Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Relación i

337 views

Published on

Función de Relación. 3º ESO

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Relación i

  1. 1. A FUNCIÓN DE RELACIÓN Profesor: Adán Gonçalves
  2. 2. INTRODUCIÓN Se unha pomba chega por primeira vez a unha praza dunha cidade, asustarase as primeiras veces que un coche toque o claxón ou frene bruscamente, pero pasado un tempo habituarase a ese son e aprenderá que non hai perigo. Do mesmo xeito os cisnes dun estanque ou os peixes dun acuario aproxímanse aos marxes do mesmo porque saben que neses puntos atópase o suministro de comida. Igualmente cando unha manda de ñúes e cebras é atacada por un depredador, por exemplo un grupo de leoas; toda a manda sae en fuga aínda que non todos os animais observan, nin escoitan ao agresor. Nas plantas, tamén hai respostas a estímulos externos como a orientación cara a luz ou a humidade, aínda que en xeral, esas respostas non supoñen movementos tan precisos, nin son tan elaboradas como nos animais.
  3. 3. En outras ocasións os estímulos son internos, por exemplo un aumento do azúcre (glucosa) no sangue aumenta a produción de insulina no páncreas para diminuír a súa concentración. Se comprendiches o anterior...  Que é un estímulo? Pon un exemplo.  Que é unha resposta? Pon un exemplo.  De onde proveñen os estímulos?  Se che doe a barriga por un empacho, esto sería un estímulo?
  4. 4. 1. A FUNCIÓN DE RELACIÓN A relación é a función vital que permite aos organismos captar cambios no medio (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e respostar o mellor posible para sobrevivir. Elementos da función de Relación:
  5. 5.  Estímulos: variacións do medio externo ou interno capaces de desencadear unha resposta. Segundo a súa natureza poden ser: físicos (luz, Tª...), químicos como a presenza ou ausencia dunha substancia (auga, sales...) ou bióticos (influenciados por outros organismos). Asemade segundo a súa procedencia poden ser internos ou externos se teñen a súa orixe dentro ou fóra do corpo.  Receptores: son estruturas que captan os estímulos. Nos animais, os receptores externos agrúpanse formando os órganos dos sentidos.  Coordinadores: órganos que reciben a información dos receptores. Encárgarse de interpretala e elaborar as respostas. Nos animais hai dous sistemas de coordinación: o sistema nervioso e o sistema endócrino ou hormonal.  Efectores: son as estruturas que levan a cabo as repostas elaboradas polos coordinadores. Son os músculos e as glándulas. ELEMENTOS DA FUNCIÓN DE RELACIÓN
  6. 6. O proceso polo cal un receptor sensorial reacciona dun xeito axeitado ante un estímulo determinado denomínase transdución sensorial.
  7. 7. Atendendo a localización falamos de:  Exterorreceptores: sitúanse na superficie corporal e captan estímulos externos. Nos animais, como dixemos, forman os órganos dos sentidos. P.e.: os ollos, os ocelos, as antenas...  Interorreceptores: localízanse no interior do corpo e captan estímulos internos. P.e.: os receptores da dor (nociceptores), os receptores de posición das articulacións...
  8. 8. Atendendo ao tipo de estímulo diferenciamos:  Receptores mecánicos: son os sensibles ao tacto, á presión, á dor (fálase de nociceptores), ao movemento e ao son. P.e.: o oído.  Receptores químicos: captan unha/s substancia/s no medio. P.e: as papilas gustativas de moitos vertebrados.  Receptores térmicos: perciben cambios de temperatura. P.e.: os repartidos pola pel nos vertebrados.  Receptores luminosos: reciben luz e permiten a visión. P.e: os ollos simples e compostos en moitos artrópodos.
  9. 9. A RESPOSTA A resposta é a acción ou accións que executa un organismo fronte a un estímulo. Hai dous tipos de respostas:  Motora: supón un movemento e é levada a cabo polos músculos que son os efectores neste caso. P.e.: correr cando vemos que se vai o autobus.  Secretora: supón a produción dunha substancia, é dicir, unha secrección. Neste caso os efectores son as glándulas. P.e.: salivar cando vemos nun escaparate un alimento apetecible.
  10. 10. Estímulos e respostas
  11. 11. COMPORTAMENTO E ADAPTACIÓN O comportamento é o conxunto de respostas dun ser vivo fronte aos estímulos externos. Diferenciamos dous tipos:  Innato ou instintivo: debido a herdanza, o posúe o animal dende o seu nacemento e non require aprendizaxe. P.e: a succión das mamas nos mamíferos, os patiños que seguen a súa nai...  Adquirido ou aprendido: ven dado polo ambiente e é resultado dunha aprendizaxe. Este comportamneto é modificable. P.e: as pombas que escapan do ruido na praza ou o caso dos peixes do acuario... Todos os animais teñen capacidade de aprendizaxe o que varía é o grao de adquisición do mesmo porque esta capacidade relaciónase coa intelixencia.
  12. 12. SISTEMAS DE COORDINACIÓN Os sistemas de coordinación permiten aos organismos realizar simultaneamente múltiples funcións dun xeito coordinado. Nos animais hai dous sistemas de coordinación:  Sistema Nervioso: que regula e coordina as funcións mediante impulsos nerviosos. Controla funcións que esixen respostas rápidas e pouco duraderas.  Sistema Endócrino: que exerce a súa regulación mediante a produción de hormonas que son vertidas ao sangue. Controla funcións que requiren respostas lentas, pero duradeiras.
  13. 13. SISTEMAS DE COORDINACIÓN Características Sistema Nervioso Sistema Hormonal Vía utilizada Nervios Sangue Transmisión Impulso nervioso Hormonas Velocidade resposta Rápida Lenta Duración Curta Duradeira Funcións que regula As que esixen resposta rápidas: locomoción, actos reflexos... As que precisan respostas mantidas no tempo: crecemento, metabolismo...
  14. 14. 2. OS SENTIDOS E OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS 2.1. O SENTIDO DO TACTO Localizado na pel, infórmanos das variación de temperatura e presión, da dor, da textura... Está formado por receptores que perciben estímulos físicos: Termorreceptores: Calor (Corpúsculo de Ruffini) e frío (Corpúsculo de Krause) Mecanorreceptores: Contacto (Corpúsculo de Meissner) e presión (Corpúsculo de Pacini-Vater) Nociceptores: Dor (terminacións nerviosas libres)
  15. 15. A pel esta formada por 3 capas:  Epiderme: a máis externa. Epitelial.  Derme: intermedia. Conxuntivo.  Hipoderme: a máis interna. Capa graxa. A excepción dos nociceptores, que son terminacións nerviosas, os receptores alóxanse en corpúsculos dérmicos.
  16. 16. Funcións da pel:  Nela reside o tacto.  É a nosa barreira de defensa fronte axente externos.  Regula a nosa temperatura corporal grazas ao tecido adiposo subcutáneo (hipodermis), as glándulas sudoríparas e os capilares sanguíneos.
  17. 17. 2.2. OLFACTO Sentido encargado de detectar os olores. No home reside no nariz e está formado por quimiorreceptores que compoñen o epitelio olfactorio e detectan substancias químicas gasosas. No interior das fosas nasais atopamos dúas zonas, na parte superior a pituitaria amarela onde se atopan as células olfactivas e na inferior a pituitaria vermella (chea de capilares sanguíneos) que se ocupa de quentar e humedecer o aire.
  18. 18. 2.3. GUSTO Capta substancias químicas solubles na saliva. Constituido por quimiorreceptores. Os receptores do gusto son células agrupadas en botóns gustativos, que a súa vez, agrúpanse pra formar papilas gustativas que sa atopan no interior da boca, sobre todo na lingua. A lingua ten unhas 8000 papilas. As sensacións percibidas son os sabores, que resultan da combinación de catro sabores básicos: doce, salgado, ácido e amargo. Na actualidade inclúese tamén como sabor básico umami que representa a percepción de alimentos ricos en glutamato (salsas, carnes...)
  19. 19. 2.4. VISTA Consiste na captación de estímulos luminosos levada a cabo por fotorreceptores localizados na retina (membrana interna do globo ocular). O OLLO: O ollo está formado polo globo ocular e os órganos anexos. Os órganos anexos son as pálpebras (internamente tapizados pola conxuntiva que tamén cobre o frontal do ollo), as pestanas, as cellas, as glándulas lacrimais e os músculos oculares.
  20. 20. O globo ocular sitúase nunha cavidade do cranio chamada órbita. Ten tres capas: - Esclerótica: a máis externa de cor branco. Transparente na parte anterior onde orixina a córnea. - Coroide: capa intermedia de cor escuro que na parte anterior pode ter cores variables orixinando o iris. O iris posúe unha abertura denominada pupila ou nena de diámetro variable. - Retina: a máis interna. É onde se atopan os fotorreceptores: conos (cores) e bastóns (excítanse xa a baixa intensidade luminosa). Na retina hai unha zona de máxima visibilidade chamada fóvea.
  21. 21. FUNCIONAMENTO DO OLLO Os conos e bastóns excítanse coa luz e producen un impulso nervioso que é transmitido cara o cerebro (córtex) polos nervios ópticos. Antes de chegar á retina a luz pasa polo globo ocular onde ocorren dous procesos: 1. Regulación da intensidade de luz: a maior ou menor apertura da pupila permite controlar a intensidade. 2. Enfoque: modificando o grosor do cristalino que actúa como unha lente. Aplánase para enfocar de lonxe e cúrvase para enfocar o que está cerca. A imaxe que se forma na retina está invertida, pero o cerebro intrepreta correctamente esta imaxe.
  22. 22. FORMACIÓN DA IMAXE E ALTERACIÓNS NA FORMACIÓN DA IMAXE Curvatura irregular da córnea orixina imaxes deformadas
  23. 23. 2.5. SENTIDOS DO OÍDO E O EQUILIBRIO Os oídos son órganos sensoriais aloxados nas sens que captan dous tipos de estímulos distintos: sons e cambios de posición (equilibrio). No oído diferéncianse tres partes: externo, medio e interno. Oído externo: formado polo pavillón auricular, o conduto auditivo externo e o tímpano (membrana elástica). - Oído medio: Contén a cadea de osiños (martelo, bigornia e estribo). O martelo apóiase no tímpano e o estribo no labirinto. A trompa de Eustaquio regula a presión. - Oído interno: formado polo labirinto que contén: os condutos semicirculares, o vestíbulo (onde están os receptores do equilibrio) e a cóclea ou caracol (onde se aloxa o órgano de Corti (mecanorreceptores da audición))
  24. 24. Mecanismos da audición e o equilibrio Dentro do labirinto hai uns líquidos que se moven, ben debido a vibración no aire (son) ou ben polos cambios de posición (equilibrio). Estes estímulos son percibidos por mecanorreceptores diferentes. Cando se produce un son o aire se move e fai vibrar o tímpano que transmite esta vibración a cadea de osiños e de aquí aos líquidos internos do labirinto. Os movementos destes líquidos son percibidos polos receptores do son na cóclea (Órgano de Corti). Cando realizamos cambios da nosa posición o líquido que temos nos canais semicirculares se move e excita a receptores do equilibrio situados no vestíbulo. Esta información é percibida polos nervios correspondentes (auditivo e do equilibrio) que se encargan de levala ao cerebro para ser interpretada.
  25. 25. HÁBITOS SAUDABLES DOS ÓRGANOS DOS SENTIDOS OLLOS OÍDO FOSAS NASAIS GUSTO TACTO Non forzar a vista Non introducir obxectos Soar o nariz correctamen te Evitar alimentos moi quentes e moi fríos Non toques obxectos moi quentes ou moi fríos Usar gafas se é preciso Controlar o volume Evitar olores fortes Non morder obxectos Mantén a hixiene da túa pel. Non ensuciar os ollos Usar tapóns para evitar a entrada de auga cando te bañas. Non introducir nada se che sangra o nariz, presiona e espera que deixe de sangrar. Lavalos dentes e visitar ao dentista Emprega protectores solares cando tomes o sol Manter unha distancia mínima coas pantallas. Non abusar dos picantes, nin ácedos Bebe auga para manter a túa pel hidratada
  26. 26. 3. OS EFECTORES Como xa dixemos as respostas poden ser motoras, implican movemento, ou secretoras, supoñen a secreción dunha substancia. 3.1. APARATO LOCOMOTOR E RESPOSTA MOTORA Para levar a cabo un movemento os animais dispoñen dun aparello especializado chamado aparello locomotor (sistema esquelético + muscular) Os vertebrados posúen un esqueleto interno formado polos ósos que se unen mediante articulacións (sistema esquelético). As articulacións permiten o movemento duns ósos respecto os outros cando movemos uns órganos con capacidade de contraerse e relaxarse (os músculos + tendóns: sistema muscular). O esqueleto ademais de darnos forma, serve de mecanismo de ancoraxe para os músculos esqueléticos e de protección para determinados órganos (pulmóns, corazón, cerebro...). Os músculos únense aos ósos mediante unhas estruturas chamadas tendóns.
  27. 27. OS ÓSOS Segundo a forma os ósos poden ser: planos (p.e. bóveda craneal), curtos (p.e. falanxes) e longos (p.e. fémur). As veces fálase de ósos irregulares (sen forma definida; p.e. vértebras).
  28. 28. Divídese en:  Esqueleto axial (protexe as partes brandas) formado por:  Cranio (protexe o cerebro)  Columna vertebral (protexe a medula espiñal)  Caixa torácica, formada polo esterno e as costelas (protexe o corazón e os pulmóns).  Esqueleto apendicular, formado por:  Extremidades superiores: destacan clavícula, húmero, cúbito e radio.  Extremidades inferiores: destacan fémur, tibia e peroné.
  29. 29. OS MÚSCULOS Os máis importantes son:  Orbiculares (abren-pechan os ollos)  Maseter (mastigar)  Deltoide (o ombreiro)  Biceps (flexiona o brazo)  Tríceps (estende o antebrazo)  Glúteos (forma as nalgas)  Cuádriceps (estende a perna)  Xemelgos (para camiñar)
  30. 30. HÁBITOS SAUDABLES DO LOCOMOTOR
  31. 31. 4. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA NERVIOSO O sistema nervioso é o conxunto de órganos e estruturas nerviosas que coordina, recibe información dos receptores, interpretaa e elabora respostas que levan a cabo os efectores. As súas células especializadas son as neuronas. EVOLUCIÓN DO SISTEMA NERVIOSO Sistema Nervioso de Invertebrados É máis sinxelo e destacan dous modelos de organización:  As redes nerviosas soen ser unha rede difusa que se distribúe polo corpo do animal, como nos celentéreos.  O sistema ganglionar formado por ganglios (agrupacións de neuronas) unidos por cordóns nerviosos. Os ganglios máis grandes concéntranse na cabeza constituíndo o cerebro. É típico de anélidos, moluscos e artrópodos.
  32. 32. Sistema Nervioso de Vertebrados Posúen sistemas máis complexos formados por centros nerviosos e nervios.  Centros nerviosos: son os órganos que reciben a información dos receptores, a interpretan, e elaboran respostas que envían aos efectores. Son o encéfalo e a médula espiñal.  Nervios: formados por fibras nerviosas (prolongacións das neuronas). Os nervios forman unha rede que transmite os impulsos nerviosos. Hai dous tipos de nervios: - Sensitivos: levan a información dende os receptores ata os centros nerviosos. - Motores: conducen a información dende os centros nerviosos ata os efectores ( músculos ou glándulas).
  33. 33. COMO SON AS NEURONAS? As neuronas teñen un corpo celular, onde se atopa o núcleo da célula. Arredor deste corpo celular hai numerosas ramificacións chamadas dendritas e unha prolongación longa chamada axón. A dirección do impulso sempre é dende as dendritas cara o axón.
  34. 34. COMO SE COMUNICAN AS NEURONAS? A neurona que transmite a mensaxe é a neurona presináptica e a que a recibe é a neurona postsináptica. A sinapse é a comunicación funcional entre neuronas a través do espazo sináptico e mediante unhas substancias denominadas neurotransmisores (adrenalina, dopamina...)
  35. 35. ORGANIZACIÓN DO SISTEMA NERVIOSO O sistema nervioso divídese en dúas partes:  Sistema Nervioso Central (SNC) formado polo encéfalo (constituído por cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo protexidos polo cranio) e a médula espiñal (que percorre o interior da columna vertebral).  Sistema Nervioso Periférico (SNP) formado por ganglios e nervios (craneais e espiñais). Divídese en: sistema nervioso somático (realiza actos voluntarios e controla ós músculos esqueléticos) e sistema nervioso autónomo (leva a cabo os actos involuntarios e controla as glándulas e vísceras).
  36. 36. O cerebro xestiona a maior parte das funcións (percepcións, conciencia, aprendizaxe e accións voluntarias). O cerebelo ocúpase da coordinación dos movementos e o bulbo raquídeo realiza a regulación das funcións vitais (dixestión, latexo cardíaco, respiración...). O cerebro divídese en dous hemisferios de funcións diferentes e que se comunican polo corpo caloso.
  37. 37. No encéfalo e na médula espiñal hai substancia branca e gris, pero sitúanse ao revés nunha estrutura e noutra. No encéfalo a branca queda por dentro e na médula queda por fóra.
  38. 38. SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO = SOMÁTICO + AUTÓNOMO
  39. 39. O sistema nervioso autónomo está formado por dous sistemas de accións antagonistas, se un activa un órgano o outro o detén. Estos dous sistemas son o simpático (alerta) e o parasimpático (relaxación).
  40. 40. FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO 1. Os receptores captan un estímulo e envían esta información mediante os nervios sensitivos cara os centros nerviosos (encéfalo e médula espiñal). O estímulo pode ser unha imaxe, un son, un olor, dor... 2. Os centros nerviosos interpretan a información, elaboran unha resposta e envíana mediante os nervios motores ou secretores cara os efectores (músculos ou glándulas). 3. Os músculos móvense ou as glándulas segregan unha substancia química.
  41. 41. FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO Cando as respostas son sinxelas, rápidas e involuntarias (o animal non é consciente) falamos dun acto reflexo. Habitualmente son accións evasivas ou defensivas fronte un perigo. P.e.: retirar a man cando tocamos unha pota quente. Estos actos son realizados por unha unidade operativa chamada arco reflexo e son respostas nas que non intervén o encéfalo, só a médula espiñal. Sistema Nervioso sinapsis documental
  42. 42. ENFERMIDADES DO SISTEMA NERVIOSO
  43. 43. ACCIDENTE CEREBROVASCULAR
  44. 44. 5. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA ENDÓCRINO O sistema endócrino está formado por unhas estruturas especializadas chamadas glándulas endócrinas. Estas glándulas producen hormonas que son substancias químicas que verten o sangue e actúan como mensaxeiros. As hormonas distribúense polo corpo e actúan en lugares específicos (células diana) provocando unha resposta. Habitualmente teñen efectos máis lentos e prolongados no tempo. Algunhas accións reguladas deste xeito son os cambios na pubertade, a metamorfose nalgúns animais, o control dos niveis de azúcre en sangue... As hormonas actúan a baixas concentracións, polo que debe existir un control na súa produción. Esta regulación é levada a cabo principalmente polo S.N.C., e de xeito fundamental polo hipotálamo.
  45. 45. O HIPOTÁLAMO O hipotálamo é unha parte do cerebro conectada a hipófese. As neuronas do hipotálamo producen neurotransmisores que regulan a hipófese (factores hipotalámicos de activación e inhibición). Ademais produce dúas hormonas: a oxitocina (contracción uterina) e a vasopresina (antidiurética-ADH). Son almacenadas na hipófise. A HIPÓFISE produce hormonas que actúan sobre outras glándulas e órganos (hormona do crecemento, prolactina…)
  46. 46. Deste xeito o eixe hipotálamohipofisario é capaz de regular a acción de todo o sistema endócrino.
  47. 47. MECANISMO DE CONTROL O aumento na concentración das hormonas liberadas polas glándulas que estimula o eixe hipotálamo-hipófise é detectado por el, polo que o hipotálamo e a hipófise deixan de estimular a súa produción. Este tipo de regulación por retroalimentación negativa ou feed-back é moi habitual na regulación hormonal. Asemade a carencia dunha hormona tamén produce unha estimulación da glándula que a produce (feed-back positivo).
  48. 48. TIROIDE E PARATIROIDE
  49. 49. CÁPSULAS SUPRARRENAIS
  50. 50. PÁNCREAS Nos illotes de Langerhans prodúcense insulina e glicagón, que actúan sobre a concentración de glicosa no sangue: a insulina redúcea e o glicagón auméntaa.
  51. 51. TESTÍCULOS E OVARIOS
  52. 52. ENFERMEDADES DO SISTEMA ENDÓCRINO Bocio: tipo de hipotiroidismo que provoca un crecemento anormal da glándula tiroide como resposta aos baixos niveis de tiroxina por falta de iodo na dieta.
  53. 53. Axentes externos (virus, po, protozoos...) que poden ser patóxenos chegan a tomar contacto coa pel e as mucosas, incluso co sangue a través das feridas. Entón, cómo é posible que non estemos constantemente enfermos? Débese ao noso Sistema Inmunitario que neutraliza as actividades destes axentes estranos. Podemos dividir o sistema inmunitario en tres niveis de defensa:  Barreiras Físicas  Resposta inmunitaria inespecífica-.A Reacción inflamatoria.  Resposta inmunitaria específica-A xeración de anticorpos 6. AS DEFENSAS DO ORGANISMO: O SISTEMA INMUNITARIO
  54. 54. BARREIRAS FÍSICAS:  A pel e as mucosas.  Secrecións: bágoas e saliva (posúen lisozima), suor, mucosidades, cerume dos oídos, ácido do estómago (HCl)...
  55. 55. RESPOSTA INMUNITARIA INESPECÍFICA Se a pesar das barreiras atopadas no seu camiño os patóxenos logran entran no organismo a segunda liña de defensa entra en acción; A Reacción Inflamatoria: •É unha reposta inespecífica porque actúa sempre igual independentemente do patóxeno. •É rápida, pero puco duradeira. •E levada a cabo por uns glóbulos brancos denominados fagocitos ou células fagocitarias que se encargan de dixerir os patóxenos. Os máis importantes son os macrófagos que derivan dos monocitos do torrente sanguíneo.
  56. 56. Reacción inflamatoria: 1. Tras a entrada dos xermes, os capilares sanguíneos dilátanse na zona afectada para achegar máis sangue o que provoca o arrubiamento e o aumento da temperatura local. 2. O plasma sae dos capilares (suministra materiais de reparación) e produce inchazo (edema); ademais aumenta a sensibilidade nerviosa (dor) e soe producirse tumoración. 3. Os monocitos saen dos vasos sanguíneos cara o tecido afectado transformándose en fagocitos macrófagos. 4. Os fagocitos capturan e dixiren os xermes. 5. Na zona de infección pode aparecer pus que é un acumulo de restos celulares, xermes e fagocitos.
  57. 57. Reacción inflamatoria
  58. 58. RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA  Constitúe a terceira liña de defensa.  É específica porque actúa recoñecendo o axente estraño que penetra no organismo.  É máis lenta que a inespecífica, pero máis duradeira.  Lévana a cabo principalmente outros glóbulos brancos, os linfocitos, coa cooperación doutras células defensivas.  Baséase na produción de anticorpos por parte dos linfocitos que neutralizan específicamente o axente patóxeno (antíxeno).  Tras vencer a infección, os linfocitos manteñen a súa capacidade de produción de anticorpos específicos frente ese patóxeno (“células memoria”); o que permite unha resposta máis rápida e eficaz se se produce unha nova entrada do axente (Inmunización).
  59. 59. Conceptos clave: • Anticorpo: proteína producida polos linfocitos para neutralizar o antixeno. • Antíxeno: substancia recoñecida polo organismo como estrana que é capaz de activar a resposta inmunitaria. Pasos da resposta específica: 1. Os macrófagos (fagocitos) fagocitan os xermes patóxenos. 2. Trala inxestión os macrófago presentan cara os linfocitos unhas “sinais” que lles permite aos linfocitos producir anticorpos específicos contra o antíxeno. 3. Os anticorpos neutralizan o patóxeno e os linfocitos destrúen as células infectadas.
  60. 60. RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA
  61. 61. Uso de soros, vacinas e antibióticos.  Soros  Son preparados artificiais que conteñen anticorpos específicos contra o patóxeno.  Obtéñense a partir do sangue dunha persoa o dun animal (cabalo).  Vacinas  Preparados que conteñen o axente patóxeno (virus ou bacterias) que causa a enfermidade, pero atenuado, morto ou fragmentado.  Deste xeito o axente non desenvolve a enfermidade. Loita contra as enfermidades infecciosas  Antibióticos  Son substancias producidas por microorganismos e que en pequeñas cantidades combaten ás bacterias. Non se debe abusar deles para non xerar resistencia.
  62. 62. ENFERMEDADES DO SISTEMA INMUNITARIO ALERXIAS O Sistema inmunitario identifica como patóxeno algo que non o é AUTOINMUNIDAE O inmunitario ataca ao propio corpo. Por exemplo a esclerose múltiple INMUNODEFICIENCIA O sistema inmune está deprimido o que facilita as infeccións e a aparición de cancros. Un exemplo é o SIDA provocado polo VIH.
  63. 63. GRAZAS POR ATENDERME
  64. 64. WEBGRAFÍA  https://bioagus.files.wordpress.com/2012/06/sinapsis.jpg  http://biogeo.esy.es/BG3ESO/3eso_htm_files/19442.jpg  http://biologiaygeologia.org/unidadbio/a_biohumana/sentidos/images/sentidos.jpg  https://biomolecularblog.files.wordpress.com/2016/08/ela.jpg  http://3.bp.blogspot.com/-DZxiDFpc7tg/URFJL-_ueyI/AAAAAAAAAA4/-oMhyNiz1WU/s1600/imagenn2.jpg  http://www.cosmetologiayspa.com/wp-content/uploads/2014/08/Partes-de-la-Piel1.jpg  http://cn2eso09.blogspot.com.es/2013/10/elementos-de-la-relacion.html  http://www.fisioterapiacristinavila.nos.gl/_movil/especialidades.html  https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/51/b6/74/51b674e9e6e729785095f70aab51eb00.jpg  http://memoriaemocional.com/wp-content/uploads/2015/10/que-es-la-alergia-2.jpg  http://iespoetaclaudio.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/sist_nervioso_enfermedades_3eso.pdf  http://matigastoncejas.blogspot.com.es/2013/10/enfermedades-de-las-glandulas-endocrinas.html  http://navegandoconlacienciaeg2.blogspot.com.es/2015/10/el-siatema-nervioso.html  https://image.slidesharecdn.com/relacinycoordinacinhumanaiilossentidosyelaparatolocomotor2012-120526035638- phpapp01/95/relacin-y-coordinacin-humana-ii-los-sentidos-y-el-aparato-locomotor-2012-45-728.jpg?cb=1363617103  http://tiposde.info/wp-content/uploads/2013/09/Tipos-de-receptores-sensoriales.jpg  https://image.slidesharecdn.com/vihsida-150209224107-conversion-gate01/95/vih-sida-2-638.jpg?cb=1423522323  http://usuarios.discapnet.es/ojo_oido/esquemas_cuerpo_humano/ojo3.jpg

×