Co nome devoitre coñécense
diversas especies de aves
falconiformes, da subfamilia
Aegypiinae, que viven espalladas
polo sur de Europa, Asia e África.
Adoitan ser aves grandes, que
acadan lonxitudes de máis dun
metro, envergaduras de ata 2,50 m
e máis de 5 kg de peso.
10.
O que máischama a
atención en case todos
eles é a cabeza e o
pescozo espidos, que
parece ser unha
adaptación para
mantérense limpos do
sangue e os fluídos dos
animais mortos dos que
se alimentan.
11.
Viven en paisaxes
abertas,estepas e
sabanas, e zonas
montañosas, onde
aproveitan as
correntes de aire
ascendentes para
elevarse e poder
manter o voo
planeado.
12.
Teñen ás longase
amplas para
poderen facer
longos
desprazamentos
sen necesidade de
movelas,
aforrando a
enerxía que
necesitan para
vixiar grandes
extensións en
busca de animais
mortos.
13.
Os voitres están
especializadosno
aproveitamento de
preas e carniza,
que localizan pola
vista a distancias
de varios
kilómetros.
14.
As máis dasespecies son aves sociais,
que crían en zonas próximas e que se
xuntan en bandos, arredor das presas,
para alimentarse.
15.
Os máis grandesso poñen un ovo, e algúns non o fan todos anos.
Teñen un período de incubación longo, máis de 50 días, e os que poñen máis ovos
case nunca sacan adiante máis dunha cría
16.
As crías nacencubertas de plumón
e permanecen no niño arredor de
100 días.
17.
Son animais lonxevos,pero moitos
morren a consecuencia de accidentes,
ou por inxestión de produtos tóxicos.
Xénero Gyps
Está formadopor
sete especies que
viven en espazos
abertos e áreas
montañosas, de
todo o sur de
Europa, en Asia e en
África. Acolle os
voitres máis típicos,
coñecidos como
voitres comúns.
20.
Gyps fulvus (voitrecomún). Atópase en espazos
abertos e áreas con paredes rocosas de Marrocos,
Alxeria, a Península Ibérica, o Macizo central francés,
Suíza, as Illas Baleares, Sardeña, na costa do mar
Adriático, na península dos Balcáns ata Grecia, Turquía,
e por Arabia, Iraq, Irán ata a India e Asia central.
Mide entre 95 e 105 cm, ten unha envergadura de 2,4 a
2,8 m, e pesa entre 4 e 6 kg
Comeza a cría en xaneiro. Pon o ovo entre xaneiro e
febreiro. A incubación dura entre 52 e 58 días e o polo
permanece no niño de 110 a 120 días máis. O polo fai
os primeiros voos en xullo. Acadan a madureza entre os
5 e os 7 anos. Viven ata 30 ou 40 anos.
Distínguense dúas subespecies:
G. f. fulvus, de Europa, o noroeste de África, Turquía, Oriente próximo e
medio ata Arabia, Irán, o Pamir e os montes Altai..
G. f. fulvescens, do Afganistán, Paquistán e o norte da India ata Assam.
Moitos, sobre todo novos, pasan o inverno en África
(Senegal, Malí, Níxer, Sudán e Etiopía).
En Galiza vese, cada vez máis a miúdo, nas serras
21.
Gyps africanus (voitreafricano).
Vive nas sabanas arboradas de África.
Mide entre 78 e 95 cm, ten unha envergadura de entre 1,90 e
2,25 m e pesa, xeralmente entre 4 e 5,5 kg.
22.
Gyps bengalensis (voitrede Bengala).
Vive no subcontinente indio.
Mide entre 75 e 90 cm, ten unha envergadura de entre 1,90
e 2,60 m, e pode pesar entre 3,5 e 7,5 kg.
Atópase en grave perigo de extinción.
23.
Gyps indicus (voitrede peteiro longo). So se atopa en zonas
da India e outros países do sueste asiático onde se ve en
poboacións e zonas de bosque.
Mide arredor de 90 cm.
Atópase en grave perigo de extinción
24.
Gyps rueppellii (voitrede Rüppell).
Vive en praderías, montañas e bosques do Sahel (África)
Mide de 85 a 103 cm, ten unha envergadura alar de 2,26 a 2,6
m, e un peso que vai de 6,4 a 9 kg.
25.
Gyps himalayensis
(voitre doHimalaia).
Atópase nos ecosistemas montañosos
dos Himalaias e do Nepal
Mide de 100 a 110 cm, ten unha
envergadura de ata máis 2,80 m, e
pode pesar ata 10 kg.
26.
Gyps coprotheres (voitredo Cabo).
Atópase ao sur de África, en Sudáfrica, Lesoto e
zonas de Botsuana.
Mide de 96 a 115 cm, ten unha envergadura de
entre 2, 20 e 2,6 m, e pesa entre 7 e 11 kg.
27.
Aegypius monachus (voitrenegro).
Vive en montañas e outeiros arborados,
pero voa en campo aberto cando busca
alimento, do sur de Europa (na Península
Ibérica, en Mallorca, e no sur dos Balcáns)
e na Asia central (desde Oriente Medio e o
norte da India ata o sur de Siberia, norte
da China e Mongolia). As poboacións das
zonas de máis ao norte viaxan ao sur nos
invernos fríos.
Mide algo máis de 1 m de longo, cunha
envergadura de 250 a 295 cm, é pode
pesar entre 7 e 12 kg.
Son monógamos. Fan os niños nas árbores,
e utilízanos varios anos. Non crían cada
ano. A femia pon un ovo que choca,
alternandose co macho, durante uns 55
días. Ata que o polo comeza a voar ten
sempre a compañía dun adulto.
Xénero Aegypius: unha especie
28.
Torgos tracheliotus (voitretorgo ou voitre
orelludo). Atópase nas estepas e sabanas de África,
Mide 1,15 m de longo, acada máis de 2,80 metros de
envergadura e pode pesar até 9,5 quilos.
Subespecies:
T. t. tracheliotos, do suroeste de Marrocos e da África subsahariana.
T. t. nubicus, de Exipto e o norte de Sudán.
T. t. negevensis, do sur de Israel e da Península arábiga.
Xénero Torgos: unha especie
29.
Trigonoceps occipitalis
(voitre decabeza branca). Atópase en África.
Mide entre 70 e 80 cm, ten unha
envergadura de 210 a 230 cm, e pode pesar
de 3,5 a 4,5 kg.
Xénero Trigonoceps:
unha especie
30.
Sarcogyps calvus (voitrecalvo). Vive en Asia desde
Paquistán ata la península de Malaia.
Mide uns 86 cm de longo, ten unha envergadura de entre 2
e 2,20 m, e pesa entre 3,7 e 5,4 kg.
Atópase en perigo crítico de extinción.
Xénero Sarcogyps: unha especie
31.
Necrosyrtes monachus
(voitre decarapucha).
Vive en case toda África ao sur do
Sahara. Atópase preto das vivendas
humanas onde aproveita resíduos.
Mide arredor de 70 cm e pesa uns 2 kg.
Aniña en palmeiras
Xénero Necrosyrtes: unha especie
32.
Gypohierax angolensis (voitredas
palmeiras, abutre das palmeiras ou abutre do
coconote). Atópase en África, ao sur do Sahara,
nas zonas onde hai palmeiras do aceite, das que
utiliza os froitos como alimento.
Mide arredor de 65 cm, ten unha envergadura de
135 a 155 cm, e pesa arredor de 1,5 kg.
Xénero Gypohierax: unha especie
33.
Neophron percnopterus
(voitre branco).Vive no sur de Europa, en
África e en Asia ata a India.
Mide uns 75 cm, ten unha envergadura de 1,7
m e un peso arredor de 2 kg.
Aniña en paredes rocosas. Pon dous ovos.
Fanse adultos aos 5 anos.
Recoñécense 3 subespecies:
N. p. percnopterus, de África, do sur de Europa e Asia ata o
noroeste da India, e de Cabo Verde
N. p. majorensis, de Fuerteventura (Illas Canarias)
N. p. ginginianus, do Nepal e da India (agás o noroeste)
Xénero Neophron: unha especie
34.
Gypaetus barbatus (quebraososou crebaosos). Vive nas zonas
montañosas por enriba da liña de desenvolvemento das árbores.
Mide entre 94 e 125 cm, cunha envergadura alar de entre 2,30 e 2,83
m, e pesan de 4,5 a 7 kg.
A base da súa alimentación (un 80% do total), son os ósos e restos de
animais. (Os ósos son una boa fonte de alimento: conteñen de media un 12% de
proteína, un 16% de graxa, un 23% de minerais e un 49% de auga)
Fai o niño en fornelas de paredes de rocha e úsao varios anos.
Adoita poñer, entre finais de decembro e xaneiro, dous ovos, o
segundo unha semana máis tarde ca o primeiro. A incubación dura
entre 52 e 58 días. O polo que nace en segundo lugar adoita morrer,
ao non poder competir có primeiro pola comida. Os polos pasan no
niño de 110 a 120 días.
Fanse adultos entre os 5 e os 7 anos e poden vivir entre 20 e 30 anos.
Recoñécense dúas subespecies:
G. b. barbatus, a forma tipo, que vive nos montes Atlas de Marrocos, nos Pirineos, en
Córsega, en Creta, no Cáucaso e en Asia.
G. b. meridionalis, a raza africana, algo máis pequena, que vive no norte de Tanzania,
Kenia, Uganda, Etiopía, Sudán, Lesotho e no suroeste de Arabia.
Xénero Gypaetus: unha especie
35.
Tamén se coñecenco nome de voitres os preeiros americanos, un grupo de sete especies,
de cinco xéneros, da familia Catarthidae, que coinciden cos voitres de África, Asia e
Europa na explotación dun mesmo nicho ecolóxico, no tipo e forma de alimentación, o
aproveitamento de carniza e preas.
Na imaxe o máis grande, o
condor dos Andes, e un dos
pequenos, o voitre negro.
36.
Xénero Cathartes:
(auras, gallipavos,gallinazos, jotes...).
Acolle tres especies de aves comúns, e
abundantes, en América que
aproveitan toda clase de residuos.
Non fan niños. Poñen os ovos, de 1 a 3,
en ocos de árbores ou en cantís.
Buscan o alimento coa vista e coa
axuda do olfacto.
37.
Cathartes aura (auragallipavo, voitre pavo, voitre americano de
cabeza vermella, aura tiñosa, gallinazo de cabeza roja, jote de cabeza
colorada, maura, pishco ou urubú de cabeza roja). Atópase en zonas
abertas, matos, pasteiros, desertos e bosques subtropicais desde o sur de
Canadá ata o extremo sur de Sudamérica. Os do Canadá e do norte de
Estados Unidos migran ao sur no inverno.
Mide entre 65 e 80 cm, ten unha envergadura de 170 a 180 cm, e un peso
que pode variar entre 1 e 2,2 kg.
Busca o alimento utilizando o olfacto o que lle permite atopalo en zonas
cubertas de árbores.
Adoita ter dúas crías. Os grupos familiares permanecen xuntos ata o
outono. Pode vivir uns 16 anos na natureza e ata 30 en cautiverio.
Recoñécense cinco subespecies:
C. a. aura, de México, América Central, América do Sur e Antillas Maiores. É a subespecie
nominal e a máis pequena.
C. a. jota (aura gallipavo de Chile), máis grande, de cor máis marrón.
C. a. meridionalis, sinónimo de C. a. teter, cría desde o suroeste de Canadá ata baixa California
e Texas. Migra ao sur no inverno.
C. a. ruficollis, de Panamá cara ao sur ata Uruguai e Arxentina, e na illa de Trinidad. É máis
escuro, coa cabeza e o pescozo de cor vermella opaca con pencas de cor amarela crara ou
verde branca.
C. a. septentrionalis, do sueste de Canadá e do leste dos Estados Unidos.
38.
Cathartes burrovianus (aurasabanera,
jote cabeza amarela, urubú cabeza amarela,
guala sabanera, zopilote cabecigualdo, zopilote
das sabanas). Vive en sabanas, pantanos,
pasteiros de terras baixas e bosques degradados,
desde o sueste de México ata o norte da
Arxentina e Uruguai.
Mide de 53 a 66 cm, ten unha envergadura de
150 a 165 cm, e un peso de entre 1 e 1,5 kg.
Aliméntase de cadáveres, pero tamén caza
pequenos animais acuáticos nos pantanos.
Recoñécense dúas subespecies:
C. b. burrovianus, a nominal, do sur de México, américa Central
e o norte de América do Sur ata o centro de Colombia e o
noroeste de Venezuela.
C. b. urubitinga, máis grande, de Sudamérica, ao leste dos
Andes, desde Arxentina ata o norte de Colombia.
39.
Cathartes melambrotus (auraselvática, zamuro de
cabeza amarela, guala amazónica, urubú da selva, urubú
grande de cabeza amarela). Vive nos bosques tropicais
húmidos das terras baixas do sur de América Central e da cunca
amazónica.
Mide de 65 a 75 cm, cunha envergadura de 165 a 210 cm, e
pode ter un peso de 1,2 a 3,2 kg.
Pon os ovos en repisas dos cantís. As crías deixan o niño aos
tres meses.
40.
Coragyps atratus (voitrenegro, zopilote común, gallinazo,
jote de cabeza negra, chulo ou zamuro). Atópase por toda
América tropical e temperada desde a metade de Arxentina e
Chile, polo sur, ata o sur e o leste dos Estados Unidos, polo norte.
Mide uns 70 cm, 1,67 metros de envergadura, e acada un peso de
entre 2 kg (o macho) e 2,75 kg (a femia).
Aliméntase maiormente de preas e carniza, tamén come ovos,
materia vexetal en descomposición e pode matar animais
pequenos ou crías. Nas áreas poboadas aproveita cousas do lixo
Cría en bosques. Pon de 1 a 3 ovos no chan. Chocan os ovos de 30
a 40 días. Os polos mantéñense no niño uns 70 ou 80 días antes
de voar.
Recoñécense tres subespecies:
C. a. atratus (voitre negro de Norteamérica), do norte de México, Texas e o sur e o
leste dos Estados Unidos ata Carolina. É a subespecie tipo.
C. a. brasiliensis (voitre negro de América do Sur), máis pequeno, de América Central,
desde o sur de México, e do norte de América do Sur ata o leste de Bolivia e áreas
costeiras do Perú.
C. a. foetens (voitre negro andino), máis escuro, dos Andes, desde o norte de
Ecuador ao norte de Bolivia, Paraguai, Uruguai e terras baixas de Chile.
Xénero Coragyps: unha especie
41.
Sarcoramphus papa (cóndorda selva, cóndor real,
corvo real, jote real, zopilote real, rey zamuro, rey de los
gallinazos). Atópase desde o sur de México ata o norte da
Arxentina
Mide entre 70 e 80 cm, ten unha envergadura de 1,93 m, e
pode pesar entre 2,7 e 4,5 kg.
Forma parellas de por vida. Poñen un so ovo, no furado
dunha árbore, e chócano entre 52 e 58 días. O polo sae do
niño aos tres meses de nacer. Pode vivir uns 30 anos.
Xénero Sarcoramphus: unha especie
42.
Gymnogyps californianus
(condor deCalifornia ou condor do norte). Vive no norte de
Arizona, o sur de Utah, as montañas costeiras do centro e do
sur de California e o norte de Baixa California.
Mide entre 1,15 e 1,40 m; ten ata 3 m de envergadura, e
pode pesar 10 kg o macho e 9 kg a femia.
Nacen despois de 8 semanas de incubación e deixan o niño 5
meses despois, pero permanecen cos pais ata que cumplen
un ano.
Fanse adultos aos 4 a los 6 anos. Poden vivir ata 60 anos
Xénero Gymnogyps: unha especie
43.
Vultur gryphus (cndorou condor dos Andes).
Atópase nos Andes, e serras próximas.
Pode medir ata 142 cm, cunha envergadura de
entre 270 e 330 cm e un peso de 11 a 15 kg (os
machos) e de 8 a 11 kg (as femias).
Aniña en ocos de paredes rochosas. Pon un so ovo
cada dous anos. Fanse adultos aos 5 ou 6 anos e
poden vivir máis de 70 anos.
Xénero Vultur: unha especie
44.
As imaxes fotográficasforon collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E aquí tendes, compañeiros,
os voitres do mundo enteiro.