SlideShare a Scribd company logo
1 of 104
Artes
figurativas
do románico:
escultura e
pintura
Características xerais
Introdución
• No século XI superaron definitivamente as
reserva que houbera ata entón de
representar as persoas sagradas.
• As imaxes familiarizaban aos fieis co
Evanxeo e transmitían a imaxe da Igrexa
como camiño de salvación.
• Ao longo da Idade Media a plástica románica
vai a ir evolucionando progresivamente.
Características xerais
Introdución. Iconografía
• Función: aínda que teñan un papel
ornamental, a función é esencialmente
didáctica, intentando mostrar as principais
verdades da fe a través de imaxes,
convertendo o templo nun auténtico
“catecismo” ou “Biblia de pedra”.
• Temática: o tema principal será a salvación
da alma. Procuran destacar a conciencia do
pecado, o temor á condenación e a
necesidade de arrepentimento.
Características xerais
Introdución
• Temática e localización da escultura e pintura románicas
• Tanto a escultura como a pintura subordínanse á arquitectura.
• Está deseñada para difundir esta mensaxe e, por este motivo
aparecen elementos como o tímpano, o parteluz, os
canzorros, as arquivoltas ou os capiteis, que serven de
soporto da escultura.
• A Igrexa exerce un gran control.
• O artista goza de pouca liberdade, tendo que someterse ao
modelo e ao tema que se lle propón, por iso atopamos o
mesmo tema moi repartido.
• A iconografía está organizada por medio de programas, non
son creación dos artistas se non de teólogos.
Características xerais
Iconografía
• A plástica románica basea as súas fontes nos sarcófagos
paleocristiáns, os beatos inspirados na Biblia principalmente no
Apocalipse, Evanxeos, tanto canónicos como apócrifos e Bestiarios
(relatos fantásticos sobre animais con ensinanza moral).
• A igrexa románica é a imaxe da Xerusalén celeste e tamén medio de
Salvación porque nela se dispensan os sacramentos. Por este motivo,
no seu interior (xeralmente na ábsida) e no tímpano da portada
principal (lugar predilecto do escultor románico) aparece o pantocrator
ou Maiestas Domini (Maxestade do Señor). Na maioría dos casos,
Cristo aparece como o describe o apocalipse de San Xoán, de maior
tamaño que o resto das figuras, sentado na bóveda celeste, bendicindo
e sostendo os evanxeos, entre as letras alfa e omega. Xuízo final: xuíz
na mandorla. Tamén se toma do Apocalipse outras imaxes de Cristo,
mostrando as chagas das mans ou como Cordeiro.
• Outros temas típicos do tímpano (tamén doutros lados): virxe co neno,
Ascensión, Pentecostés (menos frecuentes).
Características xerais
Iconografía
• A imaxe de Cristo procede da iconografía siríaca de tradición
bizantina: adulto, con barba, pelo e tez escuros. É hierático e distante.
O nimbo coa cruz significa a súa dobre natureza, sagrada e terreal, e a
mandorla (améndoa) que o rodea representa o máis alá do tempo e do
espazo.
• Rodeando ao Cristo aparecen os “Catro seres viventes” do Apocalipse
(Tetramorfos) que a tradición identificou cos evanxelistas, criaturas
aladas; co aspecto dun home (San Mateo), Un aguia (san Xoán), un
touro (San Lucas) e un león (San Marcos). Todos sosteñen un libro, o
evanxeo.
• Completando a descrición do Apocalipse aparecen outras personaxes
que tamén poden situarse no tímpano, o lintel ou as arquivoltas: uns
anxos cos símbolos da Paixón (columna, coroa de espiñas, a lanza, a
cruz) ou con símbolos do triunfo de Cristo (incenso, estandartes),
outros que chaman ao Xuízo e vinte e catro anciáns que tocan
instrumentos musicais tamén mencionados no Apocalipse
Características xerais
Iconografía
• Nalgunhas representacións á dereita de Cristo aparecen os
salvados e, a súa esquerda, os condenados, xunto aos que
se describe con detalle e imaxinación as penas do inferno.
• Na portada principal dalgunhas igrexas atopamos a
Ascensión (subida ao ceo de Cristo). Aparece na mandorla,
baixo a forma de Pantocrátor, como Crismón ou Cordeiro
elevado ao ceo por dous anxos
• No lintel aparece frecuentemente o apostolario, a sucesión
dos doce apóstolos, xeralmente coa virxe no centro, son
intermediarios entre o Ceo e a Terra.
• Como antecesores de Cristo podemos atopar nas xambas
imaxes de profetas ou reis do Antigo Testamento e tamén
os apóstolos (estatuas columna) ailladas sen comunicarse
entre sí e, no parteluz, ao santo ao que se consagra a
igrexa.
Características xerais
Iconografía
• Nas portas do transepto e os muros atopamos escenas da
vida e da paixón de Cristo e do antigo testamento, e
calendarios con tarefas do campo ou con signos do
zodíaco que aluden a Cristo como Señor do Tempo.
• Nos capiteis das columnas que separan as naves son
xeralmente historiados. Atopamos estes mesmos temas
e tamén asuntos moi variados que formaban parte do
repertorio figurativo dos mestres. Imaxes da vida cotiá,
alegorías do pecado e do inferno representadas por
criaturas monstruosas ou animais (bestiarios), decoración
xeométrica vexetal, etc.
• Nos canzorros e nos capiteis e placas (esquinas) de
claustros e pórticos aparecen escenas profanas, incluso
asuntos triviais ou grotescos, que aluden a condición
terreal do home, a súa caída e os pecados.
Características xerais
Iconografía
• Escultura exenta: Cristo crucificado. Cristo suxeito
á cruz con catro cravos, cos pés separados, o corpo
dereito frontal e cos brazos horizontais. Non expresa
dor e non se representa anatomía. Na cabeza leva
unha coroa real, non de espiñas, como corresponde
ao rei de reis.
• Virxe co neno. De influencia bizantina, a Virxe, con
coroa, está sentada co neno no colo, que aparece en
actitude de bendicir ou cun libro sagrado nas mans.
Fai de trono do Neno, non de nai. Ambas figuras
están frontais e non hai comunicación entre Nai e
Fillo.
Características xerais
Aspecto formal
• A escultura románica é case exclusivamente
relixiosa.
• Caracterízase por un marcado antinaturalismo, é
dicir, non pretende representar a realidade tal e
como é senón que responde a unha linguaxe
convencional. Aínda que utilice elementos
naturais non lle importa deformalos, xa que o que
interesa son os contidos das mensaxes. Ten unha
función docente.
• Atópase subordinada a arquitectura. Isto obrigará
a adaptar as proporcións e a forma das figuras á
arquitectura (lei do marco).
Características xerais
Aspecto formal
• En canto aos aspectos formais hai que destacar:
• Material: pedra e madeira policromada (sobre todo no caso do
vulto redondo)
• Será case sempre en relevo, xa sexa en capiteis ou en fachadas,
aínda que hai algúns casos de escultura en vulto redondo
• Ausencia de movemento que hai porque son figuras moi
ríxidas. Cara o final do románico a veces hai comunicación entre
varias figuras.
• Inexpresión do rostro.
• Formas: moi xeométricas (como as formas arquitectónicas) e
desproporcionadas. A cabeza adoita ser moito máis grande que
o resto do corpo.
• Composición. Non hai moita relación entre as figuras. Non
deixan moito espazo entre si. Non se comunican demasiado, a
pesar de estar unha xunto as outras parecen estar soas.
Principais exemplos de escultura románica
Francia: Santa Fe de Conques
• Identificación:
• Título: tímpano da igrexa de
Sta. Fe de Conques.
• Autor: descoñecido.
• Cronoloxía: 1107-1125.
• Estilo: románico.
• Tipoloxía: relevo/altorrelevo.
• Material: pedra.
Principais exemplos de escultura románica
Francia: Santa Fe de Conques
• Comentario (s XII). Na fachada occidental de esta
igrexa de peregrinación atopamos a representación
do Xuizo final.
• Neste tímpano apreciamos tres rexistros ou niveis
superpostos, perfectamente divididos e
compartimentados. No centro atópase o pantocrator
ou Maiestas Domine e ao seu redor se distribúen os
demais personaxes. O tema do tímpano é o Xuízo
Final.
• Xunto a figura de deus aparecen os anxos que portan
instrumentos da paixón, acompañados de medallóns
que personalizan o Sol, e a Lúa. A partir de aquí
represéntase o repertorio do Xuízo Final.
• A dereita de Cristo represéntanse os elixidos, santos
e personaxes relacionados con esta igrexa,
encabezados pola Virse e San Pedro.
• No rexistro inferior, vemos a San Miguel pesando as
virtudes e os pecados das almas, e as portas do
Paraíso e do Inferno. Na parte inferior dereita é onde
se representan os demos e se desborda a
imaxinación os escultores. No mesmo nivel, no outro
extremo represéntase o Paraíso.
Tímpano de Santa Fe de Conques
Claustro de Sto. Domingo de Silos
• A cantidade de obras de escultura románica que hai en
España é inmensa.
• Claustro de Santo Domingo de Silos (Burgos).Ademais
dos capiteis con diferentes representacións de tipo
fantástico e outros vexetais, nos piares das esquinas do
claustro represéntanse temas relacionados coa morte e
resurrección de Cristo. Seis deles son románicos, do
século XI, aínda que con claras diferenzas estilísticas, e
outros pertencen ao século XII.
• A Ascensión de Cristo e O Pentecostés son as escenas
máis antigas, do século XI, polo que representan un
esquema compositivo moito mais arcaico, no que as
figuras se repiten unhas iguais a outras amontoándose
nunha dobre fileira. A falta de naturalismo é acusada:
figuras esquemáticas, planas, ríxidas, repetitivas nos seus
xestos.
Principais exemplos de escultura románica
España: Claustro de Santo Domingo de Silos
Claustro
de Sto.
Domingo
de Silos
Capiteis do claustro
Discípulos de Emaús e
Dúbida de Sto. Tomás
Anunciación
Árbore de Xessé
Pentecostés
Ascensión
Descendemento
Resurrección
Ascensión e
Pentecostés
Claustro de Sto. Domingo de Silos
• En O enterro a imaxe aparece dividida en dúas escenas, na
inferior xacen durmindo os gardiáns do sepulcro, e por
encima Cristo morto é introducido no sepulcro por
Nicodemo e Xosé de Arimatea. A laxa do sepulcro aberta,
sostida polo anxo da resurrección, divide esta escena en
dúas. Na parte superior aparecen as tres Marías.
Formalmente é unha representación moi primitiva, con
figuras moi esquemáticas, ríxidas, de escaso volume e
escasa individalización.
• As escenas do século XII son: A Crucifixión que representa
o momento do descendemento. Baixo a cruz, Adán, o pai de
todos os homes, abre a tapa do seu sarcófago para resucitar
(existía unha lenda segundo a cal Adán foi enterrado baixo a
árbore coa que logo se fixo a cruz de Cristo, de tal maneira
que na cruz de Cristo simbolízase o pecado de Adán e a
redención de Cristo a través da morte).
Crucifixión e enterro
Claustro de Sto. Domingo de Silos
• A escena da Dúbida de Tomás, coas figuras dos apóstolos
en diferentes ringleiras, dirixindo a súa mirada cara a Cristo
e Santo Tomás. A forma e algo máis naturalista e nos
xestos, na postura de brazos e pernas e nunha maior
individualización das figuras. Por enriba represéntase unha
muralla almenada con torres, onde dous homes e dúas
mulleres tocan trompetas e pandeiros, escena moi pouco
usual na arte románica.
• Cristo en Emaus: é unha das mais tardías, con maior
interese polo naturalismo na figura, as túnicas, o
movemento, os rostros, a maior monumentalidade. Mesmo
na forma en que a figura se independiza do marco
arquitectónico (a cabeza de Cristo sobresae do semicírculo).
É curioso que Cristo apareza coma un peregrino a Santiago ,
coa cuncha sobre o zurrón, nunha clara alusión ao camiño
de Santiago, no que se atopa o convento.
Discípulos de Emaús.
Dúbida de Santo Tomás
Iconostasia, adopción de perspectiva
xerárquica e adaptación ao marco.
Falta de profundidade
Claustro de Sto. Domingo de Silos
• A árbore de Xesé e a Anunciación son xa de estilo gótico.
San Juan de la Peña
• Destaca polo seu claustro no que atopamos capiteis
fermosamente labrados.
• Terceiro cuarto do século XII.
• Consérvanse 26 capiteis historiados que narran escenas do
Xénese, Caín e Abel, a natividade, a Epifanía, episodios de San
Xoán Bautista, da vida pública de Xesús e a Última Cea
• O máis famoso é o que representa a Derradeira cea. Ten unha
factura moi esquemática, pero sobresae pola súa vontade
narrativa, pola expresividade da composición e polo gusto
polo detalle.
• Vemos como Xesús lle está a ofrecer un anaco de pan ao
apóstolo que ten a súa dereita. Este apóstolo é identificado
como Xudas e parece que lle está a coller o peixe do prato de
Xesús, isto sería un símbolo da súa traizón.
• Vemos unha moi evidente adaptación ao marco das figuras.
Estas figuras son claramente desproporcionadas e teñen un
canon moi curto. É moi característico deste mestre os ollos
bulbosos e a curva supracilar moi marcada.
San Juan de la Peña
San Juan de la Peña
De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Expulsión de Adán do Paraíso, Epifanía,
Resurrección de Lázaro e Derradeira Cea
Escultura románica
Portada de Praterías
• Identificación:
• Nome: Portada de
Praterías da
Catedral de
Santiago
• Autor: Mestres: do
Cordeiro, da
Traición, de
Praterías (Estevo),
de Conques e da
Transfiguración.
• Cronoloxía: Finais
do XI e principios do
XII.
• Estilo: Románico.
• Materiais: pedra.
Escultura románica
Portada de Praterías
• Comentario:
• Contexto: A escultura románica quedara desconectada da
tradición clásica, os precedentes cos que conta son tan só as
mostras prerrománicas, de pequeno formato, as herdanzas
bizantinas, de onde vén o hieratismo e a disposición
xerárquica, e paleocristiáns de onde retoma a representación
de figuras humanas.
• As representacións conteñen un simbolismo de signos e
alegorías entendido polos fieis, estas Biblia pauperum tiñan
unha clara finalidade didáctica pois a través delas
presentábanse acontecementos bíblicos e escenas celestes,
sempre resaltando o temor da condenación e a necesidade do
arrepentimento dun modo moi expresivo
• Integrase na arquitectura e a ela se acomoda, por iso
predomina o relevo e escasea o vulto redondo. Seguindo a lei
do marco, as formas corporais e os obxectos non teñen
estrutura independente do marco, senón que se dobran,
alongan ou achican segundo a dispoñibilidade espacial,
ocupándoo de cheo –horror vacui-. Aparece en capiteis,
arquivoltas tímpanos, xambas, parteluz, sempre en
distribución simétrica, con escenas xustapostas e a miúdo
policromada.
Escultura románica
Portada de Praterías
• Comentario:
• Introdución:
• Portada da fachada sur do transepto, realizada nos primeiros anos do
século XII, a única das tres da catedral, verdadeiramente románica.
• Cara o ano 1100 as tres portadas respondían a un planteamento
iconolóxico conectado. As tres portas representarían a historia da
Humanidade en clave sagrada.
• A portada Norte (do Paraíso actual Acibecharía), dedicada á obra
creadora do Pai, a caída no pecado e a promesa da redención; a do
Sur (Praterías), dedicada a obra do Fillo, presentaba a redención; a
do Oeste, sería a do Xuízo final e a Gloria.
• O que hoxe vemos na portada de Praterías resulta da obra orixinal,
máis pezas engadidas procedentes da portada Norte, da Acibecharía
ou Porta francíxena pois nela desembocaba o Camiño francés, que foi
destruída por un incendio en 1117 e reformada integramente no XVIII
(actual porta de Acibecharía),.e do coro pétreo do mestre Mateo.
• Non conta cunha autoría única, pola contra resulta da suma artistas
(mestre do Cordeiro, mestre da Traizón, mestre das Praterías, mestre
das Tentacións ou de Conques e mestre da Transfiguración) e temas
diferentes dentro dun conxunto iconográfico común: a Redención, con
escenas alusivas á dobre natureza de Cristo (humana e divina), e o
seu triunfo sobre o pecado e a morte. Foi monumentalizada polo
mestre Mateo na súa parte alta.
Escultura románica
Portada de Praterías
Portada Norte
do Paraíso, francíxena
ou Acibecharía.
Actualmente modificada
Programa iconográfico:
Creación, pecado orixinal
e promesa de redención.
Parte das súas esculturas
serán trasladadas á porta Sur
ou Praterías
Portada Sur
ou Praterías
Programa iconográfico:
Redención da humanidade
por Cristo.
Natureza humana de Xesús
e divina de Cristo.
Programa iconográfico
conxunto:
Historia da humanidade
en clave sagrada:
Creación, pecado orixinal
e promesa de redención.
Redención de Cristo.
Xuízo Final e Gloria.
Antigo coro medieval
do Mestre Mateo
algunhas obras
serán incorporadas a Praterias
Portada Oeste actual
Praza do Obradoiro:
Xuízo Final
Pórtico da Gloria.
Obra do Mestre Mateo
Escultura románica
Portada de Praterías
• Comentario:
• Na primitiva portada Norte ou do Paraíso, consérvanse algunhas
pezas e a descripción do Códice Calixtino, que permitiu ao profesor
Moralejo unha reconstrución hipotética.
• Presentábase nela o dualismo Pecado/Redención. Traballan nela tres
mestres: o do cordeiro, o da traición e Praterías, que logo veremos
na portada sur.
• A portada norte estaría dedicda a escenas do Antigo Testamento
principalmente do Xénese: creación de Adán, de Eva, expulsión do
Paraíso, Diluvio Universal, Sacrificio de Isaac...
• A fachada de Praterías ou sur consta de dúas portas de dobre folla,
abucinadas pola superposición das arquivoltas, alinteladas e con
tímpanos semicirculares. Apóstolos ós lados de cada porta como
gardiáns das mesmas. Segue un friso, a cornixa sobre canzorros, dous
vanos con arcos lobulados de influencia musulmán e arquivoltas (a
terceira foi alterada ó construírse o claustro) que abren á tribuna.
Remata cunha balaustrada moi posterior
• Os relevos, en placas de dimensión e grosor variado, concéntranse
nos tímpanos e no friso pero tamén aparece nas columnas, nas
xambas, nos contrafortes e nos muros. O conxunto resulta totalmente
incoherente e desordenado por mor dos engadidos. Incluso as formas
non se adaptan á forma semicircular dos tímpanos.
• O tímpano da dereita alude á natureza humana de Cristo: na parte
superior o Nacemento, o Anuncio ós Pastores, a Adoración dos
Magos; no rexistro inferior, temas da Paixón: Coroación de espiñas,
Flaxelación, Erección da Cruz, Bico de Xudas; e outros como a
Curación do cego á dereita.
Escultura románica
Portada de Praterías
• Comentario:
• O tímpano da esquerda resalta a natureza divina de Cristo
presentada pola súa vitoria sobre o pecado (as Tentacións).
Segundo o evanxelista San Mateo, Xesús foi tentado tres veces
polo demonio no deserto (fai que as pedras se convirtan en pan, o
aliero do templo, ensinoulle todos os reinos do mundo) e pezas
soltas como a muller adúltera.
• No friso e nas xambas, as áreas de maior desorde, mestúranse
pezas de distintas procedencias e temáticas: a Tranfiguración,
Cristo e os Apóstolos, escenas do Xéneses (creación de Adán e
Eva, expulsión do Paraíso), o rei David tocando un instrumento
musical, sentado e coas pernas cruzadas nunha postura singular
que rompe a frontalidade e conquista o espacio reservado para o
espectador.
• Diferencianse a man dun mínimo de tres mestres, en sucesión
cronolóxica:
• O denominado mestre de Eva ou mestre de Praterías, (pensouse
que fora Estevo, pero hoxe tal hipótese parece superada)
considerado o de mellor calidade. As súas figuras, nun esquema
xeométrico romboidal, caracterízanse polas coidadas anatomías,
pregas paralelas debuxadas en U, cabelo en mechóns soltos,
grosos labios, ollos avultados e fazulas inchadas, pernas
cruzadas en aspa. Realizaría a muller adúltera (.............), a
Creación de Adán; David, rei e poeta, representado como
vencedor do mal (figuras que pisa), coma Cristo venceu as
tentacións; os Apóstolos das xambas.
Escultura románica
Portada de Praterías
• Comentario:
• O mestre do Cordeiro (o nome deriva da súa relación coa Porta
do Cordeiro de S Isidoro de León) caracterízase pola monotonía
en panos e anatomías, volumes xeometrizados, formas pulidas,
tendencia á frontalidade, rostros inexpresivos, aínda que trazos da
faciana como ollos, labios e fazulas son semellantes ós do mestre
de Praterías, pero carentes de vida. Realizaría figuras como o
Pantocrátor; o Cristo de pé; o anxo con libro (Mateo?); a
reprensión de Eva.
• O mestre da Traizón (relacionado coa Porta do Perdón de S
Isidoro de León), traballa no tímpano dereito: bico de Xudas,
expulsión do Paraíso, curación do cego. Presenta un estilo máis
narrativo, tende ó vulto redondo –brazos e pernas poden estar
exentos- con pregados grosos e cilíndricos que se cinguen á parte
inferior do corpo; fisicamente, as figuras presentan bigotes cara
arriba, pupilas escavadas, moi expresivas.
• Algunhas outras figuras como a Flaxelación e a Coroación de
Espiñas serían obra dun cuarto mestre, denominado mestre de
Conques ou das Tentacións: cabezas cúbicas, pelo cortado á
taza, canon curto, pregas aplastadas, figuras en perfil e variedade
na disposición dos pes.
- E aínda habería que falar dun quinto mestre, mestre da
Transfiguración, cun estilo relacionado con Saint-Sernin de
Toulouse, caracterizado por un rebuscado manierismo; da súa
man serían o centauro, a muller amamantando, a Transfiguración,
San Andrés.
Reprodución da antiga portada Norte.
Abaixo imaxe actual
Reprodución da antiga portada Sur ou de
Praterías. A distribución sería similar no Norte
Praza de Praterías.
Ilustración de 1868
da revista El Museo
Universal
Praza de Praterías.
Praza de Praterías
Praterías
Praterías: tímpano dereito: natureza humana de Xesús
Praterías: tímpano dereito: natureza humana de Xesús
Nacemento: Anuncio aos pastores,
adoración dos magos
Paixón: coroación de espiñas, flaxelación,
levantamento da cruz, bico de Xudas
Curación
dun cego
Un demo
Anxo cun
libro
Praterías: tímpano esquerdo: natureza divina de Cristo.
Vitoria ante o pecado: tentacións e pezas soltas como a muller adúltera.
Praterías: tímpano esquerdo: natureza divina de Cristo
Tentacións no deserto
Demos nas portas do
inferno Muller
adúltera
Irrecoñecible
Soldado?
Figura
nimbada
bendecindo Demos
León loitando
cunha serpe
Xinete
cabalgando
sobre un león
Frixo e xambas
áreas con maior desorde
O denominado mestre de Eva ou
mestre de Praterías, (pensouse
que fora Estevo, pero hoxe tal
hipótese parece superada)
considerado o de mellor
calidade. As súas figuras, nun
esquema xeométrico romboidal,
caracterízanse polas coidadas
anatomías, pregas paralelas
debuxadas en U, cabelo en
mechóns soltos, grosos labios,
ollos avultados e fazulas inchadas,
pernas cruzadas en aspa.
Realizaría a muller adúltera
(.............), a Creación de Adán;
David, rei e poeta, representado
como vencedor do mal (figuras que
pisa), coma Cristo venceu as
tentacións; os Apóstolos das
xambas.
O denominado mestre de Eva
ou mestre de Praterías,
(pensouse que fora Estevo, pero
hoxe tal hipótese parece
superada) considerado o de
mellor calidade. As súas figuras,
nun esquema xeométrico
romboidal, caracterízanse polas
coidadas anatomías, pregas
paralelas debuxadas en U,
cabelo en mechóns soltos,
grosos labios, ollos avultados e
fazulas inchadas, pernas
cruzadas en aspa. Realizaría a
muller adúltera (.............), a
Creación de Adán; David, rei e
poeta, representado como
vencedor do mal (figuras que
pisa), coma Cristo venceu as
tentacións; os Apóstolos das
xambas.
O denominado mestre de Eva
ou mestre de Praterías,
(pensouse que fora Estevo, pero
hoxe tal hipótese parece
superada) considerado o de
mellor calidade. As súas figuras,
nun esquema xeométrico
romboidal, caracterízanse polas
coidadas anatomías, pregas
paralelas debuxadas en U,
cabelo en mechóns soltos,
grosos labios, ollos avultados e
fazulas inchadas, pernas
cruzadas en aspa. Realizaría a
muller adúltera (.............), a
Creación de Adán; David, rei e
poeta, representado como
vencedor do mal (figuras que
pisa), coma Cristo venceu as
tentacións; os Apóstolos das
xambas.
O mestre do cordeiro é o
autor do Pantocrátor o nome
deriva de que traballou
tamén na Porta do cordeiro
de San Isidoro de León,
Caracterízase pola
monotonía en panos e
anatomías, volumes
xeometrizados, formas
pulidas, frontalidade, rostros
inexpresivos. Certos trazos
da faciana (ollos, beizos,
fazulas)son semellantes aos
do mestre de Praterías pero
inexpresivos.
Mestre da Traizón (relacionado
coa Porta do Perdón de S
Isidoro de León), traballa no
tímpano dereito: bico de Xudas,
expulsión do Paraíso, curación
do cego. Presenta un estilo
máis narrativo, tende ó vulto
redondo –brazos e pernas
poden estar exentos- con
pregados grosos e cilíndricos
que se cinguen á parte inferior
do corpo; fisicamente, as figuras
presentan bigotes cara arriba,
pupilas escavadas, moi
expresivas.
Mestre de Conques Algunhas
outras figuras como a
Flaxelación e a Coroación de
espiñas serían obra dun cuarto
mestre, denominado mestre de
Conques ou das tentacións:
cabezas cúbicas, figuras de
canon curto, pés de lado,
calzados con botíns e peiteados
semiesféricos iguais ós
dalgunhas figuras de Conques.
Mestre da Transfiguración
Sería o autor dalgunhas
figuras cun estilo máis
avanzado ubicadas no friso,
probablemente foron
pensadas orixinalmente para
a portada occidental (hoxe
Obradoiro que se construiría
anos máis tarde).
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• Identificación:
• Nome: Pórtico da
Gloria da Catedral de
Santiago
• Autor: Mestre Mateo
• Cronoloxía: 1168-1188
• Estilo: Tardorrománico
ou Protogótico.
• Materiais:mármore e
granito policromando.
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• Comentario:
• Introdución: o Pórtico da Gloria, que formaba parte da fachada
occidental realizada polo mestre Mateo, e os colaboradores do
seu obradoiro, no derradeiro terzo do s. XII cando, no 1168, o rei
de León e Galicia Fernando II lle encarga levar a cabo as
derradeiras obras da Catedral compostelán (consérvase o
documento do contrato que constata o recoñecemento que o
monarca fai do artista).
Unha inscrición no lintel danos a data de 1188.
En substitución dunha primitiva fachada, similar a de Praterías,
resolve realizar un nártex monumental flanqueado por torres
xemelgas de base cadrada. Para sustentalo e salvar o desnivel
do terreo, construíu un grande basamento conformado pola
cripta, tamén coñecida como catedral vella. Iconograficamente a
cripta simboliza o mundo terreal coa súa bóveda celeste –sol e
lúa nas claves das bóvedas- sobre a que se asenta a Gloria do
pórtico. Na parte alta, unha galería que comunica coa tribuna e
que se ilumina a través dos óculos abertos sobre os arcos
laterais do Pórtico, na clave da bóveda o Año de Deus, a
prefiguración do sacrificio de Cristo, a luz que iluminará e salvará
o mundo.
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• Contexto: relacionar co momento histórico no que estamos
situado. Importancia escultórica na arte románica...
• Análise: antes de facer unha análise sobre o aspecto
escultórico, tanto dende o punto de vista formal como
iconográfico; describiremos as características arquitectónicas da
fachada occidental do Pórtico da Gloria.
• A concepción arquitectónica é de raíz francesa, aportando
novidades, como as bóvedas nervadas, que se utilizan, quizá
por primeira vez, na Península.
• É probable polo tanto, que houbese obradoiros distintos: o da
cripta e o do Pórtico, e dentro do Pórtico, varios artífices
diferentes. Iso sí, dirixidos polo Mestre Mateo que, segundo o
lintel do tímpano central, rematou esta obra en 1188.
• A cripta situada baixo o Pórtico é a zona terreal na que o sol e a
lúa –esculpidos nas claves da bóveda- proporcional a luz. O
Pórtico representa unha zona celestial, a Gloria, na que ten
lugar o Xuízo Final e, por último, a tribuna superior, iluminada
por uns óculos, simboliza o Paraíso, a Xerusalén Celeste na que
non fará nin sol nin lúa porque o cordeiro será a luz (na clave da
bóveda aparece efectivamente o cordeiro esculpido.
Reconstrución da fachada
románica occidental e
Pórtico da Gloria
Reconstrución da
fachada románica
occidental e Pórtico
da Gloria
Cripta: zona terrenal
Detalle da Tribuna
Xerusalén Celeste
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• A Iconografía: é unha obra moi complexa. Pódese
desntrañar o significado das partes, pero non hai un
acordo sobre a interpretación do conxunto, aínda que
parece tratarse da visión da Gloria segundo o Apocalipse
de San Xoán e a descripción que do Xuízo Final dános o
evanxeo de San Mateo.
• No centro do tímpano maior aparece Cristo Coroado e
ensinando as chagas. É un Cristo intemporal, eterno: o
que foi, o que é e o que será, que aparece rodeado do
Tetramorfos (os catro evanxelistas cos seus respectivos
símbolos) e por ánxeles que leven incensarios.
• A ambos lados, un grupo de ánxeles levan os atributos da
Paixón (a columna, a lanza, a coroa de espiñas, os
cravos...). Arriba, unha multitude de 38 figuras humnas
(as doce tribus de Israel e a corte celestial, que
representan aos 144.000 elixidos que contemplan a
Gloria, na arquivolta, os 24 anciáns do Apocalipse, que
afinan os seus intrumentos dispostos a poñer a
ambientación musical.
Tímpano central
Tímpano central
Detalle do tímpano
Central
Detalle do tímpano
Central
Detalle do tímpano
Central
Detalle do tímpano
Central
Detalle do tímpano
Central
Detalle do tímpano
Central
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• No parteluz, o Apóstolo
Santiago sobre unha
columna que representa
a árbore de Xessé e
coroado por un capitel
cunha representación da
trinidade (a xenealoxía
humana e divina de
Cristo).
Detalle do Parteluz
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• No arco da esquerda (dende o punto de vista
do espectador), foi obxecto de numerosas
interpretacións (Purgatorio, Limbo...) aínda que
as últimas investigacións apunta a que se trata
dunha Anástase, o descenso de Cristo aos
infernos para liberar aos xustos da Antiga Lei.
A cabeza da clave representaría a alma de
Cristo, as figuras oprimidas por unha moldura
a cautividade da morte e as figuriñas entre
follaxes, as almas dos xustos liberadas por
Cristo. Para outros estudiosos do Pórtico,
neste arco estaría representado o pobo xudeu
que está cego e non soubo recoñecer ao fillo
de Deus, que viu para salvar ao mundo (a
moldura representaría o libro sagrado dos
xudeus, a Torá, que lles impide ver a verdade).
Detalle da arcada esquerda
Detalle da
arcada
esquerda
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• No arco da dereita ten lugar o Xuízo Final
bastante típico (as figuras da clave son Deus e
San Miguel) á dereita do espectador os
condenados son torturados por grotescos
demos (un é condenado a intentar beber
eternamente unha bota de viño; outro cunha
empanada a intentar comer eternamente polo
seu pecado de gula. Represéntanse os sete
pecados capitais que poden as crentes
condenalos ao inferno (ira, soberbia, envexa,
gula (e embriaguez), preguiza, luxuria,
avaricia.
• Na metade da esquerda do arco, as almas dos
elixidos son arroupadas polos anxos que os
introducen na Gloria.
Detalle da
arcada da dereita:
Deus e San Miguel
Xuízo Final
Detalle da
arcada da dereita:
Inferno. Os sete
pecados capitais
Publicidade
sobre os pecados
capitais
Publicidade
sobre os pecados
capitais
Detalle da
arcada da dereita:
Ceo. Os
benaventurados
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• As columnas que sosteñen o Pórtico apoianse sobre un
bestiario de animais monstruosos de discutida interpretación,
aínda que a maioría dos historiadores simbolizan o paganismo
sobre cuxos restos levántase a igrexa cristiana.
• Nas xambas do vano central represéntase o Antigo Testamento
simbolizado polos Profetas e polos Apóstolos. Son os soportes
da Igrexa. As figuras relaciónase entre elas, conversan, de modo
que o espectador convertese nun intruso da sacra conversación.
Esta visión humana anticipa o gótico.
• No piar dos profetas (xamba esquerda) atopamos a Xeremías
triste a causa das súas profecías que anunciaban que sufriría a
paixón de Xesús, un Daniel sorrinte, por que anuncia a vida do
Salvador; Isaías sostén un pergamino; e Moisés levanta as
Táboas da lei.
• Fronte a eles o piar dos apóstolos (dereita). San Pedro,
ataviado de sumo pontífice, leva as chaves do Reino de Deus,
San Paulo descalzo, San Xoan xove e en pé sobre un aguia.
• Nos ángulos do Pórtico, ánxeles con trompetas anuncian a
Gloria.
• Unha pequena estatua da parte posterior do parteluz asóciase
sempre ao Mestre Mateo axeonllado mirando cara o interior do
templo. Coñécese co nome do Santo dos Crouqes pola costume
de chocar as cabezas os estudiantes.
Detalle das xambas
Bestiario na base
Detalle das xambas
Estatuas columnas
dos profetas
Detalle das xambas
Estatuas columnas
dos apósolos
Escultura románica
Pórtico da Gloria
• Análise formal: en canto ao estilo pártese das formas
románicas, cuxa influencia é aínda patente en moitos
aspectos, pero triunfa xa o carácter protogótico, que se
revela en diversos aspectos:
• Naturalismo: representación dos ancianos, profetas e
apóstolos.
• Expresión do sentimento: o sorriso de Daniel ou a
tristura de Xeremías.
• As figuras “conversan” establecendo unha
comunicación entre elas poñendo fin ao hermetismo do
románico.
• Acrecéntase o volume das figuras, que se liberan do
marco arquitectónico (xustaposición á columna, non
fusión con ela), como se fai evidente no tratamento das
esculturas dos apóstolos e profetas das xambas.
• Téndese a idealización maxestuosa na figura de
Moisés, e sobre todo na figura sedente do apóstolo
Santiago situada no parteluz da portada central.
Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago
Reconstrución no Museo da Catedral
Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago
Algunhas das esculturas están na actualidade na Porta Santa
Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago
Algunhas das esculturas están na actualidade na Porta Santa
Estatuas de Isaac e Abraham
Escalinata da antiga portada occidental
Donación da
Catedral a
Francisco
Franco
(1961)
Pintura románica na península Ibérica
• Tradicionalmente, as diferentes mostras de pintura
románica conservadas na Península Ibérica asócianse á
corrente bizantina e a mozárabe, que deron lugar a dúas
grandes escolas da pintura románica, a catalá e a
castelán-leonesa.
• A corrente bizantina penetraría en España por Cataluña
proveniente de Italia, do mesmo xeito que a arquitectura,
onde a influencia lombarda é moi forte. A influencia
mozárabe pasaría dende Al-Andalus a todos os territorios
cristiáns, aínda que principalmente a Castela e León, onde
a reconquista liberara de presenza musulmá un extenso
territorio ata o val do Teixo (no século XI -185- Afonso VI
toma Toledo).
• A pintura en moitos caso cubría completamente o interior
dos templos románicos pero en relación a isto quedan
poucos exemplos.
Pintura románica na península Ibérica
• Pinturas do Panteón Real de San Isidoro de León
• Están situadas no teito do Panteón Real e son as mellor
conservadas de toda a Península. Son de finais do século XI.
Narran escenas do nacemento de Cristo (Anunciación,
Adoración dos pastores, a matanza dos inocentes...), da
Paixón (última cea e Crucifixión). No centro o Pantocrator
rodeado do Tetramorfos.
• Pinturas da Capela de Santa Cruz de Maderuelo (Segovia).
Principios do XII. As pinturas atópanse hoxe no Museo do
Prado, recreando a capela orixinal. Nun extremo vemos a
creación de Adán e o pecado orixinal. O estilo deste artista foi
sempre considerado próximo ao do Mestre de Tahull.
• As pinturas de San Clemente de Tahull actualmente están no
Museo de nacional de Arte de Cataluña. Seguen fielmente os
modelos iconográficos bizantinos. Na ábsida vemos o
Pantocrator rodeado de anxos e evanxelistas, debaixo a virxe e
os apóstolos.
Pintura románica
(San Climent de Tahull)
Pintura románica
(Santa María de Taüll)
Pintura románica
(San Isidoro de León)
Pintura románica
(San Isidoro de León)
Pintura románica
(San Isidoro de León)
Pintura románica
(San Isidoro de León)
Pintura románica
(San Isidoro de León)
Pintura románica
Vera Cruz de Maderuelo (Segovia)

More Related Content

What's hot

Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraAgrela Elvixeo
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaAgrela Elvixeo
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura RománicaAgrela Elvixeo
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásicaAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXAgrela Elvixeo
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barrocorubempaul
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentistarubempaul
 

What's hot (20)

Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura Románica
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásica
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
Escultura Gótica
Escultura GóticaEscultura Gótica
Escultura Gótica
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Tema 7 gotico
Tema 7 goticoTema 7 gotico
Tema 7 gotico
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XX
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 

Similar to Artes figurativas do románico

Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 
3. a época do románico
3. a época do románico3. a época do románico
3. a época do románicosaraiba
 
Unidade 3 románico
Unidade 3 románicoUnidade 3 románico
Unidade 3 románicocamposseijo
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista españolicoico1
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicacamposseijo
 
04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade mediaroberto
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románicomasinisa
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalrubempaul
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
03c a época do románico
03c a época do románico03c a época do románico
03c a época do románicoroberto
 
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado) Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado) Alvaro Peralta
 

Similar to Artes figurativas do románico (20)

A escultura gótica
A escultura góticaA escultura gótica
A escultura gótica
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
3. a época do románico
3. a época do románico3. a época do románico
3. a época do románico
 
Unidade 3 románico
Unidade 3 románicoUnidade 3 románico
Unidade 3 románico
 
A arte paleocristiá
A arte paleocristiáA arte paleocristiá
A arte paleocristiá
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
Renacemento e barroco
Renacemento e barrocoRenacemento e barroco
Renacemento e barroco
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista español
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media
 
Arte románico
Arte románicoArte románico
Arte románico
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudal
 
O románico.
O románico.O románico.
O románico.
 
O románico.
O románico.O románico.
O románico.
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
03c a época do románico
03c a época do románico03c a época do románico
03c a época do románico
 
Romanico Ii
Romanico IiRomanico Ii
Romanico Ii
 
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado) Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Artes figurativas do románico

  • 2. Características xerais Introdución • No século XI superaron definitivamente as reserva que houbera ata entón de representar as persoas sagradas. • As imaxes familiarizaban aos fieis co Evanxeo e transmitían a imaxe da Igrexa como camiño de salvación. • Ao longo da Idade Media a plástica románica vai a ir evolucionando progresivamente.
  • 3. Características xerais Introdución. Iconografía • Función: aínda que teñan un papel ornamental, a función é esencialmente didáctica, intentando mostrar as principais verdades da fe a través de imaxes, convertendo o templo nun auténtico “catecismo” ou “Biblia de pedra”. • Temática: o tema principal será a salvación da alma. Procuran destacar a conciencia do pecado, o temor á condenación e a necesidade de arrepentimento.
  • 4. Características xerais Introdución • Temática e localización da escultura e pintura románicas • Tanto a escultura como a pintura subordínanse á arquitectura. • Está deseñada para difundir esta mensaxe e, por este motivo aparecen elementos como o tímpano, o parteluz, os canzorros, as arquivoltas ou os capiteis, que serven de soporto da escultura. • A Igrexa exerce un gran control. • O artista goza de pouca liberdade, tendo que someterse ao modelo e ao tema que se lle propón, por iso atopamos o mesmo tema moi repartido. • A iconografía está organizada por medio de programas, non son creación dos artistas se non de teólogos.
  • 5. Características xerais Iconografía • A plástica románica basea as súas fontes nos sarcófagos paleocristiáns, os beatos inspirados na Biblia principalmente no Apocalipse, Evanxeos, tanto canónicos como apócrifos e Bestiarios (relatos fantásticos sobre animais con ensinanza moral). • A igrexa románica é a imaxe da Xerusalén celeste e tamén medio de Salvación porque nela se dispensan os sacramentos. Por este motivo, no seu interior (xeralmente na ábsida) e no tímpano da portada principal (lugar predilecto do escultor románico) aparece o pantocrator ou Maiestas Domini (Maxestade do Señor). Na maioría dos casos, Cristo aparece como o describe o apocalipse de San Xoán, de maior tamaño que o resto das figuras, sentado na bóveda celeste, bendicindo e sostendo os evanxeos, entre as letras alfa e omega. Xuízo final: xuíz na mandorla. Tamén se toma do Apocalipse outras imaxes de Cristo, mostrando as chagas das mans ou como Cordeiro. • Outros temas típicos do tímpano (tamén doutros lados): virxe co neno, Ascensión, Pentecostés (menos frecuentes).
  • 6. Características xerais Iconografía • A imaxe de Cristo procede da iconografía siríaca de tradición bizantina: adulto, con barba, pelo e tez escuros. É hierático e distante. O nimbo coa cruz significa a súa dobre natureza, sagrada e terreal, e a mandorla (améndoa) que o rodea representa o máis alá do tempo e do espazo. • Rodeando ao Cristo aparecen os “Catro seres viventes” do Apocalipse (Tetramorfos) que a tradición identificou cos evanxelistas, criaturas aladas; co aspecto dun home (San Mateo), Un aguia (san Xoán), un touro (San Lucas) e un león (San Marcos). Todos sosteñen un libro, o evanxeo. • Completando a descrición do Apocalipse aparecen outras personaxes que tamén poden situarse no tímpano, o lintel ou as arquivoltas: uns anxos cos símbolos da Paixón (columna, coroa de espiñas, a lanza, a cruz) ou con símbolos do triunfo de Cristo (incenso, estandartes), outros que chaman ao Xuízo e vinte e catro anciáns que tocan instrumentos musicais tamén mencionados no Apocalipse
  • 7. Características xerais Iconografía • Nalgunhas representacións á dereita de Cristo aparecen os salvados e, a súa esquerda, os condenados, xunto aos que se describe con detalle e imaxinación as penas do inferno. • Na portada principal dalgunhas igrexas atopamos a Ascensión (subida ao ceo de Cristo). Aparece na mandorla, baixo a forma de Pantocrátor, como Crismón ou Cordeiro elevado ao ceo por dous anxos • No lintel aparece frecuentemente o apostolario, a sucesión dos doce apóstolos, xeralmente coa virxe no centro, son intermediarios entre o Ceo e a Terra. • Como antecesores de Cristo podemos atopar nas xambas imaxes de profetas ou reis do Antigo Testamento e tamén os apóstolos (estatuas columna) ailladas sen comunicarse entre sí e, no parteluz, ao santo ao que se consagra a igrexa.
  • 8. Características xerais Iconografía • Nas portas do transepto e os muros atopamos escenas da vida e da paixón de Cristo e do antigo testamento, e calendarios con tarefas do campo ou con signos do zodíaco que aluden a Cristo como Señor do Tempo. • Nos capiteis das columnas que separan as naves son xeralmente historiados. Atopamos estes mesmos temas e tamén asuntos moi variados que formaban parte do repertorio figurativo dos mestres. Imaxes da vida cotiá, alegorías do pecado e do inferno representadas por criaturas monstruosas ou animais (bestiarios), decoración xeométrica vexetal, etc. • Nos canzorros e nos capiteis e placas (esquinas) de claustros e pórticos aparecen escenas profanas, incluso asuntos triviais ou grotescos, que aluden a condición terreal do home, a súa caída e os pecados.
  • 9. Características xerais Iconografía • Escultura exenta: Cristo crucificado. Cristo suxeito á cruz con catro cravos, cos pés separados, o corpo dereito frontal e cos brazos horizontais. Non expresa dor e non se representa anatomía. Na cabeza leva unha coroa real, non de espiñas, como corresponde ao rei de reis. • Virxe co neno. De influencia bizantina, a Virxe, con coroa, está sentada co neno no colo, que aparece en actitude de bendicir ou cun libro sagrado nas mans. Fai de trono do Neno, non de nai. Ambas figuras están frontais e non hai comunicación entre Nai e Fillo.
  • 10. Características xerais Aspecto formal • A escultura románica é case exclusivamente relixiosa. • Caracterízase por un marcado antinaturalismo, é dicir, non pretende representar a realidade tal e como é senón que responde a unha linguaxe convencional. Aínda que utilice elementos naturais non lle importa deformalos, xa que o que interesa son os contidos das mensaxes. Ten unha función docente. • Atópase subordinada a arquitectura. Isto obrigará a adaptar as proporcións e a forma das figuras á arquitectura (lei do marco).
  • 11. Características xerais Aspecto formal • En canto aos aspectos formais hai que destacar: • Material: pedra e madeira policromada (sobre todo no caso do vulto redondo) • Será case sempre en relevo, xa sexa en capiteis ou en fachadas, aínda que hai algúns casos de escultura en vulto redondo • Ausencia de movemento que hai porque son figuras moi ríxidas. Cara o final do románico a veces hai comunicación entre varias figuras. • Inexpresión do rostro. • Formas: moi xeométricas (como as formas arquitectónicas) e desproporcionadas. A cabeza adoita ser moito máis grande que o resto do corpo. • Composición. Non hai moita relación entre as figuras. Non deixan moito espazo entre si. Non se comunican demasiado, a pesar de estar unha xunto as outras parecen estar soas.
  • 12. Principais exemplos de escultura románica Francia: Santa Fe de Conques • Identificación: • Título: tímpano da igrexa de Sta. Fe de Conques. • Autor: descoñecido. • Cronoloxía: 1107-1125. • Estilo: románico. • Tipoloxía: relevo/altorrelevo. • Material: pedra.
  • 13. Principais exemplos de escultura románica Francia: Santa Fe de Conques • Comentario (s XII). Na fachada occidental de esta igrexa de peregrinación atopamos a representación do Xuizo final. • Neste tímpano apreciamos tres rexistros ou niveis superpostos, perfectamente divididos e compartimentados. No centro atópase o pantocrator ou Maiestas Domine e ao seu redor se distribúen os demais personaxes. O tema do tímpano é o Xuízo Final. • Xunto a figura de deus aparecen os anxos que portan instrumentos da paixón, acompañados de medallóns que personalizan o Sol, e a Lúa. A partir de aquí represéntase o repertorio do Xuízo Final. • A dereita de Cristo represéntanse os elixidos, santos e personaxes relacionados con esta igrexa, encabezados pola Virse e San Pedro. • No rexistro inferior, vemos a San Miguel pesando as virtudes e os pecados das almas, e as portas do Paraíso e do Inferno. Na parte inferior dereita é onde se representan os demos e se desborda a imaxinación os escultores. No mesmo nivel, no outro extremo represéntase o Paraíso.
  • 14. Tímpano de Santa Fe de Conques
  • 15. Claustro de Sto. Domingo de Silos • A cantidade de obras de escultura románica que hai en España é inmensa. • Claustro de Santo Domingo de Silos (Burgos).Ademais dos capiteis con diferentes representacións de tipo fantástico e outros vexetais, nos piares das esquinas do claustro represéntanse temas relacionados coa morte e resurrección de Cristo. Seis deles son románicos, do século XI, aínda que con claras diferenzas estilísticas, e outros pertencen ao século XII. • A Ascensión de Cristo e O Pentecostés son as escenas máis antigas, do século XI, polo que representan un esquema compositivo moito mais arcaico, no que as figuras se repiten unhas iguais a outras amontoándose nunha dobre fileira. A falta de naturalismo é acusada: figuras esquemáticas, planas, ríxidas, repetitivas nos seus xestos.
  • 16. Principais exemplos de escultura románica España: Claustro de Santo Domingo de Silos Claustro de Sto. Domingo de Silos
  • 18. Discípulos de Emaús e Dúbida de Sto. Tomás Anunciación Árbore de Xessé Pentecostés Ascensión Descendemento Resurrección
  • 20. Claustro de Sto. Domingo de Silos • En O enterro a imaxe aparece dividida en dúas escenas, na inferior xacen durmindo os gardiáns do sepulcro, e por encima Cristo morto é introducido no sepulcro por Nicodemo e Xosé de Arimatea. A laxa do sepulcro aberta, sostida polo anxo da resurrección, divide esta escena en dúas. Na parte superior aparecen as tres Marías. Formalmente é unha representación moi primitiva, con figuras moi esquemáticas, ríxidas, de escaso volume e escasa individalización. • As escenas do século XII son: A Crucifixión que representa o momento do descendemento. Baixo a cruz, Adán, o pai de todos os homes, abre a tapa do seu sarcófago para resucitar (existía unha lenda segundo a cal Adán foi enterrado baixo a árbore coa que logo se fixo a cruz de Cristo, de tal maneira que na cruz de Cristo simbolízase o pecado de Adán e a redención de Cristo a través da morte).
  • 22. Claustro de Sto. Domingo de Silos • A escena da Dúbida de Tomás, coas figuras dos apóstolos en diferentes ringleiras, dirixindo a súa mirada cara a Cristo e Santo Tomás. A forma e algo máis naturalista e nos xestos, na postura de brazos e pernas e nunha maior individualización das figuras. Por enriba represéntase unha muralla almenada con torres, onde dous homes e dúas mulleres tocan trompetas e pandeiros, escena moi pouco usual na arte románica. • Cristo en Emaus: é unha das mais tardías, con maior interese polo naturalismo na figura, as túnicas, o movemento, os rostros, a maior monumentalidade. Mesmo na forma en que a figura se independiza do marco arquitectónico (a cabeza de Cristo sobresae do semicírculo). É curioso que Cristo apareza coma un peregrino a Santiago , coa cuncha sobre o zurrón, nunha clara alusión ao camiño de Santiago, no que se atopa o convento.
  • 23. Discípulos de Emaús. Dúbida de Santo Tomás Iconostasia, adopción de perspectiva xerárquica e adaptación ao marco. Falta de profundidade
  • 24. Claustro de Sto. Domingo de Silos • A árbore de Xesé e a Anunciación son xa de estilo gótico.
  • 25. San Juan de la Peña • Destaca polo seu claustro no que atopamos capiteis fermosamente labrados. • Terceiro cuarto do século XII. • Consérvanse 26 capiteis historiados que narran escenas do Xénese, Caín e Abel, a natividade, a Epifanía, episodios de San Xoán Bautista, da vida pública de Xesús e a Última Cea • O máis famoso é o que representa a Derradeira cea. Ten unha factura moi esquemática, pero sobresae pola súa vontade narrativa, pola expresividade da composición e polo gusto polo detalle. • Vemos como Xesús lle está a ofrecer un anaco de pan ao apóstolo que ten a súa dereita. Este apóstolo é identificado como Xudas e parece que lle está a coller o peixe do prato de Xesús, isto sería un símbolo da súa traizón. • Vemos unha moi evidente adaptación ao marco das figuras. Estas figuras son claramente desproporcionadas e teñen un canon moi curto. É moi característico deste mestre os ollos bulbosos e a curva supracilar moi marcada.
  • 26. San Juan de la Peña
  • 27. San Juan de la Peña
  • 28. De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Expulsión de Adán do Paraíso, Epifanía, Resurrección de Lázaro e Derradeira Cea
  • 29. Escultura románica Portada de Praterías • Identificación: • Nome: Portada de Praterías da Catedral de Santiago • Autor: Mestres: do Cordeiro, da Traición, de Praterías (Estevo), de Conques e da Transfiguración. • Cronoloxía: Finais do XI e principios do XII. • Estilo: Románico. • Materiais: pedra.
  • 30. Escultura románica Portada de Praterías • Comentario: • Contexto: A escultura románica quedara desconectada da tradición clásica, os precedentes cos que conta son tan só as mostras prerrománicas, de pequeno formato, as herdanzas bizantinas, de onde vén o hieratismo e a disposición xerárquica, e paleocristiáns de onde retoma a representación de figuras humanas. • As representacións conteñen un simbolismo de signos e alegorías entendido polos fieis, estas Biblia pauperum tiñan unha clara finalidade didáctica pois a través delas presentábanse acontecementos bíblicos e escenas celestes, sempre resaltando o temor da condenación e a necesidade do arrepentimento dun modo moi expresivo • Integrase na arquitectura e a ela se acomoda, por iso predomina o relevo e escasea o vulto redondo. Seguindo a lei do marco, as formas corporais e os obxectos non teñen estrutura independente do marco, senón que se dobran, alongan ou achican segundo a dispoñibilidade espacial, ocupándoo de cheo –horror vacui-. Aparece en capiteis, arquivoltas tímpanos, xambas, parteluz, sempre en distribución simétrica, con escenas xustapostas e a miúdo policromada.
  • 31. Escultura románica Portada de Praterías • Comentario: • Introdución: • Portada da fachada sur do transepto, realizada nos primeiros anos do século XII, a única das tres da catedral, verdadeiramente románica. • Cara o ano 1100 as tres portadas respondían a un planteamento iconolóxico conectado. As tres portas representarían a historia da Humanidade en clave sagrada. • A portada Norte (do Paraíso actual Acibecharía), dedicada á obra creadora do Pai, a caída no pecado e a promesa da redención; a do Sur (Praterías), dedicada a obra do Fillo, presentaba a redención; a do Oeste, sería a do Xuízo final e a Gloria. • O que hoxe vemos na portada de Praterías resulta da obra orixinal, máis pezas engadidas procedentes da portada Norte, da Acibecharía ou Porta francíxena pois nela desembocaba o Camiño francés, que foi destruída por un incendio en 1117 e reformada integramente no XVIII (actual porta de Acibecharía),.e do coro pétreo do mestre Mateo. • Non conta cunha autoría única, pola contra resulta da suma artistas (mestre do Cordeiro, mestre da Traizón, mestre das Praterías, mestre das Tentacións ou de Conques e mestre da Transfiguración) e temas diferentes dentro dun conxunto iconográfico común: a Redención, con escenas alusivas á dobre natureza de Cristo (humana e divina), e o seu triunfo sobre o pecado e a morte. Foi monumentalizada polo mestre Mateo na súa parte alta.
  • 32. Escultura románica Portada de Praterías Portada Norte do Paraíso, francíxena ou Acibecharía. Actualmente modificada Programa iconográfico: Creación, pecado orixinal e promesa de redención. Parte das súas esculturas serán trasladadas á porta Sur ou Praterías Portada Sur ou Praterías Programa iconográfico: Redención da humanidade por Cristo. Natureza humana de Xesús e divina de Cristo. Programa iconográfico conxunto: Historia da humanidade en clave sagrada: Creación, pecado orixinal e promesa de redención. Redención de Cristo. Xuízo Final e Gloria. Antigo coro medieval do Mestre Mateo algunhas obras serán incorporadas a Praterias Portada Oeste actual Praza do Obradoiro: Xuízo Final Pórtico da Gloria. Obra do Mestre Mateo
  • 33. Escultura románica Portada de Praterías • Comentario: • Na primitiva portada Norte ou do Paraíso, consérvanse algunhas pezas e a descripción do Códice Calixtino, que permitiu ao profesor Moralejo unha reconstrución hipotética. • Presentábase nela o dualismo Pecado/Redención. Traballan nela tres mestres: o do cordeiro, o da traición e Praterías, que logo veremos na portada sur. • A portada norte estaría dedicda a escenas do Antigo Testamento principalmente do Xénese: creación de Adán, de Eva, expulsión do Paraíso, Diluvio Universal, Sacrificio de Isaac... • A fachada de Praterías ou sur consta de dúas portas de dobre folla, abucinadas pola superposición das arquivoltas, alinteladas e con tímpanos semicirculares. Apóstolos ós lados de cada porta como gardiáns das mesmas. Segue un friso, a cornixa sobre canzorros, dous vanos con arcos lobulados de influencia musulmán e arquivoltas (a terceira foi alterada ó construírse o claustro) que abren á tribuna. Remata cunha balaustrada moi posterior • Os relevos, en placas de dimensión e grosor variado, concéntranse nos tímpanos e no friso pero tamén aparece nas columnas, nas xambas, nos contrafortes e nos muros. O conxunto resulta totalmente incoherente e desordenado por mor dos engadidos. Incluso as formas non se adaptan á forma semicircular dos tímpanos. • O tímpano da dereita alude á natureza humana de Cristo: na parte superior o Nacemento, o Anuncio ós Pastores, a Adoración dos Magos; no rexistro inferior, temas da Paixón: Coroación de espiñas, Flaxelación, Erección da Cruz, Bico de Xudas; e outros como a Curación do cego á dereita.
  • 34. Escultura románica Portada de Praterías • Comentario: • O tímpano da esquerda resalta a natureza divina de Cristo presentada pola súa vitoria sobre o pecado (as Tentacións). Segundo o evanxelista San Mateo, Xesús foi tentado tres veces polo demonio no deserto (fai que as pedras se convirtan en pan, o aliero do templo, ensinoulle todos os reinos do mundo) e pezas soltas como a muller adúltera. • No friso e nas xambas, as áreas de maior desorde, mestúranse pezas de distintas procedencias e temáticas: a Tranfiguración, Cristo e os Apóstolos, escenas do Xéneses (creación de Adán e Eva, expulsión do Paraíso), o rei David tocando un instrumento musical, sentado e coas pernas cruzadas nunha postura singular que rompe a frontalidade e conquista o espacio reservado para o espectador. • Diferencianse a man dun mínimo de tres mestres, en sucesión cronolóxica: • O denominado mestre de Eva ou mestre de Praterías, (pensouse que fora Estevo, pero hoxe tal hipótese parece superada) considerado o de mellor calidade. As súas figuras, nun esquema xeométrico romboidal, caracterízanse polas coidadas anatomías, pregas paralelas debuxadas en U, cabelo en mechóns soltos, grosos labios, ollos avultados e fazulas inchadas, pernas cruzadas en aspa. Realizaría a muller adúltera (.............), a Creación de Adán; David, rei e poeta, representado como vencedor do mal (figuras que pisa), coma Cristo venceu as tentacións; os Apóstolos das xambas.
  • 35. Escultura románica Portada de Praterías • Comentario: • O mestre do Cordeiro (o nome deriva da súa relación coa Porta do Cordeiro de S Isidoro de León) caracterízase pola monotonía en panos e anatomías, volumes xeometrizados, formas pulidas, tendencia á frontalidade, rostros inexpresivos, aínda que trazos da faciana como ollos, labios e fazulas son semellantes ós do mestre de Praterías, pero carentes de vida. Realizaría figuras como o Pantocrátor; o Cristo de pé; o anxo con libro (Mateo?); a reprensión de Eva. • O mestre da Traizón (relacionado coa Porta do Perdón de S Isidoro de León), traballa no tímpano dereito: bico de Xudas, expulsión do Paraíso, curación do cego. Presenta un estilo máis narrativo, tende ó vulto redondo –brazos e pernas poden estar exentos- con pregados grosos e cilíndricos que se cinguen á parte inferior do corpo; fisicamente, as figuras presentan bigotes cara arriba, pupilas escavadas, moi expresivas. • Algunhas outras figuras como a Flaxelación e a Coroación de Espiñas serían obra dun cuarto mestre, denominado mestre de Conques ou das Tentacións: cabezas cúbicas, pelo cortado á taza, canon curto, pregas aplastadas, figuras en perfil e variedade na disposición dos pes. - E aínda habería que falar dun quinto mestre, mestre da Transfiguración, cun estilo relacionado con Saint-Sernin de Toulouse, caracterizado por un rebuscado manierismo; da súa man serían o centauro, a muller amamantando, a Transfiguración, San Andrés.
  • 36. Reprodución da antiga portada Norte. Abaixo imaxe actual
  • 37. Reprodución da antiga portada Sur ou de Praterías. A distribución sería similar no Norte
  • 38. Praza de Praterías. Ilustración de 1868 da revista El Museo Universal
  • 42.
  • 43. Praterías: tímpano dereito: natureza humana de Xesús
  • 44. Praterías: tímpano dereito: natureza humana de Xesús Nacemento: Anuncio aos pastores, adoración dos magos Paixón: coroación de espiñas, flaxelación, levantamento da cruz, bico de Xudas Curación dun cego Un demo Anxo cun libro
  • 45. Praterías: tímpano esquerdo: natureza divina de Cristo. Vitoria ante o pecado: tentacións e pezas soltas como a muller adúltera.
  • 46. Praterías: tímpano esquerdo: natureza divina de Cristo Tentacións no deserto Demos nas portas do inferno Muller adúltera Irrecoñecible Soldado? Figura nimbada bendecindo Demos León loitando cunha serpe Xinete cabalgando sobre un león
  • 47. Frixo e xambas áreas con maior desorde
  • 48. O denominado mestre de Eva ou mestre de Praterías, (pensouse que fora Estevo, pero hoxe tal hipótese parece superada) considerado o de mellor calidade. As súas figuras, nun esquema xeométrico romboidal, caracterízanse polas coidadas anatomías, pregas paralelas debuxadas en U, cabelo en mechóns soltos, grosos labios, ollos avultados e fazulas inchadas, pernas cruzadas en aspa. Realizaría a muller adúltera (.............), a Creación de Adán; David, rei e poeta, representado como vencedor do mal (figuras que pisa), coma Cristo venceu as tentacións; os Apóstolos das xambas.
  • 49. O denominado mestre de Eva ou mestre de Praterías, (pensouse que fora Estevo, pero hoxe tal hipótese parece superada) considerado o de mellor calidade. As súas figuras, nun esquema xeométrico romboidal, caracterízanse polas coidadas anatomías, pregas paralelas debuxadas en U, cabelo en mechóns soltos, grosos labios, ollos avultados e fazulas inchadas, pernas cruzadas en aspa. Realizaría a muller adúltera (.............), a Creación de Adán; David, rei e poeta, representado como vencedor do mal (figuras que pisa), coma Cristo venceu as tentacións; os Apóstolos das xambas.
  • 50. O denominado mestre de Eva ou mestre de Praterías, (pensouse que fora Estevo, pero hoxe tal hipótese parece superada) considerado o de mellor calidade. As súas figuras, nun esquema xeométrico romboidal, caracterízanse polas coidadas anatomías, pregas paralelas debuxadas en U, cabelo en mechóns soltos, grosos labios, ollos avultados e fazulas inchadas, pernas cruzadas en aspa. Realizaría a muller adúltera (.............), a Creación de Adán; David, rei e poeta, representado como vencedor do mal (figuras que pisa), coma Cristo venceu as tentacións; os Apóstolos das xambas.
  • 51.
  • 52. O mestre do cordeiro é o autor do Pantocrátor o nome deriva de que traballou tamén na Porta do cordeiro de San Isidoro de León, Caracterízase pola monotonía en panos e anatomías, volumes xeometrizados, formas pulidas, frontalidade, rostros inexpresivos. Certos trazos da faciana (ollos, beizos, fazulas)son semellantes aos do mestre de Praterías pero inexpresivos.
  • 53.
  • 54. Mestre da Traizón (relacionado coa Porta do Perdón de S Isidoro de León), traballa no tímpano dereito: bico de Xudas, expulsión do Paraíso, curación do cego. Presenta un estilo máis narrativo, tende ó vulto redondo –brazos e pernas poden estar exentos- con pregados grosos e cilíndricos que se cinguen á parte inferior do corpo; fisicamente, as figuras presentan bigotes cara arriba, pupilas escavadas, moi expresivas.
  • 55.
  • 56. Mestre de Conques Algunhas outras figuras como a Flaxelación e a Coroación de espiñas serían obra dun cuarto mestre, denominado mestre de Conques ou das tentacións: cabezas cúbicas, figuras de canon curto, pés de lado, calzados con botíns e peiteados semiesféricos iguais ós dalgunhas figuras de Conques.
  • 57.
  • 58. Mestre da Transfiguración Sería o autor dalgunhas figuras cun estilo máis avanzado ubicadas no friso, probablemente foron pensadas orixinalmente para a portada occidental (hoxe Obradoiro que se construiría anos máis tarde).
  • 59. Escultura románica Pórtico da Gloria • Identificación: • Nome: Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago • Autor: Mestre Mateo • Cronoloxía: 1168-1188 • Estilo: Tardorrománico ou Protogótico. • Materiais:mármore e granito policromando.
  • 60. Escultura románica Pórtico da Gloria • Comentario: • Introdución: o Pórtico da Gloria, que formaba parte da fachada occidental realizada polo mestre Mateo, e os colaboradores do seu obradoiro, no derradeiro terzo do s. XII cando, no 1168, o rei de León e Galicia Fernando II lle encarga levar a cabo as derradeiras obras da Catedral compostelán (consérvase o documento do contrato que constata o recoñecemento que o monarca fai do artista). Unha inscrición no lintel danos a data de 1188. En substitución dunha primitiva fachada, similar a de Praterías, resolve realizar un nártex monumental flanqueado por torres xemelgas de base cadrada. Para sustentalo e salvar o desnivel do terreo, construíu un grande basamento conformado pola cripta, tamén coñecida como catedral vella. Iconograficamente a cripta simboliza o mundo terreal coa súa bóveda celeste –sol e lúa nas claves das bóvedas- sobre a que se asenta a Gloria do pórtico. Na parte alta, unha galería que comunica coa tribuna e que se ilumina a través dos óculos abertos sobre os arcos laterais do Pórtico, na clave da bóveda o Año de Deus, a prefiguración do sacrificio de Cristo, a luz que iluminará e salvará o mundo.
  • 61. Escultura románica Pórtico da Gloria • Contexto: relacionar co momento histórico no que estamos situado. Importancia escultórica na arte románica... • Análise: antes de facer unha análise sobre o aspecto escultórico, tanto dende o punto de vista formal como iconográfico; describiremos as características arquitectónicas da fachada occidental do Pórtico da Gloria. • A concepción arquitectónica é de raíz francesa, aportando novidades, como as bóvedas nervadas, que se utilizan, quizá por primeira vez, na Península. • É probable polo tanto, que houbese obradoiros distintos: o da cripta e o do Pórtico, e dentro do Pórtico, varios artífices diferentes. Iso sí, dirixidos polo Mestre Mateo que, segundo o lintel do tímpano central, rematou esta obra en 1188. • A cripta situada baixo o Pórtico é a zona terreal na que o sol e a lúa –esculpidos nas claves da bóveda- proporcional a luz. O Pórtico representa unha zona celestial, a Gloria, na que ten lugar o Xuízo Final e, por último, a tribuna superior, iluminada por uns óculos, simboliza o Paraíso, a Xerusalén Celeste na que non fará nin sol nin lúa porque o cordeiro será a luz (na clave da bóveda aparece efectivamente o cordeiro esculpido.
  • 62. Reconstrución da fachada románica occidental e Pórtico da Gloria
  • 66. Escultura románica Pórtico da Gloria • A Iconografía: é unha obra moi complexa. Pódese desntrañar o significado das partes, pero non hai un acordo sobre a interpretación do conxunto, aínda que parece tratarse da visión da Gloria segundo o Apocalipse de San Xoán e a descripción que do Xuízo Final dános o evanxeo de San Mateo. • No centro do tímpano maior aparece Cristo Coroado e ensinando as chagas. É un Cristo intemporal, eterno: o que foi, o que é e o que será, que aparece rodeado do Tetramorfos (os catro evanxelistas cos seus respectivos símbolos) e por ánxeles que leven incensarios. • A ambos lados, un grupo de ánxeles levan os atributos da Paixón (a columna, a lanza, a coroa de espiñas, os cravos...). Arriba, unha multitude de 38 figuras humnas (as doce tribus de Israel e a corte celestial, que representan aos 144.000 elixidos que contemplan a Gloria, na arquivolta, os 24 anciáns do Apocalipse, que afinan os seus intrumentos dispostos a poñer a ambientación musical.
  • 75. Escultura románica Pórtico da Gloria • No parteluz, o Apóstolo Santiago sobre unha columna que representa a árbore de Xessé e coroado por un capitel cunha representación da trinidade (a xenealoxía humana e divina de Cristo).
  • 77. Escultura románica Pórtico da Gloria • No arco da esquerda (dende o punto de vista do espectador), foi obxecto de numerosas interpretacións (Purgatorio, Limbo...) aínda que as últimas investigacións apunta a que se trata dunha Anástase, o descenso de Cristo aos infernos para liberar aos xustos da Antiga Lei. A cabeza da clave representaría a alma de Cristo, as figuras oprimidas por unha moldura a cautividade da morte e as figuriñas entre follaxes, as almas dos xustos liberadas por Cristo. Para outros estudiosos do Pórtico, neste arco estaría representado o pobo xudeu que está cego e non soubo recoñecer ao fillo de Deus, que viu para salvar ao mundo (a moldura representaría o libro sagrado dos xudeus, a Torá, que lles impide ver a verdade).
  • 78. Detalle da arcada esquerda
  • 80. Escultura románica Pórtico da Gloria • No arco da dereita ten lugar o Xuízo Final bastante típico (as figuras da clave son Deus e San Miguel) á dereita do espectador os condenados son torturados por grotescos demos (un é condenado a intentar beber eternamente unha bota de viño; outro cunha empanada a intentar comer eternamente polo seu pecado de gula. Represéntanse os sete pecados capitais que poden as crentes condenalos ao inferno (ira, soberbia, envexa, gula (e embriaguez), preguiza, luxuria, avaricia. • Na metade da esquerda do arco, as almas dos elixidos son arroupadas polos anxos que os introducen na Gloria.
  • 81. Detalle da arcada da dereita: Deus e San Miguel Xuízo Final
  • 82. Detalle da arcada da dereita: Inferno. Os sete pecados capitais
  • 85. Detalle da arcada da dereita: Ceo. Os benaventurados
  • 86. Escultura románica Pórtico da Gloria • As columnas que sosteñen o Pórtico apoianse sobre un bestiario de animais monstruosos de discutida interpretación, aínda que a maioría dos historiadores simbolizan o paganismo sobre cuxos restos levántase a igrexa cristiana. • Nas xambas do vano central represéntase o Antigo Testamento simbolizado polos Profetas e polos Apóstolos. Son os soportes da Igrexa. As figuras relaciónase entre elas, conversan, de modo que o espectador convertese nun intruso da sacra conversación. Esta visión humana anticipa o gótico. • No piar dos profetas (xamba esquerda) atopamos a Xeremías triste a causa das súas profecías que anunciaban que sufriría a paixón de Xesús, un Daniel sorrinte, por que anuncia a vida do Salvador; Isaías sostén un pergamino; e Moisés levanta as Táboas da lei. • Fronte a eles o piar dos apóstolos (dereita). San Pedro, ataviado de sumo pontífice, leva as chaves do Reino de Deus, San Paulo descalzo, San Xoan xove e en pé sobre un aguia. • Nos ángulos do Pórtico, ánxeles con trompetas anuncian a Gloria. • Unha pequena estatua da parte posterior do parteluz asóciase sempre ao Mestre Mateo axeonllado mirando cara o interior do templo. Coñécese co nome do Santo dos Crouqes pola costume de chocar as cabezas os estudiantes.
  • 88. Detalle das xambas Estatuas columnas dos profetas
  • 89. Detalle das xambas Estatuas columnas dos apósolos
  • 90. Escultura románica Pórtico da Gloria • Análise formal: en canto ao estilo pártese das formas románicas, cuxa influencia é aínda patente en moitos aspectos, pero triunfa xa o carácter protogótico, que se revela en diversos aspectos: • Naturalismo: representación dos ancianos, profetas e apóstolos. • Expresión do sentimento: o sorriso de Daniel ou a tristura de Xeremías. • As figuras “conversan” establecendo unha comunicación entre elas poñendo fin ao hermetismo do románico. • Acrecéntase o volume das figuras, que se liberan do marco arquitectónico (xustaposición á columna, non fusión con ela), como se fai evidente no tratamento das esculturas dos apóstolos e profetas das xambas. • Téndese a idealización maxestuosa na figura de Moisés, e sobre todo na figura sedente do apóstolo Santiago situada no parteluz da portada central.
  • 91. Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago Reconstrución no Museo da Catedral
  • 92. Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago Algunhas das esculturas están na actualidade na Porta Santa
  • 93. Coro pétreo do Mestre Mateo da Catedral de Santiago Algunhas das esculturas están na actualidade na Porta Santa
  • 94. Estatuas de Isaac e Abraham Escalinata da antiga portada occidental Donación da Catedral a Francisco Franco (1961)
  • 95. Pintura románica na península Ibérica • Tradicionalmente, as diferentes mostras de pintura románica conservadas na Península Ibérica asócianse á corrente bizantina e a mozárabe, que deron lugar a dúas grandes escolas da pintura románica, a catalá e a castelán-leonesa. • A corrente bizantina penetraría en España por Cataluña proveniente de Italia, do mesmo xeito que a arquitectura, onde a influencia lombarda é moi forte. A influencia mozárabe pasaría dende Al-Andalus a todos os territorios cristiáns, aínda que principalmente a Castela e León, onde a reconquista liberara de presenza musulmá un extenso territorio ata o val do Teixo (no século XI -185- Afonso VI toma Toledo). • A pintura en moitos caso cubría completamente o interior dos templos románicos pero en relación a isto quedan poucos exemplos.
  • 96. Pintura románica na península Ibérica • Pinturas do Panteón Real de San Isidoro de León • Están situadas no teito do Panteón Real e son as mellor conservadas de toda a Península. Son de finais do século XI. Narran escenas do nacemento de Cristo (Anunciación, Adoración dos pastores, a matanza dos inocentes...), da Paixón (última cea e Crucifixión). No centro o Pantocrator rodeado do Tetramorfos. • Pinturas da Capela de Santa Cruz de Maderuelo (Segovia). Principios do XII. As pinturas atópanse hoxe no Museo do Prado, recreando a capela orixinal. Nun extremo vemos a creación de Adán e o pecado orixinal. O estilo deste artista foi sempre considerado próximo ao do Mestre de Tahull. • As pinturas de San Clemente de Tahull actualmente están no Museo de nacional de Arte de Cataluña. Seguen fielmente os modelos iconográficos bizantinos. Na ábsida vemos o Pantocrator rodeado de anxos e evanxelistas, debaixo a virxe e os apóstolos.
  • 104. Pintura románica Vera Cruz de Maderuelo (Segovia)