SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Nome e ApelidosNº
A vida na Terra
Características que convirten á Terra en habitable:
A Terra é o único planeta do sistema solar que alberga vida. Desde o espazo vese azul e verde cun pouco de brillo: o azul é auga, o verde os bosques coa súa clorofila e o brillo provén da luz reflectida pola atmosfera que a rodea. A existencia de vida na Terra depende de factores físico-químicos que, ao mesmo tempo, son o resultado da distancia da Terra do Sol e o seu tamaño, o cal determina a súa masa.
O noso planeta non está nin lonxe nin cerca do Sol e conxuntamente coas características de rotación, traslación e inclinación do eixo fai que a temperatura media do planeta sexa de 15 ºC,  unha Tª axeitada para a vida e que permite que poidamos encontrar auga en estado líquido.
A auga é imprescindible para a vida, pois nela realízanse a totalidade das reaccións químicas do noso metabolismo. É tan importante que a súa falta ocasiona a morte ou a falta de vida.
Se a Terra fose máis pequena, a súa masa non podería atraer por gravidade a súa atmosfera protectora. A atmosfera deixa pasar a luz visible, coa que se realizan os procesos vitais para os vexetais e, non obstante, atrapa as radiacións de alta enerxía pola súa composición rica nun isótopo do osíxeno (o ozono). A atmosfera é rica en osíxeno, o cal facilita o proceso vital da respiración (común a todos os seres vivos animais e vexetais).
A presenza dunha serie de elementos químicos fundamentais: hidróxeno, osíxeno, carbono e nitróxeno que combinados forman as moléculas orgánicas básicas para a vida.
Elementos comúns aos seres vivos
A unidade de composición
Todos o seres vivos están formados por  bioelementos.
Os biolementos son os elementos químicos que forman parte da materia orgánica. A inmensa maioría dos seres vivos están formados polos mesmos elementos químicos. A Terra componse duns 100 elementos químicos e a vida constitúese nun 96% por catro deles: osíxeno (O), carbono (C), hidróxeno (H) e nitróxeno (N). Aínda que o osíxeno é o elemento maioritario, é o carbono o elemento máis representativo da materia viva pola súa capacidade para combinarse con outros elementos e formar longas e moi variadas cadeas.
Todos os seres vivos están formados por biomoléculas
As biomoléculas son as combinacións dos bioelementos formando moléculas. As que poden existir fóra e nos seres vivos son as inorgánicas e as que son exclusivas da materia viva son as biomoléculas orgánicas.
As biomoléculas ou moléculas orgánicas son exclusivas da materia viva. Son:
Azucres ou glícidos que teñen función enerxética, de reserva e de formadores de estruturas;
Lípidos, que son os aceites e as graxas con misións fundamentalmente enerxéticas e estruturais
Proteínas: longas cadeas formadas por aminoácidos con múltiples e importantísimas funcións como reguladoras, estruturais, defensivas, transportadoras, reserva...
Ácidos nucleicos, cadeas longas formadas por nucleótidos que almacenan a información xenética como é o caso do ADN
As moléculas inorgánicas
Son a auga e os sales minerais.
A auga é a molécula maioritaria en todos os seres vivos e de maior importancia. As plantas teñen entre o 60-80% de auga, nos animais pode chegar a supor o 90%. No home é o 70%. É o medio de transporte de substancias, é o medio físico no que se producen as reaccións químicas e mantén a temperatura e as condicións internas dos seres vivos constantes.
Os sales minerais ademais de formar parte dos minerais e das rochas, encóntranse en estruturas sólidas (esqueletos, cunchas, cinzas, ósos...).
A unidade de organización e funcionamento: a célula.
As biomoléculas agrúpanse e forman conxuntos dotados de vida que chamamos células, son as unidades de vida. Estas células realizan unha serie de funcións características en todas e cada unha delas, son as chamadas funcións vitais que van encamiñadas a manter con vida o individuo (nutrición e relación) e a perpetualo (reprodución).
A teoría celular
Desde que se descubriron as primeiras células no século XVII a técnica e a ciencia da citoloxía avanzou considerablemente. Canto máis avanzaba a técnica máis se coñecía do interior celular. A teoría celular (M.J. Schleiden e T. Schwann, en 1839) postulou que:
Todo ser vivo está formado por unha ou moitas células
A célula é a estrutura máis pequena que cumpre con todas as funcións vitais
Toda célula procede doutra célula por división dela
Tipos de células:
Existen dous tipos fundamentais de células:
A célula procariota, sen núcleo e poucos orgánulos celulares. Un exemplo son as bacterias.
A célula eucariota, con núcleo e moitos e variados orgánulos celulares. Entre as células eucariotas podemos encontrar dúas organizacións diferentes:
A célula eucariota animal, sen parede celular nin cloroplastos pero con centríolos.
A célula eucariota vexetal, con parede vexetal e con cloroplastos.
Partes fundamentais da célula eucariota típica :
A membrana plasmática, unha envoltura fina que rodea a célula e permite a entrada e saída de substancias e onde se poden encontrar estruturas para o movemento da célula como cilios e flaxelos.
Citoplasma, xel onde flotan os orgánulos celulares de funcións diversas e específicas como as mitocondrias (orgánulo que lle dá enerxía á célula) e os ribosomas (orgánulo que sintetiza proteínas)
Núcleo, onde encontramos o material xenético, os cromosomas..
A célula vexetal ten unha parede grosa que recobre a membrana plasmática. Está formada por celulosa e dálle rixidez e soporte á célula. Todas as células vexetais posúen ademais plastos que son orgánulos que poden acumular substancias diversas. Se estes acumulan clorofila (un pigmento de cor verde imprescindible para facer a fotosíntese) chámase cloroplasto que é un orgánulo exclusivo das células vexetais..
As células dun mesmo organismo non teñen porque ser iguais, xa que as células nos organismos complexos se especializan. No home temos células sanguíneas como os glóbulos vermello   (transportan osíxeno) ou glóbulos brancos (sistema inmunitario defensivo); neuronas que transmiten o impulso nervioso...etc
Un grupo de células iguais forma un tecido que pode formar parte de un órgano. O órganos agrúpanse en sistemas ou aparatos que conforman entre sí un individuo ou organismo pluricelular.
As funcións dos seres vivos
Todos os seres vivos realizan 3 funcións vitais: nutrición, relación e reproducción.
Función de nutrición
Existen dúas formas xerais de obtención de substancias nutritivas: a nutrición autótrofa e a heterótrofa.
Os organismos autótrofos aliméntanse de substancias inorgánicas do medio como auga e sales que absorben polas raíces e o CO2 que incorporan polas follas. Coa fonte de enerxía da luz solar transfórmanos en alimentos, en materia orgánica propia. É  o caso das algas e plantas a través da fotosíntese nos cloroplastos. Hai outros seres cicos autótrofos que non realizan fotosíntese, pero non o s estudaremos.
Os organismos heterótrofos son incapaces de fabricar a súa propia materia orgánica a partir da inorgánica e por iso deben alimentarse de outros seres vivos que xa a posúen.
Serán herbívoros os que comen plantas ou algas, carnívoros os que se alimentan da carne doutros animais, omnívoros aqueles que comen tanto plantas como animais e saprofitos os que se alimentan de materia orgánica en descomposición (cadáveres de animis, restos de plantas..etc).
Poden obter o alimento cazando (depredadores), comendo seres mortos (necrófagos), comendo vexetais (fitófagos), filtrando anacos de seres vivos moi pequenos (detritívoros), descompoñendo seres vivos (saprófagos), ou tomando os zumes dos seres vivos sen matalos (parásitos).
Función de reprodución
A función de reprodución asegura a perpetuación da vida. Pode ser de dous tipos: asexual e sexual.
Na asexual intervén un só individuo que se divide e dá dous seres idénticos a el (bipartición, xemación, esporulación ou rexeneración...). Ex; mofos, os corais, as plantas por esquexe.
Na sexual interveñen dous individuos que intercambian o material xenético para dar un individuo novo e distinto.
Función de relación:
Tras nacer, os seres vivos medran e se relacionan entre eles e co medio no que viven. AO vivir nun medio precisas detectar os cambios que se producen: localizar fontes de alimentos, fuxir de depredadores, buscar unha parella... . Porén, desenvolvéronse os órganos dos sentidos coordinados cun sistema nervioso.
Os vexetais tamén son capaces de responder a estímulos, como a busca da luz, abrir ou pechar as flores no día e a  noite respectivamente, oi detectar  movementos e diferenzas de presión como é no caso dalgunhas acacias e plantas carnívoras.
A diversidade dos seres vivos
Existe gran diversidade na forma e no tamaño dos seres vivos, desde o nivel de organización celular ata o pluricelular. Isto é porque os seres vivos adáptanse ao medio no que viven, é dicie desenvolven características que melloran a súa oportunidade de sobrevivir e deixar descendencia. Porén, os organismos evolucionan e os que non se adaptan, desaparecen da Terra.
Hai desde organismos microscópicos que non alcanzan os 0,2-0,3 mm ata a balea azul de ata 33 m e 150 toneladas de peso. Nos vexetais existe unha árbore, a sequoia xigante, que pode chegar aos 120 metros de altura e no mundo dos fungos, existe unha especie chamada armilaria da cor do mel que chegou a ter un peso de 11 toneladas e ocupaba unha superficie de 600 hectáreas.
Os medios acuático e terrestre
O medio ambiente é o espazo que sustenta e roda aos seres vivos.
A maioría dos seres vivos desenvólvense nun medio terrestre (rodeados de aires) ou acuático (rodeados de auga). En función do medio de onde vivan vai determinar a forma e especies de organismos que van a vivir.
A temperatura
Os cambios de temperatura son máis drásticos e rápidos no aire que na auga.
Todos os seres vivos precisan vivir dentro dun rango de temperatura interna para manter as funcións vitais. En función disto os seres vivos poden ser:
Homeotermos: posúen mecanismos internos que regulan a súa temperatura e manteñen esta de xeito constante e independentemente da Tª exterior. Por exemplo aves e mamíferos somos homeotermos.
Poiquilotermos: non posúen mecanismos reguladores. A tª do corpo é variable e depende do medio exterior. Por exemplo os peixes, insectos ou réptiles.
Adaptacións a Tª
Os animais homeotermos desenvolveron capas illantes protectoras: pelo nos mamíferos, plumas nas aves e grosas capas de graxa baixo a pel.
Os animais terrestres poiquilotermos pasan o inverno aletargados, escondidos ou restrinxen a súa distribucións aos ambientes máis favorables para eles.
As plantas
Cando chega o frío as árbores de folla caduca perden as follas nos meses máis fríos. Outras plantas perden todas as partes aéreas quedando soterrando bulbos e rizomas baixo a terra como é o caso de Narcisos, Asphodelus ou xacintos. Outras plantas desaparecen por completo quedando só as sementes como en moitas gramíneas. Putras plantas adoitan formas redondeadas e mestas  para evitar que o aire frío conxele a planta.
A densidade
A auga é unhas 2000 veces máis densa que o aire, afectando á locomoción e movemento dos organismos. Ao ser máis densa pode soster por sí mesma a moitos organismos que viven nela. Un exemplo son as medusas que ao estar formadas por un corpo xelatinoso cunha gran proporción de auga sostéñense sen esforzo na columna de auga.  Isto tamén permite que poidan adoitar moitas formas ramificadas e fráxiles como os corais, que no medio terrestre non se sosterían.
Tamén permite vivir a organismos moi grandes como as baleas ou luras xigantes, mentres que na Terra o límite o marca o peso que poidan soster.
A densidade da auga refrea o avance e locomoción dos organismo, sendo os deprazamentos nos medios acuáticos máis lentos e con adaptacións diferentes:
Os peixes teñen forma de “torpedo” que favorece o movemento e é hidrodinámica.
Algúns cefalópodos móvense a propulsión soltando un choro de auga. As medusas móvense con contraccións do seu corpo e os peixe pódense mover con movementos da súas aletas.
No medio terrestre, o aire é moito menos denso o que permite as aves e insectos poder voar con ás de diferentes tipos e outros animais como reptís e mamíferos desenvolveron extremidades embaixo e a un e outro lado do corpo
5.3.A Diversidade na auga:
Para poder respirar os peixes desenvolveron branquias que son órganos divididos en finas laminiñas que rematan en “flecos” aumentando así  a superficie de contacto coa auga e que están moi vascularizados (gran cantidade de vasos sanguíneos). Estes vasos sanguíneos absorben o osíxeno e desprenden o CO2 , residuo da respiración.
As algas para evitar ser arrastradas teñen rizoides e bulbos de fixación.
As lapas adhírense facendo efecto “ventosa” ás rochas.
As esponxas filtran na auga sen moverse.
Os organismos acuáticos poden poñer ovos sen cáscara, xa que non hai tanto perigo de que “casquen” ou se desequen.
5.3.B. Diversidade da Terra
Na terra os seres vivos teñen que adaptarse aos cambios bruscos de temperatura e estruturas de sostén que lles permita moverse ou sosterse. Os problemas fundamentais  son obter e conservar a auga e captar osíxeno da atmosfera
As plantas para obter auga fano a través das raíces, que se comunican cuns feixes condutores (xilema e floema) que os comunican co resto das partes da planta. Para desfacerse do exceso de auga e favorecer o intercambio de gases empregan os estomas que son unha aberturas que se atopan nas follas. Outras plantas para conservar a auga desenvolven pelos, recóbrense dunha cera ou incluso modifican as follas en espiñas. Outra posibilidade é perder as follas e acumular a auga no tallo.
Algúns animais precisan vivir en zonas húmidas ou preto da auga para manter o corpo húmido como babosas, miñocas ou anfibios (rás, pintafontes, saramántigas). Outros fabrica cubertas protectoras como os caracois. Os réptiles cubriron o corpo con escamas. Os insectos protexen o corpo cun exosesquelete chamado caparazón de quitina. Aves e réptiles poñen ovos con casca endurecida.
Para captar o osíxeno do aire os animais desenvolveron aparatos respiratorios internos. Deste xeito os insectos posúen traqueas que son unha rede de finos tubos que percorren o corpo do animal como é no caso dos insectos. En anfibios, réptiles, aves e mamíferos dispoñen de pulmóns.
5.3.B.Entre o medio terrestre e o acuático.
Hai animais que poden vivir entre a terra e a auga e adquiriron formas para desenvolverse en ambos medios.
Hai aves como as alcas, frailecillos, araos, cormoráns, parrulos ou garzas que pasan gran parte do seu tempo na auga, e por iso recobren as plumas cunha capa de cera para que sexan máis illantes e permeables. Moitas destas especies presentan patas palmeadas (con membranas entre as dedas) que empregan como remos na natación.
Certos mamíferos adaptáronse tanto ao medio acuático que non poden vivir na terra como golfiños e baleas, os cales son mamíferos que presentan un capa de graxa moi salientable como illante térmico.
Outros animais adaptaron a forma do corpo á natación dun xeito especial. As lontras por exemplo posúen un perfil hidrodinámico, membros palmeados, cola longa a xeito de timón e unha pelaxe lisa e bastante impermeable
Actividades
Que consecuencias favorables para a aparición da vida na Terra se derivan tanto da existencia de atmosfera como da súa composición e características?
Pensas que a capacidade desprazarse é unha característica común a todos os seres vivos? Razoa a resposta
Que é un bioelemento?
Existen moléculas que só están presentes nos seres vivos? Cales son?
Que biomoléculas proporcionan enerxía ao organismo? Como se chaman as responsables da reprodución e da herdanza?
Explica que é incorrecto na seguinte frase: “ Un elefante é máis grande que un rato, non por ter máis células, senón porque estas son máis grandes”
Describe os niveis de organización e a estrutura dunha célula típica.
Que tipos de células existen segundo a disposición do material xenético?
Que organismos están constituídos por células eucariotas?
Enumera dez seres vivos formados por células eucariotas
Por que se di que a célula é a unidade estrutural da vida?
Que son os organismos autótrofos e heterótrofos?
Que órganos son os responsables da incorporación de nutrintes ás plantas?
Se sementas un esquexe de xeranio nun testo, ao cabo dun tempo fórmase unha planta. Que tipo de reprodución é?
Por que son importantes as funcións de relación e reprodución nos seres vivos?
Define coas túas palabras o concepto de adaptación.
Que entendemos por animais homeotermos? Pon exemplos de especies.
Por que tanto mamíferos como aves poden vivir en zonas moi frías e moi cálidas do planeta?
Por que non existen réptiles na Antártida ou no Polo Norte?
Nomea adaptacións que presenten árbores de zonas frías para facer fronte ás baixas temperaturas.
Unha troita e un rato teñen aproximadamente o mesmo peso, pero o esquelete da troita é moito máis lixeiro co da troita. Sabes a razón?
Se os peixes tiveran forma esférica, desprazaríanse mellor pola auga? Por que?
Que adaptacións pensas que teñen os percebes e mexillóns para defenderse da ondaxe, as correntes e fortes mareas?
Como captan o osíxeno as branquias?
Investiga e describe algunhas adaptacións que mostran os peixes a grandes profundidades.
Que adaptacións amosan os vexetais de zonas secas para conservar a auga?
Como captan o osíxeno os animais terrestres?
Por que a miñoca vive sempre en solos húmidos?
Os nenúfares son plantas acuáticas. Por que pensas que as súas follas teñen esa forma tan característica?
Que característica observámoslle a un cator para facernos pensar que pasa gran parte da sçua vida na auga?

1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións

More Related Content

What's hot (18)

Célula
CélulaCélula
Célula

División celular
División celularDivisión celular
División celular

A Célula
A CélulaA Célula
A Célula

A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos

Mantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casaresMantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casares

A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie

Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos

Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02

Tema 1 a célula
Tema 1 a célulaTema 1 a célula
Tema 1 a célula

A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética

Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula

Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESOTema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii

A célula
A célulaA célula
A célula

Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii

Os sere vivos
Os sere vivos Os sere vivos
Os sere vivos

O descubrimento da célula
O descubrimento da célulaO descubrimento da célula
O descubrimento da célula

Viewers also liked

Tema 10 las plantas. ed oxford 1º eso
Tema 10 las plantas. ed oxford  1º esoTema 10 las plantas. ed oxford  1º eso
Tema 10 las plantas. ed oxford 1º esomompito

UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior TerrestreUD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestrefaroluas

Presentación Biomoléculas 3 ESO
Presentación Biomoléculas 3 ESOPresentación Biomoléculas 3 ESO
Presentación Biomoléculas 3 ESOa arg

Presentacion fotosintesis
Presentacion fotosintesisPresentacion fotosintesis
Presentacion fotosintesisdortizmora

Fotosíntesis entretenida (animada)
Fotosíntesis entretenida (animada)Fotosíntesis entretenida (animada)
Fotosíntesis entretenida (animada)Hogar

Viewers also liked (7)

Tema 10 las plantas. ed oxford 1º eso
Tema 10 las plantas. ed oxford  1º esoTema 10 las plantas. ed oxford  1º eso
Tema 10 las plantas. ed oxford 1º eso

Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas

UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior TerrestreUD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre
UD 0_1: Minerais e rochas. Estudo do Interior Terrestre

Presentación Biomoléculas 3 ESO
Presentación Biomoléculas 3 ESOPresentación Biomoléculas 3 ESO
Presentación Biomoléculas 3 ESO

Presentacion fotosintesis
Presentacion fotosintesisPresentacion fotosintesis
Presentacion fotosintesis

Fotosíntesis entretenida (animada)
Fotosíntesis entretenida (animada)Fotosíntesis entretenida (animada)
Fotosíntesis entretenida (animada)

La célula: Introducción
La célula: IntroducciónLa célula: Introducción
La célula: Introducción

Similar to 1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións

Similar to 1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións (20)

Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición

Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1

Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos

A biosfera
A biosferaA biosfera
A biosfera

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera

Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primaria

Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimaria

Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida

Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB

Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera

Tema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemasTema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemas

As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais

Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1

Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares

Os Ecosistemas
Os EcosistemasOs Ecosistemas
Os Ecosistemas

Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01

Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto

Os seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relaciónsOs seres vivos e as súas relacións
Os seres vivos e as súas relacións

tema 1 ciencias naturales
tema 1 ciencias naturalestema 1 ciencias naturales
tema 1 ciencias naturales

Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e MonerasTema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental

Google
GoogleGoogle
Google

T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina

T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía

T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra

T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio

Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz

Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013

Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido

Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar

1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa

2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura

2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa

1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011

2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía

2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples

1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego

1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións

• 1. Nome e ApelidosNº