SlideShare a Scribd company logo
1 of 35
galiña
gallina
hen
A galiña é unha ave de tamaño medio co corpo
redondeado groso, cuberto de prumas de cor variable
(brancas, grises, castañas...). Os machos son máis
grandes, teñen a plumaxe máis vistosa, os apéndices da
cabeza máis grandes e un esporón nas patas.
O peso pode variar entre 1,5 a 4 kg nas femias e entre 2 e 6 kg nos machos.
CABEZA: oval pequena
PATAS: fortes,
Pé cuberto de escamas
Dedos con unllas robustas (tres
dirixidos cara adiante e un para atrás).
PESCOZO: cilíndrico, longo e
xeralmente dobrado en “S”.
TRONCO: oval, pesado.
RABO: curto coas prumas
longas, rectas nas galiñas e
con forma de fouce nos galos.
ÁS: curtas e
redondeadas.
Crista
Barbas
Oído: sen pabellón externo
e cuberto coas prumas.
Crista: apéndice carnoso de
cor encarnada, de forma e
tamaño variables segundo a
raza. Sempre son máis
grandes nos machos.
Orellas ou
orelleiras: nalgunhas
razas son brancas..
Barbas: encarnadas e de
tamaño variado, máis
grandes nos machos.
Ollos: vivos, con tres
pálpebras, unha case
transparente que se move
lateralmente e serve para
limpar o ollo, e dúas grosas
que serven para cubrilo.
Peteiro cónico, curto,
forte, coa punta afiada e
dobrada cara abaixo.
trapecio
dorsais
glúteo
xemelgos
abdominais
triceps
mastigadores
MÚSCULOS
bíceps
femoraldeltoide
extensor
pectoral
biceps
vértebras
cránio
maxilar
omóplato
húmero
cúbito
radio
carpo
metacarpo
falanxes
costelas
esternón
pelve
fémur
tibia
peroné
tarso
falanxes
ESQUELETO
sacro
metatarso
Os osos son
moi lixeiros.
ÓRGANOS INTERNOS
ovo
APARATO REPRODUTOR
MACHO FEMIA
ovarios
cloaca
testículo vesícula
seminal
oviduto
cloaca
ril
recto
recto
A galiña camiña apoiando os dedos. Ocasionalmente axúdase coas ás
para dar saltos, equilibrarse cando corre ou para baixar de sitios altos.
O récord de voo dunha galiña está en 90 metros.
pata de galo
esporón
SENTIDOS
Teñen ben
desenvolvidos a vista
e o oído.
Cando queren fixar a
atención en algo
xiran a cabeza e
enfocan cun so ollo.
Emiten distintos tipos de sons
para comunicarense.
O máis coñecido é o “qui-qui-ri-
quí”, a chamada do galo que serve,
sobre todo, para marcar o territorio
e atraer ás femias.
As femias cacarexan cando poñen
os ovos ou cando se asustan e
para comunicarse entre elas.
Os pitos “pían” con diferentes
intensidades para chamar, para
manterse en contacto ou cando
están acochados ao calor da nai.
COSTUMES
Vive en grupos formados
normalmente por varias
femias e un só macho (galo).
Dase baños de area para
liberarse dos parásitos: fai
pozas nas que se deita e, coa
axuda das patas, mete a terra
entre as prumas para limpalas.
Cando fai frío ou están
molladas déitanse ao sol
postas de lado e estirando as
ás.
Cando teñen moita calor
regulan a temperatura
mantendo o peteiro aberto
para refrescarse.
ALIMENTACIÓN
A galiña aliméntase de herba, grans, restos de
comida, verdura, miñocas, penso,…
O alimento máis común que se lles da nas casas
galegas é o millo. Para os polos pequenos móese
gordo para facer “picón”.
Cando teñen ocasión buscan comida e desénterran
co peteiro ou escarabellando coas patas
(espurruñando) sementes, insectos, miñocas... cloaca
moegapapo
Nos galiñeiros industriais son alimentadas con pensos.
REPRODUCIÓN
As galiñas reprodúcense por ovos que poñen nun niño feito no chan ou
nun lugar protexido, xeralmente durante a primavera e o verán.
O número de ovos
varía segundo a raza.
A maioría das
galiñas pon un ovo
cada dous días, as
poñedoras poñen
unha media de 200
ao ano e algunhas
poden poñer ata 300
ovos.
Casca caliza, porosa,
fina e resistente..
O OVO
O ovo é unha célula xigante que pode variar entre 35 e 75 gr.
Clara: líquido visgoso e incoloro.
Xema: de cor amarela,
máis densa. Reserva de
alimento do embrión.
Xerme: núcleo a partir do que
se desenvolve o embrión.
Membranas que
protexen e illan
do exterior.
Cámara de aire:
faise máis grande
a medida que o
ovo é máis vello.
Xeralmente unha vez no ano, avanzada a primavera ou a comezos do
verán a galiña choca, auméntalle a temperatura do corpo e déitase sobre
os ovos para incubalos.
Unha galiña incuba de cada vez
a cantidade de ovos que caben
debaixo dela (niñada), arredor
dunha ducia, aínda que en
ocasións pode pasar de 20.
As crías das galiñas
desenvólvense no
interior do ovo
durante 21 días.
Os polos nacen
cubertos de plumón
fino e seguen á nai
que os ensina e
protexe.
Os pitos acóllense
dabaixo da nai para
descansar, ao abrigo
das súas ás.
NOMES
Femia: galiña, pita.
Macho: galo.
Pequenos: pitos.
Grupo de pitos: rolada ou
niñada.
Novos (de mediana idade):
polos e polas.
Capóns: exemplares
machos que se capan e se
ceban.
Existen numerosas variedades de galiñas con
distintas aptitudes: produción de carne, ovos,
ou ornamentais.
GALIÑA DE MOS
Raza autóctona galega orixinaria de Castro
de Rei (Lugo), de cor castaña crara e crista en
piña, boa produtora de carne e moi boa nai. É
a raza que cría os capóns de Vilalba.
RAZAS
GALIÑA DE
PESCOZO ESPIDO:
orixinaria de Persia e
da India, chamada en
moitos lugares de
Galicia galiña
portuguesa
LEGHORN
A típica galiña
branca. De orixe
italiana.
WARREN:
É a que se utiliza
na maioría das
granxas de
poñedoras.
BROILER
Na actualidade é a
galiña de carne
máis criada.
GALO YOKOHAMA. É unha raza de adorno que se cría no Xapón pola
lonxitude que acadan as prumas do rabo do macho, que pode chegar a
medir máis de 5 metros. O récord está fixado en 15 metros.
HISTORIA
A domesticación da galiña comezou hai máis
de 4.000 anos na India, onde aínda vive en
estado silvestre o “Gallus bankiva” do que
procede.
Desde a India extendeuse a todo o mundo.
Sta Baia de Bóveda
Gallus bankiva
Actualmente críanse de
forma intensiva en grandes
granxas
En Galiza críanse máis de 55
millóns de polos ao ano.
Ademais existen máis de
catro millóns de galiñas
poñedoras que producen
case 98 millóns de ovos ao
ano.
Ademais segue habendo
pequenos grupos en case
todas as casas de campo.
granxas de galiñas poñedoras
INCUBADORA
O ovos teñen un gran
valor alimenticio.
Teñen moitas
proteínas, graxas,
vitaminas (agás a C),
calcio, ferro, e
fósforo.
AS GALIÑAS E AS
PERSOAS
As galiñas son criadas pola súa
dobre utilidade como fontes de
alimento para o aproveitamento
dos ovos e a carne. Tamén se
aproveita o esterco dos
galiñeiros como fertilizante para
o campo.
Nas casas as galiñas viven
xeralmente en currais.
Os galiñeiros son pequenas
construcións pechadas e telladas
habilitadas con pousadoiros
(poleiros) e niños. Úsanse para
gardar as galiñas pola noite. Ás
veces complétanse cun recinto
valado.
REFRÁNS:
-Gran a gran, a galiña fai o papo.
-O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro.
-A galiña vella fai o mellor caldo.
-Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña.
-Por Santa Mariña deita a túa galiña.
-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.
-Ovos fritos non dan pitos.
-Polo San Antón a galiña pon.
TRADICIÓN ORAL
DITOS:
-Cando mexen as galiñas.
-Ser un galo
-Ser un galiña
-Deitarse coas (ou canda) galiñas.
-Porse a carne de galiña.
ADIVIÑAS:
Unha señora moi enseñoreada, chea de
remendos e sen unha puntada (A GALIÑA)
Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de
cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A
GALIÑA E OS OVOS)
Érguese á mañanciña, déitase ao
anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas
de comer (A GALIÑA) .
Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido
e espora de aceiro (O GALO)
Unha caixiña redonda, branca coma o
azahar, ábrese moi facilmente e non se
pode pechar (O OVO).
Branco coma o cal, todos o saben abrir,
ninguén o sabe pechar (O OVO).
Unha casiña branca, sen porta nin tranca
(O OVO)
CANTARES:
Miña nai e mais a túa
quedan no río berrando (ou na eira…)
por culpa dunha galiña
que ten amores co galo.
Unha vella no corral
cun peido matou a un polo,
e se non llos quitan de adiante
mata galiñas e todo.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon
Daporta, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta
Decembro 2014

More Related Content

What's hot

Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
iesasorey
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
monadela
 

What's hot (20)

O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touro
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
Búfalo de auga
Búfalo de augaBúfalo de auga
Búfalo de auga
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 
OS CANS
OS CANSOS CANS
OS CANS
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 

Viewers also liked (10)

Draco- Bringing Life to Illustrations
Draco- Bringing Life to IllustrationsDraco- Bringing Life to Illustrations
Draco- Bringing Life to Illustrations
 
Auguri 2014
Auguri 2014Auguri 2014
Auguri 2014
 
Binareo
BinareoBinareo
Binareo
 
Моя книжная полка — Черепанов Степан
Моя книжная полка — Черепанов СтепанМоя книжная полка — Черепанов Степан
Моя книжная полка — Черепанов Степан
 
2013 cathédrale d’albi
2013 cathédrale d’albi2013 cathédrale d’albi
2013 cathédrale d’albi
 
Root cause analysis training
Root cause analysis trainingRoot cause analysis training
Root cause analysis training
 
Presiden & wakil presiden
Presiden & wakil presidenPresiden & wakil presiden
Presiden & wakil presiden
 
Bordas valledeerroburgueteusoyocupaciondelmedio revcuadernosdeetnologiayetnog...
Bordas valledeerroburgueteusoyocupaciondelmedio revcuadernosdeetnologiayetnog...Bordas valledeerroburgueteusoyocupaciondelmedio revcuadernosdeetnologiayetnog...
Bordas valledeerroburgueteusoyocupaciondelmedio revcuadernosdeetnologiayetnog...
 
2
22
2
 
STRESS MANAGEMENT AND HOW TO DEAL WITH IT
STRESS MANAGEMENT AND HOW TO DEAL WITH ITSTRESS MANAGEMENT AND HOW TO DEAL WITH IT
STRESS MANAGEMENT AND HOW TO DEAL WITH IT
 

Similar to Galiña primaria

A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
monadela
 

Similar to Galiña primaria (15)

A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
A vaca 2
A vaca 2A vaca 2
A vaca 2
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
Gato
GatoGato
Gato
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
 
Galiña de Guiné
Galiña de GuinéGaliña de Guiné
Galiña de Guiné
 

More from monadela

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Galiña primaria

  • 2. A galiña é unha ave de tamaño medio co corpo redondeado groso, cuberto de prumas de cor variable (brancas, grises, castañas...). Os machos son máis grandes, teñen a plumaxe máis vistosa, os apéndices da cabeza máis grandes e un esporón nas patas. O peso pode variar entre 1,5 a 4 kg nas femias e entre 2 e 6 kg nos machos.
  • 3. CABEZA: oval pequena PATAS: fortes, Pé cuberto de escamas Dedos con unllas robustas (tres dirixidos cara adiante e un para atrás). PESCOZO: cilíndrico, longo e xeralmente dobrado en “S”. TRONCO: oval, pesado. RABO: curto coas prumas longas, rectas nas galiñas e con forma de fouce nos galos. ÁS: curtas e redondeadas. Crista Barbas
  • 4. Oído: sen pabellón externo e cuberto coas prumas. Crista: apéndice carnoso de cor encarnada, de forma e tamaño variables segundo a raza. Sempre son máis grandes nos machos. Orellas ou orelleiras: nalgunhas razas son brancas.. Barbas: encarnadas e de tamaño variado, máis grandes nos machos. Ollos: vivos, con tres pálpebras, unha case transparente que se move lateralmente e serve para limpar o ollo, e dúas grosas que serven para cubrilo. Peteiro cónico, curto, forte, coa punta afiada e dobrada cara abaixo.
  • 8. ovo APARATO REPRODUTOR MACHO FEMIA ovarios cloaca testículo vesícula seminal oviduto cloaca ril recto recto
  • 9. A galiña camiña apoiando os dedos. Ocasionalmente axúdase coas ás para dar saltos, equilibrarse cando corre ou para baixar de sitios altos. O récord de voo dunha galiña está en 90 metros. pata de galo esporón
  • 10. SENTIDOS Teñen ben desenvolvidos a vista e o oído. Cando queren fixar a atención en algo xiran a cabeza e enfocan cun so ollo.
  • 11. Emiten distintos tipos de sons para comunicarense. O máis coñecido é o “qui-qui-ri- quí”, a chamada do galo que serve, sobre todo, para marcar o territorio e atraer ás femias. As femias cacarexan cando poñen os ovos ou cando se asustan e para comunicarse entre elas. Os pitos “pían” con diferentes intensidades para chamar, para manterse en contacto ou cando están acochados ao calor da nai.
  • 12. COSTUMES Vive en grupos formados normalmente por varias femias e un só macho (galo).
  • 13. Dase baños de area para liberarse dos parásitos: fai pozas nas que se deita e, coa axuda das patas, mete a terra entre as prumas para limpalas. Cando fai frío ou están molladas déitanse ao sol postas de lado e estirando as ás. Cando teñen moita calor regulan a temperatura mantendo o peteiro aberto para refrescarse.
  • 14. ALIMENTACIÓN A galiña aliméntase de herba, grans, restos de comida, verdura, miñocas, penso,… O alimento máis común que se lles da nas casas galegas é o millo. Para os polos pequenos móese gordo para facer “picón”. Cando teñen ocasión buscan comida e desénterran co peteiro ou escarabellando coas patas (espurruñando) sementes, insectos, miñocas... cloaca moegapapo
  • 15. Nos galiñeiros industriais son alimentadas con pensos.
  • 16. REPRODUCIÓN As galiñas reprodúcense por ovos que poñen nun niño feito no chan ou nun lugar protexido, xeralmente durante a primavera e o verán. O número de ovos varía segundo a raza. A maioría das galiñas pon un ovo cada dous días, as poñedoras poñen unha media de 200 ao ano e algunhas poden poñer ata 300 ovos.
  • 17. Casca caliza, porosa, fina e resistente.. O OVO O ovo é unha célula xigante que pode variar entre 35 e 75 gr. Clara: líquido visgoso e incoloro. Xema: de cor amarela, máis densa. Reserva de alimento do embrión. Xerme: núcleo a partir do que se desenvolve o embrión. Membranas que protexen e illan do exterior. Cámara de aire: faise máis grande a medida que o ovo é máis vello.
  • 18. Xeralmente unha vez no ano, avanzada a primavera ou a comezos do verán a galiña choca, auméntalle a temperatura do corpo e déitase sobre os ovos para incubalos. Unha galiña incuba de cada vez a cantidade de ovos que caben debaixo dela (niñada), arredor dunha ducia, aínda que en ocasións pode pasar de 20.
  • 19. As crías das galiñas desenvólvense no interior do ovo durante 21 días.
  • 20. Os polos nacen cubertos de plumón fino e seguen á nai que os ensina e protexe. Os pitos acóllense dabaixo da nai para descansar, ao abrigo das súas ás.
  • 21. NOMES Femia: galiña, pita. Macho: galo. Pequenos: pitos. Grupo de pitos: rolada ou niñada. Novos (de mediana idade): polos e polas. Capóns: exemplares machos que se capan e se ceban.
  • 22. Existen numerosas variedades de galiñas con distintas aptitudes: produción de carne, ovos, ou ornamentais.
  • 23. GALIÑA DE MOS Raza autóctona galega orixinaria de Castro de Rei (Lugo), de cor castaña crara e crista en piña, boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba. RAZAS
  • 24. GALIÑA DE PESCOZO ESPIDO: orixinaria de Persia e da India, chamada en moitos lugares de Galicia galiña portuguesa LEGHORN A típica galiña branca. De orixe italiana. WARREN: É a que se utiliza na maioría das granxas de poñedoras. BROILER Na actualidade é a galiña de carne máis criada.
  • 25. GALO YOKOHAMA. É unha raza de adorno que se cría no Xapón pola lonxitude que acadan as prumas do rabo do macho, que pode chegar a medir máis de 5 metros. O récord está fixado en 15 metros.
  • 26. HISTORIA A domesticación da galiña comezou hai máis de 4.000 anos na India, onde aínda vive en estado silvestre o “Gallus bankiva” do que procede. Desde a India extendeuse a todo o mundo. Sta Baia de Bóveda Gallus bankiva
  • 27. Actualmente críanse de forma intensiva en grandes granxas En Galiza críanse máis de 55 millóns de polos ao ano. Ademais existen máis de catro millóns de galiñas poñedoras que producen case 98 millóns de ovos ao ano. Ademais segue habendo pequenos grupos en case todas as casas de campo.
  • 28. granxas de galiñas poñedoras INCUBADORA
  • 29. O ovos teñen un gran valor alimenticio. Teñen moitas proteínas, graxas, vitaminas (agás a C), calcio, ferro, e fósforo. AS GALIÑAS E AS PERSOAS As galiñas son criadas pola súa dobre utilidade como fontes de alimento para o aproveitamento dos ovos e a carne. Tamén se aproveita o esterco dos galiñeiros como fertilizante para o campo.
  • 30. Nas casas as galiñas viven xeralmente en currais. Os galiñeiros son pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros (poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces complétanse cun recinto valado.
  • 31. REFRÁNS: -Gran a gran, a galiña fai o papo. -O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro. -A galiña vella fai o mellor caldo. -Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña. -Por Santa Mariña deita a túa galiña. -Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. -Ovos fritos non dan pitos. -Polo San Antón a galiña pon. TRADICIÓN ORAL
  • 32. DITOS: -Cando mexen as galiñas. -Ser un galo -Ser un galiña -Deitarse coas (ou canda) galiñas. -Porse a carne de galiña.
  • 33. ADIVIÑAS: Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA) Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A GALIÑA E OS OVOS) Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de comer (A GALIÑA) . Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO) Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se pode pechar (O OVO). Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO). Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO)
  • 34. CANTARES: Miña nai e mais a túa quedan no río berrando (ou na eira…) por culpa dunha galiña que ten amores co galo. Unha vella no corral cun peido matou a un polo, e se non llos quitan de adiante mata galiñas e todo.
  • 35. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 2014