SlideShare a Scribd company logo
1 of 33
porco 
(Sus scrofa domestica ) 
cerdo 
pig 
porc, cochon 
porco
O porco é un mamífero artiodáctilo de corpo pesado e groso 
protexido por unha pel dura cuberta de pelos raros e duros. 
Debaixo da pel ten unha capa de graxa, touciño ou unto que lle 
serve de illante. 
Os porcos poden ter distinta cor na pel e pelo de distinto 
tamaño e máis ou menos abundante. Os machos poden acadar 
case 1 metro de altura e pasar dos 300 quilos. As femias 
raramente pasan dos 80 cm de altura e case nunca acadan os 
30 quilos. 
Os porcos poden vivir ata 20 anos, aínda que xeralmente 
sacrifícanse aos 10-18 meses.
CABEZA: de forma 
troncocónica 
Fuciño coa beira dura; 
diante ten os orificos 
nasais e debaixo a boca. 
Lombo 
Rabo 
curto e 
enroscado 
PATAS: curtas rematadas en catro dedos 
protexidos por pezuñas das que só apoian 
os do medio que son máis longos. 
Ollos 
pequenos 
Pescozo 
curto e ancho 
TRONCO: cilíndrico e groso comprimido lateralmente. 
As femias teñen no ventre entre 10 e 16 tetas ou rollas. 
Orellas de 
forma 
triangular
vértebras 
cránio 
maxilar 
omóplato 
(paleta) 
radio 
carpo 
húmero cúbito 
metacarpo 
falanxes 
pelve 
esternón costelas 
fémur 
tibia 
peroné 
tarso 
falanxes 
ESQUELETO 
sacro 
metatarso
ÓRGANOS INTERNOS
vexiga 
pene 
útero 
APARATO REPRODUTOR 
MACHO FEMIA 
ovario 
vaxina 
músculo 
retractor 
testículo tetos 
MACHO FEMIA
RELACIÓN: 
Os porcos teñen o oído moi desenvolvido e o olfato moi fino. A vista é deficiente. 
Para desprazarse apoia as puntas dos dedos (pesuños). Móvese rapidamente e 
pode correr a gran velocidade.
Os porcos viven en grupos e a 
xerarquía dentro deles establécese con 
pelexas (embestidas coa cabeza e 
dentadas). 
Nas granxas sepáranse por idades e os 
machos adultos mantéñense separados 
para que non pelexen. 
Os animais dista familia en estado 
silvestre viven en pequenos grupos 
mixtos formados por machos novos, 
femias e crías. Os machos adultos 
viven sós. 
En caso de perigo prefire fuxir, pero 
pode embestir e dar fortes golpes coa 
súa cabeza e morder.
Os porcos embórcanse na lama para protexerse das 
picaduras dos insectos e da calor do sol. 
Teñen o costume de fozar na terra para buscar alimento. 
Nas casas para que non focen póñenselle “espichos”, 
engánchanse no nariz un arame coas puntas cara adentro para 
que ao fozar lles moleste.
ALIMENTACIÓN: 
É omnívoro: come de todo: restos 
das comidas, patacas, remolacha, 
verdura, millo, fariña milla fervida... 
Cando está libre come raíces e 
tubérculos, (que desenterra 
fozando), froitos, landras, 
castañas, e pequenos animais. 
Nas granxas aliméntanse con 
pensos compostos. 
Cráneo de porco coa dentadura completa típica 
dos animais que comen de todo (omnívoros).
REPRODUCIÓN 
O porco reprodúcese unha 
vez ao ano. 
A idade da madurez sexual 
é arredor do ano de vida. 
As crias nacen despois de 
114 días de xestación. 
Cada femia pode parir 
unha leitaxe de entre 8 a 
12 bacoriños de 
aproximadamente ¼ de 
quilo de peso bastante 
desenvolvidos. 
Ao pouco de nacer buscan 
cada un a súa teta que non 
cambian ata que deixen de 
mamar, aproximadamente 
a partir do mes e medio.
O récord mundial de cría teno dende o ano 1961 unha 
porca dunha granxa dinamarquesa que pareu 24 bacoriños.
OS PORCOS E AS PERSOAS 
O porco críase pola súa utilidade como 
fonte de carne e graxa. 
NOMES: 
Macho: porco, cocho 
Femia: porca, cocha 
Mediano: porco do cordel (4-6 meses) 
Pequeno: bacoriño, bacuriño, leitón, rancho, 
porquiño... 
Os bacoriños véndense destetados, a media 
cría (porcos do cordel) ou antes da ceba
COIDADOS QUE PRECISA: 
Limpieza das cortes. 
Os machos cápanse para que engorden 
máis agás os destinados á monta. 
Revisións sanitarias que garanten o seu 
bo estado de saúde. Para o seu control 
levan unha chapa na orella. 
Xeralmente tense ao porco por un 
animal suxo e descoidado. Isto case 
sempre é consecuencia de telos 
encerrados en espazos reducidos e 
faltos de hixiene. 
Son animais sans, pero poden sufrir 
enfermidades, e transmitir a través da 
carne algunhas graves ás persoas 
como a triquinose.
UTILIDADE 
É un animal do que todo se aproveita: 
A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, 
salgada, embutida, conxelada,... 
Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos. 
En casos excepcionais o porco pódese usar como animal de traballo. Os 
exípcios soltábanos nos campos enlamados para que pisaran e enterraran 
as sementes e así naceran mellor. 
Nas zonas onde se recollen as trufas (uns fungos moi apreciados que viven 
enterrados) adéstranse porcos para que as localicen co seu fino olfato. 
Os excrementos do porco úsanse como abono. 
Algúns persoas téñenos como mascotas.
O LACÓN GALEGO está amparado por unha 
Indicación Xeográfica Protexida. 
Os lacóns son as extremidades dianteiras 
do porco cun peso entre os 3 e os 5,5 kg e 
un proceso de elaboración dun mínimo de 
30 días (salgado, lavado, asentamento e 
curado) de porcos de raza Celta, Large 
Wite, Landrace, Duroc e os seus cruces. 
A carne debe ser encarnada, coa graxa 
parcialmente infiltrada na masa muscular, 
o aroma suave e agradable. 
Chourizos, botelos e androllas son 
formas de conservar a carne do porco 
adubada e curada. O chourizo faise en 
toda Galiza. O botelo e a androlla fanse 
nas zonas da montaña. O botelo faise co 
pedro (a parte máis gorda do inestino) 
cun recheo de costela e peles. A androlla 
é semellante ao botelo, pero leva 
ademáis carne. 
O chourizo faise con carne picada 
adubada con pemento, loureiro, allo, 
viño e herbas. Nalgúns sitios fanse os 
chourizos ceboleiros.
A matanza do porco tiña, e segue a ter cando se fai de xeito tradicional, un 
aspecto festivo familiar. Normalmente colaboraban nela os viciños. 
Os produtos da matanza tradicional destinábanse na súa meirande parte a 
seren conservados como provisión de carne para todo o ano.
Na actualidade nos 
matadoiros industriais 
unha boa parte da 
carne destínase ao 
consumo en fresco.
Cando se despezan as distintas partes reciben 
outros nomes segundo as súas cualidades ou o 
lugar onde están situados. 
lombo ou raxo 
magro 
rabo 
pesuñas 
espiñazo 
cacheira touciño 
pescozo 
magro 
costelar
HISTORIA 
O porco actual procede do xabarín 
(porco bravo) e dos cruces que se 
fixeron entre os diferentes tipos de 
porcos europeos e asiáticos. 
A domesticación comezou 
probablemente no surleste de Asia. 
Os restos máis antigos atopáronse no 
norte do Irán e son de hai case 7.000 
anos. En Europa atopáronse no sur de 
Suecia e Dinamarca restos de hai máis 
de 5.000 anos. 
Espallouse por todo o mundo na 
época dos grandes 
descubrimentos porque era a base 
da alimentación da tripulación dos 
barcos (moitas veces levábanos 
vivos e alimentábanos coas 
sobras). 
Nos países islámicos non existe a 
cría de porcos xa que a súa 
relixión prohíbe o consumo da súa 
carne.
En Galiza o porco é un animal común que 
podemos atopar en todas as casas labregas 
e dende hai uns anos en granxas. 
Prodúcense arredor de un millón de porcos 
ao ano.
RAZAS 
No mundo existen moitísimas razas locais de porcos e ata hai pouco tempo 
tamén as había en Galiza. Na actualidade están case desaparecidas como 
consecuencia dos cruces con outras para obter un mellor rendemento 
(maior tamaño e peso e mellores tipos de carne).
O porco celta 
Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galiza. Despois de 
estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a 
recuperar a partir de 1999, coa creación da Asociación de Criadores de 
Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) para conservar o patrimonio 
xenético da raza e promover a súa cría e difusión. 
Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como 
raza autóctona española de protección especial o en perigo de 
extinción polo Real Decreto 1682/1997. 
O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero 
Striatosus.
Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e 
moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose 
de recursos naturais estacionais como landras, castañas e agromos 
vexetais dos bosques autóctonos galegos. 
O porco celta ten a cabeza 
grande, coas orellas grandes 
e caídas e o fuciño longo, 
lombo curvo e patas longas. 
Hai tres variedades dentro da 
raza: no norte de Galiza, pola 
zona de Bergantiños 
predomina o ecotipo 
Carballino que se 
caracterizan por manchas 
negras brillantes ou rubias. 
No sur aparece o ecotipo 
Santiagués, con dúas 
variedades, a Branca e a 
Barcina, con manchas 
negras contra o seu tercio 
posterior.
Large white: de orixe inglesa. Tiveron grande 
influencia na mellora das razas europeas. 
Son porcos de cor branca, gran tamaño, moi 
fértiles e de desenvolvemento rápido. 
Acadan os 90 quilos aos 3 meses. As femias 
adultas poden pasar dos 300 quilos e os 
machos dos 400. 
Pietrain: de orixe belga, é moi apreciado pola 
abundancia da carne e a súa pouca graxa. 
Nalgúns sitios chámanlle porco de catro 
xamóns porque tamén ten moita carne nas 
patas de diante.
Castaños: de cores que varían entre 
o rubio dourado e o castaño 
avermellado. Proceden do cruce 
entre ibéricos negros e blancos 
europeos e teñen unhas 
características intermedias entre os 
dous: medra menos que os brancos 
europeos, pero máis que os ibércos, 
colle menos graxa e conserva o 
sabor e a finura da carne. 
PORCO IBÉRICO: 
De cor escura e lombo arqueado, 
cabeza afíada coas orellas dobladas 
cara adiante e patas longas. Vive ben 
ao aire libre pero medra amodo. 
Ten unha carne de boa calidad e 
excelente sabor.
PORCOS ASIÁTICOS 
De Siam ou de ventre caído. De orixe 
indochina, son case sempre negros ou de 
cor escura, de patas curtas e de pequeno 
tamaño. Nunca botan máis alá dos 80 quilos. 
Nestas razas é característico o lombo 
afundido e o ventre amplo.
ANIMAIS SEMELLANTES 
Ao grupo dos porcos pertencen animais que teñen o nariz aberto diante do fuciño 
e os dentes cairos cara arriba, o corpo moi musculoso e as patas curtas. 
XABARÍN ou PORCO BRAVO (Sus scrofa) 
É o antepasado directo dos porcos 
europeos. 
Mide algo máis de 1 metro de longo e pode 
superar os 100 quilos, É un animal máis 
ben nocturno. Pasa o día descansando 
nalgún lugar tranquilo no máis fondo do 
bosque e á noitiña sae a buscar alimento, 
chegando en ocasións a entrar nas zonas 
cultivadas. Actualmente moi extendido. 
Vive en pequenos grupos formados por un 
macho, unha ou dúas femias e as crías do 
ano. Unha vez ao ano ten entre 4 e 8 crías 
que nacen cubertas de pelo a raias que lle 
serve de camuflaxe e que lle desaparecen 
aos 10-11 meses. 
É un animal obxecto de caza.
FACOQUEIRO (Phacochoerus aethiopicus): 
É o xabarín máis común da sabana africana. 
O corpo mide 1 metro de longo e pode 
acadar os 100 quilos de peso. A súa 
característica máis destacada é a cabeza, 
moi grande é aplastada, cos cairos moi 
longos (poden superar o medio metro) e 
unhas formacións a xeito de espullas nos 
lados da cara. 
BABIRUSA (Babiroussa babiroussa): 
Vese raramente porque vive no máis 
espeso das selvas. Pode medir 1 metro de 
longo e pesar ata 90 quilos. O máis 
curioso diste animal son os dentes cairos 
que, ao sairen cara arriba, fúranlle os osos 
e a pel do fuciño. 
Vive nas illas Célebes no surleste de Asia.
PORCO XIGANTE DE KENIA 
(Hylochoerus meinertzhageni). 
É o máis grande dos porcos 
silvestres. Pode superar o metro de 
altura e os 250 quilos de peso. 
PÉCARIS, PÁTINAS ou SAÍNOS: 
Existen varias especies. 
Semellan pequenos xabaríns, aínda que 
non pertenecen á mesma familia. Os máis 
grandes non superan os 30 quilos de 
peso. Son de cor negra, con pelo 
abundante e unhas manchas brancas (no 
lombo, na cara ou no pescozo) típicas de 
cada especie.
REFRÁNS: 
-Por San Simón e San Xudas, mata o 
teu porco e atesta as túas cubas. 
-No mes morto non saches o horto 
nin capes o porco. 
-O que bo porco queira matar, cedo 
ten que empezar a gastar. 
-O que queira ter bo entrecosto que 
cebe no agosto. 
-Outono a chegar, porco a cebar. 
-Mata ao teu porco e verás o teu 
corpo. 
-Polo San Martiño mata o teu 
porquiño. 
-O porco no maseiro non quere 
compañeiro. 
-A vaca é ouro e o porco tesouro. 
-Con millo no piorno e porco no 
salgadoiro non hai medo ao inverno 
anque veña chovedoiro. 
ADIVIÑAS: 
Churín, churín e churín, 
choraban 
caeu a torre e os churíns calaban 
(A PORCA E OS FILLOS) 
TRADICIÓN ORAL
CANTARES: 
Maruxa se vas á feira 
mércame un porco rabelo, 
que se mo compras con rabo 
non me cabe no cortello. 
DITOS: 
-Vai mamar na rolla (teta) de atrás. 
-A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. 
-Ao peor porco a mellor landra.
Montaxe: Adela Leiro 
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, 
Internet, arquivo Corel. 
DEBUXOS: Mon Daporta 
Decembro 2014

More Related Content

What's hot

Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaceipbarro
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touroasun488
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galizamonadela
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 

What's hot (20)

Cabra
CabraCabra
Cabra
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touro
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
OS CANS
OS CANSOS CANS
OS CANS
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
O cebú
O cebúO cebú
O cebú
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 

Similar to O porco

O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezCarmela Garcia
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celtamacusanbla
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celtamacusanbla
 

Similar to O porco (13)

O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
O can
O canO can
O can
 
O noso porco celta
O noso porco celtaO noso porco celta
O noso porco celta
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

O porco

  • 1. porco (Sus scrofa domestica ) cerdo pig porc, cochon porco
  • 2. O porco é un mamífero artiodáctilo de corpo pesado e groso protexido por unha pel dura cuberta de pelos raros e duros. Debaixo da pel ten unha capa de graxa, touciño ou unto que lle serve de illante. Os porcos poden ter distinta cor na pel e pelo de distinto tamaño e máis ou menos abundante. Os machos poden acadar case 1 metro de altura e pasar dos 300 quilos. As femias raramente pasan dos 80 cm de altura e case nunca acadan os 30 quilos. Os porcos poden vivir ata 20 anos, aínda que xeralmente sacrifícanse aos 10-18 meses.
  • 3. CABEZA: de forma troncocónica Fuciño coa beira dura; diante ten os orificos nasais e debaixo a boca. Lombo Rabo curto e enroscado PATAS: curtas rematadas en catro dedos protexidos por pezuñas das que só apoian os do medio que son máis longos. Ollos pequenos Pescozo curto e ancho TRONCO: cilíndrico e groso comprimido lateralmente. As femias teñen no ventre entre 10 e 16 tetas ou rollas. Orellas de forma triangular
  • 4. vértebras cránio maxilar omóplato (paleta) radio carpo húmero cúbito metacarpo falanxes pelve esternón costelas fémur tibia peroné tarso falanxes ESQUELETO sacro metatarso
  • 6. vexiga pene útero APARATO REPRODUTOR MACHO FEMIA ovario vaxina músculo retractor testículo tetos MACHO FEMIA
  • 7. RELACIÓN: Os porcos teñen o oído moi desenvolvido e o olfato moi fino. A vista é deficiente. Para desprazarse apoia as puntas dos dedos (pesuños). Móvese rapidamente e pode correr a gran velocidade.
  • 8. Os porcos viven en grupos e a xerarquía dentro deles establécese con pelexas (embestidas coa cabeza e dentadas). Nas granxas sepáranse por idades e os machos adultos mantéñense separados para que non pelexen. Os animais dista familia en estado silvestre viven en pequenos grupos mixtos formados por machos novos, femias e crías. Os machos adultos viven sós. En caso de perigo prefire fuxir, pero pode embestir e dar fortes golpes coa súa cabeza e morder.
  • 9. Os porcos embórcanse na lama para protexerse das picaduras dos insectos e da calor do sol. Teñen o costume de fozar na terra para buscar alimento. Nas casas para que non focen póñenselle “espichos”, engánchanse no nariz un arame coas puntas cara adentro para que ao fozar lles moleste.
  • 10. ALIMENTACIÓN: É omnívoro: come de todo: restos das comidas, patacas, remolacha, verdura, millo, fariña milla fervida... Cando está libre come raíces e tubérculos, (que desenterra fozando), froitos, landras, castañas, e pequenos animais. Nas granxas aliméntanse con pensos compostos. Cráneo de porco coa dentadura completa típica dos animais que comen de todo (omnívoros).
  • 11. REPRODUCIÓN O porco reprodúcese unha vez ao ano. A idade da madurez sexual é arredor do ano de vida. As crias nacen despois de 114 días de xestación. Cada femia pode parir unha leitaxe de entre 8 a 12 bacoriños de aproximadamente ¼ de quilo de peso bastante desenvolvidos. Ao pouco de nacer buscan cada un a súa teta que non cambian ata que deixen de mamar, aproximadamente a partir do mes e medio.
  • 12. O récord mundial de cría teno dende o ano 1961 unha porca dunha granxa dinamarquesa que pareu 24 bacoriños.
  • 13. OS PORCOS E AS PERSOAS O porco críase pola súa utilidade como fonte de carne e graxa. NOMES: Macho: porco, cocho Femia: porca, cocha Mediano: porco do cordel (4-6 meses) Pequeno: bacoriño, bacuriño, leitón, rancho, porquiño... Os bacoriños véndense destetados, a media cría (porcos do cordel) ou antes da ceba
  • 14. COIDADOS QUE PRECISA: Limpieza das cortes. Os machos cápanse para que engorden máis agás os destinados á monta. Revisións sanitarias que garanten o seu bo estado de saúde. Para o seu control levan unha chapa na orella. Xeralmente tense ao porco por un animal suxo e descoidado. Isto case sempre é consecuencia de telos encerrados en espazos reducidos e faltos de hixiene. Son animais sans, pero poden sufrir enfermidades, e transmitir a través da carne algunhas graves ás persoas como a triquinose.
  • 15. UTILIDADE É un animal do que todo se aproveita: A carne pódese consumir fresca ou conservala de moitas maneiras: seca, salgada, embutida, conxelada,... Aprovéitase o sangue, a pel como coiro e ata os pelos para facer cepillos. En casos excepcionais o porco pódese usar como animal de traballo. Os exípcios soltábanos nos campos enlamados para que pisaran e enterraran as sementes e así naceran mellor. Nas zonas onde se recollen as trufas (uns fungos moi apreciados que viven enterrados) adéstranse porcos para que as localicen co seu fino olfato. Os excrementos do porco úsanse como abono. Algúns persoas téñenos como mascotas.
  • 16. O LACÓN GALEGO está amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida. Os lacóns son as extremidades dianteiras do porco cun peso entre os 3 e os 5,5 kg e un proceso de elaboración dun mínimo de 30 días (salgado, lavado, asentamento e curado) de porcos de raza Celta, Large Wite, Landrace, Duroc e os seus cruces. A carne debe ser encarnada, coa graxa parcialmente infiltrada na masa muscular, o aroma suave e agradable. Chourizos, botelos e androllas son formas de conservar a carne do porco adubada e curada. O chourizo faise en toda Galiza. O botelo e a androlla fanse nas zonas da montaña. O botelo faise co pedro (a parte máis gorda do inestino) cun recheo de costela e peles. A androlla é semellante ao botelo, pero leva ademáis carne. O chourizo faise con carne picada adubada con pemento, loureiro, allo, viño e herbas. Nalgúns sitios fanse os chourizos ceboleiros.
  • 17. A matanza do porco tiña, e segue a ter cando se fai de xeito tradicional, un aspecto festivo familiar. Normalmente colaboraban nela os viciños. Os produtos da matanza tradicional destinábanse na súa meirande parte a seren conservados como provisión de carne para todo o ano.
  • 18. Na actualidade nos matadoiros industriais unha boa parte da carne destínase ao consumo en fresco.
  • 19. Cando se despezan as distintas partes reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados. lombo ou raxo magro rabo pesuñas espiñazo cacheira touciño pescozo magro costelar
  • 20. HISTORIA O porco actual procede do xabarín (porco bravo) e dos cruces que se fixeron entre os diferentes tipos de porcos europeos e asiáticos. A domesticación comezou probablemente no surleste de Asia. Os restos máis antigos atopáronse no norte do Irán e son de hai case 7.000 anos. En Europa atopáronse no sur de Suecia e Dinamarca restos de hai máis de 5.000 anos. Espallouse por todo o mundo na época dos grandes descubrimentos porque era a base da alimentación da tripulación dos barcos (moitas veces levábanos vivos e alimentábanos coas sobras). Nos países islámicos non existe a cría de porcos xa que a súa relixión prohíbe o consumo da súa carne.
  • 21. En Galiza o porco é un animal común que podemos atopar en todas as casas labregas e dende hai uns anos en granxas. Prodúcense arredor de un millón de porcos ao ano.
  • 22. RAZAS No mundo existen moitísimas razas locais de porcos e ata hai pouco tempo tamén as había en Galiza. Na actualidade están case desaparecidas como consecuencia dos cruces con outras para obter un mellor rendemento (maior tamaño e peso e mellores tipos de carne).
  • 23. O porco celta Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a recuperar a partir de 1999, coa creación da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) para conservar o patrimonio xenético da raza e promover a súa cría e difusión. Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial o en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1997. O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero Striatosus.
  • 24. Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e agromos vexetais dos bosques autóctonos galegos. O porco celta ten a cabeza grande, coas orellas grandes e caídas e o fuciño longo, lombo curvo e patas longas. Hai tres variedades dentro da raza: no norte de Galiza, pola zona de Bergantiños predomina o ecotipo Carballino que se caracterizan por manchas negras brillantes ou rubias. No sur aparece o ecotipo Santiagués, con dúas variedades, a Branca e a Barcina, con manchas negras contra o seu tercio posterior.
  • 25. Large white: de orixe inglesa. Tiveron grande influencia na mellora das razas europeas. Son porcos de cor branca, gran tamaño, moi fértiles e de desenvolvemento rápido. Acadan os 90 quilos aos 3 meses. As femias adultas poden pasar dos 300 quilos e os machos dos 400. Pietrain: de orixe belga, é moi apreciado pola abundancia da carne e a súa pouca graxa. Nalgúns sitios chámanlle porco de catro xamóns porque tamén ten moita carne nas patas de diante.
  • 26. Castaños: de cores que varían entre o rubio dourado e o castaño avermellado. Proceden do cruce entre ibéricos negros e blancos europeos e teñen unhas características intermedias entre os dous: medra menos que os brancos europeos, pero máis que os ibércos, colle menos graxa e conserva o sabor e a finura da carne. PORCO IBÉRICO: De cor escura e lombo arqueado, cabeza afíada coas orellas dobladas cara adiante e patas longas. Vive ben ao aire libre pero medra amodo. Ten unha carne de boa calidad e excelente sabor.
  • 27. PORCOS ASIÁTICOS De Siam ou de ventre caído. De orixe indochina, son case sempre negros ou de cor escura, de patas curtas e de pequeno tamaño. Nunca botan máis alá dos 80 quilos. Nestas razas é característico o lombo afundido e o ventre amplo.
  • 28. ANIMAIS SEMELLANTES Ao grupo dos porcos pertencen animais que teñen o nariz aberto diante do fuciño e os dentes cairos cara arriba, o corpo moi musculoso e as patas curtas. XABARÍN ou PORCO BRAVO (Sus scrofa) É o antepasado directo dos porcos europeos. Mide algo máis de 1 metro de longo e pode superar os 100 quilos, É un animal máis ben nocturno. Pasa o día descansando nalgún lugar tranquilo no máis fondo do bosque e á noitiña sae a buscar alimento, chegando en ocasións a entrar nas zonas cultivadas. Actualmente moi extendido. Vive en pequenos grupos formados por un macho, unha ou dúas femias e as crías do ano. Unha vez ao ano ten entre 4 e 8 crías que nacen cubertas de pelo a raias que lle serve de camuflaxe e que lle desaparecen aos 10-11 meses. É un animal obxecto de caza.
  • 29. FACOQUEIRO (Phacochoerus aethiopicus): É o xabarín máis común da sabana africana. O corpo mide 1 metro de longo e pode acadar os 100 quilos de peso. A súa característica máis destacada é a cabeza, moi grande é aplastada, cos cairos moi longos (poden superar o medio metro) e unhas formacións a xeito de espullas nos lados da cara. BABIRUSA (Babiroussa babiroussa): Vese raramente porque vive no máis espeso das selvas. Pode medir 1 metro de longo e pesar ata 90 quilos. O máis curioso diste animal son os dentes cairos que, ao sairen cara arriba, fúranlle os osos e a pel do fuciño. Vive nas illas Célebes no surleste de Asia.
  • 30. PORCO XIGANTE DE KENIA (Hylochoerus meinertzhageni). É o máis grande dos porcos silvestres. Pode superar o metro de altura e os 250 quilos de peso. PÉCARIS, PÁTINAS ou SAÍNOS: Existen varias especies. Semellan pequenos xabaríns, aínda que non pertenecen á mesma familia. Os máis grandes non superan os 30 quilos de peso. Son de cor negra, con pelo abundante e unhas manchas brancas (no lombo, na cara ou no pescozo) típicas de cada especie.
  • 31. REFRÁNS: -Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas. -No mes morto non saches o horto nin capes o porco. -O que bo porco queira matar, cedo ten que empezar a gastar. -O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto. -Outono a chegar, porco a cebar. -Mata ao teu porco e verás o teu corpo. -Polo San Martiño mata o teu porquiño. -O porco no maseiro non quere compañeiro. -A vaca é ouro e o porco tesouro. -Con millo no piorno e porco no salgadoiro non hai medo ao inverno anque veña chovedoiro. ADIVIÑAS: Churín, churín e churín, choraban caeu a torre e os churíns calaban (A PORCA E OS FILLOS) TRADICIÓN ORAL
  • 32. CANTARES: Maruxa se vas á feira mércame un porco rabelo, que se mo compras con rabo non me cabe no cortello. DITOS: -Vai mamar na rolla (teta) de atrás. -A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. -Ao peor porco a mellor landra.
  • 33. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 2014