SlideShare a Scribd company logo
1 of 86
O LOBO
e os seus parentes
Uns días atrás escoitou Roque
que alguén a outro lle decía
que coidara o que facía…
que iba ir por sitios moi “solos”
nos que… ata podía haber lobos!
E como cada cousa que escoita,
oe, descubre, soña ou le,
lle serve como desculpa
para viaxar e aprender.
Como todo o de saber lle gusta,
meteuse a buscar outra vez.
Mirou primeiro nos libros,
(aínda lle tira o papel)
e logo buscou na rede,
…veu o resto na “internet”;
e coas cousas que atopou
fixo o que agora ides ver.
lobo
lobo
otso
llop
lobo
wolf
loup
wolf
lupo
Os lobos son cánidos grandes. Poden medir, do fuciño á punta do rabo, entre 1,3 e 2 metros
(o rabo adoita medir unha carta parte da lonxitude total do corpo), ter unha altura de entre
60 e 90 centímetros e pesar entre 32 e 70 quilos. As femias pesan normalmente menos que
os machos.
Lobo gris americano
Viven en grupos organizados formados por unha parella dominante e un número
variable de membros, machos e femias, case sempre irmáns ou fillos do lider.
Dentro do grupo comunícanse con sons, coas expresións da cara, e coa posición das
orellas e do rabo. Con outros grupos, e a distancia, comunícanse con oubeos.
Os lobos cazan herbívoros grandes e medianos, aínda que tamén capturan
coellos, aves e outros animais pequenos.
Precisan cazar presas grandes porque un lobo pode comer entre 3 e 3,5 quilos
de cada vez, e poden comer ata tres veces máis se están famentos.
Os lobos crían unha vez ao ano, se as condicións son favorables, e dentro de cada
manada só adoita criar a femia lider. Poden ter máis de 10 crías, pero o habitual e
que teñan entre 3 e 6.
As crías nacen pouco desenvolvidas e dependen totalmente da nai, que as trai ao
mundo nunha cova ou nun tobo excavado por ela ou aproveitado e adaptado.
Abren os ollos ás dúas semanas de nacer e empezan a desplazarse a partir da terceira
semana. Ao mes xa poden empezar a comer carne, aínda que seguen a mamar ata
pasados os dous meses.
Viven como cahorros ata os seis meses e completan o desenvolvemento aos dous anos.
En libertade viven de 6 a 8 anos,
pero en cautividade chegan aos
15.
Lobo vello
lobos e parentes
Lobo común, lobo europeo ou lobo euroasiático (Canis lupus lupus). Atópase por
gran parte de Europa e de Asia. Mide entre 105 e 160 cm de longo, de 80 a 85 cm
de alto e pesa entre 32 e 50 kg, cun máximo de 80 kg.
Lobo ibérico (Canis lupus signatus). Atópase polo noroeste da Península Ibérica. Os
machos chegan a medir entre 130 e 180 cm, con ata 70 cm de altura na cruz, e
pesan entre 30 e 40 kg. As femias son algo máis pequenas e non pasan dos 35 kg.
Lobo italiano ou lobo itálico (Canis lupus italicus). Só se atopa en Italia e en zonas
limítrofes de Francia e Suíza. Mide entre 110 e 148 cm de longo, de 50 a 70 cm de
altura e pode pesar entre 25 e 35 kg.
lobo da tundra (Canis lupus albus). Vive nas latitudes máis norteñas, desde Escandinavia
ata o Pacífico. Os machos acadan lonxitudes entre 118 e 137 cm e pesos entre 40 e 50 kg.
Lobo da estepa ou lobo do Mar Caspio (Canis lupus campestris). Ten un peso
medio de 35 quilogramos.
Lobo tibetano (Canis lupus chanco). Lobo de cores bastante claras que se
atopa por casi toda Asia central e na Península de Corea.
lobo árabe (Canis lupus arabs) (de Egipto, Jordania, la península arábiga e Israel).
Lobo indio (Canis lupus pallipes). Atópase na India, Pakistán, Irán,
Turquía, Israel e Arabia Saudí). Hai entre 2.000 e 3.000 lobos indios
lobo do Himalaya (Canis lupus himalayensis). Só quedan uns 350 que están moi
repartidos polos bosques de coníferas do Himalaia entre a India, China e
Mongolia.
lobo etíope, lobo abisinio, chacal do Semién ou caberú (Canis simensis). Só
quedan uns 550 individuos en varias áreas illadas das montañas de Etiopía.
Mide entre 90 e 100 cm de longo,de 25 a 34 de altura e pesa de 11 a 18 kg.
Coñécense 2 subespecies.
Can cantor de Nova Guiné (Canis lupus hallstromi). Endémico de Papúa Nova Guiné.
Os adultos miden entre 36 e 46 cm de alto, e pesan de 9 a 14 kg.
dingo (Canis lupus dingo). É orixinario de Australasia. Atópase en Austrlia, Nova Guiné
e ao norte de Laos. Os dingos adultos miden de 50 a 58 cm e acadan un peso promedio
de 23 a 32 kg.
Lobo ártico, lobo polar ou lobo blanco (Canis lupus arctos). Atópase nas illas do Ártico
canadiano e o norte de Groenlandia. Mide entre 1 e 2 m de longo, incluído o rabo, entre
60 e 75 cm de altura e acada un peso promedio de 45 kg.
lobo mexicano (Canis lupus baileyi) . Vive en México e no surleste dos EE. UU. A
poboación actual non chega aos 300 indivíduos. Mide ata 135 cm de lonxitude, incluído o
rabo, pode chegar aos 80 cm de altura e o peso oscila dos 30 aos 45 kg.
lobo de Vancouver (Canis lupus crassodon). Só se atopa na illa de Vancouver ao
oeste de Canadá).
lobo del Mackenzie (Canis lupus occidentalis). Atópase en Alaska e no noroeste de
Canadá. É un lobo grande, duns 80 a 85 cm de altura e un peso entre 45 e 65 kg.
Lobo do norte das Montañas Rocosas (Canis lupus irremotus).
Atópase no norte das Montañas Rocosas e nos estados próximos.
Pode pesar entre 32 e 61 kg.
lobo de Baffin (Canis lupus manningi). Só se atopa na illa canadiana de Baffin e noutras
próximas a ela, é o lobo ártico máis pequeno.
lobo do Yukón ou lobo negro de Alaska (Canis lupus pambasileus). Atópase
en Alaska. Pode acadar entre 45 e 54 kg de peso.
Lobo vermello (Canis
rufus). Só se atopa nalguns
puntos do leste dos Estados
Unidos e de México. Poden
pesar entre 25 e 35 kg.
lobo vermello canadiano (Canis rufus lycaon ou Canis lycaon). Habita no
surleste de Canadá. Características semellantes ao lobo vermello.
e dos lobos pasou aos cans
can
perro
txakur
gos
câo
dog
chien
haushund
cane
Can (Canis lupus familiaris). Subespecie doméstica
do lobo da que existen unhas 800 razas de forma,
tamaño, aspecto e temperamento moi diversos.
Os cans teñen
medidas que oscilan
entre os 15 cm de
altura e 1 kg de peso
dos máis pequenos, e
os case 3 m de
lonxitude, máis de 1 m
de altura e máis de 70
kg de peso dos
grandes cans pastores.
O can máis grande do
mundo e un dos máis
pequenos
As diferentes razas creáronse desenvolvendo e seleccionando distintas aptitudes
en función dos desexos e das necesidades das persoas.
Cans de caza: cans de tamaño medio, con bo instinto, áxiles e cos
sentidos ben desenvolvidos.
Cans de traballo: cans grandes, fortes, resistentes e ben
adaptados as condicións do medio.
Cans pastores: cans de tamaño medio e grande, ben dotados fisicamente,
intelixentes, dóciles e valentes.
Cans de compañía: cans medianos ou pequenos, de aspectos e caracteres moi
diversos, axeitados aos gustos, ou as necesidades, dos seus propietarios.
e deles aos seus curmáns.
Coiote (Canis latrans). Atópase en
América desde Canadá a Costa Rica.
Coñécense 19 subespecies. Semella un
lobo pequeno, pero distínguese polas
orellas e o fuciño máis longos e o rabo
peludo. Mide menos de 60 de altura e
pesa entre 10 e 25 kg, 15 kg de
promedio.
chacal común, chacal dourado ou chacal moro (Canis aureus). Atópase polo surleste de
Europa, o norte de África e o sur de Asia. Mide entre 75 e 100 centímetros, ten una
altura que oscila entre os 38 e os 50 centímetros e pode pesar entre 8 e 15 quilos.
coñécense 13 subespecies.
Chacal de lombo negro (Canis mesomelas). Atçópase no centro-leste e no sur de
África en dúas poboacións separadas con características diferenciadas (2
subespecies). Mide entre 80 cm e 1 m de longo e pesa entre 10 e 15 kg.
Chacal raiado (Canis adustus). Atópase por todas as pradeiras de África
ao sur do Sahara. Coñécense 6 subespecies.
