SlideShare a Scribd company logo
1 of 83
ALBUFEIRA 
• Lagoa de auga 
salgada situada 
xunto á costa e 
separada do mar 
por unha barra de 
area.
Alóctono (Manto de corremento) 
• Denomínase o solo 
formado por un 
material 
procedente dun 
lugar diferente de 
onde está situado 
como consecuencia 
do corremento dun 
pregue cabalgado.
Aluvión 
• Particula 
sedimentaria 
transportada por 
un curso fluvial 
ata formar un 
deposito 
sedimentario. Os 
cantos rodados 
son un exemplo de 
materiais de 
aluvión.
ANTICLINAL 
• Pregue con 
concavidade 
orientada cara o 
interior do globo, 
e orixinado pola 
actuación de 
forzas tectónicas 
compresivas.
BAD LANDS ou CÁRCAVA 
• Formas de erosión sobre 
materiais sedimentarios 
margoso-arxilosos nun 
medio semiárido; éstos 
foron fortemente 
diseccionadas pola acción 
intensa del augua, dando 
lugar a unha densa rede de 
barrancos fortemente 
encaixados e separados 
por cristas agudas.
BAÍA 
• Entrante costeiro 
marítimo curvo de 
menor rango que un 
golfo pero maior 
que unha enseada. 
Pode servir de 
abrigo para a 
navegación.
CABO 
• Promontorio que 
sobresae cara o 
mar dende a costa, 
normalmente 
formando un cantil 
mariño importante
CALDEIRAS 
• Son grandes cráteres 
circulares orixinados 
pola explosión ou 
subsidencia 
(afundimiento) de 
volcáns. Son famosas 
a caldeira de explosión 
de Bandama (Gran 
Canaria) e a de 
subsidencia das 
Cañadas (Tenerife).
CAMPIÑA 
• Son chairas baixas onde se 
alternan capas de arxila, 
arenitas e outras rochas 
• sedimentarias, e que se 
caracterizan pola suavidade 
do seu modelado, con 
alternancia de lomas e 
vaguadas e 
• por estar formada por varios 
niveis de terrazas fluviais 
escalonadas que soportan un 
intensivo 
• aproveitamento agrícola. 
• Na Meseta Central española 
atópanse claros exemplos 
(cobertera formada por 
materiais sediemtarios) sobre 
zócolo primario.
CANCHAIS 
• Acumulación de 
pedras de gran 
tamaño nas 
vertentes 
montañosas como 
consecuencia da 
erosión.
CANTIL 
• Zona da costa 
escarpada e 
rochosa, de 
paredes verticais, 
a causa da erosión 
do mar
CERRO TESTEMUÑA 
• Outeiro illado, 
testemuña da 
evolución e retroceso 
dun relevo de 
plataforma (páramo) ou 
en costa. A pervivencia 
deste se produce pola 
existencia dunha rocha 
sólida no seu cumio.
CIRCO GLACIAR 
• Depresión ou cubeta 
de erosión glaciar de 
forma semicircular, 
limitada por escarpes 
rochosos de acusada 
pendente e localizada 
por debaixo do nivel 
de cumios.
CORDILLEIRA 
• Serie de montañas 
formadas por 
movementos 
oroxénicos, que 
pregaron ou 
fracturaron os 
materiais que a 
compoñen e onde o 
conxunto presenta 
caracteres xeolóxicos 
e estructurais comúns.
COSTA 
• Espacio lindante 
entre o mar e a 
terra en constante 
transformación 
debido á abrasión 
do mar.
CURVA DE NIVEL OU ISOHIPSA 
• As curvas de nivel son 
as líñas que unen nos 
mapas topográficos os 
puntos que teñen igual 
altitude, por encima 
ou por debaixo do 
nivel de referencia 
-nivel do mar-. As 
curvas de maior 
grosor denominanse 
curvas mestras, éstas 
levan o valor numérico 
de altitude.
DELTA 
• Deposito de 
acumulación aluvial con 
forma de abano, 
localizado na 
desembocadura dun 
río. Orixínase porque 
a carga de material en 
suspensión que leva o 
río é superior á 
capacidade de erosión 
do mar.
DERIVA CONTINENTAL 
• Teoría fundamentada por 
Wegener a comenzos do 
século pasado que afirma 
que as placas 
continentais, que flotan 
sobre a sima, de maior 
densidade, deprazándose 
e formando os 
continentes actuais sobre 
a base dunha placa 
continental inicial 
denominanda Panxea.
DIÁCLASE 
• Unha diáclase é unha 
fractura nas rochas que 
non vai acompañada de 
escorregamento dos 
bloques que determina, 
non sendo o 
desprazamento máis que 
unha mínima separación 
transversal. 
Distínguense así das 
fallas, fracturas nas que 
se hai escorregamento 
dos bloques. Son 
estruturas moi 
abundantes.
DOLINA 
• Depresión pechada, máis ou menos circular, 
de profundidade e diámetro variables (dende 
uns poucos metros ata un centenar), propia 
das rexións calcáreas e asociada a procesos 
de disolución. No seu fondo acumúlanse 
materiais coluviales, especialmente terra 
rossa, arxilas avermelladas de 
descalcificación. 
• Normalmente orixínase a partir dun 
sumidoiro, punto no que unha corrente 
superficial fíltrase cara ao interior da terra 
nun terreo calizo. Cando varias dolinas 
únense dan lugar ás chamadas uvalas, que 
presentan unhas maiores dimensións e un 
contorno sinuoso. En España algúns autores 
fan sinónimos os termos dolina e torca, aínda 
que outros prefiren reservar este segundo 
para aludir a dolinas de afundimento, 
algunhas ocupadas por charcas permanentes 
ou temporais no seu fondo. Constitúen 
