SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
a cabra
A cabra foi
coñecida e
cazada desde
os primeiros
tempos da
humanidade, e
unha das
primeiras
especies
domesticadas,
aparece
representada
en moitas
covas e
refuxios
prehistóricos
Cabra de Cougnac (Francia)
Cabra das covas de Altamira (Cantabria)
Cabra de Dordogne Périgord (Francia)releve
de 19.000 anos
Cabeza de cabra. Talla en óso de cervo
atopada na cova de Tito Bustillo en Asturias.
A cabra doméstica (Capra
hircus aegagrus) é unha
subespecie da cabra fera. O
tamaño e o peso depende da
raza: a altura pode estar entre
case 1 m, das razas grandes, e
os 40 a 50 cm, das enanas; e o
peso entre os 135 kg, dos
sementais de razas grandes
productoras de carne, e os 20-
25 kg, das cabras enanas
africanas.
Hai máis de 300 razas distintas
de cabra. É un dos animais
domésticos de máis ampla
distribución xeográfica, debido
á súa extraordinaria capacidade
de adaptación a diferentes
condicións de clima, vexetación
e manexo.
O seu número está
aumentando rápidamente, no
2008 había xa máis de mil
millóns de cabras no mundo.
Os machos son sempre máis
grandes que as femias, teñen os
cornos máis desenvolvidos e as
barbas e o pelo máis longos.
Tres exemplares da mesma razaun macho (abaixo) e
dúas femias, unha con cornos e outra sen eles.
As razas de cabras distínguense polo tamaño do pelo, pola cor, especialmente da cara, as
patas e as orellas, e pola forma, o tamaño e a posición das orellas e os cornos.
A maioría das cabras teñen cornos, aínda que hai razas que nacen sen eles.
A cabra
aliméntase case
de calquera
cousa vexetal
pero prefiren as
puntas de
arbustos e
matogueiras
propios de
medios secos ou
montañosos.
Normalmente
camiña mentras
come polo que
precisa espazos
amplos nos que
moverse.
Como son ruminantes, cando descansan remoen o que comeron anteriormente.
A cabra ten os
sentidos ben
desenvolvidos.
Boa vista, coa
meniña dos ollos
horizontal, unha
adaptación que
mellora a visión
periférica e a
profundidade, un
bo oído, bo
olfato e boa
memoria.
A cabra é moi áxil.
Desplazase con
seguridade por toda
clsae de terreos, e ten
especial predilección
polos sitios altos. Para
camiñar apoia a punta
dos dous dedos medios
de cada pata que están
protexidos por uñas
fortes e que non
esbaran.
Vive en rabaños, pero non
se manteñen tan
agrupadas como as ovellas
As cabras
crian unha
vez ao ano.
A xestación
dura 5 meses.
En cada parto
adoitan nacer
un ou dous
cabritos,
capaces de
seguir ao
rabaño ao
pouco tempo
de nacer.
Cabuxos recén nacidos
Os cabritos,
cabuxos ou
xenas,
maman de
4 a 6
semanas
Un rarísimo parto de catrillizos en Maule (Chile)
A esperanza
de vida das
cabras está
entre 15 e 18
años, aínda
que poden
chegar aos
20.
A cabra
críase pola
producción
de leite,
carne, pel
e pelo.
Un elemento
destacado nas cabras
leiteiras é o tamaño
das súas ubres de
dous tetos. A relación
entre o peso do
animal e a cantidade
de leite que produce
e a mellor de todos
os animais
domésticos. A cabra
pode producir de 12 a
13 veces o seu peso
en leite cada ano. A
vaca somentes 5 ou 6
As cabras múnxense dúas veces ao
día, manualmente ou con máquinas
munxidoras, e as grandes
productoras poden dar de 3 a 4
litros diarios.
No mundo consúmese máis leite de
cabra que de vaca.
Cabra de boa
aptitude leiteira
O leite de cabra consúmese fresco ou transformado en queixo, iogur…
etamén se usa para a elaboración de xabóns
Leite de cabra en pó
Xabon de leite de cabraIogur de leite de cabra Queixo de leite de cabra
A carne tamén é un dos productos que se
obteñen das cabras. A máis apreciada é a
dos cabritos: de leite, sacrificados entre
os 20 e 30 días do seu nacemento, cando
pesan entre 7 e 9 kg, ou recén destetados
cando cumplen os dous meses. A carne
dos animais adultos non é tan apreciada
porque desprende o olor característico da
especie, que, sobre todo, nos machos é
moi forte.
Cabra dunha raza productora de carne
A pel da cabra, sobre
todo a dos
exemplares máis
novos (tafilete,
gamuza) utilízase,
pola súa finura, na
fabricación de roupa
e complementos,
para parches de
instrumentos de
percusión…
e ata a popularización
dos recipientes de
plástico e metálicos para
a elaboración de odres e
outros recipientes para o
almacenamento e