Licaón, can salvaxe africano, lobo
pintado, can hiena ou can cazador do
Cabo (Lycaon pictus). Atópase ,en
grupos, por toda a sabana africana.
Mide ata 75 centímetros de altura e
pode pesar máis de 30 kilos. Coñécense
5 subespecies
Cuón, dole, can vermello, can salvaxe asiático ou can salvaxe indio (Cuon alpinus)
. Atópase en Asia sur occidental. Miden uns 90 cm de longo, con un rabo de máis
de 40 cm, teñen entre 45 e 55 cm de altura e un peso que pode chegar aos 18 kg.
Coñécense 3 subespecies.
Lobo de crin, aguará guazú ou
boroche (Chrysocyon
brachyurus). Atópase en
bosques e pradeiras do centro
de América do sur. Mide ata125
cm de longo, máis outros 45 de
rabo, acada os 107 cm de altura
e pode chegar aos 34 kg de peso.
Can do vinagre, raposo vinagre, can venadeiro, can de auga, can do monte ou can
selvático (Speothos venaticus). Vive nos bosques de América do sur, desde Pnamá ata
o Paraguay. Mide de 60 a 75 cm de longo, ten unha altura entre 25 e 30 cm e pode
pesar entre 5 e 7 kg. coñécense 3 subespecies.
E tamén xuntou no mandado
aos demáis parentes e achegados.
raposo
zorro
azeri
guineu
raposo
fox
renard
füchse
volpe
Raposo (Vulpes vulpes). Ten un ampla distribución por toda Europa, case toda Asia, gran
parte de Norteamérica, o norte de África e a metda sur de Australia, onde foi
introducido. Mide entre 60 e 80 cm, máis de 33 a 48 cm de rabo, e pode pesar de 4 a 8
kg. Os raposos que viven máis ao norte son máis grandes e máis pesados. Coñécense 27
subespecies.
Raposo indio ou raposo de Bengala (Vulpes bengalensis). Atópase pola India e os países
limítrofes. Mide entre 50 e 60 cm, máis uns 30 cm de rabo, e pesa entre 2 e 4 kg.
Raposo afgano, raposo estepario ou raposo de Blanford (Vulpes cana).Habita en
estepas e montañas de Asia suroccidental. Mide arredor de 30 cm de altura; 42
cm de longo, máis 30 cm de rabo, e pesa de 1,5 a 3 kg
Raposo mongol (Vulpes corsac). Vive
nas zonas semidesérticas de Asia, desde
Mongolia ata Afganistán. Mide entre 50
e 60 cm, máis un rabo de entre 22 e 35
cm. Ten os dentes máis pequenos que
os demais raposos.
Raposo tibetano ou raposo areeiro (Vulpes ferrilata). Vive na meseta do Tibet.
Mide de 60 a 70 cm, máis un rabo de 29 a 40 cm, e pesan entre 4 e 5,5 kg.
Raposo de Rüppell ou raposo da area (Vulpes rueppellii). Vive no norte de África e
en Asia occidental. Mide entre 40 e 52 cm e pesa, normalmente, menos de 2 kg.
Fénec, feneco ou raposo do
deserto (Fennecus zerda). Vive nos
desertos do Sahara e da Península
Arábiga. Ten un corpo de 25 a 40 cm
de lonxitude, máis un rabo de 20 a
30 cm, e pesa de 1 a 1,5 kg
Raposo pálido (Vulpes pallida). Vive no Sahel, en África. É pequeno e pesa
entre 1,5 e 3,5 kg.
Raposo do Cabo (Vulpes chama). Atópase no sur de África. Mide entre 45 e 60 cm de
longo, máis entre 30 e 40 cm de rabo, entre 28 e 33 cm de alto e pesa entre 3,5 e 5 kg.
Raposo orelludo ou otoción
(Otocyon megalotis). Vive
no leste e no sur de África
en dous núcleos de
población diferentes. Miden
entre 47 e 66 de longo, de
23 a 34 cm de alto e pesan
entre 3 e 5 kg.
Raposo polar, raposo do ártico, ou raposo branco (Alopex lagopus). Vive na tundra.
Ten un corpo de 35 a 55 cm de longo e pesa de de 2 a 5 kg.
Raposo veloz ou raposo cometa ( Vulpes velox). Atópase no centro dos EE. UU..
Mide uns 80 cm de longo, co rabo incluído, arredor de 30 cm de alto e pesa entre
2 e 3 kilos.
Raposo kit (Vulpes macrotis). Vive nas pradeiras secas do oeste dos EE. UU. e de
México. Mide de 40 e 52 cm, máis entre 26 e 32 cm de rabo, e pesa ente 1,5 e 2,8 kg.
Hai 3 subespecies.
Culpeo, raposo colorado, tío juan (Lycalopex culpaeus). Atópase ao longo da cordal dos
Andes. Os do sur, das zonas frías, son máis grandes e máis pesados, ata 15 kg, que os
das zonas cálidas, só entre 5 e 7 kg. Coñecense 6 subespecies.
Raposo chilote ou raposo de Darwin (Lycalopex fulvipes). Só se atopa no sur de Chile.
Ten 25 cm de altura e pesa entre 2,5 e 4 kg.
Raposo patagónico, raposo gris ou chilla (Lycalopex griseus). Vive no sur de
Suramérica. Mide de 40 a 60 cm, máis outros 30 de rabo, e pesa entre 2,5 e 4,5 kg.
Raposo das pampas, raposo pampeano, raposo gris das pampas (Lycalopex
gymnocercus). Vive nas chairas esteparias de Suramérica. Pesa de 4 a 5,5 kg.
Raposo de Sechura, raposo do deserto peruano ou lobo da costa (Pseudalopex
sechurae). Vive na costa do Perú. É o máis pequeño dos raposos sudamericanos.
Raposo Hoary ou raposo de dentes pequenos (Lycalopex vetulus). É endémico do Brasil.
Mide entre 58 e 64 cm de longo, máis un rabo duns 30 cm, e pesa entre 3 e 7 kg.
Raposo de orellas pequenas ou de orella curta (Atelocynus microtis). Vive na selva
tropical de Sudamérica. Mide de 70 a 100 de longo, máis 30 cm de rabo, e 35 cm de alto.
Pode pesar ata 9 kg.
Raposo cangrexeiro (Cerdocyon thous) . Atópase no norte e no centro de
sudamérica. Mide uns 70 cm, con un rabo de 35 cm, e pesa de 5 a 9 kg.
Raposo gris ou raposo gris arborícola (Urocyon cinereoargenteus). Atópase
desde o sur do Canadá a Venezuela. Coñecense 16 subespecies.
Raposo gris das illas (Urocyon littoralis). Só se atopa nas illas de Santa Bárbara,
próximas á cidade de Los Ángeles, no Océano Pacífico. Está en perigo de extinción.
Ten un corpo de 50 cm, máis un rabo de 11 a 29 cm. e uns 15 cm de altura. Pesa
entre 1,3 e 2,8 kg. hai 6 subespecies, unha en cada illa.
Can mapache ou tanuki (Nyctereutes procyonoides). Orixinario do leste da China e
do Xapón, foi introducido, pola súa pel, en distintos puntos da antiga Rusia desde
onde se está a estender por Europa. Coñécense 5 subespecies.
hienas
As hienas aínda que pertencen a unha familia diferente teñen
formas e comportamentos semellantes aos dos cánidos
e a outros, que sen ser familia,
tamén se asemellan na pinta.
Hiena manchada (Crocuta crocuta). Vive nas pradeiras africanas. Mide de 95 a 165 cm e
pesan desde os 50 aos 70 kg. as femias son máis grandes e máis pesadas que os machos.
Hiena raiada (Hyaena hyaena). Atópase na metade norte de África e no suroeste de
Asia. Mide 1 m de longo e pesa preto dos 40 kg.
hiena parda (Hyaena brunnea). Vive no sur de África. Mide de 70 a 86 centímetros
de altura e ten un peso entre 35 e 50 quilogramos.
Lobo de terra ou proteles (Proteles cristata). Atópase no leste e no sur de
África. Ten dúas poboacións diferenciadas. Mide perto de 70 cm e pesa arredor
de 9 kg. Aliméntase de termitas.
E despois de descubrir
que o do lobo non era para tanto,
rematou o traballo
e tomou un descanso.
fin
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)MonContos
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africanaMonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.ppsMonContos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Guepardo Mauro Alonso Fernández
Guepardo Mauro Alonso FernándezGuepardo Mauro Alonso Fernández
Guepardo Mauro Alonso FernándezMauroalonso10
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltabanMonContos
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaceipbarro
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Can mastín español
Can mastín españolCan mastín español
Can mastín españoliesasorey
 

What's hot (20)

O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
Roque na sabana africana
Roque na sabana africanaRoque na sabana africana
Roque na sabana africana
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Guepardo Mauro Alonso Fernández
Guepardo Mauro Alonso FernándezGuepardo Mauro Alonso Fernández
Guepardo Mauro Alonso Fernández
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 
Canguros
CangurosCanguros
Canguros
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Can mastín español
Can mastín españolCan mastín español
Can mastín español
 

Similar to O lobo

Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]egsumay
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na ArxentinaMonContos
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. MonContos
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)MonContos
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIMonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 

Similar to O lobo (19)

Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
O can
O canO can
O can
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
A galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes IIA galiña e os seus parentes II
A galiña e os seus parentes II
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

O lobo

  • 1. O LOBO e os seus parentes
  • 2. Uns días atrás escoitou Roque que alguén a outro lle decía que coidara o que facía… que iba ir por sitios moi “solos” nos que… ata podía haber lobos!
  • 3. E como cada cousa que escoita, oe, descubre, soña ou le, lle serve como desculpa para viaxar e aprender. Como todo o de saber lle gusta, meteuse a buscar outra vez. Mirou primeiro nos libros, (aínda lle tira o papel)
  • 4. e logo buscou na rede, …veu o resto na “internet”; e coas cousas que atopou fixo o que agora ides ver.
  • 6. Os lobos son cánidos grandes. Poden medir, do fuciño á punta do rabo, entre 1,3 e 2 metros (o rabo adoita medir unha carta parte da lonxitude total do corpo), ter unha altura de entre 60 e 90 centímetros e pesar entre 32 e 70 quilos. As femias pesan normalmente menos que os machos. Lobo gris americano
  • 7. Viven en grupos organizados formados por unha parella dominante e un número variable de membros, machos e femias, case sempre irmáns ou fillos do lider.
  • 8. Dentro do grupo comunícanse con sons, coas expresións da cara, e coa posición das orellas e do rabo. Con outros grupos, e a distancia, comunícanse con oubeos.
  • 9. Os lobos cazan herbívoros grandes e medianos, aínda que tamén capturan coellos, aves e outros animais pequenos. Precisan cazar presas grandes porque un lobo pode comer entre 3 e 3,5 quilos de cada vez, e poden comer ata tres veces máis se están famentos.
  • 10. Os lobos crían unha vez ao ano, se as condicións son favorables, e dentro de cada manada só adoita criar a femia lider. Poden ter máis de 10 crías, pero o habitual e que teñan entre 3 e 6.
  • 11. As crías nacen pouco desenvolvidas e dependen totalmente da nai, que as trai ao mundo nunha cova ou nun tobo excavado por ela ou aproveitado e adaptado.
  • 12. Abren os ollos ás dúas semanas de nacer e empezan a desplazarse a partir da terceira semana. Ao mes xa poden empezar a comer carne, aínda que seguen a mamar ata pasados os dous meses.
  • 13. Viven como cahorros ata os seis meses e completan o desenvolvemento aos dous anos.
  • 14. En libertade viven de 6 a 8 anos, pero en cautividade chegan aos 15. Lobo vello
  • 16. Lobo común, lobo europeo ou lobo euroasiático (Canis lupus lupus). Atópase por gran parte de Europa e de Asia. Mide entre 105 e 160 cm de longo, de 80 a 85 cm de alto e pesa entre 32 e 50 kg, cun máximo de 80 kg.
  • 17. Lobo ibérico (Canis lupus signatus). Atópase polo noroeste da Península Ibérica. Os machos chegan a medir entre 130 e 180 cm, con ata 70 cm de altura na cruz, e pesan entre 30 e 40 kg. As femias son algo máis pequenas e non pasan dos 35 kg.
  • 18. Lobo italiano ou lobo itálico (Canis lupus italicus). Só se atopa en Italia e en zonas limítrofes de Francia e Suíza. Mide entre 110 e 148 cm de longo, de 50 a 70 cm de altura e pode pesar entre 25 e 35 kg.
  • 19. lobo da tundra (Canis lupus albus). Vive nas latitudes máis norteñas, desde Escandinavia ata o Pacífico. Os machos acadan lonxitudes entre 118 e 137 cm e pesos entre 40 e 50 kg.
  • 20. Lobo da estepa ou lobo do Mar Caspio (Canis lupus campestris). Ten un peso medio de 35 quilogramos.
  • 21. Lobo tibetano (Canis lupus chanco). Lobo de cores bastante claras que se atopa por casi toda Asia central e na Península de Corea.
  • 22. lobo árabe (Canis lupus arabs) (de Egipto, Jordania, la península arábiga e Israel).
  • 23. Lobo indio (Canis lupus pallipes). Atópase na India, Pakistán, Irán, Turquía, Israel e Arabia Saudí). Hai entre 2.000 e 3.000 lobos indios
  • 24. lobo do Himalaya (Canis lupus himalayensis). Só quedan uns 350 que están moi repartidos polos bosques de coníferas do Himalaia entre a India, China e Mongolia.
  • 25. lobo etíope, lobo abisinio, chacal do Semién ou caberú (Canis simensis). Só quedan uns 550 individuos en varias áreas illadas das montañas de Etiopía. Mide entre 90 e 100 cm de longo,de 25 a 34 de altura e pesa de 11 a 18 kg. Coñécense 2 subespecies.
  • 26. Can cantor de Nova Guiné (Canis lupus hallstromi). Endémico de Papúa Nova Guiné. Os adultos miden entre 36 e 46 cm de alto, e pesan de 9 a 14 kg.
  • 27. dingo (Canis lupus dingo). É orixinario de Australasia. Atópase en Austrlia, Nova Guiné e ao norte de Laos. Os dingos adultos miden de 50 a 58 cm e acadan un peso promedio de 23 a 32 kg.
  • 28. Lobo ártico, lobo polar ou lobo blanco (Canis lupus arctos). Atópase nas illas do Ártico canadiano e o norte de Groenlandia. Mide entre 1 e 2 m de longo, incluído o rabo, entre 60 e 75 cm de altura e acada un peso promedio de 45 kg.
  • 29. lobo mexicano (Canis lupus baileyi) . Vive en México e no surleste dos EE. UU. A poboación actual non chega aos 300 indivíduos. Mide ata 135 cm de lonxitude, incluído o rabo, pode chegar aos 80 cm de altura e o peso oscila dos 30 aos 45 kg.
  • 30. lobo de Vancouver (Canis lupus crassodon). Só se atopa na illa de Vancouver ao oeste de Canadá).
  • 31. lobo del Mackenzie (Canis lupus occidentalis). Atópase en Alaska e no noroeste de Canadá. É un lobo grande, duns 80 a 85 cm de altura e un peso entre 45 e 65 kg.
  • 32. Lobo do norte das Montañas Rocosas (Canis lupus irremotus). Atópase no norte das Montañas Rocosas e nos estados próximos. Pode pesar entre 32 e 61 kg.
  • 33. lobo de Baffin (Canis lupus manningi). Só se atopa na illa canadiana de Baffin e noutras próximas a ela, é o lobo ártico máis pequeno.
  • 34. lobo do Yukón ou lobo negro de Alaska (Canis lupus pambasileus). Atópase en Alaska. Pode acadar entre 45 e 54 kg de peso.
  • 35. Lobo vermello (Canis rufus). Só se atopa nalguns puntos do leste dos Estados Unidos e de México. Poden pesar entre 25 e 35 kg.
  • 36. lobo vermello canadiano (Canis rufus lycaon ou Canis lycaon). Habita no surleste de Canadá. Características semellantes ao lobo vermello.
  • 37. e dos lobos pasou aos cans
  • 38. can perro txakur gos câo dog chien haushund cane Can (Canis lupus familiaris). Subespecie doméstica do lobo da que existen unhas 800 razas de forma, tamaño, aspecto e temperamento moi diversos.
  • 39. Os cans teñen medidas que oscilan entre os 15 cm de altura e 1 kg de peso dos máis pequenos, e os case 3 m de lonxitude, máis de 1 m de altura e máis de 70 kg de peso dos grandes cans pastores. O can máis grande do mundo e un dos máis pequenos
  • 40. As diferentes razas creáronse desenvolvendo e seleccionando distintas aptitudes en función dos desexos e das necesidades das persoas.
  • 41. Cans de caza: cans de tamaño medio, con bo instinto, áxiles e cos sentidos ben desenvolvidos.
  • 42. Cans de traballo: cans grandes, fortes, resistentes e ben adaptados as condicións do medio.
  • 43. Cans pastores: cans de tamaño medio e grande, ben dotados fisicamente, intelixentes, dóciles e valentes.
  • 44. Cans de compañía: cans medianos ou pequenos, de aspectos e caracteres moi diversos, axeitados aos gustos, ou as necesidades, dos seus propietarios.
  • 45. e deles aos seus curmáns.
  • 46. Coiote (Canis latrans). Atópase en América desde Canadá a Costa Rica. Coñécense 19 subespecies. Semella un lobo pequeno, pero distínguese polas orellas e o fuciño máis longos e o rabo peludo. Mide menos de 60 de altura e pesa entre 10 e 25 kg, 15 kg de promedio.
  • 47. chacal común, chacal dourado ou chacal moro (Canis aureus). Atópase polo surleste de Europa, o norte de África e o sur de Asia. Mide entre 75 e 100 centímetros, ten una altura que oscila entre os 38 e os 50 centímetros e pode pesar entre 8 e 15 quilos. coñécense 13 subespecies.
  • 48. Chacal de lombo negro (Canis mesomelas). Atçópase no centro-leste e no sur de África en dúas poboacións separadas con características diferenciadas (2 subespecies). Mide entre 80 cm e 1 m de longo e pesa entre 10 e 15 kg.
  • 49. Chacal raiado (Canis adustus). Atópase por todas as pradeiras de África ao sur do Sahara. Coñécense 6 subespecies.
  • 50. Licaón, can salvaxe africano, lobo pintado, can hiena ou can cazador do Cabo (Lycaon pictus). Atópase ,en grupos, por toda a sabana africana. Mide ata 75 centímetros de altura e pode pesar máis de 30 kilos. Coñécense 5 subespecies
  • 51. Cuón, dole, can vermello, can salvaxe asiático ou can salvaxe indio (Cuon alpinus) . Atópase en Asia sur occidental. Miden uns 90 cm de longo, con un rabo de máis de 40 cm, teñen entre 45 e 55 cm de altura e un peso que pode chegar aos 18 kg. Coñécense 3 subespecies.
  • 52. Lobo de crin, aguará guazú ou boroche (Chrysocyon brachyurus). Atópase en bosques e pradeiras do centro de América do sur. Mide ata125 cm de longo, máis outros 45 de rabo, acada os 107 cm de altura e pode chegar aos 34 kg de peso.
  • 53. Can do vinagre, raposo vinagre, can venadeiro, can de auga, can do monte ou can selvático (Speothos venaticus). Vive nos bosques de América do sur, desde Pnamá ata o Paraguay. Mide de 60 a 75 cm de longo, ten unha altura entre 25 e 30 cm e pode pesar entre 5 e 7 kg. coñécense 3 subespecies.
  • 54. E tamén xuntou no mandado aos demáis parentes e achegados.
  • 56. Raposo (Vulpes vulpes). Ten un ampla distribución por toda Europa, case toda Asia, gran parte de Norteamérica, o norte de África e a metda sur de Australia, onde foi introducido. Mide entre 60 e 80 cm, máis de 33 a 48 cm de rabo, e pode pesar de 4 a 8 kg. Os raposos que viven máis ao norte son máis grandes e máis pesados. Coñécense 27 subespecies.
  • 57. Raposo indio ou raposo de Bengala (Vulpes bengalensis). Atópase pola India e os países limítrofes. Mide entre 50 e 60 cm, máis uns 30 cm de rabo, e pesa entre 2 e 4 kg.
  • 58. Raposo afgano, raposo estepario ou raposo de Blanford (Vulpes cana).Habita en estepas e montañas de Asia suroccidental. Mide arredor de 30 cm de altura; 42 cm de longo, máis 30 cm de rabo, e pesa de 1,5 a 3 kg
  • 59. Raposo mongol (Vulpes corsac). Vive nas zonas semidesérticas de Asia, desde Mongolia ata Afganistán. Mide entre 50 e 60 cm, máis un rabo de entre 22 e 35 cm. Ten os dentes máis pequenos que os demais raposos.
  • 60. Raposo tibetano ou raposo areeiro (Vulpes ferrilata). Vive na meseta do Tibet. Mide de 60 a 70 cm, máis un rabo de 29 a 40 cm, e pesan entre 4 e 5,5 kg.
  • 61. Raposo de Rüppell ou raposo da area (Vulpes rueppellii). Vive no norte de África e en Asia occidental. Mide entre 40 e 52 cm e pesa, normalmente, menos de 2 kg.
  • 62. Fénec, feneco ou raposo do deserto (Fennecus zerda). Vive nos desertos do Sahara e da Península Arábiga. Ten un corpo de 25 a 40 cm de lonxitude, máis un rabo de 20 a 30 cm, e pesa de 1 a 1,5 kg
  • 63. Raposo pálido (Vulpes pallida). Vive no Sahel, en África. É pequeno e pesa entre 1,5 e 3,5 kg.
  • 64. Raposo do Cabo (Vulpes chama). Atópase no sur de África. Mide entre 45 e 60 cm de longo, máis entre 30 e 40 cm de rabo, entre 28 e 33 cm de alto e pesa entre 3,5 e 5 kg.
  • 65. Raposo orelludo ou otoción (Otocyon megalotis). Vive no leste e no sur de África en dous núcleos de población diferentes. Miden entre 47 e 66 de longo, de 23 a 34 cm de alto e pesan entre 3 e 5 kg.
  • 66. Raposo polar, raposo do ártico, ou raposo branco (Alopex lagopus). Vive na tundra. Ten un corpo de 35 a 55 cm de longo e pesa de de 2 a 5 kg.
  • 67. Raposo veloz ou raposo cometa ( Vulpes velox). Atópase no centro dos EE. UU.. Mide uns 80 cm de longo, co rabo incluído, arredor de 30 cm de alto e pesa entre 2 e 3 kilos.
  • 68. Raposo kit (Vulpes macrotis). Vive nas pradeiras secas do oeste dos EE. UU. e de México. Mide de 40 e 52 cm, máis entre 26 e 32 cm de rabo, e pesa ente 1,5 e 2,8 kg. Hai 3 subespecies.
  • 69. Culpeo, raposo colorado, tío juan (Lycalopex culpaeus). Atópase ao longo da cordal dos Andes. Os do sur, das zonas frías, son máis grandes e máis pesados, ata 15 kg, que os das zonas cálidas, só entre 5 e 7 kg. Coñecense 6 subespecies.
  • 70. Raposo chilote ou raposo de Darwin (Lycalopex fulvipes). Só se atopa no sur de Chile. Ten 25 cm de altura e pesa entre 2,5 e 4 kg.
  • 71. Raposo patagónico, raposo gris ou chilla (Lycalopex griseus). Vive no sur de Suramérica. Mide de 40 a 60 cm, máis outros 30 de rabo, e pesa entre 2,5 e 4,5 kg.
  • 72. Raposo das pampas, raposo pampeano, raposo gris das pampas (Lycalopex gymnocercus). Vive nas chairas esteparias de Suramérica. Pesa de 4 a 5,5 kg.
  • 73. Raposo de Sechura, raposo do deserto peruano ou lobo da costa (Pseudalopex sechurae). Vive na costa do Perú. É o máis pequeño dos raposos sudamericanos.
  • 74. Raposo Hoary ou raposo de dentes pequenos (Lycalopex vetulus). É endémico do Brasil. Mide entre 58 e 64 cm de longo, máis un rabo duns 30 cm, e pesa entre 3 e 7 kg.
  • 75. Raposo de orellas pequenas ou de orella curta (Atelocynus microtis). Vive na selva tropical de Sudamérica. Mide de 70 a 100 de longo, máis 30 cm de rabo, e 35 cm de alto. Pode pesar ata 9 kg.
  • 76. Raposo cangrexeiro (Cerdocyon thous) . Atópase no norte e no centro de sudamérica. Mide uns 70 cm, con un rabo de 35 cm, e pesa de 5 a 9 kg.
  • 77. Raposo gris ou raposo gris arborícola (Urocyon cinereoargenteus). Atópase desde o sur do Canadá a Venezuela. Coñecense 16 subespecies.
  • 78. Raposo gris das illas (Urocyon littoralis). Só se atopa nas illas de Santa Bárbara, próximas á cidade de Los Ángeles, no Océano Pacífico. Está en perigo de extinción. Ten un corpo de 50 cm, máis un rabo de 11 a 29 cm. e uns 15 cm de altura. Pesa entre 1,3 e 2,8 kg. hai 6 subespecies, unha en cada illa.
  • 79. Can mapache ou tanuki (Nyctereutes procyonoides). Orixinario do leste da China e do Xapón, foi introducido, pola súa pel, en distintos puntos da antiga Rusia desde onde se está a estender por Europa. Coñécense 5 subespecies.
  • 80. hienas As hienas aínda que pertencen a unha familia diferente teñen formas e comportamentos semellantes aos dos cánidos e a outros, que sen ser familia, tamén se asemellan na pinta.
  • 81. Hiena manchada (Crocuta crocuta). Vive nas pradeiras africanas. Mide de 95 a 165 cm e pesan desde os 50 aos 70 kg. as femias son máis grandes e máis pesadas que os machos.
  • 82. Hiena raiada (Hyaena hyaena). Atópase na metade norte de África e no suroeste de Asia. Mide 1 m de longo e pesa preto dos 40 kg.
  • 83. hiena parda (Hyaena brunnea). Vive no sur de África. Mide de 70 a 86 centímetros de altura e ten un peso entre 35 e 50 quilogramos.
  • 84. Lobo de terra ou proteles (Proteles cristata). Atópase no leste e no sur de África. Ten dúas poboacións diferenciadas. Mide perto de 70 cm e pesa arredor de 9 kg. Aliméntase de termitas.
  • 85. E despois de descubrir que o do lobo non era para tanto, rematou o traballo e tomou un descanso.
  • 86. fin As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta