Rota 4 do Proxecto " Coñecer a costa de Ribadeo" dentro do Plan Proxecta, dende a praia de Xuncos ás Catedrais. Participa o alumnado de 6º curso do CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. Curso 2012-2013.
Rota 4 do Proxecto " Coñecer a costa de Ribadeo" dentro do Plan Proxecta, dende a praia de Xuncos ás Catedrais. Participa o alumnado de 6º curso do CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. Curso 2012-2013.
O concello de Pontedeume está situado na banda sur da ría de Ares e unha pequena parte na de Betanzos. A costa esténdese desde a desembocadura do Eume ata a praia de Andaío.
O litoral está marcado por un relevo que, a non ser na vila e no esteiro, logo acada os 50 m de altitude e está moi próximo ou por enriba dos 20 m en case toda a liña de costa.
O concello do Rosal está situado entre o mar aberto e o Miño, cun pequeno tramo de costa. Aséntase en case toda a súa extensión no val do Tamuxe pero unha pequena parte sube o Torroso e baixa ao mar, no que ten unha fronte de algo máis de 2 km de costa no arco Miniano-duriense, na liña case recta que vai do cabo Silleiro á desembocadura do Miño, un litoral rochoso, exposto, sen apenas abrigos, que se estende entre a desembocadura do rego do Soutiño e a punta do Porto da Escuma.
A pesar da súa escasa lonxitude contén elementos de interese paisaxístico e ecolóxico.
Un litoral dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexido nos LICs/ZECs "Río Ouro" e "Ría de Foz-Masma", e como Lugar de Interese Xeolóxico Internacional
O concello de Cabanas está situado na marxe dereita da ría de Ares á beira do río Eume. O litoral ten dúas partes de características totalmente diferentes: unha a frecha da desembocadura do Eume e a coñecida praia que se asenta nela, e a outra de cantís moi recortados de ata 20 m de altura.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A RÍA DE CORCUBIÓN, RÍA DE CEE ou ría de CORCUBIÓN E CEE está considerada a máis septentrional das Rías Baixas. En realidade é un grande seo en forma de arco (SEO DE FISTERRA) que se estende entre o Cabo Fisterra, ao norte, e a punta dos Remedios, ao sur. Inclúe a ría ou seo do Ézaro e a chamada tradicionalmente ría de Corcubión ou Cee. Acolle importantes valores naturais e culturais.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
O concello da Illa de Arousa ocupa a illa do mesmo nome, situada no interior da ría da Arousa. É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 7 km2 de superficie) e a máis poboada. Conta cuns 36 km de costa na que alternan as zonas rochosas, os seos, as praias e as dunas. Está unida a terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude. Foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997.
Moitos dos areais da Ila de Arousa son ricos bancos marisqueiros.
Litoral do concello de Ortigueira, na ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Estaca de Bares" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Corcubión ocupa unha pequena península na enseada de Fisterra. A súa costa vai desde o fondo da ría de Corcubión/Cee ata enseada de Estorde. O litoral de Corcubión é rochoso, elevado, irregular e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que na maior parte foron comestos polas infraestruturas viarias. Fora da vila só hai cantís de ata 50 m de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
CONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón en Espasante e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña).
A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón.
É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
A ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Acolle importantes valores naturais, culturais e económicos e conta con varias proteccións.
O espazo protexido abrangue desde a Punta Avarenta, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata a punta do Seixo en cariño (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi.
Na zona atópanse ecosistemas mariños, cantís, praias e sistemas dunares, illas e illotes, montes e brañas. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico.
CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos, Ares.
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
Neste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
Espazo natural, situado nas as rías de Arousa e de Pontevedra constituído por varios sectores diferenciados.
-A punta do Carreirón, no extremo sur da Illa de Arousa, e varios illotes próximos (Rúa, Guidoiro Areoso, Guidoiro Pedregoso...)
-A enseada do Grove e o esteiro do río Umia, separados do mar aberto polo istmo da Lanzada;
-A costa de San Vicente do Grove coa lagoa Bodeira;
-A costa de Sanxenxo (Noalla e Portonovo) con alternancia de cantís e praias;
-A illa de Ons, na boca da ría de Pontevedra.
-Unha ampla extensión de augas mariñas entre Areoso e a illa de Arousa, na Enseada do Umia e entre Ons e A Lanzada.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
Espazo que abrangue a costa desde a punta do Penedo do Corvo, ao leste, ata punta Corbeira (no inicio da praia de Lóngara), ao oeste, e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga (concellos de Ribadeo e Barreiros).
É unha área costeira na que alternan cantís, cabos, illotes e praias (Arealonga, Reinante, As Catedrais, O Esteiro, Marbadas, Cabalar e Os Castros) dun grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico
O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares.
Nos concellos de Cariño e Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal", “Estaca de Bares” e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
Similar to Imaxes da costa galega (viaxes da rata Luisa) (20)
Luisa e Roxelio tentan encherlle as horas mortas aos nenos con entretementos sinxelos, para o que lles aprenderon a facer barcos, avións, paxariñas e outras cousiñas con papel que tiveron remates sorpresa.

10. Porto de Bares, probablemente de orixe fenicia
(Século VII a.C.).
11. A Estaca de Bares (Mañón). O punto máis ao
norte da Península Ibérica.
12. Pena das Tres Marías na costa de Loiba
(Ortigueira).
13. Praia de Morouzos e illa de San Vicente na Ría
de Ortigueira. Espazo protexido e zona ZEPA.
14. Cantís do Limo, en Ortegal
(Cariño), de case 600 m de
altura.
15. Valdoviño, a lagoa e a Punta Frouxeira. A lagoa
de Valdoviño está protexida e é zona ZEPA de
importancia polo gran número de aves
invernantes que descansan nela.