SlideShare a Scribd company logo
1 of 297
Ría de
MUROS/NOIA
RÍA DE MUROS E NOIA
Forma parte das Rías Baixas.
Ábrese entre Monte Louro, ao
norte e o cabo Corrubedo, ao
sur, seguindo unha fractura
con orientación SO-NO.
Ten 18 km de lonxitude e unha
superficie de 125 km2.
Concellos: Muros, Outes, Noia, Porto
do Son e Ribeira.
MONTE LOURO
PUNTA DE
CORRUBEDO
Noia
Porto do Son
Outes
Muros
Ribeira
Esteiro do Tambre e ría de Muros e Noia. O tramo final do Tambre é un esteiro cunha activa dinámica
fluviomariña e con amplas zonas intermareais areosas e lamacentas.
O río máis importante é o Tambre. Na banda norte da ría desembocan o Entíns, Bendimón,
Maior e Rateira. Na banda sur o Traba ou Sanxusto, Tállara, Cans, Maior e Sieira.
Os sedimentos dos numerosos ríos que desaugan na ría orixinan extensos areais e zonas
lamacentas que quedan descubertas na baixamar e dan lugar a ricos bancos marisqueiros.
Esteiros do Tambre e do Entíns
A marxe dereita da ría remata no Monte Louro.
É un área moi recortada e moi variada a nivel xeomorfolóxico: cantís, plataformas litorais,
praias barreira, lagoas, pequenas praias intercaladas con tramos de cantís…
Ría de Muros e Noia desde As Forcadas. Á dereita o seo de Muros e o Monte Louro.
Vista aérea do litoral de Muros desde a outra banda da ría
Vista do litoral do concello de Outes co Tremuzo detrás
Banda sur da ría coa serra do Barbanza e a punta de Corruedo
Na marxe esquerda, entre Noia e Queiruga, a forma do litoral está dominada por un sector
aplanado de 50 o 100 m. A partir de Queiruga a fronte litoral ten formas máis suaves,
pouco recortadas e extensos areais, dunas e áreas de lagoas.
Vista de Noia desde O Tremuzo
O Freixo desde o monte Tremuzo.
Na outra banda da ría o litoral do Porto do Son e a serra da Barbanza.
Vista desde o monte de San Lois cara ao exterior da ría
Vista da ría de Muros e Noia desde o monte Culou
Ría de Muros e Noia desde San Cosme (Outes)
O MONTE LOURO (Muros) é o límite norte da ría de Muros e Noia. A costa está formada
por cantís rochosos de pouca altura e abondosos illotes e cons: Rochas do Neixón, Pedra
do Con, A Ínsua...
É un pequeno macizo granítico con dous cumes: Pico da Garita (239 m) e Monte Louro
(223 m). Ten interesantes formas erosivas como pías e cacholas.
Monte Louro desde o mar
Monte Louro
Faro de Monte Louro e ría de Muros/Noia
Rochas do Neixón
Punta Seixido. Praia de Fogareiro.
Praia de San Francisco, con 760 m de lonxitude, e unha das máis concorridas da banda norte
da Ría de Muros e Noia. De area branca e fina e abrigada. Esta zona era coñecida co nome de
Lugar de Fomento, polas tres fábricas de salga que aquí estiveron instaladas.
Punta e praia da Bouga
Praia Espadanal
Cabo Rebordiño (seo da Cova)
Praia do Castelo (Muros)
Seo de Muros
Ábrese entre o cabo Rebordiño e a punta de Santa Catalina. Ao seu abrigo instálase a vila
de Muros. En realidade dous seos cunha boca común, a de Muros, ao oeste, entre o Cabo e
a Punta Ostreira, e a de Bornalle, entre a Punta Ostreira e a illa de Santa Catalina.
Seo de Muros. No primeiro plano a punta do Cabo
MUROS é un concello que combina un grande atractivo natural cun importante
patrimonio etnográfico e histórico-artístico. As principais actividades son a pesca e os
seus derivados, e o turismo.
Seo de Muros
Praia da Virxe do Camiño
Praia da Acea
Praia Laxeiras
Illa de San Antón
Punta Ostreira, praia do Salto
Praia de Ventín
Punta Abelleira
Praia de Liñares
Esteiro do río Rateira
RÍO RATEIRA
Nace no monte Lucerna de Seixos Brancos (parroquia de Torea-Muros) e, despois de 9 km de
percorrido, desemboca na enseada de Bornalle, na ría de Muros, formando unha frecha que
serve de abrigo ao porto de Bornalle. O afluente principal é o San Lourenzo.
Praia de Bornalle. Situada non lugar de Bornalle (Abelleira) ocupando a frecha que se
forma na desembocadura do río Rateira. Mide 550 m de lonxitude, tranquila e de area
branca e fina, coa contorna sen urbanizar.
Seo e praia de Bornalle
Praia Aldosón, Puntas Romeira e Cerro do Río
Praia de Salgueiro
Punta Cerro do Río
Praia Arruxo
Punta dos Castriños
Costa de Tal coa
Insuela, O Seixal
e a punta de
Santa Catalina
Punta e illa de Santa Catalina
Praia do Coído
Porto de Cabanas
Praia de Cabanas
Praias de Raimundo, Cabanas (O Areal) e do Medio. A Insuela e Punta Pincelo.
Praia de Fontela. Punta Borneira.
Punta Cancelada/de Esteiro
Praia de Somorto
Punta Lontreira
Praia de Agro Covo
Esteiro do río Maior. Na frecha aséntase a praia de Esteiro.
RÍO MAIOR. Nace nos montes de Tremuzo (Silvosa-Esteiro) e desemboca na enseada de
Esteiro. É un río de moito caudal que na desembocadura forma un amplo abrigo protexido
por unha frecha de area.
Praia de Esteiro/Artón
Porto de Esteiro/Creo
Praia Parameán
Seo de Esteiro. Ábrese entre a punta de Esteiro e a punta do Carreiro. No seu abrigo
atópanse as praias de Somorto, Esteiro, Artón e Parameáns.
Praia Parameán
Punta Polbeira
Punta Carrasica
Punta Uía
Illa da Creba
Punta do Carreiro
Praia do porto de Bois
Praia da Arnela, no linde entre os concellos de Muros e Outes
Punta Cambrona
Punta Pequena
Punta Corveira e Porto Rinles (O Freixo)
O FREIXO
Porto de O Freixo e estaleiros, unha das principais actividades de Outes.
Antigo peirao do Freixo
Praia de Picouso
Ribeira do Freixo
Praia de Siavo
Seo de Broña
RÍO BENDIMÓN. Nace serra do Tremuzo e desemboca no seo de Broña.
Todo o seu percorrido (5 km) faino por terreos do concello de Outes.
Seo de Broña.
Punta Carreiroa
e O Picouto.
(ao fondo Noia)
Punta Carreiroa
Outeiro dos Corvos
Praia de Broña e monte Picouto
Praia de Mallante/Broña
Praia Bitureira
Punta Picouto
Punta do Requeixo, con Noia ao Fondo
Seo de Serantes.
Nel desemboca o rego
de Serantes.
Punta Pousadoiro
Punta Formiño ou da Barquiña
Punta Albar
Praia e punta da Arnela
Punta e seo de Langaño
O RÍO DE ENTÍNS
Nace en Mazaricos e despois de 12 km de percorrido desemboca formando un amplo
esteiro no seo de Langaño, moi preto da desembocadura do Tambre.
8-SERRA DE OUTES, capital municipal, e esteiro do río Entíns
Riba do Mar, A Barquiña e a punta Seilán, coa nova ponte da estrada
Costa do Piñeirón. Paseo pola beira do esteiro do Tambre.
Esteiro do Tambre desde o monte Castelo.
Na banda dereita o litoral de Outes e na esquerda o de Noia
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo e percorre a última parte do seu curso entre os concellos de Noia e
Outes, nun tramo encaixado nun fondo canón rochoso. Despois de 124,5 km desemboca en
Ponte Nafonso, na ría de Muros e Noia formando un amplo esteiro.
O curso do Tambre está protexido parcialmente nos LIC/ZEC “Esteiro do Tambre”.
Esteiro do Tambre
Esteiro do Tambre e Ponte Nafonso, entre Outes e Noia
Punta Peón (Noia)
Punta Paralada
Punta Paralada A Saíña
A Barquiña Punta da Barquiña
Paseo pola beira do litoral de Noia
Marea Baixa en Noia
NOIA, no fondo da Ría, no esteiro que forman os ríos Traba e Tállara.
Vista aérea de Noia
Vista aérea de Noia
Noia acolle un importante patrimonio natural (en especial o río Tambre e os areais)
e cultural (en especial na vila de Noia).
Vista aérea de Noia (ao fondo a serra da Barbanza)
Río Traba en Noia
O RÍO TRABA está formado pola unión dos ríos Soñora ou Vilacova, que nace no Monte da
Muralla e o San Xusto, que nace no monte Cortoio. Desemboca en Noia, no fondo da ría.
Recibe pola esquerda o Pesqueira.
Río Traba
Río Tállara en Noia
RÍO TÁLLARA: nace na serra do Barbanza en Moimenta (Boiro), percorre terreos de
Lousame e Noia e desemboca en Noia preto do esteiro do Traba.
Esteiro do Tállara
A Pereira a a punta do Testal
Porto e punta do Testal
Praia e punta do Testal
Vista aérea de Noia coa Praia e punta do Testal no primeiro plano
Praia do Testal, de 1850 m de lonxitude.
Un dos mellores bancos marisqueiros da ría de Noia.
Dunas no Testal
Viñas Novas
Praia Boa Pequena Punta Mexilloiro
Vista aérea do litoral de Noia coa Praia de Boa Grande e a punta Redondelo no primeiro plano.
Ao fondo a Praia e punta do Testal.
Praia Boa Grande
Monte San Lois, un espléndido miradoiro sobre Noia e a ría. Pódese facer a subida a pé
desde distintos puntos ou en coche por Taramancos.
Vista desde o monte de San Lois cara a Noia
Monte San Lois
Praia de Boa Grande (Porto do Son)
Punta do Cabalo Baixo e porto de Boa
Praia e punta da Telleira
Praia e Punta Batuda
Praia Hornanda ou das Gaivotas
Praia e punta da Gafa
Vista aérea desde Portosín á punta Aguieira
PORTOSÍN. Importante porto de baixura e do cerco. As principais especies que se
comercializan na lonxa son a sardiña, o xurelo e a xarda.
No século XIX establecéronse varias fábricas de salga.
Portosín con monte Enxa detrás
Praia de Coira
Praia do Pozo
Praia de Langaño
Punta Cedeira
12- Praia e Punta da Aguieira
Conta cun interesante sistema dunar e cos restos dunha antiga telleira.
Praia da Aguieira
Praia da Aguieira. Río Cans.
Praia da Aguieira. Río Quintás.
A Telleira (restos dunha antiga fábrica de tellas)
Praia Pouso e punta da Aguieira
Praia e punta Cabeiro
Punta e Monte de Cabeiro (vista desde o monte Enxa)
Punta de Cabeiro co monte Enxa ao fondo
Praia da Suaigrexa
Praia do Porto do Son
PORTO DO SON. Capital do concello.
(Detrás os montes Dodro e Enxa)
Porto do Son
Punta Balcón de Pilatos
Punta do Fonforrón
Praia do Fonforrón
Praia e furna do Fonforrón
Nas lendas da zona a furna do Fonforrón figura como refuxio de piratas noturnos, cíclopes , monstros
ou fuxidos. Contan que dela parte un túnel que vai ata o Castro do Monte Enxa e polo que fuxían os
mouros no caso de perigos. Se soltas un galo no alto do monte podes agardalo á entrada da furna.
A furna emite un enorme ronquido cando chega o vento do sur, que trae o temporal á ría de Muros.
Pola intensidade do bruído do vento dentro da furna, podíase saber cando se corría perigo no mar.
Praia da Arnela
Punta Cabra do Mar
Punta Cabra do Medio
Punta do Alto da Laxe
Baroña: punta do Castro e Praia de Arealonga
Punta de Baroña
Punta e praia de Riomaior
Punta do Dique
Punta Pombal
Praia das Furnas
Praia das Seiras/Queiruga
Puntas do Axo, Porto Nadelas e as Covas, e Praia das Seiras/Queiruga
Punta de Porto Nadelas e Praia de Queiruga
Praia e Punta Porto Nadelas
Punta do Axo
Illa do Mar e Furna da Laxe
Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla rasa de abrasión e podemos baixar á
Furna da Laxe e beireala polos coidos e polas rochas ata a Praia da Pementa.
Punta e praia de Rio Sieira
RÍO SIEIRA. Fórmase pola confluencia do rego de Portonovo (nace no alto de Raña) e o rego
de Rodeiro (nace na Portela dos Valentes) e desemboca na praia do Río Sieira.
A Boca do Río
Praia e punta das Furnas ou Pedras Negras (Xuño).
Nas proximidades atópase un monumento dedicado a Ramón San Pedro
Praia de Areas Longas (Xuño e Muro) Praias de Xuño e Basoñas desde a punta das
Furnas. Máis de 2 km de areais de fina area,
que miran ao mar aberto.
Praia de Xuño
Lagoa de Xuño (imaxe de 1980)
Ten forma redondeada e non ten comunicación co mar.
Praias de Xuño e Basoñas separadas pola canle de desaugue da lagoa de Muro
Lagoa de Muro ou Basoñas. Está separada do mar por un cordón de dunas fixas e pola
praia de Basoñas. Nas mareas moi vivas a auga do mar chega a penetrar por unha canle
no extremo norte da lagoa.
Lagoa de Muro
Praia de Basoñas/Muro
Lagoa de Muro e praias
Vista desde o monte Taúme. Cabo Teira e praias de Basoñas e Xuño.
Punta Sarrosa
Cabo Teira, Praia e punta Cativa, Praia Melreira e punta Sarrosa
Illote do Feltro na punta do cabo Teira.
Cabo Teira
Laxes do Cabalo. Punta Ínsua de Terra.
Praia Recabeira
Rego de Espiñeirido e Praia do Rial, no linde entre os concellos de Porto do Son e Ribeira
Monte Taúme (240 m) compartido polos
concellos de Porto do Son e Ribeira.
Accedese desde Seráns.
Vista desde o cume do monte Taúme cara
áo seo da Recabeira.
Punta Pardiñeiras
Punta Laxe Brava
Punta do Corgo
Praia de Balieiros, puntas do Corgo e Laxe Brava
As Covas e O Portiño
Cabo Corrubedo
Remate sur da Ría de Muros e Noia: Praia Recabeira,
Punta Laxe Brava, Praia de Balieiros e punta de Corrubedo
XEOLOXÍA
As rochas máis comúns no litoral da ría son os granitos, os xistos e os gneis. Hai unha grande
variedade de formas producidas pola combinación da tectónica a litoloxía e a erosión do
mar e dos fenómenos meteorolóxicos: cantís, furnas, arcos, pías, bolos, coídos, dunas…
MAPA LITOLÓXICO
Punta dos Castriños (Muros)
Rochas no Monte Louro (Muros)
Granitos na punta do
Dique (Porto do Son)
Rochas en Baroña (Porto do Son)
Furna do Fonforrón (Porto do Son)
Punta de Baroña
(Porto do Son)
Punta Laxe Brava (Ribeira)
Arco na Furna da Laxe
(Porto do Son)
Furna da Laxe (Porto do Son)
Punta das Furnas e Pedras Negras (Xuño, Porto do Son).
Punta xistosa con estratos verticais dispostos perpendicularmente á liña de costa o que favorece
a erosión mariña e a formación de furnas e labirintos.
Xistos nas punta das Furnas (Xuño)
Coído na punta de Lens (Muros)
Coído no litoral de Seráns (Porto do Son)
Frecha na desembocadura do río Maior en Esteiro (Muros)
Sistema dunar da praia do Testal, Noia, (vista desde o monte de San Lois)
Dunas en Muro
Dunas remontantes en Queiruga (Porto do Son)
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM045. Monte Louro, lagoa e marismas. (pendente de
descrición e delimitación definitiva).
Conxunto formando polo monte Louro, a praia as dunas, a lagoa e as marismas.
O monte Louro é un “inselberg” rodeado por unha plataforma de abrasión. Está
constituído principalmente por dous tipos de granito. No noroeste un granito de dúas
micas e gran fino (granito de Muros) e no resto un granito de gran medio (granito do
Barbanza).
Interese principal: xeomorfológico.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM046. Ría de Muros-Noia (pendente de descrición e
delimitación definitiva).
No litoral da ría combínanse cantís, plataformas litorais, praias-barreira, lagoas,
esteiros... Destaca a importancia das paleoformas que aparecen debido ao retroceso
dos depósitos sedimentarios (paleoacantís rochosos, furnas...).
Interese principal: xeomorfológico.
Frecha na desembocadura do río Maior en Esteiro
Furna da Laxe
No litoral de Fonforrón e Caamaño atópanse bos exemplos de acumulacións edafo-
sedimentarias antigas, con cantís labrados sobre substrato rochoso ou material edafo-
sedimentario.
Tamén hai bos exemplos de plataformas litorais.
Rasa de abrasión e cantís na praia Pementa
PROTECCIÓN
-LIC/ZEC “Monte e lagoa de Louro”, “Esteiro do Tambre” e “Complexo Litoral de Corrubedo”
Complexo dunar e de lagoas de Xuño e Muro. Vista desde o cume do monte Taúme.
LIC “Monte e Lagoa de Louro”.
Inclúe o litoral desde Os Forcados e a punta
dos Remedios ata o monte Louro e una
pequen faixa mariña.
CONCELLOS: Carnota e Muros
VALORES NATURAIS: fondos mariños, dunas,
lagoa litoral, flora e fauna...
LIC “Esteiro do Tambre”
Ocupa o fondo da ría de
Muros e Noia e o tramo baixo
do río Tambre.
CONCELLOS:
Brión, Negreira, Noia, Outes,
Porto do Son.
VALORES NATURAIS:
marismas, esteiro, praias,
flora e fauna
LIC “Complexo Húmido de Corrubedo”
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira
VALORES NATURAIS: paisaxe, flora, fauna,
historia, etnografía...
Hai unha proposta de ampliación
pendente de aprobación que inclúe a
costa ata a Punta Fonforrón (Porto do
Son), o monte da Cidade (Ribeira),
pequenos tramos arredor do anterior
e un espazo mariño.
FLORA
A ría de Muros e Noia acolle una grande variedade de hábitats mariños e costeiros: augas
libres, areais, cantís, dunas, lagoas litorais, esteiros marismas… cunha enorme divesidade e
algunas especies pouco comúns ou únicas.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son as algas máis
comúns nas rochas das áreas abrigadas.
Soportan ben a desecación e serven de
acobillo a pequenos animais...
Nas rochas do litoral e nos fondos mariños hai unha grande variedade
de algas e algunha planta vascular (seba...)
Seba (Nanozostera noltii)
Algas calcárias e Bifurcaria bifurcata
Codium tomentosum
Vexetación de dunas e esteiro na praia do Testal
Esteiro do Tambre. Amplas zonas do esteiro e as marismas están colonizadas por plantas
acuáticas que forman extensos carrizais e xunqueiras.
Spartina maritima
Carrizos (Phragmites australis)
Espadanas (Typha latifolia)
Halimione portulacoides
Os xuncos son as plantas máis comúns das marismas pola súa
capacidade para soportar o mergullo e a salinidade.
Estreliña das xunqueiras (Aster tripolium subsp. pannonicus).
Atópase á beira dos esteiros e zonas húmidas do litoral.
Lagoa de Xuño. As plantas máis comúns son os carrizos, ambroíños,
oucas, espigas de auga, utricularias...
Ambroíños e ras atopan un hábitat axeitado para o desenvolvemento
nas augas doces pouco fondas da lagoa de Xuño.
Lagoa de Muro ou Basoñas. As plantas máis abondosas son xuncos, carrizos, espadainas,
gramas... Destaca a presenza da alga Nitella gracilis, única cita en España, e a espiga de
auga (Potamogeton trichoides), novidade provincial.
Buño ou antela
(Schoenoplectus lacustris)
As plantas das dunas teñen cores craras e cubertas coirentas ou veludas para soportar o
exceso de radiación solar, os golpes do vento e reter a auga.
Nas praias e dunas atopamos arenaria do mar, eiruga mariña, polígono da praia, barriña,
grama mariña, cardo da ribeira, feo, leiteira, herba algodoeira, alhelí das praias, correola da
praia, cebola das gaivotas, espigadiña do mar, tomelo bravo, carraspique...
Arenaria (Honkenya peploides). A planta das
dunas que vive máis achegada ao mar.
O alhelí mariño (Mathiola sinuata) florece
durante a primavera e o verán nos areais
costeiros.
Feos (Ammophila arenaria) suxeitando as dunas. Unha planta perfectamente adaptada á vida
nos areas, con longos e profundos talos subterráneos que deteñen a area que arrastra o vento
e contribúen a formar e fixar as dunas.
Iberis procumbens
Na dunas fixadas ou grises hai una grande variedade de especies: cebola das gaivotas,
(Pancratium maritimum), carrasco bravo (Helicrysum picardii), carrascas de San Xoán
(Otanthus maritimus), aceda (Rumes bucephalophorus), Scrofularia frutescens, Iberis
procumbens, Omphalodes littoralis subesp. Gallaecia, leiteira (Euphorbia paralias), brións
Liques...
Alyssum loiseleuri e brións na duna fixa
Nos cantís e rochedos podemos atopar pirixel do mar, herba namoradeira, fento mariño,
Leucanthemum, liques... E na zona mariña unha grande variedade de algas.
Pirixel do mar (Critmum maritimum)
Liques: Ramalina e Xantoria
Breixos en flor (Erica cinerea)
A vexetación dominante nas partes altas dos cantís e no monte é o mato de toxo, xestas,
fentos, abrótegas, carrascas, codesos, queirugas..., algunhas manchas de rebolo e piñeiro de
repoboación e exemplares illados de carballos e salgueiros.
Abrótega (Asphodelus albus)
Piñeiro manso de 5,8 m de perímetro nas Viñas Novas
Piñeiros (Pinus pinaster)
da praia de Broña.
O máis grande ten 4 m
de perímetro.
FAUNA
Os fondos mariños da ría, dos esteiros e marismas e as lagoas son un hábitat excelente para
multitude de invertebrados e para a cría de peixes. Nestas zonas concéntranse numerosas
aves acuáticas, especialmente nos pasos invernais. Destaca a presenza como aniñantes de
píllaras papudas que crían en contados lugares do noso litoral.
Gaivotas
Cagón, cagulo, bichoca
(Arenicola marina)
Miñoca de tubo
(Diopatra neapolitana)
Berberechos (Cerastoderma edule). Os areais do fondo da ría de Muros e Noia son importantes
bancos marisqueiros nos que destaca, sobre todo, a produción de berberechos
Cangrexo (Carcinus maenas)
Sargos (Diplodus sargus)
Parella de Lavancos (Anas platyrhynchos)
Garza real (Ardea cinerea)
Garzota (Egretta garzeta)
Gabitas (Haematophus ostralegus) e gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
Gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus)
Píllara papuda
(Charadrius alexandrinus)
Corvos mariños no seo de Broña
-Pesca, marisqueo e acuicultura
-Navegación
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
Porto de Esteiro
USOS/APROVEITAMENTO
Porto do Testal. Embarcacións e artes (raños) de marisqueo a flote
Marisqueo a pé
Lonxa do Testal
Portosín
Portosín
Bateas na ría. Punta e illa de Santa Catalina
Porto de Muros
Porto de Cabanas
O Freixo (Outes): porto e estaleiros
Unha das actividades industriais máis importes na ría foi a dos serradoiros e dos estaleiros e
carpinterías de ribeira.
Seo de Broña
Restos dun obradoiro de carpintería de Ribeira en Outes
Espazo natural das lagoas de Xuño e Muro
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Botes no seo de Langaño (Outes)
A ría de Muros e Noia estivo habitada desde tempos moi antigos e tivo sempre unha
grande actividade relacionada co mar, o que da lugar a un importante patrimonio cultural:
restos arqueolóxicos, castros, patrimonio industrial e marítimos, pontes, faros, muíños,
igrexas, casas e rúas tradicionais…
O castro de Baroña (Porto do Son) atópase nunha península coñecida como punta do Castro.
Está rodeado de dúas murallas e separado de terra por un pequeno istmo areoso. Estivo
ocupado nos séculos I a.C. e I d.C. Foi escavado por primeira vez en 1933 e logo en en
1969/70, 1980/84, 1985 e 2012. Consérvanse 20 vivendas de forma circular ou elíptica.
Castro de Baroña
Faro de Monte Louro (Muros), Na punta Queixal. construído en 1862.
No pé do Monte Louro hai restos de asentamentos prehistóricos.
Segundo a tradición Noé admiraba moito a beleza deste monte e bautizouno co nome da súa filla. No
alto do monte houbo un forte e unha torre de vixianza (levantada en 1520 por orde do arzobispo
Alonso III de Fonseca) para protexer a entrada da ría de piratas e normandos.
39-Monte Louro
Faro de Rebordiño (Muros). Construído en 1909.
Faro de Corrubedo, cunha altura de 14 m sobre o terreo e 32 m sobre o nivel do mar,
foi construído en 1854 e ten un alcance de 15 millas.
A vila de MUROS conta cun
importante patrimonio
artístico e etnográfico entre
os que destacan as casas
mariñeiras con arcos e
galerías e a igrexa parroquia
de San Pedro dos séculos
XIV a XVI.
NOIA. Unha antiga vila mariñeira que conserva
un fermoso casco histórico, declarado
Conxunto Histórico Artístico en 1981, e acolle
importantes restos arqueolóxicos e boas
representacións da arte románica e gótica.
Igrexa de Santa María a Nova, de estilo gótico mariñeiro, construída en 1327 sobre outra do século XII.
Conserva unha mostra de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ao XIX. Foi declarada
monumento histórico artístico en 1973. Actualmente está dedicada a Museo.
Restos do edifício da fábrica de curtidos de coiro da Chaínza (Noia), documentada no ano 1700. No século
XIX foi un complexo industrial que funcionaba tamén como serradoiro e ebanistería. Tiña un peirao
proprio “O Peirao das Señoritas”
No lugar, nun pequeno barrio histórico, consérvanse tamén parte do Camiño Real e unha ponte medieval,
un lavadoiro e unha fonte rehabilitadas no ano 2011.
Restos de factorías de salga na Insuela (Muros)
Rego de Vilaboa (Noia), cun
muíño e una ponte
medieval.
Ponte Nafonso, entre Noia e Outes. Ponte medieval reformada en varias ocasións.
Conserva vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente.
Restos do muíño de vento na punta de Santa Catalina (Muros)
Muíño de Marea Acea do Cachón (Muros).
O Portiño medieval de San Cosme (Outes)
Antigo peirao do Freixo (Outes)
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación, incendios forestais
PROBLEMAS
O monte Louro despois do incendio do verán de 2006
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
marzo 2021
Marisqueo nos areais do Testal

More Related Content

What's hot

Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de PontevedraMonContos
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Valdoviño, A Costa
Valdoviño, A CostaValdoviño, A Costa
Valdoviño, A Costamonadela
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de CorcubionMonContos
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costaMonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costamonadela
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louromonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galegaMonContos
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiromonadela
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Meramonadela
 
Outes, A Costa
Outes, A CostaOutes, A Costa
Outes, A CostaMonContos
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A CostaMonContos
 
Malpica, a costa
Malpica, a costaMalpica, a costa
Malpica, a costaMonContos
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 

What's hot (20)

Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Ría de Pontevedra
Ría de PontevedraRía de Pontevedra
Ría de Pontevedra
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Valdoviño, A Costa
Valdoviño, A CostaValdoviño, A Costa
Valdoviño, A Costa
 
Ría de Corcubion
Ría de CorcubionRía de Corcubion
Ría de Corcubion
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
LIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de LouroLIC Monte e Lagoa de Louro
LIC Monte e Lagoa de Louro
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Ria de Viveiro
Ria de ViveiroRia de Viveiro
Ria de Viveiro
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Mera
 
Outes, A Costa
Outes, A CostaOutes, A Costa
Outes, A Costa
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
O Grove, A Costa
O Grove, A CostaO Grove, A Costa
O Grove, A Costa
 
Malpica, a costa
Malpica, a costaMalpica, a costa
Malpica, a costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 

Similar to RÍa de Muros e Noia

Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Ares A Costa
Ares A CostaAres A Costa
Ares A Costamonadela
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaMonContos
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A CostaMonContos
 
Boiro, A Costa
Boiro, A CostaBoiro, A Costa
Boiro, A CostaMonContos
 
Xove. A Costa
Xove. A CostaXove. A Costa
Xove. A Costamonadela
 
Cambados, nomes da costa
Cambados, nomes da costaCambados, nomes da costa
Cambados, nomes da costamonadela
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A CostaMonContos
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costaMonContos
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de CamariñasMonContos
 
Moaña, a costa
Moaña, a costaMoaña, a costa
Moaña, a costaMonContos
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costamonadela
 
Vilanova da Arousa, A Costa
Vilanova da Arousa, A CostaVilanova da Arousa, A Costa
Vilanova da Arousa, A CostaMonContos
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costamonadela
 

Similar to RÍa de Muros e Noia (16)

Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Ares A Costa
Ares A CostaAres A Costa
Ares A Costa
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A Costa
 
Boiro, A Costa
Boiro, A CostaBoiro, A Costa
Boiro, A Costa
 
Xove. A Costa
Xove. A CostaXove. A Costa
Xove. A Costa
 
Cambados, nomes da costa
Cambados, nomes da costaCambados, nomes da costa
Cambados, nomes da costa
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A Costa
 
Baiona, a costa
Baiona, a costaBaiona, a costa
Baiona, a costa
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Ria de Camariñas
Ria de CamariñasRia de Camariñas
Ria de Camariñas
 
Moaña, a costa
Moaña, a costaMoaña, a costa
Moaña, a costa
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Miño, A Costa
Miño, A CostaMiño, A Costa
Miño, A Costa
 
Vilanova da Arousa, A Costa
Vilanova da Arousa, A CostaVilanova da Arousa, A Costa
Vilanova da Arousa, A Costa
 
Mañón. A Costa
Mañón. A CostaMañón. A Costa
Mañón. A Costa
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

RÍa de Muros e Noia