SlideShare a Scribd company logo
Formación e evolución xeomorfolóxica da P. I. e das Illas Canarias e Baleares.
Tipos de unidades morfoestruturais.
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se
alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación. a)
Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada
de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén
xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo
precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares
paleozoicos. b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese
herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas,
formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arradado
pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó
Mediterráneo. Ó noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o
Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria
convertidos en zócolos. c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de
calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras
hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de
transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira
non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron
enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética. d)
Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta:-
Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre
os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os macizos de Aquitania,
Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e
o Hespérico.- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o
macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas.- A
Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico,
determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares. En segundo lugar
formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos
depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema
Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o
zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas
últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou rexuvenecidos
(horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o Macizo
Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as
depresións interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén
deron lugar á actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de Gata.
A partir dos movementos oroxénicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron fortemente
as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de seixos ós pés das montañas) e colmaron as
depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas practicamente chás. Nesta era
tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a oroxénse alpina rompeu o
fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que
deron lugar ás illas. e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o
glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.- O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos,
cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo
e de val. Os glaciares de circo redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as rochas
das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as súas formas fanse ercarpadas. Na
Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e cando se fundiron os xeos
orixinaron pequenos lagos. Os glaciares de val fórmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo é
grande. Entón o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos rochosos que
escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó fundirse o xeo, se
converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por unha potente capa de xeo, da que
partían glaciares que crearon vales en “U” e lagos.- A época glaciar caracterizouse pola formación de
terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As
terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga
xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos
posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, de
modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente,
constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a
terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o
Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.
As unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo. Resultan de
movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e
desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos
procesos están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as grandes
unidades morofestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e
concas sedimentarias ou depresións. a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou
paleozoico como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses
(formación de montañas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa,
cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan senón que se
fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente horizontais, que ocupan
extensas áreas na metade occidental da Península. b) Os macizos antigos son montañas formadas na era
terciaria polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos
movementos oroxénicos alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade,
estes macizos presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península,
son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo
Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica. c) As cordilleiras de pregamento son grandes
elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais
sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous
tipos:- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos
zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).- Cordilleiras alpinas, formadas polo
pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e
cordilleiras Béticas). Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas
escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. d) As concas
sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos,
principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias son de dous tipos:- As
concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa das presións oroxénicas
da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana).- As depresións prealpinas,
localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe
explicouse pola descompresión posterior ó levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento
dalgúns fragmentos; ou porque, ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas
mariñas pouco profundas que acabaron colmándose. Hoxe estas concas sedimentarias son relevos
horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.

More Related Content

What's hot

Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
quiquehs
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
profesor historia
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
Agrela Elvixeo
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
quiquehs
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevocamposseijo
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
profesor historia
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevocamposseijo
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicolorenaamarelle
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachcaruncho
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
xosea
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
davidcasadobravo
 
Introdución á Xeografía
Introdución á XeografíaIntrodución á Xeografía
Introdución á Xeografía
profesor historia
 
XEO2-Rochedo
XEO2-RochedoXEO2-Rochedo
XEO2-Rochedoaialo1
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
velazquezturnesnieves
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
xosea
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolRosacidgalante
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolRosacidgalante
 

What's hot (20)

Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Litoloxía
LitoloxíaLitoloxía
Litoloxía
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Introdución á Xeografía
Introdución á XeografíaIntrodución á Xeografía
Introdución á Xeografía
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
XEO2-Rochedo
XEO2-RochedoXEO2-Rochedo
XEO2-Rochedo
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 

Viewers also liked

Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficolorenaamarelle
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxía
camposseijo
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
lorenaamarelle
 
Unidade 1 sl (1)
Unidade 1 sl (1)Unidade 1 sl (1)
Unidade 1 sl (1)
Manoly Silva
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climascamposseijo
 
GEO2BACH tema 3 hidrografia
GEO2BACH tema 3 hidrografiaGEO2BACH tema 3 hidrografia
GEO2BACH tema 3 hidrografia
Manuel Pimienta
 

Viewers also liked (9)

Tipos de modelado
Tipos de modeladoTipos de modelado
Tipos de modelado
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográfico
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxía
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
 
Unidade 1 sl (1)
Unidade 1 sl (1)Unidade 1 sl (1)
Unidade 1 sl (1)
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 
GEO2BACH tema 3 hidrografia
GEO2BACH tema 3 hidrografiaGEO2BACH tema 3 hidrografia
GEO2BACH tema 3 hidrografia
 

Similar to Tema1 xeo

Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
ccssdidactica ddoval
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
velazquezturnesnieves
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
roscarme
 
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesTema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesGloria Martínez Marín
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
irenetraba
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
Espe1959
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
martamosquera
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
MonContos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
opapaventos
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Probaferradanes
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaIes Faro das lúas
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Probamarieta307
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Probafaro das luas
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Probafaro
 

Similar to Tema1 xeo (14)

Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
 
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesTema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 

More from lorenaamarelle

Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nikelorenaamarelle
 
Mapa topografico
Mapa topograficoMapa topografico
Mapa topografico
lorenaamarelle
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democráticolorenaamarelle
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencialorenaamarelle
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
lorenaamarelle
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
lorenaamarelle
 
G 20
G  20G  20
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
lorenaamarelle
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
lorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade sociallorenaamarelle
 
Tema 1.3
Tema 1.3Tema 1.3
Tema 1.3
lorenaamarelle
 

More from lorenaamarelle (14)

Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Mapa topografico
Mapa topograficoMapa topografico
Mapa topografico
 
Sabela II pdf
Sabela II pdfSabela II pdf
Sabela II pdf
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
G 20
G  20G  20
G 20
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
 
Tema 1.3
Tema 1.3Tema 1.3
Tema 1.3
 

Tema1 xeo

  • 1. Formación e evolución xeomorfolóxica da P. I. e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais. O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación. a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos. b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arradado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos. c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética. d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta:- Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico.- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas.- A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as depresións interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén deron lugar á actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de Gata. A partir dos movementos oroxénicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron fortemente as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de seixos ós pés das montañas) e colmaron as depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas practicamente chás. Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a oroxénse alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.- O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as rochas das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as súas formas fanse ercarpadas. Na Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos. Os glaciares de val fórmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo é grande. Entón o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos rochosos que escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó fundirse o xeo, se converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por unha potente capa de xeo, da que partían glaciares que crearon vales en “U” e lagos.- A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a
  • 2. terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro. As unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo. Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as grandes unidades morofestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou depresións. a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de montañas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península. b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península, son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica. c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).- Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Béticas). Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias son de dous tipos:- As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana).- As depresións prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ó levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns fragmentos; ou porque, ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco profundas que acabaron colmándose. Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.