SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

Nome e Apelidos:                                                                         Nº

1. Caracaterísticas dos seres vivos.
Existen unha serie de características polas cales podemos diferenciar un ser vivo dun ser inerte ou
inanimado como as rochas.

1.1.Todos os seres vivos están formados por biomoléculas
AS biomoléculas son unha unidade de composición. Son os lípidos (aceites e graxas), hidratos de carbono
(como os azucres), proteínas que están formadas por aminoácidos e ácidos nucleicos (como o ADN que
almacenan a información xenética) e as vitaminas.

1.2.Todos están formados por células.
Todos os seres vivos están formados por unidades comúns que chamamos células. Estas realizan todas as
funcións vitais. Grazas aos diferentes descubrimentos achegados por diferentes científicos a partir de que
Robert Hooke observou as primeiras estruturas celulares (observando unha cortiza de sobreira) chegouse
á coñecida “Teoría celular”. Esta di que:

    •   Todo ser vivo está formado por unha ou máis células.

    •   A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo.

    •   Toda célula procede doutra célula preexistente.

    •   O material hereditario pasa da célula nai ás fillas.

1.3. Todos os seres vivos poden realizar as 3 funcións vitais:.
As funcións vitais son a nutrición, reprodución e relación.

2. A célula: a unidade de organización.
A célula estúdase grazas aos microscopios, xa que polo xeral son moi cativas. O microscopio electrónico
que é moito máis potente co óptico axúdanos dende mediados do século XX a ver moito mellor as
diferentes células e as súas estruturas.

2.1.Seres unicelulares e pluricelulares.
Os seres vivos en función do nº de células que teñen podémolos dividir en dous grandes grupos: ser
unicelulares (unha única célula) ou pluricelulares (dous ou máis células). Por exemplo, as bacterias son
unicelulares, mentres que un rato, unha alga, unha planta, ti mesmo ou unha ave son pluricelulares.

2.2. Tipos de células: eucariotas e procariotas.
A célula procariota é o tipo celular máis sinxelo. Neste tipo de organización celular o ADN (material
xenético) atópase disperso polo citoplasma da célula celular sen estar rodeado de membrana. Só ten
orgánulos de tipo ribosoma. É a estrutura típica das bacterias, pertencentes ao reino moneras: son
unicelulares, autótrofos e heterótrofos.
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición
As bacterias poden ter formas diferentes: bacilos (con forma de cápsula medicinal), cocos (de forma
esférica), vibrións (coma bastóns curvados) e espirilos (con forma espiral).

Na célula eucariota o ADN está rodeado por unha membrana (membrana nuclear) e constitúe o núcleo. O
citoplasma é moi variado e rico en orgánulos celulares diferentes. Esta organización posúena os reinos
protoctista, fungi, vexetal e animal.

As células eucariotas podémolas vididir en dous grandes grupos: as células vexetais e as animais. A célula
vexetal presenta unha forma máis regular ou prismática mentres que a célula animal presenta formas moi
variadas e irregulares (ler detidamente o seguinte parágrafo). Os orgánulos tamén son diferentes pois as
vexetais presentan cloroplastos onde se realiza a fotosíntese, parede vexetal ríxida e un gran vacúolo que
ocupa un gran volume citoplasmático. A célula animal non presenta os orgánulos anteriores e si presenta
centríolos que a célula vexetal non ten.

As células dun mesmo organismo non teñen porque ser iguais, xa que as células nos organismos
complexos se especializan. No home temos células sanguíneas como os glóbulos vermello (transportan
osíxeno) ou glóbulos brancos (sistema inmunitario defensivo); neuronas que transmiten o impulso
nervioso...etc

As células dun mesmo organismo tampouco son iguais entre elas, debido a que se especializan
modificando así a súa forma para desempeñar diferentes traballos.

 As células especializadas dos seres pluricelulares están organizadas en tecidos. Todos os tecidos teñen
células especializadas en realizar unha función determinada. As distintas variedades de tecidos asócianse
para realizar funcións aínda máis especializadas e complexas: os órganos. Á súa vez, os órganos, que
facilitan unha mesma función, forman un aparello ou sistema.

3. A nutrición
Para a realización de todas as actividades da vida é imprescindible a achega de enerxía. Coa función de
nutrición o organismo vivo obtén a materia e a enerxía que necesita para desenvolver as súas funcións
vitais e renova e conservas as estruturas do seu organismo.

Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos. Están formados por moléculas e substancias
máis sinxelas orgánicas e inorgánicas (auga, sales, azucres, proteínas, lípidos ou graxas...) e que poden ser
utilizadas polas células, os nutrientes.

A función de nutrición inclúe varios procesos: a captación de nutrientes, a súa transformación, a súa
distribución a todas as células e a eliminación de substancias residuais que se producen como resultado
do uso que se fai dos nutrientes nas células. Isto é común a animais e vexetais. Para iso, o corpo do ser
vivo ten órganos e aparatos especializados na realización destas tarefas: aparato dixestivo, respiratorio,
circulatorio e excretor.

Existen dúas formas xerais de obtención de substancias nutritivas: a nutrición autótrofa e a heterótrofa.

3.1. A nutrición autótrofa.
Os organismos autótrofos aliméntanse de substancias inorgánicas do medio como auga e sales que
absorben polas raíces e o CO2 que incorporan polas follas. No caso das algas e das bacterias autótrofas as
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición
substancias inóraganicas tómanas directamente do medio cada unha das células. Nos cloroplastos hai un
pigmento, a clorofila que que capta a enerxía da luz solar. Cos nutrientes, transfórmanos en alimentos, en
materia orgánica propia. É o caso das algas e plantas a través da fotosíntese nos cloroplastos e como
resultado, despréndese osíxeno. Hai outros seres vivos autótrofos como algunhas bacterias
quimiosintéticas que non realizan fotosíntese, pero non os estudaremos.

Unha vez que o vexetal adquiriu a materia orgánica realizando nos cloroplastos das follas (no caso das
plantas) a fotosíntese, debe usar esa materia orgánica para vivir. Os vexetais tamén necesitan enerxía
para crecer, dar flores, repor as follas murchas... Esa enerxía tómana do uso que fan dos azucres e demais
compostos fabricados na fotosíntese. Esa materia orgánica entra nas mitocondrias das células e nelas, coa
presenza de osíxeno, realízase a respiración celular. Isto consistente en tomar materia orgánica e
transformala en enerxía, dióxido de carbono e auga.

Lembra: É un proceso idéntico ao que realizan os animais, salvo que eles toman a materia orgánica
doutros seres vivos: non a fabrican.

Curiosidade: As plantas producen máis osíxeno na fotosíntese do que consomen na respiración celular,
polo que o balance é positivo cara ó osíxeno. A cantidade de CO2 emitido na respiración é moito menor
que o captado pola planta na fotosíntese.

Os organismos fotosintéticos son os produtores de materia orgánica nos ecosistemas, os demais seres
vivos, dependen directa ou indirectamente desa materia orgánica e reciben o nome de consumidores. Así
nos ecosistemas, a materia orgánica xerada na fotosíntese pasa duns seres vivos a outro, no que se
chaman as cadeas tróficas.

3.2. A nutrición heterótrofa
Os organismos heterótrofos son incapaces de fabricar a súa propia materia orgánica a partir da inorgánica
e por iso deben alimentarse de outros seres vivos que xa a posúen incorporando como nutrientes
biomoléculas que precisa o seu organismo.

Serán herbívoros os que comen plantas ou algas, carnívoros os que se alimentan da carne doutros
animais, omnívoros aqueles que comen tanto plantas como animais e saprofitos os que se alimentan de
materia orgánica en descomposición (cadáveres de animis, restos de plantas..etc).

Poden obter o alimento cazando (depredadores), comendo seres mortos (necrófagos), comendo vexetais
(fitófagos), filtrando anacos de seres vivos moi pequenos (detritívoros), descompoñendo seres vivos
(saprófagos), ou tomando os zumes dos seres vivos sen matalos (parásitos).

3.2.1.A incorporación do alimento.
Os seres unicelulares téñeno fácil pois toman directamente do exterior, do medio, as substancias que
necesitan ou outros organismo. Isto é o que fan as amebas mediante a fagocitose.

Nos seres pluricelulares, a cousa complícase. Non poden tomar as substancias do exterior directamente,
moitas delas non terían acceso ao medio externo. Por isto, as células especialízanse en tecidos, estes
asócianse en órganos e estes, á súa vez, en aparatos ou sistemas que realizan funcións específicas dentro
do organismo xeral.
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición
Os aparatos que interveñen na función de nutrición dos animais son:

    •   Aparato dixestivo: que prepara os alimentos e os transforma en nutrientes útiles para as células.

    •   Aparato respiratorio: toma o osíxeno necesario para a vida celular e expulsa o dióxido de carbono
        que leva o sangue tras realizar a célula a respiración celular

    •   Aparato excretor: elimina do organismo todas as substancias tóxicas que produce a célula no seu
        funcionamento.

    •   Aparato circulatorio: distribúe nutrientes e osíxeno por todas as células do corpo e recolle os
        residuos e o dióxido de carbono e lévao aos órganos excretores.

O aparato dixestivo é o encargado da transformación dos alimentos nas súas moléculas, nos seus
compoñentes químicos (nutrientes). Realiza estas transformacións no proceso de dixestión. A maior parte
dos animais teñen un aparato dixestivo formado por:

    •   Un tubo dixestivo: aberto polos dous extremos, boca para entrada de alimentos e ano para saída
        de excrementos.

    •   Glándulas acompañantes: salivares, fígado e páncreas (en vertebrados) e hepatopáncreas (en
        invertebrados).

Na nutrición humana algúns produtos non son dixeribles polo aparato dixestivo (a fibra), non obstante,
forman a dieta básica de moitos animais herbívoros coma a vaca. Neste caso, o estómago está adaptado
en compartimentos que axudan á dixestión desa fibra (celulosa). Teñen catro cámaras: bandullo, retícula,
libro e calleiro. Os animais comen a herba, mastígana e pásana case sen dixerir ao bandullo. Logo, nun
lugar tranquilo rumian o alimento, é dicir, devolven o produto da dixestión á boca de novo e alí mastigan
a herba fermentada no bandullo. Logo xa pasa pola retícula, o libro e o calleiro que terminan a dixestión.

3.2.2.Aparato Respiratorio:
A función do aparato respiratorio é conseguir o osíxeno necesario para a respiración celular e expulsar o
dióxido de carbono que se produce na célula tras o metabolismo. Existen animais que poden intercambiar
gases a través da pel (animais acuáticos ou de ambientes moi húmidos), teñen respiración cutánea
(esponxas, medusas, vermes terrestres...). Outros animais acuáticos respiran a través de expansións
laminares que chamamos branquias (moluscos, crustáceos e peixes). Os animais terrestres, para non
deshidratarse, cobren a súa pel con escamas, pelos, plumas..., e por iso non poden intercambiar gases
pola pel, precisan dun sistema de tráqueas (insectos) ou pulmóns (vertebrados terrestres).

3.2.3. Aparato Excretor:
Cando os nutrientes e o osíxeno chegan ás células, estas utilízano no seu metabolismo, na respiración
celular. Con iso, obteñen a enerxía necesaria para vivir pero, a cambio, producen unha serie de
substancias tóxicas que deben ser eliminadas. Estas substancias son dióxido de carbono e substancias
nitroxenadas. O dióxido de carbono se libera polos pulmóns, pero os produtos nitroxenados débense
eliminar por un aparato específico: o aparato excretor.

Os animais máis sinxelos (celentéreos e esponxas) non teñen aparato excretor, verten os seus restos
directamente á auga, pero o resto dos animais si que o posúen:
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición
    •   Existen nefridios (un par de tubos en cada anel do animal, vermes)

    •   Glándula verde (pequena glándula cerca das antenas en crustáceos)

    •   Tubos de Malpighi (tubos que verten o seu contido no interior do tubo dixestivo, en insectos)

    •   Riles formados por numerosos tubos microscópicos ou nefróns, como é o caso dos animais
        vertebrados.

Nos nefróns dos riles fíltrase o sangue, as substancias que son aproveitables, coma a auga, os ións, etc...
reabsórbense e son devoltas ao sangue, e os residuos nitroxenados e o exceso de auga excrétanse en
forma de urina:

    •   Nos peixes, a urina sae directamente ao exterior.

    •   En anfibios, réptiles e aves a urina sae dos riles por uns finos condutos, uréteres, que desembocan
        xunto co intestino e os condutos do aparato reprodutor, na cloaca.

    •   Nos mamíferos, os uréteres terminan na vexiga da urina, de onde sae un conduto único, a uretra,
        que comunica co exterior independentemente nas femias e xunto co reprodutor nos machos.

3.2.4. Aparato circulatorio:
A función do aparato circulatorio é proporcionarlles a todas as células as substancias nutritivas e o
osíxeno necesario para a respiración celular, así como transportar as sustancias residuais que se producen
tras o metabolismo celular aos lugares de excreción

Os animais inferiores non teñen verdadeiro sistema circulatorio (esponxas ou celentéreos). O resto dos
animais posúe: sangue, corazón e vasos sanguíneos. A circulación pode ser:

    •   Aberta, onde o sangue non circula pechado en vasos sanguíneos senón que baña as células
        directamente (moluscos e artrópodos)

    •   Pechada, onde o sangue sempre vai encerrado en vasos sanguíneos (anélidos e vertebrados).

Nos vertebrados, os vasos sanguíneos poden ser: arterias (sacan o sangue do corazón cara ao resto do
corpo), veas (meten o sangue no corazón) e capilares (comunican veas con arterias). O corazón presenta
dous tipos de cavidades: aurículas (cavidade que recolle o sangue das veas) e ventrículos (cavidades que
impulsan o sangue fóra do corazón).

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

A Célula
A CélulaA Célula
A Célula
 
Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 esoApuntes complementarios tema 4 bx4 eso
Apuntes complementarios tema 4 bx4 eso
 
Seres vivos
Seres vivosSeres vivos
Seres vivos
 
A nutrición xeral
A nutrición xeralA nutrición xeral
A nutrición xeral
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02Seresvivos 120228094032-phpapp02
Seresvivos 120228094032-phpapp02
 
Trabajo Celulas
Trabajo CelulasTrabajo Celulas
Trabajo Celulas
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1
 
As funcións vitais
As funcións vitaisAs funcións vitais
As funcións vitais
 
Unidade 1 a célula
Unidade 1  a célulaUnidade 1  a célula
Unidade 1 a célula
 
Como son as nosas laura
Como son as nosas lauraComo son as nosas laura
Como son as nosas laura
 
1 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 20121 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 2012
 
tema 1 ciencias naturales
tema 1 ciencias naturalestema 1 ciencias naturales
tema 1 ciencias naturales
 
Célula
CélulaCélula
Célula
 
A biosfera
A biosferaA biosfera
A biosfera
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimaria
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
 
Os sere vivos
Os sere vivos Os sere vivos
Os sere vivos
 

Similar to Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO (17)

Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primaria
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
Os procariotas
Os procariotasOs procariotas
Os procariotas
 
Nutrición animais
Nutrición animaisNutrición animais
Nutrición animais
 
Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera
 
Tema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULATema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULA
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01Clula 121004121409-phpapp01
Clula 121004121409-phpapp01
 
Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
 
Así somos os seres vivos
Así somos os seres vivosAsí somos os seres vivos
Así somos os seres vivos
 
Así somos os seres vivos
Así somos os seres vivosAsí somos os seres vivos
Así somos os seres vivos
 

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 

Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

  • 1. 2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición Nome e Apelidos: Nº 1. Caracaterísticas dos seres vivos. Existen unha serie de características polas cales podemos diferenciar un ser vivo dun ser inerte ou inanimado como as rochas. 1.1.Todos os seres vivos están formados por biomoléculas AS biomoléculas son unha unidade de composición. Son os lípidos (aceites e graxas), hidratos de carbono (como os azucres), proteínas que están formadas por aminoácidos e ácidos nucleicos (como o ADN que almacenan a información xenética) e as vitaminas. 1.2.Todos están formados por células. Todos os seres vivos están formados por unidades comúns que chamamos células. Estas realizan todas as funcións vitais. Grazas aos diferentes descubrimentos achegados por diferentes científicos a partir de que Robert Hooke observou as primeiras estruturas celulares (observando unha cortiza de sobreira) chegouse á coñecida “Teoría celular”. Esta di que: • Todo ser vivo está formado por unha ou máis células. • A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo. • Toda célula procede doutra célula preexistente. • O material hereditario pasa da célula nai ás fillas. 1.3. Todos os seres vivos poden realizar as 3 funcións vitais:. As funcións vitais son a nutrición, reprodución e relación. 2. A célula: a unidade de organización. A célula estúdase grazas aos microscopios, xa que polo xeral son moi cativas. O microscopio electrónico que é moito máis potente co óptico axúdanos dende mediados do século XX a ver moito mellor as diferentes células e as súas estruturas. 2.1.Seres unicelulares e pluricelulares. Os seres vivos en función do nº de células que teñen podémolos dividir en dous grandes grupos: ser unicelulares (unha única célula) ou pluricelulares (dous ou máis células). Por exemplo, as bacterias son unicelulares, mentres que un rato, unha alga, unha planta, ti mesmo ou unha ave son pluricelulares. 2.2. Tipos de células: eucariotas e procariotas. A célula procariota é o tipo celular máis sinxelo. Neste tipo de organización celular o ADN (material xenético) atópase disperso polo citoplasma da célula celular sen estar rodeado de membrana. Só ten orgánulos de tipo ribosoma. É a estrutura típica das bacterias, pertencentes ao reino moneras: son unicelulares, autótrofos e heterótrofos.
  • 2. 2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición As bacterias poden ter formas diferentes: bacilos (con forma de cápsula medicinal), cocos (de forma esférica), vibrións (coma bastóns curvados) e espirilos (con forma espiral). Na célula eucariota o ADN está rodeado por unha membrana (membrana nuclear) e constitúe o núcleo. O citoplasma é moi variado e rico en orgánulos celulares diferentes. Esta organización posúena os reinos protoctista, fungi, vexetal e animal. As células eucariotas podémolas vididir en dous grandes grupos: as células vexetais e as animais. A célula vexetal presenta unha forma máis regular ou prismática mentres que a célula animal presenta formas moi variadas e irregulares (ler detidamente o seguinte parágrafo). Os orgánulos tamén son diferentes pois as vexetais presentan cloroplastos onde se realiza a fotosíntese, parede vexetal ríxida e un gran vacúolo que ocupa un gran volume citoplasmático. A célula animal non presenta os orgánulos anteriores e si presenta centríolos que a célula vexetal non ten. As células dun mesmo organismo non teñen porque ser iguais, xa que as células nos organismos complexos se especializan. No home temos células sanguíneas como os glóbulos vermello (transportan osíxeno) ou glóbulos brancos (sistema inmunitario defensivo); neuronas que transmiten o impulso nervioso...etc As células dun mesmo organismo tampouco son iguais entre elas, debido a que se especializan modificando así a súa forma para desempeñar diferentes traballos. As células especializadas dos seres pluricelulares están organizadas en tecidos. Todos os tecidos teñen células especializadas en realizar unha función determinada. As distintas variedades de tecidos asócianse para realizar funcións aínda máis especializadas e complexas: os órganos. Á súa vez, os órganos, que facilitan unha mesma función, forman un aparello ou sistema. 3. A nutrición Para a realización de todas as actividades da vida é imprescindible a achega de enerxía. Coa función de nutrición o organismo vivo obtén a materia e a enerxía que necesita para desenvolver as súas funcións vitais e renova e conservas as estruturas do seu organismo. Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos. Están formados por moléculas e substancias máis sinxelas orgánicas e inorgánicas (auga, sales, azucres, proteínas, lípidos ou graxas...) e que poden ser utilizadas polas células, os nutrientes. A función de nutrición inclúe varios procesos: a captación de nutrientes, a súa transformación, a súa distribución a todas as células e a eliminación de substancias residuais que se producen como resultado do uso que se fai dos nutrientes nas células. Isto é común a animais e vexetais. Para iso, o corpo do ser vivo ten órganos e aparatos especializados na realización destas tarefas: aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Existen dúas formas xerais de obtención de substancias nutritivas: a nutrición autótrofa e a heterótrofa. 3.1. A nutrición autótrofa. Os organismos autótrofos aliméntanse de substancias inorgánicas do medio como auga e sales que absorben polas raíces e o CO2 que incorporan polas follas. No caso das algas e das bacterias autótrofas as
  • 3. 2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición substancias inóraganicas tómanas directamente do medio cada unha das células. Nos cloroplastos hai un pigmento, a clorofila que que capta a enerxía da luz solar. Cos nutrientes, transfórmanos en alimentos, en materia orgánica propia. É o caso das algas e plantas a través da fotosíntese nos cloroplastos e como resultado, despréndese osíxeno. Hai outros seres vivos autótrofos como algunhas bacterias quimiosintéticas que non realizan fotosíntese, pero non os estudaremos. Unha vez que o vexetal adquiriu a materia orgánica realizando nos cloroplastos das follas (no caso das plantas) a fotosíntese, debe usar esa materia orgánica para vivir. Os vexetais tamén necesitan enerxía para crecer, dar flores, repor as follas murchas... Esa enerxía tómana do uso que fan dos azucres e demais compostos fabricados na fotosíntese. Esa materia orgánica entra nas mitocondrias das células e nelas, coa presenza de osíxeno, realízase a respiración celular. Isto consistente en tomar materia orgánica e transformala en enerxía, dióxido de carbono e auga. Lembra: É un proceso idéntico ao que realizan os animais, salvo que eles toman a materia orgánica doutros seres vivos: non a fabrican. Curiosidade: As plantas producen máis osíxeno na fotosíntese do que consomen na respiración celular, polo que o balance é positivo cara ó osíxeno. A cantidade de CO2 emitido na respiración é moito menor que o captado pola planta na fotosíntese. Os organismos fotosintéticos son os produtores de materia orgánica nos ecosistemas, os demais seres vivos, dependen directa ou indirectamente desa materia orgánica e reciben o nome de consumidores. Así nos ecosistemas, a materia orgánica xerada na fotosíntese pasa duns seres vivos a outro, no que se chaman as cadeas tróficas. 3.2. A nutrición heterótrofa Os organismos heterótrofos son incapaces de fabricar a súa propia materia orgánica a partir da inorgánica e por iso deben alimentarse de outros seres vivos que xa a posúen incorporando como nutrientes biomoléculas que precisa o seu organismo. Serán herbívoros os que comen plantas ou algas, carnívoros os que se alimentan da carne doutros animais, omnívoros aqueles que comen tanto plantas como animais e saprofitos os que se alimentan de materia orgánica en descomposición (cadáveres de animis, restos de plantas..etc). Poden obter o alimento cazando (depredadores), comendo seres mortos (necrófagos), comendo vexetais (fitófagos), filtrando anacos de seres vivos moi pequenos (detritívoros), descompoñendo seres vivos (saprófagos), ou tomando os zumes dos seres vivos sen matalos (parásitos). 3.2.1.A incorporación do alimento. Os seres unicelulares téñeno fácil pois toman directamente do exterior, do medio, as substancias que necesitan ou outros organismo. Isto é o que fan as amebas mediante a fagocitose. Nos seres pluricelulares, a cousa complícase. Non poden tomar as substancias do exterior directamente, moitas delas non terían acceso ao medio externo. Por isto, as células especialízanse en tecidos, estes asócianse en órganos e estes, á súa vez, en aparatos ou sistemas que realizan funcións específicas dentro do organismo xeral.
  • 4. 2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición Os aparatos que interveñen na función de nutrición dos animais son: • Aparato dixestivo: que prepara os alimentos e os transforma en nutrientes útiles para as células. • Aparato respiratorio: toma o osíxeno necesario para a vida celular e expulsa o dióxido de carbono que leva o sangue tras realizar a célula a respiración celular • Aparato excretor: elimina do organismo todas as substancias tóxicas que produce a célula no seu funcionamento. • Aparato circulatorio: distribúe nutrientes e osíxeno por todas as células do corpo e recolle os residuos e o dióxido de carbono e lévao aos órganos excretores. O aparato dixestivo é o encargado da transformación dos alimentos nas súas moléculas, nos seus compoñentes químicos (nutrientes). Realiza estas transformacións no proceso de dixestión. A maior parte dos animais teñen un aparato dixestivo formado por: • Un tubo dixestivo: aberto polos dous extremos, boca para entrada de alimentos e ano para saída de excrementos. • Glándulas acompañantes: salivares, fígado e páncreas (en vertebrados) e hepatopáncreas (en invertebrados). Na nutrición humana algúns produtos non son dixeribles polo aparato dixestivo (a fibra), non obstante, forman a dieta básica de moitos animais herbívoros coma a vaca. Neste caso, o estómago está adaptado en compartimentos que axudan á dixestión desa fibra (celulosa). Teñen catro cámaras: bandullo, retícula, libro e calleiro. Os animais comen a herba, mastígana e pásana case sen dixerir ao bandullo. Logo, nun lugar tranquilo rumian o alimento, é dicir, devolven o produto da dixestión á boca de novo e alí mastigan a herba fermentada no bandullo. Logo xa pasa pola retícula, o libro e o calleiro que terminan a dixestión. 3.2.2.Aparato Respiratorio: A función do aparato respiratorio é conseguir o osíxeno necesario para a respiración celular e expulsar o dióxido de carbono que se produce na célula tras o metabolismo. Existen animais que poden intercambiar gases a través da pel (animais acuáticos ou de ambientes moi húmidos), teñen respiración cutánea (esponxas, medusas, vermes terrestres...). Outros animais acuáticos respiran a través de expansións laminares que chamamos branquias (moluscos, crustáceos e peixes). Os animais terrestres, para non deshidratarse, cobren a súa pel con escamas, pelos, plumas..., e por iso non poden intercambiar gases pola pel, precisan dun sistema de tráqueas (insectos) ou pulmóns (vertebrados terrestres). 3.2.3. Aparato Excretor: Cando os nutrientes e o osíxeno chegan ás células, estas utilízano no seu metabolismo, na respiración celular. Con iso, obteñen a enerxía necesaria para vivir pero, a cambio, producen unha serie de substancias tóxicas que deben ser eliminadas. Estas substancias son dióxido de carbono e substancias nitroxenadas. O dióxido de carbono se libera polos pulmóns, pero os produtos nitroxenados débense eliminar por un aparato específico: o aparato excretor. Os animais máis sinxelos (celentéreos e esponxas) non teñen aparato excretor, verten os seus restos directamente á auga, pero o resto dos animais si que o posúen:
  • 5. 2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición • Existen nefridios (un par de tubos en cada anel do animal, vermes) • Glándula verde (pequena glándula cerca das antenas en crustáceos) • Tubos de Malpighi (tubos que verten o seu contido no interior do tubo dixestivo, en insectos) • Riles formados por numerosos tubos microscópicos ou nefróns, como é o caso dos animais vertebrados. Nos nefróns dos riles fíltrase o sangue, as substancias que son aproveitables, coma a auga, os ións, etc... reabsórbense e son devoltas ao sangue, e os residuos nitroxenados e o exceso de auga excrétanse en forma de urina: • Nos peixes, a urina sae directamente ao exterior. • En anfibios, réptiles e aves a urina sae dos riles por uns finos condutos, uréteres, que desembocan xunto co intestino e os condutos do aparato reprodutor, na cloaca. • Nos mamíferos, os uréteres terminan na vexiga da urina, de onde sae un conduto único, a uretra, que comunica co exterior independentemente nas femias e xunto co reprodutor nos machos. 3.2.4. Aparato circulatorio: A función do aparato circulatorio é proporcionarlles a todas as células as substancias nutritivas e o osíxeno necesario para a respiración celular, así como transportar as sustancias residuais que se producen tras o metabolismo celular aos lugares de excreción Os animais inferiores non teñen verdadeiro sistema circulatorio (esponxas ou celentéreos). O resto dos animais posúe: sangue, corazón e vasos sanguíneos. A circulación pode ser: • Aberta, onde o sangue non circula pechado en vasos sanguíneos senón que baña as células directamente (moluscos e artrópodos) • Pechada, onde o sangue sempre vai encerrado en vasos sanguíneos (anélidos e vertebrados). Nos vertebrados, os vasos sanguíneos poden ser: arterias (sacan o sangue do corazón cara ao resto do corpo), veas (meten o sangue no corazón) e capilares (comunican veas con arterias). O corazón presenta dous tipos de cavidades: aurículas (cavidade que recolle o sangue das veas) e ventrículos (cavidades que impulsan o sangue fóra do corazón).