transporte de líquidos.
Unhas poucas
cabras
orixinarias de
Oriente Medio
producen
unha lá suave,
fina e brillante
que se utiliza
para fiar e
tecer. Son as
lás de Angora
e Cachemir.
Novelos tinguidos e labores de punto
O chamado catgut estéril (Chorda resorbilis sterilis) é un fio
utilizado em suturas nos humanos. Obtense do intestino
de animais mamíferos como o carneiro e a cabra, para eso
lávase, córtase en tiras longas, tórcese, sécase, e púese.
Tratase con sales de cromo para evitar que se contamine.
As febras de catgut son ideais para uso interno, pois son
reabsorvidas polo organismo humano cando a cicatrización
xa está completa.
A tripa foi durante moito tempo a única
febra utilizada en instrumentos musicais de
corda, como o violin, a arpa e a viola. Aínda
hoxe muitos músicos o utilizan, polo timbre.
A máis apropiada é a de animais ruminantes.
Para preparar as cordas séguese o mesmos
pasos que para elaborar o catgut.
Outras partes como as tripas tamén se aproveitan para fabricar
“catgut” e cordas de instrumentos musicais.
cabra galega
Cabra galega. É un animal rústico. Mide de 60
a 80 cm de lonxitude e pesa de 50 a 80 kg.
Atópase sobre todo en áreas de montaña onde
se cría en rexime de pastoreo extensivo.
Algúns exemplares presentan pelos longos e
abundantes nas partes altas das patas.
outras cabras,
e cousas de
cabras
Cabra enana africana. É uhna das razas
máis pequenas, non pasa dos 45 cm de
altura e pesa entre 18 e 30 kg. Machos e
femias teñen cornos. Poden vivir de 10 a
15 anos.
femia macho
cabritos
Anglo-nubian. Esta raza creouse en
Inglaterra por cruzamento de cabras
inglesas con cabras orientales de
orellas caídas de Exipto, a India,
Abisinia… É unha raza de doble
aptitude usada para producir carne e
leite, con produccións entre 700 e
900 kg de leite por lactancia. É unha
das cabras máis grandes e pesadas,
os machos poden chegar a 140 kg. É
unha cabra tranquila que se adapta
ben ás condicións de clima cálido. o
que máis destaca nela son as orellas
longas e caídas.
Boer. Raza creada por cruzamentos de cabra europea, de angora e india. É unha
cabra grande, de excelentes condicións para producir carne, Os machos poden
pesar ata 135 kg e 100 kg as femias. So da leite cando ten crías.
Saanen. Orixinaria dos vales de
Saanen e Simental, en Suíza. Ten un
tamaño medio pode pesar ata 65 kg.
Son de cor blanca ou crema co pelo
curto e fino. Son excelentes
productoras de leite, de 800 a 900 kg
por lactación e un 3,6 % de materia
graxa. É unha raza pacífica e tranquila.
sensible á calor polo que se desnvolve
mellor en clima frío.
Cabra de Angora.
Mide entre 55 e 65
cm de altura e pesa
entre 40 e 65 kg. Os
machos son os máis
grandes. Mentras
teñen crías
producen 1 l de
leite diario. Críanse
para aproveitarlle o
pelo, a lá de
Angora, fina,
brillante e de tacto
moi agradable.
Cabra fera (Capra pyrenaica). As femias miden uns 1,20 metros de longo con 60 cm de
altura na cruz, e pesan entre 30 e 45 kg. Teñen os cornos curtos e parécense á cabra
doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo, ter unha
altura na cruz de 77 centímetros e acadar un peso máximo de 110 kg. Están coroados por
uns grandes cornos que poden medir máis de 1 m.
En todas as grandes cadeas montañosas do mundo aínda viven cabras silvestres. Nas
da Península Ibérica vive a cabra fera da que hai varias subespecies.
Cabras asilvestradas
A cabra é un animal
bastante
independente polo
que pode
sobrevivir sen
axuda. Hai
numerosos casos
de cabras
asilvestradas e
cimarronas que
medran en lugares
apartados de
distintas cadeas
montañosas ou en
pequenas illas.
Cabra de Juan
Fernández (Chile).
É unha subespecie
de cabra que se
desenvolveu nese
arquipélago a
partir dunhas
cabras que deixou
alí o descubridor
desas terras no
século XV. Moitos
descubridores
tiñan por costume
ceibar animais nas
illas que
descubrían para
mantelos como
fonte de
provisións para
outras ocasións.
Cabra equilibrista
As cabras teñen
boa memoria e
poden aprender.
Ben adestradas
podense usar como
animais de circo e
como animais de
tiro ou de carga.
Cabra de carga
Cabras
carreteiras
Cabra taxi
Cabras “arborícolas” alimentándose nunha árbore de argán en Marrocos
E despois do contado ben moi ben un descanso.
fin

More Related Content

What's hot

A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galizamonadela
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou ocaMonContos
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primariamonadela
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaceipbarro
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en AustraliaMonContos
 

What's hot (20)

Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
OS CANS
OS CANSOS CANS
OS CANS
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
Roque en Australia
Roque en AustraliaRoque en Australia
Roque en Australia
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 

Similar to A cabra

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]egsumay
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 

Similar to A cabra (12)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
O camelo
O cameloO camelo
O camelo
 
O can
O canO can
O can
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
O iak
O iakO iak
O iak
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
A llama
A llamaA llama
A llama
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

A cabra

  • 2. A cabra foi coñecida e cazada desde os primeiros tempos da humanidade, e unha das primeiras especies domesticadas, aparece representada en moitas covas e refuxios prehistóricos Cabra de Cougnac (Francia) Cabra das covas de Altamira (Cantabria) Cabra de Dordogne Périgord (Francia)releve de 19.000 anos Cabeza de cabra. Talla en óso de cervo atopada na cova de Tito Bustillo en Asturias.
  • 3. A cabra doméstica (Capra hircus aegagrus) é unha subespecie da cabra fera. O tamaño e o peso depende da raza: a altura pode estar entre case 1 m, das razas grandes, e os 40 a 50 cm, das enanas; e o peso entre os 135 kg, dos sementais de razas grandes productoras de carne, e os 20- 25 kg, das cabras enanas africanas. Hai máis de 300 razas distintas de cabra. É un dos animais domésticos de máis ampla distribución xeográfica, debido á súa extraordinaria capacidade de adaptación a diferentes condicións de clima, vexetación e manexo. O seu número está aumentando rápidamente, no 2008 había xa máis de mil millóns de cabras no mundo.
  • 4. Os machos son sempre máis grandes que as femias, teñen os cornos máis desenvolvidos e as barbas e o pelo máis longos. Tres exemplares da mesma razaun macho (abaixo) e dúas femias, unha con cornos e outra sen eles.
  • 5. As razas de cabras distínguense polo tamaño do pelo, pola cor, especialmente da cara, as patas e as orellas, e pola forma, o tamaño e a posición das orellas e os cornos. A maioría das cabras teñen cornos, aínda que hai razas que nacen sen eles.
  • 6. A cabra aliméntase case de calquera cousa vexetal pero prefiren as puntas de arbustos e matogueiras propios de medios secos ou montañosos. Normalmente camiña mentras come polo que precisa espazos amplos nos que moverse.
  • 7. Como son ruminantes, cando descansan remoen o que comeron anteriormente.
  • 8. A cabra ten os sentidos ben desenvolvidos. Boa vista, coa meniña dos ollos horizontal, unha adaptación que mellora a visión periférica e a profundidade, un bo oído, bo olfato e boa memoria.
  • 9. A cabra é moi áxil. Desplazase con seguridade por toda clsae de terreos, e ten especial predilección polos sitios altos. Para camiñar apoia a punta dos dous dedos medios de cada pata que están protexidos por uñas fortes e que non esbaran.
  • 10. Vive en rabaños, pero non se manteñen tan agrupadas como as ovellas
  • 11. As cabras crian unha vez ao ano. A xestación dura 5 meses. En cada parto adoitan nacer un ou dous cabritos, capaces de seguir ao rabaño ao pouco tempo de nacer. Cabuxos recén nacidos
  • 13. Un rarísimo parto de catrillizos en Maule (Chile)
  • 14. A esperanza de vida das cabras está entre 15 e 18 años, aínda que poden chegar aos 20.
  • 15. A cabra críase pola producción de leite, carne, pel e pelo.
  • 16. Un elemento destacado nas cabras leiteiras é o tamaño das súas ubres de dous tetos. A relación entre o peso do animal e a cantidade de leite que produce e a mellor de todos os animais domésticos. A cabra pode producir de 12 a 13 veces o seu peso en leite cada ano. A vaca somentes 5 ou 6
  • 17. As cabras múnxense dúas veces ao día, manualmente ou con máquinas munxidoras, e as grandes productoras poden dar de 3 a 4 litros diarios. No mundo consúmese máis leite de cabra que de vaca. Cabra de boa aptitude leiteira
  • 18. O leite de cabra consúmese fresco ou transformado en queixo, iogur… etamén se usa para a elaboración de xabóns Leite de cabra en pó Xabon de leite de cabraIogur de leite de cabra Queixo de leite de cabra
  • 19. A carne tamén é un dos productos que se obteñen das cabras. A máis apreciada é a dos cabritos: de leite, sacrificados entre os 20 e 30 días do seu nacemento, cando pesan entre 7 e 9 kg, ou recén destetados cando cumplen os dous meses. A carne dos animais adultos non é tan apreciada porque desprende o olor característico da especie, que, sobre todo, nos machos é moi forte. Cabra dunha raza productora de carne
  • 20. A pel da cabra, sobre todo a dos exemplares máis novos (tafilete, gamuza) utilízase, pola súa finura, na fabricación de roupa e complementos, para parches de instrumentos de percusión…
  • 21. e ata a popularización dos recipientes de plástico e metálicos para a elaboración de odres e outros recipientes para o almacenamento e transporte de líquidos.
  • 22. Unhas poucas cabras orixinarias de Oriente Medio producen unha lá suave, fina e brillante que se utiliza para fiar e tecer. Son as lás de Angora e Cachemir. Novelos tinguidos e labores de punto
  • 23. O chamado catgut estéril (Chorda resorbilis sterilis) é un fio utilizado em suturas nos humanos. Obtense do intestino de animais mamíferos como o carneiro e a cabra, para eso lávase, córtase en tiras longas, tórcese, sécase, e púese. Tratase con sales de cromo para evitar que se contamine. As febras de catgut son ideais para uso interno, pois son reabsorvidas polo organismo humano cando a cicatrización xa está completa. A tripa foi durante moito tempo a única febra utilizada en instrumentos musicais de corda, como o violin, a arpa e a viola. Aínda hoxe muitos músicos o utilizan, polo timbre. A máis apropiada é a de animais ruminantes. Para preparar as cordas séguese o mesmos pasos que para elaborar o catgut. Outras partes como as tripas tamén se aproveitan para fabricar “catgut” e cordas de instrumentos musicais.
  • 24. cabra galega Cabra galega. É un animal rústico. Mide de 60 a 80 cm de lonxitude e pesa de 50 a 80 kg. Atópase sobre todo en áreas de montaña onde se cría en rexime de pastoreo extensivo. Algúns exemplares presentan pelos longos e abundantes nas partes altas das patas.
  • 25.
  • 27. Cabra enana africana. É uhna das razas máis pequenas, non pasa dos 45 cm de altura e pesa entre 18 e 30 kg. Machos e femias teñen cornos. Poden vivir de 10 a 15 anos. femia macho cabritos
  • 28. Anglo-nubian. Esta raza creouse en Inglaterra por cruzamento de cabras inglesas con cabras orientales de orellas caídas de Exipto, a India, Abisinia… É unha raza de doble aptitude usada para producir carne e leite, con produccións entre 700 e 900 kg de leite por lactancia. É unha das cabras máis grandes e pesadas, os machos poden chegar a 140 kg. É unha cabra tranquila que se adapta ben ás condicións de clima cálido. o que máis destaca nela son as orellas longas e caídas.
  • 29. Boer. Raza creada por cruzamentos de cabra europea, de angora e india. É unha cabra grande, de excelentes condicións para producir carne, Os machos poden pesar ata 135 kg e 100 kg as femias. So da leite cando ten crías.
  • 30. Saanen. Orixinaria dos vales de Saanen e Simental, en Suíza. Ten un tamaño medio pode pesar ata 65 kg. Son de cor blanca ou crema co pelo curto e fino. Son excelentes productoras de leite, de 800 a 900 kg por lactación e un 3,6 % de materia graxa. É unha raza pacífica e tranquila. sensible á calor polo que se desnvolve mellor en clima frío.
  • 31. Cabra de Angora. Mide entre 55 e 65 cm de altura e pesa entre 40 e 65 kg. Os machos son os máis grandes. Mentras teñen crías producen 1 l de leite diario. Críanse para aproveitarlle o pelo, a lá de Angora, fina, brillante e de tacto moi agradable.
  • 32. Cabra fera (Capra pyrenaica). As femias miden uns 1,20 metros de longo con 60 cm de altura na cruz, e pesan entre 30 e 45 kg. Teñen os cornos curtos e parécense á cabra doméstica. Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo, ter unha altura na cruz de 77 centímetros e acadar un peso máximo de 110 kg. Están coroados por uns grandes cornos que poden medir máis de 1 m. En todas as grandes cadeas montañosas do mundo aínda viven cabras silvestres. Nas da Península Ibérica vive a cabra fera da que hai varias subespecies.
  • 33. Cabras asilvestradas A cabra é un animal bastante independente polo que pode sobrevivir sen axuda. Hai numerosos casos de cabras asilvestradas e cimarronas que medran en lugares apartados de distintas cadeas montañosas ou en pequenas illas.
  • 34. Cabra de Juan Fernández (Chile). É unha subespecie de cabra que se desenvolveu nese arquipélago a partir dunhas cabras que deixou alí o descubridor desas terras no século XV. Moitos descubridores tiñan por costume ceibar animais nas illas que descubrían para mantelos como fonte de provisións para outras ocasións.
  • 35. Cabra equilibrista As cabras teñen boa memoria e poden aprender. Ben adestradas podense usar como animais de circo e como animais de tiro ou de carga. Cabra de carga Cabras carreteiras Cabra taxi
  • 36. Cabras “arborícolas” alimentándose nunha árbore de argán en Marrocos
  • 37. E despois do contado ben moi ben un descanso.
  • 38. fin