formas típicas do relevo cárstico (véxase 
Modelado calizo). 
• Na península Ibérica pódense atopar 
numerosos exemplos de torcas escavadas 
sobre material calizo, como no Parque natural 
Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os 
situados na provincia de Cuenca, en Castela- 
A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de 
Antequera (na provincia de Málaga, 
Andalucía).
DUNA 
• Montículo ou 
elevación 
constituída por 
unha morea de 
area acumulada 
polo vento en 
medios 
costeiros ou 
áridos.
ESTALACTITA 
• Columna de material 
calcario que colga do 
teito dunha cova.
ESTALAGMITA 
• Columna calcaria que 
se levantan do chan 
dunha cova.
EROSIÓN 
• Proceso de modelado da 
superficie terrestre 
provocado por axentes 
climáticos, químicos, 
mecánicos e antrópicos: 
glaciares, vento, temperatura 
e auga nos seus distintos 
estados, etc. que van 
actuando lentamente sobre os 
elementos que resaltan do 
relevo, ata que co tempo 
chegan a modificar a súa 
forma. No ciclo erosivo 
participan tres proceso: 
erosión (propiamente dito), 
transporte e sedimentación. Á 
erosión de vertentes se lle 
denomina erosión areolar, á 
erosión dos ríos se lle 
denomina: erosión lineal.
EROSIÓN DIFERENCIAL 
• Erosión producida en áreas 
onde a topografía é 
inicialmente similar (unha 
chaira) pero os materiais 
da base (que están 
distribuídos 
estratigraficamente) son 
diferentes (por exemplo 
cuarciña e pizarra). A 
erosión fará surcos nos 
estratos pizarrosos, 
mentres nos estratos onde 
hai cuarzo, formaranse 
crestóns. Este tipo de 
relevo xenerado tamén se 
denomina relevo 
Apalachense.
ESTRATO SEDIMENTARIO 
• Cada unha das capas de 
características uniformes e 
diferenciadas doutras capas 
que son parte integrante 
dunha rocha sedimentaria. Os 
rasgos distintivos poden ser: 
composición, disposición, 
espesor, cor e textura dos 
materiais. Entre dous 
estratos contiguos hai unha 
solución de continuidade ben 
definida que se coñece como 
plano de estratificación.
ESTRUTURA ALPINA 
• Estrutura tectónica 
de pregamento que 
presenta plegues 
convexos (anticlinais) 
e outros cóncavos 
(sinclinais). É propio 
de montañas xoves 
creadas durante a 
denominada oroxenia 
alpina na era terciaria. 
O Sistema Bético e 
parte da cordilleira 
dos Perineos e modelo 
desta estrutura.
ESTRUTURA SAXÓNICA 
• Estructura onde se 
alterna a tectónica 
de plegamento coa 
de fallas. A este 
tipo de montañas 
tamén se lle 
denomina como 
intermedias. O 
Sistema Ibérico é 
un exemplo desta 
tectónica dentro 
da Península 
Ibérica.
ESTRUTURA XERMÁNICA 
• Estrutura tectónica de fracturas 
que presenta bloques 
levantados (horst) e bloques 
afundidos (fosa tectónica ou 
graven). É propia de macizos 
antigos. É propio da oroxenia 
herciniana ou doutras 
anteriores (huroniana ou 
caledoniana). O macizo 
hespérico (situado na franxa 
occidental peninsual onde se 
integra o Macizo Galaico) 
sirve de modelo.
FALLA 
• Ruptura dunha 
superficie en dous ou 
máis bloques, 
dislocados por 
movementos 
diferenciais de 
desplazamento máis 
ou menos vertical.
FOSA TECTÓNICA 
• Ou graven. Bloque 
fundido, delimitado 
por un ou varios 
lados por fallas e 
bloques saíntes con 
respecto a éste.
FOZ (GARGANTA, DESFILADEIRO) 
• Cavidade vertical, 
paso estreito entre 
montañas escavado 
por un río.
GLACIAR 
• Masa de xeo 
acumulada por riba do 
límite de neves 
perpetuas, dende onde 
se despraza val abaixo 
en forma de lingua ata 
que a ablación a vai 
consumindo. O 
modelado glaciar 
produce linguas e 
circos glaciares.
GLACIS 
• Rampla con maino 
pendente. Forma 
típica de somonte que 
se enraíza nunha 
vertente montañosa e 
enlaza co fondo dun 
val ou depresión. É o 
resultado dun proceso 
de erosión e/ou 
acumulación de 
materiais, en xeral, 
escasamente 
redondedos.
GRAVEN 
• Ver fosa tectónica.
HORST 
• Tamén coñecido como 
pilar tectónico. 
Bloque levantado, 
delimitado por un ou 
varios lados por fallas 
e relativamente saínte 
con respecto ó 
contorno.
IBONES 
• Lagos de orixe glaciar. 
Na época dos 
glaciares, estes 
escavaron pequenas 
cubetas 
que ao fundirse 
posteriormente o xeo, 
convertéronse en 
pequenos e profundos 
lagos. Hai máis de 
un milleiro nos 
Pirineus centrais.
ISTMO 
• Estreita lingua de 
terra que une dous 
continentes ou 
unha península cun 
continente
LAPIÁS 
• Superficies 
rochosas con 
numerosas 
canalizacións e 
surcos en rochas 
calcarias.
LINGUA GLACIAR 
• Val en forma en 
“U” por onde se 
despraza en xeo 
dun glaciar 
pendente abaixo.
LITOSFERA 
• Capa ríxida 
constituínte do globo 
terráqueo, sitúada por 
riba da astenosfera, 
viscosa, que abrangue 
algunhas decenas de 
quilómetros de 
espesor ata a 
superficie (nela 
inclúese a codia 
terrestre e a parte 
máis externa do 
manto).
LITOLOXÍA 
• Parte da Xeoloxía que 
estuda as rochas.
MACIZO 
• Relevo montañoso 
compacto, 
uniforme nas súas 
características e 
de límites ben 
definidos. 
Conxunto de 
relevos 
montañosos. 
MACIZO HESPÉRICO
MAGMA, MAGMATISMO 
• Proceso magmático. O 
magma é a masa de roca 
fundida baixo a superficie 
da Terra, a moi elevadas 
temperaturas e a enormes 
presións. Cando se 
solidifica baixo a codia 
terrestre dá lugar a 
rochas intrusivas ou 
plutónicas, e se alcanza a 
superficie convírtese en 
lava que, por solidificación 
da lugar a rochas 
extrusivas, eruptivas ou 
volcánicas.
MANTO DE CORREMENTO 
• Conxunto de 
pliegues que 
sufriron unha 
presión orogénica 
tan intensa que 
foron desprazados 
do lugar no que se 
sedimentaron. 
Véxase alóctono.
MARISMA 
• Zona baixa e 
pantanosa inundada 
polas augas do mar ou 
pola desembocadura 
dun 
río. Son espazos 
morfoloxicamente 
inestables, con 
hábitat peculiar e en 
proceso de 
ateigamento. Ej. 
As marismas do 
Guadalquivir.
MESETA 
• Superficie cha de 
importante extensión, 
horizontal ou 
lixeiramente 
basculada, elevada con 
respecto ó nivel do 
mar. Apenas presenta 
accidentes 
topográficos de 
importancia tan só 
colinas ou cerros 
testigos.
METAMORFISMO 
• Transformación que sufren 
as rochas no interior da 
codia terrestre a 
consecuencia de cambios 
de temperatura e presión, 
coa introducción de gases 
e disolucións. As novas 
rochas orixinadas (rochas 
metamórficas) sufren na 
transformación (química-mecánica) 
un cambio de 
estructura, de textura ou 
de composición mineral.
MODELADO KÁRSTICO 
• Nome derivado da rexión 
de Karst que indica o 
modelado sobre rochas 
calizas producido pola 
disolución da mesma ante 
augas con alto contido en 
CO2, e por tanto disolvendo 
a cal en bicarbonatos 
cálcicos e creando formas 
peculiares como dolinas, 
uvalas, lapiaces ou poljes.
MORRENA 
• Forma de acumulación glaciaria 
caracterizada porque os seus 
depósitos ó revés do que sucede 
nos solos, non están 
estratrificados (mestúranse 
gravas, limos e arxilas), non teñen 
tamaños homoxénos e presentan 
formas angulosas. Distinguimos, 
segundo o lugar que ocupan, 
morrenas laterais, constituídas 
por materiais arrincados ás 
paredes do val ou que caeron 
sobre o glaciar; morrena central, 
cando conflúen as morrenas 
laterais; morrena interna, a 
transportada no interior do 
glaciar; de fondo...
OROXÉNESE 
• Proceso de 
dobramento e 
formación de 
oróxenos ou 
cordilleiras.
OROXÉNESE ALPINA 
• Creación de montañas na 
era terciaria ou cenozoica 
dentro do período do 
paleóxeno hai 60 millóns 
de anos. Como os 
materiais son moi 
recentes e 
maioritariamente 
sedimentarios, 
responderon á tectónica 
de plegamento. Os 
relevos máis vigorosos da 
península pertencen a esta 
oroxenia como son os 
Pireneos e o Sistema 
Bético.
OROXÉNESE 
HERCINIANA 
• Creación de montañas 
na era primaria ou 
paleozoica dentro do 
período devónico ó 
carbonífero hai 300 
millóns de anos. Como 
os materiais son moi 
antigos e ríxidos, 
posteriores oroxenias 
fixeron que 
respondesen 
fracturándose. As 
elevacións do sector 
occidental da 
Península Ibérica 
pertenencen a esta 
oroxenia.
PANXEA 
• Nome asignado por 
Alfred Wegener para 
definir ó supercontinente 
formado pola unión de 
tódoos continentes 
actuais. Os xeólogos 
distinguen dúas Panxeas: 
Panxea I: dende o inicio 
da Terra ata que empezou 
a fragmentarse ó inicio 
da era primaria para 
logo volverse a unir 
durante o período 
Carbonífero: Panxea II.
PÁRAMO 
• Superficie de erosión 
ben constituída que pode 
estar fosilizada por 
potentes estratos 
sedimentarios. 
Caracterízase por unha, 
máis ou menos, elevada 
altitude cunha clara 
tendencia á planitude 
por amosar solos pouco 
desenvolvidos, rochosos 
ou pedregosos, e por 
unha escasa vexetación. 
Terreo ermo, raso e 
desabrigado.
PAROXISMO 
• Período de máxima 
intesidade nun 
movemento 
oroxénico.
PENEDOS (BERROCAIS) 
• Zona de pedras graníticas 
de formas máis ou menos 
redondeadas. Tamén 
reciben o nome de 
paisaxe de bolas ou 
bloques. En Galicia e no 
Sistema Central afloran 
moito este tipo de 
modelado nas rochas 
graníticas por erosión da 
codia diaclasada.
PENECHAIRA 
• Chairas case uniformes 
producidas pola erosión 
continua durante millóns 
de anos. Relevo pouco 
diferenciado, semellante a 
unha chaira suavemente 
ondulada con amplos vals 
en forma de artesa (“U”) 
resultado dun ciclo normal 
de erosión característico 
de longos períodos de 
calmas tectónicas como o 
que transcurre entre os 
movementos hercinianos e 
alpinos, ou dende este 
último ata a actualidade.
PERFIL TOPOGRÁFICO 
• Liña que representa as 
variacións altitudinais 
do relevo e as súas 
formas levantadas a 
partir dun mapa onde 
están representadas as 
isohipsas ou curvas de 
nivel.
PERIGLACIAR 
• Sistema de erosión 
caracterizado pola 
actividade da auga 
alternada coa do xeo e 
o desxeo, responsable 
das formas de 
modelado que 
atopamos no dominio 
do seu mesmo nome, 
que se localiza nas 
marxes do dominio 
glaciario. Nas Serras 
dos Ancares, Meira, 
Queixa... existen 
moitos exemplos 
deste modelado.
PLACA TECTÓNICA 
• Dícese dos casquetes 
esféricos, ríxidos, nos 
que se subdivide a 
codia terrestre* e 
parte do manto*. As 
placas mobilízanse 
unhas respecto ás 
outras. O conxunto de 
materiais que forman 
as placas denomínase 
litosfera*.
POLXÉ 
• Depresión de tipo 
cárstico delimitada 
por barrancos 
abruptos.
PREGAMENTO 
• Flexión de 
materiais plásticos 
durante unha 
oroxenia.
RAMBLA 
• Canle natural das 
augas de choiva cando 
caen con 
extraordinaria 
abundancia, ou canle 
moi ancha polo que a 
maior parte do ano, ou 
ás veces durante anos, 
non discorre a auga e 
que tras 
unha choiva intensa 
conduce un torrente 
de curta duración.
REGRESIÓN MARIÑA 
• Retroceso do mar 
nos períodos de 
glaciacións ó 
descender o nivel 
deste.
Relevo apalachense 
• Véxase erosión 
diferencial.
RELEVO EN COSTA 
• Relevo disimétrico 
formado por unha 
fronte ou escarpe e un 
reverso ou dorso de 
pendente 
máis suave, localízase 
nos bordos das concas 
fluviais e é o 
resultante da 
erosión diferencial 
dunha estrutura 
sedimentaria 
monoclinal con 
superposición de capas 
resistentes 
e capas brandas 
debilmente inclinadas.
RELEVO TABULAR 
• É o relevo horizontal 
exhumado pola rede fluvial, 
que se atopa no 
centro dunha conca 
sedimentaria posterior á 
oroxenia alpina, polo que non 
sufriu ningunha 
deformación orogénica 
formado pola alternancia de 
estratos que ofrecen distinta 
resistencia á 
erosión, e que están coroados 
por unha capa máis dura. 
Cando os procesos de erosión 
fluvial diseccionan estas 
plataformas estruturais, 
orixínanse 
formas residuais afastadas do 
resto de materiais 
semellantes: son os cerros 
testemuñas. Unha 
vez desaparecido o 
coronamiento das rocas máis 
resistentes, o relevo
RÍA 
• Val fluvial 
mergullado, 
resultante da 
elevación do nivel 
do mar (eustasia) 
ou do 
afundimento da 
masa continental.
ROCHA ARXILOSA 
• Rocha 
sedimentaria de 
orixe detrítico.
ROCHA CALCARIA 
• Rocha 
sedimentaria de 
orixe químico.
ROCHAS ÍGNEAS 
• Rochas de orixe interno 
por consolidación do 
magma no interior da 
Terra. Poden ser intrusivas 
ou plutónicas se cristaliza 
o seu magma no interior da 
codia terrestre como por 
exemplo o granito, 
peridotita, gabros... ou 
extrusivas ou volcáncias: 
se o seu magma é 
explusado ó exterior e non 
cristalizan no interior da 
Terra como por exemplo o 
basalto.
ROCHA METAMÓRFICA 
• Rochas afectadas 
polo 
metamorfismo* 
como por exemplo 
o mármore, 
pizarra, xisto, 
cuarciña, gneis...
ROCHA SEDIMENTARIA 
• Rochas creadas polo 
proceso de erosión 
doutros materiais: 
poden ser clásticas ou 
detríticas se a 
alteración e mecánica: 
conglomerados, areica, 
areas, arxilas... Se 
alteración é química: 
caliza, xeso, sales... Se 
a alteración é 
orgánica 
(descomposición de 
seres vivos animais ou 
vexetais): carbóns, 
petróleo...
ROCHA SILICEA 
• Rochas con ph 
ácido onde 
predominan o 
mineral sílice e o 
aluminio por 
exemplo o granito.
SEDIMENTACIÓN 
• Proceso de 
acumulación de 
detritos 
ocasionados pola 
erosión.
SINCLINAL 
• Parte da prega que 
se fonde e que en 
xeral presenta 
unha forma de 
cunca. Concavidade 
cara o exterior da 
terra.
SUBDUCIÓN 
• Dícese dunha placa 
tectónica que se 
introduce por 
debaixo doutra.
TRANSGRESIÓN MARIÑA 
• Inundación da auga 
do mar nos 
momentos dos 
dexelos das 
grandes 
glaciacións. A 
inundación dos 
fiordos e das rías 
débese a este tipo 
de episodio.
XELIFRACCIÓN/XELIVACIÓN 
• Termo xeomorfolóxico que 
describe a meteorización 
mecánica das rochas por 
conxelación do auga. 
Prodúcese a expansión, 
fracturación e 
desintegración das 
mesmas. A súa 
efectividade depende do 
tamaño dos poros e dos 
cambios bruscos de 
temperatura. Dá lugar á 
formación dos “canchais”. 
Dáse en climas fríos e 
húmidos.
XEOLOXÍA 
• Ciencia que estudia 
a orixe, formación, 
estructura e 
historia da Terra.
XEOSINCLINAL 
• Rego ou depresión da 
codia terrestre onde 
vanse acumulando gran 
cantidade de 
sedimentos, que 
posteriormente son 
erguidos e plegados. Os 
geosinclinales adoitan 
formar parte de 
grandes cubetas 
sedimentarias mariñas 
que, conforme van 
acumulando 
sedimentos, 
teñen procesos de 
afundimento.
ZÓCOLO 
• Masa de materiais 
antigos consolidados, 
que sirven de 
superficie de soporte 
dos materiais 
sedimentarios e cando 
afloran dícese del que 
é unha superficie de 
erosión.

More Related Content

What's hot (20)

Temas opción a
Temas opción aTemas opción a
Temas opción a
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Relevo 03 litol
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litol
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Tema1 xeo
Tema1 xeoTema1 xeo
Tema1 xeo
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
 
Unidade 1 relevo
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Introdución á Xeografía
Introdución á XeografíaIntrodución á Xeografía
Introdución á Xeografía
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)
 
Ríos de Galicia
Ríos de GaliciaRíos de Galicia
Ríos de Galicia
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
 

Viewers also liked

Vocabulario ilustrado clima
Vocabulario ilustrado climaVocabulario ilustrado clima
Vocabulario ilustrado climaAgrela Elvixeo
 
A pesca en España e Galicia
A pesca en España e GaliciaA pesca en España e Galicia
A pesca en España e GaliciaAgrela Elvixeo
 
Tempo e clima en España
Tempo e clima en EspañaTempo e clima en España
Tempo e clima en EspañaAgrela Elvixeo
 
A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015Agrela Elvixeo
 
O medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en EspañaO medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en EspañaAgrela Elvixeo
 
A auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en EspañaA auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en EspañaAgrela Elvixeo
 
Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016Agrela Elvixeo
 
O espazo urbano en España
O espazo urbano en EspañaO espazo urbano en España
O espazo urbano en EspañaAgrela Elvixeo
 
Poboación España 2016
Poboación España 2016Poboación España 2016
Poboación España 2016Agrela Elvixeo
 
Parques nacionais de España
Parques nacionais de EspañaParques nacionais de España
Parques nacionais de EspañaAgrela Elvixeo
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaAgrela Elvixeo
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAgrela Elvixeo
 
Minería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e GaliciaMinería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e GaliciaAgrela Elvixeo
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSAgrela Elvixeo
 
Sector terciario en España
Sector terciario en EspañaSector terciario en España
Sector terciario en EspañaAgrela Elvixeo
 
glaciares argentinos oldani.ppt
glaciares argentinos oldani.pptglaciares argentinos oldani.ppt
glaciares argentinos oldani.pptkarinaoldani
 
Vocabulario del Relieve
Vocabulario del RelieveVocabulario del Relieve
Vocabulario del Relievequintob
 

Viewers also liked (20)

Río Monelos
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
 
Vocabulario ilustrado clima
Vocabulario ilustrado climaVocabulario ilustrado clima
Vocabulario ilustrado clima
 
A pesca en España e Galicia
A pesca en España e GaliciaA pesca en España e Galicia
A pesca en España e Galicia
 
Tempo e clima en España
Tempo e clima en EspañaTempo e clima en España
Tempo e clima en España
 
A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015
 
O medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en EspañaO medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en España
 
A auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en EspañaA auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en España
 
Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016
 
O espazo urbano en España
O espazo urbano en EspañaO espazo urbano en España
O espazo urbano en España
 
Poboación España 2016
Poboación España 2016Poboación España 2016
Poboación España 2016
 
Parques nacionais de España
Parques nacionais de EspañaParques nacionais de España
Parques nacionais de España
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
 
Minería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e GaliciaMinería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e Galicia
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
 
Industria en España
Industria en España Industria en España
Industria en España
 
Sector terciario en España
Sector terciario en EspañaSector terciario en España
Sector terciario en España
 
Término hidrografía
Término hidrografíaTérmino hidrografía
Término hidrografía
 
glaciares argentinos oldani.ppt
glaciares argentinos oldani.pptglaciares argentinos oldani.ppt
glaciares argentinos oldani.ppt
 
Vocabulario del Relieve
Vocabulario del RelieveVocabulario del Relieve
Vocabulario del Relieve
 

Similar to Vocabulario ilustrado do relevo (20)

O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
XEO2-Rochedo
XEO2-RochedoXEO2-Rochedo
XEO2-Rochedo
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
O relevo e a tectónica (3)
O relevo e a tectónica (3)O relevo e a tectónica (3)
O relevo e a tectónica (3)
 
Presentación deriva continental
Presentación deriva continentalPresentación deriva continental
Presentación deriva continental
 
Variedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península IbéricaVariedade litolóxica da Península Ibérica
Variedade litolóxica da Península Ibérica
 
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesTema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestre
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)
 
Relevo 2016
Relevo 2016Relevo 2016
Relevo 2016
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoría
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)
 
Tipos de modelado
Tipos de modeladoTipos de modelado
Tipos de modelado
 
Dinámica externa
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Vocabulario ilustrado do relevo

  • 1. ALBUFEIRA • Lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area.
  • 2. Alóctono (Manto de corremento) • Denomínase o solo formado por un material procedente dun lugar diferente de onde está situado como consecuencia do corremento dun pregue cabalgado.
  • 3. Aluvión • Particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario. Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión.
  • 4. ANTICLINAL • Pregue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de forzas tectónicas compresivas.
  • 5. BAD LANDS ou CÁRCAVA • Formas de erosión sobre materiais sedimentarios margoso-arxilosos nun medio semiárido; éstos foron fortemente diseccionadas pola acción intensa del augua, dando lugar a unha densa rede de barrancos fortemente encaixados e separados por cristas agudas.
  • 6. BAÍA • Entrante costeiro marítimo curvo de menor rango que un golfo pero maior que unha enseada. Pode servir de abrigo para a navegación.
  • 7. CABO • Promontorio que sobresae cara o mar dende a costa, normalmente formando un cantil mariño importante
  • 8. CALDEIRAS • Son grandes cráteres circulares orixinados pola explosión ou subsidencia (afundimiento) de volcáns. Son famosas a caldeira de explosión de Bandama (Gran Canaria) e a de subsidencia das Cañadas (Tenerife).
  • 9. CAMPIÑA • Son chairas baixas onde se alternan capas de arxila, arenitas e outras rochas • sedimentarias, e que se caracterizan pola suavidade do seu modelado, con alternancia de lomas e vaguadas e • por estar formada por varios niveis de terrazas fluviais escalonadas que soportan un intensivo • aproveitamento agrícola. • Na Meseta Central española atópanse claros exemplos (cobertera formada por materiais sediemtarios) sobre zócolo primario.
  • 10. CANCHAIS • Acumulación de pedras de gran tamaño nas vertentes montañosas como consecuencia da erosión.
  • 11. CANTIL • Zona da costa escarpada e rochosa, de paredes verticais, a causa da erosión do mar
  • 12. CERRO TESTEMUÑA • Outeiro illado, testemuña da evolución e retroceso dun relevo de plataforma (páramo) ou en costa. A pervivencia deste se produce pola existencia dunha rocha sólida no seu cumio.
  • 13. CIRCO GLACIAR • Depresión ou cubeta de erosión glaciar de forma semicircular, limitada por escarpes rochosos de acusada pendente e localizada por debaixo do nivel de cumios.
  • 14. CORDILLEIRA • Serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron ou fracturaron os materiais que a compoñen e onde o conxunto presenta caracteres xeolóxicos e estructurais comúns.
  • 15. COSTA • Espacio lindante entre o mar e a terra en constante transformación debido á abrasión do mar.
  • 16. CURVA DE NIVEL OU ISOHIPSA • As curvas de nivel son as líñas que unen nos mapas topográficos os puntos que teñen igual altitude, por encima ou por debaixo do nivel de referencia -nivel do mar-. As curvas de maior grosor denominanse curvas mestras, éstas levan o valor numérico de altitude.
  • 17. DELTA • Deposito de acumulación aluvial con forma de abano, localizado na desembocadura dun río. Orixínase porque a carga de material en suspensión que leva o río é superior á capacidade de erosión do mar.
  • 18. DERIVA CONTINENTAL • Teoría fundamentada por Wegener a comenzos do século pasado que afirma que as placas continentais, que flotan sobre a sima, de maior densidade, deprazándose e formando os continentes actuais sobre a base dunha placa continental inicial denominanda Panxea.
  • 19. DIÁCLASE • Unha diáclase é unha fractura nas rochas que non vai acompañada de escorregamento dos bloques que determina, non sendo o desprazamento máis que unha mínima separación transversal. Distínguense así das fallas, fracturas nas que se hai escorregamento dos bloques. Son estruturas moi abundantes.
  • 20. DOLINA • Depresión pechada, máis ou menos circular, de profundidade e diámetro variables (dende uns poucos metros ata un centenar), propia das rexións calcáreas e asociada a procesos de disolución. No seu fondo acumúlanse materiais coluviales, especialmente terra rossa, arxilas avermelladas de descalcificación. • Normalmente orixínase a partir dun sumidoiro, punto no que unha corrente superficial fíltrase cara ao interior da terra nun terreo calizo. Cando varias dolinas únense dan lugar ás chamadas uvalas, que presentan unhas maiores dimensións e un contorno sinuoso. En España algúns autores fan sinónimos os termos dolina e torca, aínda que outros prefiren reservar este segundo para aludir a dolinas de afundimento, algunhas ocupadas por charcas permanentes ou temporais no seu fondo. Constitúen formas típicas do relevo cárstico (véxase Modelado calizo). • Na península Ibérica pódense atopar numerosos exemplos de torcas escavadas sobre material calizo, como no Parque natural Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os situados na provincia de Cuenca, en Castela- A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de Antequera (na provincia de Málaga, Andalucía).
  • 21. DUNA • Montículo ou elevación constituída por unha morea de area acumulada polo vento en medios costeiros ou áridos.
  • 22. ESTALACTITA • Columna de material calcario que colga do teito dunha cova.
  • 23. ESTALAGMITA • Columna calcaria que se levantan do chan dunha cova.
  • 24. EROSIÓN • Proceso de modelado da superficie terrestre provocado por axentes climáticos, químicos, mecánicos e antrópicos: glaciares, vento, temperatura e auga nos seus distintos estados, etc. que van actuando lentamente sobre os elementos que resaltan do relevo, ata que co tempo chegan a modificar a súa forma. No ciclo erosivo participan tres proceso: erosión (propiamente dito), transporte e sedimentación. Á erosión de vertentes se lle denomina erosión areolar, á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal.
  • 25. EROSIÓN DIFERENCIAL • Erosión producida en áreas onde a topografía é inicialmente similar (unha chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo Apalachense.
  • 26. ESTRATO SEDIMENTARIO • Cada unha das capas de características uniformes e diferenciadas doutras capas que son parte integrante dunha rocha sedimentaria. Os rasgos distintivos poden ser: composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre dous estratos contiguos hai unha solución de continuidade ben definida que se coñece como plano de estratificación.
  • 27. ESTRUTURA ALPINA • Estrutura tectónica de pregamento que presenta plegues convexos (anticlinais) e outros cóncavos (sinclinais). É propio de montañas xoves creadas durante a denominada oroxenia alpina na era terciaria. O Sistema Bético e parte da cordilleira dos Perineos e modelo desta estrutura.
  • 28. ESTRUTURA SAXÓNICA • Estructura onde se alterna a tectónica de plegamento coa de fallas. A este tipo de montañas tamén se lle denomina como intermedias. O Sistema Ibérico é un exemplo desta tectónica dentro da Península Ibérica.
  • 29. ESTRUTURA XERMÁNICA • Estrutura tectónica de fracturas que presenta bloques levantados (horst) e bloques afundidos (fosa tectónica ou graven). É propia de macizos antigos. É propio da oroxenia herciniana ou doutras anteriores (huroniana ou caledoniana). O macizo hespérico (situado na franxa occidental peninsual onde se integra o Macizo Galaico) sirve de modelo.
  • 30. FALLA • Ruptura dunha superficie en dous ou máis bloques, dislocados por movementos diferenciais de desplazamento máis ou menos vertical.
  • 31. FOSA TECTÓNICA • Ou graven. Bloque fundido, delimitado por un ou varios lados por fallas e bloques saíntes con respecto a éste.
  • 32. FOZ (GARGANTA, DESFILADEIRO) • Cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río.
  • 33. GLACIAR • Masa de xeo acumulada por riba do límite de neves perpetuas, dende onde se despraza val abaixo en forma de lingua ata que a ablación a vai consumindo. O modelado glaciar produce linguas e circos glaciares.
  • 34. GLACIS • Rampla con maino pendente. Forma típica de somonte que se enraíza nunha vertente montañosa e enlaza co fondo dun val ou depresión. É o resultado dun proceso de erosión e/ou acumulación de materiais, en xeral, escasamente redondedos.
  • 35. GRAVEN • Ver fosa tectónica.
  • 36. HORST • Tamén coñecido como pilar tectónico. Bloque levantado, delimitado por un ou varios lados por fallas e relativamente saínte con respecto ó contorno.
  • 37. IBONES • Lagos de orixe glaciar. Na época dos glaciares, estes escavaron pequenas cubetas que ao fundirse posteriormente o xeo, convertéronse en pequenos e profundos lagos. Hai máis de un milleiro nos Pirineus centrais.
  • 38. ISTMO • Estreita lingua de terra que une dous continentes ou unha península cun continente
  • 39. LAPIÁS • Superficies rochosas con numerosas canalizacións e surcos en rochas calcarias.
  • 40. LINGUA GLACIAR • Val en forma en “U” por onde se despraza en xeo dun glaciar pendente abaixo.
  • 41. LITOSFERA • Capa ríxida constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia terrestre e a parte máis externa do manto).
  • 42. LITOLOXÍA • Parte da Xeoloxía que estuda as rochas.
  • 43. MACIZO • Relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos. Conxunto de relevos montañosos. MACIZO HESPÉRICO
  • 44. MAGMA, MAGMATISMO • Proceso magmático. O magma é a masa de roca fundida baixo a superficie da Terra, a moi elevadas temperaturas e a enormes presións. Cando se solidifica baixo a codia terrestre dá lugar a rochas intrusivas ou plutónicas, e se alcanza a superficie convírtese en lava que, por solidificación da lugar a rochas extrusivas, eruptivas ou volcánicas.
  • 45. MANTO DE CORREMENTO • Conxunto de pliegues que sufriron unha presión orogénica tan intensa que foron desprazados do lugar no que se sedimentaron. Véxase alóctono.
  • 46. MARISMA • Zona baixa e pantanosa inundada polas augas do mar ou pola desembocadura dun río. Son espazos morfoloxicamente inestables, con hábitat peculiar e en proceso de ateigamento. Ej. As marismas do Guadalquivir.
  • 47. MESETA • Superficie cha de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ó nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia tan só colinas ou cerros testigos.
  • 48. METAMORFISMO • Transformación que sufren as rochas no interior da codia terrestre a consecuencia de cambios de temperatura e presión, coa introducción de gases e disolucións. As novas rochas orixinadas (rochas metamórficas) sufren na transformación (química-mecánica) un cambio de estructura, de textura ou de composición mineral.
  • 49. MODELADO KÁRSTICO • Nome derivado da rexión de Karst que indica o modelado sobre rochas calizas producido pola disolución da mesma ante augas con alto contido en CO2, e por tanto disolvendo a cal en bicarbonatos cálcicos e creando formas peculiares como dolinas, uvalas, lapiaces ou poljes.
  • 50. MORRENA • Forma de acumulación glaciaria caracterizada porque os seus depósitos ó revés do que sucede nos solos, non están estratrificados (mestúranse gravas, limos e arxilas), non teñen tamaños homoxénos e presentan formas angulosas. Distinguimos, segundo o lugar que ocupan, morrenas laterais, constituídas por materiais arrincados ás paredes do val ou que caeron sobre o glaciar; morrena central, cando conflúen as morrenas laterais; morrena interna, a transportada no interior do glaciar; de fondo...
  • 51. OROXÉNESE • Proceso de dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras.
  • 52. OROXÉNESE ALPINA • Creación de montañas na era terciaria ou cenozoica dentro do período do paleóxeno hai 60 millóns de anos. Como os materiais son moi recentes e maioritariamente sedimentarios, responderon á tectónica de plegamento. Os relevos máis vigorosos da península pertencen a esta oroxenia como son os Pireneos e o Sistema Bético.
  • 53. OROXÉNESE HERCINIANA • Creación de montañas na era primaria ou paleozoica dentro do período devónico ó carbonífero hai 300 millóns de anos. Como os materiais son moi antigos e ríxidos, posteriores oroxenias fixeron que respondesen fracturándose. As elevacións do sector occidental da Península Ibérica pertenencen a esta oroxenia.
  • 54. PANXEA • Nome asignado por Alfred Wegener para definir ó supercontinente formado pola unión de tódoos continentes actuais. Os xeólogos distinguen dúas Panxeas: Panxea I: dende o inicio da Terra ata que empezou a fragmentarse ó inicio da era primaria para logo volverse a unir durante o período Carbonífero: Panxea II.
  • 55. PÁRAMO • Superficie de erosión ben constituída que pode estar fosilizada por potentes estratos sedimentarios. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude cunha clara tendencia á planitude por amosar solos pouco desenvolvidos, rochosos ou pedregosos, e por unha escasa vexetación. Terreo ermo, raso e desabrigado.
  • 56. PAROXISMO • Período de máxima intesidade nun movemento oroxénico.
  • 57. PENEDOS (BERROCAIS) • Zona de pedras graníticas de formas máis ou menos redondeadas. Tamén reciben o nome de paisaxe de bolas ou bloques. En Galicia e no Sistema Central afloran moito este tipo de modelado nas rochas graníticas por erosión da codia diaclasada.
  • 58. PENECHAIRA • Chairas case uniformes producidas pola erosión continua durante millóns de anos. Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vals en forma de artesa (“U”) resultado dun ciclo normal de erosión característico de longos períodos de calmas tectónicas como o que transcurre entre os movementos hercinianos e alpinos, ou dende este último ata a actualidade.
  • 59. PERFIL TOPOGRÁFICO • Liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas levantadas a partir dun mapa onde están representadas as isohipsas ou curvas de nivel.
  • 60. PERIGLACIAR • Sistema de erosión caracterizado pola actividade da auga alternada coa do xeo e o desxeo, responsable das formas de modelado que atopamos no dominio do seu mesmo nome, que se localiza nas marxes do dominio glaciario. Nas Serras dos Ancares, Meira, Queixa... existen moitos exemplos deste modelado.
  • 61. PLACA TECTÓNICA • Dícese dos casquetes esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que forman as placas denomínase litosfera*.
  • 62. POLXÉ • Depresión de tipo cárstico delimitada por barrancos abruptos.
  • 63. PREGAMENTO • Flexión de materiais plásticos durante unha oroxenia.
  • 64. RAMBLA • Canle natural das augas de choiva cando caen con extraordinaria abundancia, ou canle moi ancha polo que a maior parte do ano, ou ás veces durante anos, non discorre a auga e que tras unha choiva intensa conduce un torrente de curta duración.
  • 65. REGRESIÓN MARIÑA • Retroceso do mar nos períodos de glaciacións ó descender o nivel deste.
  • 66. Relevo apalachense • Véxase erosión diferencial.
  • 67. RELEVO EN COSTA • Relevo disimétrico formado por unha fronte ou escarpe e un reverso ou dorso de pendente máis suave, localízase nos bordos das concas fluviais e é o resultante da erosión diferencial dunha estrutura sedimentaria monoclinal con superposición de capas resistentes e capas brandas debilmente inclinadas.
  • 68. RELEVO TABULAR • É o relevo horizontal exhumado pola rede fluvial, que se atopa no centro dunha conca sedimentaria posterior á oroxenia alpina, polo que non sufriu ningunha deformación orogénica formado pola alternancia de estratos que ofrecen distinta resistencia á erosión, e que están coroados por unha capa máis dura. Cando os procesos de erosión fluvial diseccionan estas plataformas estruturais, orixínanse formas residuais afastadas do resto de materiais semellantes: son os cerros testemuñas. Unha vez desaparecido o coronamiento das rocas máis resistentes, o relevo
  • 69. RÍA • Val fluvial mergullado, resultante da elevación do nivel do mar (eustasia) ou do afundimento da masa continental.
  • 70. ROCHA ARXILOSA • Rocha sedimentaria de orixe detrítico.
  • 71. ROCHA CALCARIA • Rocha sedimentaria de orixe químico.
  • 72. ROCHAS ÍGNEAS • Rochas de orixe interno por consolidación do magma no interior da Terra. Poden ser intrusivas ou plutónicas se cristaliza o seu magma no interior da codia terrestre como por exemplo o granito, peridotita, gabros... ou extrusivas ou volcáncias: se o seu magma é explusado ó exterior e non cristalizan no interior da Terra como por exemplo o basalto.
  • 73. ROCHA METAMÓRFICA • Rochas afectadas polo metamorfismo* como por exemplo o mármore, pizarra, xisto, cuarciña, gneis...
  • 74. ROCHA SEDIMENTARIA • Rochas creadas polo proceso de erosión doutros materiais: poden ser clásticas ou detríticas se a alteración e mecánica: conglomerados, areica, areas, arxilas... Se alteración é química: caliza, xeso, sales... Se a alteración é orgánica (descomposición de seres vivos animais ou vexetais): carbóns, petróleo...
  • 75. ROCHA SILICEA • Rochas con ph ácido onde predominan o mineral sílice e o aluminio por exemplo o granito.
  • 76. SEDIMENTACIÓN • Proceso de acumulación de detritos ocasionados pola erosión.
  • 77. SINCLINAL • Parte da prega que se fonde e que en xeral presenta unha forma de cunca. Concavidade cara o exterior da terra.
  • 78. SUBDUCIÓN • Dícese dunha placa tectónica que se introduce por debaixo doutra.
  • 79. TRANSGRESIÓN MARIÑA • Inundación da auga do mar nos momentos dos dexelos das grandes glaciacións. A inundación dos fiordos e das rías débese a este tipo de episodio.
  • 80. XELIFRACCIÓN/XELIVACIÓN • Termo xeomorfolóxico que describe a meteorización mecánica das rochas por conxelación do auga. Prodúcese a expansión, fracturación e desintegración das mesmas. A súa efectividade depende do tamaño dos poros e dos cambios bruscos de temperatura. Dá lugar á formación dos “canchais”. Dáse en climas fríos e húmidos.
  • 81. XEOLOXÍA • Ciencia que estudia a orixe, formación, estructura e historia da Terra.
  • 82. XEOSINCLINAL • Rego ou depresión da codia terrestre onde vanse acumulando gran cantidade de sedimentos, que posteriormente son erguidos e plegados. Os geosinclinales adoitan formar parte de grandes cubetas sedimentarias mariñas que, conforme van acumulando sedimentos, teñen procesos de afundimento.
  • 83. ZÓCOLO • Masa de materiais antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión.