É un animal
coñecidodesde
os primeiros
tempos da
humanidade e
aparece
representado
en moitas
pinturas e
gravados
prehistóricos
(1/3 do total
dos animais
representados
nas pinturas
prehistóricas
son cabalos).
Foi
domesticado
hai uns 6.000
anos na
Ucraína.
Pintura de hai uns 25.000 anos na que aparecen cabalos. Cova de Pech Merle (Francia)
3.
Os primeiros
cabalos usábanse
comoanimais de
carga e de tiro o
uso como montura
foi posterior.
Carro tirado por cabalos dun releve asirio de hai case 3.000 anos
Releve exipcio no
que aparece un cablo
con xinete
Escena de
equitación nun
petroglifo
galego.
4.
Durante
case 3.000
anos, ata
finaisdo
século XIX, o
cabalo foi a
forza máis
empregada
para viaxar
e para o
transporte.
Dilixencia para o transporte de viaxeiros de comezos do século XX.
5.
O CABALO
(Equus caballus).É
un animal grande,
esbelto, ben
proporcionado,
cuberto de pelo
curto, fino e brillante
de cor variable. Mide
entre 140 e 180 cm
de altura ata a cruz e
pode pesar entre
400 e 1.000 kg. Case
todos os que están
por debaixo das
medidas mínimas
considéranse ponis.
Hai 87 razas de
cabalos que se
clasifican según o
seu tamaño e polas
súas aptitudes.
6.
Cabalos de
montura lixeiros:
teñenunha altura
entre 142 e 163
cm e entre 380 e
550 quilogramos
de peso.
Cabalos de
montura grandes:
teñen unha altura
que vai dos 157
ata os 173 cm, e
un peso entre 500
e 600 kg.
NOMES DAS DISTINTASPARTES DO CORPO DO CABALO
CABEZATRONCO
Lombo
Crinas
Pescozo
Peito
Rabo
Cara
Ollares
Cóbado
Man
Coroa
Casco
Pé
Grupa
Costado
Anca
Ombreiro
Cruz
Espello
Xeonllo
9.
Aliméntase de vexetais.Come diariamente entre 7 e 11 kg de alimento e, en condicións
normais, bebe de 38 a 45 litros de auga.
10.
O cabalo cortaa
herba cos dentes,
que lle medran
durante toda a
vida, e logo
tritúraa coas moas
11.
Ten os sentidosben
desenvolvidos: ve,
oe e olfatea moi
ben, e ten a pel moi
sensible.
12.
Camiña
apoiándose na
punta dodedo
medio de cada
pata que está
protexido por
unha unlla, o
casco, que nos
cabalos de
paseo,
competición e
traballo se
protexe con
ferraduras.
13.
Comunícanse entre elescon vocalizacións e rinchos de varios tonos, e coa linguaxe corporal
(movementos e posturas das orellas e do corpo).
14.
Os cabalos sonanimais de manada que é dirixida por un animal dominante e organizada
xerarquicamente. Son animais sociais que establecen vínculos de unión con individuos
da súa propia especie.
15.
A xerarquía dentrodo grupo establécese por imposición, e os machos pelexan entre eles
para convertérense en xefes da grea.
16.
O cabalo fuxe
diantedos perigos
pero, se non pode
facelo, pode
defenderse dando
couces e dentadas.
17.
O cabalo éun animal limpo, e
asea a súa pel lambéndoa,
rascándoa contra árbores e
obxectos, e emborcándose
na terra seca.
18.
As égoas teñenunha cría cada ano. Os poldros nacen despois dun embarazo de 11
meses.
Aos cabalos detraballo, de competicón e de paseo póñenselle ferraduras para protexer os
cascos e evitar que se lastimen cando se desplazan por terreos irregulares. O ferrador é o
profesional encargado desa tarefa.
25.
O cabalo éun aimal con
moitos aproveitamentos.
Críase como animal de
carga, de tiro, de paseo, de
competición e para producir
carne. Do cabalo
aprovéitase tamén a pel,
como coiro, e as crinas para
facer cepillos e pinceis.
Para que ocabalo poida render axeitadamente nos distintos labores precisa dun
adestramento, a doma,
32.
e os arreosnecesarios.
Cabezada
Freo
Sela
Estribo
Rendas
Coleira
Sela e lombeiro
Cabezada
Tiro
Rendas ou
ramais
Retranca
Cincha
Arreos para montura
Barrigueira
Arreos para tiro
Cabalo galegoCabalo dePura Raza
Galega. Raza equina
autóctona de Galicia, de
pequeno tamaño. Teñen
una alzada de entre 120 e
140 cm e capa castaña ou
negra, coa cabeza, de
frente plana, con perfil
recto, ollos expresivos e
beizos grosos; o peito
profundo e o abdome
redondeado; as patas
finas, cortas e fortes; e os
cabos, crinas e rabo, moi
poboados de pelos longos
e fortes.
Son animais de
temperamento dócil e son
empregados nos labores
do agro e para a produción
de carne.
37.
En Galicia, arelación do
home co cabalo data de
tempos prehistóricos e
aparece representada
nos petroglifos.
Monte Tetón. Tebra (Tomiño)
Laxe dos cabalos.
Campo Lameiro
Outeiro do Cribo.
Armenteira (Meis)
38.
Na actualidade séguensea criar cabalos en libertade nas principais serras do centro e da
costa e arredor desta actividade manténse unha tradición convertida en festa de interese
etnográfico e turístico: A rapa das bestas. Na que unha vez ao ano, no verán, os cabalos
bravos báixanse do monte e xúntanse no curro; alí sepáranse os poldros para seren
marcados e córtanselle os cabos, crinas e pelos do rabo, aos adultos.
Imaxe do curro
de Sabucedo
(A Estrada) nun
día da Rapa das
Bestas
39.
Esceas da Rapadas Bestas
Separando un poldro
Rapando un rabo de besta
Inmobilizando un cabalo
Cabalo Shire.
Inglaterra. A
razaShire está
recoñecida
como a máis
grande do
mundo. Os
cabalos desta
raza deben
medir entre
1,80 e 2 m de
altura na cruz,
e pesan ata
1.000 kg.
Ademais de
polo seu gran
tamaño
distínguese
polo pelo que
lle cobre os
cascos
42.
Cabalo Falabella.
Argentina. Ocabalo
máis pequeno do
mundo. Mide entre
38 e 76 cm de
altura e pesa entre
18 e 36 kg.
Considérase un
cabalo pola súa
estructura e as súas
características máis
parecidas as dos
cabalos que as dos
ponis. Obtívose de
cruces entre
cabalos e ponis.
43.
A égoa daimaxe, afectada de enanismo, está
recoñecida como o cabalo máis pequeño do
mundo. Mide 43 cm de altura e pesa 28 kg
44.
Dos cruces entrediferentes especies de équidos obtéñense animais híbridos nos que
aparecen mesturadas as características dos seus proxenitores.
Diferentes
resultados do
cruzamento de
cabalos e cebras
O exemplo
máis
tradicional eo
dos mulos e as
mulas que
nacen do
cruzamento de
burros e
égoas. Foron
animais moi
populares
porque
combinaban a
fortaleza dos
cabalos coa
sobriedade e a
resistencia dos
burros, o que
lles permitia
traballar moito
tempo e en
condicións
precarias.
47.
E de despedidaunha proba de boa vista.
Cantos cabalos hai na imaxe?