SlideShare a Scribd company logo
1 of 70
Felinos
gatos e demais parentes
Ía Roque, como cada noite, en busca de vida
cando uns escintileos, nun tellado, lle bateron na vista.
Achegouse a saúdar, pensou que era a curuxa,
e case lle queda a un gato nas unllas.
Vaia susto que levou,
pero aprendeu… e aproveitou.
Para máis saber, estudou e viaxou…
E aquí tendes canto, sobre gatos e parentes, xuntou.
gato
gato
katu
gat
gato
cat
chat
hauskatze
gatto
gato ou gato
doméstico (Felis
silvestris catus). É unha
subespecie do gato
bravo. Mide uns 50 cm,
máis 30 cm de rabo, e
pesa entre 3 e 7 kg.
Hai unhas 50 razas de
gatos, algunha delas
con moitas variedades.
O gato é a mascota
máis numerosa e máis
popular do mundo pola
súa limpeza e polo
baixo custe de
mantemento.
O gato é un
carnívoro. Os
gatos
domésticos
comen restos,
alimentos
preparados
ou pensos e,
se teñen
ocasión,
presas
cazadas por
eles.
Para beber meten a lingua
doblada para atrás no
líquido, e retírana tan
rapidamente que as pingas
quedan prendidas nas
asperezas da lingua e non
teñen tempo de cair antes
de que as engula.
O gato ten un sistema sensorial ben desnvolvido, cun oído e un olfacto
moi superiores aos das persoas. Ven ben de noite e un pouco peor de
día. Oen sons de tono moito máis agudo que os humanos e os cans, e
moven as orellas para localizalos. O olfacto é ata catorce veces máis
fino que o das persoas. Ten a pel sensible e terminacións nerviosas
conectadas aos pelos longos da cara.
Os bigotes e os
demáis pelos
longos que ten o
gato en distintas
partes da cabeza
son as vibrisas,
coas detecta os
obxectos e ata as
variacións do
aire.
Camiñan nas puntas
dos dedos apoiándose
nunhas almofadiñas
da propia pel
engrosada o que lles
proporciona un
desplazamento
silencioso e sen risco
de esbarar, ao tempo
que teñen as unllas,
que lle son
imprescindibles para
a captura das presas,
protexidas.
Os gatos poden emitir
ata cen sons diferentes
combinando de
distintas maneiras os
habituais. O máis
común é o miaño, do
que ten varios tipos
según a
intencionalidade; o
ronroneo, que usa
cando está relaxado e
tranquilo e, ás veces,
cando quere pedir
algo; e ademais pode
roñar e bufar, cando se
sinte atacado, e ata
gorgorexar, cando ten
diante unha presa.
Tamén manifestan o seu estado de
ánimo con expresións da cara, con
posturas do corpo e coa posición das
orellas e das vibrisas. Erguen os pelos
e adoptan unha postura ríxida, para
parecer máis grandes se teñen que
defenderse.
Fregan a cabeza contra os gatos dominantes para conseguir o
que queren, e as nais pasan o rabo por enriba dos fillos grandes
cando estes se lle arriman.
Os gatos son animais
limpos e asean o seu
pelo habitualmente.
Coidan a cabeza coa
axuda das patas
dianteiras e o resto
do corpo coa lingua
ao que o axuda a súa
extraordinaria
flexibilidade.
Tamén tenta retirar os parásitos externos coa axuda dos
dentes e das patas.
Os gatos asilvestrados forman grupos dentro dos que
se establece unha xerarquía.
Os gatos son animais
territoriais. Os machos
marcan o territorio
expulsando pequenas
cantidades de ouriños e
deixando pegadas coas
unllas en diferentes
obxectos.
Os gatos pelexan
para defender o
seu territorio e
para estableceren
a xerarquía
dentro do grupo.
O gato é un cazador. Descubre ás presas
pola vista ou polo oído e achégase a elas
canto pode, camiñando agochado, logo,
cando se atopa á distancia axeitada, da
un salto para atrapalas coas poutas
fortemente armadas.
Os gatos capturan ata cen presas
diferentes ademais de ratos e
outros pequenos roedores:
paxaros, insectos, lagartiños,
furafollas…Nalgúns lugares son un
peligro para a fauna autóctona.
Reprodúcense a partir do ano de vida. A xestación dura uns 2
meses e poden ter de 2 a 10 crías, raramente máis de 6.
Os gatiños nacen cos ollos pechados
e non oen. Entre os 7 e os 10 días
abren os ollos e aos 15 días
empezan a camiñar, ás 3 semanas
empezan a comer pero seguen a
mamar ata o mes ou máis.
A gata pode ter unha ou dúas camadas ao ano.
Unha gata tuvo 400 crías ao longo da súa vida.
Os gatiños pequenos son moi
enredantes e xogantíns o que da lugar a
situacións curiosas e divertidas.
Algúns gatos adultos conservan esa facultade
durante moitos anos.
O gato vive de 12 a 14
anos e non son raros os
que superan os 16, aínda
que os gatos que andan
soltos teñen unha
esperanza de vida moito
máis curta.
O gato máis lonxevo durou 36
anos.
O gato permanece nun
bo estado de forma e de
saúde ata o seu
derradeiro ano de vida;
logo, case de súpeto,
vólvese lento, dorme
moito e, dun día para o
outro, morre.
E de aquí para diante todos os seus parentes ao longo e
largo do mundo.
Gato bravo ou gato
montés (Felis
silvestris), Mide de
50 a 75 cm, máis
entre 25 e 30 cm de
rabo, e pesa de 2,5 a
5,8 kg. Hai 6
subespecies, a
doméstica atópase
por todo o mundo e
as silvestres viven en
Europa, Asia e África.
Gato manul ou gato de
Pallas (Felis manul).
Mide entre 46 e 65 cm,
máis un rabo de entre 20
e 30 cm, e pesa entre 2,5
e 4,5 kg. Coñécense 3
subespecies que viven
nas estepas de Mongolia,
Siberia e o Tíbet, ata
alturas de 5.000 m.
Gato da selva, gato dos
pantanos ou chaus (Felis
chaus). Vive nas terras
baixas e húmidas do sur de
Asia, desde o
Mediterráneo a Indochina
e seguindo os cursos dos
ríos de Asia central chega
ao mar Caspio, e ao delta
do Nilo. Coñécense 10
subespecies.
Gato das areas ou gato
do deserto (Felis
margarita). Mide ata 50
cm de longo, máis 30 cm
de rabo. Os machos
máis grandes pesan ata
3 kg. Coñécense 6
subespecies que viven
nos desertos areosos
de África e Asia (Sahara,
Arabia, Irán, Afganistán,
Turkmenistán e
Pakistán).
Gato de pes negros (Felis nigripes). Mide de 33 a 50 cm de longo,
máis un rabo de 15 a 20 cm, e pesa entre 1 e 2,5 kg. Vive nos desertos
do sur de África.
Gato xaspeado (Pardofelis marmorata). Mide entre 45 e 62 cm, máis
un rabo de 35 a 55 cm, e pesa entre 2 e 5 kg. Coñécense 2
subespecies que viven nas selvas do surleste de Asia.
Gato de Bengala ou gato
leopardo (Prionailurus
bengalensis). Mide ata
1m de longo, máis uns
45 cm de rabo, e pesa
entre 3 e 8 kg. Hai 11
subespecies recoñecidas
que se extenden por
todo o sur, leste e centro
de Asia.
Gato de Iriomote,
(Prionailurus
iriomotensis). Ten o
tamaño dun gato
doméstico. É
endémico da illa
xaponesa de Iriomote
onde só quedan
menos de 100
individuos. Algúns
biólogos considérano
un fósil vivo.
Gato de cabeza plana
(Prionailurus
planiceps) sobrevive
en algunhas selvas do
surleste de Asia e
Sumatra. Críase
extinguido e foi
redescuberto na
década de 1990.
Gato vermello
(Prionailurus
rubiginosus) es la
especie más
pequena de gato
salvaje existente.
Só se atopa en Sri
Lanka e no sur da
India.
Recoñécense 3
subespecies.
Gato pescador
(Prionailurus viverrinus).
Mide entre 65 e 80 cm de
longo, máis un rabo de
entre 25 e 30 cm, e ten un
peso de entre 6 e 11 kg. os
exemplares do continente
son máis grandes que os
das illas. Hai 2 subespecies
recoñecidas que viven en
ríos, manglares e pantanos
do surleste de Asia.
