A BIOSFERA: OS SERES VIVOS
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
Imaxina que estás cos teus amigos ou a túa familia nunha caverna e como
vai frío decidides facer lume para quentarvos.
Como andas moi canso quedas atrapado polos movementos das lapas da
fogueira e comezas a darlle voltas ao miolo facéndote preguntas:
 O lume nace?
 Pode morrer?
 Reprodúcese?
 Crece?
 Aliméntase?
 Respira?
 O lume é un ser vivo?
 Que caracteriza a un ser vivo?
1. QUE CARACTERIZA A UN SER VIVO?
O que caracteriza a un ser vivo é levar a cabo as tres funcións vitais:
nutrición, relación e reprodución.
A unidade máis sinxela que pode desenvolver estas tres funcións é a
célula; por iso se di que é a unidade básica da vida.
Os seres vivos podemos realizar estas tres funcións porque estamos
organizados en distintos niveis de complexidade crecente.
O nivel máis básico da vida é o nivel de célula, sen células non hai
vida.
2. ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
Hai organismos formados por unha soa célula: os organismos
unicelulares. Son exemplos as bacterias ou os protozoos.
Pero tamén, hai seres vivos formados por máis dunha célula: os
organismos pluricelulares. É o caso dos vexetais ou dos animais.
As células dos pluricelulares especialízanse nunha función concreta e
dependen unhas doutras.
Ademais organízanse para formar tecidos, éstes a súa vez reúnense en
órganos, e os órganos a súa vez forman aparellos e sistemas.
Ex. 19-20-21 pax 88 do libro
3. CONCEPTO DE BIOSFERA
A Biosfera é a capa da Terra formada por todos os seres vivos e as
relacións que se establecen entre eles e o medio.
Podemos considerala o nivel de organización máis elevado dos seres vivos.
Pois os organismos asócianse formando poboacións, éstas constitúen
comunidades que a súa vez forman ecosistemas.
Todos os ecosistemas do planeta forman a Biosfera ou Ecosfera.
4. AS FUNCIÓNS VITAIS
4.1. NUTRICIÓN
Son o conxunto de procesos mediante os cales os seres vivos conseguen
materia e enerxía para realizar o resto de funcións vitais.
Segundo a súa nutrición os organismos poden ser:
 Autótrofos: organismos capaces de fabricar a súa materia orgánica a
partir de materia inorgánica. Son algunhas bacterias, as algas e as
plantas.
 Heterótrofos: organismos que precisan obter a materia orgánica doutro
organismo a través da alimentación. Son moitas bacterias, os protozoos,
os fungos e os animais.
4. AS FUNCIÓNS VITAIS
4.2. RELACIÓN
Os seres vivos detectamos cambios (estímulos) tanto no medio interno
coma no externo e elaboramos respostas axeitadas a eles para
sobrevivir, esto é a relación.
4.2. RELACIÓN
A resposta a un estímulo pode ser tan simple como o movemento dunha
bacteria cara a luz.
Os animais podemos percibir estímulos
mediante unhas estruturas especiais
chamadas receptores, como son os
órganos dos sentidos.
As plantas carecen de órganos dos
sentidos e non se desprazan (si se moven),
pero tamén poden respostar a estímulos
como a luz ou a presenza de auga.
4. AS FUNCIÓNS VITAIS
4. AS FUNCIÓNS VITAIS
4.3. REPRODUCIÓN
Son o conxunto de procesos que permiten a perpetuación das especies.
Os seres vivos producen descendentes que son idénticos ou parecidos aos
seus proxenitores.
Hai dous tipos:
 Reprodución asexual: precisa un só proxenitor e xera copias idénticas.
 Reprodución sexual: precisa dous proxenitores e orixina variabilidade
na descendencia. Necesita ademais unhas células especializadas
chamadas gametos.
VANTAXES E INCONVINTES DA REPRODUCIÓN ASEXUAL
Vantaxes:
1. É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles.
2. Pódese levar a cabo cun só individuo.
3. Pode dar lugar a grande cantidade de individuos.
Inconvintes:
1. Non aumenta a variabilidade
VANTAXES E INCONVINTES DA REPRODUCIÓN SEXUAL
Vantaxes:
1. Permite unha maior variabilidade xenética, e isto favorece a
supervivencia da especie.
Inconvintes:
1. Precísanse dous proxenitores.
Os gametos teñen que encontrarse (grandes cantidades e móbiles) e
ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos terrestres).
Ex. 7-8-9 pax 83 libro
5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
Microscopio utilizado por
Robert Hooke (1665)
Foi o primeiro en
ver células (1665,
S.XVII) pero estaban
mortas porque eran
células dunha
lámina de cortiza.
En 1674 (S.XVII)
Leeuwenhoek observou
por primeira vez células
vivas. Todo elo grazas a
un microscopio de maiores
aumentos fabricado por él.
Esquemas dos microorganismos
obsevados por Leeuwenhoek
5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A teoría celular establece que todos os seres
vivos estamos formados por células (lembrade sen
células non hai vida).
Esta idea foi proposta por primeira vez por
Schleiden e Schwann 1838-39 (S. XIX).
A teoría celular está vencellada á invención das
lentes e á construcción dos microscopios que
permitiron ter unha visión moi ampliada das
estructuras celulares, podendo observar
características totalmente imperceptibles ó ollo
humano.
5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
Ex 12 e 13 pax 85 do libro
En que se parecen?
6. A CÉLULA
Todas as células teñen en común:
 Membrana plasmática.
Función: regula o paso de
substancias.
 Citoplasma. Función: Formado
por un fluído (citosol) que
contén os orgánulos (cada un
con unha función específica na
célula).
 ADN ou material xenético.
Función: que contén a
información xenética da célula
6. A CÉLULA
A partir disto a diferenciación máis
básica das células establece dous niveis
de organización: célula procariota e
célula eucariota.
Características procariotas:
 Carecen de verdadeiro núcleo.
 Apenas posúen orgánulos (ribosomas
que producen proteínas)
 Son bacterias e similares. Reino
Moneras.
 Unicelulares ou colonias (Moi
pequenas)
6. A CÉLULA
Características eucariotas:
 Posúen verdadeiro núcleo, con
envoltura nuclear.
 Numerosos orgánulos.
 Poden ser uni ou pluricelulares.
(Máis grandes)
 Conforman os reinos restantes:
Protoctista, fungo, vexetal e animal.
 Dous tipos básicos: animal e
vexetal.
6. A CÉLULA
PROCARIOTA EUCARIOTA
Son máis pequenas Son máis grandes
Forman organismos
unicelulares
Forman organismos uni e
pluricelulares
Reino Moneras Reino Protista, Fungos, Animais e
Vexetais
Carecen de núcleo Posúen núcleo
Posúen poucos orgánulos
(ribosomas)
Posúen moitos orgánulos (ribosomas,
retículo endoplasmático, Aparato de
Golgi…)
Posúen parede bacteriana que
lles da forma e protección.
Poden ter parede (nas vexetais) ou non
(nas animais)
CÉLULA PROCARIOTA E EUCARIOTA
CÉLULA EUCARIOTA ANIMAL E VEXETAL
ANIMAL VEXETAL
Teñen formas máis irregulares
que nas vexetais.
Adoitan ter unha forma prismática.
Non teñen parede vexetal. Posúen unha parede vexetal de
celulosa por fóra da membrana
plasmática que lles da resistencia e
rixidez.
Non posúen cloroplastos. Posúen cloroplastos, onde se realiza a
fotosíntese.
Non teñen vacúolos tan grandes
como nas vexetais, pero teñen
vesículas pequenas de distintos
tipos.
Teñen un gran vacúolo que ocupa boa
parte do citoplasma.
Teñen centríolos Non teñen centríolos
7. CLASIFICACIÓNS: UN POUCO DE HISTORIA
O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na
súa obra Systema naturae establece as bases da
sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos
en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira
xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun
nivel abarca un ou máis do nivel inferior.
En 1731 crea a nomenclatura binomial que
aparecerá publicada na súa obra Species plantarum
(1753). Este xeito de asignar nome as especies segue a
ser o que utilizamos na actualidade:
Nome científico= nome xenérico + nome da especie
HOMO SAPIENS: A NOSA ESPECIE
 Especie: dous individuos son da
mesma especie cando poden
reproducirse e dar lugar a
descendencia fértil.
Dominio:
Eucariota
Reino:
Animal
Filo ou
división:
Cordados
Clase:
Mamíferos
Orde:
Primates
Familia:
Homínidos
Xénero:
Homo
Especie:
Homo
sapiens
Edixgal (2) Ex 1-2-3-5-6
8. OS CINCO REINOS
 Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a maioría dos biólogos
limitábanse a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais.
 Na actualidade empregamos a clasificación de Robert H, Whittaker
(1969) coas modificacións aportadas polas cieníficas Lynn Margulis e
Karlene V. Schwartz (1985) que establece 5 reinos: Moneras (as
bacterias), Protista (protozoos e algas), Fungos, Animais e Vexetais.
Para facer esta clasificación tiveron en conta sobre todo 3 características:
 Tipo celular: procariota/ eucariota.
 Número de células: uni ou pluricelular.
 Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa.
Revolvendo un chisco na historia:
REINOS
Os Tres Dominios
Recentes estudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría
superior o Reino: o Dominio.
Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose en estudos
xenéticos:
 Dominio Arqueobacteria: bacterias moi primitivas, pero máis cercanas
aos eucariotas.
 Dominio Bacteria: todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.
 Dominio Eucaria: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista,
fungos, plantas e animais.
DOMINIOS
REINO MONERAS
Características xerais:
 Inclúe a todos os procariotas. Pequeno tamaño: 1-10 µm.
 Todos unicelulares. Poden formar colonias.
 Son os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.
 As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da
osixenación da atmosfera.
 Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.
 Aparecen en todos os hábitats.
 Poden ser autótrofos ou heterótrofos.
 Reprodución asexual (bipartición).
 Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios.
Termoácidofilas (Arqueobacterias)
Bacterias
Cianofícea
REINO PROTISTAS
Características xerais:
 Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.). Todos os que non son nin
fungos, nin animais, nin vexetais.
 Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares (microalgas)) e
pluricelulares (algas pluricelulares (macroalgas)). Non hai verdadeiros
tecidos.
 Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).
 Os protozoos poden ser ciliados, flaxelados ou con pseudópodos
(prolongacións citoplasmáticas).
 As algas segundo a abundancia de pigmentos (o máis importante é a
clorofila de cor verde) para capturar a luz poden ser: algas verdes, algas
pardas e algas vermellas.
 Reprodución asexual e sexual.
Microalgas
Macroalgas
Trypanosoma cruzi
Amoeba proteus
Paramecium caudatum
Plasmodium malariae
REINO PROTISTAS
REINO FUNGOS
Características xerais:
 Son eucariotas.
 Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.
 Os pluricelulares están formados por estruturas filamentosas tubulares
(hifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico (micelio). Non forman
verdadeiros tecidos.
 Son heterótrofos.
 Teñen reprodución asexual e sexual mediante esporas. En moitos fungos
na época reprodutora o micelio forma os cogomelos para dispersarlas.
 Posúen un papel primordial na descomposición da materia orgánica,
pero tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).
Balor do pan-
Zigomiceto
Penicillium
notatum-
Deuteromiceto
Claviceps purpurea-
Ascomiceto
Amanita muscaria -
Basidiomiceto
Melanelixia glabra
-Líquen
REINO PLANTAS
Características xerais:
 Son eucariotas pluricelulares que teñen tecidos ben desenvolvidos
con funcións concretas (sostén, transporte, reprodución…), a excepción
dos brións.
 Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.
 Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.
 Proveñen da evolución de algas verdes.
 Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas
non vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares
con sementes (espermatófitos).
Veremos este reino en profundidade noutro tema.
REINO ANIMAIS
Características xerais:
 Proveñen dos protozoos.
 Son todos eucariotas pluricelulares. A maioría teñen verdadeiros
tecidos con funcións concretas (transmisión de información,
desprazamento, transporte…).
 Non hai parede celular.
 Son heterótrofos.
 Teñen reprodución sexual e algúns asexual.
 Adoitan ter capacidade de desprazamento.
 Diversidade de hábitats.
Veremos este reino noutro tema.
Edixgal (3) Ex. 2-3-4-5-6
9. A BIODIVERSIDADE
É a diversidade de seres vivos que habitaron e habitan este planeta.
A biodiversidade actual ten a súa orixe no proceso de evolución ocorrido
durante millóns de anos, desde que apareceu a primeira forma de vida.
A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do planeta.
En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara o
ecuador.
A biodiversidade do planeta supón múltiples beneficios:
 Favorece a estabilidade do clima (efecto invernadoiro)
 Mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe da materia)
 Calidade das augas (filtros verdes)
 Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que
comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras, madeira,
la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...).
 A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...
10. AMEAZAS Á BIODIVERSIDADE
 Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do
descontrolado crecemento demográfico (sobre todo a partir da
Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación
mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este
crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización,
sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades,
contaminación...
 O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do
efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de
hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos
reprodutivos...
O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel
mundial. En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten?
A introdución de especies exóticas: as especies introducidas compiten
coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os
seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa.
Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando se
sobrepasa a sostenibilidade do recurso.
Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies
exóticas, ao coleccionismo...
A rá patilonga
que só vive en
España
desapereceu do
Sistema Central.
Algúns osos da
cordilleira
cantábrica xa
non hibernan.
(Fundación
Biodiversidade).
A Fundación Biodiversidade
indica que a desertización
afecta xa en España ao 37% do
noso territorio e establece que a
pérdida de hábitats é a
principal causa da extinción do
87% das aves e do 45% dos
mamíferos (excluíndo os
micromamíferos) en terra firme.
ALGUNHAS NOVAS ALARMANTES!!! (non estudar)
Un dos exemplos máis escandalosos
de introdución de especies exóticas é o
da perca do Nilo introducida no lago
Victoria nos anos cincuenta; é a
principal responsable da extinción,
polo momento, de 200 especies.
11. OS ENDEMISMOS
Os endemismos son especies (ou variedades) dunha zona xeográfica
que non se atopan noutro lugar do mundo.
As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi
determinadas. Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa,
un país ou territorios de varios países nos que atopamos as condicións
que precisan.
Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun
endemismo: endemismo peninsular, endemismo canario, endemismo
noroccidental ...
Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de
distribución.
Na Península estímanse uns 1000 endemismos e nas Canarias hai
arredor duns 500.
Algúns endemismos do noso territorio son:
Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)
Rana pirenaica (Rana pyrenaica)
Lobo ibérico (Canis lupus
sygnatus)
Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis
polymorpha). Endemismo de Lanzarote.
Saramaganta (Chioglossa lusitanica)Drago grancanario (Dracaena tamaranae)
12. ESPECIES EN PERIGO
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN)
unha especie en perigo de extinción é aquela que corre perigo de
desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe
drásticamente o seu número ou o seu hábitat.
O Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país establece dúas
categorías:
 En perigo de extinción: poboacións cuxa supervivencia é pouco probable
se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo ou o lince
ibérico.
 Vulnerable: poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría
se non se corrixen os factores adversos. P.e.: a saramaganta ou o licopodio
das brañas.
A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa
conservación. Por exemplo en 2013 había 176 en perigo e 120 como
vulnerables. Hoxe: 192 en perigo e 134 vulnerables.
Woodwardia radicans (fento de botón).
Vulnerable en Galicia.
Lycopodiella inundata. Vulnerable.
Chioglossa lusitanica (saramaganta). Vulnerable.
Algúns taxóns en perigo de extinción en España
Fento de sombra (Diplazium caudatum)
nesta categoría a nivel penínsular.
Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis
polymorpha). Endemismo de
Lanzarote.
Lagarto xigante de El Hierro
(Gallotia simonyi)
Lince ibérico (Lynx pardina)
13. CLAVES DICOTÓMICAS
Unha clave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos,
minerais e rochas como xa vimos. Baséase en que no proceso de busca
sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes. Botemos unha
ollada ás que trouxo o profesor.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 https://www.blinklearning.com/useruploads/ctx/a/41514490/r/s/9991980/Capturade
pantalla2016-05-23alas12.59.55.jpg
 https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&uac
t=8&ved=0ahUKEwi7s-
izgL_YAhXGOxQKHRCFCzkQjRwIBw&url=https%3A%2F%2Fwww.pinterest.com%2Fxim
etl%2Fmafalda%2F&psig=AOvVaw2u_Rv4HzoOeG-zyKUa-
9V6&ust=1515179095688222
 https://sites.google.com/site/descubrelossistemasdetucuerpo/actividad-
1/Nivel+de+organizacif3n.png
 https://www.slideshare.net/adaneco/clasificacin-dos-seres-vivos-30449304
 https://www.slideshare.net/adaneco/diversidade-dos-seres-vivos
 https://www.slideshare.net/adaneco/mantemento-da-vida-maria-casares

Biosfera

  • 1.
    A BIOSFERA: OSSERES VIVOS Profesor: Adán Gonçalves
  • 2.
    INTRODUCIÓN Imaxina que estáscos teus amigos ou a túa familia nunha caverna e como vai frío decidides facer lume para quentarvos. Como andas moi canso quedas atrapado polos movementos das lapas da fogueira e comezas a darlle voltas ao miolo facéndote preguntas:  O lume nace?  Pode morrer?  Reprodúcese?  Crece?  Aliméntase?  Respira?  O lume é un ser vivo?  Que caracteriza a un ser vivo?
  • 3.
    1. QUE CARACTERIZAA UN SER VIVO? O que caracteriza a un ser vivo é levar a cabo as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. A unidade máis sinxela que pode desenvolver estas tres funcións é a célula; por iso se di que é a unidade básica da vida. Os seres vivos podemos realizar estas tres funcións porque estamos organizados en distintos niveis de complexidade crecente. O nivel máis básico da vida é o nivel de célula, sen células non hai vida. 2. ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
  • 4.
    Hai organismos formadospor unha soa célula: os organismos unicelulares. Son exemplos as bacterias ou os protozoos. Pero tamén, hai seres vivos formados por máis dunha célula: os organismos pluricelulares. É o caso dos vexetais ou dos animais. As células dos pluricelulares especialízanse nunha función concreta e dependen unhas doutras. Ademais organízanse para formar tecidos, éstes a súa vez reúnense en órganos, e os órganos a súa vez forman aparellos e sistemas.
  • 5.
    Ex. 19-20-21 pax88 do libro
  • 6.
    3. CONCEPTO DEBIOSFERA A Biosfera é a capa da Terra formada por todos os seres vivos e as relacións que se establecen entre eles e o medio. Podemos considerala o nivel de organización máis elevado dos seres vivos. Pois os organismos asócianse formando poboacións, éstas constitúen comunidades que a súa vez forman ecosistemas. Todos os ecosistemas do planeta forman a Biosfera ou Ecosfera.
  • 7.
    4. AS FUNCIÓNSVITAIS 4.1. NUTRICIÓN Son o conxunto de procesos mediante os cales os seres vivos conseguen materia e enerxía para realizar o resto de funcións vitais. Segundo a súa nutrición os organismos poden ser:  Autótrofos: organismos capaces de fabricar a súa materia orgánica a partir de materia inorgánica. Son algunhas bacterias, as algas e as plantas.  Heterótrofos: organismos que precisan obter a materia orgánica doutro organismo a través da alimentación. Son moitas bacterias, os protozoos, os fungos e os animais.
  • 8.
    4. AS FUNCIÓNSVITAIS 4.2. RELACIÓN Os seres vivos detectamos cambios (estímulos) tanto no medio interno coma no externo e elaboramos respostas axeitadas a eles para sobrevivir, esto é a relación.
  • 9.
    4.2. RELACIÓN A respostaa un estímulo pode ser tan simple como o movemento dunha bacteria cara a luz. Os animais podemos percibir estímulos mediante unhas estruturas especiais chamadas receptores, como son os órganos dos sentidos. As plantas carecen de órganos dos sentidos e non se desprazan (si se moven), pero tamén poden respostar a estímulos como a luz ou a presenza de auga. 4. AS FUNCIÓNS VITAIS
  • 10.
    4. AS FUNCIÓNSVITAIS 4.3. REPRODUCIÓN Son o conxunto de procesos que permiten a perpetuación das especies. Os seres vivos producen descendentes que son idénticos ou parecidos aos seus proxenitores. Hai dous tipos:  Reprodución asexual: precisa un só proxenitor e xera copias idénticas.  Reprodución sexual: precisa dous proxenitores e orixina variabilidade na descendencia. Necesita ademais unhas células especializadas chamadas gametos.
  • 11.
    VANTAXES E INCONVINTESDA REPRODUCIÓN ASEXUAL Vantaxes: 1. É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles. 2. Pódese levar a cabo cun só individuo. 3. Pode dar lugar a grande cantidade de individuos. Inconvintes: 1. Non aumenta a variabilidade VANTAXES E INCONVINTES DA REPRODUCIÓN SEXUAL Vantaxes: 1. Permite unha maior variabilidade xenética, e isto favorece a supervivencia da especie. Inconvintes: 1. Precísanse dous proxenitores. Os gametos teñen que encontrarse (grandes cantidades e móbiles) e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos terrestres). Ex. 7-8-9 pax 83 libro
  • 12.
    5. O DESCUBRIMENTODA CÉLULA Microscopio utilizado por Robert Hooke (1665) Foi o primeiro en ver células (1665, S.XVII) pero estaban mortas porque eran células dunha lámina de cortiza.
  • 13.
    En 1674 (S.XVII) Leeuwenhoekobservou por primeira vez células vivas. Todo elo grazas a un microscopio de maiores aumentos fabricado por él. Esquemas dos microorganismos obsevados por Leeuwenhoek 5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
  • 14.
    A teoría celularestablece que todos os seres vivos estamos formados por células (lembrade sen células non hai vida). Esta idea foi proposta por primeira vez por Schleiden e Schwann 1838-39 (S. XIX). A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi ampliada das estructuras celulares, podendo observar características totalmente imperceptibles ó ollo humano. 5. O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA Ex 12 e 13 pax 85 do libro
  • 15.
    En que separecen? 6. A CÉLULA
  • 16.
    Todas as célulasteñen en común:  Membrana plasmática. Función: regula o paso de substancias.  Citoplasma. Función: Formado por un fluído (citosol) que contén os orgánulos (cada un con unha función específica na célula).  ADN ou material xenético. Función: que contén a información xenética da célula 6. A CÉLULA
  • 17.
    A partir distoa diferenciación máis básica das células establece dous niveis de organización: célula procariota e célula eucariota. Características procariotas:  Carecen de verdadeiro núcleo.  Apenas posúen orgánulos (ribosomas que producen proteínas)  Son bacterias e similares. Reino Moneras.  Unicelulares ou colonias (Moi pequenas) 6. A CÉLULA
  • 18.
    Características eucariotas:  Posúenverdadeiro núcleo, con envoltura nuclear.  Numerosos orgánulos.  Poden ser uni ou pluricelulares. (Máis grandes)  Conforman os reinos restantes: Protoctista, fungo, vexetal e animal.  Dous tipos básicos: animal e vexetal. 6. A CÉLULA
  • 19.
    PROCARIOTA EUCARIOTA Son máispequenas Son máis grandes Forman organismos unicelulares Forman organismos uni e pluricelulares Reino Moneras Reino Protista, Fungos, Animais e Vexetais Carecen de núcleo Posúen núcleo Posúen poucos orgánulos (ribosomas) Posúen moitos orgánulos (ribosomas, retículo endoplasmático, Aparato de Golgi…) Posúen parede bacteriana que lles da forma e protección. Poden ter parede (nas vexetais) ou non (nas animais) CÉLULA PROCARIOTA E EUCARIOTA
  • 21.
    CÉLULA EUCARIOTA ANIMALE VEXETAL ANIMAL VEXETAL Teñen formas máis irregulares que nas vexetais. Adoitan ter unha forma prismática. Non teñen parede vexetal. Posúen unha parede vexetal de celulosa por fóra da membrana plasmática que lles da resistencia e rixidez. Non posúen cloroplastos. Posúen cloroplastos, onde se realiza a fotosíntese. Non teñen vacúolos tan grandes como nas vexetais, pero teñen vesículas pequenas de distintos tipos. Teñen un gran vacúolo que ocupa boa parte do citoplasma. Teñen centríolos Non teñen centríolos
  • 22.
    7. CLASIFICACIÓNS: UNPOUCO DE HISTORIA O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na súa obra Systema naturae establece as bases da sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior. En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá publicada na súa obra Species plantarum (1753). Este xeito de asignar nome as especies segue a ser o que utilizamos na actualidade: Nome científico= nome xenérico + nome da especie
  • 24.
    HOMO SAPIENS: ANOSA ESPECIE  Especie: dous individuos son da mesma especie cando poden reproducirse e dar lugar a descendencia fértil. Dominio: Eucariota Reino: Animal Filo ou división: Cordados Clase: Mamíferos Orde: Primates Familia: Homínidos Xénero: Homo Especie: Homo sapiens Edixgal (2) Ex 1-2-3-5-6
  • 25.
    8. OS CINCOREINOS  Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a maioría dos biólogos limitábanse a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais.  Na actualidade empregamos a clasificación de Robert H, Whittaker (1969) coas modificacións aportadas polas cieníficas Lynn Margulis e Karlene V. Schwartz (1985) que establece 5 reinos: Moneras (as bacterias), Protista (protozoos e algas), Fungos, Animais e Vexetais. Para facer esta clasificación tiveron en conta sobre todo 3 características:  Tipo celular: procariota/ eucariota.  Número de células: uni ou pluricelular.  Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa. Revolvendo un chisco na historia:
  • 26.
  • 27.
    Os Tres Dominios Recentesestudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría superior o Reino: o Dominio. Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose en estudos xenéticos:  Dominio Arqueobacteria: bacterias moi primitivas, pero máis cercanas aos eucariotas.  Dominio Bacteria: todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.  Dominio Eucaria: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista, fungos, plantas e animais.
  • 28.
  • 29.
    REINO MONERAS Características xerais: Inclúe a todos os procariotas. Pequeno tamaño: 1-10 µm.  Todos unicelulares. Poden formar colonias.  Son os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.  As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da osixenación da atmosfera.  Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.  Aparecen en todos os hábitats.  Poden ser autótrofos ou heterótrofos.  Reprodución asexual (bipartición).  Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios.
  • 30.
  • 31.
  • 32.
    REINO PROTISTAS Características xerais: Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.). Todos os que non son nin fungos, nin animais, nin vexetais.  Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares (microalgas)) e pluricelulares (algas pluricelulares (macroalgas)). Non hai verdadeiros tecidos.  Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).  Os protozoos poden ser ciliados, flaxelados ou con pseudópodos (prolongacións citoplasmáticas).  As algas segundo a abundancia de pigmentos (o máis importante é a clorofila de cor verde) para capturar a luz poden ser: algas verdes, algas pardas e algas vermellas.  Reprodución asexual e sexual.
  • 33.
  • 34.
  • 35.
    Trypanosoma cruzi Amoeba proteus Parameciumcaudatum Plasmodium malariae REINO PROTISTAS
  • 36.
    REINO FUNGOS Características xerais: Son eucariotas.  Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.  Os pluricelulares están formados por estruturas filamentosas tubulares (hifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico (micelio). Non forman verdadeiros tecidos.  Son heterótrofos.  Teñen reprodución asexual e sexual mediante esporas. En moitos fungos na época reprodutora o micelio forma os cogomelos para dispersarlas.  Posúen un papel primordial na descomposición da materia orgánica, pero tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).
  • 37.
  • 38.
  • 39.
    REINO PLANTAS Características xerais: Son eucariotas pluricelulares que teñen tecidos ben desenvolvidos con funcións concretas (sostén, transporte, reprodución…), a excepción dos brións.  Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.  Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.  Proveñen da evolución de algas verdes.  Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas non vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares con sementes (espermatófitos). Veremos este reino en profundidade noutro tema.
  • 40.
    REINO ANIMAIS Características xerais: Proveñen dos protozoos.  Son todos eucariotas pluricelulares. A maioría teñen verdadeiros tecidos con funcións concretas (transmisión de información, desprazamento, transporte…).  Non hai parede celular.  Son heterótrofos.  Teñen reprodución sexual e algúns asexual.  Adoitan ter capacidade de desprazamento.  Diversidade de hábitats. Veremos este reino noutro tema. Edixgal (3) Ex. 2-3-4-5-6
  • 41.
    9. A BIODIVERSIDADE Éa diversidade de seres vivos que habitaron e habitan este planeta. A biodiversidade actual ten a súa orixe no proceso de evolución ocorrido durante millóns de anos, desde que apareceu a primeira forma de vida. A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do planeta. En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara o ecuador. A biodiversidade do planeta supón múltiples beneficios:  Favorece a estabilidade do clima (efecto invernadoiro)  Mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe da materia)  Calidade das augas (filtros verdes)  Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras, madeira, la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...).  A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...
  • 42.
    10. AMEAZAS ÁBIODIVERSIDADE  Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do descontrolado crecemento demográfico (sobre todo a partir da Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización, sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades, contaminación...  O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos reprodutivos... O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel mundial. En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten?
  • 43.
    A introdución deespecies exóticas: as especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando se sobrepasa a sostenibilidade do recurso. Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies exóticas, ao coleccionismo...
  • 44.
    A rá patilonga quesó vive en España desapereceu do Sistema Central. Algúns osos da cordilleira cantábrica xa non hibernan. (Fundación Biodiversidade). A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme. ALGUNHAS NOVAS ALARMANTES!!! (non estudar) Un dos exemplos máis escandalosos de introdución de especies exóticas é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies.
  • 45.
    11. OS ENDEMISMOS Osendemismos son especies (ou variedades) dunha zona xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo. As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi determinadas. Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa, un país ou territorios de varios países nos que atopamos as condicións que precisan. Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun endemismo: endemismo peninsular, endemismo canario, endemismo noroccidental ... Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de distribución. Na Península estímanse uns 1000 endemismos e nas Canarias hai arredor duns 500.
  • 46.
    Algúns endemismos donoso territorio son: Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus) Rana pirenaica (Rana pyrenaica) Lobo ibérico (Canis lupus sygnatus)
  • 47.
    Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha).Endemismo de Lanzarote. Saramaganta (Chioglossa lusitanica)Drago grancanario (Dracaena tamaranae)
  • 48.
    12. ESPECIES ENPERIGO Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en perigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat. O Catálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país establece dúas categorías:  En perigo de extinción: poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo ou o lince ibérico.  Vulnerable: poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: a saramaganta ou o licopodio das brañas. A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación. Por exemplo en 2013 había 176 en perigo e 120 como vulnerables. Hoxe: 192 en perigo e 134 vulnerables.
  • 49.
    Woodwardia radicans (fentode botón). Vulnerable en Galicia. Lycopodiella inundata. Vulnerable. Chioglossa lusitanica (saramaganta). Vulnerable.
  • 50.
    Algúns taxóns enperigo de extinción en España Fento de sombra (Diplazium caudatum) nesta categoría a nivel penínsular. Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha). Endemismo de Lanzarote. Lagarto xigante de El Hierro (Gallotia simonyi) Lince ibérico (Lynx pardina)
  • 51.
    13. CLAVES DICOTÓMICAS Unhaclave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos, minerais e rochas como xa vimos. Baséase en que no proceso de busca sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes. Botemos unha ollada ás que trouxo o profesor.
  • 52.
  • 53.
    WEBGRAFÍA  https://www.blinklearning.com/useruploads/ctx/a/41514490/r/s/9991980/Capturade pantalla2016-05-23alas12.59.55.jpg  https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&uac t=8&ved=0ahUKEwi7s- izgL_YAhXGOxQKHRCFCzkQjRwIBw&url=https%3A%2F%2Fwww.pinterest.com%2Fxim etl%2Fmafalda%2F&psig=AOvVaw2u_Rv4HzoOeG-zyKUa- 9V6&ust=1515179095688222 https://sites.google.com/site/descubrelossistemasdetucuerpo/actividad- 1/Nivel+de+organizacif3n.png  https://www.slideshare.net/adaneco/clasificacin-dos-seres-vivos-30449304  https://www.slideshare.net/adaneco/diversidade-dos-seres-vivos  https://www.slideshare.net/adaneco/mantemento-da-vida-maria-casares