SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
a galiña
A galiña é orixinaria do sudeste de Asia. Onde aínda se atopan exemplares
silvestres, no leste da India e no Himalaia .
A domesticación
tivo lugar hai uns
4.000 anos. E
chegou a Europa
coas migracións
indoeuropeas.
Os exípcios
coñecían e
criaban galiñas e
de Exipto pasou
a Grecia e a
Roma.
Mosaico da pelexa de
galos. Pompeia
Un dos varios
galos que
aparecen
pintados en
santa Olaia de
Bóveda (Lugo).
Galo, o macho, e galiña, a femia,
(Gallus gallus domesticus)
Os galos e as galiñas teñen un
dimorfismo sexual evidente. Os
galos son máis grandes e máis
pesados. Miden, de media, arredor
de 50 cm e pesan uns 4 kg; teñen a
crista máis grande e as plumas do
pescozo e do lombo máis longas e
brillantes, ademais as do rabo
longas e curvadas. As galiñas, pola
contra, non miden moito máis de 40
cm nin pasan dos 2 kg de peso;
teñen os apéndices carnosos da
cabeza máis pequenos e a
plumaxe menos vistosa. Os galos
teñen ademáis uns esporóns nas
patas que usan como arma nas
pelexas territoriais.
É o animal doméstico máis común
e numeroso. Calcúlase que hai
máis de 13.000 millóns de galos e
galiñas no mundo.
Esporón moi desenvolvido na pata dun galo vello
PARTES DA GALIÑA
Crista
Peteiro
Peito
Papo Ás
Pescozo
Lombo
Rabo
Dedos
Pata
Orellas
Barbas
A galiña é un
animal omnívoro,
con predilección
polas sementes e
os invertebrados.
Procuran a comida
coa vista e
escarabellan na
terra para
desenterrar grans
ou miñocas. Beben
metendo o peteiro
na auga para coller
unha pequena
cantidade e logo
érguen a cabeza e
bótana cara atrás
para engulila.
Ten boa vista e bo
oído, pero o olfacto e
o gusto tenos pouco
desenvolvidos.
Ten os ollos aos
lados da cabeza e na
parte alta para poder
ver todo arredor e
cara arriba e así
poder esquivar os
ataques dos
enemigos terrestres
e aéreos.
A galiña camiña e corre
apoiandose nos dedos. Cando
corre para cambiar de dirección
mantén o equilibrio coas ás.
Cando se asusta moito tenta voar.
O tempo máximo de voo dunha galiña
foi de13 segundos.
A voz máis coñecida do
galo é o canto de
marcación territorial
que emite varias veces
ao longo do día,
principalmente ao
mencer e pola tarde, e
ocasionalmente como
resposta ao canto de
outros galos. Con esa
voz ademais de marcar
o territorio chama ás
femias que haxa polos
arredores. Pero galos e
galiñas cacarexan, se
se asustan, as galiñas
tamén cacarexan
despois de poñeren o
ovo, gorxean, cando
atopan comida, e
emiten un chío áspero
cando ven unha ave de
rapina.
A galiña choca emite
un son especial, o
choqueo ou
choqueleo, cando
incuba e cando ten
pitos e outra chamada
diferente para
atraelos cando atopa
algo.
Os pitos pían con
diferentes intensidades
para chamar, para
mantérense en contacto
e, cun ton máis suave,
cando están acochados á
calor das nais.
As plumas son o
elemento
diferenciador e
característico das
aves, e sonlle moi
útiles porque lle
serven de illante
contra o frío e a
calor, protéxenas da
chuvia, sérvenlle de
camuflaxe ou para
chamar a atención,
en moitos casos,
para diferenciar os
sexos, e, sobre
todo, permítenlle
voar.
As aves teñen
plumas de
características
diferentes para cada
función.
Remeiras, de voo
Timoneiras,
de dirección
Coberteiras,
de
protección
Plumón,
de abrigo
Todas as aves
poñen especial
atención no
coidado das
plumas, e as
galiñas aséanas
co peteiro e
danse baños de
terra para
mantelas limpas
e libres de
parásitos.
Galos e galiñas
mudan as
plumas cada
ano.
Cando baixan as
temperaturas as galiñas
encollen o pescozo,
erguen as plumas para
crear un espazo illado,
unha cámara de aire
quente, entre a súa pel
e o exterior para
protexerse do frío.
Tamén se asolean
cando teñen frío ou
están molladas,
deitándose de lado e
expoñendo a maior
superficie do corpo ao
sol. E cando fai moita
calor regulan a
temperatura respirando
activamente co peteiro
aberto.
Son aves naturalmente
gregarias. viven en
grupos nos que hai unha
xerarquía establecida por
medio de pelexas.
Nos grupos de galiñas
establecense dúas
xerarquías unha entre os
machos e outra entre as
femias, aínda que os
machos son sempre
superiores.
Galiña dominante, á
esquerda, e á dereita a
galiña dominada
Dentro dos grupos distínguense os animais dominantes pola súa postura coa
cabeza alta e o rabo erguido, mentras que os dominados levan o rabo baixo
e a cabeza baixa e ladeada. Os distintos niveis de elevación marcan a
posición dentro do grupo. As dominantes sinalan o seu poderío peteirando
aos subordinados. Os animais dominantes comen antes e escollen os sitios
máis altos para durmir.
Os galos son
territoriais, marcan o
seu espazo co
canto,e, se é preciso,
pelexan cos outros
machos polo dominio
do grupo. Para eso
erguen as plumas do
pescozo, baixan as ás
e o rabo e lánzanse
contra o seu
adversario tentando
ferilo cos esporóns e
co peteiro.
A agresividade natural
dos galos é
potenciada nos galos
de pelexa.
As galiñas silvestres
poñen os ovos en
niños agochados entre
a vexetación, as
domésticas comparten
poñedeiro, un niño,
nunha caixa ou no
chan, nun sitio
protexido; pero
sempre hai algunha
que, se ten ocasión,
busca un lugar
agochado donde
poñer só os seus.
As galiñas de razas
selectas poñen ovos
durante moitos días,
algunhas máis de 300
ao ano.
Os ovos de galiña
teñen a casca de
distinta cor. A cor
depende da raza e
da cor da propia
galiña. As galiñas
blancas e as
negras poñen
ovos de casca
blanca, as
castañas poñen
ovos coa casca de
cor. Os ovos
miden entre 5 e 7
cm de longo e 3 e
5 cm de largo, e
pesan entre 50 e
70 gr.
Unha ou dúas veces
ao ano a galiña
choca, cambia de
actitude, camiña coas
plumas eguidas e
emite o son
característico do seu
estado,o choqueo,
deixa de poñer ovos e
ponse enriba dos que
hai no niño para
chocalos, facer que
se desenvolvan os
embrións dándolle
calor e movéndoos
cada pouco para
repartila calor por
igual, durante 21 días,
ata que os pitos
nacen, e logo bota 1
ou 2 días máis no
niño.
Despois do
segundo día de
naceren os pitos
a galiña
conduceos aos
lugares onde
poden atopar
que comer.
A galiña guía e
protexe aos
pitos e
deféndeos
contra calquera
perigo.
Galiña con pitos en actitude
defensiva. Ergue as plumas para
parecer máis grande.
Acólleos debaixo
das súas ás e do
seu corpo cando
chove, cando
descansan e pola
noite para durmir.
Os pitos aliméntanse
os dous primeiros
días das reservas da
xema e logo xa
empezan a
alimentarse pola súa
conta. A partir da
primeira semana xa
lle empezan a saír as
primeiras plumas nas
ás e no rabo e aos 60
días xa teñen a
plumaxe completa.
Momento que
coincide co abandono
por parte da nai. Os
polos seguen xuntos
durante uns días e
logo cada un entra a
formar parte do
grupo. Fanse adultos
aos 5 ou 6 meses.
Pitiños de 1 día
Polo de 2 meses. Ten a
plumaxe completa e xa é
independente
Pito de 1 mesPitos de 15 días
Pitos de 1 semana
As galiñas poden
vivir máis de 10
anos.
Ao tempo que se
van facendo
vellas poñen
menos ovos.
As galiñas
pódense criar
en pequenos
grupos, nun
curral ou nun
patio, en
instalacións
industriais,
grandes naves
galiñeiro, ou en
espazos abertos
valados.
Grupo de galiñas nun curral
Nave de mantemento de poñedoras
Nave de engorde de polos
Poñedoras en libertade
Para ter pitos
para a
produción
industrial os
ovos chócanse
artificialmente
en grandes
incubadoras
totalmente
automatizadas
que controlan
a temperatura
e a humidade,
e a posición
dos mesmos,
nas que se
tratan varios
miles de
unidades á
vez.
Nave de incubación dunha empresa avícola Interior dunha
incubadora industrial
Ovos nunha incubadora Pitiños recén nacidos
As galiñas críanse pola
carne e polos ovos,
pero tamén se lle
poden aproveitar as
plumas. Algunhas
variedades críanse
como animais de
compañía ou
decorativos e outras,
pola súa agresividade,
para o seu uso en
pelexas de galos.
Cada ano consúmense
33 millóns de toneladas
de carne de polo e
prodúcense 600.000
millóns de ovos.
algunhas razas
de galiñas e
outras
curiosidades
Galo bankiva
(Gallus gallus
bankiva). O
antepasado das
galiñas actuais. O
galo mide de 65 a
75 cm de longo; e
a femia de 42 a
46 cm. Vive en
bosques, selvas e
matos. As galiñas
poñen de 4 a 9
ovos nun oco no
chan e chócanos
durante 20 días.
a especie orixinaria
Galiña de Mos.
Orixinaria da Terra
Chá. É unha galiña
de moi boa aptitude
cárnica pero de
escasa produción de
ovos, uns 160 ao
ano, morenos e de
máis de 50 gr. Os
galos pesan de 3,5 a
4 kg e as galiñas de
2,5 a 3 kg.
a raza galega
As galiñas
clasifícanse polo
seu tamaño, polo
seu lugar de orixe
ou polas súas
aptitudes en:
grandes,
medianas e
pequenas;
asiáticas,
atlánticas e
mediterráneas;
ou poñedoras, de
doble utilidade,
de carne e de
adorno.
Galiña
poñedora
Galo miniatura
Galo de
pelexa
Galiñas
medianas
de doble
utilidade
Galiñas
grandes
de carne
Galiñas
de
adorno
Leghorn. De
orixe italiana
mellorada nos
EE.UU.. É unha
galiña rústica,
moi prolífica,
que pon ata
300 ovos ao
ano. Consume
pouco porque é
pequena.
Rhode island.
Creada nos
EE. UU.. É
unha galiña de
tamaño medio,
forte, vigorosa
e resistente.
Son aves de
doble utilidade.
Os galos
pesan arredor
dos 4 kg e as
galiñas 3 kg
escasos.
Poñen máis de
250 ovos ao
ano.
Brahma. De
orixe asiática
(India) pero
creada en
América por
cruzamento
con outras
galiñas
asiáticas. É
unha galiña
grande. Os
galos pesan de
3,5 a 5 kg e as
galiñas de 3 a
4,5 kg.
Broiler. É unha
raza que medra
rápido e acada
grandes pesos,
os galos chegan
a pesar 7 kg. É
a raza máis
criada nas
granxas
productoras de
carne.
Galiña araucana ou galiña
mapuche. É unha galiña primitiva
criada polos mapuches, indíxenas de
chile e a Arxentina. Chámaselle
tamén collonca, porque non ten rabo.
Pon os ovos de cor azul verdosa.
Galiña húngara de pescozo pelado. Orixinaria dos Cárpatos. É unha galiña
de doble utilidade, productora de carne, os galos pesan de 4 a 5 kg e as
galiñas de 3,5 a 4 kg, e de ovos, máis de 200 ao ano.
Galiña sedosa do
Xapón. É unha
galiña pequena,
pesa arredor de 1
kg. A súa chamativa
covertura e
consecuencia de
que as plumas case
non teñen eixo. Son
moi boas chocando
os ovos e boas nais.
Galo fénix xaponés. Son aves entre pequenas e medianas, os galos pesan de
2 a 2,5 kg e as galiñas de 1,5 a 2 kg, o máis característico desta raza e a
lonxitude das plumas do rabo dos machos, que medran ata 1 m cada ano, os
da variedade Onaga-dori que non muda as plumas, chegan a un promedio de 4
m. O rabo máis longo do que se ten noticia mideu máis de 11 m.
Galo de Sumatra. Ten un tamaño entre pequeno e mediano, os galos pesan
de 2 a 2,5 kg e as galiñas de 1,5 a 2 kg. Criouse como galo de pelexa. O máis
característico desta raza e que ten, ollos, pel e plumas negros, e varias
esporas en cada pata.
Galiña rizada. É de orixe asiática. Ten un tamaño medio, os galos pesan entre 3
e 3,5 kg e as galiñas entre 2 e 2,5 kg. o máis destacado desta raza e a curiosa
disposición das plumas erguidas cara á cabeza.
Galiñas sen plumas. Foron creadas por
científicos israelitas.
Galiña serama. A raza de
galiña máis pequena que se
coñece. Procede de Malasia.
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
O mundo animal
O mundo animalO mundo animal
O mundo animal
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Galiña de Guiné
Galiña de GuinéGaliña de Guiné
Galiña de Guiné
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 

Similar to A galiña

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles vanesalidia
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezCarmela Garcia
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes iMonContos
 

Similar to A galiña (15)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
Leon
LeonLeon
Leon
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
O canario
O canarioO canario
O canario
 
O camelo
O cameloO camelo
O camelo
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
O can
O canO can
O can
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

A galiña

  • 2. A galiña é orixinaria do sudeste de Asia. Onde aínda se atopan exemplares silvestres, no leste da India e no Himalaia .
  • 3. A domesticación tivo lugar hai uns 4.000 anos. E chegou a Europa coas migracións indoeuropeas. Os exípcios coñecían e criaban galiñas e de Exipto pasou a Grecia e a Roma. Mosaico da pelexa de galos. Pompeia Un dos varios galos que aparecen pintados en santa Olaia de Bóveda (Lugo).
  • 4. Galo, o macho, e galiña, a femia, (Gallus gallus domesticus) Os galos e as galiñas teñen un dimorfismo sexual evidente. Os galos son máis grandes e máis pesados. Miden, de media, arredor de 50 cm e pesan uns 4 kg; teñen a crista máis grande e as plumas do pescozo e do lombo máis longas e brillantes, ademais as do rabo longas e curvadas. As galiñas, pola contra, non miden moito máis de 40 cm nin pasan dos 2 kg de peso; teñen os apéndices carnosos da cabeza máis pequenos e a plumaxe menos vistosa. Os galos teñen ademáis uns esporóns nas patas que usan como arma nas pelexas territoriais. É o animal doméstico máis común e numeroso. Calcúlase que hai máis de 13.000 millóns de galos e galiñas no mundo.
  • 5. Esporón moi desenvolvido na pata dun galo vello
  • 6. PARTES DA GALIÑA Crista Peteiro Peito Papo Ás Pescozo Lombo Rabo Dedos Pata Orellas Barbas
  • 7. A galiña é un animal omnívoro, con predilección polas sementes e os invertebrados. Procuran a comida coa vista e escarabellan na terra para desenterrar grans ou miñocas. Beben metendo o peteiro na auga para coller unha pequena cantidade e logo érguen a cabeza e bótana cara atrás para engulila.
  • 8. Ten boa vista e bo oído, pero o olfacto e o gusto tenos pouco desenvolvidos. Ten os ollos aos lados da cabeza e na parte alta para poder ver todo arredor e cara arriba e así poder esquivar os ataques dos enemigos terrestres e aéreos.
  • 9. A galiña camiña e corre apoiandose nos dedos. Cando corre para cambiar de dirección mantén o equilibrio coas ás.
  • 10. Cando se asusta moito tenta voar. O tempo máximo de voo dunha galiña foi de13 segundos.
  • 11. A voz máis coñecida do galo é o canto de marcación territorial que emite varias veces ao longo do día, principalmente ao mencer e pola tarde, e ocasionalmente como resposta ao canto de outros galos. Con esa voz ademais de marcar o territorio chama ás femias que haxa polos arredores. Pero galos e galiñas cacarexan, se se asustan, as galiñas tamén cacarexan despois de poñeren o ovo, gorxean, cando atopan comida, e emiten un chío áspero cando ven unha ave de rapina.
  • 12. A galiña choca emite un son especial, o choqueo ou choqueleo, cando incuba e cando ten pitos e outra chamada diferente para atraelos cando atopa algo.
  • 13. Os pitos pían con diferentes intensidades para chamar, para mantérense en contacto e, cun ton máis suave, cando están acochados á calor das nais.
  • 14. As plumas son o elemento diferenciador e característico das aves, e sonlle moi útiles porque lle serven de illante contra o frío e a calor, protéxenas da chuvia, sérvenlle de camuflaxe ou para chamar a atención, en moitos casos, para diferenciar os sexos, e, sobre todo, permítenlle voar. As aves teñen plumas de características diferentes para cada función. Remeiras, de voo Timoneiras, de dirección Coberteiras, de protección Plumón, de abrigo
  • 15. Todas as aves poñen especial atención no coidado das plumas, e as galiñas aséanas co peteiro e danse baños de terra para mantelas limpas e libres de parásitos. Galos e galiñas mudan as plumas cada ano.
  • 16. Cando baixan as temperaturas as galiñas encollen o pescozo, erguen as plumas para crear un espazo illado, unha cámara de aire quente, entre a súa pel e o exterior para protexerse do frío. Tamén se asolean cando teñen frío ou están molladas, deitándose de lado e expoñendo a maior superficie do corpo ao sol. E cando fai moita calor regulan a temperatura respirando activamente co peteiro aberto.
  • 17. Son aves naturalmente gregarias. viven en grupos nos que hai unha xerarquía establecida por medio de pelexas. Nos grupos de galiñas establecense dúas xerarquías unha entre os machos e outra entre as femias, aínda que os machos son sempre superiores. Galiña dominante, á esquerda, e á dereita a galiña dominada
  • 18. Dentro dos grupos distínguense os animais dominantes pola súa postura coa cabeza alta e o rabo erguido, mentras que os dominados levan o rabo baixo e a cabeza baixa e ladeada. Os distintos niveis de elevación marcan a posición dentro do grupo. As dominantes sinalan o seu poderío peteirando aos subordinados. Os animais dominantes comen antes e escollen os sitios máis altos para durmir.
  • 19. Os galos son territoriais, marcan o seu espazo co canto,e, se é preciso, pelexan cos outros machos polo dominio do grupo. Para eso erguen as plumas do pescozo, baixan as ás e o rabo e lánzanse contra o seu adversario tentando ferilo cos esporóns e co peteiro. A agresividade natural dos galos é potenciada nos galos de pelexa.
  • 20. As galiñas silvestres poñen os ovos en niños agochados entre a vexetación, as domésticas comparten poñedeiro, un niño, nunha caixa ou no chan, nun sitio protexido; pero sempre hai algunha que, se ten ocasión, busca un lugar agochado donde poñer só os seus. As galiñas de razas selectas poñen ovos durante moitos días, algunhas máis de 300 ao ano.
  • 21. Os ovos de galiña teñen a casca de distinta cor. A cor depende da raza e da cor da propia galiña. As galiñas blancas e as negras poñen ovos de casca blanca, as castañas poñen ovos coa casca de cor. Os ovos miden entre 5 e 7 cm de longo e 3 e 5 cm de largo, e pesan entre 50 e 70 gr.
  • 22. Unha ou dúas veces ao ano a galiña choca, cambia de actitude, camiña coas plumas eguidas e emite o son característico do seu estado,o choqueo, deixa de poñer ovos e ponse enriba dos que hai no niño para chocalos, facer que se desenvolvan os embrións dándolle calor e movéndoos cada pouco para repartila calor por igual, durante 21 días, ata que os pitos nacen, e logo bota 1 ou 2 días máis no niño.
  • 23. Despois do segundo día de naceren os pitos a galiña conduceos aos lugares onde poden atopar que comer.
  • 24. A galiña guía e protexe aos pitos e deféndeos contra calquera perigo. Galiña con pitos en actitude defensiva. Ergue as plumas para parecer máis grande.
  • 25. Acólleos debaixo das súas ás e do seu corpo cando chove, cando descansan e pola noite para durmir.
  • 26. Os pitos aliméntanse os dous primeiros días das reservas da xema e logo xa empezan a alimentarse pola súa conta. A partir da primeira semana xa lle empezan a saír as primeiras plumas nas ás e no rabo e aos 60 días xa teñen a plumaxe completa. Momento que coincide co abandono por parte da nai. Os polos seguen xuntos durante uns días e logo cada un entra a formar parte do grupo. Fanse adultos aos 5 ou 6 meses. Pitiños de 1 día Polo de 2 meses. Ten a plumaxe completa e xa é independente Pito de 1 mesPitos de 15 días Pitos de 1 semana
  • 27. As galiñas poden vivir máis de 10 anos. Ao tempo que se van facendo vellas poñen menos ovos.
  • 28. As galiñas pódense criar en pequenos grupos, nun curral ou nun patio, en instalacións industriais, grandes naves galiñeiro, ou en espazos abertos valados. Grupo de galiñas nun curral Nave de mantemento de poñedoras Nave de engorde de polos Poñedoras en libertade
  • 29. Para ter pitos para a produción industrial os ovos chócanse artificialmente en grandes incubadoras totalmente automatizadas que controlan a temperatura e a humidade, e a posición dos mesmos, nas que se tratan varios miles de unidades á vez. Nave de incubación dunha empresa avícola Interior dunha incubadora industrial Ovos nunha incubadora Pitiños recén nacidos
  • 30. As galiñas críanse pola carne e polos ovos, pero tamén se lle poden aproveitar as plumas. Algunhas variedades críanse como animais de compañía ou decorativos e outras, pola súa agresividade, para o seu uso en pelexas de galos. Cada ano consúmense 33 millóns de toneladas de carne de polo e prodúcense 600.000 millóns de ovos.
  • 31. algunhas razas de galiñas e outras curiosidades
  • 32. Galo bankiva (Gallus gallus bankiva). O antepasado das galiñas actuais. O galo mide de 65 a 75 cm de longo; e a femia de 42 a 46 cm. Vive en bosques, selvas e matos. As galiñas poñen de 4 a 9 ovos nun oco no chan e chócanos durante 20 días. a especie orixinaria
  • 33. Galiña de Mos. Orixinaria da Terra Chá. É unha galiña de moi boa aptitude cárnica pero de escasa produción de ovos, uns 160 ao ano, morenos e de máis de 50 gr. Os galos pesan de 3,5 a 4 kg e as galiñas de 2,5 a 3 kg. a raza galega
  • 34. As galiñas clasifícanse polo seu tamaño, polo seu lugar de orixe ou polas súas aptitudes en: grandes, medianas e pequenas; asiáticas, atlánticas e mediterráneas; ou poñedoras, de doble utilidade, de carne e de adorno. Galiña poñedora Galo miniatura Galo de pelexa Galiñas medianas de doble utilidade Galiñas grandes de carne Galiñas de adorno
  • 35. Leghorn. De orixe italiana mellorada nos EE.UU.. É unha galiña rústica, moi prolífica, que pon ata 300 ovos ao ano. Consume pouco porque é pequena.
  • 36. Rhode island. Creada nos EE. UU.. É unha galiña de tamaño medio, forte, vigorosa e resistente. Son aves de doble utilidade. Os galos pesan arredor dos 4 kg e as galiñas 3 kg escasos. Poñen máis de 250 ovos ao ano.
  • 37. Brahma. De orixe asiática (India) pero creada en América por cruzamento con outras galiñas asiáticas. É unha galiña grande. Os galos pesan de 3,5 a 5 kg e as galiñas de 3 a 4,5 kg.
  • 38. Broiler. É unha raza que medra rápido e acada grandes pesos, os galos chegan a pesar 7 kg. É a raza máis criada nas granxas productoras de carne.
  • 39. Galiña araucana ou galiña mapuche. É unha galiña primitiva criada polos mapuches, indíxenas de chile e a Arxentina. Chámaselle tamén collonca, porque non ten rabo. Pon os ovos de cor azul verdosa.
  • 40. Galiña húngara de pescozo pelado. Orixinaria dos Cárpatos. É unha galiña de doble utilidade, productora de carne, os galos pesan de 4 a 5 kg e as galiñas de 3,5 a 4 kg, e de ovos, máis de 200 ao ano.
  • 41. Galiña sedosa do Xapón. É unha galiña pequena, pesa arredor de 1 kg. A súa chamativa covertura e consecuencia de que as plumas case non teñen eixo. Son moi boas chocando os ovos e boas nais.
  • 42. Galo fénix xaponés. Son aves entre pequenas e medianas, os galos pesan de 2 a 2,5 kg e as galiñas de 1,5 a 2 kg, o máis característico desta raza e a lonxitude das plumas do rabo dos machos, que medran ata 1 m cada ano, os da variedade Onaga-dori que non muda as plumas, chegan a un promedio de 4 m. O rabo máis longo do que se ten noticia mideu máis de 11 m.
  • 43. Galo de Sumatra. Ten un tamaño entre pequeno e mediano, os galos pesan de 2 a 2,5 kg e as galiñas de 1,5 a 2 kg. Criouse como galo de pelexa. O máis característico desta raza e que ten, ollos, pel e plumas negros, e varias esporas en cada pata.
  • 44. Galiña rizada. É de orixe asiática. Ten un tamaño medio, os galos pesan entre 3 e 3,5 kg e as galiñas entre 2 e 2,5 kg. o máis destacado desta raza e a curiosa disposición das plumas erguidas cara á cabeza.
  • 45. Galiñas sen plumas. Foron creadas por científicos israelitas.
  • 46. Galiña serama. A raza de galiña máis pequena que se coñece. Procede de Malasia.
  • 47.
  • 48.
  • 49.
  • 50.
  • 51. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA