SlideShare a Scribd company logo
1 of 136
Arquitectura románica
San Martín de Fromista
Arquitectura románica
Introdución
• Ningunha época como a románica está tan
visiblemente condicionada polas ideas
sobrenaturais dunha piedade profundamente
crente.
• Época de grandes movementos de reformas
monásticas, das grandes peregrinacións e
das Cruzadas, todo o Occidente participa
dunha nova e case apaixoada actividade
relixiosa, na que interveñen todos os
estamentos sociais.
Arquitectura románica
Introdución
• Xurde ao redor do ano 1000.
• O termo románico utilizado para designar
este estilo foi proposto orixinalmente polo
arqueólogo francés De Caumont no ano 1824
xeneralizando o uso posteriormente M. de
Gerville. Que se baseou, por unha parte, nas
preferencias polas formas de ascendencia
romana, manifestada na arquitectura deste
estilo, e, por coincidir a súa aparición coa das
linguas romances ou románicas.
Arquitectura románica
Contexto histórico
• A arte románica é a arte cristiá que se desenvolve en
Europa occidental desde finais do século X ata
mediados do século XII.
• Nestes séculos Europa non presenta unha unidade
política.
• O Imperio de Carlomagno desaparecera e os seus
territorios foran devastados durante o século X polas
invasións procedentes do norte (viquingos) e do leste
(eslavos).
• Doutra banda o Islam presionaba desde o leste e
desde o oeste (Al Andalus), rompendo a antiga
unidade do Mediterráneo.
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Os pobos europeos, repregados sobre si
mesmos, viven baixo un réxime feudal,
organizados nunha sociedade estamental
onde cada rexión vive á marxe das demais.
• Esta falta de comunicación reflíctese na arte
que xorde tras as invasións, o que o converte
nun estilo falto de unidade, con variacións
nacionais, escolas rexionais dentro dun
mesmo país.
Arquitectura románica
Contexto histórico
• No caso da península Ibérica esta situación está
máis agudizada xa que tras a invasión musulmá no
711 atopamos dúas civilizacións paralelas e en
moitos casos enfrontadas: a cristiá e a musulmá.
• Durante os séculos XI e XII a España cristiá ocupa a
zona norte da península: Pireneos, norte de Cataluña
e Val do Douro.
• Por esa razón só atopamos nestas rexións este
estilo.
• Ademais estas rexións atopábanse divididas en
diferentes reinos de tipo feudal que loitaban en
solitario pola supervivencia fronte ao Islam (León,
Castela, Aragón, Navarra, Cataluña).
Desenvolvemento do Románico na Península Ibérica
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Con todo, este illamento non é total, e imos
ver como cos artistas, a maioría itinerantes
pois se desprazan buscando traballo de vila
en vila, viaxan tamén as influencias artísticas
dunhas rexións de Europa a outras.
• En España este proceso é especialmente
activo a través do Camiño de Santiago,
camiño de entrada e de saída de influencias
como a islámica ou mozárabe, a bizantina ou
a dos francos.
Puente la Reina (Navarra)
lugar onde conflúen as
dúas rutas pirenaicas
do Camiño Francés
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Un profundo sentimento relixioso caracteriza á
vida nesta época.
• O pobo sufrira nun clima de angustia a chegada
ao ano mil que o milenarismo profetizaba como
tempo de terrores e calamidades sen fin (Isto foi
denominado como terror ao ano 1000).
• A superación de dito ano sen que se producisen
os castigos divinos, suscitou nos fieis un espírito
de acción de grazas, producíndose unha ampla
renovación relixiosa.
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Cobra auxe a vida monástica. Os mosteiros
convértense non só en centros de espiritualidade
senón tamén en focos de actividade intelectual,
artística e económica.
• Arredor agrupábanse un grande número de
campesiños que traballaban as grandes explotacións
das abadías e recibían a protección das mesmas.
• A rápida expansión dos mosteiros e a súa unidade
de formas débense sobre todo ao poder dos monxes
beneditinos de Cluny que impón as súas regras por
todo o occidente europeo.
• A arte románica é fundamentalmente unha arte rural,
monástica, fronte ao gótico que será urbano.
Ilustración de Cluny III
antes da súa destrución
durante a Revolución francesa
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Impulsada por estes abades beneditinos
xeralízase a costume de facer peregrinacións a
determinados lugares, para venerar as
reliquias (parte do corpo ou obxecto atribuído a un
santo ou santa, que se gardaban e veneraban nunha
igrexa alí conservadas).
• Os principais centros de peregrinación serán
Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela.
• Nestes camiños veremos aparecer numerosas
construcións románicas.
As grandes rutas
de peregrinación na Idade Media
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Outra manifestación desta
renovada espiritualidade foron
as Cruzadas emprendidas
para liberar os Santos
Lugares.
Neste período comezan as Cruzadas
Arquitectura románica
Contexto histórico
• Rápido crecemento das cidades que se verán máis
desenvoltas en séculos posteriores.
• Rexurdimento da economía e estabilidade política.
• Control absoluto da sociedade pola Nobreza e o Clero.
• Arte eminentemente relixiosa. Durante os anos que
seguiron ao ano 1000 reconstruíronse igrexas de todo o
mundo cristiano, sobre todo en Italia, Francia e a
península Ibérica.
• É considerado o primeiro estilo europeo internacional,
despois da invasión dos pobos xermánicos. Non
obstante existen unha grande variedade dentro das
normas xerais comunes (atopámonos con varias
escolas rexionais)
Arquitectura románica
Contexto histórico
• O románico é o resultado da
conxunción de diversos elementos:
• A tradición clásica romana.
• Os ensaios do prerrománico.
• As influencias orientais a través de
Bizancio.
• A influencia árabe.
Arquitectura románica
Cronoloxía
• O románico ten un marco cronolóxico
que vai desde finais do século X ata o
século XIII segundo as zonas.
• A madurez do estilo acádase nas
últimas décadas do século XI e
primeiras do século XII.
• A partires do século XII falamos de
tardorrománico.
Arquitectura románica
Característica
• A arte románica é ante todo unha arte
arquitectónica. Comunmente pintura e escultura
subordínase á obra construtiva.
• As construcións principais son:
• Templos: igrexas e catedrais.
• Mosteiros.
• Os restos da arquitectura civil son máis escasos,
polo que debeu de ter un interese inferior ás
relixiosas. As máis importantes son:
• O castelo (construído en pedra).
• O palacio: residencias reais, aristocráticas, obispais.
Arquitectura románica
Características
• Materiais: xeralmente perpiaños de pedra,
aínda que tamén podemos atopar perpiaño
pequeno e cachotería no interior dos muros.
• Elementos sustentantes: muros con
paramento de perpiaños, nalgúns casos
cachotería.
• Predominio do macizo sobre o vano:
dupla función (peche e soporte da bóveda).
Paramento románico
uso de perpiaño
predominio do macizo
sobre o vano
Arquitectura románica
Características
• Elementos sustentantes: vanos estreitos
de forma abucinada, enmarcados con
arcarías e columnas.
• Reforzados exteriormente mediante
contrafortes nos puntos onde van parar os
arcos faixa.
• Piares: os máis típicos son os cruciformes
con columnas acaroadas que reciben os
arcos faixa e formeiros (arcos que separan
as naves)
Abucinamento
do vano
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: abucinamento
Abríanse moi poucas
ventás que eran
estreitas,
alongadas e
abucinadas.
Como consecuencia os
templos eran moi
escuros
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: abucinamento
Contrafortes: como
as bóvedas eran
moi pesadas
tíñanse que
aguantar sobre
muros moi anchos
e, para reforzalos
pegábanselle ,na
parede exterior,
sólidos contrafortes
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: contraforte
Contrafortes
A Colexiata do Sar
(Santiago)
(consecuencia do
peso das bóvedas:
houbo que fixar
uns arbotantes no
século XVIII
porque senon se
desplomaba)
Peso da bóveda que afecta ó muro
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: contraforte
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: piar cruciforme
Arquitectura románica
Características
• Elementos sustentantes: columnas (perden as
proporcións clásicas).
• Utilizadas, principalmente, nos claustros,
enmarcando as ventás, acaroadas aos piares.
• Arcos de medio punto. Xeralmente con outro máis
estreito no intradós (arco doblado). Utilízase para a
estrutura da bóveda (arcos faixa), nas arcarías das
naves (arcos formeiros), nos vanos, portadas... E
incluso como elementos decorativos.
• Nas ventás e portadas sólese dispor dunha serie de
arcos concéntricos (arquivoltas) que producen o
abucinamento ao vano.
Arcos faixa: arcos
que sustentan a
bóveda de
canón
Bóveda de Canón
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: arco faixa
Arcos formeiros: é un
elemento
arquitectónico curvo
(arco), que discorre
paralelo ao eixe
lonxitudinal da nave;
a súa función é soster
os muros superiores
de separación entre
as naves dunha
estrutura.
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: arco faixa
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: arquivolta
Arquivoltas: arcos
concéntricos que
soen disporse nas
ventas e portadas.
Producen un
abucinamento no
vano.
Arquitectura románica
Características
• Elementos sustentados: o arquitecto
románico intentará o abovedamento total
do templo, por dous motivos principais:
• Evitar os incendios a que están expostas as
igrexas con teitos de madeira.
• Dar ao edificio un carácter de solidez e ao
mesmo tempo de homenaxe e honra a
Deus.
Arquitectura románica
Características
• As principais bóvedas son:
• Bóveda de canón con arcos faixa. Dupla
función: construtiva absorver o peso da
bóveda e reducir, deste modo o empuxe
enviado aos contrafortes. Estética articular
a nave que deixa de ser un espazo continuo.
• Bóveda de aresta: empregada nas naves
laterais e tramos cadrados do templo.
• Bóveda de forno: para os ábsides.
Bóveda de canón co
arcos faixa: cuberta
das naves que se
sostiñan sobre grosos
muros e enormes
piares ou columnas,
unidos por arcos de
medio punto, ou de
media circunferencia.
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: bóveda de canón
Bóveda de aresta:
é o elemento
arquitectónico
abovedado que se
utiliza para cubrir
espazos
cuadrangulares;
resulta da
intersección de dúas
bóvedas de canón,
que se cruzan
perpendicularmente.
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: bóveda de aresta
Bóveda de forno: ou
de cuarto de
esfera. Bóveda
que pecha capelas
dos ábsides nun
templo románico.
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: bóveda de forno
Pechinas
Trompas
Arquitectura románica
Elementos arquitectónicos: cúpula sobre pechinas
ou sobre trompas
Arquitectura románica
Características
• Temas decorativos: variados.
• Xeométricos: axedrezados, puntas de
diamante, zigzag, ondas, rosario,
trenzado.
• Vexetais, animais, figura humana,
monstruos.
• Lugares: portadas, capiteis, cornixas...
Motivos
decorativos
Arquitectura románica
Características
• Mosteiros e claustros.
• Como xa se explicou no contexto histórico, vai
incrementarse considerablemente o número de
mosteiros neste período.
• Sobre todo, benedictinos da orde de Cluny ao longo do
camiño de Santiago e todos eles vanse construir
seguindo as pautas do estilo románico.
• Para o lugar de pase e rezo individual dos monxes, vaise
habilitar un espazo, o claustro, que consta dunha
galería de arcos de medio punto en torno a un patio,
cuadrado ou rectangular, anexo á igrexa, con columnas
xeminadas ou pareadas sobre un podio corrido. Ese
espazo facilitará un ambiente de recollemento.
Claustro de
Sto. Domingo de Silos
Arquitectura románica
Características
• A igrexa románica.
• O templo non é unicamente lugar de reunión do
clero e dos fieis, senon que debe transmitir o
contido da mensaxe cristiana da Salvación, de
aí tan importante o papel das esculturas no
edificio románico, e ser aos ollos do crente o
símbolo do reino de Deus.
• O tipo de igrexa máis representativa é o
chamado igrexa de peregrinaxe, xunto ao
que hai que citar as igrexas dos mosteiros e
das igrexas rurais que atopan ao longo dos
camiños de peregrinación.
Arquitectura románica
Características
• A igrexa románica: exteriores
• Macizas, sensación de pesadez con
predominio do horizontal sobre o
vertical.
• Construcións articuladas mediante
formas envolventes de arcos de medio
punto; os muros están fracturados
mediante arquerías cegas e se disgrega
su espesor en capas, mediante filas de
arcos.
Arquitectura románica
Características
• A igrexa románica: interiores
• Oscuros e sombríos, dotados dun clima
apropiado para o recollemento e a oración.
• Nun espazo articulado, coa nave maior dividida
nunha sucesión de porcións verticais de
comportamentos iguais, netamente separados
por recios piares, por muros e polos arcos faixa
da bóveda.
• Fortes efectos de claroscuro provocado
polas luces que entran polas escasas e
estreitas ventás.
Arquitectura románica
Características
• A igrexa románica: planta
• Xeralmente, planta de cruz latina, dunha ou tres naves.
• Nave central con ventás e bóveda de canón con arcos
faixa, máis elevada que as laterais, que están cubertas
polo común de bóveda de aresta.
• Transepto moi marcado, con capelas semicirculares e
cúpula sobre o cruceiro.
• Cabeceira con ábsides (capelas semicirculares)
• Xirola (deambulatorio), que da paso a unha serie de
capelas semicirculares dispotas radialmente. É propia
das igrexas de peregrinación, facilita a circulación de
peregrinos ao venerar as reliquias do santo no altar
maior.
Ábsida: cabeceira da
igrexa que
adoitaba ser
semicircular e ás
veces, as naves
laterais
prolongábanse e
rodeábana,
formando o
deambulatorio.
Arquitectura románica
Arquitectura: ábside, absidiolo, xirola
Arquitectura románica
Arquitectura: ábside, absidiolo, xirola
Ábsida: cabeceira da
igrexa que
adoitaba ser
semicircular e ás
veces, as naves
laterais
prolongábanse e
rodeábana,
formando o
deambulatorio.
Ciborio
da Catedral
de Zamora
Arquitectura románica
Arquitectura: ciborio
Arquitectura románica
Características
• Tribuna sobre as naves laterais, aberta á nave
central, con bóvedas que serven para contrarrestar
os empuxes da bóveda central.
• Torres-campanarios, flanqueando, xeralmente, as
fachadas ou nos extremos do transepto.
• Portada abocinada con:
• Arquivoltas, cando teñen figuras dispoñense
radialmente.
• Tímpano: xeralmente decorado.
• Xambas.
• Parteluz (mainel) cando a porta é moi ancha.
Arquitectura románica
Arquitectura: tribuna
Arquitectura románica
Arquitectura: torres campanario
Arquitectura románica
Arquitectura: portada
Arquitectura románica
Evolución da arquitectura
• As primeiras manifestacións da arte románica aparecen en
Italia e a Borgoña (Francia), estendéndose rapidamente cara
Cataluña e no noroeste de Francia en Normandía. Trátase do
que coñecemos como primeiro románico (finais do século X-
segundo terzo do XI)
• En Borgoña destacan as sucesivas reformas e reconstrucións
do Mosteiro de Cluny, casa nai da orde que tivo un
importante papel na difusión do románico. Alí é onde xurde a
Reforma Cluniacense que vai a estender o estilo.
• En Italia non se atopan estruturas arquitectónicas importantes.
O que destaca é a aparición dun léxico ornamental nos muros
polo emprego de faixas e arcos de resalte sobre o paramento,
moitas veces combinadas, dando lugar a grandes arcadas que
decoran o muro.
Arquitectura románica
Evolución da arquitectura
• En Cataluña o abade-obispo Oliba introduce
as prácticas beneditinas e promove a
construción de varias igrexas de interese
como San Vicente de Cardona.
• Esta é unha igrexa de planta basilical con
tres naves.
• Ten bóveda de canón na nave central e de
aresta nas laterais, correspondendo tres
tramos nas laterais por cada tramo da
central. Nos muros exteriores recibe a
decoración de bandas lombardas.
San Vicente de
Cardona (principios
do s. XI)
Arquitectura románica
Evolución da arquitectura
• Do románico pleno (último terzo do século XI- primeiras décadas do
século XII) atopamos abundantes exemplos en Francia. Na zona de
Borgoña é importante o influxo dunha nova fábrica da Igrexa do
mosteiro de Cluny, que tería unha ampla cabeceira con
deambulatorio. Non a conservamos pero o seu influxo apréciase en
Santa María Madalena de Vezelay.
• En Aquitania temos dous importantes exemplos de igrexas de
peregrinación Santa Fé de Conques e San Saturnino de Toulouse.
• Na zona de Provenza destaca San Trófimo de Arlés con fachada
rematada con un frontón triangular por inspiración romana.
• En Italia as igrexas amosan solucións técnicas sinxelas e cubertas de
madeira. Máis éxito ten a organización dos muros exteriores,
dinamizados con columnas e arquerías como vemos no conxunto da
catedral de Pisa.
Ilustración de Cluny III
antes da súa destrución
durante a Revolución francesa
Arriba: interior
da Magdalena
de Vezelay.
Alzado dos
ábsides de San
Sernin de
Tolouse.
Esquerda: planta
de Santa Fe de
Conques. Dereita:
portada de San
Trófimo de Arlés
Arquitectura románica
Evolución da arquitectura
• O románico na península Ibérica. É
despois de Francia o territorio que pose un
maior e máis variado repertorio de
construcións románicas.
• XI-XIII: a Península está dividida entre os
reinos cristiáns ao norte (León, Castilla,
Aragón, Navarra, Cataluña) e Al-Andalus.
• O románico está presente no norte. No sur
non.
Desenvolvemento do Románico na Península Ibérica
Arquitectura románica
Evolución da arquitectura
• As principais circunstancias que favoreceron o
desenvolvemento do románico na Península foron:
a) As relacións con Europa do reino de Navarra de
Sancho III.
b) O Camiño francés de Santiago.
c) O poder e auxe económico acadado polos reis e altos
dignatarios eclesiásticos que financiaban a edificación
de igrexas, mosteiros e catedrais.
• No románico español conflúen elementos que lle dan
unha personalidade propio:
• Románico europeo (francés e italiano)
• Prerrománico español (visigodo, asturiano e
mozárabe)
• Bizantino e musulmán.
Arquitectura románica na península Ibérica
• Podemos distinguir dúas etapas:
• Románico inicial (finais do X e principios do XI),
dáse sobre todo en Cataluña e Aragón.
• Románico puro (XI-XII), espállase por tódolos
reinos cristiáns.
• Diferenciamos tres grupos segundo a influencia:
lombarda (proveniente do norte de Italia), francesa,
que segue o modelo monástico de Cluny e difúndese
a través do Camiño de Santiago, e mudéxar de
inspiración andalusí.
Arquitectura románica na península Ibérica
• Románico lombardo
• Áchase no norte de Cataluña e Aragón.
• Caracterízase por igrexas de reducido
tamaño, con muros de pedra pequena,
rudamente tallada, e decorados con arcos,
bandas lombardas e campanario.
• Destacan: San Pedro de Roda (Xirona), Sta.
María e San Clemente de Tahull (Lleida).
San Clemente de Tahull
Exemplo de románico lombardo
Arquitectura románica na península Ibérica
• Románico francés
• Foi introducido por Sancho III o Maior de Navarra, e é
estilo característico da meirande parte das igrexas do
Camiño de Santiago.
• No século XII xeneralizouse por todo o norte da
Península.
• Destacan: catedrais de Santiago, Jaca, Zamora e
primitiva de Salamanca.
• Igrexas de San Isidoro de León, San Martín de Frómista
(Palencia), Santa Mª de Eunate (Navarra).
• Mosteiros de San Juan de la Peña (Huesca) e Sto.
Domingo de Silos (Burgos).
Igrexas románicas
San Martín de Fromista
Modelo do románico francés
do camiño de Santiago
Románico francés (XII)
Catedral de Zamora
Arquitectura románica na península Ibérica
• Románico mudéxar
• Tamén denominado románico de ladrillo.
• Distínguese polo uso do ladrillo e polas
arcadas cegas pegadas nos muros.
• Atópase en Castela-León, Castela-A
Mancha, Extremadura e Aragón.
Románco mudéxar
San Tirso de Sahagún
(León) (XII)
Arquitectura románica
O camiño de Santiago
• Comunica a península Ibérica cristiana con Europa. A
vía de penetración será polos Pirineos (Roncesvalles) ou
o Somport e conflúen en Puente la Reina (Navarra).
• Atravesaban os antigos reinos de Aragón, Navarra,
Castilla e León para entrar en Galicia e chegar a
Santiago de Compostela.
• Ademais dunha vía relixiosa, foi unha vía económica,
artística e cultural de excepcional importancia. Os
peregrinos que transitaban polo camiño para acudir a
venerar as reliquias do Santo Sepulcro procedían de
toda a cristiandade, con eles chegaban as institucións,
as ideas, a cultura e arte europeo e xurde a fraternidade
entre os distintos pobos.
Arquitectura románica
O camiño de Santiago
• A viaxe dos peregrinos facíase a pé ou a
cabalo, as veces duraba anos e ás veces non
se volvía xa. En todo o seu percorrido,
atopaban para atender as súas necesidades
materiais e espirituais, unha completa rede de
mosteiros, hospitais e hospederías, onde
podían descansar, comer, curarse e ata morrer,
ademais dun servizo de vixilancia e protección.
• Cuidábanse os camiños e as pontes para o
comercio, e toda unha serie de igrexas,
calvarios, retablos e pías bautismais estaban
presentes no camiño.
Arquitectura románica
O camiño de Santiago
• No Códex Calixtinus enumerábanse as etapas do
Camiño, dende os Pireneos a Santiago, e era unha guía
valiosa, xa que nela sinalábanse os hospitais,
hospederías, costumes e peculiaridades das xentes coas
que se ían a atopar.
• A maioría da actividade arquitectónica realízase durante
o s. XI, coa construción de gran cantidade de igrexas
románicas, construcións militares (castelos) e grandes
obras públicas (pontes e calzadas), experimentando un
auxe económico que vai competir coa España
musulmana.
• Destacan: Catedral de Jaca (Huesca), San Martín de
Fromista (Palencia), San Isidoro de León (pórtico de
entrada, panteón dos Reis coas súas pinturas)
Igrexas románicas
Catedral de San Pedro de Jaca (Huesca)
Modelo do románico francés
do camiño de Santiago
A catedral de Xaca, no inicio
peninsular do Camiño, exerce unha
gran influencia sobre as demais.
É unha igrexa con tres naves coroadas
por ábsidas semicirculares sen
transepto sobresaínte en planta.
Por influencia mozárabe vemos unha
bóveda de nervios cruzados no
cruceiro sostida por trompas.
A cuberta orixinal foi substituída por
bóvedas góticas.
Igrexas románicas
San Martín de Fromista (Palencia)
Modelo do románico francés
do camiño de Santiago
San Martín de Frómista (Palencia).
Presenta influencia de Xaca na súa
planta. Planta basilical articulada en
tres naves cubertas con bóveda de
canón. A nave central é case o dobre
de ancha que as laterais, separadas
mediante piares cruciformes.
No cruceiro levántase un ciborio de
tambor octogonal. A fachada
occidental está flanqueada por torres
semicirculares.
Igrexas románicas
San Isidoro de León (pórtico e panteón Real)
Modelo do románico francés
do camiño de Santiago
San Isidoro de León. Foi fundada por
Fernando I en honra de San Isidoro de
Sevilla. Existiu unha igrexa primitiva que
seguía o modelo de Xaca e Frómista con
transepto non sobresaínte en planta. Desta
Igrexa só se conserva o pórtico usado como
panteón Real. No século XII reconstrúese a
Igrexa, adoptando un novo modelo que
incorpora un gran transepto. Ten tres naves,
a central mais alta, con grandes xanelas obre
a arquería. Ten bóveda de canón na nave
central e de aresta nas laterais. Na cabeceira
presenta tres ábsidas aliñadas. No transepto
aparecen grandes arcos polilobulados de
influencia musulmá.
INTRODUCIÓN
A ORIXE DA RUTA:
O CÓDICE CALIXTINO
NACEMENTO DO
CAMIÑO FRANCÉS
Quen e cando se documentou por
primeira vez o camiño de Santiago?
• Aymeric Picaud no século XII
• Monxe da rexión de Poitou e do pobo de Parthenay que
exerceu o seu ministerio como capelán de Vézelay, a cidade da
que parte un dos ramais do Camiño en Francia. A súa guía,
titulada Liber Peregrinationis, forma parte dun códice
coñecido por Liber Sancti Jacobi, máis comunmente chamado
Codex Calixtinus. Foi, en efecto Guido de Borgoña, abade de
Cluny quen, elixido Papa co nome de Calixto II, o mandou
compoñer. O pontífice que era irmán de Raimundo de Borgoña,
que se casara cunha filla de Afonso VI, dona Urraca, nai de
Afonso VII o Emperador. Así, a monarquía e o papado
colaboraron na obra de europeización do nome da península,
utilizando como principal instrumento a promoción de
peregrinacións a Santiago. Calixto II consentiu ao bispo de
Compostela, Diego Xelmírez, unha serie de privilexios para a
súa sé e decidiu elevala ao rango de arcebispado.
Códice Calixtino
Códice Calixtino
• O Liber Sancti Jacobi é un manuscrito de 225 folios que nos
seus cinco libros trata de asuntos diferentes todos eles
relacionados co Camiño de Santiago.
• O códice consta de cinco libros e atópase nos arquivos da
catedral de Santiago.
• O primeiro libro trata sucesivamente de textos litúrxicos, poéticos
e musicais en honor do apóstolo.
• O segundo dos piadosos relatos das súas milagres.
• O terceiro da translación do seu corpo dende Palestina a Galicia.
• O cuarto da narración da entrada de Carlomagno en España
cunha serie de lendarias proezas que culminan coa derrota de
Roncesvalles
• O último, a descrición, obra de Aymeric Picaud, do camiño e
da catedral de Compostela.
• No ano 2011 o códice foi roubado e recuperado pola policía ao
ano seguinte.
Códice Calixtino
Códice Calixtino
O libro das peregrinacións
• O prólogo de todo o manuscrito é unha carta de Calixto II,
que foi elixido papa en 1119 e que era un grande devoto
de Santiago, na que narra as vicisitudes que o seu autor
pasou para salvar o códice. Di por exemplo:
• Oh rara fortuna!. Cando caín en mans de salteadores que
me despoxaron de todas as pertenencias non me quedou
máis que este códice. Encerrado en prisión e perdida toda
a miña facenda, só quedoume o manuscrito. Moitas veces
naufraguei en mares de augas profundas e estiven a punto
de morrer; pero, o saír eu, saíu o manuscrito sen mácula.
Préndese lume á casa onde eu estaba e, abrasado todo o
meu axuar, sae o códice indemne. Á vista do cal comecei a
reflexionar se non era que este códice que eu desexaba
facer coas miñas mans sería grato a Deus.
Códice Calixtino
Devolución do Códice Calixtino
por parte da policía ao arcebispo
de Santiago
Garaxe onde estivo
escondido o
Códice Calixtino
O Códice Calixtino
no museo da Catedral
Códice Calixtino
• Aymeric foi chanceler do papa Calixto e crese que este
mandou compilar o códice. E o seu sucesor Inocencio II,
encargoulle que levara o Liber Sancti Jacobi a
Compostela. O mesmo papa Inocencio, nunha carta-
epílogo ó códice, da conta da viaxe de Aymeric a
Santiago acompañado dunha muller, Gilberta
Flandrense, a primeira peregrina de que se ten noticia.
Na súa guía, enumera as etapas que o peregrino debe
seguir, menciona as cidades e pobos polos que pasa o
Camiño así como os ríos, bos e malos, que ten que
cruzar, advirte dos perigos que se atoparán na ruta,
tales como a falta de comida ou de auga ou de viño, ou
os insectos que como avespas ou táxanos poden picar
ós camiñantes; ou ben fala dos vicios e virtudes das
xentes que viven nas diversas rexións do itinerario.
O camiño de Santiago
o camiño francés
• A Guía do Peregrino ou Iter pro peregrinis ad
Compostellam, antecesora da guía turística actual, foi
orixinariamente escrita en latín e constitúe o quinto e
derradeiro libro do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus,
conxunto de textos conformado por pezas litúrxicas e
redactado entre os anos 1135 e 1140.
• Os catro camiños de Santiago que o autor describe son, de
norte a sur, a vía turonensis, a vía lemovicensis, a vía
podiensis e a vía tolosana.
• Detállanse as etapas, as reliquias que se debe venerar, os
santuarios a visitar antes de chegar até a catedral elevada
á gloria de Santiago, así mesmo da informacións e
consellos prácticos sobre as rexións que atravesan os
camiños e maila súa opinión, pintoresca e por veces
subxectiva, sobre os seus habitantes. A obra serviu de
referencia durante os séculos seguintes.
O camiño francés
pola península Ibérica
Os camiños de Santiago
Francés
Primitivo
Costa
Inglés
Ruta marítima
Portugués
Vía da Plata
Sabías que:
1. O primeiro pelegrín foi polo século XII un señor chamado Aymeric
Picaud, monxe beneditino.
2. Que a primeira guía trotamundos chamábase Códice Calixtino en honor
ao papa Calixto II, que se escribíu no s. XII e iniciou o que logo sería o
futuro boom turístico polo camiño francés.
3. Que un dos primeiros libros que saíu do prelo de Guttemberg foi O
Camiño de Santiago, escrito por Herman Küening no ano 1495.
4. Que unicamente Xerusalén (onde van os palmeiros), Roma (onde van
os romeiros), pódense confrontar con Santiago en importancia e
concurrencia de pelegríns (os que van a Santiago) na historia da
cristiandade.
5. Que no primeiro ano santo (1909) visitaron Santiago perto de 140.000
persoas e no 1982 pasaron máis de catro millóns e que este ano
preténdese superar a cifra dos 10.000.000.
6. Que na antigüedade a motivación case exclusiva para camiñar era de
tipo relixioso.
7. Que catro eran os camiños de Santiago que atravesaban Francia e
confluían en Puente la Reina (Navarra).
Sabías que:
8. Que a historia de Compostela comenza o 25 de xullo do ano 813
cando o bispo de Iria, Teodomiro descubre o sepulcro do
Apóstolo no monte Libredón, perto da aldea de San Fiz Solovio.
9. Que Alfonso II O Casto mandou construír unha igrexiña, á que
trasladou a sé episcopal de Iria e máis tarde sería a catedral.
10.Que mandou vir a unha comunidade de monxes benedictinos
para cuídar dela.
11.Que a primitiva igrexa foi destruída polos moro Almanzor e que
levou as campás desta para a mezquita de Córdoba.
12.Que San Pedro de Mezonzo, abade de San Pedro Antealtares
foi nomeado bispo en 1003 e reconstruíu a cidade saqueada
polas razzias de Almanzor.
13.Que o seu terceiro sucesor Cresconio mandou fortalecer a
cidade con torres e muralla.
14.Que os bispos daquela mandaban máis que Donald Trump.
Sabías que:
15.Que en 1095 o papa Urbano II cambia a sé Iriense pola
compostelana.
16.Que na primeira metade do século XII Santiago é máis
importante que o Hollywood actual. Centro relixioso, político e
cultural. Pavoneándose coas cidades máis cosmopolitas
daquela.
17.Que nesta época os reis de León e Castela coroábanse na
Catedral Compostelana.
18.Que algúns reis de Castela e Léon están enterrados no panteón
da catedral.
19.Que a figura de ouro deste século é Diego Xelmírez.
20.Que con el Santiago acadou o título de arzebispado e metrópole.
21.Que os burgueses de Santiago prenderon lume á Catedral no
ano 1117 e case se cepillan a Xelmírez e á Raiña Doña Urraca.
22.Que nos séculos seguintes seguirán sendo centro da política
galega caracterizada por continuas disputas entre nobles.
Exemplos
de igrexas
románicas
na Coruña
e na súa comarca
As igrexas románicas
Colexiata de Sta. Mª do Campo e Igrexa de Santiago (A Coruña)
Interior: Sta. Mª do Campo Ábsida da Igrexa de
Santiago
As igrexas románicas
San Vicenzo de Elviña
As igrexas románicas
Sta. María de Cambre
As igrexas románicas
Sta. María de Cambre
As igrexas románicas
Santiago de O Burgo
As igrexas románicas
O Temple
As igrexas románicas
Sta. María de Azogue (Betanzos)
As igrexas románicas
San Miguel de Breamo
As igrexas románicas
San Salvador de Bergondo
As igrexas románicas
San Xoán de Vilanova (Miño)
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• Identificación:
• Nome: Catedral de Santiago o Maior
• Autor: Bernardo o Vello (arquitecto) e
Roberto (mestre de obra) (1075-
1088). Mestre Estevo (1093-1115),
Bernardo o Xove (1109-1122). Mestre
Mateo (1168-1188).
• Cronoloxía: 1075-1128. 1168-1188.
• Estilo: Románico.
• Materiais: obra arquitectónica
realizada en pedra.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• Comentario: catedral románica, típico modelo de igrexa de
peregrinación, con planta de cruz latina, cabeceira con xirola e
absidiolos. A lonxitude do edificio é de 97 m.
• Planta de cruz latina con tres naves, tnto no corpo da igrexa
como no transepto. Nos brazos do transepto e na xirola, capelas
semicirculares.
• A ambos lados do transepto, pórticos de entrada: portada norte
Azabachería e portada sur Praterías.
• A catedral que contemplamos actualmente non é só románica,
aínda sí o plano esencial do templo; ten moitos engadidos de
séculos posteriores: capelas laterais, claustro, tabernáculo (onde
se atopa a imaxe do apóstolo e debaixo os seus restos),
recubrimento da cabeceira, ciborio, órgano, fachada occidental...,
de gran importancia a maioría deles, ata o punto que non só é a
obra culminante do Románico senón do Barroco.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• Iconografía: a catedral vén simbolizar, en primeiro lugar,
a importancia dunha cidade e unha sé bispal, na que se
atopa o sepulcro dun dos doce apóstolos de Cristo.
• Neste sentido, a propia planta da igrexa é a imaxe da
cruz de Cristo e, en consecuencia, representación en
pedra da idea de crucifixión e morte de Xesús como base
para a salvación do mundo. Pero, por outro lado, a
construción simboliza á perfección o desenvolvemento do
reino astur-leonés nun momento no que o espazo
xeográfico peninsular atopábase fragmentando e no que
sobresaía o mundo islámico representado por al-Andalus.
• O actual edificio románico (séculos XI e XII) levántase
sobre os restos de dúas antigas basílicas
prerrománicas dos séculos IX e X. Foi construído en
catro etapas, nas primeiras, as influencias máis evidentes
son de tipo languedociano (San Sernin de Tolouse)
(piares compostos, arcos peraltados, bóvedas de canón
con faixóns...) Na última etapa predominan as influencias
borgoñonas (triple portadas, arcos apuntados, bóveda de
cruzaría...) (reforma monacal do císter).
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• Cara o 1200-1212 debeuse de concluír o edificio levantando a
fachada occidental (de tipo normando con dúas torres
cadradas e rosetón central) e as escaleiras de acceso. Sen
embargo as obras non se detiveron.
• Reedificouse o claustro en dúas ocasións (s. XIII e XIV) e
engadíronse as capelas de padroado privado ou gremial
rompendo a primitiva harmonía do edificio. Por iso, no século
XVII decidiuse recuperar a unidade disfrazando a catedral con
fachadas-telón barrocas (praza da Quintana, Acibechería),
rematando as obras no século XVIII coa construción da fachada
do Obradoiro (Casas Novoa).
• As basílicas prerrománicas: O descubrimento da tumba do
Apóstolo polo bispo Teodomiro nos primeiros anos do século
IX foille comunicado ó rei asturiano Afonso II quen ordenou
construír unha igrexa sobre o sepulcro que Teodomiro atopara.
Dela a penas quedan restos, aínda que pola cimentación que
apareceu nas escavacións sábese que tiña tres naves e unha
cabeceira rectangular que englobaba o primitivo sepulcro
apostólico. Pronto esta igrexa quedou pequena polo que foi
reconstruída durante o reinado de Afonso III, sendo consagrada
polo bispo Sisnando no ano 899. Desta segunda basílica, de tres
naves como a anterior, quedan algúns restos que permitiron
reconstruíla planta.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• Esta igrexa foi destruída por Almanzor no 997, reconstruída por
San pedro de Mezonzo nos primeiros anos do século XI e
derrubada a finais do mesmo século para construír a Igrexa
actual.
• Baixo a catedral hai pois un antigo sepulcro romano, unha
necrópole sueva e as basílicas afonsinas. O problema estriba en
que os restos máis antigos son, como moito, de finais do século II
co que queda un lapso de 150 anos coa época do hipotético
enterramento do apóstolo.
• A Catedral románica: O edificio actual responde aos esquemas
das Igrexas de peregrinación (3 naves, a central dobre, cabeceira
con xirola e capelas radiais) con paralelos en Francia (San Sernin
de Toulouse e Santa Fe de Conques). A obra desenvólvese en
catro fases:
• 1ª Fase (1075-1088) O bispo Diego Peláez encarga as obras
levadas a cabo por Bernardo o Vello e Roberto. Realízanse as
tres capelas centrais e os tramos correspondentes da xirola
(bóvedas de aresta). A capela do Salvador é rectangular e o muro
organízase por medio de dous arcos en mitra que flanquean un
lobulado. Hai tamén contrafortes para soster o empuxe das
bóvedas. As capelas de San Xoán e San Pedro son
semicirculares e abríanse á xirola por medio de grandes arcos.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• 2ª Fase (1093-1105). Diego Xelmírez (bispo) / Mestre
Estevo (arquitecto): remátase a xirola (capelas poligonais
e bóvedas de aresta con faixóns) e constrúense os muros
do cruceiro (os altares foron consagrados en 1105). No
muro oriental do cruceiro (o máis próximo a cabeceira)
ábrense catro capelas (só queda a de San Nicolás,
modificada para servir de paso á Corticela) Os tramos do
transepto divididos por piares serven de módulos para
organizalas alturas e a anchura do resto do edificio.
Tódolos cambios van unidos a unha nova concepción da
iluminación o que supón o crecemento da catedral en
altura. Grazas e esta racionalización das proporcións, a
obra é totalmente harmónica, pero había o perigo de caer
na monotonía. Isto soluciónase recorrendo á alternancia
de piares compostos con núcleo cadrado ou rectangular e
catro columnas adosadas que reciben os empuxes dos
faixóns e dos formeiros.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• 3ª Fase (1109-1122). Bernardo o Mozo: cubrición do cruceiro e
primeiros tramos das naves. Bóvedas de canón con faixóns,
arcos de medio punto peraltados e piares compostos. Continúase
o proxecto anterior (as únicas diferencias son decorativas), sobre
as naves laterais álzase a tribuna, moi sobrio, que se abre á nave
por medio de arcos de medio punto xeminados (van de dous en
dous). A tribuna cóbrese con bóveda de cuarto de canón que
recolle os empuxes da bóveda da nave central. É unha solución
moi complexa que permite que os muros poidan abrirse cunha
dobre serie de xanelas: as da planta baixa iluminan as naves
laterais, as superiores ábrense á tribuna, e todas elas iluminan a
nave central de forma indirecta. No exterior, os contrafortes
percorren verticalmente os muros realzando a esvelteza do
edificio. Cando en 1122 se interromperon as obras da catedral,
faltaban por construír os 2-3 últimos tramos das naves e a
fachada occidental que, a pesar do que afirma o Códice Calixtino,
non chegara a levantarse aínda que estivese proxectada.
• 4ª Fase (1168-88) Mestre Mateo (arquitecto): remata as naves e
constrúe a cripta (mal chamada “catedral vella”), o Pórtico da
Gloria e a Tribuna sobre o Pórtico, obras nas que aparecen
solucións que enlazan co gótico: bóvedas de cruzaría, arcos
apuntados...
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• O resultado final é unha catedral que no seu interior divídese en
tres naves. A central pose un ancho de 10 metros e acada unha
altura de 22, cubríndose con bóveda de canón. As tres naves
laterais, de menor altura e uns cinco metros de anchura o fan con
bóvedas de aresta. Sobre ditas naves laterais álzanse tribunas
que asoman á nave central mediante arcos xeminados. Os seus
vanos exteriores proporcional iluminación á parte superior da
nave central, o que contrasta coa maio penumbra da zona
inferior.
• As bóvedas sostéñense mediante piares compostos que
presentan columnas acaroadas, organizadas de tal xeito que a
columna mira cara a nave central e elévase ao longo de toda a
altura da mesma ata acadar o inicio do arco faixón
correspondente.
• O transepto organízase tamén en tres naves en cuxos extremos
ábrense sendas portada ao exterior (norte Acebecharía e porta
sur Platerías).
• Por outra parte, nun dos seus lados maiores, este transepto
presenta catro absidiolos, dispostos dous a cada lado da
cabeceira. Sobre o cruceiro álzase o ciborio ao exterior, no
interior catro grandes arcos tourais sosteñen unha bóveda sobre
trompas. En todo este enorme transepto álzanse tamén tribunas
sobre naves laterais.
Arquitectura románica
Catedral de Santiago
• A cabeceira da catedral é de amplas
dimensións e dispón dunha xirola con
cinco capelas radiais.
• Todo o espazo interior do templo está
organizado de xeito que os fieis poidan
facer a súa entrada pola porta Occidental
(Obradoiro) e percorrer o espazo interior
ata chegar á xirola, onde se atopa o
tabernáculo coa imaxe do apóstolo, sen
interferir nas cerimonias relixiosas.
• Tamén se pode acceder polas outras
dúas portadas do transepto. A portada de
Acebacharía é a máis próxima ao remate
do camiño francés.
Estatua de Alfonso II O Casto
en Santiago de Compostela
Reconstrución da necrópole
de Compostela.
Onde se localizaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da arca
marmárica
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da arca
marmárica
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago e os seu discípulos
durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución do primitivo
santuario
onde se depositaron os
supostos restos do apóstolo
Santiago durante o reinado
de Alfonso II O Casto
Reconstrución da ampliación
nos tempos de Alfonso III O Magno
COAG. Proxecto Terra
Fases da construción
da catedral
Bernardo o Vello (1075-1088)
Mestre Estevo (1093-1105)
Bernardo o Xove (1109-1122)
Mestre Mateo (1168-1188)
Catedral de
Santiago de
Compostela
Planta
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (reprodución do alzado)
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (reprodución da fachada oeste)
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (interior nave central e reprodución)
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (interior nave central e reprodución)
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (nave lateral e detalle da tribuna)
As igrexas románicas
A Catedral de Santiago de Compostela: (tribuna)
Bóveda de cuarto canón

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
 
Artes figurativas do románico
Artes figurativas do románicoArtes figurativas do románico
Artes figurativas do románico
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
A Idade Moderna
A Idade ModernaA Idade Moderna
A Idade Moderna
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Tema II. A arte grega
Tema II. A arte gregaTema II. A arte grega
Tema II. A arte grega
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Tema 2. A arte grega
Tema 2. A arte gregaTema 2. A arte grega
Tema 2. A arte grega
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 
A ARTE ROMANA
A ARTE ROMANAA ARTE ROMANA
A ARTE ROMANA
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudal
 
Escultura e pintura renacentista
Escultura e pintura renacentistaEscultura e pintura renacentista
Escultura e pintura renacentista
 
A Arte Romana
A Arte RomanaA Arte Romana
A Arte Romana
 
A Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira ParteA Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira Parte
 
Renacemento europeo e español
Renacemento europeo e españolRenacemento europeo e español
Renacemento europeo e español
 

Similar to Arquitectura Románica

Similar to Arquitectura Románica (20)

Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 
San Miguel de Celanova
San Miguel de CelanovaSan Miguel de Celanova
San Miguel de Celanova
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Comentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de BandeComentario de Santa Comba de Bande
Comentario de Santa Comba de Bande
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
Tema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romanaTema 6. A arte romana
Tema 6. A arte romana
 
Tema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romanaTema 7. A arte romana
Tema 7. A arte romana
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
UNIDADE 5 - 2º E.S.O.
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
GOTICO
GOTICOGOTICO
GOTICO
 
T.6.el arte romano
T.6.el arte romanoT.6.el arte romano
T.6.el arte romano
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arquitectura Románica

  • 2. Arquitectura románica Introdución • Ningunha época como a románica está tan visiblemente condicionada polas ideas sobrenaturais dunha piedade profundamente crente. • Época de grandes movementos de reformas monásticas, das grandes peregrinacións e das Cruzadas, todo o Occidente participa dunha nova e case apaixoada actividade relixiosa, na que interveñen todos os estamentos sociais.
  • 3. Arquitectura románica Introdución • Xurde ao redor do ano 1000. • O termo románico utilizado para designar este estilo foi proposto orixinalmente polo arqueólogo francés De Caumont no ano 1824 xeneralizando o uso posteriormente M. de Gerville. Que se baseou, por unha parte, nas preferencias polas formas de ascendencia romana, manifestada na arquitectura deste estilo, e, por coincidir a súa aparición coa das linguas romances ou románicas.
  • 4. Arquitectura románica Contexto histórico • A arte románica é a arte cristiá que se desenvolve en Europa occidental desde finais do século X ata mediados do século XII. • Nestes séculos Europa non presenta unha unidade política. • O Imperio de Carlomagno desaparecera e os seus territorios foran devastados durante o século X polas invasións procedentes do norte (viquingos) e do leste (eslavos). • Doutra banda o Islam presionaba desde o leste e desde o oeste (Al Andalus), rompendo a antiga unidade do Mediterráneo.
  • 5. Arquitectura románica Contexto histórico • Os pobos europeos, repregados sobre si mesmos, viven baixo un réxime feudal, organizados nunha sociedade estamental onde cada rexión vive á marxe das demais. • Esta falta de comunicación reflíctese na arte que xorde tras as invasións, o que o converte nun estilo falto de unidade, con variacións nacionais, escolas rexionais dentro dun mesmo país.
  • 6. Arquitectura románica Contexto histórico • No caso da península Ibérica esta situación está máis agudizada xa que tras a invasión musulmá no 711 atopamos dúas civilizacións paralelas e en moitos casos enfrontadas: a cristiá e a musulmá. • Durante os séculos XI e XII a España cristiá ocupa a zona norte da península: Pireneos, norte de Cataluña e Val do Douro. • Por esa razón só atopamos nestas rexións este estilo. • Ademais estas rexións atopábanse divididas en diferentes reinos de tipo feudal que loitaban en solitario pola supervivencia fronte ao Islam (León, Castela, Aragón, Navarra, Cataluña).
  • 7. Desenvolvemento do Románico na Península Ibérica
  • 8. Arquitectura románica Contexto histórico • Con todo, este illamento non é total, e imos ver como cos artistas, a maioría itinerantes pois se desprazan buscando traballo de vila en vila, viaxan tamén as influencias artísticas dunhas rexións de Europa a outras. • En España este proceso é especialmente activo a través do Camiño de Santiago, camiño de entrada e de saída de influencias como a islámica ou mozárabe, a bizantina ou a dos francos.
  • 9.
  • 10. Puente la Reina (Navarra) lugar onde conflúen as dúas rutas pirenaicas do Camiño Francés
  • 11.
  • 12. Arquitectura románica Contexto histórico • Un profundo sentimento relixioso caracteriza á vida nesta época. • O pobo sufrira nun clima de angustia a chegada ao ano mil que o milenarismo profetizaba como tempo de terrores e calamidades sen fin (Isto foi denominado como terror ao ano 1000). • A superación de dito ano sen que se producisen os castigos divinos, suscitou nos fieis un espírito de acción de grazas, producíndose unha ampla renovación relixiosa.
  • 13. Arquitectura románica Contexto histórico • Cobra auxe a vida monástica. Os mosteiros convértense non só en centros de espiritualidade senón tamén en focos de actividade intelectual, artística e económica. • Arredor agrupábanse un grande número de campesiños que traballaban as grandes explotacións das abadías e recibían a protección das mesmas. • A rápida expansión dos mosteiros e a súa unidade de formas débense sobre todo ao poder dos monxes beneditinos de Cluny que impón as súas regras por todo o occidente europeo. • A arte románica é fundamentalmente unha arte rural, monástica, fronte ao gótico que será urbano.
  • 14. Ilustración de Cluny III antes da súa destrución durante a Revolución francesa
  • 15. Arquitectura románica Contexto histórico • Impulsada por estes abades beneditinos xeralízase a costume de facer peregrinacións a determinados lugares, para venerar as reliquias (parte do corpo ou obxecto atribuído a un santo ou santa, que se gardaban e veneraban nunha igrexa alí conservadas). • Os principais centros de peregrinación serán Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela. • Nestes camiños veremos aparecer numerosas construcións románicas.
  • 16. As grandes rutas de peregrinación na Idade Media
  • 17. Arquitectura románica Contexto histórico • Outra manifestación desta renovada espiritualidade foron as Cruzadas emprendidas para liberar os Santos Lugares.
  • 18. Neste período comezan as Cruzadas
  • 19. Arquitectura románica Contexto histórico • Rápido crecemento das cidades que se verán máis desenvoltas en séculos posteriores. • Rexurdimento da economía e estabilidade política. • Control absoluto da sociedade pola Nobreza e o Clero. • Arte eminentemente relixiosa. Durante os anos que seguiron ao ano 1000 reconstruíronse igrexas de todo o mundo cristiano, sobre todo en Italia, Francia e a península Ibérica. • É considerado o primeiro estilo europeo internacional, despois da invasión dos pobos xermánicos. Non obstante existen unha grande variedade dentro das normas xerais comunes (atopámonos con varias escolas rexionais)
  • 20. Arquitectura románica Contexto histórico • O románico é o resultado da conxunción de diversos elementos: • A tradición clásica romana. • Os ensaios do prerrománico. • As influencias orientais a través de Bizancio. • A influencia árabe.
  • 21. Arquitectura románica Cronoloxía • O románico ten un marco cronolóxico que vai desde finais do século X ata o século XIII segundo as zonas. • A madurez do estilo acádase nas últimas décadas do século XI e primeiras do século XII. • A partires do século XII falamos de tardorrománico.
  • 22. Arquitectura románica Característica • A arte románica é ante todo unha arte arquitectónica. Comunmente pintura e escultura subordínase á obra construtiva. • As construcións principais son: • Templos: igrexas e catedrais. • Mosteiros. • Os restos da arquitectura civil son máis escasos, polo que debeu de ter un interese inferior ás relixiosas. As máis importantes son: • O castelo (construído en pedra). • O palacio: residencias reais, aristocráticas, obispais.
  • 23. Arquitectura románica Características • Materiais: xeralmente perpiaños de pedra, aínda que tamén podemos atopar perpiaño pequeno e cachotería no interior dos muros. • Elementos sustentantes: muros con paramento de perpiaños, nalgúns casos cachotería. • Predominio do macizo sobre o vano: dupla función (peche e soporte da bóveda).
  • 24. Paramento románico uso de perpiaño predominio do macizo sobre o vano
  • 25. Arquitectura románica Características • Elementos sustentantes: vanos estreitos de forma abucinada, enmarcados con arcarías e columnas. • Reforzados exteriormente mediante contrafortes nos puntos onde van parar os arcos faixa. • Piares: os máis típicos son os cruciformes con columnas acaroadas que reciben os arcos faixa e formeiros (arcos que separan as naves)
  • 27. Abríanse moi poucas ventás que eran estreitas, alongadas e abucinadas. Como consecuencia os templos eran moi escuros Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: abucinamento
  • 28. Contrafortes: como as bóvedas eran moi pesadas tíñanse que aguantar sobre muros moi anchos e, para reforzalos pegábanselle ,na parede exterior, sólidos contrafortes Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: contraforte
  • 29. Contrafortes A Colexiata do Sar (Santiago) (consecuencia do peso das bóvedas: houbo que fixar uns arbotantes no século XVIII porque senon se desplomaba) Peso da bóveda que afecta ó muro Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: contraforte
  • 31. Arquitectura románica Características • Elementos sustentantes: columnas (perden as proporcións clásicas). • Utilizadas, principalmente, nos claustros, enmarcando as ventás, acaroadas aos piares. • Arcos de medio punto. Xeralmente con outro máis estreito no intradós (arco doblado). Utilízase para a estrutura da bóveda (arcos faixa), nas arcarías das naves (arcos formeiros), nos vanos, portadas... E incluso como elementos decorativos. • Nas ventás e portadas sólese dispor dunha serie de arcos concéntricos (arquivoltas) que producen o abucinamento ao vano.
  • 32. Arcos faixa: arcos que sustentan a bóveda de canón Bóveda de Canón Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: arco faixa
  • 33. Arcos formeiros: é un elemento arquitectónico curvo (arco), que discorre paralelo ao eixe lonxitudinal da nave; a súa función é soster os muros superiores de separación entre as naves dunha estrutura. Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: arco faixa
  • 34. Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: arquivolta Arquivoltas: arcos concéntricos que soen disporse nas ventas e portadas. Producen un abucinamento no vano.
  • 35. Arquitectura románica Características • Elementos sustentados: o arquitecto románico intentará o abovedamento total do templo, por dous motivos principais: • Evitar os incendios a que están expostas as igrexas con teitos de madeira. • Dar ao edificio un carácter de solidez e ao mesmo tempo de homenaxe e honra a Deus.
  • 36. Arquitectura románica Características • As principais bóvedas son: • Bóveda de canón con arcos faixa. Dupla función: construtiva absorver o peso da bóveda e reducir, deste modo o empuxe enviado aos contrafortes. Estética articular a nave que deixa de ser un espazo continuo. • Bóveda de aresta: empregada nas naves laterais e tramos cadrados do templo. • Bóveda de forno: para os ábsides.
  • 37. Bóveda de canón co arcos faixa: cuberta das naves que se sostiñan sobre grosos muros e enormes piares ou columnas, unidos por arcos de medio punto, ou de media circunferencia. Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: bóveda de canón
  • 38. Bóveda de aresta: é o elemento arquitectónico abovedado que se utiliza para cubrir espazos cuadrangulares; resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, que se cruzan perpendicularmente. Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: bóveda de aresta
  • 39. Bóveda de forno: ou de cuarto de esfera. Bóveda que pecha capelas dos ábsides nun templo románico. Arquitectura románica Elementos arquitectónicos: bóveda de forno
  • 41. Arquitectura románica Características • Temas decorativos: variados. • Xeométricos: axedrezados, puntas de diamante, zigzag, ondas, rosario, trenzado. • Vexetais, animais, figura humana, monstruos. • Lugares: portadas, capiteis, cornixas...
  • 43. Arquitectura románica Características • Mosteiros e claustros. • Como xa se explicou no contexto histórico, vai incrementarse considerablemente o número de mosteiros neste período. • Sobre todo, benedictinos da orde de Cluny ao longo do camiño de Santiago e todos eles vanse construir seguindo as pautas do estilo románico. • Para o lugar de pase e rezo individual dos monxes, vaise habilitar un espazo, o claustro, que consta dunha galería de arcos de medio punto en torno a un patio, cuadrado ou rectangular, anexo á igrexa, con columnas xeminadas ou pareadas sobre un podio corrido. Ese espazo facilitará un ambiente de recollemento.
  • 45. Arquitectura románica Características • A igrexa románica. • O templo non é unicamente lugar de reunión do clero e dos fieis, senon que debe transmitir o contido da mensaxe cristiana da Salvación, de aí tan importante o papel das esculturas no edificio románico, e ser aos ollos do crente o símbolo do reino de Deus. • O tipo de igrexa máis representativa é o chamado igrexa de peregrinaxe, xunto ao que hai que citar as igrexas dos mosteiros e das igrexas rurais que atopan ao longo dos camiños de peregrinación.
  • 46. Arquitectura románica Características • A igrexa románica: exteriores • Macizas, sensación de pesadez con predominio do horizontal sobre o vertical. • Construcións articuladas mediante formas envolventes de arcos de medio punto; os muros están fracturados mediante arquerías cegas e se disgrega su espesor en capas, mediante filas de arcos.
  • 47. Arquitectura románica Características • A igrexa románica: interiores • Oscuros e sombríos, dotados dun clima apropiado para o recollemento e a oración. • Nun espazo articulado, coa nave maior dividida nunha sucesión de porcións verticais de comportamentos iguais, netamente separados por recios piares, por muros e polos arcos faixa da bóveda. • Fortes efectos de claroscuro provocado polas luces que entran polas escasas e estreitas ventás.
  • 48. Arquitectura románica Características • A igrexa románica: planta • Xeralmente, planta de cruz latina, dunha ou tres naves. • Nave central con ventás e bóveda de canón con arcos faixa, máis elevada que as laterais, que están cubertas polo común de bóveda de aresta. • Transepto moi marcado, con capelas semicirculares e cúpula sobre o cruceiro. • Cabeceira con ábsides (capelas semicirculares) • Xirola (deambulatorio), que da paso a unha serie de capelas semicirculares dispotas radialmente. É propia das igrexas de peregrinación, facilita a circulación de peregrinos ao venerar as reliquias do santo no altar maior.
  • 49.
  • 50. Ábsida: cabeceira da igrexa que adoitaba ser semicircular e ás veces, as naves laterais prolongábanse e rodeábana, formando o deambulatorio. Arquitectura románica Arquitectura: ábside, absidiolo, xirola
  • 51. Arquitectura románica Arquitectura: ábside, absidiolo, xirola Ábsida: cabeceira da igrexa que adoitaba ser semicircular e ás veces, as naves laterais prolongábanse e rodeábana, formando o deambulatorio.
  • 52. Ciborio da Catedral de Zamora Arquitectura románica Arquitectura: ciborio
  • 53. Arquitectura románica Características • Tribuna sobre as naves laterais, aberta á nave central, con bóvedas que serven para contrarrestar os empuxes da bóveda central. • Torres-campanarios, flanqueando, xeralmente, as fachadas ou nos extremos do transepto. • Portada abocinada con: • Arquivoltas, cando teñen figuras dispoñense radialmente. • Tímpano: xeralmente decorado. • Xambas. • Parteluz (mainel) cando a porta é moi ancha.
  • 57. Arquitectura románica Evolución da arquitectura • As primeiras manifestacións da arte románica aparecen en Italia e a Borgoña (Francia), estendéndose rapidamente cara Cataluña e no noroeste de Francia en Normandía. Trátase do que coñecemos como primeiro románico (finais do século X- segundo terzo do XI) • En Borgoña destacan as sucesivas reformas e reconstrucións do Mosteiro de Cluny, casa nai da orde que tivo un importante papel na difusión do románico. Alí é onde xurde a Reforma Cluniacense que vai a estender o estilo. • En Italia non se atopan estruturas arquitectónicas importantes. O que destaca é a aparición dun léxico ornamental nos muros polo emprego de faixas e arcos de resalte sobre o paramento, moitas veces combinadas, dando lugar a grandes arcadas que decoran o muro.
  • 58. Arquitectura románica Evolución da arquitectura • En Cataluña o abade-obispo Oliba introduce as prácticas beneditinas e promove a construción de varias igrexas de interese como San Vicente de Cardona. • Esta é unha igrexa de planta basilical con tres naves. • Ten bóveda de canón na nave central e de aresta nas laterais, correspondendo tres tramos nas laterais por cada tramo da central. Nos muros exteriores recibe a decoración de bandas lombardas.
  • 59. San Vicente de Cardona (principios do s. XI)
  • 60. Arquitectura románica Evolución da arquitectura • Do románico pleno (último terzo do século XI- primeiras décadas do século XII) atopamos abundantes exemplos en Francia. Na zona de Borgoña é importante o influxo dunha nova fábrica da Igrexa do mosteiro de Cluny, que tería unha ampla cabeceira con deambulatorio. Non a conservamos pero o seu influxo apréciase en Santa María Madalena de Vezelay. • En Aquitania temos dous importantes exemplos de igrexas de peregrinación Santa Fé de Conques e San Saturnino de Toulouse. • Na zona de Provenza destaca San Trófimo de Arlés con fachada rematada con un frontón triangular por inspiración romana. • En Italia as igrexas amosan solucións técnicas sinxelas e cubertas de madeira. Máis éxito ten a organización dos muros exteriores, dinamizados con columnas e arquerías como vemos no conxunto da catedral de Pisa.
  • 61. Ilustración de Cluny III antes da súa destrución durante a Revolución francesa
  • 62. Arriba: interior da Magdalena de Vezelay. Alzado dos ábsides de San Sernin de Tolouse. Esquerda: planta de Santa Fe de Conques. Dereita: portada de San Trófimo de Arlés
  • 63. Arquitectura románica Evolución da arquitectura • O románico na península Ibérica. É despois de Francia o territorio que pose un maior e máis variado repertorio de construcións románicas. • XI-XIII: a Península está dividida entre os reinos cristiáns ao norte (León, Castilla, Aragón, Navarra, Cataluña) e Al-Andalus. • O románico está presente no norte. No sur non.
  • 64. Desenvolvemento do Románico na Península Ibérica
  • 65. Arquitectura románica Evolución da arquitectura • As principais circunstancias que favoreceron o desenvolvemento do románico na Península foron: a) As relacións con Europa do reino de Navarra de Sancho III. b) O Camiño francés de Santiago. c) O poder e auxe económico acadado polos reis e altos dignatarios eclesiásticos que financiaban a edificación de igrexas, mosteiros e catedrais. • No románico español conflúen elementos que lle dan unha personalidade propio: • Románico europeo (francés e italiano) • Prerrománico español (visigodo, asturiano e mozárabe) • Bizantino e musulmán.
  • 66. Arquitectura románica na península Ibérica • Podemos distinguir dúas etapas: • Románico inicial (finais do X e principios do XI), dáse sobre todo en Cataluña e Aragón. • Románico puro (XI-XII), espállase por tódolos reinos cristiáns. • Diferenciamos tres grupos segundo a influencia: lombarda (proveniente do norte de Italia), francesa, que segue o modelo monástico de Cluny e difúndese a través do Camiño de Santiago, e mudéxar de inspiración andalusí.
  • 67. Arquitectura románica na península Ibérica • Románico lombardo • Áchase no norte de Cataluña e Aragón. • Caracterízase por igrexas de reducido tamaño, con muros de pedra pequena, rudamente tallada, e decorados con arcos, bandas lombardas e campanario. • Destacan: San Pedro de Roda (Xirona), Sta. María e San Clemente de Tahull (Lleida).
  • 68. San Clemente de Tahull Exemplo de románico lombardo
  • 69. Arquitectura románica na península Ibérica • Románico francés • Foi introducido por Sancho III o Maior de Navarra, e é estilo característico da meirande parte das igrexas do Camiño de Santiago. • No século XII xeneralizouse por todo o norte da Península. • Destacan: catedrais de Santiago, Jaca, Zamora e primitiva de Salamanca. • Igrexas de San Isidoro de León, San Martín de Frómista (Palencia), Santa Mª de Eunate (Navarra). • Mosteiros de San Juan de la Peña (Huesca) e Sto. Domingo de Silos (Burgos).
  • 70. Igrexas románicas San Martín de Fromista Modelo do románico francés do camiño de Santiago
  • 72. Arquitectura románica na península Ibérica • Románico mudéxar • Tamén denominado románico de ladrillo. • Distínguese polo uso do ladrillo e polas arcadas cegas pegadas nos muros. • Atópase en Castela-León, Castela-A Mancha, Extremadura e Aragón.
  • 73. Románco mudéxar San Tirso de Sahagún (León) (XII)
  • 74. Arquitectura románica O camiño de Santiago • Comunica a península Ibérica cristiana con Europa. A vía de penetración será polos Pirineos (Roncesvalles) ou o Somport e conflúen en Puente la Reina (Navarra). • Atravesaban os antigos reinos de Aragón, Navarra, Castilla e León para entrar en Galicia e chegar a Santiago de Compostela. • Ademais dunha vía relixiosa, foi unha vía económica, artística e cultural de excepcional importancia. Os peregrinos que transitaban polo camiño para acudir a venerar as reliquias do Santo Sepulcro procedían de toda a cristiandade, con eles chegaban as institucións, as ideas, a cultura e arte europeo e xurde a fraternidade entre os distintos pobos.
  • 75. Arquitectura románica O camiño de Santiago • A viaxe dos peregrinos facíase a pé ou a cabalo, as veces duraba anos e ás veces non se volvía xa. En todo o seu percorrido, atopaban para atender as súas necesidades materiais e espirituais, unha completa rede de mosteiros, hospitais e hospederías, onde podían descansar, comer, curarse e ata morrer, ademais dun servizo de vixilancia e protección. • Cuidábanse os camiños e as pontes para o comercio, e toda unha serie de igrexas, calvarios, retablos e pías bautismais estaban presentes no camiño.
  • 76. Arquitectura románica O camiño de Santiago • No Códex Calixtinus enumerábanse as etapas do Camiño, dende os Pireneos a Santiago, e era unha guía valiosa, xa que nela sinalábanse os hospitais, hospederías, costumes e peculiaridades das xentes coas que se ían a atopar. • A maioría da actividade arquitectónica realízase durante o s. XI, coa construción de gran cantidade de igrexas románicas, construcións militares (castelos) e grandes obras públicas (pontes e calzadas), experimentando un auxe económico que vai competir coa España musulmana. • Destacan: Catedral de Jaca (Huesca), San Martín de Fromista (Palencia), San Isidoro de León (pórtico de entrada, panteón dos Reis coas súas pinturas)
  • 77.
  • 78. Igrexas románicas Catedral de San Pedro de Jaca (Huesca) Modelo do románico francés do camiño de Santiago A catedral de Xaca, no inicio peninsular do Camiño, exerce unha gran influencia sobre as demais. É unha igrexa con tres naves coroadas por ábsidas semicirculares sen transepto sobresaínte en planta. Por influencia mozárabe vemos unha bóveda de nervios cruzados no cruceiro sostida por trompas. A cuberta orixinal foi substituída por bóvedas góticas.
  • 79. Igrexas románicas San Martín de Fromista (Palencia) Modelo do románico francés do camiño de Santiago San Martín de Frómista (Palencia). Presenta influencia de Xaca na súa planta. Planta basilical articulada en tres naves cubertas con bóveda de canón. A nave central é case o dobre de ancha que as laterais, separadas mediante piares cruciformes. No cruceiro levántase un ciborio de tambor octogonal. A fachada occidental está flanqueada por torres semicirculares.
  • 80. Igrexas románicas San Isidoro de León (pórtico e panteón Real) Modelo do románico francés do camiño de Santiago San Isidoro de León. Foi fundada por Fernando I en honra de San Isidoro de Sevilla. Existiu unha igrexa primitiva que seguía o modelo de Xaca e Frómista con transepto non sobresaínte en planta. Desta Igrexa só se conserva o pórtico usado como panteón Real. No século XII reconstrúese a Igrexa, adoptando un novo modelo que incorpora un gran transepto. Ten tres naves, a central mais alta, con grandes xanelas obre a arquería. Ten bóveda de canón na nave central e de aresta nas laterais. Na cabeceira presenta tres ábsidas aliñadas. No transepto aparecen grandes arcos polilobulados de influencia musulmá.
  • 81. INTRODUCIÓN A ORIXE DA RUTA: O CÓDICE CALIXTINO NACEMENTO DO CAMIÑO FRANCÉS
  • 82. Quen e cando se documentou por primeira vez o camiño de Santiago? • Aymeric Picaud no século XII • Monxe da rexión de Poitou e do pobo de Parthenay que exerceu o seu ministerio como capelán de Vézelay, a cidade da que parte un dos ramais do Camiño en Francia. A súa guía, titulada Liber Peregrinationis, forma parte dun códice coñecido por Liber Sancti Jacobi, máis comunmente chamado Codex Calixtinus. Foi, en efecto Guido de Borgoña, abade de Cluny quen, elixido Papa co nome de Calixto II, o mandou compoñer. O pontífice que era irmán de Raimundo de Borgoña, que se casara cunha filla de Afonso VI, dona Urraca, nai de Afonso VII o Emperador. Así, a monarquía e o papado colaboraron na obra de europeización do nome da península, utilizando como principal instrumento a promoción de peregrinacións a Santiago. Calixto II consentiu ao bispo de Compostela, Diego Xelmírez, unha serie de privilexios para a súa sé e decidiu elevala ao rango de arcebispado.
  • 84. Códice Calixtino • O Liber Sancti Jacobi é un manuscrito de 225 folios que nos seus cinco libros trata de asuntos diferentes todos eles relacionados co Camiño de Santiago. • O códice consta de cinco libros e atópase nos arquivos da catedral de Santiago. • O primeiro libro trata sucesivamente de textos litúrxicos, poéticos e musicais en honor do apóstolo. • O segundo dos piadosos relatos das súas milagres. • O terceiro da translación do seu corpo dende Palestina a Galicia. • O cuarto da narración da entrada de Carlomagno en España cunha serie de lendarias proezas que culminan coa derrota de Roncesvalles • O último, a descrición, obra de Aymeric Picaud, do camiño e da catedral de Compostela. • No ano 2011 o códice foi roubado e recuperado pola policía ao ano seguinte.
  • 86. Códice Calixtino O libro das peregrinacións • O prólogo de todo o manuscrito é unha carta de Calixto II, que foi elixido papa en 1119 e que era un grande devoto de Santiago, na que narra as vicisitudes que o seu autor pasou para salvar o códice. Di por exemplo: • Oh rara fortuna!. Cando caín en mans de salteadores que me despoxaron de todas as pertenencias non me quedou máis que este códice. Encerrado en prisión e perdida toda a miña facenda, só quedoume o manuscrito. Moitas veces naufraguei en mares de augas profundas e estiven a punto de morrer; pero, o saír eu, saíu o manuscrito sen mácula. Préndese lume á casa onde eu estaba e, abrasado todo o meu axuar, sae o códice indemne. Á vista do cal comecei a reflexionar se non era que este códice que eu desexaba facer coas miñas mans sería grato a Deus.
  • 88. Devolución do Códice Calixtino por parte da policía ao arcebispo de Santiago
  • 89. Garaxe onde estivo escondido o Códice Calixtino
  • 90. O Códice Calixtino no museo da Catedral
  • 91. Códice Calixtino • Aymeric foi chanceler do papa Calixto e crese que este mandou compilar o códice. E o seu sucesor Inocencio II, encargoulle que levara o Liber Sancti Jacobi a Compostela. O mesmo papa Inocencio, nunha carta- epílogo ó códice, da conta da viaxe de Aymeric a Santiago acompañado dunha muller, Gilberta Flandrense, a primeira peregrina de que se ten noticia. Na súa guía, enumera as etapas que o peregrino debe seguir, menciona as cidades e pobos polos que pasa o Camiño así como os ríos, bos e malos, que ten que cruzar, advirte dos perigos que se atoparán na ruta, tales como a falta de comida ou de auga ou de viño, ou os insectos que como avespas ou táxanos poden picar ós camiñantes; ou ben fala dos vicios e virtudes das xentes que viven nas diversas rexións do itinerario.
  • 92. O camiño de Santiago o camiño francés • A Guía do Peregrino ou Iter pro peregrinis ad Compostellam, antecesora da guía turística actual, foi orixinariamente escrita en latín e constitúe o quinto e derradeiro libro do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, conxunto de textos conformado por pezas litúrxicas e redactado entre os anos 1135 e 1140. • Os catro camiños de Santiago que o autor describe son, de norte a sur, a vía turonensis, a vía lemovicensis, a vía podiensis e a vía tolosana. • Detállanse as etapas, as reliquias que se debe venerar, os santuarios a visitar antes de chegar até a catedral elevada á gloria de Santiago, así mesmo da informacións e consellos prácticos sobre as rexións que atravesan os camiños e maila súa opinión, pintoresca e por veces subxectiva, sobre os seus habitantes. A obra serviu de referencia durante os séculos seguintes.
  • 93.
  • 94.
  • 95. O camiño francés pola península Ibérica
  • 96. Os camiños de Santiago Francés Primitivo Costa Inglés Ruta marítima Portugués Vía da Plata
  • 97. Sabías que: 1. O primeiro pelegrín foi polo século XII un señor chamado Aymeric Picaud, monxe beneditino. 2. Que a primeira guía trotamundos chamábase Códice Calixtino en honor ao papa Calixto II, que se escribíu no s. XII e iniciou o que logo sería o futuro boom turístico polo camiño francés. 3. Que un dos primeiros libros que saíu do prelo de Guttemberg foi O Camiño de Santiago, escrito por Herman Küening no ano 1495. 4. Que unicamente Xerusalén (onde van os palmeiros), Roma (onde van os romeiros), pódense confrontar con Santiago en importancia e concurrencia de pelegríns (os que van a Santiago) na historia da cristiandade. 5. Que no primeiro ano santo (1909) visitaron Santiago perto de 140.000 persoas e no 1982 pasaron máis de catro millóns e que este ano preténdese superar a cifra dos 10.000.000. 6. Que na antigüedade a motivación case exclusiva para camiñar era de tipo relixioso. 7. Que catro eran os camiños de Santiago que atravesaban Francia e confluían en Puente la Reina (Navarra).
  • 98. Sabías que: 8. Que a historia de Compostela comenza o 25 de xullo do ano 813 cando o bispo de Iria, Teodomiro descubre o sepulcro do Apóstolo no monte Libredón, perto da aldea de San Fiz Solovio. 9. Que Alfonso II O Casto mandou construír unha igrexiña, á que trasladou a sé episcopal de Iria e máis tarde sería a catedral. 10.Que mandou vir a unha comunidade de monxes benedictinos para cuídar dela. 11.Que a primitiva igrexa foi destruída polos moro Almanzor e que levou as campás desta para a mezquita de Córdoba. 12.Que San Pedro de Mezonzo, abade de San Pedro Antealtares foi nomeado bispo en 1003 e reconstruíu a cidade saqueada polas razzias de Almanzor. 13.Que o seu terceiro sucesor Cresconio mandou fortalecer a cidade con torres e muralla. 14.Que os bispos daquela mandaban máis que Donald Trump.
  • 99. Sabías que: 15.Que en 1095 o papa Urbano II cambia a sé Iriense pola compostelana. 16.Que na primeira metade do século XII Santiago é máis importante que o Hollywood actual. Centro relixioso, político e cultural. Pavoneándose coas cidades máis cosmopolitas daquela. 17.Que nesta época os reis de León e Castela coroábanse na Catedral Compostelana. 18.Que algúns reis de Castela e Léon están enterrados no panteón da catedral. 19.Que a figura de ouro deste século é Diego Xelmírez. 20.Que con el Santiago acadou o título de arzebispado e metrópole. 21.Que os burgueses de Santiago prenderon lume á Catedral no ano 1117 e case se cepillan a Xelmírez e á Raiña Doña Urraca. 22.Que nos séculos seguintes seguirán sendo centro da política galega caracterizada por continuas disputas entre nobles.
  • 101. As igrexas románicas Colexiata de Sta. Mª do Campo e Igrexa de Santiago (A Coruña) Interior: Sta. Mª do Campo Ábsida da Igrexa de Santiago
  • 102. As igrexas románicas San Vicenzo de Elviña
  • 103. As igrexas románicas Sta. María de Cambre
  • 104. As igrexas románicas Sta. María de Cambre
  • 107. As igrexas románicas Sta. María de Azogue (Betanzos)
  • 108. As igrexas románicas San Miguel de Breamo
  • 109. As igrexas románicas San Salvador de Bergondo
  • 110. As igrexas románicas San Xoán de Vilanova (Miño)
  • 111. Arquitectura románica Catedral de Santiago • Identificación: • Nome: Catedral de Santiago o Maior • Autor: Bernardo o Vello (arquitecto) e Roberto (mestre de obra) (1075- 1088). Mestre Estevo (1093-1115), Bernardo o Xove (1109-1122). Mestre Mateo (1168-1188). • Cronoloxía: 1075-1128. 1168-1188. • Estilo: Románico. • Materiais: obra arquitectónica realizada en pedra.
  • 112. Arquitectura románica Catedral de Santiago • Comentario: catedral románica, típico modelo de igrexa de peregrinación, con planta de cruz latina, cabeceira con xirola e absidiolos. A lonxitude do edificio é de 97 m. • Planta de cruz latina con tres naves, tnto no corpo da igrexa como no transepto. Nos brazos do transepto e na xirola, capelas semicirculares. • A ambos lados do transepto, pórticos de entrada: portada norte Azabachería e portada sur Praterías. • A catedral que contemplamos actualmente non é só románica, aínda sí o plano esencial do templo; ten moitos engadidos de séculos posteriores: capelas laterais, claustro, tabernáculo (onde se atopa a imaxe do apóstolo e debaixo os seus restos), recubrimento da cabeceira, ciborio, órgano, fachada occidental..., de gran importancia a maioría deles, ata o punto que non só é a obra culminante do Románico senón do Barroco.
  • 113. Arquitectura románica Catedral de Santiago • Iconografía: a catedral vén simbolizar, en primeiro lugar, a importancia dunha cidade e unha sé bispal, na que se atopa o sepulcro dun dos doce apóstolos de Cristo. • Neste sentido, a propia planta da igrexa é a imaxe da cruz de Cristo e, en consecuencia, representación en pedra da idea de crucifixión e morte de Xesús como base para a salvación do mundo. Pero, por outro lado, a construción simboliza á perfección o desenvolvemento do reino astur-leonés nun momento no que o espazo xeográfico peninsular atopábase fragmentando e no que sobresaía o mundo islámico representado por al-Andalus. • O actual edificio románico (séculos XI e XII) levántase sobre os restos de dúas antigas basílicas prerrománicas dos séculos IX e X. Foi construído en catro etapas, nas primeiras, as influencias máis evidentes son de tipo languedociano (San Sernin de Tolouse) (piares compostos, arcos peraltados, bóvedas de canón con faixóns...) Na última etapa predominan as influencias borgoñonas (triple portadas, arcos apuntados, bóveda de cruzaría...) (reforma monacal do císter).
  • 114. Arquitectura románica Catedral de Santiago • Cara o 1200-1212 debeuse de concluír o edificio levantando a fachada occidental (de tipo normando con dúas torres cadradas e rosetón central) e as escaleiras de acceso. Sen embargo as obras non se detiveron. • Reedificouse o claustro en dúas ocasións (s. XIII e XIV) e engadíronse as capelas de padroado privado ou gremial rompendo a primitiva harmonía do edificio. Por iso, no século XVII decidiuse recuperar a unidade disfrazando a catedral con fachadas-telón barrocas (praza da Quintana, Acibechería), rematando as obras no século XVIII coa construción da fachada do Obradoiro (Casas Novoa). • As basílicas prerrománicas: O descubrimento da tumba do Apóstolo polo bispo Teodomiro nos primeiros anos do século IX foille comunicado ó rei asturiano Afonso II quen ordenou construír unha igrexa sobre o sepulcro que Teodomiro atopara. Dela a penas quedan restos, aínda que pola cimentación que apareceu nas escavacións sábese que tiña tres naves e unha cabeceira rectangular que englobaba o primitivo sepulcro apostólico. Pronto esta igrexa quedou pequena polo que foi reconstruída durante o reinado de Afonso III, sendo consagrada polo bispo Sisnando no ano 899. Desta segunda basílica, de tres naves como a anterior, quedan algúns restos que permitiron reconstruíla planta.
  • 115. Arquitectura románica Catedral de Santiago • Esta igrexa foi destruída por Almanzor no 997, reconstruída por San pedro de Mezonzo nos primeiros anos do século XI e derrubada a finais do mesmo século para construír a Igrexa actual. • Baixo a catedral hai pois un antigo sepulcro romano, unha necrópole sueva e as basílicas afonsinas. O problema estriba en que os restos máis antigos son, como moito, de finais do século II co que queda un lapso de 150 anos coa época do hipotético enterramento do apóstolo. • A Catedral románica: O edificio actual responde aos esquemas das Igrexas de peregrinación (3 naves, a central dobre, cabeceira con xirola e capelas radiais) con paralelos en Francia (San Sernin de Toulouse e Santa Fe de Conques). A obra desenvólvese en catro fases: • 1ª Fase (1075-1088) O bispo Diego Peláez encarga as obras levadas a cabo por Bernardo o Vello e Roberto. Realízanse as tres capelas centrais e os tramos correspondentes da xirola (bóvedas de aresta). A capela do Salvador é rectangular e o muro organízase por medio de dous arcos en mitra que flanquean un lobulado. Hai tamén contrafortes para soster o empuxe das bóvedas. As capelas de San Xoán e San Pedro son semicirculares e abríanse á xirola por medio de grandes arcos.
  • 116. Arquitectura románica Catedral de Santiago • 2ª Fase (1093-1105). Diego Xelmírez (bispo) / Mestre Estevo (arquitecto): remátase a xirola (capelas poligonais e bóvedas de aresta con faixóns) e constrúense os muros do cruceiro (os altares foron consagrados en 1105). No muro oriental do cruceiro (o máis próximo a cabeceira) ábrense catro capelas (só queda a de San Nicolás, modificada para servir de paso á Corticela) Os tramos do transepto divididos por piares serven de módulos para organizalas alturas e a anchura do resto do edificio. Tódolos cambios van unidos a unha nova concepción da iluminación o que supón o crecemento da catedral en altura. Grazas e esta racionalización das proporcións, a obra é totalmente harmónica, pero había o perigo de caer na monotonía. Isto soluciónase recorrendo á alternancia de piares compostos con núcleo cadrado ou rectangular e catro columnas adosadas que reciben os empuxes dos faixóns e dos formeiros.
  • 117. Arquitectura románica Catedral de Santiago • 3ª Fase (1109-1122). Bernardo o Mozo: cubrición do cruceiro e primeiros tramos das naves. Bóvedas de canón con faixóns, arcos de medio punto peraltados e piares compostos. Continúase o proxecto anterior (as únicas diferencias son decorativas), sobre as naves laterais álzase a tribuna, moi sobrio, que se abre á nave por medio de arcos de medio punto xeminados (van de dous en dous). A tribuna cóbrese con bóveda de cuarto de canón que recolle os empuxes da bóveda da nave central. É unha solución moi complexa que permite que os muros poidan abrirse cunha dobre serie de xanelas: as da planta baixa iluminan as naves laterais, as superiores ábrense á tribuna, e todas elas iluminan a nave central de forma indirecta. No exterior, os contrafortes percorren verticalmente os muros realzando a esvelteza do edificio. Cando en 1122 se interromperon as obras da catedral, faltaban por construír os 2-3 últimos tramos das naves e a fachada occidental que, a pesar do que afirma o Códice Calixtino, non chegara a levantarse aínda que estivese proxectada. • 4ª Fase (1168-88) Mestre Mateo (arquitecto): remata as naves e constrúe a cripta (mal chamada “catedral vella”), o Pórtico da Gloria e a Tribuna sobre o Pórtico, obras nas que aparecen solucións que enlazan co gótico: bóvedas de cruzaría, arcos apuntados...
  • 118. Arquitectura románica Catedral de Santiago • O resultado final é unha catedral que no seu interior divídese en tres naves. A central pose un ancho de 10 metros e acada unha altura de 22, cubríndose con bóveda de canón. As tres naves laterais, de menor altura e uns cinco metros de anchura o fan con bóvedas de aresta. Sobre ditas naves laterais álzanse tribunas que asoman á nave central mediante arcos xeminados. Os seus vanos exteriores proporcional iluminación á parte superior da nave central, o que contrasta coa maio penumbra da zona inferior. • As bóvedas sostéñense mediante piares compostos que presentan columnas acaroadas, organizadas de tal xeito que a columna mira cara a nave central e elévase ao longo de toda a altura da mesma ata acadar o inicio do arco faixón correspondente. • O transepto organízase tamén en tres naves en cuxos extremos ábrense sendas portada ao exterior (norte Acebecharía e porta sur Platerías). • Por outra parte, nun dos seus lados maiores, este transepto presenta catro absidiolos, dispostos dous a cada lado da cabeceira. Sobre o cruceiro álzase o ciborio ao exterior, no interior catro grandes arcos tourais sosteñen unha bóveda sobre trompas. En todo este enorme transepto álzanse tamén tribunas sobre naves laterais.
  • 119. Arquitectura románica Catedral de Santiago • A cabeceira da catedral é de amplas dimensións e dispón dunha xirola con cinco capelas radiais. • Todo o espazo interior do templo está organizado de xeito que os fieis poidan facer a súa entrada pola porta Occidental (Obradoiro) e percorrer o espazo interior ata chegar á xirola, onde se atopa o tabernáculo coa imaxe do apóstolo, sen interferir nas cerimonias relixiosas. • Tamén se pode acceder polas outras dúas portadas do transepto. A portada de Acebacharía é a máis próxima ao remate do camiño francés.
  • 120. Estatua de Alfonso II O Casto en Santiago de Compostela
  • 121. Reconstrución da necrópole de Compostela. Onde se localizaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 122. Reconstrución da arca marmárica onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 123. Reconstrución da arca marmárica onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago e os seu discípulos durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 124. Reconstrución do primitivo santuario onde se depositaron os supostos restos do apóstolo Santiago durante o reinado de Alfonso II O Casto
  • 125. Reconstrución da ampliación nos tempos de Alfonso III O Magno
  • 128. Bernardo o Vello (1075-1088) Mestre Estevo (1093-1105) Bernardo o Xove (1109-1122) Mestre Mateo (1168-1188)
  • 130. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (reprodución do alzado)
  • 131.
  • 132. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (reprodución da fachada oeste)
  • 133. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (interior nave central e reprodución)
  • 134. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (interior nave central e reprodución)
  • 135. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (nave lateral e detalle da tribuna)
  • 136. As igrexas románicas A Catedral de Santiago de Compostela: (tribuna) Bóveda de cuarto canón