Roque e as
pombas I
MonDaporta
Cousiñas feitas na casa
Desde hai unha tempada Roque non ten máis que queixas:
de noite ten que buscar vida
e de día non dorme… non o deixan.
Desde hai unhas semanas paran preto de onde el vive
un bando enteiro de pombas, e Roque xa non resiste:
fan ruído se se queren,
Fan ruído pelexando,
cando van e cando veñen… están sempre barullando.
Roque non pode durmir porque non hai quen o aguante,
ata está pensando en mudarse, en ir vivir a outra parte.
Pero antes de escoller a onde, e por ver de librarse delas,
vainas estudar un pouco… e correr mundo para velas.
As pombas, as rulas e outras aves de formas semellantes forman a familia das
colúmbidas (Columbidae) do orden Columbiformes. Son, en total, unhas 320 especies
que se distribúen por todo o mundo a non ser polas beiras do Océano Ártico e na
Antártida. O maior número de especies atópanse no surleste de Asia e Oceanía, entre a
India, Australia e as illas do Pacífico.
Vendo cousas aquí e alá atopou unha solución.
Fíxoas fuxir de contado cun remedo dun falcón.
Pero unha vez que empezara, e xa metido no allo,
sigueu a viaxar e a buscar ata rematar o traballo
-E de canto vin e busquei, de canto dei atopado,
de todo o que aproveitei… tendes diante o resultado.
pomba
paloma
uso
coloma
pomba
dove
pigeon
tauben
colomba
Pomba (Columba
livia) As pombas son
animais de corpo
robusto, pescozo
longo, cabeza
pequena, patas curtas,
e ás e rabo longos.
Miden entre 32 e 37
cm de longo e teñen
unha envergadura de
64 a 72 cm. Teñen un
bo sentido da
orientación e son
voadoras veloces que
percorren entre 70 e
90 km nunha hora.
Existen máis 350
variedades
Teñen ás
afiadas na
punta para
que ofrezan
menos
reistencia ao
aire e un
rabo longo e
ancho para
facilitarlle os
cambios de
direción.
As pombas aliméntanse de
sementes e froitos e de
calquera outro resto
comestible feito con cereais ou
sementes. Para beber meten o
peteiro na auga e solben e
tragan sen interrupción ata que
están satisfeitas.
As pombas teñen moi bo oído e unha vista excepcional, a posición
dos ollos permítelles ver todo arredor e o que pasa por enriba
delas, pero cando queren mirar algo con atención xiran a cabeza
para enfocalo cun ollo só.
Desplázanse a pé mentras buscan
que comer pero para ir dun sitio a
outro, aínda que non sea lonxe,
prefiren facelo voando.
O coidado das
plumas é unha
das principais
ocupacións das
pombas. Fanno
con moita
dedicación.
Péinanas e
ordenanas a
diario, e
habitualmente,
sobre todo en
épocas de calor,
báñanse.
As plumas sérvenlle ás
pombas para voar e para
abrigarse. Cando chove,
a graxa que as cobre
impide que a auga entre
e lle molle o corpo, e
cando baixa a
temperatura, ou cando
dormen, impiden que
entre o aire frío do
exterior, para eso
encollen o pescozo e
erguen un pouco as
plumas para deixar entre
elas e a pel un espazo no
que reteñen a calor do
corpo.
As pombas son animais gregarios. Viven formando bandos máis ou
menos grandes, o número depende dos sitios de que dispoñan
para aniñar, aínda que para alimentarse poden xuntarse en grupos
moi numerosos.
As pombas pelexan violentamente peteirándose e dándose fortes
golpes co canto das ás. Pelexan, sobre todo, polos lugares de
aniñada, pero tamén o poden facer, con menos violencia, pola
comida ou por un pousadeiro. Sempre pelexan animais do mesmo
sexo
Os machos realizan unha exhibición para atraer ás femias que
consiste en roleos, voltas e paseos co corpo erguido, o papo
inchado , o rabo baixo e aberto, mentras a femia indiferente segue ás
súas cousas. O macho persíguea, córtalle o paso e volve a exhibirse,
tanto no chan como voando,
e cando a femia o acepta, estando xuntos, aséanse mutuamente
a cabeza e o pescozo e entrelazan os peteiros.
O niño é unha estructura sinxela, pouco elaborada, situada nun
lugar protexido, un recuncho ou un furado, fóra do alcance dos
predadores. Nel a femia pon dous ovos cuns dias de separación.
O macho e a femia chocan os ovos, por quendas, normalmente o
macho pola mañán e a femia pola tarde e a noite, durante 18 días.
Pasado ese tempo nacen os pichóns, un nace un día antes que o
outro.
Os pichóns nacen cubertos por unha lanuxe pouco mesta de cor
amarela. Os pais acóchanos os primeiros días e aliméntanos con
“leite de pomba” co que duplican o seu peso cada día.
Aos 5 días abren os ollos e chían para reclamar a atención.
Aos 7 días sáenlle os cotos das plumas e antes dos vinte días xa
están emplumados, uns días máis tarde abandonan o nido.
Reclaman alimento chiando e axitando as ás.
Pichón
recén
nacido
Pichón de
Cinco días
Pichón de
dez días
Pichón de
vinte días
Os pais continúan
alimentandoos
uns días máis e
antes dos 2
meses xa son
independentes.
Se as condicións
son favorables
empezan unha
segunda cría
antes de que os
pichóns da
anterior
abandonen o
niño. Pichón que xa abandonou o niño solicitando alimento dun dos seus proxenitores.
As pombas
coidadas
viven ata
12 anos, as
da rúa
teñen unha
esperanza
de vida de
3 ou 4
anos.
As pombas
pódense criar en
gaiolas amplas,
nas que poidan
voar algo, en
gaiolas máis
pequenas, das
que se soltan de
vez en cando, ou
soltas. As que
viven soltas só
precisan de un
algo de comida e
un sitio tranquilo
e protexido no
que aniñar.
Espazo pechado para cría en grupo Espazos individuais para a cría controlada
de razas selectas
Pombal de xardín, para a
cría dun pequeno grupo
de pombas
Gran pombal de campo
As pombas críanse
como productoras de
carne, aínda que o
maior número de
criadores se adique ás
razas selectas,
deportivas ou de
exhibición, coas que
compiten e comercian.
A carne máis apreciada
e a dos pichóns, que se
sacrifican entre os 20 e
os 30 días, pola súa
ternura e suavidade.
Algunhas variedades de pombas domésticas. As pombas críanse e
selecciónanse en función da súa utilidade, da combinación das cores, do seu
aspecto xeral ou dos detalles da súa plumaxe.
Pomba mensaxeira. Críase pola súa
capacidade de orientación e pola
rapidez do seu voo. O seu aspecto
é case idéntico ao das pombas
silvestres.
Pombas ornamentais seleccionadas en
función de diferentes criterios.
A pomba existe como
animal doméstico desde
moi antigo. Aparece citada
e representada xa hai,
polo menos, 4500 aC.
Comíase no Antigo Exipto,
e xa se utilizaba como
mensaxeira nesa época.
Representacións de
pombas da época
romana
Ilustración
medieval na que
aparecen
representadas
pombas
mensaxeiras
pombas silvestres
de Galicia
Pomba brava (Columba livia). Mide entre 30 e 35 cm. Sedentaria, escasa. Cría
en cantís nuns poucos puntos da costa. É a pomba que deu orixe ás pombas
domésticas, coas que hibrida habitualmente.
Pomba zura (Columba
oenas). Mide de 28 a
33 cm. Sedentaria,
pouco común. Aniña
nas árbores.
Pombo ou torcaza (Columba palumbus). Mide de 38 a 45 cm. Sedentaria común
con visitantes invernais, é cada día máis habitual e abundante en xardíns urbáns.
Rula común ou rula do país (Streptopelia turtur). Mide uns 25 cm. Visitante de
verán cada vez máis escasa, aniña en árbores baixas e matogueiras a pouca altura.
Pode vivir en gaiolas grandes e criar nelas se ten tranquilidade.
Rula blanca ou rula turca (Streptopelia decaocto). Mide entre 28 e 33 cm.
Sedentaria, común. Procede de Asia, desde onde se extendeu por toda Europa.
A Galicia chegou a principios da década de 1970, asentándose primeiro no
litoral desde onde avanza cara ao interior. Cría case todo o ano e afaise ben nas
gaiolas nas que se reproduce sen problemas.
As pombas do mundo
pomba de caluga branca (Columba albinucha). Vive nas terras baixas e nos
bosques húmidos tropicais e subtropicais do Camerún, o Congo e Uganda. En
perigo por perda do hábitat.
pomba de colar branco (Columba albitorques). Mide uns 32 cm. É endémica das
terras altas de Eritrea e Etiopía onde se atopa en cantís, barrancos e zonas
pomba araucana ou pomba chilena (Columba ou Patagioenas araucana).
Mide de 30 a 40 cm. Vive no sur de Arxentina e de Chile pero no inverno
desplázase cara ao norte.
pomba prateada (Columba argentina). É endémica das illas do norte do
arquipélago de Mentawai (Indonesia)
pomba de ollos amarelos ou pomba oliva africana (Columba arquatrix). Mide
de 37 a 42 cm e pesa de 300 a 450 gr. Atópase en gran parte deo centro, leste e
sur de África.
pomba turqué (Columba bollii). É endémica das illas Canarias. Vive nos
bosques da laurisilva e atópase en perigo de extinción.
pomba de rabo anelado (Columba ou Patagioenas caribaea). É endémica
de Xamaica. Está amenazada por perda de hábitat.
pomba colorada ou pomba morada (Columba ou Patagioenas cayennensis).
Mide entre 30 e 32 cm e pesa de 230 a 250 gr. Atópase desde o sur de México
ao norte da Arxentina e nalgunhas illas do Caribe.
Pomba de ollos desnudos (Columba ou Patagioenas corensis). Atópase en matos
e bosques das Antillas, Colombia e Venezuela.
pomba de caluga de
bronce (Columba
delegorguei). Vive en
países do leste e do
sur de África.
paloma del Nilgiris (Columba elphinstonii) . Vive nos bosques húmidos do
suroeste da India.
Pomba de ollos amarelos (Columba eversmanni) . vive en Asia central. Cría
ao norte e inverna ao sur.
pomba de colar (Columba ou Patagioenas fasciata). Vive en bosques de
media altura desde o sur dos EE. UU. ata o norte de Arxentina.
pomba morada ou pomba de peteiro vermello (Columba ou Patagioenas
flavirostris). Vive nos bosques tropicais e subtropicais de América Central e o
sur dos EE. UU.. Coñécense 4 subespecies.
pomba escura (Columba ou
Patagioenas goodsoni). Vive nos
bosques e nas terras baixas de
Colombia, Ecuador e Panamá.
pomba de Guinea (Columba guinea). Está amplamente distribuida por África
subsahariana. Coñécense 2 subespecies.
pomba de madeira manchada (Columba hodgsonii). Mide ata 38 cm. Vive no
noroeste da India, Paquistán e os Himalaias.
torcaza boba, torcaza cincenta ou pomba boba (Columba ou Patagioenas
inornata). Mide arredor de 38 cm. Vive en Cuba, Xamaica, Porto Rico e outras
illas do Caribe.
pomba de caluga de bronce
occidental (Columba iriditorques).
Atópase por toda a zona occidental
de África.
pomba torcaza xaponesa (Columba janthina). Mide de 37 a 40 cm e pesa
arredor de 500 gr. Vive en China, o Xapón, Taiwan, o sur de Corea e áreas
próximas do sur de Rusia
pomba rabiche (Columba junoniae). Endémica da laurisilva das illas Canarias.
pomba de limón ou pomba canela (Columba larvata). Mide de 24 a 30 cm e
pesa de 80 a 150 gr. Atópase no leste de África.
pomba branca e negra (Columba leucomela). É nativa de Australia.
pomba da neve (Columba leuconota). Vive en colinas rochosas de Asia Central.
pomba brava (Columba livia). É a orixe das pombas domésticas. Coñécense 9
subespecies distribuídas polos cinco continentes.
Pomba de ás manchadas ou pomba moteada (Patagioenas maculosa). Mide
de 32 a 33 cm. Atópase en América do Sur, do sur do Ecuador a Arxentina.
Coñécense 2 subespecies.
Pomba de Malherbe ou pomba de Saô Tomé (Columba malherbii). É nativa das illas
do Golfo de Guiné e da costa próxima
pomba de peteiro curto (Columba ou Patagioenas nigrirostris). É orixinaria dos
bosques húnidos de América Central de México a Colombia.
pomba zura (Columba oenas). Mide uns 33 cm. Vive en Europa, Asia occidental
e o norte de África.
pomba peruana (Columba ou Patagioenas oenops. Mide uns 32 cm. Vive nos
bosques tropicais da cordilleira Real no Perú e o Ecuador.
pomba de Somalia ou pomba zura somalí (Columba oliviae). Vive nos cantís ao
longo da costa do norte de Somalia.
Columba pallidiceps. Vive nos bosques do Arquiipélago Bismarck e as illas
Salomón.
pomba torcaza de Andaman (Columba palumboides). É endémica da India.
pombo ou torcaza (Columba palumbus). Vive por toda Europa temperada o
norte de África e Oriente Medio. Coñécense 5 subespecies.
pomba picazuró (Columba ou Patagioenas picazuro). Mide uns 35 centímetros e
pesa 450 gramos. Atópase no centro de América do Sur ao leste dos Andes.
pomba de chumbo
(Columba ou
Patagioenas plumbea).
Vive nas selvas húmidas
de América do Sur e de
Panamá.
Pomba das illas Comores
(Columba polleni). Mide de 35 a
40 cm. Vive nos bosques das
Comores.
pomba torcaza borrallenta (Columba pulchricollis). Vive en bosques
temperados do surleste de Asia.
pomba torcaza castaña (Columba punicea). Mide de 36 a 40 cm. Vive nos
bosques do surleste de Asia.
pomba das rochas de Turkestán (Columba rupestris). Atópase por todo o
centro de Asia. Coñécense 2 subespecies.
Pomba de bosque (Columba ou Aplopelia simplex). É endémica das illas do
Golfo de Guiné.
pomba oliva do Camerún (Columba sjostedti). Vive nos paises costeiros do
norte do Golfo de Guiné e nas illas de Saô Tomé e Principe.
Pomba escamenta
ou pomba guacoa
(Columba ou
Patagioenas
speciosa). Mide de 30
a 36 cm e pode pesar
entre 290 e 330 gr.
Vive nos bosques e
cultivos arborados do
centro e do sur de
América.
pomba de caluga
escamenta ou pomba das
illas ( Columba ou
Patagioenas squamosa).
Vive nos bosques tropicais
das illas do Caribe
pomba viñosa (Columba ou Patagioenas subvinacea). Mide 28 cm epesa
alrededor de 170 gr. Vive desde o sur de Costa Rica ata o oeste do Ecuador
e o centro do Brasil.
Pomba de Saô Tomé (Columba thomensis). Mide de 37 a 40 cm. É endémica da illa
de Saô Tomé no Golfo de Guiné.
pomba torcaza de Sri Lanka (Columba torringtoniae). Mide uns 36 cm. É
endémica das montañas de Sri Lanka.
Pombo trocaz ou pomba de Madeira (Columba trocaz). Só se atopa na laurisilva
da illa de Madeira.
Pomba Afep ou pomba torcaza africana (Columba unicincta).
Atópase por todo o centro de África.
Pomba metálica ou pomba de
pescozo branco (Columba vitiensis).
Mide ata 37 cm. Vive nos bosques
tropicais das illas do surleste de Asia.
pomba coroada ou torcaza
de cabeza branca
(Patagioenas
leucocephala). Mide 29 cm
e pesa uns 150 gr. Habita
nas illas caribeñas
septentrionais e centrais.
pomba rabuda papú ou pomba cuco grande (Reinwardtoena reinwardti). É
nativa de Papúa Nova Guiné e de Indonesia. Fai o niño preto das fervenzas.
pomba rabuda de Nova Bretaña
(Reinwardtoena browni). Atópase
no arquipélago de Nova Bretaña e
outros próximos.
pomba rabuda crestada ou pomba cuco cristada (Reindwartoena crassirostris).
Mide arredor de 40 cm. É endémica das illas Salomón.
pomba cuco negra (Turacoena
modesta). Mide arredor de38
cm. Unha especie rara que só se
atopa na illa de Timor e outras
próximas.
pomba de cara branca ou pomba cuco de cara branca (Turacoena
manadensis). É endémica de Sulawesi e as Illas Sula en Indonesia.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
Como esto vai para longo, porque son máis de trescentas,
imos deixar as que faltan para unhas novas entregas

Roque e as pombas I

  • 1.
    Roque e as pombasI MonDaporta Cousiñas feitas na casa
  • 2.
    Desde hai unhatempada Roque non ten máis que queixas:
  • 3.
    de noite tenque buscar vida
  • 4.
    e de díanon dorme… non o deixan.
  • 5.
    Desde hai unhassemanas paran preto de onde el vive un bando enteiro de pombas, e Roque xa non resiste:
  • 6.
    fan ruído sese queren,
  • 7.
  • 8.
    cando van ecando veñen… están sempre barullando.
  • 9.
    Roque non podedurmir porque non hai quen o aguante, ata está pensando en mudarse, en ir vivir a outra parte.
  • 10.
    Pero antes deescoller a onde, e por ver de librarse delas, vainas estudar un pouco… e correr mundo para velas. As pombas, as rulas e outras aves de formas semellantes forman a familia das colúmbidas (Columbidae) do orden Columbiformes. Son, en total, unhas 320 especies que se distribúen por todo o mundo a non ser polas beiras do Océano Ártico e na Antártida. O maior número de especies atópanse no surleste de Asia e Oceanía, entre a India, Australia e as illas do Pacífico.
  • 11.
    Vendo cousas aquíe alá atopou unha solución. Fíxoas fuxir de contado cun remedo dun falcón.
  • 12.
    Pero unha vezque empezara, e xa metido no allo, sigueu a viaxar e a buscar ata rematar o traballo
  • 13.
    -E de cantovin e busquei, de canto dei atopado, de todo o que aproveitei… tendes diante o resultado.
  • 14.
  • 15.
    Pomba (Columba livia) Aspombas son animais de corpo robusto, pescozo longo, cabeza pequena, patas curtas, e ás e rabo longos. Miden entre 32 e 37 cm de longo e teñen unha envergadura de 64 a 72 cm. Teñen un bo sentido da orientación e son voadoras veloces que percorren entre 70 e 90 km nunha hora. Existen máis 350 variedades
  • 16.
    Teñen ás afiadas na puntapara que ofrezan menos reistencia ao aire e un rabo longo e ancho para facilitarlle os cambios de direción.
  • 17.
    As pombas aliméntansede sementes e froitos e de calquera outro resto comestible feito con cereais ou sementes. Para beber meten o peteiro na auga e solben e tragan sen interrupción ata que están satisfeitas.
  • 18.
    As pombas teñenmoi bo oído e unha vista excepcional, a posición dos ollos permítelles ver todo arredor e o que pasa por enriba delas, pero cando queren mirar algo con atención xiran a cabeza para enfocalo cun ollo só.
  • 19.
    Desplázanse a pémentras buscan que comer pero para ir dun sitio a outro, aínda que non sea lonxe, prefiren facelo voando.
  • 20.
    O coidado das plumasé unha das principais ocupacións das pombas. Fanno con moita dedicación. Péinanas e ordenanas a diario, e habitualmente, sobre todo en épocas de calor, báñanse.
  • 21.
    As plumas sérvenlleás pombas para voar e para abrigarse. Cando chove, a graxa que as cobre impide que a auga entre e lle molle o corpo, e cando baixa a temperatura, ou cando dormen, impiden que entre o aire frío do exterior, para eso encollen o pescozo e erguen un pouco as plumas para deixar entre elas e a pel un espazo no que reteñen a calor do corpo.
  • 22.
    As pombas sonanimais gregarios. Viven formando bandos máis ou menos grandes, o número depende dos sitios de que dispoñan para aniñar, aínda que para alimentarse poden xuntarse en grupos moi numerosos.
  • 23.
    As pombas pelexanviolentamente peteirándose e dándose fortes golpes co canto das ás. Pelexan, sobre todo, polos lugares de aniñada, pero tamén o poden facer, con menos violencia, pola comida ou por un pousadeiro. Sempre pelexan animais do mesmo sexo
  • 24.
    Os machos realizanunha exhibición para atraer ás femias que consiste en roleos, voltas e paseos co corpo erguido, o papo inchado , o rabo baixo e aberto, mentras a femia indiferente segue ás súas cousas. O macho persíguea, córtalle o paso e volve a exhibirse, tanto no chan como voando,
  • 25.
    e cando afemia o acepta, estando xuntos, aséanse mutuamente a cabeza e o pescozo e entrelazan os peteiros.
  • 26.
    O niño éunha estructura sinxela, pouco elaborada, situada nun lugar protexido, un recuncho ou un furado, fóra do alcance dos predadores. Nel a femia pon dous ovos cuns dias de separación.
  • 27.
    O macho ea femia chocan os ovos, por quendas, normalmente o macho pola mañán e a femia pola tarde e a noite, durante 18 días. Pasado ese tempo nacen os pichóns, un nace un día antes que o outro.
  • 28.
    Os pichóns nacencubertos por unha lanuxe pouco mesta de cor amarela. Os pais acóchanos os primeiros días e aliméntanos con “leite de pomba” co que duplican o seu peso cada día. Aos 5 días abren os ollos e chían para reclamar a atención. Aos 7 días sáenlle os cotos das plumas e antes dos vinte días xa están emplumados, uns días máis tarde abandonan o nido. Reclaman alimento chiando e axitando as ás. Pichón recén nacido Pichón de Cinco días Pichón de dez días Pichón de vinte días
  • 29.
    Os pais continúan alimentandoos unsdías máis e antes dos 2 meses xa son independentes. Se as condicións son favorables empezan unha segunda cría antes de que os pichóns da anterior abandonen o niño. Pichón que xa abandonou o niño solicitando alimento dun dos seus proxenitores.
  • 30.
    As pombas coidadas viven ata 12anos, as da rúa teñen unha esperanza de vida de 3 ou 4 anos.
  • 31.
    As pombas pódense criaren gaiolas amplas, nas que poidan voar algo, en gaiolas máis pequenas, das que se soltan de vez en cando, ou soltas. As que viven soltas só precisan de un algo de comida e un sitio tranquilo e protexido no que aniñar. Espazo pechado para cría en grupo Espazos individuais para a cría controlada de razas selectas Pombal de xardín, para a cría dun pequeno grupo de pombas Gran pombal de campo
  • 32.
    As pombas críanse comoproductoras de carne, aínda que o maior número de criadores se adique ás razas selectas, deportivas ou de exhibición, coas que compiten e comercian. A carne máis apreciada e a dos pichóns, que se sacrifican entre os 20 e os 30 días, pola súa ternura e suavidade.
  • 33.
    Algunhas variedades depombas domésticas. As pombas críanse e selecciónanse en función da súa utilidade, da combinación das cores, do seu aspecto xeral ou dos detalles da súa plumaxe. Pomba mensaxeira. Críase pola súa capacidade de orientación e pola rapidez do seu voo. O seu aspecto é case idéntico ao das pombas silvestres. Pombas ornamentais seleccionadas en función de diferentes criterios.
  • 34.
    A pomba existecomo animal doméstico desde moi antigo. Aparece citada e representada xa hai, polo menos, 4500 aC. Comíase no Antigo Exipto, e xa se utilizaba como mensaxeira nesa época. Representacións de pombas da época romana Ilustración medieval na que aparecen representadas pombas mensaxeiras
  • 35.
  • 36.
    Pomba brava (Columbalivia). Mide entre 30 e 35 cm. Sedentaria, escasa. Cría en cantís nuns poucos puntos da costa. É a pomba que deu orixe ás pombas domésticas, coas que hibrida habitualmente.
  • 37.
    Pomba zura (Columba oenas).Mide de 28 a 33 cm. Sedentaria, pouco común. Aniña nas árbores.
  • 38.
    Pombo ou torcaza(Columba palumbus). Mide de 38 a 45 cm. Sedentaria común con visitantes invernais, é cada día máis habitual e abundante en xardíns urbáns.
  • 39.
    Rula común ourula do país (Streptopelia turtur). Mide uns 25 cm. Visitante de verán cada vez máis escasa, aniña en árbores baixas e matogueiras a pouca altura. Pode vivir en gaiolas grandes e criar nelas se ten tranquilidade.
  • 40.
    Rula blanca ourula turca (Streptopelia decaocto). Mide entre 28 e 33 cm. Sedentaria, común. Procede de Asia, desde onde se extendeu por toda Europa. A Galicia chegou a principios da década de 1970, asentándose primeiro no litoral desde onde avanza cara ao interior. Cría case todo o ano e afaise ben nas gaiolas nas que se reproduce sen problemas.
  • 41.
  • 42.
    pomba de calugabranca (Columba albinucha). Vive nas terras baixas e nos bosques húmidos tropicais e subtropicais do Camerún, o Congo e Uganda. En perigo por perda do hábitat.
  • 43.
    pomba de colarbranco (Columba albitorques). Mide uns 32 cm. É endémica das terras altas de Eritrea e Etiopía onde se atopa en cantís, barrancos e zonas
  • 44.
    pomba araucana oupomba chilena (Columba ou Patagioenas araucana). Mide de 30 a 40 cm. Vive no sur de Arxentina e de Chile pero no inverno desplázase cara ao norte.
  • 45.
    pomba prateada (Columbaargentina). É endémica das illas do norte do arquipélago de Mentawai (Indonesia)
  • 46.
    pomba de ollosamarelos ou pomba oliva africana (Columba arquatrix). Mide de 37 a 42 cm e pesa de 300 a 450 gr. Atópase en gran parte deo centro, leste e sur de África.
  • 47.
    pomba turqué (Columbabollii). É endémica das illas Canarias. Vive nos bosques da laurisilva e atópase en perigo de extinción.
  • 48.
    pomba de raboanelado (Columba ou Patagioenas caribaea). É endémica de Xamaica. Está amenazada por perda de hábitat.
  • 49.
    pomba colorada oupomba morada (Columba ou Patagioenas cayennensis). Mide entre 30 e 32 cm e pesa de 230 a 250 gr. Atópase desde o sur de México ao norte da Arxentina e nalgunhas illas do Caribe.
  • 50.
    Pomba de ollosdesnudos (Columba ou Patagioenas corensis). Atópase en matos e bosques das Antillas, Colombia e Venezuela.
  • 51.
    pomba de calugade bronce (Columba delegorguei). Vive en países do leste e do sur de África.
  • 52.
    paloma del Nilgiris(Columba elphinstonii) . Vive nos bosques húmidos do suroeste da India.
  • 53.
    Pomba de ollosamarelos (Columba eversmanni) . vive en Asia central. Cría ao norte e inverna ao sur.
  • 54.
    pomba de colar(Columba ou Patagioenas fasciata). Vive en bosques de media altura desde o sur dos EE. UU. ata o norte de Arxentina.
  • 55.
    pomba morada oupomba de peteiro vermello (Columba ou Patagioenas flavirostris). Vive nos bosques tropicais e subtropicais de América Central e o sur dos EE. UU.. Coñécense 4 subespecies.
  • 56.
    pomba escura (Columbaou Patagioenas goodsoni). Vive nos bosques e nas terras baixas de Colombia, Ecuador e Panamá.
  • 57.
    pomba de Guinea(Columba guinea). Está amplamente distribuida por África subsahariana. Coñécense 2 subespecies.
  • 58.
    pomba de madeiramanchada (Columba hodgsonii). Mide ata 38 cm. Vive no noroeste da India, Paquistán e os Himalaias.
  • 59.
    torcaza boba, torcazacincenta ou pomba boba (Columba ou Patagioenas inornata). Mide arredor de 38 cm. Vive en Cuba, Xamaica, Porto Rico e outras illas do Caribe.
  • 60.
    pomba de calugade bronce occidental (Columba iriditorques). Atópase por toda a zona occidental de África.
  • 61.
    pomba torcaza xaponesa(Columba janthina). Mide de 37 a 40 cm e pesa arredor de 500 gr. Vive en China, o Xapón, Taiwan, o sur de Corea e áreas próximas do sur de Rusia
  • 62.
    pomba rabiche (Columbajunoniae). Endémica da laurisilva das illas Canarias.
  • 63.
    pomba de limónou pomba canela (Columba larvata). Mide de 24 a 30 cm e pesa de 80 a 150 gr. Atópase no leste de África.
  • 64.
    pomba branca enegra (Columba leucomela). É nativa de Australia.
  • 65.
    pomba da neve(Columba leuconota). Vive en colinas rochosas de Asia Central.
  • 66.
    pomba brava (Columbalivia). É a orixe das pombas domésticas. Coñécense 9 subespecies distribuídas polos cinco continentes.
  • 67.
    Pomba de ásmanchadas ou pomba moteada (Patagioenas maculosa). Mide de 32 a 33 cm. Atópase en América do Sur, do sur do Ecuador a Arxentina. Coñécense 2 subespecies.
  • 68.
    Pomba de Malherbeou pomba de Saô Tomé (Columba malherbii). É nativa das illas do Golfo de Guiné e da costa próxima
  • 69.
    pomba de peteirocurto (Columba ou Patagioenas nigrirostris). É orixinaria dos bosques húnidos de América Central de México a Colombia.
  • 70.
    pomba zura (Columbaoenas). Mide uns 33 cm. Vive en Europa, Asia occidental e o norte de África.
  • 71.
    pomba peruana (Columbaou Patagioenas oenops. Mide uns 32 cm. Vive nos bosques tropicais da cordilleira Real no Perú e o Ecuador.
  • 72.
    pomba de Somaliaou pomba zura somalí (Columba oliviae). Vive nos cantís ao longo da costa do norte de Somalia.
  • 73.
    Columba pallidiceps. Vivenos bosques do Arquiipélago Bismarck e as illas Salomón.
  • 74.
    pomba torcaza deAndaman (Columba palumboides). É endémica da India.
  • 75.
    pombo ou torcaza(Columba palumbus). Vive por toda Europa temperada o norte de África e Oriente Medio. Coñécense 5 subespecies.
  • 76.
    pomba picazuró (Columbaou Patagioenas picazuro). Mide uns 35 centímetros e pesa 450 gramos. Atópase no centro de América do Sur ao leste dos Andes.
  • 77.
    pomba de chumbo (Columbaou Patagioenas plumbea). Vive nas selvas húmidas de América do Sur e de Panamá.
  • 78.
    Pomba das illasComores (Columba polleni). Mide de 35 a 40 cm. Vive nos bosques das Comores.
  • 79.
    pomba torcaza borrallenta(Columba pulchricollis). Vive en bosques temperados do surleste de Asia.
  • 80.
    pomba torcaza castaña(Columba punicea). Mide de 36 a 40 cm. Vive nos bosques do surleste de Asia.
  • 81.
    pomba das rochasde Turkestán (Columba rupestris). Atópase por todo o centro de Asia. Coñécense 2 subespecies.
  • 82.
    Pomba de bosque(Columba ou Aplopelia simplex). É endémica das illas do Golfo de Guiné.
  • 83.
    pomba oliva doCamerún (Columba sjostedti). Vive nos paises costeiros do norte do Golfo de Guiné e nas illas de Saô Tomé e Principe.
  • 84.
    Pomba escamenta ou pombaguacoa (Columba ou Patagioenas speciosa). Mide de 30 a 36 cm e pode pesar entre 290 e 330 gr. Vive nos bosques e cultivos arborados do centro e do sur de América.
  • 85.
    pomba de caluga escamentaou pomba das illas ( Columba ou Patagioenas squamosa). Vive nos bosques tropicais das illas do Caribe
  • 86.
    pomba viñosa (Columbaou Patagioenas subvinacea). Mide 28 cm epesa alrededor de 170 gr. Vive desde o sur de Costa Rica ata o oeste do Ecuador e o centro do Brasil.
  • 87.
    Pomba de SaôTomé (Columba thomensis). Mide de 37 a 40 cm. É endémica da illa de Saô Tomé no Golfo de Guiné.
  • 88.
    pomba torcaza deSri Lanka (Columba torringtoniae). Mide uns 36 cm. É endémica das montañas de Sri Lanka.
  • 89.
    Pombo trocaz oupomba de Madeira (Columba trocaz). Só se atopa na laurisilva da illa de Madeira.
  • 90.
    Pomba Afep oupomba torcaza africana (Columba unicincta). Atópase por todo o centro de África.
  • 91.
    Pomba metálica oupomba de pescozo branco (Columba vitiensis). Mide ata 37 cm. Vive nos bosques tropicais das illas do surleste de Asia.
  • 92.
    pomba coroada outorcaza de cabeza branca (Patagioenas leucocephala). Mide 29 cm e pesa uns 150 gr. Habita nas illas caribeñas septentrionais e centrais.
  • 93.
    pomba rabuda papúou pomba cuco grande (Reinwardtoena reinwardti). É nativa de Papúa Nova Guiné e de Indonesia. Fai o niño preto das fervenzas.
  • 94.
    pomba rabuda deNova Bretaña (Reinwardtoena browni). Atópase no arquipélago de Nova Bretaña e outros próximos.
  • 95.
    pomba rabuda crestadaou pomba cuco cristada (Reindwartoena crassirostris). Mide arredor de 40 cm. É endémica das illas Salomón.
  • 96.
    pomba cuco negra(Turacoena modesta). Mide arredor de38 cm. Unha especie rara que só se atopa na illa de Timor e outras próximas.
  • 97.
    pomba de carabranca ou pomba cuco de cara branca (Turacoena manadensis). É endémica de Sulawesi e as Illas Sula en Indonesia.
  • 98.
    As imaxes fotográficasforon collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta Como esto vai para longo, porque son máis de trescentas, imos deixar as que faltan para unhas novas entregas