a pomba
Domesticada desde moi
antigo para múltiples
aproveitamentos.
Aparece citada e
representada desde hai,
polo menos, 4500 aC.
Comíase no Antigo
Exipto, e xa se utilizaba
como mensaxeira nesa
época.
Representacións de
pombas da época romana
Ilustración
medieval na
que aparecen
representadas
pombas
mensaxeiras
Pomba (Columba
livia) As pombas
son animais de
corpo robusto,
pescozo longo,
cabeza pequena e
patas curtas coas
ás e o rabo longos.
Miden entre 32 e 37
cm de longo e
teñen unha
envergadura de 64
a 72 cm. Teñen un
bo sentido da
orientación e son
voadoras veloces
que percorren entre
70 e 90 km nunha
hora. Existen máis
350 variedades
Teñen ás
afiadas na
punta para que
ofrezan menos
reistencia ao
aire e un rabo
longo e ancho
para facilitarlle
os cambios de
direción.
As pombas aliméntanse de
sementes e froitos e de calquera
outro resto comestible feito con
cereais ou sementes. Para beber
meten o peteiro na auga e solben
e tragan sen interrupción ata que
están satisfeitas.
As pombas
teñen moi bo
oído e unha vista
excepcional, a
posición dos
ollos permítelles
ver todo arredor
e o que pasa pro
enriba delas,
pero cando
queren mirar
algo con
atención xiran a
cabeza para
enfocalo cun ollo
só.
Desplázanse a pé mentras
buscan que comer pero
para ir dun sitio a outro,
aínda que non sea lonxe,
prefiren facelo voando.
O coidado das
plumas é unha
das principais
ocupacións
das pombas.
Fanno con
moita
dedicación.
Péinanas e
ordenanas a
diario e
habitualmente,
sobre todo en
épocas de
calor,
báñanse.
As plumas sérvenlle ás
pombas para voar e
para abrigarse. Cando
chove, a graxa que as
cobre impide que a
auga entre e lle molle o
corpo, e cando baixa a
temperatura, ou cando
dormen, impiden que
entre o aire frío do
exterior, para eso
encollen o pescozo e
erguen un pouco as
plumas para deixar un
espacio entre elas e a
pel no que reteñen a
calor do corpo.
Para durmir
aodptan unha
postura
semellanta a
cando teñen frío
para gardar a
calor arrente do
corpo.
As pombas son animais gregarios. Viven formando bandos máis ou menos
grandes, o número depende dos sitios de que dispoñan para aniñar, aínda que
para alimentarse poden xuntarse en grupos moi numerosos. Pero, a pesar deso,
cada indivíduo mantén arredor de sí un pequeno espazo no que non deixa que
entre ninguén agás a súa parella.
As pombas pelexan
violentamente peteirándose e
dándose fortes golpes co
canto das ás. Pelexan, sobre
todo, polos lugares de
aniñada, pero tamén o poden
facer, con menos violencia,
pola comida ou por un
pousadeiro. Sempre pelexan
animais do mesmo sexo
Os machos
realizan unha
exhibición para
atraer ás
femias que
consiste en
roleos, voltas e
paseos co
corpo erguido,
o papo inchado
, o rabo baixo e
aberto, mentras
a femia
indiferente
segue ás súas
cousas. O
macho
persíguea,
córtalle o paso
e volve a
exhibirse, tanto
no chan como
voando,
e cando a femia
o acepta,
estando xuntos,
aséanse
mutuamente a
cabeza e o
pescozo e
entrelazan os
peteiros.
O niño é unha
estructura
sinxela, pouco
elaborada,
situada nun
lugar protexido,
un recuncho ou
un furado, fóra
do alcance dos
predadores. Nel
a femia pon
dous ovos cuns
dias de
separación.
O macho e a
femia chocan
os ovos, por
quendas,
normalmente o
macho pola
mañán e a
femia pola
tarde e a noite,
durante 18
días. Pasado
ese tempo
nacen os
pichóns, un
nace un día
antes que o
outro.
Os pichóns nacen sen plumas, cubertos por unha lanuxe pouco mesta de cor
amarela. Os pais acóchanos os primeiros días e aliméntanos con “leite de pomba”
co que duplican o seu peso cada día. Aos 5 días abren os ollos e uns días antes xa
chían para reclamar a atención. Aos 7 días sáenlle os cotos das plumas e antes dos
vinte días xa están emplumados, uns días máis tarde abandonan o nido. Reclaman
alimento chiando e axitando as ás.
Pichón
recén
nacido
Pichón de
Cinco días
Pichón de
dez días
Pichón de
vinte días
Os pais
continúan
alimentandoos
uns días máis
e antes dos 2
meses xa son
independentes.
Se as
condicións son
favorables
empezan unha
segunda cría
antes de que
os pichóns da
anterior
abandonen o
niño.
Pichón que xa abandonou o niño solicitando alimento dun dos seus proxenitores.
As pombas
coidadas
viven ata 12
anos, as da
rúa teñen
unha
esperanza de
vida de 3 ou 4
anos.
As pombas
pódense criar
en gaiolas
amplas, nas
que poidan
voar algo, en
gaiolas máis
pequenas, das
que se soltan
de vez en
cando, ou
soltas. As que
viven soltas só
precisan de un
algo de comida
e un sitio
tranquilo e
protexido no
que aniñar.
Espazo pechado para cría en grupo
Espazos
individuais para a
cría controlada
de razas selectas
Pombal de xardín,
para a cría dun
pequeno grupo de
pombas
Gran pombal
de campo
As pombas críanse
como productoras de
carne, aínda que o
maior número de
criadores se adique ás
razas selectas,
deportivas ou de
exhibición, coas que
compiten e comercian.
A carne máis
apreciada e a dos
pichóns, que se
sacrifican entre os 20
e os 30 días, pola súa
ternura e suavidade.
Os columbicultores
compiten cos seus
mellores exemplares
en distintos certames:
carreiras, concursos,
exposicións… e
celebran feiras de
compra, venda e
intercambio.
Solta de pombas dunha competición de velocidade
Vista parcial
dunha exposición
de pombas
Pomba galardonada
nun concurso de
colombofilia
pombas silvestres
de Galicia
Pomba brava (Columba livia). Mide entre 30 e 35 cm. Sedentaria, escasa. Cría
en cantís nuns poucos puntos da costa. É a pomba que deu orixe ás pombas
domésticas, coas que hibrida habitualmente.
Pomba zura
(Columba
oenas). Mide
de 28 a 33 cm.
Sedentaria,
pouco común.
Aniña nas
árbores.
Pombo ou torcaza (Columba palumbus). Mide de 38 a 45 cm. Sedentaria común
con visitantes invernais, é cada día máis habitual e abundante en xardíns urbáns.
Rula común ou rula do país (Streptopelia turtur). Mide uns 25 cm. Visitante de
verán cada vez máis escasa, aniña en árbores baixas e matogueiras a pouca altura.
Pode vivir en gaiolas grandes e criar nelas se ten tranquilidade.
Rula blanca ou rula turca (Streptopelia decaocto). Mide entre 28 e 33 cm.
Sedentaria, común. Procede de Asia, desde onde se extendeu por toda Europa.
A Galicia chegou a principios da década de 1970, asentándose primeiro no litoral
desde onde avanza cara ao interior. Cría case todo o ano e afaise ben as gaiolas
nas que se reproduce sen problemas.
algunhas razas de
pombas
e outras
curiosidades
Pomba
maltesa.
Orixinaria de
Asia. De
tamaño medio.
Mala voadora,
con
movementos
nerviosos e
curiosa postura.
Pomba arcánxel. Criada
en Inglaterra. De tamaño
mediano a pequeno. Cor
negra e cobre. Destaca
polo brillo metálico de todas
as plumas.
Pomba de Lahore.
De orixe india.
Destaca polo seu
elegante porte, as
calzas e o bonito
reparto das cores.
Pomba de rabo de
abano. É de orixe
india. Destaca polo
seu rabo erguido e
aberto. Mala voadora,
pero cría ben e vive
moito tempo.
Romana. A pomba romana é a xigante das pombas domésticas. Un animal
corpulento que mide 55 cm, da punta do peteiro ao remate do rabo, e ten unha
envergadura de ata120 cm. Pesa entre 900 e 1.300 gr.
Pomba runt.
Americana. Iguala e
pode superar en
tamaño a pomba
romana.
Pomba papuda.
De tamaño medio
e postura erguida.
Destaca polo
tamaño do papo e
as plumas das
patas.
Pomba mensaxeira. Destaca pola súa velocidade e o excelente
sentido da orientación
Pomba con traxe de saír
Pomba de perruquería
Pomba que esqueceu o peteiro
Pomba con peteiro doble
Pomba con moita
cabeza
Pomba de carnaval
Pomba en blanco e negro
Pomba con permanente
Pomba sen pés nin cabeza
Pomba sacando peito
Pomba sacando máis peito
Pomba sacando moito peito
Pomba con amiga perruqueira
Pomba orgullosa
Pomba que tragou
unha laranxa
Pomba que camiña sentada
Pomba que bateun cun vidro
Pomba que bateu con outro vidro
Pomba con bufanda
Pomba moi mirada
Pomba con frío nos pés
Pomba moi coqueta
Pomba “jet”
As pombas poden voar a altitudes de 6000 metros ou máis.
As pombas poden voar entre 600 e 700 kilómetros nun só día.
Pombas fotógrafas.Durante a guerra
mundial utilizáronse pombas para
moi diversos fins, entre eles
fotografiar as liñas enemigas.
Soldado alemán transportando
pombas mensaxeiras.
Dodo ou dronte
(Raphus cucullatus).
A pomba máis grande
que existeu. Foi
exterminada polas
persoas a finais do
séculoXVII. Era
endémica das illas
Maurico, do Océano
Índico. Non voaba,
medía 1 m de altura e
podía acadar os 15 kg
de peso.
Deseño, feito do natura,l por Roelandt Savery,
pintor holandés do Século de Ouro que fixo varios
retratos dos dodos da colección do emperador de
Austria, para o que traballaba.
Gura victoria (Goura victoira). A pomba máis grande da actualidade. Mide 74
cm de longo e pesa uns 3 kg. é endémica de Nova Guiné. Moi coñecida pola
súa cor azul e a crista plumosa. Só pon 1 ovo cada ano.
Pomba de Nicobar (Caloenas
nicobarica). Endémica da illa
de Nicobar e outras pequenas
illas de Indonesia. Pomba
grande, de 40 cm de lonxitude e
ata 600 gr de peso, de cor azul
gris e brillo metálico. Pon 1 ou 2
ovos que choca durante 30 días.
Torcacita ou ave
torcaza
(Columbina
picui) pequena
pomba silvestre
sudamericana.
Mide 15 cm de
longo. É unha ave
confiada que
aparece un pouco
por todas partes.
Biajaní, ou tojosa (Columbina passerina). Está considerada a pomba silvestre
máis pequena do mundo. Vive en Cuba.
Xa hai que ter sede…
Pizza de pomba ou pizza para pombas?
Pomba con gala alimenticia
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que
saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA

A pomba

  • 1.
  • 2.
    Domesticada desde moi antigopara múltiples aproveitamentos. Aparece citada e representada desde hai, polo menos, 4500 aC. Comíase no Antigo Exipto, e xa se utilizaba como mensaxeira nesa época. Representacións de pombas da época romana Ilustración medieval na que aparecen representadas pombas mensaxeiras
  • 3.
    Pomba (Columba livia) Aspombas son animais de corpo robusto, pescozo longo, cabeza pequena e patas curtas coas ás e o rabo longos. Miden entre 32 e 37 cm de longo e teñen unha envergadura de 64 a 72 cm. Teñen un bo sentido da orientación e son voadoras veloces que percorren entre 70 e 90 km nunha hora. Existen máis 350 variedades
  • 4.
    Teñen ás afiadas na puntapara que ofrezan menos reistencia ao aire e un rabo longo e ancho para facilitarlle os cambios de direción.
  • 5.
    As pombas aliméntansede sementes e froitos e de calquera outro resto comestible feito con cereais ou sementes. Para beber meten o peteiro na auga e solben e tragan sen interrupción ata que están satisfeitas.
  • 6.
    As pombas teñen moibo oído e unha vista excepcional, a posición dos ollos permítelles ver todo arredor e o que pasa pro enriba delas, pero cando queren mirar algo con atención xiran a cabeza para enfocalo cun ollo só.
  • 7.
    Desplázanse a pémentras buscan que comer pero para ir dun sitio a outro, aínda que non sea lonxe, prefiren facelo voando.
  • 8.
    O coidado das plumasé unha das principais ocupacións das pombas. Fanno con moita dedicación. Péinanas e ordenanas a diario e habitualmente, sobre todo en épocas de calor, báñanse.
  • 9.
    As plumas sérvenlleás pombas para voar e para abrigarse. Cando chove, a graxa que as cobre impide que a auga entre e lle molle o corpo, e cando baixa a temperatura, ou cando dormen, impiden que entre o aire frío do exterior, para eso encollen o pescozo e erguen un pouco as plumas para deixar un espacio entre elas e a pel no que reteñen a calor do corpo.
  • 10.
    Para durmir aodptan unha postura semellantaa cando teñen frío para gardar a calor arrente do corpo.
  • 11.
    As pombas sonanimais gregarios. Viven formando bandos máis ou menos grandes, o número depende dos sitios de que dispoñan para aniñar, aínda que para alimentarse poden xuntarse en grupos moi numerosos. Pero, a pesar deso, cada indivíduo mantén arredor de sí un pequeno espazo no que non deixa que entre ninguén agás a súa parella.
  • 12.
    As pombas pelexan violentamentepeteirándose e dándose fortes golpes co canto das ás. Pelexan, sobre todo, polos lugares de aniñada, pero tamén o poden facer, con menos violencia, pola comida ou por un pousadeiro. Sempre pelexan animais do mesmo sexo
  • 13.
    Os machos realizan unha exhibiciónpara atraer ás femias que consiste en roleos, voltas e paseos co corpo erguido, o papo inchado , o rabo baixo e aberto, mentras a femia indiferente segue ás súas cousas. O macho persíguea, córtalle o paso e volve a exhibirse, tanto no chan como voando,
  • 14.
    e cando afemia o acepta, estando xuntos, aséanse mutuamente a cabeza e o pescozo e entrelazan os peteiros.
  • 15.
    O niño éunha estructura sinxela, pouco elaborada, situada nun lugar protexido, un recuncho ou un furado, fóra do alcance dos predadores. Nel a femia pon dous ovos cuns dias de separación.
  • 16.
    O macho ea femia chocan os ovos, por quendas, normalmente o macho pola mañán e a femia pola tarde e a noite, durante 18 días. Pasado ese tempo nacen os pichóns, un nace un día antes que o outro.
  • 17.
    Os pichóns nacensen plumas, cubertos por unha lanuxe pouco mesta de cor amarela. Os pais acóchanos os primeiros días e aliméntanos con “leite de pomba” co que duplican o seu peso cada día. Aos 5 días abren os ollos e uns días antes xa chían para reclamar a atención. Aos 7 días sáenlle os cotos das plumas e antes dos vinte días xa están emplumados, uns días máis tarde abandonan o nido. Reclaman alimento chiando e axitando as ás. Pichón recén nacido Pichón de Cinco días Pichón de dez días Pichón de vinte días
  • 18.
    Os pais continúan alimentandoos uns díasmáis e antes dos 2 meses xa son independentes. Se as condicións son favorables empezan unha segunda cría antes de que os pichóns da anterior abandonen o niño. Pichón que xa abandonou o niño solicitando alimento dun dos seus proxenitores.
  • 19.
    As pombas coidadas viven ata12 anos, as da rúa teñen unha esperanza de vida de 3 ou 4 anos.
  • 20.
    As pombas pódense criar engaiolas amplas, nas que poidan voar algo, en gaiolas máis pequenas, das que se soltan de vez en cando, ou soltas. As que viven soltas só precisan de un algo de comida e un sitio tranquilo e protexido no que aniñar. Espazo pechado para cría en grupo Espazos individuais para a cría controlada de razas selectas Pombal de xardín, para a cría dun pequeno grupo de pombas Gran pombal de campo
  • 21.
    As pombas críanse comoproductoras de carne, aínda que o maior número de criadores se adique ás razas selectas, deportivas ou de exhibición, coas que compiten e comercian. A carne máis apreciada e a dos pichóns, que se sacrifican entre os 20 e os 30 días, pola súa ternura e suavidade.
  • 22.
    Os columbicultores compiten cosseus mellores exemplares en distintos certames: carreiras, concursos, exposicións… e celebran feiras de compra, venda e intercambio. Solta de pombas dunha competición de velocidade Vista parcial dunha exposición de pombas Pomba galardonada nun concurso de colombofilia
  • 23.
  • 24.
    Pomba brava (Columbalivia). Mide entre 30 e 35 cm. Sedentaria, escasa. Cría en cantís nuns poucos puntos da costa. É a pomba que deu orixe ás pombas domésticas, coas que hibrida habitualmente.
  • 25.
    Pomba zura (Columba oenas). Mide de28 a 33 cm. Sedentaria, pouco común. Aniña nas árbores.
  • 26.
    Pombo ou torcaza(Columba palumbus). Mide de 38 a 45 cm. Sedentaria común con visitantes invernais, é cada día máis habitual e abundante en xardíns urbáns.
  • 27.
    Rula común ourula do país (Streptopelia turtur). Mide uns 25 cm. Visitante de verán cada vez máis escasa, aniña en árbores baixas e matogueiras a pouca altura. Pode vivir en gaiolas grandes e criar nelas se ten tranquilidade.
  • 28.
    Rula blanca ourula turca (Streptopelia decaocto). Mide entre 28 e 33 cm. Sedentaria, común. Procede de Asia, desde onde se extendeu por toda Europa. A Galicia chegou a principios da década de 1970, asentándose primeiro no litoral desde onde avanza cara ao interior. Cría case todo o ano e afaise ben as gaiolas nas que se reproduce sen problemas.
  • 29.
    algunhas razas de pombas eoutras curiosidades
  • 30.
    Pomba maltesa. Orixinaria de Asia. De tamañomedio. Mala voadora, con movementos nerviosos e curiosa postura.
  • 31.
    Pomba arcánxel. Criada enInglaterra. De tamaño mediano a pequeno. Cor negra e cobre. Destaca polo brillo metálico de todas as plumas.
  • 32.
    Pomba de Lahore. Deorixe india. Destaca polo seu elegante porte, as calzas e o bonito reparto das cores.
  • 33.
    Pomba de rabode abano. É de orixe india. Destaca polo seu rabo erguido e aberto. Mala voadora, pero cría ben e vive moito tempo.
  • 34.
    Romana. A pombaromana é a xigante das pombas domésticas. Un animal corpulento que mide 55 cm, da punta do peteiro ao remate do rabo, e ten unha envergadura de ata120 cm. Pesa entre 900 e 1.300 gr.
  • 35.
    Pomba runt. Americana. Igualae pode superar en tamaño a pomba romana.
  • 36.
    Pomba papuda. De tamañomedio e postura erguida. Destaca polo tamaño do papo e as plumas das patas.
  • 37.
    Pomba mensaxeira. Destacapola súa velocidade e o excelente sentido da orientación
  • 38.
  • 39.
  • 40.
  • 41.
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
    Pomba sen pésnin cabeza
  • 47.
  • 48.
  • 49.
  • 50.
    Pomba con amigaperruqueira
  • 51.
  • 52.
  • 53.
  • 54.
  • 55.
    Pomba que bateucon outro vidro
  • 56.
  • 57.
  • 58.
  • 59.
  • 60.
    Pomba “jet” As pombaspoden voar a altitudes de 6000 metros ou máis. As pombas poden voar entre 600 e 700 kilómetros nun só día.
  • 61.
    Pombas fotógrafas.Durante aguerra mundial utilizáronse pombas para moi diversos fins, entre eles fotografiar as liñas enemigas. Soldado alemán transportando pombas mensaxeiras.
  • 62.
    Dodo ou dronte (Raphuscucullatus). A pomba máis grande que existeu. Foi exterminada polas persoas a finais do séculoXVII. Era endémica das illas Maurico, do Océano Índico. Non voaba, medía 1 m de altura e podía acadar os 15 kg de peso. Deseño, feito do natura,l por Roelandt Savery, pintor holandés do Século de Ouro que fixo varios retratos dos dodos da colección do emperador de Austria, para o que traballaba.
  • 63.
    Gura victoria (Gouravictoira). A pomba máis grande da actualidade. Mide 74 cm de longo e pesa uns 3 kg. é endémica de Nova Guiné. Moi coñecida pola súa cor azul e a crista plumosa. Só pon 1 ovo cada ano.
  • 64.
    Pomba de Nicobar(Caloenas nicobarica). Endémica da illa de Nicobar e outras pequenas illas de Indonesia. Pomba grande, de 40 cm de lonxitude e ata 600 gr de peso, de cor azul gris e brillo metálico. Pon 1 ou 2 ovos que choca durante 30 días.
  • 65.
    Torcacita ou ave torcaza (Columbina picui)pequena pomba silvestre sudamericana. Mide 15 cm de longo. É unha ave confiada que aparece un pouco por todas partes.
  • 66.
    Biajaní, ou tojosa(Columbina passerina). Está considerada a pomba silvestre máis pequena do mundo. Vive en Cuba.
  • 67.
    Xa hai queter sede…
  • 68.
    Pizza de pombaou pizza para pombas?
  • 69.
    Pomba con galaalimenticia
  • 72.
    fin As imaxes foroncollidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA