Presentación básica sobre a xeografía física de Galicia (xeomorfoloxía, climatoloxía, bioxeografía, solos, protección do medio ambiente e riscos naturais).
Presentación básica sobre a xeografía física de Galicia (xeomorfoloxía, climatoloxía, bioxeografía, solos, protección do medio ambiente e riscos naturais).
Presentación básica sobre a xeografía física de Galicia (xeomorfoloxía, climatoloxía, bioxeografía, solos, protección do medio ambiente e riscos naturais).
Presentación básica sobre a xeografía física de Galicia (xeomorfoloxía, climatoloxía, bioxeografía, solos, protección do medio ambiente e riscos naturais).
SEO and the Startup discusses search engine optimization (SEO) and why it is important for startups. It defines SEO as improving the volume or quality of traffic from organic search results. While paid search marketing (SEM) focuses on paid placement, SEO is about optimizing a website to rank higher organically by focusing on factors like keywords, page speed, links, and social media. SEO is a long-term strategy that requires ongoing work, rather than a quick fix, to maintain relevance as search engine algorithms change over time.
Dell Technology Camp 2013 - Case StudyAsim Qureshi
Dell hosted its sixth annual Technology Camp in Paris in October 2013. Over 100 press, industry analysts, and influencers from 19 countries attended to learn about Dell's growing enterprise solutions capabilities. Michael Dell gave the keynote address about Dell's transition to a private company. Attendees participated in breakout sessions and product showcases. The event received positive feedback and resulted in over 300 unique articles and 7.6 million Twitter impressions in the following two weeks.
Our Field Trip To Ccv (Chosen Children Village) Chatu And Yijia, Bamboo Shootsguestb2ea64
The document summarizes a field trip made by two classes to the Chosen Children Village Foundation (CCVF) in Silang, Cavite, which cares for 74 abandoned and disadvantaged children. The students brought supplies like toilet paper and baby items and spent the day playing with and feeding the children at the orphanage, putting smiles on their faces. CCVF provides a safe home for kids who were abandoned due to their parents' inability to care for them or their medical needs.
Dell Alienware - 2013 Laptop Portfolio Launch Case StudyAsim Qureshi
More than 75 media and influencers from four European countries gathered in London for an event hosted by AxiCom and Dell to unveil Alienware's latest portfolio. Frank Azor, General Manager of Alienware, introduced the new products and attendees had hands-on time with the world's most powerful gaming machines. The event included opportunities for media to speak with Alienware executives and a gaming competition between attendees and pro team Digitas.
A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.
El documento proporciona instrucciones para comentar una hoja del Mapa Topográfico Nacional. Se deben describir las características generales de la hoja, incluyendo su número, nombre, proyección y escala. También se deben analizar los aspectos físicos como el relieve a través de curvas de nivel y la hidrografía, así como la vegetación. Finalmente, se deben comentar los aspectos humanos como los usos del suelo, el hábitat y la toponimia.
El documento describe cómo elaborar un perfil topográfico a partir de un mapa topográfico. Explica que se debe trazar una línea recta en el mapa y papel transparente, marcando las curvas de nivel que la cruzan con su altitud. Luego, en papel milimetrado con ejes de coordenadas, se levantan puntos en el eje vertical de acuerdo a la altitud de cada curva para unirlos y mostrar el perfil del relieve.
El documento resume las principales etapas del reinado de Fernando VII en España entre 1814 y 1833. Incluye el Sexenio Absolutista (1814-1820), el Trienio Liberal (1820-1823) y la Década Ominosa (1823-1833), períodos caracterizados por el conflicto entre absolutistas y liberales por el control del país.
El documento resume las principales etapas del reinado de Fernando VII en España entre 1814 y 1833. Incluye el Sexenio Absolutista (1814-1820), el Trienio Liberal (1820-1823) y la Década Ominosa (1823-1833), períodos caracterizados por el conflicto entre absolutistas y liberales por el control del país.
El G20 es un foro de cooperación entre 19 países industrializados y emergentes más la Unión Europea. Se reúnen anualmente desde 1999 para discutir temas relacionados con el sistema financiero internacional y mantener la estabilidad financiera global. Está formado por 7 países industrializados originales del G8 más Rusia y 11 países emergentes económicamente importantes. España y Países Bajos son invitados a las reuniones pero no toman decisiones.
Mark Zuckerberg creó Facebook en 2004 mientras estudiaba en la Universidad de Harvard. Inicialmente, Facebook se creó como una red social exclusiva para estudiantes de Harvard, pero rápidamente se expandió a otras universidades. Actualmente, Facebook es un sitio web de redes sociales con más de 800 millones de usuarios a nivel mundial y sigue creciendo.
