SlideShare a Scribd company logo
1 of 119
Parrulos e
parentela
MonDaporta
Cousiñas feitas na casa
Espertou Roque de pasar o inverno
e foi ver que mudara durante ese tempo.
e asombrouse de ver, ao pasar polo estanque,
tanta xente composta, tanta cor, tantos traxes.
Tanta xente adornada, vestida de festa;
tantos brillos e cores… e quixo coñecela.
E soupo, buscouno, que eran anátidas:
unha familia de aves que gostan da auga.
As Anátidas (Anatidae) son unha familia de
aves do orden Anseriformes, adaptadas ao
medio acuático, palmípedas e coa plumaxe
impermeable.
Nesta familia (unhas 150 especies) inclúense
os parrulos, os gansos; as iaguasas, os ciños,
os mergos, e os eideres.
Atópanse por todo o mundo ata,
ocasionalmente, na Antártida.
parrulo
pato
ahate
ànec
pato
duck
canard
ente
anatra
Os parrulos teñen o corpo de forma oval e alongada, que lle facilita o desplazamento pola
auga, as patas palmeadas, para aumentar a superficie de empuxe e mellorar a propulsión, e
o peteiro, ancho e plano, para filtrar a auga e aproveitar as sementes e os pequenos
animais que aboian nela.
Os machos e as femias distínguense ben pola voz, máis alta e clara nas femias, polo
tamaño, os machos son sempre algo máis grandes e máis robustos, polo remate
endurecido do peteiro que é máis ancho nos machos e máis estreito nas femias e, na
maioría das especies silvestres, polas cores.
O dimorfismo sexual é unha característica moi evidente nos parrulos: hai un claro contraste
entre as cores chamativas e brillantes dos machos e as cores pardas, apagadas, das femias,
As cores chamativas dos machos sérvenlle para atraer ás femias pero tamén son un reclamo para os predadores que así
deixan tranquilas ás femias que pasan máis desapercibidas cando chocan ou mentras coidan das crías.
As plumas dos parrulos non se mollan. A auga esbara por enriba delas porque están
recubertas por unha substancia graxa.
Os parrulos coidan as plumas, límpanas, engráxanas e airéanas para mantelas sempre en
bo estado. Múdanas cada ano ao remate da época de cría.
Os parrulos silvestres, segundo a especie, aliméntanse de plantas acuáticas e terrestres,
grans e pequenos animais que capturan en terra ou na auga: aboiando ou en mergullo.
Parella de lavancos collendo alimento no fondo
Os parrulos teñen boa vista. Os ollos situados aos lados da cabeza e na parte alta,
permítenlle ver o que pasa arredor e por enriba, e oen ben
Despois do cortexo e o emparellamento, a femia prepara un niño, realiza a posta, choca os
ovos e logo coida as crías.
Para aniñar escolle sitios secos apartados da
auga. Fórra o niño con plumas e choca os
ovos durante uns 28 días, logo agarda un ou
dous días máis, a que saian todos os
parruliños, e abandónao para sempre.
A nai soa encárgase de
guiar e protexer ás crías.
Os parruliños nacen ben desenvolvidos e cubertos dun denso plumón no que non entra a
auga. Acompañan á nai a donde vaia. Métense na auga e desenvólvense nela con habilidade
desde que deixan o niño.
Aos parrulos pequenos
o último que se lle
desenvolve son as
plumas das ás, polo que
non voan ata pasados
uns tres meses, cando
xa case teñen o tamaño
dos adultos. As plumas
que lle saen primeiro
son as do peito e o
ventre para poderen
manterse illados da
auga.
Os parrulos viven,
de media, entre 9
e 12 anos.
Edwina, foi o parrulo máis vello do
mundo, viveu ata os 22 anos
Os exipcios coñecían ben aos parrulos tal como se ve nas
pinturas de algunhas tumbas nas que aparecen
representadas distintas clases de parrulos e gansos.
Os romanos criaban parrulos como productores de carne.
Parrulo doméstico (Anas platyrhynchos domesticus). É un animal tranquilo, pouco esixente,
que pode vivir de 9 a 12 anos. O tamaño e o peso, entre 1,5 e 5 kg, depende da variedade.
No mundo críanse máis de 2.500 millóns de parrulos.
Tres femias e un macho de parrulo doméstico
Detalle do
peteiro
filtrador do
parrulo.
Dentro vese a
lingua, coa que
empuxa a
auga, e, na
beira, as
canles polas
que a expulsa
cando filtra.
Detalle dun peteiro visto desde
abaixo onde se poden apreciar
con claridade, as canles de
evacuación da auga.
Os parrulos
domésticos de
currais
pequenos,
teñen unha
alimentación
semellante á
dos silvestres
con engadido de
complementos:
gran, algún
penso composto
e herbas. Os das
granxas grandes
só comen
pensos
compostos . O
que nunca debe
faltar nas zonas
de alimentación
dos parrulos é a
auga.
Para durmir adoptan unha postura característica. Volven a cabeza cara atrás e meten o
peteiro debaixo dunha á, ás veces estando nunha soa pata.
Para abastecer ás granxas
os ovos son chocados
artificialmente.
Cría de parrulos en
espazo pechado
Na China, o
principal produtor
de parrulos do
mundo, unha gran
parte críanse en
rexime
semiextensivo
Traslado de parrulos aos campos de alimentación
Como a maioría dos
animais os parrulos
só comen o que
necesitan. Para que
gañen máis peso
encérranse en
espazos reducidos,
para que non gasten
enerxía en
desplazamentos e
outras actividades, e
fáiselle unha
alimentación forzada,
embutíndolle, á forza,
máis alimento que o
que necesitan para
obter deste xeito os
rendementos
requeridos.
Imaxes dunha granxa de
engorde de parrulos para a
obtención de foie-gras
Dos parrulos
aprovéitase a
carne que se
consume
directamente
ou en
diferentes
preparacións:
xamón , confit
e magret…
Confit: Prepáranse cocendo, a moi baixa
temperatura, en graxa de parrulo, patas e
peitugas.
Magret: Son as peitugas, coa pel e unha capa de
graxa, feitas á plancha. Fanse primeiro pola parte da
pel e sírvense pouco feitas para evitar que se poñan
duras.
Xamón de parrulo: Peitugas de parrulo secadas
durante tres semanas e cortadas en láminas
finas. listas para consumir.
Graxa de parrulo: É unha graxa rica en elementos mono insaturados. Úsase para facer o
confit e para preparar outros platos da mesma maneira que o confit.
Moegas: Véndense frescas ou envasadas confitadas.
as moegas, a graxa
e o producto
estrela, o fígado,
que se consume
fresco ou
preparado como
foie-gras
Os ovos dos parrulos
aceptan os mesmos
tratamentos e as mesmas
elaboracións que os de
galiña, aínda que teñen un
sabor algo diferente. Os
ovos de parrulo achegan
maior cantidade de
elementos que os de
galiña, sobre todo
vitamina A, pero tamén
bastante máis colesterol.
Coas plumas de cores,
ou tinguidas, fanse
plumas de pesca e
complementos; co
plumón fanse recheos
para prendas de abrigo,
almofadas, edredóns…
Para colleitar as plumas
desplúmanse os
parrulos ata catro
veces ao ano
Razas
domésticas
máis comúns
Parrulo blanco
ou parrulo
Pekín. Pesa
entre 3,6 e 4 kg.
Críase como
produtor de
carne.
Orixinouse a
partir do
lavanco (Anas
platyrhynchos) e
chegou a
Europa e a
Norteamérica, a
comezos do
século XIX,
procedente da
China.
Parrulo mudo (Cairina moschata) .
É orixinario das selvas tropicais de Brasil e
atópase extendido por toda Sudamérica
onde se coñece co nome de “pato criollo”,
aquí coñécese co nome de parrulo mudo
porque non emite son ningún. E de cores
branca e negra todo el ou repartido en
manchas. Machos e femias teñen unhas
carúnculas vermellas arredor do peteiro e
dos ollos, aínda que as dos machos están
máis desenvolvidas. Os machos tamén son
máis grandes. As femias poñen, pola noite,
os ovos brancos cun tono verdoso e, si se
lles deixan, enseguida se poñen a chocalos.
Os pitos nacen despois de 34 ou 35 días e
son coidados pola nai.
Poden voar , aínda que si crían, vanse pola
mañán e volven á tarde.
Parrulo Mulard. É un cruce de parrulo pekín e parrulo mudo. Pode pesar máis de 4 kg.
É un animal tranquilo, fácil de criar e de cebar. Críase principalmente para producir
foie-gras. O foie-gras obtense só dos machos porque teñen o fígado máis grande e de
máis calidade
Corredor indio. Orixinario de
Inglaterra, probablemente
importado procedente de Asia.
Seleccionado de primeiras para
a posta de ovos, as femias
poñen unha media de 200 ao
ano, pero agora tense máis
como ave de adorno. O nome
venlle da súa postura erguida
porque ten as patas moi atrás
por cousa de ter o fémur moi
curto. É un parrulo lixeiro, pesa
entre 1,5 e 2 kg, asustadizo, e
non voa.
Parrulo khakhi Campbell. Son aves rústicas e adaptables, de tamaño mediano e moi
poñedoras, ata 300 ovos blancos e alongados, de arredor de 70 g, ao ano.
Parrulo de
cayuga. De cor
negra cun tinte
verde metálico e
patas negras, as
cores pódense
volver máis claras
cando se fai vello.
Robusto, manso e
autosuficiente
Pode poñer de
100 a 150 ovos
Son máis de 70 especies repartidas en dous grupos: os
parrulos de superficie (unhas 55 especies) e os
parrulos mergulladores (16 especies).
Parrrulos silvestres típicos:
Anatinae
Pato mandarín (Aix galericulata). Mide arredor de 45 cm de longo. É orixinario da China e
o Xapón. Fai o niño en furados das árbores.
Pato joyuyo, pato de Florida ou pato de Carolina (Aix sponsa). Mide uns 50 cm, cunha
envergadura de 75 cm. Vive en lagos e pantanos preto das costas leste e oeste dos Estados
Unidos. Tamén hai poboacións en Cuba e Puerto Rico. Aniña en ocos de árbores.
Pato brasileiro, pato
cutirí ou pato de ás
verdes (Amazonetta
brasiliensis). Mide de
35 a 40 cm de longo.
Os machos, algo máis
grandes, pesan arredor
de 600 g. Habita en
esteiros, sabanas
inundadas, e lagoas de
auga doce rodeadas de
vexetación mesta e nas
selvas tropicais de
América do Sur ao lesta
dos Andes. Coñécense
2 subespecies.
Pato rabilongo (Anas acuta). Os machos, máis grandes, miden entre 60 e 76 cm de
longo e pesan de 450 a 1300 gramos. Cría no norte de Eurasia e Norteamérica e pasa o
inverno no sur de Europa, o norte de África, Centroamérica e parte de Asia tropical e
subtropical. Fai o niño no chan. En Galiza é invernante pouco numeroso.
Pato asubiador americano (Anas americana). Mide de 42 a 59 cm de longo e pesa entre
512 e 1.330 g. Vive en pasteiros húmidos e pantanos con vexetación de case toda América
do Norte.
Cerceta maoríou cerceta alicorta de Auckland (Anas aucklandica). É endémico das illas
Auckland, situadas ao sur de Nova Celandia. A súa poboación total está entre os 600 e os
2.000 individuos. Atópase en hábitats moi diversos e perdeu a capacidade de voar.
Pato gargantilla ou pato caribranco (Anas bahamensis). Mide de 46 a 51 cm, e pesa de 400 a
700 g. Vive nas Illas Bahamas, nas Antillas Maiores e Menores, Arxentina, Uruguai e as Illas
Galápagos. Coñécense 3 subespecies: Anas bahamensis bahamensis, a que se atopa no Caribe,
Anas bahamensis galapagensis, a que vive nas Illas Galápagos e Anas bahamensis rubirostris, a
que se distribue por América do Sur.
Pato de Bernier ou cerceta malgache (Anas bernieri). Mide uns 40 cm e pesa de 320 a 450
gr. É endémico dos manglares do oeste de Madagascar onde, no 2002, quedaban só de
1.500 a 2.000 exemplares.
Cerceta ou pato do Cabo (Anas capensis.) Mide de 40 a 50 cm de longo. Atópase
amplamente distribuido polos humedais da África subsahariana.
Cerceta americana, pato aliverde ou pato serrano (Anas carolinensis) vive en humedais
resgardados de Norteamérica e no Caribe. Cría na metade norte da súa área de distribución
e pasa os invernos, en grandes bandos, na metade sur.
Cerceta castaña (Anas castanea). Mide uns 46 cm e pode pesar ata 500 g. É endémica do sur
de Australia onde vive en humedais e esteiros. Fai o niño en ocos de árbores.
Cerceta parda ou cerceta de Nova Celandia (Anas chlorotis). Mide uns 45 cm. É endémica
de Nova Celandia onde só se atopa en illas pequenas. Está en perigo de extinción pola acción
dos depredadores introducidos, porque é unha ave confiada e mala voadora.
Pato cullerete (Anas clypeata). Mide uns 48 centímetros de longo e un peso arredor de
600 g. Vive en augas continentais, humedais abertos, de Eurasia e Norteamérica. Cría ao
norte da área de distribución e pasa o inverno no sur de Europa, Asia e Norteamérica, o norte
de África e o noroeste de Sudamérica. En Galiza vese como invernante.
Cerceta real (Anas crecca). Mide uns 35 cm de longo, é un dos parrulos máis pequenos, e
ten un peso de 270 a 394 g. Vive en todo tipo de humidais de Eurasia e África. Cría no norte
de Eurasia e pasa o invierno no sur e en África. En Galiza é visitante invernal común.
Pato colorado (Anas cyanoptera). Mide entre 38 e 43 cm de longo total e pesa de 350 a
400 g. Atópase por case toda América desde o sur do Canadá ata a “Tierra del Fuego” e as
Illas Malvinas. Ten cinco subespecies: Anas cyanoptera borreroi que só vive na serra
colombiana, conta con menos de 250 exemplares; Anas cyanoptera cyanoptera de Perú,
Bolivia, Chile, Arxentina e as Islas Malvinas; Anas cyanoptera orinomus da Cordilleira dos
Andes (Perú e Bolivia); Anas cyanoptera septentrionalium,de América do Norte, e Anas
cyanoptera tropica,da área tropical.
Pato mexicano (Anas diazi). Mide de 51 a 56 cm. Aseméllase a unha femia lavanco. Vive nos
humidais, estanques e ríos de México e o sur dos EE.UU..
Pato de ás azuis, pato de Florida ou cerceta aliazul (Anas discors). Mide de 35 a 41 cm e
pesa entre 325 e 500 g. Vive en lagoas, lagos e pantanos de agua doce de América del Norte,
desde Alaska ata Nova Escocia ao leste e Texas ao sur. En inverno emigra, en bandos, ás
costas do sur dos Estados Unidos, México, América Central o norte de América do Sur e as
illas del Caribe.
Pato de Eaton ou pato rabudo de Eaton (Anas eatoni). É endémico das illas Crozet e
Kerguelen no sur do Océano Índico. Exiten 2 subespecies: Anas eatoni drygalskii, pato de
Crozet, e Anas eatoni eatoni, pato das Kerguelen.
Cerceta de peteiro vermello (Anas erythrorhyncha). Mide de 43 a 48 cm. Atópase en
hábitats de auga doce de todo o centro e o sur de África.
Cerceta de alfanxes (Anas falcata). Mide de 46 a 53 cm e pesa desde 422 ata 770 gramos.
Vive no leste de Rusia e da China, Corea, illas do norte do Xapón e as illas Kuriles.
Pato barcino, pato paramuno ou pato xergón (Anas flavirostris). Mide de 38 a 43 cm e pesa
arredor de 400 g. É endémico de Sudamérica. Vive en lagos e lagoas de toda Arxentina, do
centro e o sur de Chile e das illas Malvinas. Coñécense 2 subespecies: Anas flavirostris
flavirostris e Anas flavirostris oxyptera.
Cerceta do Baikal (Anas formosa). Mide de 39 a 43 cm e pesa ata 500 g. Vive no leste de
Asia, reprodúcese ao noroeste e inverna ao leste e ao sur.
Parrulo apincarado (Anas fulvigula). Pode medir de 44 a 61 cm. Hay 2 subespecies:
Anas fulvigula maculosa, que se distribúe polas costas do Golfo de México, e Anas
fulvigula fulvigula que se atopa polo centro e o sur de Florida.
Pato maicero, pato xergón ou pato de peteiro dourado (Anas georgica). Mide de 48 a 54 cm
e pode pesar de 600 a 800 g. Vive en Sudamérica, desde o sur do Brasil ata o sur de Chile e
polos Andes ata Colombia.
Cerceta da Sonda ou cerceta de Indonesia (Anas gibberifrons). Mide de 37 a 47 cm.
Atópase en manglares, esteiros e humidais abertos de Indonesia. Hai 2 subespecies:
A. g. gibberifrons, do centro eo sur de Indonesia, e A. g. remissa, das illas Salomón.
Cerceta gris (Anas gracilis). Mide de 40 a 48 cm. Vive nos humedais abertos de Nova Guiné,
Australia , Nova Celandia, Vanuatu e as Illas Salomón.
Cerceta hotentote (Anas hottentota). Mide de 30 a 35 cm e pesa de 200 a 300 gramos.
Atópase en ríos lagos e lagoas de toda África ao sur do Sahara e en Madagascar.
pato de Laysan (Anas laysanensis). É endémico de Hawai donde só se atopa nunhas poucas
illas pequenas. No 2004 quedaban uns 500 pero atópase en recuperación.
Pato de Filipinas (Anas luzonica). Mide de 45 a 48 cm. É endémico das Filipinas. Só quedan
uns 5.000.
Pato de Meller (Anas melleri). Mide de 55 a 65 centímetros. É endémico do leste de
Madagascar. Atópase en perigo de extinción por perda do hábitat.
Cerceta de Campbell (Anas nesiotis). É endémica das illas Campbell, un pequeno
arquipélago ao sur de Nova Celandia. Atópase en perigo de extinción. Quedan menos de 50
ejemplares en libertade.
Pato asubión europeo (Anas penelope). Mide de 42 a 50 cm de longo e pesa entre 500 e
1000 g. Aniña no norte de Eurasia e pasa o inverno no sur de Europa e Asia, o norte de África
e Norteamérica. En Galiza é o invernante máis común despois do lavanco.
Pato cullerete sudamericano (Anas platalea). Mide uns 53 cm e pesa de 500 a 600 gramos.
Atópase en América del Sur desde o Perú e Brasil ata o estreito de Magalhaes.
Lavanco real ou azulón (Anas platyrhynchos). Mide entre 50 e 65 cm e pesa de 720 a 1.500
g. É común en todo o hemisferio norte. É o parrulo máis común en Galiza e o único
sedentario. E a especie da que proceden os parrulos domésticos.
Pato de peteiro pintado (Anas poecilorhyncha). Está ampliamente distribuido polas augas
doces pouco profundas e humedais con abundante vexetación acuática do centro sur e leste
de Asia. Coñécense 2 subespecies: A. poecilorhyncha haringtoni, orixinaria de Birmania, o sur
de China e Vietnam, e Anas poecilorhyncha zonorhyncha, distribuído máis ao norte (na maior
parte de China, Mongolia, o sur de Siberia, en Corea e Xapón).
Pato puneño ou cerceta da puna (Anas puna). Vive en lagos e lagoas da puna, nos Andes,
entre os 3.100 e os 4.600 metros de altitude, de Perú, Bolivia e o norte de Chile e Arxentina.
Cerceta do estío (Anas querquedula). Mide entre 37 e 41 cm. Cría no norte de Eurasia e pasa
o inverno en África, o sur e surleste de Asia e Nova Guiné. En Galiza vese ocasionalmente no
paso de primavera.
Pato cullerete de Australasia (Anas rhynchotis). Mide de 46 a 53 cm. Vive nos pantanos de
vexetación densa do surleste e o suroeste de Australia, Tasmania e Nova Celandia.
Coñécense 2 subespecies: A. rhynchotis rhynchotis (pato cullerete australiano), de Australia
e Tasmania, e A. rhynchotis variegata pato cullerete de Nova Celandia.
Pato sombrizo ou pato negro americano (Anas rubripes). Mide de 48 a 63 cm e pesa de 720
a 1.640 g. Vive en lagos, estanques, ríos, pantanos e outros ambientes acuáticos do leste de
Canadá, incluidos os Grandes Lagos, e zonas próximas dos EE.UU.
Pato overo ou pato real (Anas sibilatrix). Mide de 43 a 54 cm e pesan entre 700 e 900 g.
Habita nos lagos e ríos de pouca corrente e augas profundas do centro e o sur de Arxentina e
Chile e nas illas Malvinas. No inverno migra ao norte, ata Uruguai, Paraguai e o sur do Brasil.
Pato cullerete de El Cabo (Anas smithii). Mide de 51 a 53 cm. Vive nos humidais abertos con
vexetación de Sudáfrica, e algunhas áreas dos paises limítrofes.
Pato negro africano (Anas sparsa). Mide ata 58 cm. Vive no centro e no sur de África.
Pato cincento (Anas strepera). Mide entre 46 e 56 cm e pesa entre 750 e 1000 g. Vive en
augas doces con vexetación, pero tamén visita marismas e esteiros de agua salobre, de
Eurasia, Norteamérica e o norte de África. Cría ao sur do Círculo polar e inverna no sur de da
área de distribución. En Galiza é visitante invernal pouco común.
Pato negro do Pacífico ou pato celludo (Anas superciliosa). Mide entre 54 e 61 cm. Atópase
en gran parte de Indonesia , Nova Guiné, Australia, Nova Celandia, e moitas illas do Pacífico
suroeste. Hai tres subespecies: A. s. rogersi de Indonesia, o sur de Nova Guiné e Australia;
A. s. pelewensis das illas do Pacífico suroeste e o norte de Nova Guiné; e A. s. superciliosa
de Nova Celandia.
Pato de peteiro amarelo (Anas undulata). Mide de 51 a 58 cm. Ocupa hábitats de auga
doce do sur e o leste de África.
Pato capuchino ou cerceta arxentina, (Anas versicolor). Mide de 40 a 51 cm e pesa de 300
a 500 gramos. Habitan lagos e ríos de altura na Puna do Perú, Bolivia e o norte de Chile e
outros hábitats de Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, o sur do Brasil e as illas Malvinas.
Pato hawaiano (Anas wyvilliana). Mide de 48 a 50 cm e pesa de 400 a 700 gramos. É
endémico das illas grandes de Hawai .
Pato da selva, ou pato de ás brancas (Asarcornis scutulata antes Cairina scutulata). É un
parrulo grande. Mide de 66 a 81 cm e pesa de 2 a case 4 kg. Só existen pequenas poboacións
repartidas polo surleste de Asia que non chegan en total a 1000 exemplares.
Porrón bola (Aythya affinis). Miden entre 38 e 48 cm e poden pesar entre 450 e 1.000 g.
Atópase en Norteamérica, América Central e no Caribe.
Porrón americano (Aythya americana). Mide entre 45 e 58 cm. Cría en pantanos, lagos e
lagoas do norleste de Norteamérica e pasan o inverno no sur e no leste dos Estados Unidos, o
norte de México e o Caribe.
Porrón australiano (Aythya australis). Miden entre 46 e 49 cm. Son nativos de Australia
e Nova Caledonia. Coñécense 2 subespecies: A. a. australis, de Australia, e A. a. extima,
presente únicamente en Nova Caledonia.
Porrón de Baer (Aythya baeri). Mide de 41 a 46 cm. Atópase arredor de lagos con
abundante vexetación acuática do surleste de Rusia e o noreste de China e no inverno voa
ao sur de China, Vietnam, Xapón e a India.
Pato de colar (Aythya collaris). Mide entre 30 e 46 cm e pesa de 400 a 900 g. Cría en lagos
ou estanques dos bosques do norte de Estados Unidos e Canadá e no inverno viaxa ao sur.
Parrulo chupón (Aythya ferina). Mide entre 42 e 49 cm. Cría en lagos e lagoas rodeados de
vexetación mesta da metade norte de Europa e Asia ao sur do Círculo Polar e pasa os
invernos ao sur e no norte de África en espazos de auga doce abertos, ríos de curso lento,
marismas salobres e badías abrigadas. En Galiza é invernante común.
Parrulo cristado común (Aythya fuligula). Mide uns 43 cm. Vive e cría en augas estancadas
ou de movemento lento, profundas, de zonas baixas e rodeadas de vexetación, da metade
norte de Eurasia. Fora da época de cría visita medios costeiros protexidos do sur de Europa e
de Asia e do norte de África. En Galiza é invernante abundante.
Porrón malgache (Aythya innotata). Mide uns 46 cm. É endémico de Madagascar.
Considerouse extinguido a finais do 1990 pero volveuse ver nun lago en 2006. A poboación
actual anda arredor dos 100 individuos.
Parrulo de cara branca (Aythya marila). Mide de 42 a 51 cm. Atópase distribuído polo
hemisferio norte. Cría nos lagos das zonas árticas e pasa o invierno nas costas e humidais
das zonas temperadas. Recoñécense 2 subespecies: A. m. marila, que cría no norte de
Eurasia e pasa o inverno na costa atlántica de Europa occidental, no Mediterráneo e no mar
Caspio, e A. m. nearctica, que cría no norte de Asia e de América do Norte e pasa o inverno
nas costas d o Pacífico norte. É invernante regular en Galiza.
Porrón maorí (Aythya novaeseelandiae). Mide entre 40 e 46 cm. Vive en lagos e lagoas das
dúas illas principales de Nova Celandia.
Parrulo ferruxento (Aythya nyroca). Mide entre 38 e 42 cm de e pode pesar de 400 a 700 g.
Cría en lagos outras zonas húmidas rodeadas de vexetación espesa das zonas temperadas
do sur e do leste de Europa e Asia central e en zonas subtropicais do sur de Asia e do norte
de África. As poboacións do norte da área de distribución emigran ao sur no inverno onde
ocupan espazos de auga doce, marismas e esteiros. En Galiza é visitante invernal escaso.
Porrón coacoxtle ou parrulo de lombo branco (Aythya valisineria). Mide entre 48 e 56 cm
e pesa de 900 a 1600 g. Vive en augas abertas de lagos, ríos, esteiros e costas. Cría en
Canadá, Alaska e o noroeste dos Estados Unidos, e migra ao sur dos Estados Unidos e a
México para pasar o inverno.
Pato real ou pato mudo (Cairina moschata). Mide uns 76 cm. É orixinario da América
tropical e subtropical, atópase desde México ao centro de Arxentina. Vive en sitios arborados
á beira de humidais, lagoas, e ríos de corrente lenta e fai o niño en ocos de árbores.
Recoñécense 2 subespecies: a subespecie silvestre, Cairina moschata sylvestris ou pato real,
e a subespecie doméstica, pato criollo, pato mudo ou pato de Berbería Cairina moschata
domestica.
Pato de colar ou cerceta de colar (Callonetta leucophrys). Mide de 35 a 38 cm e pesa entre
190 e 360 gramos. Vive en esteiros, lagoas e pradeiras anegadas, preto de árbores, de
América do Sur, leste de Bolivia, sur de Brasil, Paraguai, Uruguai e o norte de Arxentina.
Pato de madeira australiano ou ganso guazú (Chenonetta jubata). Mide de 45 a 51 cm.
Atópase preto de augas pouco fondas de case toda Australia e Tasmania.
Pato de crista (Anas specularoides ou Lophonetta specularioides). Mide de 51 a 61 cm e pesa
entre 1.100 e 1.200 g. Vive en lagoas, lagos e ríos, ata os 4.700 msnm, e nas costas, andinas e
patagónicas, do Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Coñécense 2 subespecies: Anas specularoides
alticola (pato de crista andino) que vive nos Andes, desde Perú e Bolivia ata o norte de Chile e
Arxentina, e Anas specularoides specularoides (pato de crista do sur) que vive no sur de Chile,
da Arxentina e nas illas Malvinas.
Pato de orellas rosa (Malacorhynchus membranaceus). Mide de 38 a 40 cm. Vive en augas
estancadas do interior de Australia.
Cerceta pardilla (Marmaronetta angustirostris). Mide de 39 a 42 cm. Vive en humidais e
marismas das zonas temperadas e cálidas de Eurasia (sur de España, Sicilia, Turquía, Irán,
Armenia, Azerbaiyán, Irak e a India), o noroeste de África e o noroeste de China. E migra
máis ao sur no inverno.
Pato colorado (Netta rufina). Mide entre 45 e 54 cm e pesa entre 800 e 1500 g. Cría en
lagos e lagoas de latitudes medias de Europa e Asia occidental e central e pasa os invernos
en hábitats costeiros do sur de Europa e Asia e no norte de África.
Pato negro ou pato picazo (Netta peposaca). Mide de 50 a 56 cm e pesa de 1 a 1,2 kg.
Atópase en Arxentina, o centro de Chile, Paraguai, Uruguai e o sur de Brasil. Os do sur
migran cara ao norte no inverno.
Pato morado, pato de ollos vermellos ou pato castaño (Netta erythrophthalma). Mide de
48 a 51 cm. Vive en augas doces tranquilas, con vexetación mergullada, de Sudamérica e do
centro e o sur de África.
Ganso de algodón enano (Nettapus coromandelianus). Son as aves acuáticas máis pequenas
do mundo, mide uns 26 cm e pesa tan só arredor de 160 g. Vive na auga doce, en lagos,
zanxas, campos inundados… de Pakistán, India, Bangladesh, o surleste de Asia e en Australia.
Eider de Steller (Polysticta stelleri). Mide uns 45 cm. Vive nas costas de Siberia e Alaska.
Pato del Hartlaub (Pteronetta hartlaubii). Mide uns 58 cm e pesa de 800 a 1200 g. Vive nos
bosques de África Occidental e Central
Pato de Salvadori (Salvadorina waigiuensis). Mide de 38 a 43 cm e pesa uns 350 g. É
endémico de Nova Guiné. Quedan menos de 5.000.
Pato de anteollos ou pato de ás bronceadas (Speculanas specularis). Mide uns 54 cm e
pesa arredor de 1 kg. Atópase en Chile e na Arxentina e migra ao centro para invernar.
Pensei que non daba acabado,
pero por hoxe chegou …
o resto irán de contado
As imaxes fotográficas foron collidas da internet.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e
agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Mariaivan
 

What's hot (20)

A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
O mundo animal
O mundo animalO mundo animal
O mundo animal
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 

Similar to Anátidas (1)

O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
vanesalidia
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
iesasorey
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
monadela
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
rocioporto
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
monadela
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
Btt Xiabre
 

Similar to Anátidas (1) (20)

Animais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_epAnimais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_ep
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
A garza real
A garza realA garza real
A garza real
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Esquema
EsquemaEsquema
Esquema
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
 
O reno
O renoO reno
O reno
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Anátidas (1)

  • 2. Espertou Roque de pasar o inverno
  • 3. e foi ver que mudara durante ese tempo.
  • 4. e asombrouse de ver, ao pasar polo estanque, tanta xente composta, tanta cor, tantos traxes. Tanta xente adornada, vestida de festa; tantos brillos e cores… e quixo coñecela.
  • 5. E soupo, buscouno, que eran anátidas: unha familia de aves que gostan da auga. As Anátidas (Anatidae) son unha familia de aves do orden Anseriformes, adaptadas ao medio acuático, palmípedas e coa plumaxe impermeable. Nesta familia (unhas 150 especies) inclúense os parrulos, os gansos; as iaguasas, os ciños, os mergos, e os eideres. Atópanse por todo o mundo ata, ocasionalmente, na Antártida.
  • 7. Os parrulos teñen o corpo de forma oval e alongada, que lle facilita o desplazamento pola auga, as patas palmeadas, para aumentar a superficie de empuxe e mellorar a propulsión, e o peteiro, ancho e plano, para filtrar a auga e aproveitar as sementes e os pequenos animais que aboian nela.
  • 8. Os machos e as femias distínguense ben pola voz, máis alta e clara nas femias, polo tamaño, os machos son sempre algo máis grandes e máis robustos, polo remate endurecido do peteiro que é máis ancho nos machos e máis estreito nas femias e, na maioría das especies silvestres, polas cores.
  • 9. O dimorfismo sexual é unha característica moi evidente nos parrulos: hai un claro contraste entre as cores chamativas e brillantes dos machos e as cores pardas, apagadas, das femias, As cores chamativas dos machos sérvenlle para atraer ás femias pero tamén son un reclamo para os predadores que así deixan tranquilas ás femias que pasan máis desapercibidas cando chocan ou mentras coidan das crías.
  • 10. As plumas dos parrulos non se mollan. A auga esbara por enriba delas porque están recubertas por unha substancia graxa. Os parrulos coidan as plumas, límpanas, engráxanas e airéanas para mantelas sempre en bo estado. Múdanas cada ano ao remate da época de cría.
  • 11. Os parrulos silvestres, segundo a especie, aliméntanse de plantas acuáticas e terrestres, grans e pequenos animais que capturan en terra ou na auga: aboiando ou en mergullo.
  • 12. Parella de lavancos collendo alimento no fondo
  • 13. Os parrulos teñen boa vista. Os ollos situados aos lados da cabeza e na parte alta, permítenlle ver o que pasa arredor e por enriba, e oen ben
  • 14. Despois do cortexo e o emparellamento, a femia prepara un niño, realiza a posta, choca os ovos e logo coida as crías.
  • 15. Para aniñar escolle sitios secos apartados da auga. Fórra o niño con plumas e choca os ovos durante uns 28 días, logo agarda un ou dous días máis, a que saian todos os parruliños, e abandónao para sempre.
  • 16. A nai soa encárgase de guiar e protexer ás crías.
  • 17. Os parruliños nacen ben desenvolvidos e cubertos dun denso plumón no que non entra a auga. Acompañan á nai a donde vaia. Métense na auga e desenvólvense nela con habilidade desde que deixan o niño.
  • 18. Aos parrulos pequenos o último que se lle desenvolve son as plumas das ás, polo que non voan ata pasados uns tres meses, cando xa case teñen o tamaño dos adultos. As plumas que lle saen primeiro son as do peito e o ventre para poderen manterse illados da auga.
  • 19. Os parrulos viven, de media, entre 9 e 12 anos. Edwina, foi o parrulo máis vello do mundo, viveu ata os 22 anos
  • 20. Os exipcios coñecían ben aos parrulos tal como se ve nas pinturas de algunhas tumbas nas que aparecen representadas distintas clases de parrulos e gansos. Os romanos criaban parrulos como productores de carne.
  • 21. Parrulo doméstico (Anas platyrhynchos domesticus). É un animal tranquilo, pouco esixente, que pode vivir de 9 a 12 anos. O tamaño e o peso, entre 1,5 e 5 kg, depende da variedade. No mundo críanse máis de 2.500 millóns de parrulos.
  • 22. Tres femias e un macho de parrulo doméstico
  • 23. Detalle do peteiro filtrador do parrulo. Dentro vese a lingua, coa que empuxa a auga, e, na beira, as canles polas que a expulsa cando filtra. Detalle dun peteiro visto desde abaixo onde se poden apreciar con claridade, as canles de evacuación da auga.
  • 24. Os parrulos domésticos de currais pequenos, teñen unha alimentación semellante á dos silvestres con engadido de complementos: gran, algún penso composto e herbas. Os das granxas grandes só comen pensos compostos . O que nunca debe faltar nas zonas de alimentación dos parrulos é a auga.
  • 25. Para durmir adoptan unha postura característica. Volven a cabeza cara atrás e meten o peteiro debaixo dunha á, ás veces estando nunha soa pata.
  • 26. Para abastecer ás granxas os ovos son chocados artificialmente.
  • 27. Cría de parrulos en espazo pechado
  • 28. Na China, o principal produtor de parrulos do mundo, unha gran parte críanse en rexime semiextensivo Traslado de parrulos aos campos de alimentación
  • 29. Como a maioría dos animais os parrulos só comen o que necesitan. Para que gañen máis peso encérranse en espazos reducidos, para que non gasten enerxía en desplazamentos e outras actividades, e fáiselle unha alimentación forzada, embutíndolle, á forza, máis alimento que o que necesitan para obter deste xeito os rendementos requeridos. Imaxes dunha granxa de engorde de parrulos para a obtención de foie-gras
  • 30. Dos parrulos aprovéitase a carne que se consume directamente ou en diferentes preparacións: xamón , confit e magret…
  • 31. Confit: Prepáranse cocendo, a moi baixa temperatura, en graxa de parrulo, patas e peitugas. Magret: Son as peitugas, coa pel e unha capa de graxa, feitas á plancha. Fanse primeiro pola parte da pel e sírvense pouco feitas para evitar que se poñan duras. Xamón de parrulo: Peitugas de parrulo secadas durante tres semanas e cortadas en láminas finas. listas para consumir.
  • 32. Graxa de parrulo: É unha graxa rica en elementos mono insaturados. Úsase para facer o confit e para preparar outros platos da mesma maneira que o confit. Moegas: Véndense frescas ou envasadas confitadas. as moegas, a graxa
  • 33. e o producto estrela, o fígado, que se consume fresco ou preparado como foie-gras
  • 34. Os ovos dos parrulos aceptan os mesmos tratamentos e as mesmas elaboracións que os de galiña, aínda que teñen un sabor algo diferente. Os ovos de parrulo achegan maior cantidade de elementos que os de galiña, sobre todo vitamina A, pero tamén bastante máis colesterol.
  • 35. Coas plumas de cores, ou tinguidas, fanse plumas de pesca e complementos; co plumón fanse recheos para prendas de abrigo, almofadas, edredóns… Para colleitar as plumas desplúmanse os parrulos ata catro veces ao ano
  • 36.
  • 38. Parrulo blanco ou parrulo Pekín. Pesa entre 3,6 e 4 kg. Críase como produtor de carne. Orixinouse a partir do lavanco (Anas platyrhynchos) e chegou a Europa e a Norteamérica, a comezos do século XIX, procedente da China.
  • 39. Parrulo mudo (Cairina moschata) . É orixinario das selvas tropicais de Brasil e atópase extendido por toda Sudamérica onde se coñece co nome de “pato criollo”, aquí coñécese co nome de parrulo mudo porque non emite son ningún. E de cores branca e negra todo el ou repartido en manchas. Machos e femias teñen unhas carúnculas vermellas arredor do peteiro e dos ollos, aínda que as dos machos están máis desenvolvidas. Os machos tamén son máis grandes. As femias poñen, pola noite, os ovos brancos cun tono verdoso e, si se lles deixan, enseguida se poñen a chocalos. Os pitos nacen despois de 34 ou 35 días e son coidados pola nai. Poden voar , aínda que si crían, vanse pola mañán e volven á tarde.
  • 40. Parrulo Mulard. É un cruce de parrulo pekín e parrulo mudo. Pode pesar máis de 4 kg. É un animal tranquilo, fácil de criar e de cebar. Críase principalmente para producir foie-gras. O foie-gras obtense só dos machos porque teñen o fígado máis grande e de máis calidade
  • 41. Corredor indio. Orixinario de Inglaterra, probablemente importado procedente de Asia. Seleccionado de primeiras para a posta de ovos, as femias poñen unha media de 200 ao ano, pero agora tense máis como ave de adorno. O nome venlle da súa postura erguida porque ten as patas moi atrás por cousa de ter o fémur moi curto. É un parrulo lixeiro, pesa entre 1,5 e 2 kg, asustadizo, e non voa.
  • 42. Parrulo khakhi Campbell. Son aves rústicas e adaptables, de tamaño mediano e moi poñedoras, ata 300 ovos blancos e alongados, de arredor de 70 g, ao ano.
  • 43. Parrulo de cayuga. De cor negra cun tinte verde metálico e patas negras, as cores pódense volver máis claras cando se fai vello. Robusto, manso e autosuficiente Pode poñer de 100 a 150 ovos
  • 44. Son máis de 70 especies repartidas en dous grupos: os parrulos de superficie (unhas 55 especies) e os parrulos mergulladores (16 especies). Parrrulos silvestres típicos: Anatinae
  • 45. Pato mandarín (Aix galericulata). Mide arredor de 45 cm de longo. É orixinario da China e o Xapón. Fai o niño en furados das árbores.
  • 46. Pato joyuyo, pato de Florida ou pato de Carolina (Aix sponsa). Mide uns 50 cm, cunha envergadura de 75 cm. Vive en lagos e pantanos preto das costas leste e oeste dos Estados Unidos. Tamén hai poboacións en Cuba e Puerto Rico. Aniña en ocos de árbores.
  • 47. Pato brasileiro, pato cutirí ou pato de ás verdes (Amazonetta brasiliensis). Mide de 35 a 40 cm de longo. Os machos, algo máis grandes, pesan arredor de 600 g. Habita en esteiros, sabanas inundadas, e lagoas de auga doce rodeadas de vexetación mesta e nas selvas tropicais de América do Sur ao lesta dos Andes. Coñécense 2 subespecies.
  • 48. Pato rabilongo (Anas acuta). Os machos, máis grandes, miden entre 60 e 76 cm de longo e pesan de 450 a 1300 gramos. Cría no norte de Eurasia e Norteamérica e pasa o inverno no sur de Europa, o norte de África, Centroamérica e parte de Asia tropical e subtropical. Fai o niño no chan. En Galiza é invernante pouco numeroso.
  • 49. Pato asubiador americano (Anas americana). Mide de 42 a 59 cm de longo e pesa entre 512 e 1.330 g. Vive en pasteiros húmidos e pantanos con vexetación de case toda América do Norte.
  • 50. Cerceta maoríou cerceta alicorta de Auckland (Anas aucklandica). É endémico das illas Auckland, situadas ao sur de Nova Celandia. A súa poboación total está entre os 600 e os 2.000 individuos. Atópase en hábitats moi diversos e perdeu a capacidade de voar.
  • 51. Pato gargantilla ou pato caribranco (Anas bahamensis). Mide de 46 a 51 cm, e pesa de 400 a 700 g. Vive nas Illas Bahamas, nas Antillas Maiores e Menores, Arxentina, Uruguai e as Illas Galápagos. Coñécense 3 subespecies: Anas bahamensis bahamensis, a que se atopa no Caribe, Anas bahamensis galapagensis, a que vive nas Illas Galápagos e Anas bahamensis rubirostris, a que se distribue por América do Sur.
  • 52. Pato de Bernier ou cerceta malgache (Anas bernieri). Mide uns 40 cm e pesa de 320 a 450 gr. É endémico dos manglares do oeste de Madagascar onde, no 2002, quedaban só de 1.500 a 2.000 exemplares.
  • 53. Cerceta ou pato do Cabo (Anas capensis.) Mide de 40 a 50 cm de longo. Atópase amplamente distribuido polos humedais da África subsahariana.
  • 54. Cerceta americana, pato aliverde ou pato serrano (Anas carolinensis) vive en humedais resgardados de Norteamérica e no Caribe. Cría na metade norte da súa área de distribución e pasa os invernos, en grandes bandos, na metade sur.
  • 55. Cerceta castaña (Anas castanea). Mide uns 46 cm e pode pesar ata 500 g. É endémica do sur de Australia onde vive en humedais e esteiros. Fai o niño en ocos de árbores.
  • 56. Cerceta parda ou cerceta de Nova Celandia (Anas chlorotis). Mide uns 45 cm. É endémica de Nova Celandia onde só se atopa en illas pequenas. Está en perigo de extinción pola acción dos depredadores introducidos, porque é unha ave confiada e mala voadora.
  • 57. Pato cullerete (Anas clypeata). Mide uns 48 centímetros de longo e un peso arredor de 600 g. Vive en augas continentais, humedais abertos, de Eurasia e Norteamérica. Cría ao norte da área de distribución e pasa o inverno no sur de Europa, Asia e Norteamérica, o norte de África e o noroeste de Sudamérica. En Galiza vese como invernante.
  • 58. Cerceta real (Anas crecca). Mide uns 35 cm de longo, é un dos parrulos máis pequenos, e ten un peso de 270 a 394 g. Vive en todo tipo de humidais de Eurasia e África. Cría no norte de Eurasia e pasa o invierno no sur e en África. En Galiza é visitante invernal común.
  • 59. Pato colorado (Anas cyanoptera). Mide entre 38 e 43 cm de longo total e pesa de 350 a 400 g. Atópase por case toda América desde o sur do Canadá ata a “Tierra del Fuego” e as Illas Malvinas. Ten cinco subespecies: Anas cyanoptera borreroi que só vive na serra colombiana, conta con menos de 250 exemplares; Anas cyanoptera cyanoptera de Perú, Bolivia, Chile, Arxentina e as Islas Malvinas; Anas cyanoptera orinomus da Cordilleira dos Andes (Perú e Bolivia); Anas cyanoptera septentrionalium,de América do Norte, e Anas cyanoptera tropica,da área tropical.
  • 60. Pato mexicano (Anas diazi). Mide de 51 a 56 cm. Aseméllase a unha femia lavanco. Vive nos humidais, estanques e ríos de México e o sur dos EE.UU..
  • 61. Pato de ás azuis, pato de Florida ou cerceta aliazul (Anas discors). Mide de 35 a 41 cm e pesa entre 325 e 500 g. Vive en lagoas, lagos e pantanos de agua doce de América del Norte, desde Alaska ata Nova Escocia ao leste e Texas ao sur. En inverno emigra, en bandos, ás costas do sur dos Estados Unidos, México, América Central o norte de América do Sur e as illas del Caribe.
  • 62. Pato de Eaton ou pato rabudo de Eaton (Anas eatoni). É endémico das illas Crozet e Kerguelen no sur do Océano Índico. Exiten 2 subespecies: Anas eatoni drygalskii, pato de Crozet, e Anas eatoni eatoni, pato das Kerguelen.
  • 63. Cerceta de peteiro vermello (Anas erythrorhyncha). Mide de 43 a 48 cm. Atópase en hábitats de auga doce de todo o centro e o sur de África.
  • 64. Cerceta de alfanxes (Anas falcata). Mide de 46 a 53 cm e pesa desde 422 ata 770 gramos. Vive no leste de Rusia e da China, Corea, illas do norte do Xapón e as illas Kuriles.
  • 65. Pato barcino, pato paramuno ou pato xergón (Anas flavirostris). Mide de 38 a 43 cm e pesa arredor de 400 g. É endémico de Sudamérica. Vive en lagos e lagoas de toda Arxentina, do centro e o sur de Chile e das illas Malvinas. Coñécense 2 subespecies: Anas flavirostris flavirostris e Anas flavirostris oxyptera.
  • 66. Cerceta do Baikal (Anas formosa). Mide de 39 a 43 cm e pesa ata 500 g. Vive no leste de Asia, reprodúcese ao noroeste e inverna ao leste e ao sur.
  • 67. Parrulo apincarado (Anas fulvigula). Pode medir de 44 a 61 cm. Hay 2 subespecies: Anas fulvigula maculosa, que se distribúe polas costas do Golfo de México, e Anas fulvigula fulvigula que se atopa polo centro e o sur de Florida.
  • 68. Pato maicero, pato xergón ou pato de peteiro dourado (Anas georgica). Mide de 48 a 54 cm e pode pesar de 600 a 800 g. Vive en Sudamérica, desde o sur do Brasil ata o sur de Chile e polos Andes ata Colombia.
  • 69. Cerceta da Sonda ou cerceta de Indonesia (Anas gibberifrons). Mide de 37 a 47 cm. Atópase en manglares, esteiros e humidais abertos de Indonesia. Hai 2 subespecies: A. g. gibberifrons, do centro eo sur de Indonesia, e A. g. remissa, das illas Salomón.
  • 70. Cerceta gris (Anas gracilis). Mide de 40 a 48 cm. Vive nos humedais abertos de Nova Guiné, Australia , Nova Celandia, Vanuatu e as Illas Salomón.
  • 71. Cerceta hotentote (Anas hottentota). Mide de 30 a 35 cm e pesa de 200 a 300 gramos. Atópase en ríos lagos e lagoas de toda África ao sur do Sahara e en Madagascar.
  • 72. pato de Laysan (Anas laysanensis). É endémico de Hawai donde só se atopa nunhas poucas illas pequenas. No 2004 quedaban uns 500 pero atópase en recuperación.
  • 73. Pato de Filipinas (Anas luzonica). Mide de 45 a 48 cm. É endémico das Filipinas. Só quedan uns 5.000.
  • 74. Pato de Meller (Anas melleri). Mide de 55 a 65 centímetros. É endémico do leste de Madagascar. Atópase en perigo de extinción por perda do hábitat.
  • 75. Cerceta de Campbell (Anas nesiotis). É endémica das illas Campbell, un pequeno arquipélago ao sur de Nova Celandia. Atópase en perigo de extinción. Quedan menos de 50 ejemplares en libertade.
  • 76. Pato asubión europeo (Anas penelope). Mide de 42 a 50 cm de longo e pesa entre 500 e 1000 g. Aniña no norte de Eurasia e pasa o inverno no sur de Europa e Asia, o norte de África e Norteamérica. En Galiza é o invernante máis común despois do lavanco.
  • 77. Pato cullerete sudamericano (Anas platalea). Mide uns 53 cm e pesa de 500 a 600 gramos. Atópase en América del Sur desde o Perú e Brasil ata o estreito de Magalhaes.
  • 78. Lavanco real ou azulón (Anas platyrhynchos). Mide entre 50 e 65 cm e pesa de 720 a 1.500 g. É común en todo o hemisferio norte. É o parrulo máis común en Galiza e o único sedentario. E a especie da que proceden os parrulos domésticos.
  • 79. Pato de peteiro pintado (Anas poecilorhyncha). Está ampliamente distribuido polas augas doces pouco profundas e humedais con abundante vexetación acuática do centro sur e leste de Asia. Coñécense 2 subespecies: A. poecilorhyncha haringtoni, orixinaria de Birmania, o sur de China e Vietnam, e Anas poecilorhyncha zonorhyncha, distribuído máis ao norte (na maior parte de China, Mongolia, o sur de Siberia, en Corea e Xapón).
  • 80. Pato puneño ou cerceta da puna (Anas puna). Vive en lagos e lagoas da puna, nos Andes, entre os 3.100 e os 4.600 metros de altitude, de Perú, Bolivia e o norte de Chile e Arxentina.
  • 81. Cerceta do estío (Anas querquedula). Mide entre 37 e 41 cm. Cría no norte de Eurasia e pasa o inverno en África, o sur e surleste de Asia e Nova Guiné. En Galiza vese ocasionalmente no paso de primavera.
  • 82. Pato cullerete de Australasia (Anas rhynchotis). Mide de 46 a 53 cm. Vive nos pantanos de vexetación densa do surleste e o suroeste de Australia, Tasmania e Nova Celandia. Coñécense 2 subespecies: A. rhynchotis rhynchotis (pato cullerete australiano), de Australia e Tasmania, e A. rhynchotis variegata pato cullerete de Nova Celandia.
  • 83. Pato sombrizo ou pato negro americano (Anas rubripes). Mide de 48 a 63 cm e pesa de 720 a 1.640 g. Vive en lagos, estanques, ríos, pantanos e outros ambientes acuáticos do leste de Canadá, incluidos os Grandes Lagos, e zonas próximas dos EE.UU.
  • 84. Pato overo ou pato real (Anas sibilatrix). Mide de 43 a 54 cm e pesan entre 700 e 900 g. Habita nos lagos e ríos de pouca corrente e augas profundas do centro e o sur de Arxentina e Chile e nas illas Malvinas. No inverno migra ao norte, ata Uruguai, Paraguai e o sur do Brasil.
  • 85. Pato cullerete de El Cabo (Anas smithii). Mide de 51 a 53 cm. Vive nos humidais abertos con vexetación de Sudáfrica, e algunhas áreas dos paises limítrofes.
  • 86. Pato negro africano (Anas sparsa). Mide ata 58 cm. Vive no centro e no sur de África.
  • 87. Pato cincento (Anas strepera). Mide entre 46 e 56 cm e pesa entre 750 e 1000 g. Vive en augas doces con vexetación, pero tamén visita marismas e esteiros de agua salobre, de Eurasia, Norteamérica e o norte de África. Cría ao sur do Círculo polar e inverna no sur de da área de distribución. En Galiza é visitante invernal pouco común.
  • 88. Pato negro do Pacífico ou pato celludo (Anas superciliosa). Mide entre 54 e 61 cm. Atópase en gran parte de Indonesia , Nova Guiné, Australia, Nova Celandia, e moitas illas do Pacífico suroeste. Hai tres subespecies: A. s. rogersi de Indonesia, o sur de Nova Guiné e Australia; A. s. pelewensis das illas do Pacífico suroeste e o norte de Nova Guiné; e A. s. superciliosa de Nova Celandia.
  • 89. Pato de peteiro amarelo (Anas undulata). Mide de 51 a 58 cm. Ocupa hábitats de auga doce do sur e o leste de África.
  • 90. Pato capuchino ou cerceta arxentina, (Anas versicolor). Mide de 40 a 51 cm e pesa de 300 a 500 gramos. Habitan lagos e ríos de altura na Puna do Perú, Bolivia e o norte de Chile e outros hábitats de Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, o sur do Brasil e as illas Malvinas.
  • 91. Pato hawaiano (Anas wyvilliana). Mide de 48 a 50 cm e pesa de 400 a 700 gramos. É endémico das illas grandes de Hawai .
  • 92. Pato da selva, ou pato de ás brancas (Asarcornis scutulata antes Cairina scutulata). É un parrulo grande. Mide de 66 a 81 cm e pesa de 2 a case 4 kg. Só existen pequenas poboacións repartidas polo surleste de Asia que non chegan en total a 1000 exemplares.
  • 93. Porrón bola (Aythya affinis). Miden entre 38 e 48 cm e poden pesar entre 450 e 1.000 g. Atópase en Norteamérica, América Central e no Caribe.
  • 94. Porrón americano (Aythya americana). Mide entre 45 e 58 cm. Cría en pantanos, lagos e lagoas do norleste de Norteamérica e pasan o inverno no sur e no leste dos Estados Unidos, o norte de México e o Caribe.
  • 95. Porrón australiano (Aythya australis). Miden entre 46 e 49 cm. Son nativos de Australia e Nova Caledonia. Coñécense 2 subespecies: A. a. australis, de Australia, e A. a. extima, presente únicamente en Nova Caledonia.
  • 96. Porrón de Baer (Aythya baeri). Mide de 41 a 46 cm. Atópase arredor de lagos con abundante vexetación acuática do surleste de Rusia e o noreste de China e no inverno voa ao sur de China, Vietnam, Xapón e a India.
  • 97. Pato de colar (Aythya collaris). Mide entre 30 e 46 cm e pesa de 400 a 900 g. Cría en lagos ou estanques dos bosques do norte de Estados Unidos e Canadá e no inverno viaxa ao sur.
  • 98. Parrulo chupón (Aythya ferina). Mide entre 42 e 49 cm. Cría en lagos e lagoas rodeados de vexetación mesta da metade norte de Europa e Asia ao sur do Círculo Polar e pasa os invernos ao sur e no norte de África en espazos de auga doce abertos, ríos de curso lento, marismas salobres e badías abrigadas. En Galiza é invernante común.
  • 99. Parrulo cristado común (Aythya fuligula). Mide uns 43 cm. Vive e cría en augas estancadas ou de movemento lento, profundas, de zonas baixas e rodeadas de vexetación, da metade norte de Eurasia. Fora da época de cría visita medios costeiros protexidos do sur de Europa e de Asia e do norte de África. En Galiza é invernante abundante.
  • 100. Porrón malgache (Aythya innotata). Mide uns 46 cm. É endémico de Madagascar. Considerouse extinguido a finais do 1990 pero volveuse ver nun lago en 2006. A poboación actual anda arredor dos 100 individuos.
  • 101. Parrulo de cara branca (Aythya marila). Mide de 42 a 51 cm. Atópase distribuído polo hemisferio norte. Cría nos lagos das zonas árticas e pasa o invierno nas costas e humidais das zonas temperadas. Recoñécense 2 subespecies: A. m. marila, que cría no norte de Eurasia e pasa o inverno na costa atlántica de Europa occidental, no Mediterráneo e no mar Caspio, e A. m. nearctica, que cría no norte de Asia e de América do Norte e pasa o inverno nas costas d o Pacífico norte. É invernante regular en Galiza.
  • 102. Porrón maorí (Aythya novaeseelandiae). Mide entre 40 e 46 cm. Vive en lagos e lagoas das dúas illas principales de Nova Celandia.
  • 103. Parrulo ferruxento (Aythya nyroca). Mide entre 38 e 42 cm de e pode pesar de 400 a 700 g. Cría en lagos outras zonas húmidas rodeadas de vexetación espesa das zonas temperadas do sur e do leste de Europa e Asia central e en zonas subtropicais do sur de Asia e do norte de África. As poboacións do norte da área de distribución emigran ao sur no inverno onde ocupan espazos de auga doce, marismas e esteiros. En Galiza é visitante invernal escaso.
  • 104. Porrón coacoxtle ou parrulo de lombo branco (Aythya valisineria). Mide entre 48 e 56 cm e pesa de 900 a 1600 g. Vive en augas abertas de lagos, ríos, esteiros e costas. Cría en Canadá, Alaska e o noroeste dos Estados Unidos, e migra ao sur dos Estados Unidos e a México para pasar o inverno.
  • 105. Pato real ou pato mudo (Cairina moschata). Mide uns 76 cm. É orixinario da América tropical e subtropical, atópase desde México ao centro de Arxentina. Vive en sitios arborados á beira de humidais, lagoas, e ríos de corrente lenta e fai o niño en ocos de árbores. Recoñécense 2 subespecies: a subespecie silvestre, Cairina moschata sylvestris ou pato real, e a subespecie doméstica, pato criollo, pato mudo ou pato de Berbería Cairina moschata domestica.
  • 106. Pato de colar ou cerceta de colar (Callonetta leucophrys). Mide de 35 a 38 cm e pesa entre 190 e 360 gramos. Vive en esteiros, lagoas e pradeiras anegadas, preto de árbores, de América do Sur, leste de Bolivia, sur de Brasil, Paraguai, Uruguai e o norte de Arxentina.
  • 107. Pato de madeira australiano ou ganso guazú (Chenonetta jubata). Mide de 45 a 51 cm. Atópase preto de augas pouco fondas de case toda Australia e Tasmania.
  • 108. Pato de crista (Anas specularoides ou Lophonetta specularioides). Mide de 51 a 61 cm e pesa entre 1.100 e 1.200 g. Vive en lagoas, lagos e ríos, ata os 4.700 msnm, e nas costas, andinas e patagónicas, do Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Coñécense 2 subespecies: Anas specularoides alticola (pato de crista andino) que vive nos Andes, desde Perú e Bolivia ata o norte de Chile e Arxentina, e Anas specularoides specularoides (pato de crista do sur) que vive no sur de Chile, da Arxentina e nas illas Malvinas.
  • 109. Pato de orellas rosa (Malacorhynchus membranaceus). Mide de 38 a 40 cm. Vive en augas estancadas do interior de Australia.
  • 110. Cerceta pardilla (Marmaronetta angustirostris). Mide de 39 a 42 cm. Vive en humidais e marismas das zonas temperadas e cálidas de Eurasia (sur de España, Sicilia, Turquía, Irán, Armenia, Azerbaiyán, Irak e a India), o noroeste de África e o noroeste de China. E migra máis ao sur no inverno.
  • 111. Pato colorado (Netta rufina). Mide entre 45 e 54 cm e pesa entre 800 e 1500 g. Cría en lagos e lagoas de latitudes medias de Europa e Asia occidental e central e pasa os invernos en hábitats costeiros do sur de Europa e Asia e no norte de África.
  • 112. Pato negro ou pato picazo (Netta peposaca). Mide de 50 a 56 cm e pesa de 1 a 1,2 kg. Atópase en Arxentina, o centro de Chile, Paraguai, Uruguai e o sur de Brasil. Os do sur migran cara ao norte no inverno.
  • 113. Pato morado, pato de ollos vermellos ou pato castaño (Netta erythrophthalma). Mide de 48 a 51 cm. Vive en augas doces tranquilas, con vexetación mergullada, de Sudamérica e do centro e o sur de África.
  • 114. Ganso de algodón enano (Nettapus coromandelianus). Son as aves acuáticas máis pequenas do mundo, mide uns 26 cm e pesa tan só arredor de 160 g. Vive na auga doce, en lagos, zanxas, campos inundados… de Pakistán, India, Bangladesh, o surleste de Asia e en Australia.
  • 115. Eider de Steller (Polysticta stelleri). Mide uns 45 cm. Vive nas costas de Siberia e Alaska.
  • 116. Pato del Hartlaub (Pteronetta hartlaubii). Mide uns 58 cm e pesa de 800 a 1200 g. Vive nos bosques de África Occidental e Central
  • 117. Pato de Salvadori (Salvadorina waigiuensis). Mide de 38 a 43 cm e pesa uns 350 g. É endémico de Nova Guiné. Quedan menos de 5.000.
  • 118. Pato de anteollos ou pato de ás bronceadas (Speculanas specularis). Mide uns 54 cm e pesa arredor de 1 kg. Atópase en Chile e na Arxentina e migra ao centro para invernar.
  • 119. Pensei que non daba acabado, pero por hoxe chegou … o resto irán de contado As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta