SlideShare a Scribd company logo
Tema 1. Formación e evolución xeomorfolóxica da P. I. e das Illas Canarias e Baleares. Tipos
de unidades morfoestruturais.
TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS: Unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna
que adopta o relevo. Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a
levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da
sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as
grandes unidades morofestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e
concas sedimentarias ou depresións. a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como
resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de montañas) desta mesma
era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos
empuxes oroxénicos, non se pregan senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos
predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península. b) Os macizos antigos
son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como
consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade,
estes macizos presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península, son macizos
antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da
cordilleira Cantábrica. c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese
da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era
secundaria. Distínguense dous tipos: - Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos
bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica). - Cordilleiras alpinas, formadas polo
pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras
Béticas). Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa
relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas
formadas na era terciaria e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas
sedimentarias son de dous tipos: - As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa
das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana). - As depresións
prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe
explicouse pola descompresión posterior ó levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns
fragmentos; ou porque, ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco profundas
que acabaron colmándose. Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque
non foron afectados por oroxéneses posteriores. FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA
PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns
de anos na que se alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación. a)
Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a
sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns
puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola
erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos. b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de
anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras
hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arradado
pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noroeste
apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron
tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos. c) A era secundaria ou Mesozoico (225-
68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o
aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos
de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira non moi
potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron enormes espesuras de
sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética. d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de
anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta: - Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os
materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os
Pirineos entre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre
os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico. - Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e
entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas. - A
Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a
orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos
da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando
a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas
levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou
fracturas e fallas. Estas últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou
rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o Macizo
Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as depresións
interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén deron lugar á actividade
volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de Gata. A partir dos movementos oroxénicos
alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron fortemente as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de
seixos ós pés das montañas) e colmaron as depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas
practicamente chás. Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a oroxénse
alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que
deron lugar ás illas. e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a
formación de terrazas fluviais. - O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos, cordilleira Cantábrica,
Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo
redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as rochas das paredes do circo, de modo que este faise
cada vez maior e as súas formas fanse ercarpadas. Na Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de
circo e cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos. Os glaciares de val fórmanse cando a espesura do xeo
acumulado no circo é grande. Entón o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos
rochosos que escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó fundirse o xeo, se
converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por unha potente capa de xeo, da que partían
glaciares que crearon vales en “U” e lagos. - A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos
chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas
do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e
depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o
caudal e a forza erosiva dos ríos, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións
acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario
deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o
Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro
Tema 2. Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.
España caracterízase por unha gran diversidade de tempo atmosférico e de climas, que é o resultado da combinación
dun amplo número de factores e de elementos climáticos. Os factores son os aspectos que exercen unha influencia
permanente e inalterable sobre o clima. Poden agruparse en dous conxuntos: factores xeográficos e factores
termodinámicos. Os factores xeográficos Os factores xeográficos que explican os climas españois son a latitude, a
situación, a influencia do mar e o relevo. a) A latitude de España, situada na zona temperada do hemisferio norte,
determina a existencia de dúas estacións ben marcadas (verán e inverno), separadas por dúas de transición (primavera e
outono). En Canarias, pola súa localización no extremo sur da zona temperada, en contacto co dominio intertropical, os
contrastes entre estacións son menos marcados. b) A situación da Península, entre dúas masas de auga de caracterísitcas
térmicas distintas (o océano Atlántico e o mar Mediterráneo) en entre dous continentes (Europa e África) convértea
nunha encrucillada de masas de aire de características distintas. Canarias recibe tamén influencias atmosféricas variadas
debido á súa insularidade e á súa proximidade ás costas africanas. c) A influencia do mar é escasa na Península, froito
da súa grande anchura, das súas costas pouco recortadas e da existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Este
feito establece claras diferencias entre unha estreita periferia, aberta ó mar, e un ancho núcleo de terras interiores con
tendencia climática continental. Pola súa parte, a influencia do mar é decisiva nos dous arquipiélagos. d) O relevo inflúe
tamén no clima a causa da disposición, da altura e da orientación. - A disposición do relevo peninsular ten variadas
repercusións. · Os sistemas montañosos paralelos á costa frean a influencia do mar, que só penetra con claridade polo
val do Guadalquivir. · A posición (oeste-leste) da maioría dos relevos montañosos, favorece a entrada de masas de aire
marítimo do oeste. Non obstante, o carácter macizo da Península fai que diminúa a súa actividade ó penetrar no interior
e que as súas temperaturas se extremen. · As concas pechadas por montañas, como as depresións do Douro e do Ebro,
teñen precipitacións escasas (as masas de aire descargan a súa humidade nos sistemas montañosos que as bordean) e
néboas frecuentes causadas polo estancamento do aire. - A altura fai disminuír as temperaturas (aproximadamente 6º por
cada 1000 metros de ascenso) e determina precipitacións orográficas nas ladeiras de barlovento, precipitacións "ocultas"
(escarcha e rocío) e precipitacións "horizontais" (producidas polas nubes). - A orientación crea contrastes climáticos
entre os solleiros e as umbrías. Os factores termodinámicos Os factores termodinámicos do clima son os responsables
da circulación atmosférica ou sucesión de masas de aire, que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de
clima. A circulación atmosférica está rexida en altura pola corrente en chorro e, en superficie, polos centros de acción,
as masas de aire e as frontes. 1. A circulación en altura: a corrente en chorro Na zona temperada na que se sitúa España,
a cirulación atmosférica en altura está dirixida pola corrente en chorro ou jet stream. Trátase dunha forte corrente de
vento, de estructura tubular, que circula en dirección oeste-leste entre os nove e os once quilómetros de altitude, na
diferencia de altura existentente entre a tropopausa polar e a tropical. O chorro separa as baixas presións que hai sobre o
polo en altura, que quedan á esquerda da súa traxectoria, das altas presións tropicais, situadas á súa dereita. A corrente
en chorro é a responsable do tempo en superficie. Este depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente
e dos seus desprazamentos estacionais. - A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido (a máis de 150
km./h), presenta suaves ondulacións e ten un trazado case zonal (oeste-leste), con suaves ondulacións, que corresponden
en superficie coa fronte polar e as súas borrascas. Pero cando a súa velocidade diminúe, describe profundas
ondulacións: cristas ou dorsais que orixinan altas presións e vales ou valgadas que orixinan baixas presións. Ambas as
dúas reflíctense en superficie e dan lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos. As ondulacións, que poden chegar a
desprenderse do chorro principal, permítenlle ó aire polar penetrar moi ó sur, e ó aire tropical desprazarse cara ó norte, o
que lle dá gran variabilidade ó tempo da zona temperada. - Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude
determinan que afecte a España principalmente en inverno, mentres que en verán se traslada cara a latitudes máis
setrentionais e, polo xeral, só incide na franxa cantábrica peninsular. 2. A circulación en superficie: centros de acción,
masas de aire e frontes A circulación atmosférica está dirixida polos centros de acción, polas masas de aire e polas
frontes: a) Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha
unidade de superficie. Mídese en milibares (mb) mediante o barómetro e represéntase nos mapas do tempo mediante as
isóbaras ou liñas que unen puntos con igual presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4 mb. A presión normal é de
1013,5 mb, aínda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1016 mb. Unha alta presión ou anticiclón é
unha zona de altas presións rodeada por outras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das
agullas do reloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas
presións rodeada doutras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo.
Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada
doutras de presión máis alta. Os ventos circulan ó seu arredor en sentido contrario ó das agullas do reloxo. Produce
tempo inestable, frencuetemente chuvioso. Pola súa orixe, os centros de acción poden ser térmicos ou dinámicos: - Un
