SlideShare a Scribd company logo
A vaca tivo a súa orixe nos herbívoros prehistóricos. A súa domesticación empezou
probablemente na India hai case dez mil anos.
A maior parte das razas bovinas europeas proceden do “uro”, un toro silvestre que
se extinguiu no 1627, aínda que as hai tamén de orixe indoeuropeo e norteafricano.
As primeiras vacas europeas eran animais grandes e fortes. Na Idade Media, tal
vez como consecuencia dunha alimentación deficiente, a talla reduciuse.
En Galicia a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do
agro; desde sempre foron utilizadas como animais de traballo para labrar as terras e
carretar cargas, pero agora xa non se utiliza para tirar dos carros, agora serve
principalmente para dar alimento como carne, leite, etc.
Tamén aproveitamos a súa pel (o coiro) para facer roupa, calzado e outros
obxectos, os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno, os
seus excrementos (o esterco) úsase para adubar as terras.
Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da
historia ou da cultura do noso país: carros, grades,arados… pero agora ao deixar de
usarse como forza de traballo están a desaparecer.
Grade
Arado
As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros.
As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e dende o ano
de idade ata que paren, xovencas.
Existen unhas 800 razas de vacún en todo o mundo, das que unha ducia son comúns en
Galicia.
DESCRICIÓN
Animal de bo tamaño, corpo de aspecto macizo e pesado cuberto de pelo curto de cor
variable segundo a raza. As máis comúns en Galicia son as rubias ou do país (marelas) de cor
castaña clara e as frisonas, de cor branca e negra.
Xeralmente o macho medra máis , é máis grande cos músculos e os cornos máis
desenvolvidos.
Os machos poden superar 1,50 m de altura e son 10 cm máis altos que as femias.
Poden chegar a pesar máis de 1000 Kg. As femias case nunca superan os 800 kg.
O ESQUELETO OS MÚSCULOS
MOVEMENTOS
As vacas andan apoiándose nos pezuños que cobren os dous dedos centrais de cada
pata.
SENTIDOS
O máis desenvolvido é o olfacto.
Ten bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os
sons.
A vista é deficiente. Non distingue as cores.
O gusto está pouco desenvolvido.
A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible
é o fociño.
COMUNICACIÓN
As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou
para pedir alimento.
O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de
Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muar ou esborrecar.
Cando está libre viven formando mandas.
ALIMENTACIÓN
É herbívora, come unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba
verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por
iso se di que é un animal rumiante.
As que viven en liberdade comen vexetais verdes, xeralmente herbas.
As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos.
Nalgunhas zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse
de herba seca ou ensilada.
As das pequenas explotacións teñen unha alimentación máis variada: pastan cando
saen, dáselles herba ou palla seca na corte e se traballan ou producen leite
refórzaselles a alimentación con fariñas, patacas, remolacha e pensos.
As variedades tradicionais galegas son:
Rubia galega: Ten a pel fina e clara, coas zonas espidas de cor rosada, o pelo curto de
cor rubia vermella. É de tamaño medio-grande. As rubias de ton escuro chámanse
Vermellas e as claras Marelas.
Cachena: Cor castaña clara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cun floquiño
na testa, e orellas e rabo con pelo abundante.Ten a cabeza pequena cos ollos oblicuos e cornos
de grandes proporcións.Ten as coxas e os cadrís pouco desenvolvidos,É a de raza mais
pequena.
Caldelá: De cor escura cunha liña máis clara ou algo vermella polo lombo e co fociño case
branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño
mediano, horizontais e con abundante pelo de cor clara.
Vianesa: cor castaña, case negra nos machos, co fociño claro. A cabeza é pequena cos
cornos en gancho curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e
peludas.
Frieiresa: tamaño medio a grande. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte
e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. De cor castaña
lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella rubia dourada
característica.
Limiá: Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño
ancho. Os cornos en gancho curto nos bois e máis grandes e longos nas vacas. Orellas
grandes e peludas.
HERÁLDICA
Pola súa mansedume e a súa fecundidade, a vaca simboliza o señorío sobre as terras vizosas e
ben traballadas. Non é difícil atopalos en algúns brasóns galegos . A miúdo aparecen varias
vacas nun mesmo brasón, ou ben só as súas cabezas. As becerras son empregadas tamén,
debuxadas sen cornos e con ubres pequenos.
Becerreá Boborás Baiona
BIBLIOGRAFÍA
•A VACA
Edicións A Nosa Terra
•https://gl.wikipedia.org/wiki/Vaca
•https://gl.wikipedia.org/wiki/Refraneiro_galego_da_vaca
Para producir 1 litro de leite, debe
consumir 2 litros de auga.
Múxese dúas veces ao día: pola mañá e
a noitiña.Algúns exemplares superan
os 8.000 litros de leite ao ano.
Unha vaca pode vivir
aproximadamente ata 25 anos.
Producen ao redor do 90% do leite no
mundo.
Case todas as vacas mastigan polo menos 50
veces por minuto.
De media, unha vaca fai máis de
40 mil movementos de mandíbula
ao día.
As vacas teñen case 360 graos de
visión panorámica.
O gando bovino é o maior expulsor de
gas metano á atmosfera.
Unha vaca de 450 kg de
peso pode producir 10
toneladas de abono cada
ano.
Os seus excrementos, a bosta, úsase
nalgúns países como combustíbel e como
material de construcción.
Dúas torres altas, dous miradores, un
espantamoscas e catro andadores.
Catro na cama, catro na lama, dous que lle
aguzan e un que lle abana.
Catro pernas, catro fontes, un dálle-dálle e
dous reviramontes.
Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle
abana.

More Related Content

What's hot

O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
MonContos
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touro
asun488
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
MonContos
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
MonContos
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
MonContos
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
MonContos
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galizamonadela
 
O gato
O gatoO gato
O gato
MonContos
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
Chelo Alvarez Veira
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
O reno
O renoO reno
O reno
MonContos
 

What's hot (16)

Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touro
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
OS CANS
OS CANSOS CANS
OS CANS
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
O reno
O renoO reno
O reno
 

Similar to A vaca

A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
MonContos
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
MonContos
 
O porco
O porcoO porco
O porco
MonContos
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
MonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
MonContos
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
10mariamar
 
O can
O canO can
O can
MonContos
 
O coello
O coelloO coello
O coello
MonContos
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
Carmela Garcia
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
candeadosalnes
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
aitanafabeiroalonso
 
Os Sami. Eduardo Gutiérrez
Os Sami. Eduardo GutiérrezOs Sami. Eduardo Gutiérrez
Os Sami. Eduardo GutiérrezEva Garea
 
A vaca 2
A vaca 2A vaca 2
A vaca 2
alevillafer
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 

Similar to A vaca (19)

A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
 
O can
O canO can
O can
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
Os Sami. Eduardo Gutiérrez
Os Sami. Eduardo GutiérrezOs Sami. Eduardo Gutiérrez
Os Sami. Eduardo Gutiérrez
 
A vaca 2
A vaca 2A vaca 2
A vaca 2
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 

More from Florenotero

Taller de escritura
Taller de escrituraTaller de escritura
Taller de escritura
Florenotero
 
Los indios crow
Los indios crowLos indios crow
Los indios crow
Florenotero
 
HUNGRÍA
HUNGRÍAHUNGRÍA
HUNGRÍA
Florenotero
 
Tinturas naturais
Tinturas naturaisTinturas naturais
Tinturas naturais
Florenotero
 
Mulleres pola paz
Mulleres pola pazMulleres pola paz
Mulleres pola paz
Florenotero
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Florenotero
 
Salón 2017
Salón 2017Salón 2017
Salón 2017
Florenotero
 
Contaminación marina bis
Contaminación marina bisContaminación marina bis
Contaminación marina bis
Florenotero
 
MUCHOS POEMAS PARA TI
MUCHOS POEMAS PARA TIMUCHOS POEMAS PARA TI
MUCHOS POEMAS PARA TI
Florenotero
 
Historias de vacas
Historias de vacasHistorias de vacas
Historias de vacas
Florenotero
 
2012 enerxía sostible
2012 enerxía sostible2012 enerxía sostible
2012 enerxía sostibleFlorenotero
 

More from Florenotero (11)

Taller de escritura
Taller de escrituraTaller de escritura
Taller de escritura
 
Los indios crow
Los indios crowLos indios crow
Los indios crow
 
HUNGRÍA
HUNGRÍAHUNGRÍA
HUNGRÍA
 
Tinturas naturais
Tinturas naturaisTinturas naturais
Tinturas naturais
 
Mulleres pola paz
Mulleres pola pazMulleres pola paz
Mulleres pola paz
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Salón 2017
Salón 2017Salón 2017
Salón 2017
 
Contaminación marina bis
Contaminación marina bisContaminación marina bis
Contaminación marina bis
 
MUCHOS POEMAS PARA TI
MUCHOS POEMAS PARA TIMUCHOS POEMAS PARA TI
MUCHOS POEMAS PARA TI
 
Historias de vacas
Historias de vacasHistorias de vacas
Historias de vacas
 
2012 enerxía sostible
2012 enerxía sostible2012 enerxía sostible
2012 enerxía sostible
 

A vaca

  • 1.
  • 2. A vaca tivo a súa orixe nos herbívoros prehistóricos. A súa domesticación empezou probablemente na India hai case dez mil anos. A maior parte das razas bovinas europeas proceden do “uro”, un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que as hai tamén de orixe indoeuropeo e norteafricano. As primeiras vacas europeas eran animais grandes e fortes. Na Idade Media, tal vez como consecuencia dunha alimentación deficiente, a talla reduciuse.
  • 3. En Galicia a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro; desde sempre foron utilizadas como animais de traballo para labrar as terras e carretar cargas, pero agora xa non se utiliza para tirar dos carros, agora serve principalmente para dar alimento como carne, leite, etc. Tamén aproveitamos a súa pel (o coiro) para facer roupa, calzado e outros obxectos, os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno, os seus excrementos (o esterco) úsase para adubar as terras.
  • 4. Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia ou da cultura do noso país: carros, grades,arados… pero agora ao deixar de usarse como forza de traballo están a desaparecer. Grade Arado As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e dende o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen unhas 800 razas de vacún en todo o mundo, das que unha ducia son comúns en Galicia.
  • 5. DESCRICIÓN Animal de bo tamaño, corpo de aspecto macizo e pesado cuberto de pelo curto de cor variable segundo a raza. As máis comúns en Galicia son as rubias ou do país (marelas) de cor castaña clara e as frisonas, de cor branca e negra. Xeralmente o macho medra máis , é máis grande cos músculos e os cornos máis desenvolvidos. Os machos poden superar 1,50 m de altura e son 10 cm máis altos que as femias. Poden chegar a pesar máis de 1000 Kg. As femias case nunca superan os 800 kg. O ESQUELETO OS MÚSCULOS
  • 6. MOVEMENTOS As vacas andan apoiándose nos pezuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata.
  • 7. SENTIDOS O máis desenvolvido é o olfacto. Ten bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons. A vista é deficiente. Non distingue as cores. O gusto está pouco desenvolvido. A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fociño.
  • 8. COMUNICACIÓN As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento. O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muar ou esborrecar. Cando está libre viven formando mandas.
  • 9. ALIMENTACIÓN É herbívora, come unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por iso se di que é un animal rumiante. As que viven en liberdade comen vexetais verdes, xeralmente herbas. As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos. Nalgunhas zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada. As das pequenas explotacións teñen unha alimentación máis variada: pastan cando saen, dáselles herba ou palla seca na corte e se traballan ou producen leite refórzaselles a alimentación con fariñas, patacas, remolacha e pensos.
  • 10. As variedades tradicionais galegas son: Rubia galega: Ten a pel fina e clara, coas zonas espidas de cor rosada, o pelo curto de cor rubia vermella. É de tamaño medio-grande. As rubias de ton escuro chámanse Vermellas e as claras Marelas.
  • 11. Cachena: Cor castaña clara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cun floquiño na testa, e orellas e rabo con pelo abundante.Ten a cabeza pequena cos ollos oblicuos e cornos de grandes proporcións.Ten as coxas e os cadrís pouco desenvolvidos,É a de raza mais pequena.
  • 12. Caldelá: De cor escura cunha liña máis clara ou algo vermella polo lombo e co fociño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor clara.
  • 13. Vianesa: cor castaña, case negra nos machos, co fociño claro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas.
  • 14. Frieiresa: tamaño medio a grande. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. De cor castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella rubia dourada característica.
  • 15. Limiá: Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois e máis grandes e longos nas vacas. Orellas grandes e peludas.
  • 16. HERÁLDICA Pola súa mansedume e a súa fecundidade, a vaca simboliza o señorío sobre as terras vizosas e ben traballadas. Non é difícil atopalos en algúns brasóns galegos . A miúdo aparecen varias vacas nun mesmo brasón, ou ben só as súas cabezas. As becerras son empregadas tamén, debuxadas sen cornos e con ubres pequenos. Becerreá Boborás Baiona BIBLIOGRAFÍA •A VACA Edicións A Nosa Terra •https://gl.wikipedia.org/wiki/Vaca •https://gl.wikipedia.org/wiki/Refraneiro_galego_da_vaca
  • 17. Para producir 1 litro de leite, debe consumir 2 litros de auga. Múxese dúas veces ao día: pola mañá e a noitiña.Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano. Unha vaca pode vivir aproximadamente ata 25 anos. Producen ao redor do 90% do leite no mundo.
  • 18. Case todas as vacas mastigan polo menos 50 veces por minuto. De media, unha vaca fai máis de 40 mil movementos de mandíbula ao día. As vacas teñen case 360 graos de visión panorámica.
  • 19. O gando bovino é o maior expulsor de gas metano á atmosfera. Unha vaca de 450 kg de peso pode producir 10 toneladas de abono cada ano. Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustíbel e como material de construcción.
  • 20. Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana. Catro pernas, catro fontes, un dálle-dálle e dous reviramontes. Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana.