SlideShare a Scribd company logo
1 of 66
Unidade 1
Os pobos xermánicos
Capela escavada en rocha
(San Pedro de Rocas) s. VI
É a igrexa galega máis antiga,
nela desenvolveuse a vida monacal
Fíbula aquiliforme
Visigoda. Século VI
A crise do Imperio romano
• A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a
unha serie de problemas.
• As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos
ataques dos pobos xermánicos (bárbaros).
• A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as
revoltas contra o emperador. Entre o 235 e 268
sucedéronse 30 emperadores lexítimos e máis de 70
ilexítimos.
• A estes problemas sumáronselles os problemas
económicos: a falta de escravos, ao rematar a conquista,
provocou un descenso da produción agrícola e mineira.
Os ataques bárbaros cortaron as vías de comunicación:
estancamento do comercio e empobrecemento da
poboación.
Quen eran os pobos xermánicos? Por que
se lles denominaba bárbaros?
• Pobos situados ao norte dos ríos
Rin e Danubio que se foron
asentando no Imperio romano de
Occidente a partir do século V d.C.
• Denominación romana que
significa estranxeiro. Poboación
que está fóra do Imperio e que
non fala latín.
Introdución
• Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a
unidade cultural do Mediterráneo.
• Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por
mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos
xermánicos.
• O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose
durante case mil anos máis.
• O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de
continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo
e o novo mundo medieval.
400 500 800
Os pobos xermánicos e a súa situación
• Arredor do 375, os hunos, dirixidos por
Atila, chegaron ás estepas do leste da actual
Europa procedentes de Asia.
• O seu avance provocou unha serie de
movementos en cadea nos pobos que vivían
preto das fronteiras do Imperio romano.
• Primeiro os godos (376) e despois os
suevos, vándalos e alanos (406)
traspasaron o limes co obxectivo de
protexerse e asentarse nas terras do
Imperio.
Os pobos xermánicos e a súa situación
• A incapacidade de Roma de controlar
a coflitiva situación (escaseza de
tropas, divisións internas) favoreceu o
avance dos invasores.
• No 409 suevos, vándalos (asdingos
e sislingos) e alanos penetraron nas
provincias de Hispania e, tras os
saqueos iniciais, repartíronse o
territorio.
Os pobos xermánicos e a súa situación
• Para controlar de novo as provincias de Hispania,
os emperadores romanos aliáronse cos visigodos (o
pobo bárbaro máis romanizado).
• Entre o 415 e 418, tropas visigodas entraron en
Hispania, coa finalidade de acabar cos bárbaros
rebeldes, protexer o territorio de novos ataques e
exercer o goberno como representantes da
autoridade imperial.
• Aniquilaron aos vándalos e os alanos e acantoaron
aos suevos na Gallaecia.
• Ante o temor a ser derrotados, os vándalos
asdingos desprazáronse cara o sur, saqueando
todo o territorio ata pasar ao norte de África (429).
Invasións xermánicas
Hispania
ao redor do 418
Os suevos na
Gallaecia
O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• Coa crise do Imperio romano e as
invasións dos pobos xermánicos
chegan ás nosas terras os suevos.
• Forman un reino que durou algo
menos de dous séculos, aínda que
durante este tempo non mudaron as
formas de vida da poboación
hispanorromana.
• Finalmente no ano 585, os visigodos
apoderáronse do reino suevo.
O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• No ano 409 suevos, vándalos e alanos
entran na Península Ibérica.
• 415 Os visigodos expulsan ao vándalos e
alanos, e acantoaron aos suevos na
Gallaecia (Galicia máis o norte de
Portugal), onde o emperador Honorio lles
permitiu asentarse despois de establecer
un pacto con eles.
• Pobo orixinario do mar Báltico, que
descenderon cara á zona da actual
Alemaña, cometendo todo tipo de saqueos
e pillaxes.
O reino suevo de Galicia
A súa chegada
• Calcúlase que chegaron ata a
Gallaecia uns 30.000 suevos,
liderados por Hemerico.
• Intaláronse preferentemente nunha
zona abranguida entre Ourense, Tui,
Braga e O Porto e estableceron a súa
capital en Bracara Augusta (Braga,
Portugal).
Imaxe de Punta Langosteira
praia e porto de Suevos (Arteixo)
ao fondo
Porto exterior da Coruña
Praia de Sabón
Punta Langosteira
Porto e praia de
Suevos
O reino suevo de Galicia
evolución
• Cara o ano 420, os suevos crearon un reino propio
en Galicia, que mantivo a súa influencia ata finais
do século VI.
• Este reino viviu en constante tensión,
especialmente debido ás presións dos visigodos,
que lles querían poñer fin ás continuas rapinas dos
suevos por boa parte do territorio peninsular.
• Así o rei Teodosio II organizou unha expedición
que derrotou ao monarca suevo no 456. Con todo,
os visigodos non lograron facerse co control do
territorio e limitáronse a vixiar as fronteiras. O reino
suevo de Galicia non desapareceu pero entrou
nunha fase de submisión fronte aos visigodos.
O reino suevo de Galicia
evolución
• Nada sabemos deles entre o 468 e 559 por falta de testemuños
(período oscuro).
• Nesta época prodúcese o asentamento de poboacións célticas
procedentes de Britania (de onde foron expulsados polas invasións
do saxóns) na zona costeira do norte de Galicia, especialmente na
zona comprendida entre o río Eo e a ría de Ferrol. Integrados no
reino suevo, formaron, entre o 469 e 576, a diócese de Britonia (na
zona de Mondoñedo), unha diócese de tradición céltica, que parece
que comprendía máis a unha comunidade humana que a un
territorio concreto.
• Da presenza dos bretóns hai poucos datos; entre eles o nome dun
bispo desta diócese Maeloc, e varios topónimos (Bretoña...).
• Para algúns historiadores, etnógrafos... é posible que as tradicións e
cultos relixiosos galegos asociados á chegada de santos en barcos
de pedra sexan un recordo da chegada destas comunidades célticas
que, cos seus bispos ao fronte, arribarron ás costas da Gallaecia...)
Fuxida dos Bretóns
coa invasión dos Saxóns
Serviu de tema
á música folk.
(1979)
O reino suevo de Galicia
evolución
• No século VI os suevos abarcaban os tres conventus clásicos
da provincia da Gallaecia romana (Lucus (Lugo), Astúrica
(Astorga), Bracara (Braga)).
• Mantiñan unha convivencia pacífica coa poboación galaico-
romana facilitada pola súa conversión ao catolicismo.
• Neste momento consolidouse a cristianización das masas
campesiñas grazas á actuación dun monxe: Martiño de
Dumio nado na Panonia (Hungría), quen reorganizou o
monacato de Gallaecia; ademais de fundar o mosteiro de
Dumio (preto de Braga) e de exercer o bispado de Braga,
sede metropolitana do reino suevo, dedicou especial atención
á loita contra as prácticas pagáns.
• O reino suevo tivo unha nova fase de apoxeo co ascenso ao
trono de Miro (570-583), que emprendeu unha campaña
militar contra algúns pobos asentados entre Cantabria e
Navarra.
O reino suevo de Galicia
evolución
• A partir do 572, as relacións cos visigodos
deterioráronse e rexurdiron os enfrontamentos.
• No ano 585 o rei visigodo Leovixildo, co pretexto
de intervir nunhas liortas da dinastía sueva (a
deposición do rei Eurico polo rebelde Andeca),
penetrou cos seus exércitos na Gallaecia e, tras a
toma de Porto e Braga, conquistou o reino suevo.
Anexionado ao reino visigodo.
• Aínda así, a Gallaecia sueva debeu manter certa
personalidade diferenciada, pois nalgúns casos, os
reis visgodos encargaron o seu goberno aos seus
herdeiros ao trono.
O reino suevo de Galicia
o problema relixioso
• Inicialmente os suevos profesaban o arrianismo,
doutrina considerada herética que nega o carácter
divino de Xesús. Esta crenza estaba moi espallada
entre os pobos xermánicos, mentres que a maioría da
poboación hispanorromana profesaba o catolicismo.
• Para combater o arrianismo, a mediados do século VI
chegou a Galicia San Martiño Dumiense, que influíu
na conversión do rei suevo Teodomiro e organizou o
Concilio de Braga no ano 569.
• Despois da conversión ao catolicismo do reino suevo, a
Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo do
século VI creándose numerosos mosteiros que
haberían ter unha longuísima vida, chegando, nalgúns
casos, ata a actualidade.
Moeda sueva cuñada
polo rei Requiario (448-455),
co seu nome gravado nela:
Requiario reges
Necrópole sueva do s. VI
atopada no subsolo da
catedral de Santiago
Capela escavada en rocha
(San Pedro de Rocas) s. VI
É a igrexa galega máis antiga,
nela desenvolveuse a vida monacal
San Martiño Dumiense.
Miniatura
do Códex Albeldensis. s.X
Características da economía e sociedade do
reino suevo
• Baseábase na agricultura e gandaría. Non
había grandes diferenzas coa época
hispanorromana e grandes extensións de
terreo estaban en moi poucas mans. A
gandaría tiña especial importancia e
pódese comprobar en que incluso os
mosterios da época posuían rabaños que
eran a base do seu sustento e economía.
• A sociedade non estaba especialmente
desenvolta. Os invasores integráronse con
facilidade na poboación autóctona, que
estaba moi influída xa pola cultura romana.
Información sobre o mosteiro de San Pedro
de Rocas
• Considérase o mosteiro máis antigo de
Galiza.
• Ten unha arquitectura curiosa, é un
mosteiro escavado na rocha. O campanario
aproveita as rochas dun lado e se apoia na
rocha natural do outro lado.
• Os aspectos máis curiosos que se atoparon
nel, foron moitas tumbas antropomórficas.
San Pedro de Rocas
s. VI
Preguntas síntese
a. Quen eran os suevos? De onde proviñan?
Describe a zona de ocupación. Por onde se
espallaron? Onde quedaron definitivamente a partir
do s. V?
• Un pobo xermánico que proviña na zona do
mar Báltico.
• Espalláronse por toda a Gallaecia e desde
aí realizaron saqueos e pillaxes por outras
provincias da antiga Hispania.
• Asentáronse definitivamente na Gallaecia
principalmente na área de Braga (Portugal)
nun trapecio cos vértices situados nas
localidades de Tui, Ourense, Braga e Porto.
Preguntas síntese
b. Que dúas etapas podes distinguir na
evolución do reino suevo? Cando finalizou
este reino?
• Unha primeira etapa entre 409 e
468: ocupación destacan os reinados
de Rechila e Rechiario ao final desta
etapa.
• 468-559: período oscuro (non temos
fontes escritas sobre este período.
• Etapa final 559-585. Incorporación ao
reino visigodo.
Preguntas síntese
c. De que xeito explicarías os conflitos entre
os suevos e visigodos?
• Ten a súa orixe na expansión
territorial do reino suevo e na
posterior reacción do rei visigodo
Leovixildo que lle poñerá freo e
incorporará o territorio suevo ao
reino visigodo.
A Hispania Visigoda
Santa Comba de Bande
A Hispania visigoda
O reino de Toledo
• No ano 409 entraron en Hispania unha serie de pobos
bárbaros: suevos, vándalos e alanos. Os visigodos,
aliados de Roma, acudiron á Península dende a Galia,
expulsaron a vándalos e alanos cara ao norte de África e
arrecuncharon aos suevos en Galiza.
• A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados
no Sur da Galia e en Hispania. Tiñan a capital en Tolouse.
• Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron
os visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos.
• Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e
organizaron un reino con capital en Toledo, que se
mantivo máis de douscentos anos.
Migración dos visigodos
Territorio visigodo
antes da derrota
cos francos
A Hispania visigoda
O reino de Toledo
• Entre o 569 e 623, os reis visigodos Leovixildo, Sisebuto e
Suintila realizaron diversas campañas militares que lles deron
o dominio da case totalidade das terras peninsulares. Estas
campañas estiveron contra cidades e zonas
hispanorromanas independentes da Bética (Córduba,
Orospeda) e do Douro (Sarabia), contra tribos indíxenas do
norte (especialmente vascóns), contra suevos e bizantinos.
• As campañas remataron coa anexión de todos eses
territorios, coa excepción dunha pequena parte na zona norte
habitada polos vascóns.
• Paralelamente produciuse a fusión entre godos e
hispanorromanos grazas á autorización de contraer
matrimonios mixtos e á conversión ao catolicismo con
Recaredo no 589.
A Hispania visigoda
O reino de Toledo
• Os visigodos eran pouco numerosos (150.000) sobre unha
poboación duns catro millóns, dominaron aos hispanos e repartiron
entre eles gran parte das súas terras.
• Xunto aos grandes propietarios hispanorromanos, constituíron o
grupo social aristocrático e privilexiado.
• A monarquía conseguiu establecer un reino fundamentada nos
seguintes aspectos:
• Monarquía forte en principio electiva pero que se transformou en
hereditaria. O monarca apoiábase nas institucións de goberno, como
a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobre e clérigos) e os
Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil).
• Control de todo o territorio peninsular (ver máis adiante)
• Unificación xurídico e relixiosa: (ver máis adiante)
Restos arqueolóxicos
de Recópolis (Guadalajara)
cidade fundada
por Leovigildo (s. VI)
A Hispania visigoda
A monarquía visigoda
• A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio
peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles
territorios aos bizantinos (572-628) e detivo os francos
no norte.
• Os visigodos, a través do establecemento dunha
monarquía forte, Pasou dun modelo electivo a
hereditario.
• Conseguiron a unificación relixiosa e xurídica entre
hispanorromanos e visigodos. Leovixildo promoveu a
igualdade dos dous pobos establecendo a posibilidade
de matrimonios mixtos. Recaredo converteuse ao
catolicismo, separándose da doutrina arrianista.
Recesvinto promoveu unha única lexislación (Liber
Iudicorum ou Foro Xulgo)
A conversión de Recaredo
Muñoz Degrain (1888)
Senado
Reprodución medieval
do rei Recesvinto.
Unificador xudicial
a través do
Liber Iudiciorum
A Hispania visigoda
A monarquía visigoda
• A comezos do século VIII, as disputas
nobiliarias facilitaron que o exército
musulmán, procedente do norte de
África invadise a Península Ibérica
(711) e derrotase ao derradeiro
monarca visigodo (don Rodrigo)
Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos
Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda.
Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid)
Recesvinto(653-672) foi un dos últimos
monarcas visigodos. Coroa votiva
(tesouro de Guarrazar)
Códice emiliense, século X. Representa a cidade
de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas
das súas igrexas.
Cruz do tesouro
de Torredonjimeno (Xaén)
s. VII
Fíbula visigoda
Alovera (Guadalajara)
s. VI
A Hispania visigoda
A sociedade visigoda
• Aínda que os visigodos eran
numericamente poucos, dominaron aos
hispanos e repartíronse as dúas terceiras
partes das terras peninsulares.
• A economía era basicamente agrícola e de
subsistencia.
• Nas cidades, as actividades artesanais e o
comercio diminuíron considerablemente.
A Hispania visigoda
cultura e arte visigodas
• A cultura e a arte visigoda estiveron moi
marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín
foi a lingua culta e a produción literaria centrouse
nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns.
• Dende o punto de vista artístico, salientan as
pequenas igrexas construídas maioritariamente no
século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de
la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las
Viñas.
Nave principal
Campanario
Arco de ferradura
Escasas ventás
Nave lateral
Grosos muros de pedra de canteria irregular
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
Interior e plano
San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
Escasas fiestras
Grosos muros
Arco de ferradura
sostido sobre columnas
Columnas pegadas
ao muro
Chapitel historiado
San Pedro de la Nave (Zamora)
(s.VII)
Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
Cripta de San Antolín
Catedral de Palencia s. VII
Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
San Xoán de Panxón (Nigrán-Pontevedra) (s.VII)
a. Que importancia tivo a Igrexa na cultura visigoda? Que
foron os Concilios de Toledo?
• Na cultura visigoda a Igrexa era importante
porque os clérigos cristiáns eran os que
conservaban a cultura romana e sabía ler e
escribir. Dous exemplos son San Leandro e
San Isidoro de Sevilla.
• Os Concilios de Toledo era asembleas de
bispos convocada polo rei na capital
visigoda, nos que se decidían non só
cuestións relixiosas, senón tamén asuntos
civís relacionados co goberno do reino.
b. Que características ten a ourivaría visigoda?
• Caracterízase porque os artesáns
traballaban metais nobres (ouro e prata)
pero tamén bronce e ferro.
• Ademais utilizaban varias técnicas:
fundición retocada e gravada, dourado ao
lume, soldadura e incrustacións de xemas
(granate, cristal de rocha, ágata...) e de
perlas irregulares.
c. Características da arquitectura visigoda
• Predomina a arquitectura relixiosa en áreas
rurais.
• Utilizan o arco de ferradura.
• Son construcións de pequeno tamaño.
• Muros moi grosos nos que a penas hai
vanos.
d. Describe os edificios da aldea visigoda e as
actividades que realizan os seus habitantes
• Edificios e actividades que amosa a ilustración corresponden a unha
sociedade rural.
• A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao
comercio.
• A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a a
aldea cun valado.
• As actividades económicas eran: cultivo nun pequeno horto, cría de
diferentes animais en cortes e currais, caza dalgúns animais, o
artesán elabora algúns produtos, ferreiro forxa metais, carpinteiro
traballa a madeira, elaboración de pan no forno.
• Trátase dunha economía de subsistencia baseada no
autoabastecemento, xa que producen o que consomen.
ANEXO
A famosa lista dos reis Godos
Os pobos xermánicos na Península Ibérica

More Related Content

What's hot

A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIDudas-Historia
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andaluscamposseijo
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernorubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosReis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosAgrela Elvixeo
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela Elvixeo
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaA Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaAgrela Elvixeo
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Mediarubempaul
 

What's hot (20)

Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficosReis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
Reis Católicos. Os descubrimentos xeográficos
 
A Plena Idade Media
A Plena Idade MediaA Plena Idade Media
A Plena Idade Media
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en España
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de EspañaA Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
A Idade Media. 2º bacharelato Historia de España
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade MediaTema 6 Galicia na Idade Media
Tema 6 Galicia na Idade Media
 

Similar to Os pobos xermánicos na Península Ibérica

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigorubempaul
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoSanti Pazos
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)Agrela Elvixeo
 
Imperio romano división
Imperio romano   divisiónImperio romano   división
Imperio romano divisióngrupo seis
 
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciaTema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciarubempaul
 
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaTema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaDudas-Historia
 
Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Fiz
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade mediadanielvereavazquez
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicosroberto
 

Similar to Os pobos xermánicos na Península Ibérica (20)

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
 
Idade Media
Idade MediaIdade Media
Idade Media
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Presentación cc sociais
Presentación cc sociaisPresentación cc sociais
Presentación cc sociais
 
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
 
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
Imperio romano división
Imperio romano   divisiónImperio romano   división
Imperio romano división
 
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galiciaTema 12 Os pobos prerromanos en galicia
Tema 12 Os pobos prerromanos en galicia
 
LA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODALA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODA
 
LA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODALA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODA
 
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galiciaTema 12. os pobos prerromanos en galicia
Tema 12. os pobos prerromanos en galicia
 
Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7Sociais resumo tema7
Sociais resumo tema7
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos
 
Unidade 3 esa
Unidade 3 esaUnidade 3 esa
Unidade 3 esa
 
Arte prerrománica
Arte prerrománicaArte prerrománica
Arte prerrománica
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
Tema 6. galicia na idade media
Tema 6.  galicia na idade mediaTema 6.  galicia na idade media
Tema 6. galicia na idade media
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Os pobos xermánicos na Península Ibérica

  • 1. Unidade 1 Os pobos xermánicos Capela escavada en rocha (San Pedro de Rocas) s. VI É a igrexa galega máis antiga, nela desenvolveuse a vida monacal Fíbula aquiliforme Visigoda. Século VI
  • 2. A crise do Imperio romano • A partir do século III d.C., o Imperio tivo que enfrontarse a unha serie de problemas. • As fronteiras volvéronse inseguras a causa dos continuos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros). • A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas contra o emperador. Entre o 235 e 268 sucedéronse 30 emperadores lexítimos e máis de 70 ilexítimos. • A estes problemas sumáronselles os problemas económicos: a falta de escravos, ao rematar a conquista, provocou un descenso da produción agrícola e mineira. Os ataques bárbaros cortaron as vías de comunicación: estancamento do comercio e empobrecemento da poboación.
  • 3. Quen eran os pobos xermánicos? Por que se lles denominaba bárbaros? • Pobos situados ao norte dos ríos Rin e Danubio que se foron asentando no Imperio romano de Occidente a partir do século V d.C. • Denominación romana que significa estranxeiro. Poboación que está fóra do Imperio e que non fala latín.
  • 4. Introdución • Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo. • Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos. • O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose durante case mil anos máis. • O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval. 400 500 800
  • 5. Os pobos xermánicos e a súa situación • Arredor do 375, os hunos, dirixidos por Atila, chegaron ás estepas do leste da actual Europa procedentes de Asia. • O seu avance provocou unha serie de movementos en cadea nos pobos que vivían preto das fronteiras do Imperio romano. • Primeiro os godos (376) e despois os suevos, vándalos e alanos (406) traspasaron o limes co obxectivo de protexerse e asentarse nas terras do Imperio.
  • 6. Os pobos xermánicos e a súa situación • A incapacidade de Roma de controlar a coflitiva situación (escaseza de tropas, divisións internas) favoreceu o avance dos invasores. • No 409 suevos, vándalos (asdingos e sislingos) e alanos penetraron nas provincias de Hispania e, tras os saqueos iniciais, repartíronse o territorio.
  • 7. Os pobos xermánicos e a súa situación • Para controlar de novo as provincias de Hispania, os emperadores romanos aliáronse cos visigodos (o pobo bárbaro máis romanizado). • Entre o 415 e 418, tropas visigodas entraron en Hispania, coa finalidade de acabar cos bárbaros rebeldes, protexer o territorio de novos ataques e exercer o goberno como representantes da autoridade imperial. • Aniquilaron aos vándalos e os alanos e acantoaron aos suevos na Gallaecia. • Ante o temor a ser derrotados, os vándalos asdingos desprazáronse cara o sur, saqueando todo o territorio ata pasar ao norte de África (429).
  • 10.
  • 12. O reino suevo de Galicia A súa chegada • Coa crise do Imperio romano e as invasións dos pobos xermánicos chegan ás nosas terras os suevos. • Forman un reino que durou algo menos de dous séculos, aínda que durante este tempo non mudaron as formas de vida da poboación hispanorromana. • Finalmente no ano 585, os visigodos apoderáronse do reino suevo.
  • 13. O reino suevo de Galicia A súa chegada • No ano 409 suevos, vándalos e alanos entran na Península Ibérica. • 415 Os visigodos expulsan ao vándalos e alanos, e acantoaron aos suevos na Gallaecia (Galicia máis o norte de Portugal), onde o emperador Honorio lles permitiu asentarse despois de establecer un pacto con eles. • Pobo orixinario do mar Báltico, que descenderon cara á zona da actual Alemaña, cometendo todo tipo de saqueos e pillaxes.
  • 14. O reino suevo de Galicia A súa chegada • Calcúlase que chegaron ata a Gallaecia uns 30.000 suevos, liderados por Hemerico. • Intaláronse preferentemente nunha zona abranguida entre Ourense, Tui, Braga e O Porto e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga, Portugal).
  • 15. Imaxe de Punta Langosteira praia e porto de Suevos (Arteixo) ao fondo
  • 16. Porto exterior da Coruña Praia de Sabón Punta Langosteira Porto e praia de Suevos
  • 17. O reino suevo de Galicia evolución • Cara o ano 420, os suevos crearon un reino propio en Galicia, que mantivo a súa influencia ata finais do século VI. • Este reino viviu en constante tensión, especialmente debido ás presións dos visigodos, que lles querían poñer fin ás continuas rapinas dos suevos por boa parte do territorio peninsular. • Así o rei Teodosio II organizou unha expedición que derrotou ao monarca suevo no 456. Con todo, os visigodos non lograron facerse co control do territorio e limitáronse a vixiar as fronteiras. O reino suevo de Galicia non desapareceu pero entrou nunha fase de submisión fronte aos visigodos.
  • 18. O reino suevo de Galicia evolución • Nada sabemos deles entre o 468 e 559 por falta de testemuños (período oscuro). • Nesta época prodúcese o asentamento de poboacións célticas procedentes de Britania (de onde foron expulsados polas invasións do saxóns) na zona costeira do norte de Galicia, especialmente na zona comprendida entre o río Eo e a ría de Ferrol. Integrados no reino suevo, formaron, entre o 469 e 576, a diócese de Britonia (na zona de Mondoñedo), unha diócese de tradición céltica, que parece que comprendía máis a unha comunidade humana que a un territorio concreto. • Da presenza dos bretóns hai poucos datos; entre eles o nome dun bispo desta diócese Maeloc, e varios topónimos (Bretoña...). • Para algúns historiadores, etnógrafos... é posible que as tradicións e cultos relixiosos galegos asociados á chegada de santos en barcos de pedra sexan un recordo da chegada destas comunidades célticas que, cos seus bispos ao fronte, arribarron ás costas da Gallaecia...)
  • 19. Fuxida dos Bretóns coa invasión dos Saxóns
  • 20. Serviu de tema á música folk. (1979)
  • 21. O reino suevo de Galicia evolución • No século VI os suevos abarcaban os tres conventus clásicos da provincia da Gallaecia romana (Lucus (Lugo), Astúrica (Astorga), Bracara (Braga)). • Mantiñan unha convivencia pacífica coa poboación galaico- romana facilitada pola súa conversión ao catolicismo. • Neste momento consolidouse a cristianización das masas campesiñas grazas á actuación dun monxe: Martiño de Dumio nado na Panonia (Hungría), quen reorganizou o monacato de Gallaecia; ademais de fundar o mosteiro de Dumio (preto de Braga) e de exercer o bispado de Braga, sede metropolitana do reino suevo, dedicou especial atención á loita contra as prácticas pagáns. • O reino suevo tivo unha nova fase de apoxeo co ascenso ao trono de Miro (570-583), que emprendeu unha campaña militar contra algúns pobos asentados entre Cantabria e Navarra.
  • 22. O reino suevo de Galicia evolución • A partir do 572, as relacións cos visigodos deterioráronse e rexurdiron os enfrontamentos. • No ano 585 o rei visigodo Leovixildo, co pretexto de intervir nunhas liortas da dinastía sueva (a deposición do rei Eurico polo rebelde Andeca), penetrou cos seus exércitos na Gallaecia e, tras a toma de Porto e Braga, conquistou o reino suevo. Anexionado ao reino visigodo. • Aínda así, a Gallaecia sueva debeu manter certa personalidade diferenciada, pois nalgúns casos, os reis visgodos encargaron o seu goberno aos seus herdeiros ao trono.
  • 23. O reino suevo de Galicia o problema relixioso • Inicialmente os suevos profesaban o arrianismo, doutrina considerada herética que nega o carácter divino de Xesús. Esta crenza estaba moi espallada entre os pobos xermánicos, mentres que a maioría da poboación hispanorromana profesaba o catolicismo. • Para combater o arrianismo, a mediados do século VI chegou a Galicia San Martiño Dumiense, que influíu na conversión do rei suevo Teodomiro e organizou o Concilio de Braga no ano 569. • Despois da conversión ao catolicismo do reino suevo, a Igrexa foi gañando forza e prestixio social. Ao longo do século VI creándose numerosos mosteiros que haberían ter unha longuísima vida, chegando, nalgúns casos, ata a actualidade.
  • 24. Moeda sueva cuñada polo rei Requiario (448-455), co seu nome gravado nela: Requiario reges
  • 25. Necrópole sueva do s. VI atopada no subsolo da catedral de Santiago
  • 26. Capela escavada en rocha (San Pedro de Rocas) s. VI É a igrexa galega máis antiga, nela desenvolveuse a vida monacal San Martiño Dumiense. Miniatura do Códex Albeldensis. s.X
  • 27. Características da economía e sociedade do reino suevo • Baseábase na agricultura e gandaría. Non había grandes diferenzas coa época hispanorromana e grandes extensións de terreo estaban en moi poucas mans. A gandaría tiña especial importancia e pódese comprobar en que incluso os mosterios da época posuían rabaños que eran a base do seu sustento e economía. • A sociedade non estaba especialmente desenvolta. Os invasores integráronse con facilidade na poboación autóctona, que estaba moi influída xa pola cultura romana.
  • 28. Información sobre o mosteiro de San Pedro de Rocas • Considérase o mosteiro máis antigo de Galiza. • Ten unha arquitectura curiosa, é un mosteiro escavado na rocha. O campanario aproveita as rochas dun lado e se apoia na rocha natural do outro lado. • Os aspectos máis curiosos que se atoparon nel, foron moitas tumbas antropomórficas.
  • 29. San Pedro de Rocas s. VI
  • 30. Preguntas síntese a. Quen eran os suevos? De onde proviñan? Describe a zona de ocupación. Por onde se espallaron? Onde quedaron definitivamente a partir do s. V? • Un pobo xermánico que proviña na zona do mar Báltico. • Espalláronse por toda a Gallaecia e desde aí realizaron saqueos e pillaxes por outras provincias da antiga Hispania. • Asentáronse definitivamente na Gallaecia principalmente na área de Braga (Portugal) nun trapecio cos vértices situados nas localidades de Tui, Ourense, Braga e Porto.
  • 31. Preguntas síntese b. Que dúas etapas podes distinguir na evolución do reino suevo? Cando finalizou este reino? • Unha primeira etapa entre 409 e 468: ocupación destacan os reinados de Rechila e Rechiario ao final desta etapa. • 468-559: período oscuro (non temos fontes escritas sobre este período. • Etapa final 559-585. Incorporación ao reino visigodo.
  • 32. Preguntas síntese c. De que xeito explicarías os conflitos entre os suevos e visigodos? • Ten a súa orixe na expansión territorial do reino suevo e na posterior reacción do rei visigodo Leovixildo que lle poñerá freo e incorporará o territorio suevo ao reino visigodo.
  • 33. A Hispania Visigoda Santa Comba de Bande
  • 34. A Hispania visigoda O reino de Toledo • No ano 409 entraron en Hispania unha serie de pobos bárbaros: suevos, vándalos e alanos. Os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península dende a Galia, expulsaron a vándalos e alanos cara ao norte de África e arrecuncharon aos suevos en Galiza. • A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados no Sur da Galia e en Hispania. Tiñan a capital en Tolouse. • Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron os visigodos (batalla de Vouillé, 507) e expulsáronos. • Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo, que se mantivo máis de douscentos anos.
  • 36. Territorio visigodo antes da derrota cos francos
  • 37. A Hispania visigoda O reino de Toledo • Entre o 569 e 623, os reis visigodos Leovixildo, Sisebuto e Suintila realizaron diversas campañas militares que lles deron o dominio da case totalidade das terras peninsulares. Estas campañas estiveron contra cidades e zonas hispanorromanas independentes da Bética (Córduba, Orospeda) e do Douro (Sarabia), contra tribos indíxenas do norte (especialmente vascóns), contra suevos e bizantinos. • As campañas remataron coa anexión de todos eses territorios, coa excepción dunha pequena parte na zona norte habitada polos vascóns. • Paralelamente produciuse a fusión entre godos e hispanorromanos grazas á autorización de contraer matrimonios mixtos e á conversión ao catolicismo con Recaredo no 589.
  • 38.
  • 39.
  • 40. A Hispania visigoda O reino de Toledo • Os visigodos eran pouco numerosos (150.000) sobre unha poboación duns catro millóns, dominaron aos hispanos e repartiron entre eles gran parte das súas terras. • Xunto aos grandes propietarios hispanorromanos, constituíron o grupo social aristocrático e privilexiado. • A monarquía conseguiu establecer un reino fundamentada nos seguintes aspectos: • Monarquía forte en principio electiva pero que se transformou en hereditaria. O monarca apoiábase nas institucións de goberno, como a Aula Rexia (órgano asesor formado por nobre e clérigos) e os Concilios de Toledo (asembleas de carácter relixioso e civil). • Control de todo o territorio peninsular (ver máis adiante) • Unificación xurídico e relixiosa: (ver máis adiante)
  • 41. Restos arqueolóxicos de Recópolis (Guadalajara) cidade fundada por Leovigildo (s. VI)
  • 42. A Hispania visigoda A monarquía visigoda • A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular: expulsou os suevos (585), conquistoulles territorios aos bizantinos (572-628) e detivo os francos no norte. • Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, Pasou dun modelo electivo a hereditario. • Conseguiron a unificación relixiosa e xurídica entre hispanorromanos e visigodos. Leovixildo promoveu a igualdade dos dous pobos establecendo a posibilidade de matrimonios mixtos. Recaredo converteuse ao catolicismo, separándose da doutrina arrianista. Recesvinto promoveu unha única lexislación (Liber Iudicorum ou Foro Xulgo)
  • 43. A conversión de Recaredo Muñoz Degrain (1888) Senado
  • 44. Reprodución medieval do rei Recesvinto. Unificador xudicial a través do Liber Iudiciorum
  • 45.
  • 46. A Hispania visigoda A monarquía visigoda • A comezos do século VIII, as disputas nobiliarias facilitaron que o exército musulmán, procedente do norte de África invadise a Península Ibérica (711) e derrotase ao derradeiro monarca visigodo (don Rodrigo)
  • 47. Isidoro, bispo de Sevilla, foi un dos Clérigos máis influintes da Hispania Visigoda. Estatua na Biblioteca Nacional (Madrid) Recesvinto(653-672) foi un dos últimos monarcas visigodos. Coroa votiva (tesouro de Guarrazar)
  • 48. Códice emiliense, século X. Representa a cidade de Toledo coas súas muralla e ameas e algunhas das súas igrexas. Cruz do tesouro de Torredonjimeno (Xaén) s. VII
  • 50. A Hispania visigoda A sociedade visigoda • Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares. • A economía era basicamente agrícola e de subsistencia. • Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
  • 51. A Hispania visigoda cultura e arte visigodas • A cultura e a arte visigoda estiveron moi marcadas pola influencia romana e cristiá: o latín foi a lingua culta e a produción literaria centrouse nas sés episcopais e nos mosteiros cristiáns. • Dende o punto de vista artístico, salientan as pequenas igrexas construídas maioritariamente no século VII d.C.: San Xoán de Baños, San Pedro de la Nave, Santa Comba de Bande, Quintanilla de las Viñas.
  • 52. Nave principal Campanario Arco de ferradura Escasas ventás Nave lateral Grosos muros de pedra de canteria irregular San Juan de Baños (Palencia) (s.VII)
  • 53. San Juan de Baños (Palencia) (s.VII) Interior e plano
  • 54. San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII) Escasas fiestras Grosos muros
  • 55. Arco de ferradura sostido sobre columnas Columnas pegadas ao muro Chapitel historiado San Pedro de la Nave (Zamora) (s.VII)
  • 56. Quintanilla de las Viñas (Burgos) (s.VII)
  • 57. Cripta de San Antolín Catedral de Palencia s. VII
  • 58. Santa Comba de Bande (Ourense) (s.VII)
  • 59. San Xoán de Panxón (Nigrán-Pontevedra) (s.VII)
  • 60. a. Que importancia tivo a Igrexa na cultura visigoda? Que foron os Concilios de Toledo? • Na cultura visigoda a Igrexa era importante porque os clérigos cristiáns eran os que conservaban a cultura romana e sabía ler e escribir. Dous exemplos son San Leandro e San Isidoro de Sevilla. • Os Concilios de Toledo era asembleas de bispos convocada polo rei na capital visigoda, nos que se decidían non só cuestións relixiosas, senón tamén asuntos civís relacionados co goberno do reino.
  • 61. b. Que características ten a ourivaría visigoda? • Caracterízase porque os artesáns traballaban metais nobres (ouro e prata) pero tamén bronce e ferro. • Ademais utilizaban varias técnicas: fundición retocada e gravada, dourado ao lume, soldadura e incrustacións de xemas (granate, cristal de rocha, ágata...) e de perlas irregulares.
  • 62. c. Características da arquitectura visigoda • Predomina a arquitectura relixiosa en áreas rurais. • Utilizan o arco de ferradura. • Son construcións de pequeno tamaño. • Muros moi grosos nos que a penas hai vanos.
  • 63.
  • 64. d. Describe os edificios da aldea visigoda e as actividades que realizan os seus habitantes • Edificios e actividades que amosa a ilustración corresponden a unha sociedade rural. • A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao comercio. • A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a a aldea cun valado. • As actividades económicas eran: cultivo nun pequeno horto, cría de diferentes animais en cortes e currais, caza dalgúns animais, o artesán elabora algúns produtos, ferreiro forxa metais, carpinteiro traballa a madeira, elaboración de pan no forno. • Trátase dunha economía de subsistencia baseada no autoabastecemento, xa que producen o que consomen.
  • 65. ANEXO A famosa lista dos reis Godos