Gato dorado asiático
ou gato dorado de
Temminck (Catopuma
temminckii). Mide uns
90 cm de lonxitude,
máis 50 cm de rabo, e
pesa de 12 a 16 kg. Vive
en selvas do surleste de
Asia Tíbet, Nepal, sur
de China, India,
Sumatra.
Gato vermello
de Borneo
(Catopuma ou
Pardofelis
badia). Mide
uns 60 cm, máis
un rabo de 40
cm, e pesa
entre 2 e 3 kg.
Vive nas selvas
da illa de
Borneo.
Gato dourado africano
(Profelis aurata). Mide
entre 60 e 100 cm de
longo, con un rabo de 16
a 46 cm, e pesan entre 6
e 15 kg. Os machos son
máis robustos que as
femias. Vive nos bosques
chuviosos de África
central e occidental,
desde Guinea Bissau ás
fronteiras de Kenia e
Tanzania.
Caracal (Caracal caracal). Mide entre 60 e 92 cm de longo, sen contar
o rabo. Coñécense 8 subespecies. Vive nas sabanas esemidesertos de
África e do oeste Asia, desde Turquía ao sur de Kazaxistán e o
noroeste da India.
Gato dos herbeiros do río da Plata ou gato do Pantanal (Leopardus
braccatus). Pesa de 4 a 5 kg. Coñécense 2 subespecies que viven en
pasteiros e sabanas da cunca do río da Plata, no centro e o sur do
Brasil, o leste de Bolivia, o extremo sureste do Perú, o oeste do
Paraguay, o noreste de Arxentina, e todo o Uruguai.
Colocolo ou gato montés(Leopardus colocolo). Mide entre 50 e
70 cm e pesa de 3 a 4 kg. Coñécense 2 subespecies que viven ao
longo da zona occidental de América do Sur.
Gato montés sudamericano ou gato de Geoffroy (Leopardus
geoffroyi). Mide uns 60 cm de longo, máis 35 cm de rabo, e
pesa entre 4 e 5 kg. Coñécense 4 subespecies que se atopan
en América do Sur.
Huiña, güiña, gato
colorado ou gato
colo (Leopardus
guigna). Mide entre
65 e 73 cm epesa de
2 a 3 kg. Coñécense
2 subespecies que
viven entre o centro
de Chile e a
Patagonia arxentina.
Gato andino,
chinchay, gato lince
ou osjo (Leopardus
jacobitus). Mide de
60 a 80 cm, máis un
rabo duns 35 cm, e
pesa entre 4 e 7 kg.
só se atopa en áreas
montañosas dos
Andes entreo sur do
Perú e o norte de
Arxentina e Chile.
Gato das pampas
ou gato palleiro
(Leopardus
pajeros). Coñécense
5 subespecies que
viven nas estepas de
América do Sur ao
leste dos Andes,
desde o Ecuador o
sur da Patagonia
arxentina.
Gato tigre, tigrillo, cunaguaro, caucel, maracayá ou margay
(Leopardus wiedii). Mide entre 40 e 60 cm, máis o rabo,e pesa
uns 3,5 kg. Coñécense 11 subespecies repartidas entre o norte
de México e o norte de Arxentina e o Uruguai.
Leopardo tigre
(Leopardus tigrinus).
Mide entre 40 e 60 cm,
e outro tanto de rabo, e
pesa entre 2 e 4 kg.
Coñécense 4
subespecies que viven
nos bosques tropicais de
América Central e de
América do Sur.
ocelote (Leopardus pardalis). Mide entre 70 e 90 cm, máis un rabo
de entre 30 e 40 cm, epesa arredor de 11 kg. Coñécense 10
subespecies que habitan calquera espazo desde Texas ata o norte
de Arxentina e Uruguai.
León (Panthera leo). Miden
de 170 a 250 cm, máis un
rabo de 90 a 105 cm, os
machos e de 140 a 175 cm,
máis un rabo de 70 a 100 cm,
as femias.os machos poden
pesar ata 250 kg mentras as
femias non pasan dos 180 kg.
Coñécense seis subespecies
que viven en África, ao sur do
Sahara, e unha pequena
poboación no noroeste da
India.
Jaguar ou yaguareté (Panthera onca). Mide entre 162 e 183 cm, máis
outros 75 cm de rabo, e pode pesar entre 35 e 95 kg. As femias sempre
son máis pequenas e lixeiras que os machos. Coñécense 7 subespecies
que se distribuen entre o sur dos E.E.U.U. eo noroeste da Arxentina.
Leopardo -pantera
cando ten o pelo negro-
(Panthera pardus). Mide
de 90 cm a 1,91 m, máis
entr 60 e 110 cm de
rabo, e poden pesar ata
90 kg. As femias non
pasan dos 60 kg.
Coñécense oito
subespecies que viven
en bosques e sabanas
arboradas de África e
bosques do sur de Asia.
Tigre (Panthera tigris).
Mide entre1,80 e 2,70
m de longo, máis entre
60 e 110 cm de rabo, e
pode pesar de 100 a 350
kg. as femias, máis
pequenas, non pasan
dos 150 kg. Coñécense 6
subespecies que viven
en poboacións illadas do
sur e o leste de Asia.
leopardo das neves, onzaou
irbis (Panthera uncia). Mide
entre 75 e 130 cm de longo,
máis un rabo de 80 a 100
cm, e pesa entre 25 e 75 kg
(os machos son máis
grandes e pesados que as
femias). Viven en montañas
remotas do centro de Asia a
altitudes de hasta 6000 m.
Puma, león de montaña… (Puma concolor). Mide entre 1,5 e 2,7 m,
incluído o rabo, e pode pesar entre 35 kg, as femias máis pequenas,
e 70 kg, os machos máis grandes. Os pumas das zonas cálidas son
máis pequenos que os das zonas frías. Atópase desde o Yukón, en
Canadá, ata o sur dos Andes patagónicos. Hai 6 subespecies.
Jaguarundi, yaguarundí
ou gato lontra e outros
moitos nomes locais
(Puma yagouaroundi).
Mide de 50 a 70 cm,
máis un rabo que mide
de 30 a 60 cm, e pesa
entre 3,5 e 9 kg. Vive
desde o surleste de
México ata o centro de
Arxentina. Recoñécense
8 subespecies.
Pantera nebulosa
(Neofelis nebulosa).
Mide de 60 a 110 cm
e pesa ata 20 kg, as
femias, e ata 65 kg
os machos. Vive no
surleste de Asia.
Recoñécense 3
subespecies.
Pantera nebulosa de Borneo (Neofelis diardi). Pesa entre 12 e
25 kg. É endémica de Borneo, Sumatra e as illas Batu.
Guepardo ou chita (Acinonyx jubatus). Mide entre 110 e 150 cm de
longo, máis de 55 a 80 cm de rabo, e pesa entre 35 e 60 kg. Os
machos son máis grandes que as femias. Coñécense 6 subespecies.
Vive nos espazos abertos de África. É o animal terrestre máis veloz.
Pode acadar velocidades de máis de de 100 km/h en carreiras de
400 a 500 metros.
Lince vermello ou gato montés de Norteamérica (Lynx rufus).Mide
de 63 cm a 1,6 m de longo, con un rabo duns 20 cm, e pode pesar
entre 6 e 12 kg. Existen doce subespecies recoñecidas.
Lince ibérico
(Lynx
pardinus). Pesa
entre 9 e 12 kg.
É endémico da
península
ibérica. Só
existen dúas
poboacións que
en total non
chegan aos 400
individuos.
Lince boreal, europeo, eurasiático ou común (Lynx lynx). Nide
entre 80 e 130 cm de longo,máis outros de 11 a 24 cm de rabo, e
pode pesar entre 18 e 30 kg. Coñécense 9 subespecies.
Llince do Canadá (Lynx
canadensis). Mide entre
90 e 110 cm de longo,
máis un rabo de entre 10 e
25 cm, e pesa entre 6 e 18
kg. Vive na taiga de
Canadá e Alaska, e en
bosques do norte dos E.E.
U.U.. Coñécense 3
subespecies.
Serval (Leptailurus serval). Mide entre 67 e 100 cm, má,s de 24 a
45 cm de rabo, e pesa de 8 a 18 kg. os machos son máis grandes.
coñécense 17 subespecies. Atópase en perigo de extinción
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
fin

More Related Content

What's hot

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africanaMonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 

What's hot (17)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africana
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
O can
O canO can
O can
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Leopardo
LeopardoLeopardo
Leopardo
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 

Similar to Gatos e demais parentes

Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)danibrito10051998
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]egsumay
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
O tigre branco
O tigre brancoO tigre branco
O tigre branco10mariamar
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltabanMonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 

Similar to Gatos e demais parentes (19)

Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)
 
Ejercicio 12 word articulo
Ejercicio 12 word articuloEjercicio 12 word articulo
Ejercicio 12 word articulo
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
O tigre branco
O tigre brancoO tigre branco
O tigre branco
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 
Can
CanCan
Can
 
Leon
LeonLeon
Leon
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
Gato
GatoGato
Gato
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Gatos e demais parentes

  • 2. Ía Roque, como cada noite, en busca de vida cando uns escintileos, nun tellado, lle bateron na vista.
  • 3. Achegouse a saúdar, pensou que era a curuxa,
  • 4. e case lle queda a un gato nas unllas.
  • 5. Vaia susto que levou, pero aprendeu… e aproveitou.
  • 6. Para máis saber, estudou e viaxou…
  • 7. E aquí tendes canto, sobre gatos e parentes, xuntou.
  • 9. gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus). É unha subespecie do gato bravo. Mide uns 50 cm, máis 30 cm de rabo, e pesa entre 3 e 7 kg. Hai unhas 50 razas de gatos, algunha delas con moitas variedades. O gato é a mascota máis numerosa e máis popular do mundo pola súa limpeza e polo baixo custe de mantemento.
  • 10. O gato é un carnívoro. Os gatos domésticos comen restos, alimentos preparados ou pensos e, se teñen ocasión, presas cazadas por eles.
  • 11. Para beber meten a lingua doblada para atrás no líquido, e retírana tan rapidamente que as pingas quedan prendidas nas asperezas da lingua e non teñen tempo de cair antes de que as engula.
  • 12. O gato ten un sistema sensorial ben desnvolvido, cun oído e un olfacto moi superiores aos das persoas. Ven ben de noite e un pouco peor de día. Oen sons de tono moito máis agudo que os humanos e os cans, e moven as orellas para localizalos. O olfacto é ata catorce veces máis fino que o das persoas. Ten a pel sensible e terminacións nerviosas conectadas aos pelos longos da cara.
  • 13. Os bigotes e os demáis pelos longos que ten o gato en distintas partes da cabeza son as vibrisas, coas detecta os obxectos e ata as variacións do aire.
  • 14. Camiñan nas puntas dos dedos apoiándose nunhas almofadiñas da propia pel engrosada o que lles proporciona un desplazamento silencioso e sen risco de esbarar, ao tempo que teñen as unllas, que lle son imprescindibles para a captura das presas, protexidas.
  • 15. Os gatos poden emitir ata cen sons diferentes combinando de distintas maneiras os habituais. O máis común é o miaño, do que ten varios tipos según a intencionalidade; o ronroneo, que usa cando está relaxado e tranquilo e, ás veces, cando quere pedir algo; e ademais pode roñar e bufar, cando se sinte atacado, e ata gorgorexar, cando ten diante unha presa.
  • 16. Tamén manifestan o seu estado de ánimo con expresións da cara, con posturas do corpo e coa posición das orellas e das vibrisas. Erguen os pelos e adoptan unha postura ríxida, para parecer máis grandes se teñen que defenderse.
  • 17. Fregan a cabeza contra os gatos dominantes para conseguir o que queren, e as nais pasan o rabo por enriba dos fillos grandes cando estes se lle arriman.
  • 18. Os gatos son animais limpos e asean o seu pelo habitualmente. Coidan a cabeza coa axuda das patas dianteiras e o resto do corpo coa lingua ao que o axuda a súa extraordinaria flexibilidade.
  • 19. Tamén tenta retirar os parásitos externos coa axuda dos dentes e das patas.
  • 20. Os gatos asilvestrados forman grupos dentro dos que se establece unha xerarquía.
  • 21. Os gatos son animais territoriais. Os machos marcan o territorio expulsando pequenas cantidades de ouriños e deixando pegadas coas unllas en diferentes obxectos.
  • 22. Os gatos pelexan para defender o seu territorio e para estableceren a xerarquía dentro do grupo.
  • 23. O gato é un cazador. Descubre ás presas pola vista ou polo oído e achégase a elas canto pode, camiñando agochado, logo, cando se atopa á distancia axeitada, da un salto para atrapalas coas poutas fortemente armadas.
  • 24. Os gatos capturan ata cen presas diferentes ademais de ratos e outros pequenos roedores: paxaros, insectos, lagartiños, furafollas…Nalgúns lugares son un peligro para a fauna autóctona.
  • 25. Reprodúcense a partir do ano de vida. A xestación dura uns 2 meses e poden ter de 2 a 10 crías, raramente máis de 6.
  • 26. Os gatiños nacen cos ollos pechados e non oen. Entre os 7 e os 10 días abren os ollos e aos 15 días empezan a camiñar, ás 3 semanas empezan a comer pero seguen a mamar ata o mes ou máis.
  • 27. A gata pode ter unha ou dúas camadas ao ano. Unha gata tuvo 400 crías ao longo da súa vida.
  • 28. Os gatiños pequenos son moi enredantes e xogantíns o que da lugar a situacións curiosas e divertidas. Algúns gatos adultos conservan esa facultade durante moitos anos.
  • 29. O gato vive de 12 a 14 anos e non son raros os que superan os 16, aínda que os gatos que andan soltos teñen unha esperanza de vida moito máis curta. O gato máis lonxevo durou 36 anos. O gato permanece nun bo estado de forma e de saúde ata o seu derradeiro ano de vida; logo, case de súpeto, vólvese lento, dorme moito e, dun día para o outro, morre.
  • 30. E de aquí para diante todos os seus parentes ao longo e largo do mundo.
  • 31. Gato bravo ou gato montés (Felis silvestris), Mide de 50 a 75 cm, máis entre 25 e 30 cm de rabo, e pesa de 2,5 a 5,8 kg. Hai 6 subespecies, a doméstica atópase por todo o mundo e as silvestres viven en Europa, Asia e África.
  • 32. Gato manul ou gato de Pallas (Felis manul). Mide entre 46 e 65 cm, máis un rabo de entre 20 e 30 cm, e pesa entre 2,5 e 4,5 kg. Coñécense 3 subespecies que viven nas estepas de Mongolia, Siberia e o Tíbet, ata alturas de 5.000 m.
  • 33. Gato da selva, gato dos pantanos ou chaus (Felis chaus). Vive nas terras baixas e húmidas do sur de Asia, desde o Mediterráneo a Indochina e seguindo os cursos dos ríos de Asia central chega ao mar Caspio, e ao delta do Nilo. Coñécense 10 subespecies.
  • 34. Gato das areas ou gato do deserto (Felis margarita). Mide ata 50 cm de longo, máis 30 cm de rabo. Os machos máis grandes pesan ata 3 kg. Coñécense 6 subespecies que viven nos desertos areosos de África e Asia (Sahara, Arabia, Irán, Afganistán, Turkmenistán e Pakistán).
  • 35. Gato de pes negros (Felis nigripes). Mide de 33 a 50 cm de longo, máis un rabo de 15 a 20 cm, e pesa entre 1 e 2,5 kg. Vive nos desertos do sur de África.
  • 36. Gato xaspeado (Pardofelis marmorata). Mide entre 45 e 62 cm, máis un rabo de 35 a 55 cm, e pesa entre 2 e 5 kg. Coñécense 2 subespecies que viven nas selvas do surleste de Asia.
  • 37. Gato de Bengala ou gato leopardo (Prionailurus bengalensis). Mide ata 1m de longo, máis uns 45 cm de rabo, e pesa entre 3 e 8 kg. Hai 11 subespecies recoñecidas que se extenden por todo o sur, leste e centro de Asia.
  • 38. Gato de Iriomote, (Prionailurus iriomotensis). Ten o tamaño dun gato doméstico. É endémico da illa xaponesa de Iriomote onde só quedan menos de 100 individuos. Algúns biólogos considérano un fósil vivo.
  • 39. Gato de cabeza plana (Prionailurus planiceps) sobrevive en algunhas selvas do surleste de Asia e Sumatra. Críase extinguido e foi redescuberto na década de 1990.
  • 40. Gato vermello (Prionailurus rubiginosus) es la especie más pequena de gato salvaje existente. Só se atopa en Sri Lanka e no sur da India. Recoñécense 3 subespecies.
  • 41. Gato pescador (Prionailurus viverrinus). Mide entre 65 e 80 cm de longo, máis un rabo de entre 25 e 30 cm, e ten un peso de entre 6 e 11 kg. os exemplares do continente son máis grandes que os das illas. Hai 2 subespecies recoñecidas que viven en ríos, manglares e pantanos do surleste de Asia.
  • 42. Gato dorado asiático ou gato dorado de Temminck (Catopuma temminckii). Mide uns 90 cm de lonxitude, máis 50 cm de rabo, e pesa de 12 a 16 kg. Vive en selvas do surleste de Asia Tíbet, Nepal, sur de China, India, Sumatra.
  • 43. Gato vermello de Borneo (Catopuma ou Pardofelis badia). Mide uns 60 cm, máis un rabo de 40 cm, e pesa entre 2 e 3 kg. Vive nas selvas da illa de Borneo.
  • 44. Gato dourado africano (Profelis aurata). Mide entre 60 e 100 cm de longo, con un rabo de 16 a 46 cm, e pesan entre 6 e 15 kg. Os machos son máis robustos que as femias. Vive nos bosques chuviosos de África central e occidental, desde Guinea Bissau ás fronteiras de Kenia e Tanzania.
  • 45. Caracal (Caracal caracal). Mide entre 60 e 92 cm de longo, sen contar o rabo. Coñécense 8 subespecies. Vive nas sabanas esemidesertos de África e do oeste Asia, desde Turquía ao sur de Kazaxistán e o noroeste da India.
  • 46. Gato dos herbeiros do río da Plata ou gato do Pantanal (Leopardus braccatus). Pesa de 4 a 5 kg. Coñécense 2 subespecies que viven en pasteiros e sabanas da cunca do río da Plata, no centro e o sur do Brasil, o leste de Bolivia, o extremo sureste do Perú, o oeste do Paraguay, o noreste de Arxentina, e todo o Uruguai.
  • 47. Colocolo ou gato montés(Leopardus colocolo). Mide entre 50 e 70 cm e pesa de 3 a 4 kg. Coñécense 2 subespecies que viven ao longo da zona occidental de América do Sur.
  • 48. Gato montés sudamericano ou gato de Geoffroy (Leopardus geoffroyi). Mide uns 60 cm de longo, máis 35 cm de rabo, e pesa entre 4 e 5 kg. Coñécense 4 subespecies que se atopan en América do Sur.
  • 49. Huiña, güiña, gato colorado ou gato colo (Leopardus guigna). Mide entre 65 e 73 cm epesa de 2 a 3 kg. Coñécense 2 subespecies que viven entre o centro de Chile e a Patagonia arxentina.
  • 50. Gato andino, chinchay, gato lince ou osjo (Leopardus jacobitus). Mide de 60 a 80 cm, máis un rabo duns 35 cm, e pesa entre 4 e 7 kg. só se atopa en áreas montañosas dos Andes entreo sur do Perú e o norte de Arxentina e Chile.
  • 51. Gato das pampas ou gato palleiro (Leopardus pajeros). Coñécense 5 subespecies que viven nas estepas de América do Sur ao leste dos Andes, desde o Ecuador o sur da Patagonia arxentina.
  • 52. Gato tigre, tigrillo, cunaguaro, caucel, maracayá ou margay (Leopardus wiedii). Mide entre 40 e 60 cm, máis o rabo,e pesa uns 3,5 kg. Coñécense 11 subespecies repartidas entre o norte de México e o norte de Arxentina e o Uruguai.
  • 53. Leopardo tigre (Leopardus tigrinus). Mide entre 40 e 60 cm, e outro tanto de rabo, e pesa entre 2 e 4 kg. Coñécense 4 subespecies que viven nos bosques tropicais de América Central e de América do Sur.
  • 54. ocelote (Leopardus pardalis). Mide entre 70 e 90 cm, máis un rabo de entre 30 e 40 cm, epesa arredor de 11 kg. Coñécense 10 subespecies que habitan calquera espazo desde Texas ata o norte de Arxentina e Uruguai.
  • 55. León (Panthera leo). Miden de 170 a 250 cm, máis un rabo de 90 a 105 cm, os machos e de 140 a 175 cm, máis un rabo de 70 a 100 cm, as femias.os machos poden pesar ata 250 kg mentras as femias non pasan dos 180 kg. Coñécense seis subespecies que viven en África, ao sur do Sahara, e unha pequena poboación no noroeste da India.
  • 56. Jaguar ou yaguareté (Panthera onca). Mide entre 162 e 183 cm, máis outros 75 cm de rabo, e pode pesar entre 35 e 95 kg. As femias sempre son máis pequenas e lixeiras que os machos. Coñécense 7 subespecies que se distribuen entre o sur dos E.E.U.U. eo noroeste da Arxentina.
  • 57. Leopardo -pantera cando ten o pelo negro- (Panthera pardus). Mide de 90 cm a 1,91 m, máis entr 60 e 110 cm de rabo, e poden pesar ata 90 kg. As femias non pasan dos 60 kg. Coñécense oito subespecies que viven en bosques e sabanas arboradas de África e bosques do sur de Asia.
  • 58. Tigre (Panthera tigris). Mide entre1,80 e 2,70 m de longo, máis entre 60 e 110 cm de rabo, e pode pesar de 100 a 350 kg. as femias, máis pequenas, non pasan dos 150 kg. Coñécense 6 subespecies que viven en poboacións illadas do sur e o leste de Asia.
  • 59. leopardo das neves, onzaou irbis (Panthera uncia). Mide entre 75 e 130 cm de longo, máis un rabo de 80 a 100 cm, e pesa entre 25 e 75 kg (os machos son máis grandes e pesados que as femias). Viven en montañas remotas do centro de Asia a altitudes de hasta 6000 m.
  • 60. Puma, león de montaña… (Puma concolor). Mide entre 1,5 e 2,7 m, incluído o rabo, e pode pesar entre 35 kg, as femias máis pequenas, e 70 kg, os machos máis grandes. Os pumas das zonas cálidas son máis pequenos que os das zonas frías. Atópase desde o Yukón, en Canadá, ata o sur dos Andes patagónicos. Hai 6 subespecies.
  • 61. Jaguarundi, yaguarundí ou gato lontra e outros moitos nomes locais (Puma yagouaroundi). Mide de 50 a 70 cm, máis un rabo que mide de 30 a 60 cm, e pesa entre 3,5 e 9 kg. Vive desde o surleste de México ata o centro de Arxentina. Recoñécense 8 subespecies.
  • 62. Pantera nebulosa (Neofelis nebulosa). Mide de 60 a 110 cm e pesa ata 20 kg, as femias, e ata 65 kg os machos. Vive no surleste de Asia. Recoñécense 3 subespecies.
  • 63. Pantera nebulosa de Borneo (Neofelis diardi). Pesa entre 12 e 25 kg. É endémica de Borneo, Sumatra e as illas Batu.
  • 64. Guepardo ou chita (Acinonyx jubatus). Mide entre 110 e 150 cm de longo, máis de 55 a 80 cm de rabo, e pesa entre 35 e 60 kg. Os machos son máis grandes que as femias. Coñécense 6 subespecies. Vive nos espazos abertos de África. É o animal terrestre máis veloz. Pode acadar velocidades de máis de de 100 km/h en carreiras de 400 a 500 metros.
  • 65. Lince vermello ou gato montés de Norteamérica (Lynx rufus).Mide de 63 cm a 1,6 m de longo, con un rabo duns 20 cm, e pode pesar entre 6 e 12 kg. Existen doce subespecies recoñecidas.
  • 66. Lince ibérico (Lynx pardinus). Pesa entre 9 e 12 kg. É endémico da península ibérica. Só existen dúas poboacións que en total non chegan aos 400 individuos.
  • 67. Lince boreal, europeo, eurasiático ou común (Lynx lynx). Nide entre 80 e 130 cm de longo,máis outros de 11 a 24 cm de rabo, e pode pesar entre 18 e 30 kg. Coñécense 9 subespecies.
  • 68. Llince do Canadá (Lynx canadensis). Mide entre 90 e 110 cm de longo, máis un rabo de entre 10 e 25 cm, e pesa entre 6 e 18 kg. Vive na taiga de Canadá e Alaska, e en bosques do norte dos E.E. U.U.. Coñécense 3 subespecies.
  • 69. Serval (Leptailurus serval). Mide entre 67 e 100 cm, má,s de 24 a 45 cm de rabo, e pesa de 8 a 18 kg. os machos son máis grandes. coñécense 17 subespecies. Atópase en perigo de extinción
  • 70. As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta fin