SlideShare a Scribd company logo
1 of 73
Download to read offline
O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE
Adán Gonçalves
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
Microscopio utilizado por
Robert Hooke (1665)
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
En 1674 Leuwenhoek
observou hematías,
espermatozoides,
protozoos e mesmo
describiu unha bacteria.
Todo elo grazas a un
microscopio de maiores
aumentos fabricado por él.
Esquemas dos microorganismos
obsevados por Leeuwenhoek
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á
construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi
ampliada destas estructuras, podendo observar características
totalmente imperceptibles ó ollo humano.
En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira
teoría celular segundo a cal, a célula é a unidade
estructural e funcional dos seres vivos, capaz de manter
unha existencia propia e independente
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando
que todas as células se orixinan a partir dunha
preexistente.
A TEORÍA CELULAR
A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:
 A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
 A célula é a unidade funcional de todos os
seres vivos.
 Toda célula procede doutra preexistente e
contén o material xenético dun ser vivo.
A Teoría Celular
A TEORÍA CELULAR
Sen embargo, a
universalidade da
teoría celular non foi
completa ata que
Santiago Ramón y
Cajal demostrou a
individualidade das
neuronas.
Agora si podíamos dicir que todos os tecidos
están formados por células!
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Son os distintos graos en que se organiza a materia.
Niveis Abióticos: (Non sustentan vida)
 Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). As
moléculas que forman parte da materia viva denomínanse
biomoléculas .
Hainas inorgánicas (auga e sales minerais) e orgánicas (glícidos,
lípidos , proteínas e ácidos nucleicos)
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Niveis Bióticos: (sustentan a vida)
 Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel
pertencen os organismos unicelulares. É habitual que os unicelulares
formen colonias (agrupación de células que manteñen a independencia).
 Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituídos por máis
dunha célula (organismos pluricelulares); neles as células non son
independentes, hai especialización.
Dentro do nivel pluricelular hai distintos graos de complexidade:
- Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e.
tecido nervioso.
- Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto
concreto. P.e. corazón.
- Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido
predominante, que se asocian para realizar unha función. P.e. sistema
circulatorio.
- Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes,
pero cuxos actos están coordinados para levar a cabo unha función máis
xeral que nos sistemas. De feito,é frecuente que inclúa varios sistemas.
P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e linfático.
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
 Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que
son coetáneos.
 Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou
biocenose).
 Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e
as súas interrrelacións.
 Biosfera: todolos ecosistemas do planeta.
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
En que se parecen?
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
Todas as células
teñen en común:
 Membrana
plasmática
 Citoplasma
 ADN que contén
a información
xenética da
célula
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
A partir disto a diferenciación máis
básica das células establece dous niveis
de organización: célula procariota e
célula eucariota.
Características procariotas:
 Carecen de verdadeiro núcleo.
 Apenas posúen orgánulos
(ribosomas)
 Son bacterias e similares. Reino
Moneras.
 Unicelulares ou colonias (Moi
pequenas)
Características eucariotas:
 Posúen verdadeiro núcleo, con
envoltura nuclear.
 Numerosos orgánulos.
 Poden ser uni ou pluricelulares.
(Máis grandes)
 Conforman os reinos restantes:
Protoctista, fungo, vexetal e animal.
 Dous tipos básicos: animal e
vexetal.
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Estruturas celulares
 Membrana plasmática: estrutura que separa á célula do medio
externo. Formada por unha bicapa lipídica con colesterol e proteínas.
As proteínas que posúe cada célula confírenlle especificidade de
resposta a estímulos.
 Citoplasma: fluído acuoso no que se atopa o citoesqueleto (proteínas
que dan forma e movemento ás células) e os orgánulos.
 Núcleo: Dobre membrana que encerra o material xenético ou ADN
(cromatina) no que reside toda a información do que fai a célula.
 Cromosomas: a cromatina durante a división celular condénsase e
forma os cromosomas que se reparten igualitariamente entre as células
fillas. Nós posuímos 46 cromosomas.
 Mitocondrias : son alongadas e nelas lévase a cabo a respiración
celular.
 Ribosomas : sintetizan proteínas.
 Retículo endoplasmático : conxunto de tubos e canles
conectados. Pódese nel diferenciar dúas zonas:
- Retículo endoplasmático rugoso : asociado a ribosomas no
que se sintetizan e almacenan proteínas.
- Retículo endoplasmático liso : non asociado a ribosomas no
que sintetizan e almacenan lípidos.
 Aparello de Golgi : conxunto de sacos aplanados que constitúen o
almacén das substancias procedentes do retículo endoplasmático.
Encárgase tamén da súa secreción cara o exterior celular.
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Orgánulos celulares
 Vacúolos : Sacos onde se acumulan auga e substancias disoltas. Son
típicos das células vexetais, pero tamén aparecen nas animais.
 Lisosomas : son vesículas dixestivas.
 Centrosoma : estrutura formada por dous centriolos e fibras proteicas.
Atópase preto do núcleo e participa no reparto de material xenético na
división e na formación de cilios e flaxelos. Os centriolos só aparecen nas
células animais.
 Cloroplastos : Orgánulo cun sistema de membranas que no seu interior
conteñen clorofila, o pigmento que lles permite realízar a fotosíntese. É
exclusivo das células vexetais.
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Orgánulos celulares
Estrutura
dun
cloroplasto
Estrutura dunha mitocondria
CÉLULA EUCARIOTA ANIMAL E VEXETAL
ANIMAL VEXETAL
Teñen formas máis irregulares
que nas vexetais.
Adoitan ter unha forma prismática.
Non teñen parede vexetal. Posúen unha parede vexetal de
celulosa por fóra da membrana
plasmática que lles da resistencia e
rixidez.
Non posúen cloroplastos. Posúen cloroplastos, onde se realiza a
fotosíntese.
Non teñen vacúolos tan grandes
como nas vexetais, pero teñen
vesículas pequenas de distintos
tipos.
Teñen un gran vacúolo que ocupa boa
parte do citoplasma.
Teñen centriolos Non teñen centriolos
COMO TRABALLA A CÉLULA?
Unha célua traballa de xeito similar a unha cadea de montaxe
nunha fábrica, é dicir coordinadamente.
Agora imos tentar facer o reto que nos propoñen no libro na páxina 12
A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO
A través da membrana plasmática de xeito selectivo (pasan unhas
substancias e outras non) e mediante distintos mecanismos:
 Difusión simple ou pasiva: pasan moléculas pequenas sen carga a
favor de gradiente (O2, CO2…), así tende a igualarse a concentración
en ambolos dous lados da membrana.
 Osmose: así pasa a auga dende a disolución máis diluida cara a máis
concentrada para tamén igualar concentracións.
 Transporte mediado por proteínas: así pasan as moléculas máis
grandes (glicosa) ou con carga (ións). Pode ser a favor de gradiente
(transporte pasivo) e non require enerxía, ou en contra de gradiente
(transporte activo) e require enerxía.
A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO
 Endocitose e exocitose: para as partículas máis grandes (proteínas,
bacterias…) fórmase unha vesícula a partir da membrana que se
invaxina (endocitose) ou se evaxina (exocitose) permitindo a entrada
ou saída destas substancias.
Facilitado por: María Temes
Endocitose e Exocitose
AS FUNCIÓNS VITAIS
A célula, como vimos, constitúe a unidade funcional dos seres vivos. Esto significa
que leva a cabo todas as funcións: nutrición, relación e reprodución.
 A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman
substancias do exterior e transformanas en materia propia e enerxía.
O metabolismo son o conxunto de procesos químicos que sofren os nutrientes
dentro das células. Divídese en:
 Catabolismo: son reaccións de degradación. De moléculas orgánicas complexas a
moléculas inorgánicas sinxelas para obter enerxía. Esta enerxía será empregada
en levar a cabo as funcións celulares.
 Anabolismo: son reaccións de construción de moléculas. Convértense as
substancias máis sinxelas en substancias orgánicas complexas propias da célula
que serán empregadas na renovación, reparación e construción de estruturas da
célula. Necesitan enerxía.
Poden existir dous tipos de nutrición atendendo ás substancias que
incorporan as células. E así diferenciamos:
 Organismos autótrofos: producen a súa propia materia orgánica
(alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Para
facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de autótrofos
fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais).
 Organismos heterótrofos: aliméntanse doutros organismos ou dos
seus restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas
bacterias. Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser:
herbívoros, carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros
(=carroñeiros)...
AS FUNCIÓNS VITAIS
 A relación é a función vital que permite aos organismos captar
determinados cambios (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e
responder o mellor posible para garantir a súa supervivencia.
As células posúen na súa membrana plasmática proteínas capaces de
recibir estímulos do exterior para que poidan respostar do modo máis
axeitado.
O esquema xeral das fases desta función sería:
Estímulo-Receptor-Coordinador-Efector-Resposta
AS FUNCIÓNS VITAIS
 A función de reprodución é a capacidade dos seres vivos de xeras novos
individuos semellantes aos proxenitores para perpetuar a especie.
Durante o ciclo celular, hai unha fase na que a célula se reproduce por
división celular orixinando células “fillas”.
CICLO CELULAR
En eucariotas a división celular pode suceder de dous xeitos:
 MITOSE: a célula “nai” duplica o seu material xenético e divídeo en partes
iguais entre dúas células “fillas”, que son idénticas á proxenitora.
 MEIOSE: A célula “nai” duplica o seu material xenético e fai dúas divisións
consecutivas sen realizar unha duplicación intermedia do material
xenético. O resultado son catro células “fillas” diferentes entre sí e coa
metade dos cromosomas da “nai”. Este mecanismo orixina os gametos
(espermatozoides e óvulos) que reestablecen o material xenético logo da
súa unión na fecundación. O sentido desta “división reducional” é manter
constante o nº de cromosomas da especie tras a fecundación e dar lugar a
células “fillas” parecidas a “nai”, pero non iguais.
NIVEL PLURICELULAR: TECIDOS
Neste curso abordaremos unicamente os tecidos animais.
Un tecido é un conxunto de células semellantes que realizan unha
mesma función de xeito coordinado.
No noso organismo diferenciamos os seguintes tecidos:
 Epitelial: de revestimento e glandular.
 Conectivo: conxuntivo, cartilaxinoso e óseo.
 Muscular: liso, estriado e cardíaco.
 Nervioso
TECIDO EPITELIAL
Formado por células intimamente unidas, con pouca
substancia intercelular.
As células son en xeral de forma xeométrica.
Non leva vasos sanguíneos nin nervios, polo que vai sempre
asociado a tecido conxuntivo.
Segundo a súa función hai dous tipos:
A) Epitelios de revestimento
B) Epitelios glandulares
A) EPITELIOS DE REVESTIMENTO
As súas células están fortemente unidas a súa función
principalmente protectora. Recobre as superficies externas e os
condutos internos. Son exemplos:
 Mucosas: epitelio que recobre a cavidade bucal, o intestino, as
vías respiratorias.
 Epiderme: epitelio que forma a parte externa da nosa pel.
 Endotelio: epitelio que recobre o interior dos vasos sanguíneos e o
corazón.
MUCOSAS
Células
mortas
EPIDERME
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido conxuntivo
Tecido epitelial
ENDOTELIOS
Alveolo pulmonar
Teñen unha única capa de células para
facilitar o paso de substancias.
B) Epitelios GLANDULARES
Son epitelios con función secretora, é dicir que segregan
substancias.
As glándulas poden ser fundamentalmente:
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
 Exócrinas
O producto fabricado nelas sae por condutos secretores ó exterior
do corpo ou a unha cavidade (sudoríparas, salivares, gástricas…)
 Endócrinas
Nelas fabrícanse as hormonas. Non teñen conductos secretores, polo
que o producto formado pasa ó torrente circulatorio (glándula tiroides,
hipófese…).
Ademais adoitase a diferenciar outro tipo máis:
 Mixtas
Actúa como glándula exócrina e endócrina simultáneamente (páncreas).
Pel. Glándulas sebáceas
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
TECIDOS CONECTIVOS
Tecidos variados, con funcións protectoras ou de soporte.
Formados por células pouco diferenciadas rodeadas de
substancia intercelular de composición moi variable.
Hai catro tipos fundamentais de tecidos conectivos:
a) Tecido conxuntivo.
b) Tecido adiposo (variante do conxuntivo)
c) Tecido cartilaxinoso
d) Tecido óseo
 Tecido conxuntivo: rodea é protexe os órganos. É o “cemento” do
noso corpo. Atópase nos tendóns, nos ligamentos ou na derme.
 Tecido adiposo: a súa función primordial é acumular graxa nos
adipocitos (células especializadas nesta función). É reserva
enerxética, illante térmico e ten función protectora dalgúns
órganos.
 Tecido cartilaxinoso: as súas células, os condrocitos, producen
unha substancia intercelular resistente e flexible: a
cartilaxe.Atópase nas articulacións dos ósos, no nariz, na tráquea
ou no pavillón auricular.
 Tecido óseo: as súas células, os osteocitos, elaboran unha
substancia intercelular ríxida e compacta formada por sales
minerais de calcio e fósforo: os ósos.
TECIDO CONXUNTIVO
TECIDO ADIPOSO
TECIDO CARTILAXINOSO
TECIDO ÓSEO
TECIDO MUSCULAR
Tecido muscular liso
Tecido muscular estriado (esquelético)
Tecido muscular cardíaco (miocardio)
Células fusiformes. Máis común en
invertebrados. Nos vertebrados forma os
músculos de contracción involuntaria e
lenta, recobre cavidades internas
(dixestivo, respiratorio, vasos, útero,
vexiga urinaria...)
Formado por células
alongadas chamadas
fibras musculares,
especializadas na
contracción grazas ás
miofibriñas
proteicas de actina e
miosina.
Células plurinucleadas de aspecto
estriado (bandas claras e escuras).
Músculos de contracción voluntaria e
rápida.
Exclusivas do corazón dos vertebrados.
Células uni ou binucleadas, de aspecto
estriado. Son máis curtas e máis anchas
que as estriadas e son ramificadas.
Contracción involuntaria.
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
TECIDOS MUSCULARES
Tecido muscular liso
Fibras lisas
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido muscular estriadoI.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido muscular cardíaco
Células da neuroglía
ou da glía: células non
nerviosas con funcións
metabólicas, de soporte
e protección.
Neuronas:
células
nerviosas
TECIDO NERVIOSO
Rede complexa composta
por dous tipos de células:
NIVEL PLURICELULAR: ÓRGANOS, SISTEMAS E
APARELLOS
Os órganos son asociacións de tecidos para levar a cabo unha función
particular. Exemplos: o corazón, o estómago, os pulmóns…
Os sistemas son asociacións de órganos compostos polos mesmos tipos de
tecidos (mesma orixe) que fan unha función determinada. Os principais
son:
 Circulatorio
 Linfático
 Muscular
 Esquelético ou óseo
 Nervioso
 Endócrino
 Inmunitario
 Sistema circulatorio: formado polo corazón e os vasos sanguíneos. Conduce o
sangue por todo o corpo, distribúe as subtancias nutritivas e recolle o CO2 e os
refugallos do metabolismo.
 Sistema linfático: composto polos ganglios, os vasos e os capilares linfáticos.
Devolve o exceso de líquido extracelular ao sangue, transporta graxas e intervén
na defensa.
 Sistema muscular:é a parte activa do aparto locomotor. Formado polos músculos
esqueléticos, axúdanos a manter a nosa posición e participa na locomoción.
 Sistema esquelético: é o soporte do locomotor. Composto por ósos. Ten función
locomotora, de protección de órganos e de reserva de Ca.
 Sistema nervioso: formado polo encéfalo, a médula espiñal e os nervios. Percibe
estímulos do medio interno e externo, conduce impulsos e elabora respostas.
 Sistema endócrino: composto polas glándulas endócrinas. Colabora co nervioso
na coordinación mediante as hormonas que segrega ao sangue e que actúan
sobre células diana.
 Sistema inmunitario: atópase por todo o organismo e nos protexe fronte a entrada
de axentes patóxenos.
Os aparatos están formadas por un conxunto de órganos moi diferentes que
actúan de xeito coordinado para levar a cabo unha función superior.
Aparello respiratorio: constituído polas vías respiratorias e os pulmóns. Capta o
O2 e expulsa o CO2 producido durante o metabolismo celular.
 Aparello dixestivo: formado polo tubo dixestivo e as gándulas dixestivas
(glándulas salivares, fígado e páncreas). Capta o alimento, degradao e absorbe os
nutrientes e elimina os restos non dixeribles.
 Aparello circulatorio: composto polo sistema circulatorio (arterial e venoso) e o
sistema linfático. Formado polo corazón, os vasos sanguíneos, o sangue, os vasos
linfáticos, a linfa...
Encárgase de distribuir os nutrientes polo organismo e de recoller os refugallos do
metabolismo celular que serán eliminados nos órganos correspondentes. Tamén
participa na defensa e no control da temperatura corporal.
Aparello reprodutor: Formado polas gónadas, vías xenitais e xenitais externos.
Produce os gametos (óvulos nas femias e espermatozoides en animais). A unión dos
gametos (fecundación) orixina un novo individuo.
Aparello excretor ou urinario: formado polas vías urinarias, os riles e
outros órganos excretores (p.e. as glándulas sudoríparas).
Mantén o equilibrio hídrico do corpo e intervén na eliminación de
substancias de refugallo (excreción).
 Aparello locomotor: constituído polos sistemas muscular e esquelético.
Posibilita a locomoción e mantén a postura corporal.
O MEDIO INTERNO
Os organismos unicelulares realizan o intercambio de substancias directamente co
medio externo cos rodea.
Nos pluricelulares, sen embargo, a maioría das células que os constitúen non teñen
un contacto directo co medio externo do organismo, polo que é indispensable
dispoñer dun medio extracelular no que se poida producir ese intercambio. Este
medio extracelular está formado nos pluricelulares máis complexos (con un gran nº
de células) por diversos líquidos que fan de intermediarios entre as células do
organismo e o medio externo.
O conxunto destes líquidos é o que denominamos medio interno.
Polo tanto, o medio interno prové as células de substancias nutritivas e O2, a vez
que recolle as substancias sobrantes e o CO2 procedentes do metabolismo.
O noso organismo rexistra constantemente todas as nosas constantes vitais. Cando
unha delas se altera reacciona aplicando mecanismos para contrarrestrar esa
alteración e reestablecer a homeostase.
HOMEOSTASE
Homeostase refírese á capacidade dun organismo de manter as
propiedades internas estables mediante a compensación das alteracións.
Porén, a propia actividade celular e os cambios externos modifican
constantemente o equilibrio interno polo que o noso organismo sempre
está a traballar en manter as condicións estables.
Nos pluricelulares como nós, a grande maioría das células non teñen
contacto directo co medio externo, por iso é esencial a resposta
coordinada dos nosos órganos, sistemas e aparatos que permiten a
conexión deste medio externo co medio interno que rodea ás células. No
noso organismo este medio interno está formado polo sangue, a linfa e o
plasma intersticial (enche os espazos intercelulares).
SAÚDE E ENFERMIDADE
•Saúde: segundo a OMS a saúde é “un estado de completo benestar físico,
mental e social”.
A saúde consiste no mantemento do equilibrio entre o medio interno e o
externo. A descompensacións desemboca nun estado de enfermidade.
•Enfermidade: constitúe calquera alteración do estado de saúde por causa
física, mental ou social.
Tipos de Enfermidades:
 Enfermidades físicas: producidas por unha lesión, infección ou
proceso dexenerativo no organismo. Son as máis recoñecibles e
podémolas clasificar en:
- Infecciosas: un axente patóxeno introdúcese no organismo.
Exemplos: gripe, salmonelose...
- Non infecciosas: outras causas (xenéticas, nutricionais,
autoinmunes...). Exemplos: hemofilia, moitos tipos de cancro...
 Enfermidades mentais: debidas a un mal funcionamento do cerebro
que conduce a unha diminución da capacidade mental ou a alteracións
da conduta. Exemplos: esquizofrenia, fobias...
 Enfermidades sociais: ocasionadas polo entorno social (violencia,
carencias educativas...). Exemplos: agresividade social, tabaquismo,
drogadición, alcoholismo...
ENFERMIDADES NON INFECCIOSAS
Algúns exemplos poden ser:
 Xenéticas: herdables. Daltonismo ou hemofilia.
 Nutricionais: Alteracións na alimentación, malos hábitos. Bulimia ou
anorexia.
 Dexenerativas: por perda progresiva da funcionalidade dun órgano ou
tecido. Alzheimer ou artrite.
 Autoinmunes: o sistema inmune ataca aos seus propios tecidos. Colitis
ulcerosa.
 Endócrinas: alteracións que atinxen ao sistema endócrino. Diabete,
hipertiroidismo (bocio).
 Metabólicas: alteracións na produción ou degradacións de substancias.
Exceso de ácido úrico.
 Alérxicas: resposta inmunitaria esaxerada. Alerxia ao pole, alimentarias..
 Traumáticas: por un golpe, ferida ou queimadura.
ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Axente patóxeno causante de enfermidades infecciosas
Fungos Eucariotas pluricelulares, precisan humidade. Contaxio por
contacto. Enfermidades: pé de atleta e candidíase.
Protozoos Eucariotas unicelulares. Contaxio por contaminación da
auga ou dos alimentos e mediante picada de insectos.
Enfermidades: malaria e amebíase.
Bacterias Procariotas. Contaxio por calquera medio. Enfermidades:
tétanos, neumonía, difteria ou salmonelose.
Virus Partículas infecciosas (non células). Formados por unha
cápsula proteica que contén o material xenético. Penetra nas
células dun organismo e ao infectalas pode provocar a
enfermidade. Enfermidades: gripe, VIH, sarampelo ou
hepatite.
A TRANSMISIÓN DAS ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Contaxio: é o proceso polo que un axente
patóxeno invade o organismo dunha
persoa sa desde outra enferma. Pode ser:
 Contaxio directo: a propagación do
axente patóxeno prodúcese por
contacto físico ou por fluidos corporais
(saliva, sangue, seme…)
 Contaxio indirecto: non hai contacto
directo coa persoa portadora. Pode
producirse dende reservatorios
(hábitat (lugar ou organismo) onde
normalmente se establecen e
multiplican os patóxenos) ou mediante
vectores da enfermidade (animais
infectados).
DOAZÓN DE CÉLULAS, TECIDOS E ÓRGANOS
Actualmente é factible substituír algunhas células, tecidos e órganos que
non funcionan polos doutra persoa. A acción da cesión de células,
tecidos e órganos denomínase doazón.
 As células que se doan com maior frecuencia son os gametos para
resolver problemas de infertilidade.
 Os trasplantes de tecidos empréganse para reparar zonas alteradas.
Adoitase a utilizar tecido do propio paciente para evitar o rexeitamento.
 Os órganos máis demandados son: corazón, ollos, fígado, riles,
pulmóns e páncreas.
O maior problema nos trasplantes é a insuficiencia de doadores.
Nos países desenvolvidos, con boas
condicións hixiénicas e alimentación
suficiente e variada, as causas que
provocan a morte son diferentes ás
dos países en desenvolvemento.
En España a esperanza de vida é de
arredor dos 80 anos.
No último século aumentou máis de
corenta anos.
AUMENTO DE ESPERANZA DE VIDA EN ESPAÑA NO ÚLTIMO SÉCULO
PRINCIPAIS CAUSAS DE MORTE EN
DIFERENTES PAÍSES
PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES
Nos países desenvolvidos as maiores taxas de enfermidades débense a enfermidades non infecciosas
cuxas causas están relacionadas co noso estilo de vida.
A mellor maneira de manter a saúde e levar hábitos de vida
saudables:
 Manter a hixiene
 Seguir unha dieta variada e equilibrada e evitar as substancias
nocivas.
 Facer exercicio físico.
 Descansar o tempo axeitado.
HOMO SAPIENS: A NOSA ESPECIE
 Especie: dous individuos son da mesma especie cando poden
reproducirse e dar lugar a descendencia fértil.
UN POUCO DE HISTORIA
O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na
súa obra Systema naturae establece as bases da
sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos
en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira
xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel
abarca un ou máis do nivel inferior.
En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá
publicada na súa obra Species plantarum (1753). Este
xeito de asignar nome as especies segue a ser o que
utilizamos na actualidade:
Nome científico= nome xenérico + nome da especie
No caso da nosa especie:
Dominio:
Eucariota
Reino:
Animal
Filo ou
división:
Cordados
Clase:
Mamíferos
Orde:
Primates
Familia:
Homínidos
Xénero:
Homo
Especie:
Homo
sapiens
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 http://docplayer.es/2772955-Analogia-celula-vegetal-fabrica.html
 http://www.portalsaofrancisco.com.br/alfa/endocitose/endocitose.p
hp

More Related Content

What's hot

Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celulamontx189
 
Tema 2 division celular
Tema 2 division celularTema 2 division celular
Tema 2 division celularmontx189
 
Ciclo celular e división celular
Ciclo celular e división celularCiclo celular e división celular
Ciclo celular e división celularxulioperez
 
A celula eucariota
A celula eucariotaA celula eucariota
A celula eucariotatojocop
 
Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célulairenetraba
 
Os procariotas
Os procariotasOs procariotas
Os procariotastojocop
 
Cuestións organización celular
Cuestións organización celularCuestións organización celular
Cuestións organización celularCarmen Cid Manzano
 

What's hot (20)

Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula
 
A célula
A célulaA célula
A célula
 
Unidade 1 a célula
Unidade 1  a célulaUnidade 1  a célula
Unidade 1 a célula
 
Tema 2 division celular
Tema 2 division celularTema 2 division celular
Tema 2 division celular
 
Ciclo celular e división celular
Ciclo celular e división celularCiclo celular e división celular
Ciclo celular e división celular
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
Herdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendelianaHerdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendeliana
 
Power tema2 bioloxia_4_eso
Power tema2 bioloxia_4_esoPower tema2 bioloxia_4_eso
Power tema2 bioloxia_4_eso
 
A celula eucariota
A celula eucariotaA celula eucariota
A celula eucariota
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célula
 
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
 
A división celular
A división celularA división celular
A división celular
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
Os procariotas
Os procariotasOs procariotas
Os procariotas
 
A célula
A célula A célula
A célula
 
Tema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULATema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULA
 
A vida e a súa organización
A vida e a súa organizaciónA vida e a súa organización
A vida e a súa organización
 
Cuestións organización celular
Cuestións organización celularCuestións organización celular
Cuestións organización celular
 
Perpetuación vida. Parte I.
Perpetuación vida. Parte I.Perpetuación vida. Parte I.
Perpetuación vida. Parte I.
 

Similar to A nosa especie

Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosTema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosmartamosquera
 
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíaTema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíacolegiominmaculada
 
TEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESOTEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESOmontx189
 
Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Como son as nosas laura
Como son as nosas lauraComo son as nosas laura
Como son as nosas lauraoblogdeasun
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02LOPEZMOURENZA
 

Similar to A nosa especie (20)

Mantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casaresMantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casares
 
1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso
 
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivosTema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
Tema 2 -_organizacion_celular_dos_seres_vivos
 
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxíaTema 1 a celula 4º eso bioloxía
Tema 1 a celula 4º eso bioloxía
 
TEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESOTEMA 1 BX 4º ESO
TEMA 1 BX 4º ESO
 
Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01
 
Como son as nosas laura
Como son as nosas lauraComo son as nosas laura
Como son as nosas laura
 
A Célula
A CélulaA Célula
A Célula
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESOTema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
A célula
A célulaA célula
A célula
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
Tema 1 a célula
Tema 1 a célulaTema 1 a célula
Tema 1 a célula
 
Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera
 
Citoplasma
CitoplasmaCitoplasma
Citoplasma
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
Organización celular
Organización celularOrganización celular
Organización celular
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 

A nosa especie

  • 1. O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE Adán Gonçalves
  • 3. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA Microscopio utilizado por Robert Hooke (1665)
  • 4. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA En 1674 Leuwenhoek observou hematías, espermatozoides, protozoos e mesmo describiu unha bacteria. Todo elo grazas a un microscopio de maiores aumentos fabricado por él. Esquemas dos microorganismos obsevados por Leeuwenhoek
  • 5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi ampliada destas estructuras, podendo observar características totalmente imperceptibles ó ollo humano. En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira teoría celular segundo a cal, a célula é a unidade estructural e funcional dos seres vivos, capaz de manter unha existencia propia e independente
  • 6. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA 1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando que todas as células se orixinan a partir dunha preexistente.
  • 7. A TEORÍA CELULAR A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:  A célula é a unidade estrutural dos seres vivos  A célula é a unidade funcional de todos os seres vivos.  Toda célula procede doutra preexistente e contén o material xenético dun ser vivo. A Teoría Celular
  • 8. A TEORÍA CELULAR Sen embargo, a universalidade da teoría celular non foi completa ata que Santiago Ramón y Cajal demostrou a individualidade das neuronas. Agora si podíamos dicir que todos os tecidos están formados por células!
  • 9. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN Son os distintos graos en que se organiza a materia. Niveis Abióticos: (Non sustentan vida)  Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). As moléculas que forman parte da materia viva denomínanse biomoléculas . Hainas inorgánicas (auga e sales minerais) e orgánicas (glícidos, lípidos , proteínas e ácidos nucleicos)
  • 10. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN Niveis Bióticos: (sustentan a vida)  Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel pertencen os organismos unicelulares. É habitual que os unicelulares formen colonias (agrupación de células que manteñen a independencia).  Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituídos por máis dunha célula (organismos pluricelulares); neles as células non son independentes, hai especialización.
  • 11. Dentro do nivel pluricelular hai distintos graos de complexidade: - Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e. tecido nervioso. - Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto concreto. P.e. corazón. - Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido predominante, que se asocian para realizar unha función. P.e. sistema circulatorio. - Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes, pero cuxos actos están coordinados para levar a cabo unha función máis xeral que nos sistemas. De feito,é frecuente que inclúa varios sistemas. P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e linfático. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
  • 12. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN  Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que son coetáneos.  Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou biocenose).  Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e as súas interrrelacións.  Biosfera: todolos ecosistemas do planeta.
  • 13. OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
  • 14. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN En que se parecen?
  • 15. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN Todas as células teñen en común:  Membrana plasmática  Citoplasma  ADN que contén a información xenética da célula
  • 16. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN A partir disto a diferenciación máis básica das células establece dous niveis de organización: célula procariota e célula eucariota. Características procariotas:  Carecen de verdadeiro núcleo.  Apenas posúen orgánulos (ribosomas)  Son bacterias e similares. Reino Moneras.  Unicelulares ou colonias (Moi pequenas)
  • 17. Características eucariotas:  Posúen verdadeiro núcleo, con envoltura nuclear.  Numerosos orgánulos.  Poden ser uni ou pluricelulares. (Máis grandes)  Conforman os reinos restantes: Protoctista, fungo, vexetal e animal.  Dous tipos básicos: animal e vexetal. NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
  • 18.
  • 19. COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS Estruturas celulares  Membrana plasmática: estrutura que separa á célula do medio externo. Formada por unha bicapa lipídica con colesterol e proteínas. As proteínas que posúe cada célula confírenlle especificidade de resposta a estímulos.  Citoplasma: fluído acuoso no que se atopa o citoesqueleto (proteínas que dan forma e movemento ás células) e os orgánulos.  Núcleo: Dobre membrana que encerra o material xenético ou ADN (cromatina) no que reside toda a información do que fai a célula.  Cromosomas: a cromatina durante a división celular condénsase e forma os cromosomas que se reparten igualitariamente entre as células fillas. Nós posuímos 46 cromosomas.
  • 20.  Mitocondrias : son alongadas e nelas lévase a cabo a respiración celular.  Ribosomas : sintetizan proteínas.  Retículo endoplasmático : conxunto de tubos e canles conectados. Pódese nel diferenciar dúas zonas: - Retículo endoplasmático rugoso : asociado a ribosomas no que se sintetizan e almacenan proteínas. - Retículo endoplasmático liso : non asociado a ribosomas no que sintetizan e almacenan lípidos.  Aparello de Golgi : conxunto de sacos aplanados que constitúen o almacén das substancias procedentes do retículo endoplasmático. Encárgase tamén da súa secreción cara o exterior celular. COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS Orgánulos celulares
  • 21.  Vacúolos : Sacos onde se acumulan auga e substancias disoltas. Son típicos das células vexetais, pero tamén aparecen nas animais.  Lisosomas : son vesículas dixestivas.  Centrosoma : estrutura formada por dous centriolos e fibras proteicas. Atópase preto do núcleo e participa no reparto de material xenético na división e na formación de cilios e flaxelos. Os centriolos só aparecen nas células animais.  Cloroplastos : Orgánulo cun sistema de membranas que no seu interior conteñen clorofila, o pigmento que lles permite realízar a fotosíntese. É exclusivo das células vexetais. COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS Orgánulos celulares
  • 24. CÉLULA EUCARIOTA ANIMAL E VEXETAL ANIMAL VEXETAL Teñen formas máis irregulares que nas vexetais. Adoitan ter unha forma prismática. Non teñen parede vexetal. Posúen unha parede vexetal de celulosa por fóra da membrana plasmática que lles da resistencia e rixidez. Non posúen cloroplastos. Posúen cloroplastos, onde se realiza a fotosíntese. Non teñen vacúolos tan grandes como nas vexetais, pero teñen vesículas pequenas de distintos tipos. Teñen un gran vacúolo que ocupa boa parte do citoplasma. Teñen centriolos Non teñen centriolos
  • 25. COMO TRABALLA A CÉLULA? Unha célua traballa de xeito similar a unha cadea de montaxe nunha fábrica, é dicir coordinadamente. Agora imos tentar facer o reto que nos propoñen no libro na páxina 12
  • 26. A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO A través da membrana plasmática de xeito selectivo (pasan unhas substancias e outras non) e mediante distintos mecanismos:  Difusión simple ou pasiva: pasan moléculas pequenas sen carga a favor de gradiente (O2, CO2…), así tende a igualarse a concentración en ambolos dous lados da membrana.  Osmose: así pasa a auga dende a disolución máis diluida cara a máis concentrada para tamén igualar concentracións.  Transporte mediado por proteínas: así pasan as moléculas máis grandes (glicosa) ou con carga (ións). Pode ser a favor de gradiente (transporte pasivo) e non require enerxía, ou en contra de gradiente (transporte activo) e require enerxía.
  • 27. A CÉLULA INTERCAMBIA SUBSTANCIAS CO MEDIO  Endocitose e exocitose: para as partículas máis grandes (proteínas, bacterias…) fórmase unha vesícula a partir da membrana que se invaxina (endocitose) ou se evaxina (exocitose) permitindo a entrada ou saída destas substancias.
  • 28. Facilitado por: María Temes Endocitose e Exocitose
  • 29. AS FUNCIÓNS VITAIS A célula, como vimos, constitúe a unidade funcional dos seres vivos. Esto significa que leva a cabo todas as funcións: nutrición, relación e reprodución.  A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman substancias do exterior e transformanas en materia propia e enerxía. O metabolismo son o conxunto de procesos químicos que sofren os nutrientes dentro das células. Divídese en:  Catabolismo: son reaccións de degradación. De moléculas orgánicas complexas a moléculas inorgánicas sinxelas para obter enerxía. Esta enerxía será empregada en levar a cabo as funcións celulares.  Anabolismo: son reaccións de construción de moléculas. Convértense as substancias máis sinxelas en substancias orgánicas complexas propias da célula que serán empregadas na renovación, reparación e construción de estruturas da célula. Necesitan enerxía.
  • 30. Poden existir dous tipos de nutrición atendendo ás substancias que incorporan as células. E así diferenciamos:  Organismos autótrofos: producen a súa propia materia orgánica (alimento) a partir de materia inorgánica que toman do medio. Para facelo precisan enerxía, se esta enerxía é a do sol fálase de autótrofos fotosintéticos (algunhas bacterias e todas as algas e vexetais).  Organismos heterótrofos: aliméntanse doutros organismos ou dos seus restos. Son os protozoos, os fungos, os animais e moitas bacterias. Segundo os seus hábitos de alimentación poden ser: herbívoros, carnívoros, omnívoros, filtradores, preeiros (=carroñeiros)...
  • 31. AS FUNCIÓNS VITAIS  A relación é a función vital que permite aos organismos captar determinados cambios (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e responder o mellor posible para garantir a súa supervivencia. As células posúen na súa membrana plasmática proteínas capaces de recibir estímulos do exterior para que poidan respostar do modo máis axeitado. O esquema xeral das fases desta función sería: Estímulo-Receptor-Coordinador-Efector-Resposta
  • 32. AS FUNCIÓNS VITAIS  A función de reprodución é a capacidade dos seres vivos de xeras novos individuos semellantes aos proxenitores para perpetuar a especie. Durante o ciclo celular, hai unha fase na que a célula se reproduce por división celular orixinando células “fillas”. CICLO CELULAR
  • 33. En eucariotas a división celular pode suceder de dous xeitos:  MITOSE: a célula “nai” duplica o seu material xenético e divídeo en partes iguais entre dúas células “fillas”, que son idénticas á proxenitora.  MEIOSE: A célula “nai” duplica o seu material xenético e fai dúas divisións consecutivas sen realizar unha duplicación intermedia do material xenético. O resultado son catro células “fillas” diferentes entre sí e coa metade dos cromosomas da “nai”. Este mecanismo orixina os gametos (espermatozoides e óvulos) que reestablecen o material xenético logo da súa unión na fecundación. O sentido desta “división reducional” é manter constante o nº de cromosomas da especie tras a fecundación e dar lugar a células “fillas” parecidas a “nai”, pero non iguais.
  • 34.
  • 35. NIVEL PLURICELULAR: TECIDOS Neste curso abordaremos unicamente os tecidos animais. Un tecido é un conxunto de células semellantes que realizan unha mesma función de xeito coordinado. No noso organismo diferenciamos os seguintes tecidos:  Epitelial: de revestimento e glandular.  Conectivo: conxuntivo, cartilaxinoso e óseo.  Muscular: liso, estriado e cardíaco.  Nervioso
  • 36. TECIDO EPITELIAL Formado por células intimamente unidas, con pouca substancia intercelular. As células son en xeral de forma xeométrica. Non leva vasos sanguíneos nin nervios, polo que vai sempre asociado a tecido conxuntivo. Segundo a súa función hai dous tipos: A) Epitelios de revestimento B) Epitelios glandulares
  • 37. A) EPITELIOS DE REVESTIMENTO As súas células están fortemente unidas a súa función principalmente protectora. Recobre as superficies externas e os condutos internos. Son exemplos:  Mucosas: epitelio que recobre a cavidade bucal, o intestino, as vías respiratorias.  Epiderme: epitelio que forma a parte externa da nosa pel.  Endotelio: epitelio que recobre o interior dos vasos sanguíneos e o corazón.
  • 40. ENDOTELIOS Alveolo pulmonar Teñen unha única capa de células para facilitar o paso de substancias.
  • 41. B) Epitelios GLANDULARES Son epitelios con función secretora, é dicir que segregan substancias. As glándulas poden ser fundamentalmente: I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
  • 42.  Exócrinas O producto fabricado nelas sae por condutos secretores ó exterior do corpo ou a unha cavidade (sudoríparas, salivares, gástricas…)  Endócrinas Nelas fabrícanse as hormonas. Non teñen conductos secretores, polo que o producto formado pasa ó torrente circulatorio (glándula tiroides, hipófese…). Ademais adoitase a diferenciar outro tipo máis:  Mixtas Actúa como glándula exócrina e endócrina simultáneamente (páncreas).
  • 43. Pel. Glándulas sebáceas I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
  • 44. TECIDOS CONECTIVOS Tecidos variados, con funcións protectoras ou de soporte. Formados por células pouco diferenciadas rodeadas de substancia intercelular de composición moi variable. Hai catro tipos fundamentais de tecidos conectivos: a) Tecido conxuntivo. b) Tecido adiposo (variante do conxuntivo) c) Tecido cartilaxinoso d) Tecido óseo
  • 45.  Tecido conxuntivo: rodea é protexe os órganos. É o “cemento” do noso corpo. Atópase nos tendóns, nos ligamentos ou na derme.  Tecido adiposo: a súa función primordial é acumular graxa nos adipocitos (células especializadas nesta función). É reserva enerxética, illante térmico e ten función protectora dalgúns órganos.  Tecido cartilaxinoso: as súas células, os condrocitos, producen unha substancia intercelular resistente e flexible: a cartilaxe.Atópase nas articulacións dos ósos, no nariz, na tráquea ou no pavillón auricular.  Tecido óseo: as súas células, os osteocitos, elaboran unha substancia intercelular ríxida e compacta formada por sales minerais de calcio e fósforo: os ósos.
  • 50. TECIDO MUSCULAR Tecido muscular liso Tecido muscular estriado (esquelético) Tecido muscular cardíaco (miocardio) Células fusiformes. Máis común en invertebrados. Nos vertebrados forma os músculos de contracción involuntaria e lenta, recobre cavidades internas (dixestivo, respiratorio, vasos, útero, vexiga urinaria...) Formado por células alongadas chamadas fibras musculares, especializadas na contracción grazas ás miofibriñas proteicas de actina e miosina. Células plurinucleadas de aspecto estriado (bandas claras e escuras). Músculos de contracción voluntaria e rápida. Exclusivas do corazón dos vertebrados. Células uni ou binucleadas, de aspecto estriado. Son máis curtas e máis anchas que as estriadas e son ramificadas. Contracción involuntaria. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense TECIDOS MUSCULARES
  • 51. Tecido muscular liso Fibras lisas I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
  • 52. Tecido muscular estriadoI.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
  • 54. Células da neuroglía ou da glía: células non nerviosas con funcións metabólicas, de soporte e protección. Neuronas: células nerviosas TECIDO NERVIOSO Rede complexa composta por dous tipos de células:
  • 55. NIVEL PLURICELULAR: ÓRGANOS, SISTEMAS E APARELLOS Os órganos son asociacións de tecidos para levar a cabo unha función particular. Exemplos: o corazón, o estómago, os pulmóns… Os sistemas son asociacións de órganos compostos polos mesmos tipos de tecidos (mesma orixe) que fan unha función determinada. Os principais son:  Circulatorio  Linfático  Muscular  Esquelético ou óseo  Nervioso  Endócrino  Inmunitario
  • 56.  Sistema circulatorio: formado polo corazón e os vasos sanguíneos. Conduce o sangue por todo o corpo, distribúe as subtancias nutritivas e recolle o CO2 e os refugallos do metabolismo.  Sistema linfático: composto polos ganglios, os vasos e os capilares linfáticos. Devolve o exceso de líquido extracelular ao sangue, transporta graxas e intervén na defensa.  Sistema muscular:é a parte activa do aparto locomotor. Formado polos músculos esqueléticos, axúdanos a manter a nosa posición e participa na locomoción.  Sistema esquelético: é o soporte do locomotor. Composto por ósos. Ten función locomotora, de protección de órganos e de reserva de Ca.  Sistema nervioso: formado polo encéfalo, a médula espiñal e os nervios. Percibe estímulos do medio interno e externo, conduce impulsos e elabora respostas.  Sistema endócrino: composto polas glándulas endócrinas. Colabora co nervioso na coordinación mediante as hormonas que segrega ao sangue e que actúan sobre células diana.  Sistema inmunitario: atópase por todo o organismo e nos protexe fronte a entrada de axentes patóxenos.
  • 57. Os aparatos están formadas por un conxunto de órganos moi diferentes que actúan de xeito coordinado para levar a cabo unha función superior. Aparello respiratorio: constituído polas vías respiratorias e os pulmóns. Capta o O2 e expulsa o CO2 producido durante o metabolismo celular.  Aparello dixestivo: formado polo tubo dixestivo e as gándulas dixestivas (glándulas salivares, fígado e páncreas). Capta o alimento, degradao e absorbe os nutrientes e elimina os restos non dixeribles.  Aparello circulatorio: composto polo sistema circulatorio (arterial e venoso) e o sistema linfático. Formado polo corazón, os vasos sanguíneos, o sangue, os vasos linfáticos, a linfa... Encárgase de distribuir os nutrientes polo organismo e de recoller os refugallos do metabolismo celular que serán eliminados nos órganos correspondentes. Tamén participa na defensa e no control da temperatura corporal. Aparello reprodutor: Formado polas gónadas, vías xenitais e xenitais externos. Produce os gametos (óvulos nas femias e espermatozoides en animais). A unión dos gametos (fecundación) orixina un novo individuo.
  • 58. Aparello excretor ou urinario: formado polas vías urinarias, os riles e outros órganos excretores (p.e. as glándulas sudoríparas). Mantén o equilibrio hídrico do corpo e intervén na eliminación de substancias de refugallo (excreción).  Aparello locomotor: constituído polos sistemas muscular e esquelético. Posibilita a locomoción e mantén a postura corporal.
  • 59. O MEDIO INTERNO Os organismos unicelulares realizan o intercambio de substancias directamente co medio externo cos rodea. Nos pluricelulares, sen embargo, a maioría das células que os constitúen non teñen un contacto directo co medio externo do organismo, polo que é indispensable dispoñer dun medio extracelular no que se poida producir ese intercambio. Este medio extracelular está formado nos pluricelulares máis complexos (con un gran nº de células) por diversos líquidos que fan de intermediarios entre as células do organismo e o medio externo. O conxunto destes líquidos é o que denominamos medio interno. Polo tanto, o medio interno prové as células de substancias nutritivas e O2, a vez que recolle as substancias sobrantes e o CO2 procedentes do metabolismo. O noso organismo rexistra constantemente todas as nosas constantes vitais. Cando unha delas se altera reacciona aplicando mecanismos para contrarrestrar esa alteración e reestablecer a homeostase.
  • 60. HOMEOSTASE Homeostase refírese á capacidade dun organismo de manter as propiedades internas estables mediante a compensación das alteracións. Porén, a propia actividade celular e os cambios externos modifican constantemente o equilibrio interno polo que o noso organismo sempre está a traballar en manter as condicións estables. Nos pluricelulares como nós, a grande maioría das células non teñen contacto directo co medio externo, por iso é esencial a resposta coordinada dos nosos órganos, sistemas e aparatos que permiten a conexión deste medio externo co medio interno que rodea ás células. No noso organismo este medio interno está formado polo sangue, a linfa e o plasma intersticial (enche os espazos intercelulares).
  • 61. SAÚDE E ENFERMIDADE •Saúde: segundo a OMS a saúde é “un estado de completo benestar físico, mental e social”. A saúde consiste no mantemento do equilibrio entre o medio interno e o externo. A descompensacións desemboca nun estado de enfermidade. •Enfermidade: constitúe calquera alteración do estado de saúde por causa física, mental ou social.
  • 62. Tipos de Enfermidades:  Enfermidades físicas: producidas por unha lesión, infección ou proceso dexenerativo no organismo. Son as máis recoñecibles e podémolas clasificar en: - Infecciosas: un axente patóxeno introdúcese no organismo. Exemplos: gripe, salmonelose... - Non infecciosas: outras causas (xenéticas, nutricionais, autoinmunes...). Exemplos: hemofilia, moitos tipos de cancro...  Enfermidades mentais: debidas a un mal funcionamento do cerebro que conduce a unha diminución da capacidade mental ou a alteracións da conduta. Exemplos: esquizofrenia, fobias...  Enfermidades sociais: ocasionadas polo entorno social (violencia, carencias educativas...). Exemplos: agresividade social, tabaquismo, drogadición, alcoholismo...
  • 63. ENFERMIDADES NON INFECCIOSAS Algúns exemplos poden ser:  Xenéticas: herdables. Daltonismo ou hemofilia.  Nutricionais: Alteracións na alimentación, malos hábitos. Bulimia ou anorexia.  Dexenerativas: por perda progresiva da funcionalidade dun órgano ou tecido. Alzheimer ou artrite.  Autoinmunes: o sistema inmune ataca aos seus propios tecidos. Colitis ulcerosa.  Endócrinas: alteracións que atinxen ao sistema endócrino. Diabete, hipertiroidismo (bocio).  Metabólicas: alteracións na produción ou degradacións de substancias. Exceso de ácido úrico.  Alérxicas: resposta inmunitaria esaxerada. Alerxia ao pole, alimentarias..  Traumáticas: por un golpe, ferida ou queimadura.
  • 64. ENFERMIDADES INFECCIOSAS Axente patóxeno causante de enfermidades infecciosas Fungos Eucariotas pluricelulares, precisan humidade. Contaxio por contacto. Enfermidades: pé de atleta e candidíase. Protozoos Eucariotas unicelulares. Contaxio por contaminación da auga ou dos alimentos e mediante picada de insectos. Enfermidades: malaria e amebíase. Bacterias Procariotas. Contaxio por calquera medio. Enfermidades: tétanos, neumonía, difteria ou salmonelose. Virus Partículas infecciosas (non células). Formados por unha cápsula proteica que contén o material xenético. Penetra nas células dun organismo e ao infectalas pode provocar a enfermidade. Enfermidades: gripe, VIH, sarampelo ou hepatite.
  • 65. A TRANSMISIÓN DAS ENFERMIDADES INFECCIOSAS Contaxio: é o proceso polo que un axente patóxeno invade o organismo dunha persoa sa desde outra enferma. Pode ser:  Contaxio directo: a propagación do axente patóxeno prodúcese por contacto físico ou por fluidos corporais (saliva, sangue, seme…)  Contaxio indirecto: non hai contacto directo coa persoa portadora. Pode producirse dende reservatorios (hábitat (lugar ou organismo) onde normalmente se establecen e multiplican os patóxenos) ou mediante vectores da enfermidade (animais infectados).
  • 66. DOAZÓN DE CÉLULAS, TECIDOS E ÓRGANOS Actualmente é factible substituír algunhas células, tecidos e órganos que non funcionan polos doutra persoa. A acción da cesión de células, tecidos e órganos denomínase doazón.  As células que se doan com maior frecuencia son os gametos para resolver problemas de infertilidade.  Os trasplantes de tecidos empréganse para reparar zonas alteradas. Adoitase a utilizar tecido do propio paciente para evitar o rexeitamento.  Os órganos máis demandados son: corazón, ollos, fígado, riles, pulmóns e páncreas. O maior problema nos trasplantes é a insuficiencia de doadores.
  • 67. Nos países desenvolvidos, con boas condicións hixiénicas e alimentación suficiente e variada, as causas que provocan a morte son diferentes ás dos países en desenvolvemento. En España a esperanza de vida é de arredor dos 80 anos. No último século aumentou máis de corenta anos. AUMENTO DE ESPERANZA DE VIDA EN ESPAÑA NO ÚLTIMO SÉCULO PRINCIPAIS CAUSAS DE MORTE EN DIFERENTES PAÍSES PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES Nos países desenvolvidos as maiores taxas de enfermidades débense a enfermidades non infecciosas cuxas causas están relacionadas co noso estilo de vida.
  • 68. A mellor maneira de manter a saúde e levar hábitos de vida saudables:  Manter a hixiene  Seguir unha dieta variada e equilibrada e evitar as substancias nocivas.  Facer exercicio físico.  Descansar o tempo axeitado. HOMO SAPIENS: A NOSA ESPECIE  Especie: dous individuos son da mesma especie cando poden reproducirse e dar lugar a descendencia fértil.
  • 69. UN POUCO DE HISTORIA O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na súa obra Systema naturae establece as bases da sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior. En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá publicada na súa obra Species plantarum (1753). Este xeito de asignar nome as especies segue a ser o que utilizamos na actualidade: Nome científico= nome xenérico + nome da especie
  • 70.
  • 71. No caso da nosa especie: Dominio: Eucariota Reino: Animal Filo ou división: Cordados Clase: Mamíferos Orde: Primates Familia: Homínidos Xénero: Homo Especie: Homo sapiens