Tanto M. Anxocomo Tiziano viviron cerca de 90 anos. Esta longa vida permitiu unha longa evolución artística: vivirán o clasicismo e a aparición do manierismo. No S. XVI prodúcese unha ruptura na igrexa católica iníciase a reforma PROTESTANTE A comezos do S. XVI Roma asiste a recuperación do seu esplendor.
3.
1527 a cidadede Roma asiste o SACO DE ROMA por parte das tropas imperiais de Carlos V. Isto provocou unha crise de valores fundamentais que se reflicte na arte Roma, donde se intentaba fusionar a cultura clásica e a cristiá, ve como esta fusión non é posible. A nivel artistico esta crise leva ó triunfo do MANIERISMO, unha corrente artística que non é unitaria
4.
No manierismo haberádiferentes tendencias (non teremos un modelo unitario), e cada artista interpretará e plasmará a obra de arte partindo do seu propio punto de vista. MANIERISMO é unha arte subxectiva. Os arquitectos manieristas non seguen un modelo clásico, senón que utilizan as ordes de forma libre Na escultura manierista as figuras alónganse, prescindindo dos cánones clásicos. Na pintura manierista non teñen interese por pintar a realidade, senón que representa a realidade tal e como eles a ven
5.
É unha daspersonalidades máis excepcionais da Historia da Arte. Con él utilizase o concepto de XENIO É un artista que traballa na soedade, que rexeita ter colaboradores e que se enfronta ó mundo que o rodea, un mundo estrano e hostil. Tamén é posible relacionar a súa evolución artistica coa súa vida. Foi arquitecto, escultor, pintor e incluso poeta .
6.
Nace nun pobopróximo a FLORENCIA. E comeza a traballar no taller dun pintor. Polas súas dotes artísticas pronte chama a atención de LOURENZO DE MEDICI, que o pon en contacto cos filósofos NEOPLATÓNICOS. Na academia de Florencia coñece a LEONARDO Miguel Anxo non pretende imitar a natureza, senón superala, para así chegar a perfeción, o mundo das ideas, o mundo divino.
7.
Esta concepción neoplatónicafai que opoña a MATERIA (impura) coa IDEA (pura e perfecta) Considera que a escultura é a arte máis pura, xa que se executa quitando materia, e unha vez eliminada xorde a esencia, a IDEA. Non acepta ser comparado cun artesán, xa que para el a arte é como unha “segunda creación” Nas súas esculturas utiliza como material o MÁRMORE Emprega dúas técnicas: TROPPO FINITO ou acabado perfecto (mármore puido) TROPPO NON FINITO ou acabado imperfecto ( mármore sen puir)
8.
Nos últimos anoso estalido da Reforma Protestante e os cambios do mundo afectan profundamente a Miguel Anxo Por iso M. A. buscará expresar o sentimento de angustia , prescendindo da beleza formal, para chegar a beleza interna, por iso as súas figuras se presentan inacabadas, co mármore sen puir.
9.
1ª ETAPA: FLORENCIA,vinculada a Academia. Realiza algunhas obras dentro da estética do Quattrocento como o relevo en mármore “A VIRXE DA ESCALEIRA”.
Tras fuxir deFlorencia, chega a Roma donde realiza en 1498 “PIEDADE DO VATICANO”. Recupera un tema moi tratado no Gótico: A virxe co seu fillo morto no brazo. Representa a Virxe cun rostro moi xove. Composición piramidal, estable e pechada. Domina a mesura e tranquilidade. O único elemento de impotencia atopámolo na man estendida da Virxe. Mármore tratado seguindo a poética do TROPPO FINITO, perfectamente puído.
Volta de novoa FLORENCIA a comezos do S. XVI. Florencia volta a ser unha República tralo paréntese que supuxera SAVONAROLA (goberna Florencia entre 1494 e 1498) O goberno florentino encárgalle a Miguel Anxo esculpir un gran bloque de mármore de case cinco metros de altura. Entre 1504 – 1506 realiza o DAVID, obra que lle dará gran fama.
14.
15.
M.A. converte enrealidade a súa teoría de que todo bloque de mármore contén no seu interior unha escultura. A misión do escultor e liberar esa imaxe. Representa ó pastor David espido, xove e de carácter monumental (grandes dimensións), no momento en que ve ó xigante Goliath e se prepara para lanzar conata el a súa honda. Narra o momento de tensión antes do desencadeamento da acción. A figura presenta unha forte tensión que non se manifesta con xestos bruscos, senón tensión contida
16.
17.
Mirada penetrante, tensiónno pescxozo, no brazo que sostén a honda. Utiliza a ténica do contraposto seguindo o influxo clásico, sen embargo supera o clasicismo, xa que o David non está sometido a un rigoroso cano de proporcións Estudo anatómico moi minucioso. Recolle o imfluxo clásico pero reinterprétao Fostra na figura unha actidude enérxica. Na mirada concentra gran parte da tensión. É unha mirada penetrante chamada TERRIBILITÁ MIGUELANXELESCA
1506, Miguel Anxoé chamado a ROMA polo Papa XULIO II, que lle vai encargar a realización dunha grandiosa obra: A TUMBA DE XULIO II No ano 1508, mentras realizaba a Tumba de Xulio II, recibe o escargo deste Papa da DECORACIÓN DA BÓVEDA DA CAPELA SIXTINA. Non quería realizala pero vese na obriga de acpetar o encargo. Expulsa a tódolos axudantes e pinta el só toda a boveda
21.
Usa a técnicado FRESCO. Realizou a obra en catro anos. A bóveda completaría as escenas pintadas nas paredes laterais que foran realizadas por pintores do Quattrocento e que representaba escenas do Antigo Testamento. Estructurábanse mediante unha decoración arquitectónica figurada. Divídese a bóveda en tramos rectangulares mediante dez arcos faixóns. En cada un deses rectángulos representan unha ou varias esceas.
Nas esquinas decada rectángulo represéntase figuras masculinas espidas cun corpo musculoso e aspecto escultórico: representarían a pura beleza das formas. Nos laterais da bóveda sitúa unhas enormes figuras de PROFETAS E SIBILAS (mulleres que no mundo clásico adiviñaban o futuro) Recollen pasaxes do XÉNESE, dende a creación do mundo, do home, pasando polo pecado orixinal, diluvio universal e a embriaguéz de Noé.
26.
De tódalas obrasdestaca A CREACIÓN DE ADÁN. Escena sen apenas referencias espaciais (anticipo do manierismo). A figura de Deus, toda forza e enerxía, estende o seu brazo dereito e estira o seu dedo sen vida de Adán, pero sen que ambos dedos se cheguen a tocar. Fronte á enerxía divina o corpo de Adán preséntase inanimado. Tratamento anatómico é exquisito na figura de Adán Despreocúpase da perspectiva, dos matices nas cores, das luces e das sombras e fai unha pintura-escultura.
27.
Anos 20, MiguelAnxo regresa a FLORENCIA, para realizar por encargo do PAPA LEÓN X (da familia Medici) a sacristía na que está a tumba dos Medici. Realiza dous sarcófagos adosados á parede. Por riba dos sarcófagos aparecen unhas figuras simbólicas: sobre o de XULIÁN unha figura feminina , que representa a noite e unha masculina que representa o Día Sobre Lourenzo coloca unha figura feminina que simboliza a Aurora e masculina o Crepúsculo.
Desde o NEOPLATONISMO:as figuras simbolizan o paso do tempo que todo consume, incluída a vida. As figuras presentan características MANIERISTAS: Sitúanse sobre os sepúlcros como se fosen a esvarar, provocando un forte desequilibrio. Estas figuras representarían o mundo material Nalgunhas figuras emprega o NON FINITO Representación sedente de Xulián e Lourenzo: representación triunfal dos falecidos. Son figuras que acadaron o mundo das Ideas. Xulián simboliza a vida activa e Lourenzo a vida contemplativa
33.
En 1534 regresaa ROMA e dous anos máis tarde pinta a cabeceira da Capela Sixtina. Roma xa sufrira o SACO DE ROMA, e o novo Papa Paulo III é xa un Papa da Contrarreforma. A mentalidade de M. A. tamén cambiara: énchese dun misticismo profundo e comeza a abandoar o Neoplatonismo. Manifesta unha profunda angustia ante a vida e a morte, ante a fin dos tempos e a salvación ou condea
34.
Non só reflictea súa crise interna, senón tamén a crise de valores que staba a experimentar o mundo, principalmente ROMA. O xuizo final, competa as esceas que pintara na bóveda: O DESTINO DA HUMANIDADE DENDE A CREACIÓN ATA O FINAL DOS TEMPOS. Utiliza a técnica do FRESCO Ritmo desenfreado: figuras axitadas, movéndose en movementos ondulantes (manierismo)
35.
Fondo azul (neutro)para concentrar a atención no importante, as figuras e esceas que representa. Cristo aparece no centro da composición (Deus xuiz) que levanta o brazo en actitude ameazante, dando orde de que comeze o xuizo O terror reflíctese na Virxe que aparece cunha actitude atemorizada No cristo aparece a TERRIBILITÁ. Non renuncia a beleza: CRISTO É XOVE, aparece espido e musculoso.
36.
En torno aCristo as figuras móvense Arriba aparecen OS ANXOS QUE PORTAN OS INSTRUMENTOS DA PAIXÓN. Baixo os anxos e rodeando a Cristo aparecen SANTOS e MÁRTIRES. A dereita, os mortos saen das súas tumbas e ascenden A esquerda os condeados descenden o inferno, nonde se atopa o BARQUEIRO CARONTE Entre as dúas partes aparecen os anxos trompeteiros anunciando o Xuizo. Neste fresco abre o camiño cara o manierismo
37.
38.
39.
Recolle o proxectode Bramante pero introduce novidades. Usa a planta de cruz grega, pero só coloca unha entrada . O cambio máis importante prodúcese na cúpula central, máis grande que a de BRAMANTE. O exterior a cúpula semicircular levántase sobre un tambor no que se abren ventás rematadas por frontóns semicirculares e triangulares
40.
41.
Entre as ventássitúa columnas pareadas que rematan nun entablamento que aparece ó longo de todo o tambor M. A. no entablamento fai que sobresaia ou retroceda. Incorpora un tímido movemento que racha co clasicismo (manierista) Na ÁBSIDA tamén incorpora o movemento adiantando e retrasando o muro. Tamén engana o espectador usando columnas xigantes que simulan un só piso pero que en realidade son máis.
42.
43.
Entre 1555 e1564 , M.A. realiza este conxunto escultórico que deixa inacabado Nela afloran as preocupacións relixiosas que o atormentan Obra mostra a evolución estilística Fronte o acabado perfecto da Piedade do Vaticano, agora leva as últimas consecuencias o troppo non finito. Fronte o triángulo equilátero, estamos ante un triángulo isósceles: inestabilidade, desequilibrio
44.
45.
Xa non lleinteresan os corpos fermosos, por iso as figuras apenas esbozadas. Agora interésalle a esencia, o espírito. A beleza formal non lle ten importancia.
46.
47.
Venecia convértese nunhaescola pictórica diferente a florentina. Os pintores florentinos inclínanse polos estudios teóricos sobre perspectiva e o debuxo. Os pintores venecianos interésalle tanto a teoría como a experimentación práctica e o interese pola LUZ e sobre todo A COR. Importancia da luz do sol sobre as canles da cidade crean unha cor especial que influe nos pintores.
48.
Esta escola alcanzaunha gran importancia e non sufriu tanto as convulsións como o resto de Italia. O pintor GIORGIONE que vive ata comezos do S. XVI e considerado o mestre de TIZIANO. Os rasgos de Giorgione foron levados a máxima expresión por Tiziano. Predominio da paisaxe. Pintura realizada a base de manchas de cor Profundidade conseguida mediante planos de cor. As figuras complementan a paisaxe e non o reves Importancia da luz con variados xogos de luces
49.
Pinta sobre atea sen estudo previo, sen debuxo, mediante a aplicación directa da cor a bse de manchas Dominio da cor sobre a forma. Pincielada moi solta que difumina as formas Importancia da paisaxe, da luz. Aborda todo tipo de temas: relixiosos, mitolóxicos e retratos Destacan dúas obras: AMOR SACRO E O AMOR PROFANO DANAE E A CHOIVA DE OURO RETRATO ECUESTRE DE CARLOS V EN MÜHLBERG
50.
51.
Obra realizada cara1515. Contido simbólico e difícil interpretación. Representaría a Venus vestida e Venus espida A Venus vestida simbolizaría o amor impuro, o mundo material A Venus espida simboliza o amor puro, o mundo espiritual ou divino que non necesita galas nin adornos. As figuras apoianse sobre un sarcófago ( que simboliza a morte)
52.
A Venus vestidaapóiase con máis rotundidade sobre o sarcófago (está máis cerca da morte) e a Venus desnuda está máis alonxada (máis lonxe da morte) O amor humano é mortal, o amor divino é inmortal. O raparigo que aparece metendo a man no sarcófago identifícase co deus do amor CUPIDO. TEMÁTICA MITOLÓXICA, pero tamén podíase interpretar dende un punto de vista cristián: o sarcófago sería a pía bautismal da que saen as almas purificadas
53.
54.
A nivel técnicorecolle os presupostos da pintura veneciana e de Tiziano As figuras sitúanse ante unha paisaxe, que se prolonga cara o fondo, executanda a base de manchas de cor Paisaxe triunfa o difuminado, construido a base de manchas de cor A luz xoga un papel preponderante, contribuindo a destacar as formas ou a difuminalas Tamén coa luz crea diferentes planos que contribuen a crear profundidade Cores tipicamente venecianas (vermello carmín, branco prateado…
55.
Retrato ecuestre doemperador Carlos V. O emperador era gran admirador de Tiziano e este encárgalle un retrato trala vitoria sobre os protestantes na batalle de Muhlberg Obra realizada en 1548, e representa a Carlos V a cabalo coa súa armadura e integrado na paisaxe, Busca exaltar a figura do retratado Utiliza os mesmos recursos pictóricos que nos cadros anteriores Influenciará moito en Rubens.