Facebook fue creado en 2004 por Mark Zuckerberg y otros compañeros de Harvard como una red social para estudiantes de la universidad. Se expandió rápidamente a otras universidades y eventualmente al público en general. Actualmente es el sitio de redes sociales más popular del mundo con más de 800 millones de usuarios.
1. Observa o mapa e fai un comentario dos distintos tipos de rochedo peninsular e
dos tipos de relevo.
A evolución xeolóxica da Península Ibérica fixo posible distinguir tres áreas de acordo coa
natureza do rochedo (área silícea, calcaria e arxilosa), modelándose en cada unha distintos tipos de
relevo (relevo granítico, cárstico, arxiloso ou relevo por erosión ou diferencial).
A área silícea está integrada por rochas antigas da era precámbrica e primaria. Polo tanto,
atópase maioritariamente no oeste peninsular (Galicia, León e Estremadura) e presenta ramificacións
cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra
Morena. Tamén se localiza noutras áreas onde quedan restos de macizos antigos: zona axial dos
Pirineos e algúns sectores do Sistema Ibérico, da cordilleira Costero-Catalana e do Sistema
Penibético.
Nesta área, a rocha predominante é o granito que é unha rocha magmática plutónica, é dicir,
formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ó verse obrigada a ascender
cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisallada, e está integrada por grans grosos de cuarzo,
feldespato e mica. O modelado desta área está determinado polas características desta rocha,
cristalina e ríxida, sensible a distintas formas de alteración.
Nuns casos, o granito é alterado quimicamente e en profundidade pola auga: os seus cristais
descompóñense e transfórmanse en areas pardoamarelas, que poden acadar grandes espesuras nos
vales e zonas de escasa pendente. Noutros casos, a alteración do granito pordúcese a partir dunha
rede de diáclases ou fracturas. O resultado é diferente segundo a altitude:
Nas áreas de alta montaña as rochas rompen ó filtrarse a auga polas fisuras e xearse
posteriormente, de modo que o xeo preme nas fisuras das rochas e rómpeas. Iso da lugar á
formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas (agullas ou galaios) e á apareción de
pedreiras, acumulacións de fragmento de rochas ó pé das montañas.
Nas zonas menos elevadas, se a alteración se produce a partir de diáclases paralelas á
superficie, orixina a escamación ou disgragación lenta do granito, reultando unha paisaxe
suavemente ondulada, de formas redondeadas (domos).
2. Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas.
Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos os
tores (amoreamentos de bólas graníticas) e as rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de
forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas). Outras veces
dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ó pé das montañas (caos granítico).
A área calcárea está formada por sedimentas da era secundaria pregados durante a era
terciaria. Os terreos calcarios forman unha “Z” invertida que se estende polos prepirineos, os Montes
Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeira-
Catalana, e a cordilleira Subbética.
A rocha predominante é a calcaria que é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior
da terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos preexistentes, depositados despois de ser
transportados polos ríos, océanos, o vento ou o xeo. Está constituida esencialmente por carbonato
cálcico e trátase dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se disolve
facilmente coa auga da chuvia, sobre todo a través das diáclases. Orixina un relevo complexo, relevo
cárstico, que ten as seguintes formas características:
os lapiás ou lenares, que son sucos abertos polas augas de escorrentía sobre as vertentes
ou sobre superficies chás con fisuras.
as gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas,
causadas polos ríos.
os poljes son depresións ou vales cerrados de fondo horizontal percorridos total ou
parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por un sumidoiro ou ponor
e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou
permanente transformándose nun lago.
as dolinas ou torcas son cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se estanca.
Poden ter formas diversas e unirse a outras cavidades próximas, creando depresións de trazado
complicado denominadas uvalas.
as covas crénase ó inflitrarse a auga polas fisuras do terreo calcario e circular de forma
subterránea. Nelas fórmanse estalactitas (a partir da aguga, rica en carbonato cálcico, que pinga
do teito) e estalagmitas (a partir da auga depositada no solo).
as simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.
A área arxilosa está constituída por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas
e xesos) depositados a finais do Terciario e no Cuaternario. Comprende boa parte das depresións
das submesetas norte e sur, as depresións do Ebro e do Guadalquivir e as chairas costeras
mediterráneas.
O relevo arxiloso é basicamente horizontal, xa que son terreos non afectados por pregamentos
posteriores. A súa erosión é rápida, debido a brandura dos materiais. Os ríos abren vales que separan
estructuras horizontais, que son de contado desgastadas, dando lugar a relevos suavemente
ondulados.
Nas zonas nas que alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais,
cortas e intensas, e non existe a protección vexetal (SE peninsular), a auga de arroiada desgasta as
vertentes, orixinando cárcavas ou fisuras estreitas e profundas separadas por arestas, que crean
unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu amplo desenvolvemento sobre
unha zona dá lugar á paisaxe denominada badlands.
3. No interior de cada unha das tres áreas citadas é moi común que aparezan rochas de distinta
orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos
relevos segundo a inclinación dos estratos.
cando os estratos son horizontais e, alternativamente, duros e brandos, a rede fluvial separa
plataformas -chamadas mesas ou páramos- que teñen a cima horizontal, coincidindo co estrato
duro, e flancos suaves coincidindo cos estratos blandos. Os flancos erosiónanse máis
rapidamente, de modo que as mesas redúcense e acaban converténdose en cerros testemuña
(outeiros de teito horizontal), ou relevos residuais, que ó final perden o estrato duro (antecerros).
Este tipo de relevos pode observarse nas concas sedimentarias das mesetas e nas depresións
do Ebro de do Guadalquivir.
cando os estratos están suavemente inclinados, e alternan materiais duros e brandos,
fórmanse costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro, inclinado,
e unha fronte que ten unha parte superior de forte pendente, formada por unha carpa dura, e
unha parte inferior cóncava na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das
costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e a antecerros.
cando os estratos están pregados dan lugar ós relevos apalachenses e xurásico:
- O relevo apalachense fórmase sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e
nivelado pola erosión, que experimenta un rexuvenecemento que reactiva a erosión. A erosión
diferencial deixa ó descuberto as capas duras, que forman cristas paralelas, longas e
estreitas, de altitude similar, separadas por depresións abertas nas capas brandas. Exemplos
deste relevo poden atoparse nos vales asturianos do Eo e do Navia, na comarca de Somiedo,
nos Montes de Toledo e, no sur da Península, en Serra Morena.
- O relevo xurásico fórmase nas cordilleiras novas. Está constituído por unha alternancia
de pregamentos convexos (anticlinais) e cóncavos (sinclinais). Nos anticlinais, a erosión da
auga crea vales perpendiculares ó cumio (cluses) e vales paralelos ó cumio (vales anticlinais
ou combes). O baleiramento dos angiclinais (rápido unha vez que a erosión perforou o estrato
duro), deixa levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinal colgado), de modo que
o relevo invertiuse. A erosión do val anticlinal deixará en resalte o anticlinal do estrato inferior
(anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Formas típicas deste relevo poden verse no
Sistema Ibérico, a cordilleira Cantábrica, os Pirineos e as cordilleiras Béticas.
A área volcánica integra fundamentalmente o arquipiélago canario e tamén algúns sectores de
vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar
Menor).
As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina
rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas
volcánicas que deron lugar ás illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son os
seguintes:
- Os conos volcánicos son elevacións cúbicas abertas no cume. Orixináronse polo amoreamento
de materiais volcánicos arredor da boca de emisión, como cinzas e lapillis ou pedras pequenas.
Algúns son activos en Tenerife, La Palma e Lanzarote. Se caen directamente sobre o mar,
forman grandes acantilados que poden chegar a alcanzar caídas de 500 metros, como sucede
no acantilado dos Xigantes en Tenerife.
- As caldeiras son grandes cráteres circulares, orixinados pola explosión ou afundimento dun
volcán. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de afundimento de
“Las Cañadas” (Tenerife) ou a de Caldera de Taburiente (A Palma).
- Os malpaíses son terreos abruptos formados ao solidificarse rapidamente as coadas de lava en
forma de ondas ou de bloques.
4. - Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas son condutos de emisión
de magma que se encheron de lava solidificada e quedaron ao descuberto pola erosión
diferencial. Os diques fórmanse cando o conduto é unha fisura horizontal e os roques cando é
a cheminea vertical dun cono volcánico, aínda que tamén poden estar formados só por rochas
máis resistentes á erosión (Roque Nublo, en Gran Canaria).
- Os barrancos son vales estreitos, escarpados e de curto percorrido, creados polo encaixamento
dos torrentes no terreo volcánico. Formáronse nunha época de clima máis húmido que o actual,
que permitía a existencia de correntes de agua capaces de provocar esta forte erosión.