Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta
Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.
É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.
CONCELLOS: Santa Comba e Zas.
CONCELLOS: A Golada, Lalín e Vila de Cruces.
O espazo protexido ocupa o curso baixo do río Arnego, dedes o encoro de Portodemouros ata a Ponte de Vilariño, parate do seu afluente Abellás (ata A Ponte da Veiga) e os bosques limítrofes.
As especiais características climáticas da zona, con influencias mediterráneas, propician o desenvolvemento das sobreiras que forman os bosques desta especie máis grandes e mellor conservados de Galiza, principal motivo da protección deste espazo.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.
É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.
CONCELLOS: Santa Comba e Zas.
CONCELLOS: A Golada, Lalín e Vila de Cruces.
O espazo protexido ocupa o curso baixo do río Arnego, dedes o encoro de Portodemouros ata a Ponte de Vilariño, parate do seu afluente Abellás (ata A Ponte da Veiga) e os bosques limítrofes.
As especiais características climáticas da zona, con influencias mediterráneas, propician o desenvolvemento das sobreiras que forman os bosques desta especie máis grandes e mellor conservados de Galiza, principal motivo da protección deste espazo.
O espazo inclúe os bosques de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada, Boullón e Narón, nos concellos de Becerreá e As Nogais.
Os montes do Invernadeiro forman parte do Macizo Central. O espazo ocupa os vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena (Camba-Bibei-Sil) e os montes que os separan e rodean
Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza).
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande biodiversidade de hábitats e especies.
Un espazo de montaña que remata a serra do Galiñeiro polo sur.
Ten un grande interese paisaxístico, xeolóxico, botánico e histórico-etnográfico.
Concellos: Tui
Inclúe os concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O territorio está artellado arredor dos vales do Arnoia e Limia e os macizos montañosos que os separan. É unha área que acolle importantes valores naturais e culturais.
É un espazo repartido en dúas zonas nos vales dos ríos Rodil e do Bidueiro, ambolosdous afluentes do Eo que forman profundos vales nos que se conservan fragas atlánticas de grande naturalidade. En terreos dos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín.
Espazo de media montaña na serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega a continuación da serra do Faro, con altitudes que van dos 600 m en Oseira aos 1.038 dos cumes.
Concellos: San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo).
Está situado ao nordeste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras, no linde con León (comarca do Bierzo. O espazo articúlase arredor da serra de Enciña da Lastra (vertente suroeste) e do Val do Sil e varios afluentes en terreos de Rubiá (Ourense).
Conta con varias figuras de protección:
-PARQUE NATURAL. Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02).
-ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha)
-LIC, Lugar de importancia comunitaria, 1787 ha (21 de setembro de 2006). Hai unha proposta de ampliación pendente de aprobar.
-ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014)
-A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España inclue parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o Estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
-Linda co LIC “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de 289,44 ha.
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavínmonadela
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Landro, desde Ourol ata Viveiro e o seu afluente Bravos, en territorio dos concellos de Ourol e Viveiro (Lugo)
CONCELLOS: Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Frades, Santiago de Compostela e O Pino.
Este espazo protexe parte do curso do río Tambre (entre os afluentes Sionlla e Maruzo) e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle (cos seus afluentes Mercurín e Cabron), Samo, Maruzo (co seu afluente o Gaiteiro), Mera, Cabeceiro e Sionlla.
2010 ano da biodiversidade
As especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus hábitats.
As administración entidades científicas establecen criterios e figuras de protección das especies.
Abrangue o curso do río Miño desde o Caneiro de Santalla, aguas abaixo da cidade de Lugo, ata a localidade de Leboriz, e o río Neira, desde a súa confluencia co Miño ata a Ponte de Neira.
CONCELLOS: Guntín, Lugo, O Corgo, O Páramo.
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeiesasorey
Descrición da paisaxe do río Umia, que foi fonte de inspiración de poetas e do que xurdiron lendas que quedaron fixas na tradición oral galega. Elaborada por Aldara Rey Blanco, de 3º ESO B
Algumas das estradas mais incríveis do mundo incluem a estrada costeira na África do Sul, a estrada de Los Caracoles nos Andes chilenos, e a estrada siberiana para Yakutsk, a cidade mais fria do mundo.
O 26 de marzo cumplíronse 500 anos do nacemento de Conrad Gesner, considerado o fundador da zooloxía moderna
Johann Conrad Gessner foi un naturalista e bibliógrafo suízo que naceu en Zúrich en 1516 e morreu en decembro de 1565.
A Illa Grande de Hawaii é o edificio volcánico máís grande da Terra, con máis de 5.000 metros de altura sobre o nivel do mar e outros tantos baixo el. Aqui podemos ver unha descrición da súa orixe e o seu contexto xeolóxico.
2. Galicia, pola súa situación e a diversidade de climas e solos, acolle unha boa variedade de bosques naturais.
3. É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acolle aos animais máis grandes da fauna galega. BOSQUE CADUCIFOLIO
4. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Son os bosques naturais de maior diversidade.
34. Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunhas protexidas. BOSQUES DE RIBEIRA
35. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus) , vive ao abrigo das grandes árbores. Cabrifollo, unha planta trepadoras. A VIDA NO BOSQUE CADUCIFOLIO
36. As árbores vivas e mortas alimentan aos fungos que producen cogomelos para dispersar as súas esporas. Aproveitando a humidade e buscando a luz os brións e os liques desenvólvense nas ponlas das árbores. Rebentabois
37. O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do bosque e aproveita os furados das árbores para agocharse e hibernar. Gato bravo ( Felix silvestris) Bacalouras e vésporas
38. A pita do monte (Tetrao urogallus) está en perigo de extinción, pero aínda sobrevive nalgúns lugares dos Ancares. Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das árbores buscando alimento nas súas rendixas. Ferreiro abelleiro (Pharus major), un paxaro insectivoro.
40. Atópanse na zona suroriental, máis seca. As árbores máis comúns son os rebolos, as sobreiras, as aciñeiras e os érvedos. FLORA: esteva, cantroxo, orquídeas, carrascos... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas... BOSQUE MEDITERRÁNEO