza branca (Dendrocygna viduata). Parrulo tropical de África e América.
  • 48.
  • 49. Ganso pigmeo africano (Nettapus auritus). É o parrulo máis pequeno de África. Pesa entre 250 e 280 gr.
  • 50. Eider de anteollos (Somateria fischeri). Vive no noroeste de América e no norleste de Asia.
  • 51. Parrulo de pencas (Stictonetta naevosa).É nativo do sur de Australia.
  • 52. Parrulo cristado(Sarkidiornis melanotos). Vive en áreas tropicais de América, África e Asia. Ao macho, na época de cría, desenvólveselle unha carúncula carnosa enriba do peteiro.
  • 53. Parrulo amiscleiro (Biziura lobata). Nativo do sur de Australia. O macho, na época de cría, loce un lóbulo colgante debaixo do peteiro.
  • 54.
  • 55.
  • 57.
  • 58.
  • 59.
  • 60. Un parrulo facendo ximnasia
  • 62. e outro parrulo facendo ximnasia.
  • 63. Unha cesta de parrulos
  • 64. un saco de parrulos,
  • 65. un carriño de parrulos,
  • 66. e unha moto con parrulos.
  • 70. e un parrulo abusón.
  • 71. Flores ou parrulos voando. A Flying Duck Orchid (Caleana major) é unha pequena orquídea que florece no sur de Australia.
  • 72. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA