SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
VOCABULARIO  DE CONCEPTOS  ARTÍSTICOS
ÁBSIDA: construción semicircular cuberta xeralmente con bóveda de cuarto de esfera; na basílica romana era o lugar adicado aos maxistrados. Nos templos está situada na cabeceira, xeralmente de planta semicircular ou poligonal, con cuberta de bóveda de forno, na súa orixe orientada cara o levante.
ALTORRELEVO:  Relevo (escultura non exenta) que sobresae máis da metade do vulto. APARELLO (disposición dos materiais construtivos nun muro ou paramento) ALMOFADADO: cando as cantarías(pedra labrada) presentan as súas caras exteriores labradas en forma de almofada.
APARELLO DE CACHOTERÍA: obra con pedras non labradas ou pouco labradas, colocadas sen orde de ringleiras ou tamaños. APARELLO DE CANTARÍA: cando a obra presenta pedras ben labradas e ordenadas.
ARCO: elemento construtivo de sostén, xeralmente curvo, que cubre un van desde dous puntos 1 Clave  2 Doela 3 Extradorso  4 Imposta  5 Intradorso  6 Frecha  7 Luz 8 Contraforte  CLAVE DUN ARCO  :  doela central dun arco DOELA : cada unha das pezas que forman o intradorso dun arco; ten forma de cuña e está disposta de forma radial
ARCO DE FERRADURA:  o que presenta un trazado maior a media circunferencia, a súa frecha e maior que a semiluz. ARCO DE MEDIO PUNTO: semicircular, de frecha igual á semiluz. ARCO APUNTADO:  formado por dous arcos de circunferencia de igual radio pero distintos centros.
ARCO DE FAIXA : o que corta unha bóveda no sentido transversal ao seu eixe. Tamén chamado perpiaño. ARCO FORMEIRO : aquel que é paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave, xeralmente poñéndoa en comunicación coa nave lateral.
ARCO REBAIXADO : aquel no que a altura ou frecha e menor que a semiluz. ARCO PERALTADO : aquel no que a altura ou frecha e maior que a semiluz.
[object Object],ARCOBOTANTE  : arco rampante* que transmite os empuxes dunha bóveda a un contraforte onde apoia o seu arranque inferior.
ARQUITRABE : Parte baixa do entablamento que apoia directamente nas columnas ou outro elemento sustentante. Por extensión, a moldura que enmarca un van alintelado. ARQUIVOLTA: moldura que forma a cara exterior frontal dun arco. En plural, arcos inscritos uns en outros que organizan unha portada abucinada (a luz aumenta desde un paramento -cada unha das dúas caras dun muro- cara o outro.
BAIXORRELEVO :   a proxección dunha figura por encima da superficie de fondo é inferior á metade do seu espesor. Diferénciase ás veces o semirrelevo (mezzo-relievo) : o avance da figura ao exterior con respecto ao fondo é igual ou lixeiramente superior á metade do seu espesor.
BALDAQUINO : estrutura con dosel (cuberta decorativa), xeralmente sobre catro elementos (piares, columnas...) para cubrir un altar ou unha tumba.
BAPTISTERIO : Parte do templo ou edificio exento onde ten lugar a cerimonia do bautismo; os exentos son de pequenas dimensións e planta central. BASA : Parte inferior da columna, sirve de asento ao fuste e normalmente está formado por molduras.
Unha COLUMNA é unha peza arquitectónica vertical e de forma alongada que serve, en xeral, para soster o peso da estrutura, anque tamén pode ter fins decorativos. Xeralmente,a súa sección é circular; cando é cadrangular ou poligonal denomínase  piar , ou  piastra  se está adosada a un muro. A columna clásica está formada por tres elementos:  basa ,  fuste  e  capitel .
COLUMNA SALOMÓNICA: a que ten o seu fuste formado por varias espiras superpostas arredor dun mesmo eixe vertical.   É dicir, ten un desenvolvemento retorcido en forma helicoidal que, xeralmente, dá seis voltas, conseguindo un  efecto de movemento e dramatismo; as veces, o fuste leva decoración vexetal con follas de parra. O seu apoxeo foi no Barroco. FUSTE  :  parte da columna situada entre o capitel e a basa; segundo a decoración pode ser liso, acanalado...
BÓVEDA:  estrutura que cubre, de forma arqueada, un espazo situado entre  dous muros ou series de columnas ou aliñados
BÓVEDA DE CANÓN  :  orixinada por un arco de medio punto cabalgando sobre soportes paralelos segundo un eixe lonxitudinal. Moi usada para cubrir espazos lonxitudinais como as naves ou transeptos dunha igrexa.A  bóveda de canón cuxa directriz non é recta senon circular denomínase  bóveda anular ; utilizouse para cubrir deambulatorios. BÓVEDA   POR ARESTA :  formada ao cruzarse dúas bóvedas de canón de igual frecha
BÓVEDA DE CRUZARÍA : formada polo cruce de dous bóvedas de canón apuntado, reforzada por dous ou máis nervios diagonais que se cruzan na clave (pódese multiplicar o número de nervios e claves) o espazo entre os arcos cúbrese cunha plementería. Considérase un elemento distintivo do gótico, xunto co arco apuntado e o arcobotante.
CADRO DE HISTORIA : pintura que representa un tema tomado da historia. As veces cunha forte carga didáctica, tivo un gran desenvolvemento no século XIX CADRO DE XÉNERO: pintura que representa escenas da vida cotiá, tratadas dun xeito realista: vida familiar, festas, rúas... NATUREZA MORTA: pintura que representa  unha composición a base de seres inanimados ( cousas, vexetais, animais mortos). O término naceu no século XVIII pero o xénero é moito máis antigo. Tamén chamada bodegón.
CANON :  regra de proporcións humanas conforme ao tipo ideal de cara á determinación da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.
CAPITEL XÓNICO : o máis característico son as volutas ou espirais que adornan o equino, xunto con outros elementos como ovas. CAPITEL CORINTIO : ten forma de campá invertida ou cesta, da que rebosan as follas de acanto, os seus tallos dan orixe a unha especie de volutas (caulículos) nos catro lados. CAPITEL DÓRICO:  está integrado por tres pezas: o ábaco, que é unha peza prismática de planta cadrada que soporta directamente a estrutura horizontal do edificio; o equino, que é unha figura convexa que se expande cara o ábaco, o collarino,  que é unha prolongación do fuste, separado diste por unha acanaladura.
CAPITEL : elemento sobre o fuste que soporta un arquitrabe, un arco, etc. Formado por molduras e elementos decorativos que establecen as diferenzas entre as ordes. CAPITEL COMPOSTO : é unha mistura entre o capitel corintio e o xónico, de aí o seu nome; do primeiro toma os follas de acanto da parte inferior e do segundo as volutas da parte superior.
Ciborio : construción elevada sobre o cruceiro, normalmente con forma de torre de planta cuadrada ou octogonal e rematada en chapitel (remate apuntado dunha torre). Tamén pequeno baldaquino que coroaba o altar nos antigos templos cristiáns.
CLAROSCURO : en pintura, o contraste entre luces e sombras; concretamente o xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.
CONTRAFORTE: construción adosada a un muro, de xeito vertical, que funciona como reforzo do mesmo ou como contrarresto dos empuxes dun arco ou unha bóveda CONTRAPPOSTO : termo italiano que define a oposición harmónica das distintas partes do corpo, especialmente cando algunhas delas están en tensión ou movemento fronte o repouso das súas simétricas. Foi profundamente estudado polos gregos e retomado co Renacemento.
COR COMPLEMENTARIA: aquelas que na composición cromática compleméntanse: o complementario dunha cor primaria será a cor secundaria produto da mistura das outras dúas cores primarias (do amarelo será o violeta).  COR PLANA : aquela que é homoxénea, sen degradacións tonais. COR PRIMARIA: son o vermello, o amarelo e o azul, da súa mestura saen as tres cores binarias ou secundarias. Tamén chamados simples ou fundamentais. COR SECUNDARIA OU BINARIA: a que xorde de combinar cores primarias: naranxa (vermello máis amarelo), verde (azul máis amarelo) e violeta (azul mais vermello)
CORNIXA: Parte superior e máis saínte dun entablamento; a súa función orixinaria era impedir ca auga de chuvia incidira ou esvarara polo muro. CÚPULA  :  cuberta que xorde da proxección imaxinaria dun arco que segue un movemento de rotación sobre si mesmo. Leva o nome do arco que a enxendra agás co de medio punto, que se chama de media laranxa ou semiesférica. Normalmente a cúpula asenta sobre un tambor e ten na clave unha linterna.
CURVA PRAXITELIANA : con ela, a escultura desprázase do eixe vertical, formando un S invertido o que lle da lixereza. O nome deriva do escultor que a utilizou: Praxíteles.
DEAMBULATORIO ( “Girola” en castelán): espazo de unha o máis naves que xira arredor do presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas; é o resultado da prolongación das naves laterais máis aló do transepto e  permite dar paso ás capelas que nel se abren de forma radial. ENTABLAMENTO: parte horizontal sustentada dun edificio, composto de arquitrabe, friso e cornixa, xeralmente sobre piares, columnas ou pilastras.
ÉNTASE :  engrosamento no fuste da columna, xeralmente no centro, para correxir deformacións ópticas. ESCULTURA DE VULTO REDONDO  OU ESCULTURA EXENTA: tratase dunha escultura concebida de xeito que pode ser observada desde todos los lados, ou desde case todos os lados : o vulto redondo repousa sobre o chan e con frecuencia está colocado nun nicho
ESFUMADO/SFUMATO:  Pintura de difuminados que consiste en rebaixar os contornos das figuras, creando vaguedade nos perfís. Destaca nesta técnica Leonardo da Vinci.
ESPAZO MEDIO : aplícase a aquela escultura que domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde múltiples puntos de vista. ESPAZO LIMITE : aplícase a aquela escultura que está  limitada no seu desenvolvemento por unha forma xeométrica determidada que xeralmente ven marcada por un marco arquitectónico,non  domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde un único punto de vista ou ten uns puntos de vista privilexiados.
ESTATUA ECUESTRE : Tipo escultórico  con figura a cabalo. A estatua ecuestre de Marco Aurelio é unha das máis coñecidas e que marcou as pautas doutras futuras. ESTATUA-COLUMNA : Estatua adosada ao fuste dunha columna e da mesma altura. Característico das portadas de igrexas no século XII.
ESTILO : conxunto de rasgos orixinais e persistentes nun artista, época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por ou en eles. FRISO : faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, especificamente a parte entre o arquitrabe e a cornixa. No dórico está dividido en triglifos e metopas.
ICONOGRAFÍA : ciencia que estuda a orixe, formación e desenvolvemento das imaxes e dos atributos con que poden identificarse e dos que normalmente van acompañadas. Na arte occidental destacan dúas grandes series iconográficas: a mitoloxía clásica e a cristiá. ICONOLOXÍA : ciencia que estuda o sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra posúen en canto ao simbólico ou alegórico. IMPOSTA  :  superficie de apoio dos puntos de arranque dun arco ou bóveda e a partir do cal inicia a descripción da curvatura. Normalmente está organizado como cornixa.
LIÑA SERPENTINATA: propia do Manierismo, onde as figuras amosan un movemento xiratorio de cadeiras, ombreiros e cabeza que se contrabalancean. MÉNSULA  :  adorno saínte como soporte de calquera outro elemento: arco, cuberta, balcón...
METOPA  :  no friso dórico, o elemento comprendido entre dous triglifos; pode estar cuberto con relevos. A súa orixe estaría no trozo de muro entre dúas cabezas de viga nun teito de madeira (segundo Vitrubio) TRIGLIFO  :  elemento decorativo do friso dórico, de fronte rectangular, con canais verticais, normalmente dous centrais e medio a cada extremo.
NÁRTEX  : na basílica paleocristiá, a parte porticada do atrio, situada antes do ingreso á mesma e que servía para catecúmenos e penitentes: co cambio de liturxia caeu en desuso, conservándose un vestíbulo que antecede ás igrexas.  Cando se atopa no exterior das fachadas, como pórtico aberto, chámase  exonártex . No caso de ter un segundo nártex interior, denomínaselle  esonártex , como é o caso da igrexa bizantina de San Salvador de Chora de Estambul. MODELADO: execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que lle da a unha pintura un aspecto de vulto redondo.
PAISAXE : cadro que reproduce un exterior natural ou inspirado na natureza, o seu desenvolvemento como xénero independente é sobre todo no século XIX, acadando o seu cumio co Impresionismo. Parteluz :  elemento vertical que divide un van ou oco en dúas ou máis partes
PENDENTE: elemento arquitectónico que permite o paso dunha superficie cadrada a outra circular, consiste en un triángulo ou un trapecio curvilíneos formado polo anel da cúpula e os dous arcos torais. TROMPA : bovediñas semicónicas proxectadas cara fóra do muro e que permiten o paso dunha superficie cadrada a outra circular u octogonal.
PERSPECTIVA XERÁRQUICA: as figuras aparecen de distintos tamaños co obxecto de recalcar a súa importancia social PERSPECTIVA: modo de representar os obxectos e figuras nunha superficie de xeito que se asemellen a como aparecen á vista na realidade.
PERSPECTIVA LINEAL: diminución do tamaño dos obxectos canto máis alonxados están do primeiro plano e existencia dun punto ideal onde converxen tódolos eixes visuais (é un efecto óptico que nos permite calcular distancias).  PERSPECTIVA AÉREA: as figuras ao alonxarse degradan a súa intensidade cromática e desfigúranse os contornos. Intenta representar a atmosfera que envolve ás figuras, debuxando as do fondo máis desvaídas, creando así unha impresión real de distancia.
PICTÓRICO : todo o que está relacionado coa pintura. O que é axeitado para ser representado en pintura. PIAR : elemento vertical, xeralmente exento, de sección poligonal (cadrado, rectángulo...) , con función de soporte, pero que non está sometido a unha orde PILASTRA : elemento vertical de sección rectangular ou poligonal adosado ao muro; pode ter función de soporte ou ornamental, e pode estar  sometido á normativa das ordes clásicas.
PLANTA BASILICAL : ou lonxitudinal, a que se desenvolve arredor dun eixe. PLANTA  CENTRAL: a que se desenvolve arredor dun punto central onde se cruzan, al menos, dous eixes de simetría iguais.
PLANTA EN CRUZ: planta dun edificio distribuído en naves que se cruzan perpendicularmente. PLANTA CRUZ GREGA : tipo de planta central cos catro brazos iguais. Típica das igrexas bizantinas PLANTA CRUZ LATINA : tipo de planta basilical no que o transepto divide a nave maior en dúas partes desiguais. Típica das igrexas cristiás, por exemplo a catedral de Santiago de Compostela.
PLÁSTICO : especialmente aplicado á pintura e á escultura, cualidade que fai expresiva á obra,  especialmente no que se refire á consecución da sensación de volume. PRESBITERIO : na igrexa cristiá, área arredor do altar, xeralmente elevado, e ocupando a ábsida da cabeceira na nave. Dispóñense aquí os elementos necesarios para o rito e as veces o coro. En  época paleocristiá estaba levantado sobre a cripta.
ROSETÓN: ventá circular con decoración calada ou pechada con vidrieiras, xeralmente en disposición radial. Propio do Románico e o Gótico sobre todo en fachadas RETRATO : reprodución da efixie dunha persoa fundamentalmente en pintura e escultura.
TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS : técnica escultórica moi usada no relevo, consiste en representar a corpo humano por medio das transparencias que orixina a roupa mollada; usado xa polos gregos (trono Ludovisi, Fidias no Partenón) o recolle tamén o relevo romano e perdura ao longo da Historia da Arte.
Tímpano : Espazo delimitado polo linteis e as arquivoltas nas portadas ( porta ornamentada) das igrexas.  En xeral, todo o espazo de peche entre as molduras ou cornixas dun frontón. Torso :   representación humana que carece de cabeza, brazos e pernas. Exemplo: torso Belvedere.
TRIFORIO : serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no muro da nave central e  por riba das arcadas que dan paso ás naves laterais. TRIBUNA : mirador, palco ou tamén ventá ou balcón que serve para asistir aos oficios.  Diferenciase do triforio en que posúe unha anchura igual a da nave lateral sobre a que está construída. No gótico, pode haber ata catro pisos: arcada, tribuna, triforio e grandes ventás.
XAMBA : cada un dos elementos verticais que sosteñen un arco ou un lintel nun van. VELADURA : fina capa de pintura transparente que se dá á pintura xa seca para suavizar o ton do pintado. Típica dos pintores renacentistas venecianos e usada despois por outros pintores como Rembrandt

More Related Content

What's hot

Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana   Paula e CristinaArquitectura barroca italiana   Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristinamaikarequejoalvarez
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciamaikarequejo
 
Tema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisTema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisJosé Ramón
 
Características xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaCaracterísticas xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaprofesor historia
 
UNIDADE 17 Arquitectura contemporánea
UNIDADE 17 Arquitectura contemporáneaUNIDADE 17 Arquitectura contemporánea
UNIDADE 17 Arquitectura contemporáneacamposseijo
 
Características xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaCaracterísticas xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaprofesor historia
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 

What's hot (20)

Vocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiáVocabulario arte paleocristiá
Vocabulario arte paleocristiá
 
A catedral gótica
A catedral góticaA catedral gótica
A catedral gótica
 
A ARTE ROMANA
A ARTE ROMANAA ARTE ROMANA
A ARTE ROMANA
 
Obras tema 3
Obras tema 3Obras tema 3
Obras tema 3
 
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana   Paula e CristinaArquitectura barroca italiana   Paula e Cristina
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
 
A Arte Romana
A Arte RomanaA Arte Romana
A Arte Romana
 
Tema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipciaTema 4. A arte exipcia
Tema 4. A arte exipcia
 
Tema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xeraisTema gótico caracteristicas xerais
Tema gótico caracteristicas xerais
 
Características xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura góticaCaracterísticas xerais da arquitectura gótica
Características xerais da arquitectura gótica
 
Tema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romanaTema 3. A arte romana
Tema 3. A arte romana
 
Arte Románico
Arte RománicoArte Románico
Arte Románico
 
UNIDADE 17 Arquitectura contemporánea
UNIDADE 17 Arquitectura contemporáneaUNIDADE 17 Arquitectura contemporánea
UNIDADE 17 Arquitectura contemporánea
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiáTema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 
Características xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barrocaCaracterísticas xerais da arquitectura barroca
Características xerais da arquitectura barroca
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
Arte PrerromáNica
Arte PrerromáNicaArte PrerromáNica
Arte PrerromáNica
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 

Viewers also liked (20)

Política e sociedade grecia
Política e sociedade greciaPolítica e sociedade grecia
Política e sociedade grecia
 
Arte grega
Arte gregaArte grega
Arte grega
 
Bernini
BerniniBernini
Bernini
 
2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova 2013 bande, naranco, celanova
2013 bande, naranco, celanova
 
Santa comba de bande ourense
Santa comba de bande ourenseSanta comba de bande ourense
Santa comba de bande ourense
 
Arte asturiano para bachiller
Arte  asturiano para bachillerArte  asturiano para bachiller
Arte asturiano para bachiller
 
UD 10 Románico 2
UD 10 Románico 2UD 10 Románico 2
UD 10 Románico 2
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
UD 9 Románico 1
UD 9 Románico 1UD 9 Románico 1
UD 9 Románico 1
 
A. ASTURIANO
A. ASTURIANOA. ASTURIANO
A. ASTURIANO
 
San miguel de celanova
San miguel de celanovaSan miguel de celanova
San miguel de celanova
 
Obras arte romano
Obras arte romanoObras arte romano
Obras arte romano
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Tema 10 arte barroco
Tema 10 arte barrocoTema 10 arte barroco
Tema 10 arte barroco
 
Tema 8, parte ii cinquecento
Tema 8, parte ii cinquecentoTema 8, parte ii cinquecento
Tema 8, parte ii cinquecento
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Panteón de Roma
Panteón de RomaPanteón de Roma
Panteón de Roma
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
Pintura Gótica
Pintura GóticaPintura Gótica
Pintura Gótica
 

Similar to Vocabulario de arte

Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arteagreloroberto
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arteagreloroberto
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románicapapoularosa
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOquiquehs
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
Tema IV.  A arte  prerrománica  vocabularioTema IV.  A arte  prerrománica  vocabulario
Tema IV. A arte prerrománica vocabulariomaikarequejoalvarez
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicacamposseijo
 
A arquitectura renacentista. O Quattrocento
A arquitectura renacentista. O QuattrocentoA arquitectura renacentista. O Quattrocento
A arquitectura renacentista. O Quattrocentoprofesor historia
 
Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaprofesor historia
 

Similar to Vocabulario de arte (13)

glosariodetermosartisticos.pdf
glosariodetermosartisticos.pdfglosariodetermosartisticos.pdf
glosariodetermosartisticos.pdf
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Tema 1introdución arte
Tema 1introdución arteTema 1introdución arte
Tema 1introdución arte
 
Características da arte románica
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
 
Arte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESOArte románica. 2º ESO
Arte románica. 2º ESO
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Tema 7 gotico
Tema 7 goticoTema 7 gotico
Tema 7 gotico
 
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
Tema IV.  A arte  prerrománica  vocabularioTema IV.  A arte  prerrománica  vocabulario
Tema IV. A arte prerrománica vocabulario
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
A arquitectura renacentista. O Quattrocento
A arquitectura renacentista. O QuattrocentoA arquitectura renacentista. O Quattrocento
A arquitectura renacentista. O Quattrocento
 
Figuras xeométricas
Figuras xeométricasFiguras xeométricas
Figuras xeométricas
 
Características xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románicaCaracterísticas xerais da arquitectura románica
Características xerais da arquitectura románica
 

More from Jorgeccalle

SéculoXIX 2ª parte
SéculoXIX 2ª parteSéculoXIX 2ª parte
SéculoXIX 2ª parteJorgeccalle
 
Reinado alfonso XIII
Reinado alfonso XIIIReinado alfonso XIII
Reinado alfonso XIIIJorgeccalle
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Jorgeccalle
 
España no século XVIII
España no século XVIII España no século XVIII
España no século XVIII Jorgeccalle
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaJorgeccalle
 
Escorzo e liña serpentinata
Escorzo e liña serpentinataEscorzo e liña serpentinata
Escorzo e liña serpentinataJorgeccalle
 
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e MasaccioJorgeccalle
 
Renacemento do Quattrocento
Renacemento do QuattrocentoRenacemento do Quattrocento
Renacemento do QuattrocentoJorgeccalle
 
Santa Sofía de Constantinopla
Santa Sofía de ConstantinoplaSanta Sofía de Constantinopla
Santa Sofía de ConstantinoplaJorgeccalle
 
Arte paleocristiá e bizantina
Arte paleocristiá e bizantinaArte paleocristiá e bizantina
Arte paleocristiá e bizantinaJorgeccalle
 
Modelo comentario Arte
Modelo comentario ArteModelo comentario Arte
Modelo comentario ArteJorgeccalle
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoJorgeccalle
 

More from Jorgeccalle (17)

SéculoXIX 2ª parte
SéculoXIX 2ª parteSéculoXIX 2ª parte
SéculoXIX 2ª parte
 
Miguel anxo
Miguel anxoMiguel anxo
Miguel anxo
 
Reinado alfonso XIII
Reinado alfonso XIIIReinado alfonso XIII
Reinado alfonso XIII
 
Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013Santa Sofía de Constantinopla 2013
Santa Sofía de Constantinopla 2013
 
España no século XVIII
España no século XVIII España no século XVIII
España no século XVIII
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romana
 
Escorzo e liña serpentinata
Escorzo e liña serpentinataEscorzo e liña serpentinata
Escorzo e liña serpentinata
 
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 
Goya
GoyaGoya
Goya
 
Impresionismo
ImpresionismoImpresionismo
Impresionismo
 
Renacemento do Quattrocento
Renacemento do QuattrocentoRenacemento do Quattrocento
Renacemento do Quattrocento
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 
Santa Sofía de Constantinopla
Santa Sofía de ConstantinoplaSanta Sofía de Constantinopla
Santa Sofía de Constantinopla
 
Arte paleocristiá e bizantina
Arte paleocristiá e bizantinaArte paleocristiá e bizantina
Arte paleocristiá e bizantina
 
Modelo comentario Arte
Modelo comentario ArteModelo comentario Arte
Modelo comentario Arte
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 

Vocabulario de arte

  • 1. VOCABULARIO DE CONCEPTOS ARTÍSTICOS
  • 2. ÁBSIDA: construción semicircular cuberta xeralmente con bóveda de cuarto de esfera; na basílica romana era o lugar adicado aos maxistrados. Nos templos está situada na cabeceira, xeralmente de planta semicircular ou poligonal, con cuberta de bóveda de forno, na súa orixe orientada cara o levante.
  • 3. ALTORRELEVO: Relevo (escultura non exenta) que sobresae máis da metade do vulto. APARELLO (disposición dos materiais construtivos nun muro ou paramento) ALMOFADADO: cando as cantarías(pedra labrada) presentan as súas caras exteriores labradas en forma de almofada.
  • 4. APARELLO DE CACHOTERÍA: obra con pedras non labradas ou pouco labradas, colocadas sen orde de ringleiras ou tamaños. APARELLO DE CANTARÍA: cando a obra presenta pedras ben labradas e ordenadas.
  • 5. ARCO: elemento construtivo de sostén, xeralmente curvo, que cubre un van desde dous puntos 1 Clave 2 Doela 3 Extradorso 4 Imposta 5 Intradorso 6 Frecha 7 Luz 8 Contraforte CLAVE DUN ARCO : doela central dun arco DOELA : cada unha das pezas que forman o intradorso dun arco; ten forma de cuña e está disposta de forma radial
  • 6. ARCO DE FERRADURA: o que presenta un trazado maior a media circunferencia, a súa frecha e maior que a semiluz. ARCO DE MEDIO PUNTO: semicircular, de frecha igual á semiluz. ARCO APUNTADO: formado por dous arcos de circunferencia de igual radio pero distintos centros.
  • 7. ARCO DE FAIXA : o que corta unha bóveda no sentido transversal ao seu eixe. Tamén chamado perpiaño. ARCO FORMEIRO : aquel que é paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave, xeralmente poñéndoa en comunicación coa nave lateral.
  • 8. ARCO REBAIXADO : aquel no que a altura ou frecha e menor que a semiluz. ARCO PERALTADO : aquel no que a altura ou frecha e maior que a semiluz.
  • 9.
  • 10. ARQUITRABE : Parte baixa do entablamento que apoia directamente nas columnas ou outro elemento sustentante. Por extensión, a moldura que enmarca un van alintelado. ARQUIVOLTA: moldura que forma a cara exterior frontal dun arco. En plural, arcos inscritos uns en outros que organizan unha portada abucinada (a luz aumenta desde un paramento -cada unha das dúas caras dun muro- cara o outro.
  • 11. BAIXORRELEVO : a proxección dunha figura por encima da superficie de fondo é inferior á metade do seu espesor. Diferénciase ás veces o semirrelevo (mezzo-relievo) : o avance da figura ao exterior con respecto ao fondo é igual ou lixeiramente superior á metade do seu espesor.
  • 12. BALDAQUINO : estrutura con dosel (cuberta decorativa), xeralmente sobre catro elementos (piares, columnas...) para cubrir un altar ou unha tumba.
  • 13. BAPTISTERIO : Parte do templo ou edificio exento onde ten lugar a cerimonia do bautismo; os exentos son de pequenas dimensións e planta central. BASA : Parte inferior da columna, sirve de asento ao fuste e normalmente está formado por molduras.
  • 14. Unha COLUMNA é unha peza arquitectónica vertical e de forma alongada que serve, en xeral, para soster o peso da estrutura, anque tamén pode ter fins decorativos. Xeralmente,a súa sección é circular; cando é cadrangular ou poligonal denomínase piar , ou piastra se está adosada a un muro. A columna clásica está formada por tres elementos: basa , fuste e capitel .
  • 15. COLUMNA SALOMÓNICA: a que ten o seu fuste formado por varias espiras superpostas arredor dun mesmo eixe vertical. É dicir, ten un desenvolvemento retorcido en forma helicoidal que, xeralmente, dá seis voltas, conseguindo un efecto de movemento e dramatismo; as veces, o fuste leva decoración vexetal con follas de parra. O seu apoxeo foi no Barroco. FUSTE : parte da columna situada entre o capitel e a basa; segundo a decoración pode ser liso, acanalado...
  • 16. BÓVEDA: estrutura que cubre, de forma arqueada, un espazo situado entre dous muros ou series de columnas ou aliñados
  • 17. BÓVEDA DE CANÓN : orixinada por un arco de medio punto cabalgando sobre soportes paralelos segundo un eixe lonxitudinal. Moi usada para cubrir espazos lonxitudinais como as naves ou transeptos dunha igrexa.A bóveda de canón cuxa directriz non é recta senon circular denomínase bóveda anular ; utilizouse para cubrir deambulatorios. BÓVEDA POR ARESTA : formada ao cruzarse dúas bóvedas de canón de igual frecha
  • 18. BÓVEDA DE CRUZARÍA : formada polo cruce de dous bóvedas de canón apuntado, reforzada por dous ou máis nervios diagonais que se cruzan na clave (pódese multiplicar o número de nervios e claves) o espazo entre os arcos cúbrese cunha plementería. Considérase un elemento distintivo do gótico, xunto co arco apuntado e o arcobotante.
  • 19. CADRO DE HISTORIA : pintura que representa un tema tomado da historia. As veces cunha forte carga didáctica, tivo un gran desenvolvemento no século XIX CADRO DE XÉNERO: pintura que representa escenas da vida cotiá, tratadas dun xeito realista: vida familiar, festas, rúas... NATUREZA MORTA: pintura que representa unha composición a base de seres inanimados ( cousas, vexetais, animais mortos). O término naceu no século XVIII pero o xénero é moito máis antigo. Tamén chamada bodegón.
  • 20. CANON : regra de proporcións humanas conforme ao tipo ideal de cara á determinación da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.
  • 21. CAPITEL XÓNICO : o máis característico son as volutas ou espirais que adornan o equino, xunto con outros elementos como ovas. CAPITEL CORINTIO : ten forma de campá invertida ou cesta, da que rebosan as follas de acanto, os seus tallos dan orixe a unha especie de volutas (caulículos) nos catro lados. CAPITEL DÓRICO: está integrado por tres pezas: o ábaco, que é unha peza prismática de planta cadrada que soporta directamente a estrutura horizontal do edificio; o equino, que é unha figura convexa que se expande cara o ábaco, o collarino, que é unha prolongación do fuste, separado diste por unha acanaladura.
  • 22. CAPITEL : elemento sobre o fuste que soporta un arquitrabe, un arco, etc. Formado por molduras e elementos decorativos que establecen as diferenzas entre as ordes. CAPITEL COMPOSTO : é unha mistura entre o capitel corintio e o xónico, de aí o seu nome; do primeiro toma os follas de acanto da parte inferior e do segundo as volutas da parte superior.
  • 23. Ciborio : construción elevada sobre o cruceiro, normalmente con forma de torre de planta cuadrada ou octogonal e rematada en chapitel (remate apuntado dunha torre). Tamén pequeno baldaquino que coroaba o altar nos antigos templos cristiáns.
  • 24. CLAROSCURO : en pintura, o contraste entre luces e sombras; concretamente o xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.
  • 25. CONTRAFORTE: construción adosada a un muro, de xeito vertical, que funciona como reforzo do mesmo ou como contrarresto dos empuxes dun arco ou unha bóveda CONTRAPPOSTO : termo italiano que define a oposición harmónica das distintas partes do corpo, especialmente cando algunhas delas están en tensión ou movemento fronte o repouso das súas simétricas. Foi profundamente estudado polos gregos e retomado co Renacemento.
  • 26. COR COMPLEMENTARIA: aquelas que na composición cromática compleméntanse: o complementario dunha cor primaria será a cor secundaria produto da mistura das outras dúas cores primarias (do amarelo será o violeta). COR PLANA : aquela que é homoxénea, sen degradacións tonais. COR PRIMARIA: son o vermello, o amarelo e o azul, da súa mestura saen as tres cores binarias ou secundarias. Tamén chamados simples ou fundamentais. COR SECUNDARIA OU BINARIA: a que xorde de combinar cores primarias: naranxa (vermello máis amarelo), verde (azul máis amarelo) e violeta (azul mais vermello)
  • 27. CORNIXA: Parte superior e máis saínte dun entablamento; a súa función orixinaria era impedir ca auga de chuvia incidira ou esvarara polo muro. CÚPULA : cuberta que xorde da proxección imaxinaria dun arco que segue un movemento de rotación sobre si mesmo. Leva o nome do arco que a enxendra agás co de medio punto, que se chama de media laranxa ou semiesférica. Normalmente a cúpula asenta sobre un tambor e ten na clave unha linterna.
  • 28. CURVA PRAXITELIANA : con ela, a escultura desprázase do eixe vertical, formando un S invertido o que lle da lixereza. O nome deriva do escultor que a utilizou: Praxíteles.
  • 29. DEAMBULATORIO ( “Girola” en castelán): espazo de unha o máis naves que xira arredor do presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas; é o resultado da prolongación das naves laterais máis aló do transepto e permite dar paso ás capelas que nel se abren de forma radial. ENTABLAMENTO: parte horizontal sustentada dun edificio, composto de arquitrabe, friso e cornixa, xeralmente sobre piares, columnas ou pilastras.
  • 30. ÉNTASE : engrosamento no fuste da columna, xeralmente no centro, para correxir deformacións ópticas. ESCULTURA DE VULTO REDONDO OU ESCULTURA EXENTA: tratase dunha escultura concebida de xeito que pode ser observada desde todos los lados, ou desde case todos os lados : o vulto redondo repousa sobre o chan e con frecuencia está colocado nun nicho
  • 31. ESFUMADO/SFUMATO: Pintura de difuminados que consiste en rebaixar os contornos das figuras, creando vaguedade nos perfís. Destaca nesta técnica Leonardo da Vinci.
  • 32. ESPAZO MEDIO : aplícase a aquela escultura que domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde múltiples puntos de vista. ESPAZO LIMITE : aplícase a aquela escultura que está limitada no seu desenvolvemento por unha forma xeométrica determidada que xeralmente ven marcada por un marco arquitectónico,non domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde un único punto de vista ou ten uns puntos de vista privilexiados.
  • 33. ESTATUA ECUESTRE : Tipo escultórico con figura a cabalo. A estatua ecuestre de Marco Aurelio é unha das máis coñecidas e que marcou as pautas doutras futuras. ESTATUA-COLUMNA : Estatua adosada ao fuste dunha columna e da mesma altura. Característico das portadas de igrexas no século XII.
  • 34. ESTILO : conxunto de rasgos orixinais e persistentes nun artista, época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por ou en eles. FRISO : faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, especificamente a parte entre o arquitrabe e a cornixa. No dórico está dividido en triglifos e metopas.
  • 35. ICONOGRAFÍA : ciencia que estuda a orixe, formación e desenvolvemento das imaxes e dos atributos con que poden identificarse e dos que normalmente van acompañadas. Na arte occidental destacan dúas grandes series iconográficas: a mitoloxía clásica e a cristiá. ICONOLOXÍA : ciencia que estuda o sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra posúen en canto ao simbólico ou alegórico. IMPOSTA : superficie de apoio dos puntos de arranque dun arco ou bóveda e a partir do cal inicia a descripción da curvatura. Normalmente está organizado como cornixa.
  • 36. LIÑA SERPENTINATA: propia do Manierismo, onde as figuras amosan un movemento xiratorio de cadeiras, ombreiros e cabeza que se contrabalancean. MÉNSULA : adorno saínte como soporte de calquera outro elemento: arco, cuberta, balcón...
  • 37. METOPA : no friso dórico, o elemento comprendido entre dous triglifos; pode estar cuberto con relevos. A súa orixe estaría no trozo de muro entre dúas cabezas de viga nun teito de madeira (segundo Vitrubio) TRIGLIFO : elemento decorativo do friso dórico, de fronte rectangular, con canais verticais, normalmente dous centrais e medio a cada extremo.
  • 38. NÁRTEX : na basílica paleocristiá, a parte porticada do atrio, situada antes do ingreso á mesma e que servía para catecúmenos e penitentes: co cambio de liturxia caeu en desuso, conservándose un vestíbulo que antecede ás igrexas. Cando se atopa no exterior das fachadas, como pórtico aberto, chámase exonártex . No caso de ter un segundo nártex interior, denomínaselle esonártex , como é o caso da igrexa bizantina de San Salvador de Chora de Estambul. MODELADO: execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que lle da a unha pintura un aspecto de vulto redondo.
  • 39. PAISAXE : cadro que reproduce un exterior natural ou inspirado na natureza, o seu desenvolvemento como xénero independente é sobre todo no século XIX, acadando o seu cumio co Impresionismo. Parteluz : elemento vertical que divide un van ou oco en dúas ou máis partes
  • 40. PENDENTE: elemento arquitectónico que permite o paso dunha superficie cadrada a outra circular, consiste en un triángulo ou un trapecio curvilíneos formado polo anel da cúpula e os dous arcos torais. TROMPA : bovediñas semicónicas proxectadas cara fóra do muro e que permiten o paso dunha superficie cadrada a outra circular u octogonal.
  • 41. PERSPECTIVA XERÁRQUICA: as figuras aparecen de distintos tamaños co obxecto de recalcar a súa importancia social PERSPECTIVA: modo de representar os obxectos e figuras nunha superficie de xeito que se asemellen a como aparecen á vista na realidade.
  • 42. PERSPECTIVA LINEAL: diminución do tamaño dos obxectos canto máis alonxados están do primeiro plano e existencia dun punto ideal onde converxen tódolos eixes visuais (é un efecto óptico que nos permite calcular distancias). PERSPECTIVA AÉREA: as figuras ao alonxarse degradan a súa intensidade cromática e desfigúranse os contornos. Intenta representar a atmosfera que envolve ás figuras, debuxando as do fondo máis desvaídas, creando así unha impresión real de distancia.
  • 43. PICTÓRICO : todo o que está relacionado coa pintura. O que é axeitado para ser representado en pintura. PIAR : elemento vertical, xeralmente exento, de sección poligonal (cadrado, rectángulo...) , con función de soporte, pero que non está sometido a unha orde PILASTRA : elemento vertical de sección rectangular ou poligonal adosado ao muro; pode ter función de soporte ou ornamental, e pode estar sometido á normativa das ordes clásicas.
  • 44. PLANTA BASILICAL : ou lonxitudinal, a que se desenvolve arredor dun eixe. PLANTA CENTRAL: a que se desenvolve arredor dun punto central onde se cruzan, al menos, dous eixes de simetría iguais.
  • 45. PLANTA EN CRUZ: planta dun edificio distribuído en naves que se cruzan perpendicularmente. PLANTA CRUZ GREGA : tipo de planta central cos catro brazos iguais. Típica das igrexas bizantinas PLANTA CRUZ LATINA : tipo de planta basilical no que o transepto divide a nave maior en dúas partes desiguais. Típica das igrexas cristiás, por exemplo a catedral de Santiago de Compostela.
  • 46. PLÁSTICO : especialmente aplicado á pintura e á escultura, cualidade que fai expresiva á obra, especialmente no que se refire á consecución da sensación de volume. PRESBITERIO : na igrexa cristiá, área arredor do altar, xeralmente elevado, e ocupando a ábsida da cabeceira na nave. Dispóñense aquí os elementos necesarios para o rito e as veces o coro. En época paleocristiá estaba levantado sobre a cripta.
  • 47. ROSETÓN: ventá circular con decoración calada ou pechada con vidrieiras, xeralmente en disposición radial. Propio do Románico e o Gótico sobre todo en fachadas RETRATO : reprodución da efixie dunha persoa fundamentalmente en pintura e escultura.
  • 48. TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS : técnica escultórica moi usada no relevo, consiste en representar a corpo humano por medio das transparencias que orixina a roupa mollada; usado xa polos gregos (trono Ludovisi, Fidias no Partenón) o recolle tamén o relevo romano e perdura ao longo da Historia da Arte.
  • 49. Tímpano : Espazo delimitado polo linteis e as arquivoltas nas portadas ( porta ornamentada) das igrexas. En xeral, todo o espazo de peche entre as molduras ou cornixas dun frontón. Torso : representación humana que carece de cabeza, brazos e pernas. Exemplo: torso Belvedere.
  • 50. TRIFORIO : serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no muro da nave central e por riba das arcadas que dan paso ás naves laterais. TRIBUNA : mirador, palco ou tamén ventá ou balcón que serve para asistir aos oficios. Diferenciase do triforio en que posúe unha anchura igual a da nave lateral sobre a que está construída. No gótico, pode haber ata catro pisos: arcada, tribuna, triforio e grandes ventás.
  • 51. XAMBA : cada un dos elementos verticais que sosteñen un arco ou un lintel nun van. VELADURA : fina capa de pintura transparente que se dá á pintura xa seca para suavizar o ton do pintado. Típica dos pintores renacentistas venecianos e usada despois por outros pintores como Rembrandt