anticiclón térmico fórmase cando unha masa de aire arrefría: o aire frío pesa máis, descene e exerce unha alta presión.
Unha baixa térmica fórmase cando o aire se quenta: o aire quente pesa menos, elévase e exerce unha baixa presión. - Os
centros de acción dinámicos fórmanse en determinadas zonas nas que en altura a corrente en chorro forma cristas (áreas
anticiclónicas) ou valgadas (áreas depresionarias), que se reflicten en superficie. Os centros de acción que dirixen a
circulación sobre a Península son os seguintes: - Centros de acción anticiclónicos: o anticiclón das Azores, que no verán
se despraza cara ó norte e no inverno cara ó sur; os anticiclóns polares atlánticos; o anticiclón escandinavo, e os
anticiclóns térmicos do continente europeo e do interior da Península, formados polo arrefriamento do chan en inverno.
- Centros de acción depresionarios: a depresión de Islandia; a depresión do golfo de Xénova, formada cnado posicións
de aire frío continental europeo chegan ó Mediterráneo, máis cálido e húmido, e as depresións térmicas do norte de
África e do interior peninsular formadas polo quentamento do chan en verán. b) As masas de aire son porcións de aire
cunhas características determinadas de temperatura, humidade e presión. Estas características adquírenas nas súas
rexións de orixe, tamén chamadas rexións mananciais. Debido á latitude de España, as rexións mananciais das que
proceden as masas de aire que lle afectan son a zona ártica (A), a zona polar (P) e a zona tropical (T). As dúas primeiras
dan lugar a masas de aire frías e a terceira orixina masas de aire cálidas. Nos tres casos, e dependendo da superficie da
rexión de orixe, poden ser masas de aire marítimas húmidas (m) ou masas de aire continentais secas (c). Estas
caracterísitcas orixinais pódense modificar se as masas de aire percorren grandes distancias. Unha masa de aire fría que
descende en latitude, requéntase pola base e inestabilízase; pola contra, unha masa de aire cálida que ascende en latitude
arrefríase pola base e estabilízase. Unha masa de aire orixinariamente seca que realiza un percorrido mariño,
humedécese e inestabilízase; unha masa de aire orixinariamente húmida que realiza un percorrido continental, desécase
e estabilízase. c) As frontes son superficies que separan dúas masas de aire de características distintas. Polo tanto, a
ambos os dous lados dunha fronte prodúcese un cambio brusco das propiedades do aire. A fonte máis importante para
España é a fronte polar, que separa as masas de aire tropical e polar. As súas ondulacións constitúen as borrascas de
dúas frontes, cálida e fría, separadas por un sector cálido. Como a fronte fría avanza máis rapidamente, o sector cálido
estréitase ata desaparecer (oclusión). Con iso remata a enerxía da borrasca. Leer más:
http://noespazoenotempo.webnode.es/diversidade-climatica/tema/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
Tema 3. Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións.
Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións (Os transvases, a desalinización, a recuperación dos
acuíferos e o saneamento dos ríos) España é un terriotroio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida.
Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente superan os 1000 mm
anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas
de montaña. Nas terras de clima interior e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con
intensa evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos
hídricos. As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como
función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou. Os recursos hídricos son importantes nas
confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra mañteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar,
Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por
elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre a política de transvasamentos, a
desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos. As políticas de
transvasamentos A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de
transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona,
Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de pequenos transvasamentos de augas e de complexos
sistemas de distribución. Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha
forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo-
Segura. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita
auga por evaporación. Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos,
limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos.
Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales
salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur. A desalinización
da auga do mar Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas
desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para
desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custose mais o seu consumo de
enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e
Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea. A recuperación dos acuíferos As augas
subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de
pozos e o bombeo de auga. Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén
para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns
lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén
provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres. Nas áreas litorais, o risco máis grave é a
salinización da auga dos acuíferos. Para poder extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de
profundidade. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que
penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade. Esta auga non é apta
para algúns usos industriais nin para o consumo. A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a
gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade
de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns
acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen. Os plans de saneamento dos ríos En España aplícanse plans
de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo
estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida. Estes plans supoñen un
maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de
auga,para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco),
Cuadiaro (Andalucía) ou Besós (Cataluña). Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a
restauración dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos,regueiros e brañais.
Tema 4. Factores da diversidade bioxeográfica (Situación xeográfica e procesos naturais / acción
antrópica)
A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España. Esta maniféstase tanto nas características
do relevo, os contrastes climáticos e hídricos, e a distribución dos solos, coma nas diversas adaptacións ao medio que
realizaron os seres vivos. A súa vez, a actividade humana tamén influíu nos solos, na vexetación e na fauna; unhas veces
favorecendo o desenvolvemento de determinadas especies, e outras poñendo en perigo a súa supervivencia. Non
obstante, e malia a intensa e secular explotación dos recursos, España é actualmente un dos países da Unión Europea
onde a biodiversidade é máis elevada. Esto é debido a que posúe unhas condicións naturais que favorecen a existencia
de ambientes moi diferentes, o que permitiu o desenvolvemento de comunidades vexetais e animais moi variadas. Esta
notable diversidade explícase por diferentes factores; uns están relacionados directamente coa situación xeográfica e cos
procesos naturais, e outros coa actividade humana. - A situación xeográfica de España, entre o norte de África e o
extremo suroccidental de Europa e, á súa vez, entre o Mediterráneo e o Atlántico. Esta situación permítelle ter
influencias de ámbitos con características climáticas, florísticas e faunísticas moi diversas, como son as rexións
eurosiberiana, mediterránea, saharo-arábiga e macaronésica. - Durante as glaciacións cuaternarias, amplos sectores da
península ibérica e dos dous arquipiélagos tiveron unhas condicións máis cálidas ca as do centro e norte de Europa, polo
que serviron desta forma de refuxio a numerosas especies vexetais e animais. Algunhas destas especies, desaparecidas
actualmente do resto de Europa, aínda perduran en determinadas rexións españolas. Á súa vez, moitas quedaron illadas
e evolucionaron, de tal xeito que deron lugar a endemismos, dos que España posúe un amplo patrimonio. - As península
do sur de Europa, así como algúns arquipiélagos son as rutas máis empregadas polas aves para desprazárense entre
Europa e África. Grazas a súa localización, España representa un papel esencial nas rutas das aves migratorias, ben
como área de nidificación de numerosas especies, punto de invernada, ou simplemente como zona de descanso. Estes
desprazamentos tamén favorecen a dispersión de sementes e, con iso, o incremento da diversidade vexetal. - A
existencia dun relevo moi contrastado entre chairas e montañas, áreas costeiras e de interior, zonas continentais e
arquipiélagos, que multiplica a variedade de condicións ambientais. A iso súmase a diversidade litolóxica, onde rochas
de diferente composición, cronoloxía e grao de meteorización favorecen a formación de distintos tipos de solos e, con
iso, de diferentes condicións para que se instale a vexetación e a fauna. - Unhas condicións climáticas moi diversas con
notables constantes entre as rexións de clima mediterráneo e oceánico, e entre estas e as que se dan no arquipiélago de
Canarias. Ademais, tanto no territorio peninsular como nos arquipiélagos hai unha gran diversidade de climas locais, en
función da altitude dos territorios e a súa diferente exposición ás masas de aire. - A distribución dos recursos hídricos,
moi desigual en España, tanto espacial coma estacionalmente, o que tamén inflúe na localización da flora e a fauna: ·
Nas rexións de clima oceánico ou en numerosas áreas de montaña, a auga achegada pola precipitación supera a que é
consumida pola evaporación, polo que un volume considerable pode circular polos ríos. · En contrapartida, nas rexións
mediterráneas e en amplos sectores de Canarias, a maior parte da auga de chuvia evapórase ou é empregada polos seres
vivos, por estas causas, na maioría dos casos, os cursos de auga só se activan tras as chuvias torrenciais. Moitas especies
desenvolveron mecanismos para adaptarse a estes contrastes. - A incidencia da actividade humana sobre a
biodiversidade tivo consecuencias de diferente signo. · Nunhas ocasións contribuíu á diversificación de ecosistemas
-por exemplo, mediante algunhas prácticas agrarias-, ou á conservación dalgunhas especies, sobre todo aquelas das que
se podía beneficiar. · Noutras, en cambio, favoreceu a súa extinción. Na actualidade, existen notables contrastes entre
áreas intensamente explotadas durante séculos, e outras que, ao quedaren nunha posición marxinal dos fluxos
económicos, preservaron boa parte da súa biodiversidade. Nas últimas décadas o número de especies amenazadas
incrementouse significativamente; sobre todo, o daqueles que se atopan en perigo de extinción. O maior número de
especies ameazadas rexístrase entre as aves, seguidas da flora e, a maior distancia, dos mamíferos e os réptiles. Este
incremento está moi vinculado á expansión de actividades humanas que implican, directa ou indirectamente, a
destrucción de hábitats e a contaminación do medio. Non obstante, este proceso coincide no tempo cunha etapa en que
se están desenvolvendo numerosas estratexias de conservación, polo que cabe esperar que, nun futuro próximo, se
reduza o grao de ameaza.
Tema 5. Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación
Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas,
especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes, por esta
razón ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental. A contaminación é unha das maiores
consecuencias ambientais e sociais negativas que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio
calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e
que pode ser perxudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal. A
contaminación clasíficase segundo os medios aos que afecta: - Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes
(en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos de combustión en actividades de transporte, industrias,
xeración de enerxía eléctrica e calefaccción doméstica, así como da evaporación de disolventes orgánicos e das
emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono. - Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación
de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con
elevada temperatura) así como de augas residuais non tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As
industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias
contaminantes á auga. - Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas, por filtracións ou roturas de
canalizacións de augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de
petróleo, disolventes, insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel
de industrialización. A súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable. A
contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre: -
Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o ámbito
da terra, nos alimentos, no aire ou na auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os
acuíferos e repercutir na saúde humana. - Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos,
como o uranio enriquecido, usados en instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais
enerxéticas, en probas atómicas, e que se produce por accidente (como o de 1986 en Chernóbil, Ucraina) ou pola
manipulación de residuos radiactivos. - Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído, ao son excesivo ou
molesto provocado polas fábricas, os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar,
irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. Se ben o ruido no se acumula nin se traslada, nin se mantén no tempo, coma
as outras contaminacións, pode causar danos na calidade de vida das persoas e no medio. Algúns ruídos da cidade están
por riba do principio da dor ao son (uns 120 decibelios). - Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que un
proceso vén modificar a temperatura do medio de forma prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente
nun río: o incremento da temperatura dininúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran
mortaldade de peixes. - Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos
electrónicos e por instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos,
pode afectar a saúde humana; neste sentido, as antenas de telefonía móbil son unha fonte constante de polémica. -
Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial
procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestructuras. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar
os seus hábitos nocturnos. - Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que
se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta
a nosa calidade de vida. A contaminación xera graves danos, atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e
deteriora o noso planeta cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser
tarefas que consomen moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que
se pode condenar (mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente. Segundo un estudo de
Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: no
noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación atmosférica. Iso supón dez veces
máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais, nas zonas máis industrializadas
determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis intensa, o qu evidencia unha relación
directa entre contaminación industrial e enfermidades. En España 4.000 traballadores morren cada ano pola exposición
a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa. O cambio climático é a modificación que sofre o
clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e
cantidade de insolación, a composición da atmósfera, a disposición dos continentes, as correntes mariñas. Ao longo da
historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron
cambios climáticos. Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influir no cambio climático. Se ben durante
moitos séculos a súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas
sobre o planeta son tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a
unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias. Para se referir ao cambio de orixe
humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico, as accións humanas de hoxe non só están a
condicionar o clima a longo prazo senón no futuro máis próximo. - O efecto invernadoiro e o quentamento global. A
enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o
resto é retido polos gases das capas superiores da atmósfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto
invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de
forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os
océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto
invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC. O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que
provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que
impide que saia ao espacio exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a
temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico. - O
quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano
1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso,
unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e
antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As prediccións indican que, se non cambian as condicións, antes do
ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%: o desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3
ao ano. Co ascenso da temperatura global, a auga dos océanos tende a expandirse e a reducir a súa enorme capacidade
de absorción de CO2, ademais de afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos
animais mariños. O aumento de temperatura dos océanos pode transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza
das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns
e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas. - Alcance do cambio climático.
Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza,
por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmósfera
millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade).
Pero a deferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o ritmo acelerado lle impide á natureza non só a
rexeneración natural dos gases senón a adaptación lenta e serena ás novas circunstancias: as consecuencias son
imprevisibles. Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento
de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade
de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de
días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior
de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade. A
chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria
para producir os recursos que utiliza e para asimilar os regugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o
impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida. A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en
1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo porductivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis
de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer toas as súas necesidades durante un ano.
Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis
recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir. Segundo os datos da última análise da
pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos
e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir.
Tema 6. Repercursión ambientais da acción humana.
Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas,
especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes, por esta
razón ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental.
A contaminación é unha das maiores consecuencias ambientais e sociais negativas que teñen as actividades humanas.
Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano ou
desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser perxudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación
ou para a vida vexetal ou animal.
A contaminación clasíficase segundo os medios aos que afecta:
- Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes (en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos
de combustión en actividades de transporte, industrias, xeración de enerxía eléctrica e calefaccción doméstica, así como
da evaporación de disolventes orgánicos e das emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono.
- Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e
refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con elevada temperatura) así como de augas residuais non
tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano
verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias contaminantes á auga.
- Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas, por filtracións ou roturas de canalizacións de
augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de petróleo, disolventes,
insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel de industrialización. A
súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable.
A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir
entre:
- Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o
ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os
acuíferos e repercutir na saúde humana.
- Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio enriquecido, usados en
instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais enerxéticas, en probas atómicas, e que se
produce por accidente (como o de 1986 en Chernóbil, Ucraina) ou pola manipulación de residuos radiactivos.
- Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído, ao son excesivo ou molesto provocado polas fábricas,
os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira
parcial. Se ben o ruido no se acumula nin se traslada, nin se mantén no tempo, coma as outras contaminacións, pode
causar danos na calidade de vida das persoas e no medio. Algúns ruídos da cidade están por riba do principio da dor ao
son (uns 120 decibelios).
- Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que un proceso vén modificar a temperatura do medio de forma
prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente nun río: o incremento da temperatura dininúe a solubilidade
do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran mortaldade de peixes.
- Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por
instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, pode afectar a
saúde humana; neste sentido, as antenas de telefonía móbil son unha fonte constante de polémica.
- Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial
procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestructuras. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar
os seus hábitos nocturnos.
- Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe
deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de
vida.
A contaminación xera graves danos, atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e deteriora o noso planeta
cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser tarefas que consomen
moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar
(mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente.
Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de
enfermidades e a mortalidade: no noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación
atmosférica. Iso supón dez veces máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais,
nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis
intensa, o qu evidencia unha relación directa entre contaminación industrial e enfermidades. En España 4.000
traballadores morren cada ano pola exposición a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa.
O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Sobre o clima
inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmósfera, a disposición
dos continentes, as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma
natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos.
Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influir no cambio climático. Se ben durante moitos séculos a
súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son
tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a unha gran velocidade,
o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias.
Para se referir ao cambio de orixe humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico, as accións
humanas de hoxe non só están a condicionar o clima a longo prazo senón no futuro máis próximo.
- O efecto invernadoiro e o quentamento global. A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un
37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmósfera,
producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun
invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen
este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería
imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC.
O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e
clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que impide que saia ao espacio exterior
parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando
así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico.
- O quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o
ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso,
unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e
antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As prediccións indican que, se non cambian as condicións, antes do
ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%: o desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3
ao ano.
Co ascenso da temperatura global, a auga dos océanos tende a expandirse e a reducir a súa enorme capacidade de
absorción de CO2, ademais de afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos
animais mariños. O aumento de temperatura dos océanos pode transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza
das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns
e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas.
- Alcance do cambio climático. Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio
climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás
erupcións volcánicas que lanzan á atmósfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra
observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a deferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o
ritmo acelerado lle impide á natureza non só a rexeneración natural dos gases senón a adaptación lenta e serena ás novas
circunstancias: as consecuencias son imprevisibles.
Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento de 1,63ºC
de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar
recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de
neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de
15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade.
A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área
necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os regugallos que xera. O seu obxectivo consiste en
avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.
A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o
terreo porductivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8
ha para satisfacer toas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade
de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar
e admitir.
Segundo os datos da última análise da pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de
territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode
permitir.
TEMA 15 : CONTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS DE ESPAÑA
A administración do Estado esixe a súa subdivisión nun nº variable de unidades, co fin de organizar o funcionamento do
territorio e da súa poboación, controlar os servizos públicos e os recursos existentes, ou planiicar os procesos electorais.
Por esa razón, todos os países contan cunha estrutura territorial do Estado na que se superpoñen unidades de diferente
rango ou importancia, cuxos límites cambiaron ao longo do tempo.
En España, a división político-administrativa vixente distingue tres niveis: CCAA, provincias e municipios, aínda que
noutros momentos do pasado, esa estrutura territorial oi distinta. O proceso de descentralización política que supuxo a
Constitución permitiu aumentar as competencias e recursos dos que dispoñen as CCAA, (con importantes efectos
xeográficos e sobre a vida dos cidadáns).
Non obstante, aínda se manteñen importantes desequilibrios entre as rexións españolas. Fronte ao enfoque
economicista, que se fixaba só nas desigualdades económicas, o actual concepto de desenvolvemento territorial
sustentable considera tamén a situación nos planos social e ambiental. Para atenualas, puxéronse en práctica desde hai
décadas diversos tipos de políticas baseadas no principio de solidaridade interterritorial, que tiveron un éxito bastante
limitado e evolucionaron ao largo do tempo para intentar mellorar a súa eficacia.
Antecedentes históricos
España é un Estado cunha ampla descentralización política que se subdivide en 17 CCAA e dúas cidades autónomas,
xunto a 50 provincias e 8.111 municipios. A actual organización territorial é froito dun longo proceso histórico. A
principios do s.XVI, España constituíuse como un dos primeiros Estados-nación de Europa, que mantivo desde
entonces unhas fronteiras bastante estables. A división provincial xurdíu coa instauración do Estado liberal no s. XIX
para transformar unha estrutura territorial fragmentada, herdada do periodo absolutista. As CCAA xurdiron tras o
regreso da democracia e a aprobación da Constitución de 1978, aínda que baseadas parcialmente no mapa de rexións
históricas.
As CCAA constituíronse entre 1978 e 1983 tras a aprobación polas Cortes dos seus respectivos Estatutos de Autonomía,
onde se establecen as súas normas básicas de funcionamento. Todas contan con institucións propias: Parlamento,
Consello de Goberno e Presidencia, así como Tribunal de Xustiza. As competencia que en elas mantén o Estado central
están coordinadas pola Delegación do Goberno. Existen grandes diferenzas de superficie e poboación entre
comunidades, pero en todas elas a capital concentra bóa parte das institucións autonómicas, xunto a gran cantidade de
empregos e servizos públicos, o que tamén favoreceu o seu crecemento poboacional.
As provincias son entidades políticas intermedias, cuxa delimitación actual se aprobou en 1833 para favorecer unha
administración máis eficaz do territorio por parte do Estado, que delega as súas funcións nas Deputacións Provinciais.
Nas Canarias, cada illa conta cun Cabildo insular e nas Baleares cun Consell Insular. Pola súa parte, os municipios son a
entidade elemental de xestión dos diversos servizos públicos e de promoción do desenvolvemento local; o seu elevado
nº e o pequeno tamaño de moitos deles impulsou a creación de mancomunidades para prestar servizos a varios
municipios.
Desequilibrios territoriais
Malia que o Estado das autonomías se basea na igualdade territorial e na solidaridade, existen desequilibrios entre as
rexións que afectan á súa competitividade económica, o benestar da súa poboación e a calidade do seu medio ambiente
(O concepto de desenvolvemento territorial sustentable inclúe esas tres dimensións complementarias). Entre os diversos
factores internos que explican os desequilibrios rexionais están a súa diferente dotación de recursos, o tipo de
actividades en que se especializan, a cualificación dos seus recursos humanos ou o tipo de políticas aplicadas. Pero
tamén inflúen outros factores externos, pois o desenvolvemento dunhas rexións vese afectado polo tipo de relacións que
manteñen con outras,o que permite alar de rexións centrais e periféricas.
O desenvolvemento económico dunha rexión relaciónase coa súa capacidade de producción, os ingresos e nivel de
consumo da súa poboación, a creación de emprego e o investimento de capital realizado en infraestruturas ou en
servizos; sobre todo, os relacionados coa producción e difusión do coñecemento. Na época preindustrial, as rexións
máis prósperas eran as de mellores condicións para o desenvolvemento agrario; na era industrial, esa posición pasou a
rexións litorais como Cataluña e o País Vasco, xunto a Madrid. Nos últimos anos, a tercerización das rexións
metropolitanas e das áreas turísticas litorais xeran o maior crecemento, fronte dalgunhas interiores e o declive doutras
de antiga industrialización.
O benestar das rexións non só depende do crecemento económico, senón tamén da distribución dos beneficios entre os
seus diferentes grupos de poboación e territorios. A estrutura social e as políticas sociais son factores que inflúen sobre a
desigual satisfacción das necesidades básicas en saúde, educación, emprego ou vivenda. As desigualdades sociais entre
as rexións son menos acusadas ca as económicas; pero, a miúdo, presisten importantes diferenzas entre os grupos
sociais dunha mesma rexión.
Factores de transformacións
A partir de 1985, a reestruturación económica que seguiu á crise transformou os factores en que se baseaban os
desequilibrios territoriais e a xerarquía espacial. Así, a industria perde peso como factor de desenvolvemento debido á
reestruturación de moitos sectores tradicionais e á tendencia descentralizar parte da producción cara a novos espazos
industriais, o que rompe a identificación anterior entre rexións desenvolvidas e industrializadas. Os servizos avanzados,
a innovación e a alta tecnoloxía convértense nos principais actores de desenvolvemento. Polo tanto, convértense en
indicadores de desenvolvemento a especialización no sector terciaria de maior nivel (funcións reitoras e de decisión;
servizos á producción; actividades financieiras, comerciais e de distribución e turismo); a existencia de actividades
innovadoras e de alta tecnoloxía (industrias de alta tecnoloxía, telecomunicacións, e agricultura tecnificada); a presenza
de centros de investigación, innovación e xestión; a disponibilidade de man de obra de alta cualiicación; os
investimentos en tecnoloxía e formación; a calidade das infraestruturas e dos equipamentos, e a existencia de bóas
comunicacións co contorno e co estranxeiro.
Políticas rexionais
A persistencia de importantes desequilibrios territoriais fixo necesaria a implantación de políticas de desenvolvemento
rexional para intentar atenualos; pero, tanto os seus obxectivos específicos, coma os dierentes instrumentos aplicados
para alcanzalo variaron ao longo do tempo.
En España a política rexional iniciouse na década dos 60 cos Plans de Desenvolvemento (1964-75). Este baseáronse no
fomento da industria en certas áreas atrasadas (Polos de promoción e desenvolvemento industrial) para que actuasen
como motor de desenvolvemento do contorno. Os seus escasos resultados cuestionaron a eficacia das actuacións
descentralizadas, e tras un perirodo de letargo (1975-85), deron lugar a partir de 1986 a unha nova política rexional
marcada a pola adhesión á Comunidade Europea.
Así, a política estatal para correxir os desequilibrios entre as rexións debe seguir as directrices marcada pola política
rexional da Unión Europea, e a política para paliar os desequilibrios dentro de una misma rexión e fomentar o seu
desenvolvemento correspóndelles aos gobernos autonómicos, aos que a Constitución lles outorga competencias na
ordenación do seu territorio.
Para conseguir estes obxectivos realzáronse importantes investimentos en inraestruturas de transporte,
telecomunicacións e enerxía, así como no fomento da innovación tecnolóxica e a creación de emprego, tanto no sector
da industria como no secto servizos. Xurdiron novos instrumentos de intervención que estiveron vixentes ata a
actualidade. A maioría dos recursos proceden dos Fondos Estruturais e dos Fondos de Cohesión da UE, xestionados
pola FEDER (Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional), o FEOGA (Fondo Europeo de Garantía Agraria) e o
FSE (Fondo Social Europeo).
Dende hai case dúas décadas, a repartición dos fondos para o desenvolvemento baséase nunha clasificación das rexións
segundo a súa situación socioeconómica:
As Rexións Obxectivo 1 correspondesse con aquélas por debaixo do 75% do PIB/habitante na U.E. , e a elas destínase a
maior parte dos recursos. Ata 2006, un total de doce rexións españolas estaban neste grupo, recibindo 38.000 millóns de
euros entre 2000 e 2006. Pero, tras a ampliación da UE a 27 países, as agora chamadas Rexións de Converxencia xa só
inclúen a Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha e Galicia, que recibiron a metade da cifra anterior entre 2007-
2013.
As Rexións Obxectivo 2 corresponden a aquélas con problemas específicos, relativos a súa industria, ao seu escaso
desenvolvemento rural ou urbano ou a pesca. Ata 2006 incluían a sete rexións españolas, que recibiron 3.000 millóns de
euros entre 2000 e 2006. As agora chamadas Rexións de Competitividade, moi similares ás anteriores, recibirán unha
cifra similar ata 2013.
Tema 16. Bloque V: España en Europa e no mundo
O novo escenario xeopolítico:
- Desigualdade no mundo
- Comercio desigual, débeda externa
- Posición de España no mundo
O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado da crise e afundimento do bloque comunista e do
triunfo do sistema capitalista, favorecido polo extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías
da información e da comunicación.
As relacións económicas, sociais e culturais que o capitalismo estableceu entre os diversos
países e rexións da Terra crean situacións de colaboración, de intercambio, de interdependencia e
de dominio político, social e económico.
Así e todo, cabe lembrar que o comercio entre lugares ás veces moi afastados, a depredacións
dalgúns recursos naturais e o dominio duns países sobre outros existen desde moi antigo. O que
caracteriza o fenómeno da globalización é que estas relacóns na actualidade teñen unha cobertura
mundial e unha intensidade descoñecida ata agora, de xeito que algúns autores din que o planeta se
converteu nunha aldea global.
A economía global organízase ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e,
recentemente, China, Estes países controlan a información e o coñecemento, concentra gran parte
do capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran poder político e de decisión.
A desigualdade no mundo
O sistema de economía de mercado debía crear o benestar e o progreso dos pobos pero foi
favorable só para un reducido grupo de países, ricos e industrializados, e pola contra resultou moi
problemático para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron aumentar a súa
pobreza, a súa explotación e a súa dependencia.
O distinto grao de desenvolvemento dos países do mundo explica que se poidan diferenciar
outros grupos que non forman parte dos países ricos:
- Os países en desenvolvemento son Estados cun nivel de vida relativamente baixo e un
crecemento de poboación elevado. A economía ten unha base agraria e o desenvolvemento
industrial é escaso ou incipiente, todo isto determina un nivel de pobreza bastante estendido.
Dentro dos países en desenvolvemento hai un grupo de medran a un ritmo moi superior ao resto
do mundo, son os chamados países emerxentes ou G-5 (Brasil, China, India, México e Repúbica
de África do Sur). Este grupo de pai´ses comparte elementos do mundo rico e do pobre e mantén
moitas diferenzas sociais internas. Son espazos esenciais para o sistema capitalista porque
evitan a polarización entre ricos e pobres, e demostran que o sistema posibilita o progreso. Polo
xeral son rexións moi activas que ofrecen man de obra preparada ou barata, baixos impostos,
escasas normas ambientais e gobernos fortes e favorables á entrada de empresas estranxeiras.
- Os países pobres, un exemplo poden ser os países subsaharianos, afástanse do benestar en
sentido colectivo e viven nunha situación de pobreza e atraso tecnolóxico moi arraigados. Os
países desenvolvidos e desde hai poucos anos China explotan os seus recursos naturais en
beneficio propio e permiten, e ás veces apoian, a permanencia dos gobernos corruptos
favorables aos seus intereses. Outros países, sen recursos naturais releantes e sumidos en
guerras tribais, deixaron de lle interesar ao capital e son países esquecidos que quedaron á
marxe do sistema.
O comercio desigual
O volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido as características da
produción e dos fluxos comerciais. Moitos países, cunha economía de subsistencia, non teñen
sequera bens para acceder ao comercio internacional. Outros cultivan produtos ben cotizados, como
café, cacao, azucre e algodón, destinados á comercialización mundial: as súas economías nacionais
chegan a depender nun 80 ou 90% da súa exportación. No entanto, os prezos fíxanos, nas bolsas
de Nova York, Londres, París..., as multinacionais que obteñen elevados beneficios do seu papel de
intermediarios. Por esta razón xurdiu un tipo de comercio alternativo denominado comercio xusto ou
solidario.
En ocasións, os países menos desenvolvidos quedan á marxe do tráfico de mercadorías. Existen
tres grandes fluxos comerciais a nivel mundial que unen América do Norte, a Unión Europea e Xapón-
Corea. Así e todo, extensas áreas de América Latina, África e Asia quedan illadas das rutas
comerciais e resúltalles moi difícil acceder a elas porque as súas redes de comunicación son moi
deficientes e con escaso potencial.
Deste xeito, as balanzas comerciais destes países son deficitarias, porque exportan poucos bens
a baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos elevados, procedentes do
mundo desenvolvido. O déficit agrava o problema de débeda externa, que ameaza as súas
economías e pon en evidencia as fondas contradicións da globalización. O Fondo Monetario
Internacional (FMI) ou o Banco Mundial concédelles préstamos que non poden devolver, e como
consecuencia disto, a acumulación de xuros chega a triplicar o u cuadriplicar o crédito inicial; cada
vez lles resulta máis difícil saír da situación de pobreza e por iso se baralla a necesidade de condonar
a débeda externa dos países máis pobres.
Posición de España no mundo
España é un dos 27 países membros da Unión Europea e un dos 198 países que hai actualmente
no mundo. Forma parte da civilización occidental e da cultura mediterránea. A economía española
é das máis desenvolvidas e a poboación goza dun elevado nivel de benestar. Para analizar a súa
posición no conxunto mundial convén ter en conta diversas variables:
- Extensión. Se ordenamos os países pola súa extensión, nos primeiros lugares figuran países que
ocupan unha gran parte dun continente con extensións superiores aos 7 millóns de km2. Unha
segunda categoría de países inclúe grandes Estados con máis de 1 millón de km2. España ocupa
pola súa extensión (505.990 km2) o lugar cincuenta e un na clasificación mundial, de xeito que
se considera un territorio relativamente grande.
- Poboación. Se ordenamos os países pola súa poboación, España ocupa un lugar destacado,
polo que se pode considerar un país poboado. Salientan nos primeiros lugares China, con máis
de 1.300 millóns de habitantes, e a India, con 1.166 millóns, que son os países máis poboados
da Terra. España está situada dentro do grupo de pases que teñen un volume considerable de
poboación (46 millóns).
- Riqueza. O nivel de riqueza dun país adóitase medir segundo o seu Produto Interior Bruto por
habitante (PIB per cápita). O PIB per cápita é o valor de toda a produción dun ano dividido ppolo
número de habitantes. España, cun PIB por habitante de 24.020 euros, é un país rico que forma
parte do conxunto de países desenvolvidos no mundo. España pertence á Unión Europea e,
como tal, está incluída no grupo de países economicamente máis poderosos do planeta.
- Desenvolvemento. Actualmente, para poder situar de forma comparativa o desenvolvemento dos
países recórrese ao Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), un indicador que se calcula a
partir de tres variables: a esperanza de vida ao nacer, o índice de escolarización e o índice do
PIB por habitante e se puntúan entre un valor máximo de 1 e un valor mínimo de 0; España
ocupa o lugar dezaseis na clasificación mundial (0,949 de índice). Todos estes datos veñen
confirmar que formamos parte do pequeno grupo de habitantes do planeta que goza das
condicións de vida máis favorables.
Respecto a súa proxección cultural no mundo, España é un país multilingüe, no que os diversos
idiomas constitúen unha riqueza cultural. Das linguas de España, a que ten maior presenza no mundo
é o castelán, porque o falan nas súas diferentes modalidades millóns de persoas de diversos países
de América Latina. O castelán tamén é a segunda lingua máis falada de Estados Unidos debido ao
número de inmigrantes hispanos, e é lingua oficial da ONU e cooficial no ámbito da Unión Europea.
En canto a súa presenza nos organismos internacionais España, debido á Guerra Civil e á
ditadura franquista, viviu illada do ámbito internacional entre os anos 1939 e 1959. A posición
estratéxica que ocupa no mar Mediterráneo interesoulle a Estados Unidos durante a guerra fría e iso
facilitou a súa apertura ao exterior e a súa entrada na ONU en 1955. Desde aquela España coñeceu
un gran desenvolvemento económico e social e hoxe figura como membro da Unión Europea,
institución na que se integrou en 1986 (CEE).
Ademais partircipa nun gran número de organizacións internacionais, o que expresa a vontade
e a necesidade de resolver os problemas pola vía do diálogo e da cooperación. Unha das máis
importantes é a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Esta organización foi fundada
despois da Segunda Guerra Mundial, en 1949, para lles facer fronte a posibles ameazas do bloque
comunista. É unha organización de defensa político-militar cuxo obxectivo é a axuda mutua,
salvagardar a paz, a seguridade e o benestar das potencias que a integran en caso dun ataque
exterior. Tras un referendo, España incorporouse definitivamente á OTAN en 1986.
Das organizacións económicas máis destacadas na que España tamén ten un papel moi activo
salienta a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Esta
organización foi fundada en 1960 e ten como obxectivo coordinar as políticas económicas e sociais
dos Estados membros. España ingresou na OCDE en 1961.
Forman parte do grupo de organizacións económicas, o Fondo Monetario Internacional (FMI),
institución de carácter financeiro, e a Organización Mundial do Comercio (OMC), de tipo comercial.
VOCABULARIO
- Comisión europea: É unha das principais institucións da Unión Europea. Representa e defende
os intereses do conxunto da UE, elabora propostas de nova lexislación europea e xestiona o labor
cotián de poñer en práctica as políticas e facer uso dos fondos europeos. Está integrada por 27
Comisarios, un por cada país membro da UE. O presidente (actualmente o portugués José Manuel
Durão Barroso) é elexido polo Consello Europeo e atribúe a cada Comisario competencias en
ámbitos de actuación específicos. A Comisión supervisa e aplica as políticas da UE:
a) propoñendo nova lexislación ao Parlamento e ao Consello;
b) xestionando o orzamento da UE e asignando fondos;
c) fai cumplir a lexislación da UE (xunto co Tribunal de Xustiza) e
d) representa á UE na escena internacional, negociando acordos entre a UE e outros países.
- Movementos antiglobalización: Corrente de protesta mundial que inclúe a ducias de grupos de
diferentes países que teñen en común o seu rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal
(baseado nunha política macroeconómica que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal
en materia económica e social). Nestes movementos danse cita colectivos que inclúen aos
sindicatos, os intelectuais de esquerda, ecoloxistas, indixenistas ou grupos desfavorecideos que
acusan ao sistema económico de amoral e inxusto. Os diferentes grupos antiglobalización levan
máis dunha década traballando en cuestións relacionadas cos problemas causados pola
globalización da economía mundial. Organizaron numerosas campañas para a condonación da
débeda externa dos países pobres e a reforma de institucións como o Banco Mundial e o Fondo
Monetario Internacional.
- Obxectivos do Milenio: Os Obxectivos do Milenio, fixados pola ONU no ano 2000, son 8
obxectivos de desenvolvemento humano (erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr o ensino
primario universal; promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller; reducir a
mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA, paludismo e outras enfermidades;
garantir a sustentabilidade do medio ambiente; fomentar unha asociación mundial para o
desenvolvemento), que os países desta organización se fixaron conseguir no ano 2015
- Xeopolítica: A Xeopolítica é unha rama das Ciencias Políticas que estuda ao Estado como un
organismo vivo e partindo do territorio como influente e ata condicionante da actividade humana
co fin de conseguir seguridade e benestar, que son os obxectivos xeopolíticos de todo Estado. A
xeopolítica foise consolidando a través do tempo como un coñecemento científico teórico e
pragmático que se inspira na intima relación entre o Estado e o espazo onde aquel ten un interese
político que satisfacer.

More Related Content

What's hot

O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
caruncho
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
Rosacidgalante
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
Rosacidgalante
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
lorenaamarelle
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
Rosacidgalante
 

What's hot (20)

Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturaisEvolución e tipos de unidades morfoestruturais
Evolución e tipos de unidades morfoestruturais
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bachO relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
O relevo de españa e de galicia unid. 1 - 2º bach
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Tema1 xeo
Tema1 xeoTema1 xeo
Tema1 xeo
 
O relevo da Península Ibérica
O relevo da Península IbéricaO relevo da Península Ibérica
O relevo da Península Ibérica
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelatoVocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
 
O espazo xeográfico español
O espazo xeográfico españolO espazo xeográfico español
O espazo xeográfico español
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
Introdución á Xeografía
Introdución á XeografíaIntrodución á Xeografía
Introdución á Xeografía
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoría
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
 
O medio físico en España
O medio físico en EspañaO medio físico en España
O medio físico en España
 
Xeografía física de Galicia
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)O relevo e a rocha (1)
O relevo e a rocha (1)
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
Tipos de modelado
Tipos de modeladoTipos de modelado
Tipos de modelado
 

Viewers also liked

Viewers also liked (10)

El sector primario en España
El sector primario en EspañaEl sector primario en España
El sector primario en España
 
Ejercicios de Geografía Económica
Ejercicios de Geografía EconómicaEjercicios de Geografía Económica
Ejercicios de Geografía Económica
 
Ejercicios de Geografía Humana
Ejercicios de Geografía HumanaEjercicios de Geografía Humana
Ejercicios de Geografía Humana
 
Ud5 3eso
Ud5 3esoUd5 3eso
Ud5 3eso
 
Ejercicios PAU resueltos. Geografía Física
Ejercicios PAU resueltos. Geografía FísicaEjercicios PAU resueltos. Geografía Física
Ejercicios PAU resueltos. Geografía Física
 
Tema 1.3
Tema 1.3Tema 1.3
Tema 1.3
 
Edmodo
EdmodoEdmodo
Edmodo
 
Tutorial de Blogger
Tutorial de BloggerTutorial de Blogger
Tutorial de Blogger
 
El transporte en España y su papel en el territorio
El transporte en España y su papel en el territorioEl transporte en España y su papel en el territorio
El transporte en España y su papel en el territorio
 
Ejercicios de geografía resueltos
Ejercicios de geografía resueltosEjercicios de geografía resueltos
Ejercicios de geografía resueltos
 

Similar to Temas opción a

Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográfico
lorenaamarelle
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
irenetraba
 
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesTema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Gloria Martínez Marín
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
ferradanes
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ies Faro das lúas
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
marieta307
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
faro das luas
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
faro
 
Tema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasTema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placas
montx189
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
colegiominmaculada
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
colegiominmaculada
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placas
alfresvi
 

Similar to Temas opción a (20)

Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
O Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsularO Relevo PeníNsular
O Relevo PeníNsular
 
Tema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográfico
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
 
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxesTema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
Tema 1 Diversidade xeolóxica e morfolóxica. Vocabulario e imaxes
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
Tema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasTema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placas
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
 
T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placas
 

More from lorenaamarelle

Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
lorenaamarelle
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
lorenaamarelle
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
lorenaamarelle
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
lorenaamarelle
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
lorenaamarelle
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
lorenaamarelle
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
lorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
lorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
lorenaamarelle
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
lorenaamarelle
 

More from lorenaamarelle (16)

Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
 
Mapa topografico
Mapa topograficoMapa topografico
Mapa topografico
 
Sabela II pdf
Sabela II pdfSabela II pdf
Sabela II pdf
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
G 20
G  20G  20
G 20
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
 

Temas opción a

  • 1. Tema 1. Formación e evolución xeomorfolóxica da P. I. e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS: Unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo. Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as grandes unidades morofestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou depresións. a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de montañas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península. b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosió elevadas. Na Península, son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica. c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos: - Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica). - Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Béticas). Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou. d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias son de dous tipos: - As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana). - As depresións prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ó levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns fragmentos; ou porque, ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco profundas que acabaron colmándose. Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores. FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas coun outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación. a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos. b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arradado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos. c) A era secundaria ou Mesozoico (225- 68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que deposito no seu bordo oriental unha cobertoira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética. d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta: - Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico. - Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas. - A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), e os afundidos crearon as depresións
  • 2. interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén deron lugar á actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de Gata. A partir dos movementos oroxénicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron fortemente as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de seixos ós pés das montañas) e colmaron as depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas practicamente chás. Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a oroxénse alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. e) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais. - O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as rochas das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as súas formas fanse ercarpadas. Na Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos. Os glaciares de val fórmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo é grande. Entón o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos rochosos que escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó fundirse o xeo, se converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por unha potente capa de xeo, da que partían glaciares que crearon vales en “U” e lagos. - A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro
  • 3. Tema 2. Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España. España caracterízase por unha gran diversidade de tempo atmosférico e de climas, que é o resultado da combinación dun amplo número de factores e de elementos climáticos. Os factores son os aspectos que exercen unha influencia permanente e inalterable sobre o clima. Poden agruparse en dous conxuntos: factores xeográficos e factores termodinámicos. Os factores xeográficos Os factores xeográficos que explican os climas españois son a latitude, a situación, a influencia do mar e o relevo. a) A latitude de España, situada na zona temperada do hemisferio norte, determina a existencia de dúas estacións ben marcadas (verán e inverno), separadas por dúas de transición (primavera e outono). En Canarias, pola súa localización no extremo sur da zona temperada, en contacto co dominio intertropical, os contrastes entre estacións son menos marcados. b) A situación da Península, entre dúas masas de auga de caracterísitcas térmicas distintas (o océano Atlántico e o mar Mediterráneo) en entre dous continentes (Europa e África) convértea nunha encrucillada de masas de aire de características distintas. Canarias recibe tamén influencias atmosféricas variadas debido á súa insularidade e á súa proximidade ás costas africanas. c) A influencia do mar é escasa na Península, froito da súa grande anchura, das súas costas pouco recortadas e da existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Este feito establece claras diferencias entre unha estreita periferia, aberta ó mar, e un ancho núcleo de terras interiores con tendencia climática continental. Pola súa parte, a influencia do mar é decisiva nos dous arquipiélagos. d) O relevo inflúe tamén no clima a causa da disposición, da altura e da orientación. - A disposición do relevo peninsular ten variadas repercusións. · Os sistemas montañosos paralelos á costa frean a influencia do mar, que só penetra con claridade polo val do Guadalquivir. · A posición (oeste-leste) da maioría dos relevos montañosos, favorece a entrada de masas de aire marítimo do oeste. Non obstante, o carácter macizo da Península fai que diminúa a súa actividade ó penetrar no interior e que as súas temperaturas se extremen. · As concas pechadas por montañas, como as depresións do Douro e do Ebro, teñen precipitacións escasas (as masas de aire descargan a súa humidade nos sistemas montañosos que as bordean) e néboas frecuentes causadas polo estancamento do aire. - A altura fai disminuír as temperaturas (aproximadamente 6º por cada 1000 metros de ascenso) e determina precipitacións orográficas nas ladeiras de barlovento, precipitacións "ocultas" (escarcha e rocío) e precipitacións "horizontais" (producidas polas nubes). - A orientación crea contrastes climáticos entre os solleiros e as umbrías. Os factores termodinámicos Os factores termodinámicos do clima son os responsables da circulación atmosférica ou sucesión de masas de aire, que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de clima. A circulación atmosférica está rexida en altura pola corrente en chorro e, en superficie, polos centros de acción, as masas de aire e as frontes. 1. A circulación en altura: a corrente en chorro Na zona temperada na que se sitúa España, a cirulación atmosférica en altura está dirixida pola corrente en chorro ou jet stream. Trátase dunha forte corrente de vento, de estructura tubular, que circula en dirección oeste-leste entre os nove e os once quilómetros de altitude, na diferencia de altura existentente entre a tropopausa polar e a tropical. O chorro separa as baixas presións que hai sobre o polo en altura, que quedan á esquerda da súa traxectoria, das altas presións tropicais, situadas á súa dereita. A corrente en chorro é a responsable do tempo en superficie. Este depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente e dos seus desprazamentos estacionais. - A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido (a máis de 150 km./h), presenta suaves ondulacións e ten un trazado case zonal (oeste-leste), con suaves ondulacións, que corresponden en superficie coa fronte polar e as súas borrascas. Pero cando a súa velocidade diminúe, describe profundas ondulacións: cristas ou dorsais que orixinan altas presións e vales ou valgadas que orixinan baixas presións. Ambas as dúas reflíctense en superficie e dan lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos. As ondulacións, que poden chegar a desprenderse do chorro principal, permítenlle ó aire polar penetrar moi ó sur, e ó aire tropical desprazarse cara ó norte, o que lle dá gran variabilidade ó tempo da zona temperada. - Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude determinan que afecte a España principalmente en inverno, mentres que en verán se traslada cara a latitudes máis setrentionais e, polo xeral, só incide na franxa cantábrica peninsular. 2. A circulación en superficie: centros de acción, masas de aire e frontes A circulación atmosférica está dirixida polos centros de acción, polas masas de aire e polas frontes: a) Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mídese en milibares (mb) mediante o barómetro e represéntase nos mapas do tempo mediante as isóbaras ou liñas que unen puntos con igual presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4 mb. A presión normal é de 1013,5 mb, aínda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1016 mb. Unha alta presión ou anticiclón é unha zona de altas presións rodeada por outras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada doutras de presión máis baixa. Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo. Produce tempo estable. Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións rodeada doutras de presión máis alta. Os ventos circulan ó seu arredor en sentido contrario ó das agullas do reloxo. Produce tempo inestable, frencuetemente chuvioso. Pola súa orixe, os centros de acción poden ser térmicos ou dinámicos: - Un anticiclón térmico fórmase cando unha masa de aire arrefría: o aire frío pesa máis, descene e exerce unha alta presión. Unha baixa térmica fórmase cando o aire se quenta: o aire quente pesa menos, elévase e exerce unha baixa presión. - Os centros de acción dinámicos fórmanse en determinadas zonas nas que en altura a corrente en chorro forma cristas (áreas anticiclónicas) ou valgadas (áreas depresionarias), que se reflicten en superficie. Os centros de acción que dirixen a circulación sobre a Península son os seguintes: - Centros de acción anticiclónicos: o anticiclón das Azores, que no verán se despraza cara ó norte e no inverno cara ó sur; os anticiclóns polares atlánticos; o anticiclón escandinavo, e os anticiclóns térmicos do continente europeo e do interior da Península, formados polo arrefriamento do chan en inverno. - Centros de acción depresionarios: a depresión de Islandia; a depresión do golfo de Xénova, formada cnado posicións
  • 4. de aire frío continental europeo chegan ó Mediterráneo, máis cálido e húmido, e as depresións térmicas do norte de África e do interior peninsular formadas polo quentamento do chan en verán. b) As masas de aire son porcións de aire cunhas características determinadas de temperatura, humidade e presión. Estas características adquírenas nas súas rexións de orixe, tamén chamadas rexións mananciais. Debido á latitude de España, as rexións mananciais das que proceden as masas de aire que lle afectan son a zona ártica (A), a zona polar (P) e a zona tropical (T). As dúas primeiras dan lugar a masas de aire frías e a terceira orixina masas de aire cálidas. Nos tres casos, e dependendo da superficie da rexión de orixe, poden ser masas de aire marítimas húmidas (m) ou masas de aire continentais secas (c). Estas caracterísitcas orixinais pódense modificar se as masas de aire percorren grandes distancias. Unha masa de aire fría que descende en latitude, requéntase pola base e inestabilízase; pola contra, unha masa de aire cálida que ascende en latitude arrefríase pola base e estabilízase. Unha masa de aire orixinariamente seca que realiza un percorrido mariño, humedécese e inestabilízase; unha masa de aire orixinariamente húmida que realiza un percorrido continental, desécase e estabilízase. c) As frontes son superficies que separan dúas masas de aire de características distintas. Polo tanto, a ambos os dous lados dunha fronte prodúcese un cambio brusco das propiedades do aire. A fonte máis importante para España é a fronte polar, que separa as masas de aire tropical e polar. As súas ondulacións constitúen as borrascas de dúas frontes, cálida e fría, separadas por un sector cálido. Como a fronte fría avanza máis rapidamente, o sector cálido estréitase ata desaparecer (oclusión). Con iso remata a enerxía da borrasca. Leer más: http://noespazoenotempo.webnode.es/diversidade-climatica/tema/ Crea tu propia web gratis: http://www.webnode.es
  • 5. Tema 3. Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións. Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións (Os transvases, a desalinización, a recuperación dos acuíferos e o saneamento dos ríos) España é un terriotroio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas de montaña. Nas terras de clima interior e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos. As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra mañteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre a política de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos. As políticas de transvasamentos A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución. Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo- Segura. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación. Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos, limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos. Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur. A desalinización da auga do mar Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custose mais o seu consumo de enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea. A recuperación dos acuíferos As augas subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga. Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres. Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. Para poder extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade. Esta auga non é apta para algúns usos industriais nin para o consumo. A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen. Os plans de saneamento dos ríos En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida. Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga,para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Cuadiaro (Andalucía) ou Besós (Cataluña). Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a restauración dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos,regueiros e brañais.
  • 6. Tema 4. Factores da diversidade bioxeográfica (Situación xeográfica e procesos naturais / acción antrópica) A diversidade é un dos trazos que identifica as condicións naturais de España. Esta maniféstase tanto nas características do relevo, os contrastes climáticos e hídricos, e a distribución dos solos, coma nas diversas adaptacións ao medio que realizaron os seres vivos. A súa vez, a actividade humana tamén influíu nos solos, na vexetación e na fauna; unhas veces favorecendo o desenvolvemento de determinadas especies, e outras poñendo en perigo a súa supervivencia. Non obstante, e malia a intensa e secular explotación dos recursos, España é actualmente un dos países da Unión Europea onde a biodiversidade é máis elevada. Esto é debido a que posúe unhas condicións naturais que favorecen a existencia de ambientes moi diferentes, o que permitiu o desenvolvemento de comunidades vexetais e animais moi variadas. Esta notable diversidade explícase por diferentes factores; uns están relacionados directamente coa situación xeográfica e cos procesos naturais, e outros coa actividade humana. - A situación xeográfica de España, entre o norte de África e o extremo suroccidental de Europa e, á súa vez, entre o Mediterráneo e o Atlántico. Esta situación permítelle ter influencias de ámbitos con características climáticas, florísticas e faunísticas moi diversas, como son as rexións eurosiberiana, mediterránea, saharo-arábiga e macaronésica. - Durante as glaciacións cuaternarias, amplos sectores da península ibérica e dos dous arquipiélagos tiveron unhas condicións máis cálidas ca as do centro e norte de Europa, polo que serviron desta forma de refuxio a numerosas especies vexetais e animais. Algunhas destas especies, desaparecidas actualmente do resto de Europa, aínda perduran en determinadas rexións españolas. Á súa vez, moitas quedaron illadas e evolucionaron, de tal xeito que deron lugar a endemismos, dos que España posúe un amplo patrimonio. - As península do sur de Europa, así como algúns arquipiélagos son as rutas máis empregadas polas aves para desprazárense entre Europa e África. Grazas a súa localización, España representa un papel esencial nas rutas das aves migratorias, ben como área de nidificación de numerosas especies, punto de invernada, ou simplemente como zona de descanso. Estes desprazamentos tamén favorecen a dispersión de sementes e, con iso, o incremento da diversidade vexetal. - A existencia dun relevo moi contrastado entre chairas e montañas, áreas costeiras e de interior, zonas continentais e arquipiélagos, que multiplica a variedade de condicións ambientais. A iso súmase a diversidade litolóxica, onde rochas de diferente composición, cronoloxía e grao de meteorización favorecen a formación de distintos tipos de solos e, con iso, de diferentes condicións para que se instale a vexetación e a fauna. - Unhas condicións climáticas moi diversas con notables constantes entre as rexións de clima mediterráneo e oceánico, e entre estas e as que se dan no arquipiélago de Canarias. Ademais, tanto no territorio peninsular como nos arquipiélagos hai unha gran diversidade de climas locais, en función da altitude dos territorios e a súa diferente exposición ás masas de aire. - A distribución dos recursos hídricos, moi desigual en España, tanto espacial coma estacionalmente, o que tamén inflúe na localización da flora e a fauna: · Nas rexións de clima oceánico ou en numerosas áreas de montaña, a auga achegada pola precipitación supera a que é consumida pola evaporación, polo que un volume considerable pode circular polos ríos. · En contrapartida, nas rexións mediterráneas e en amplos sectores de Canarias, a maior parte da auga de chuvia evapórase ou é empregada polos seres vivos, por estas causas, na maioría dos casos, os cursos de auga só se activan tras as chuvias torrenciais. Moitas especies desenvolveron mecanismos para adaptarse a estes contrastes. - A incidencia da actividade humana sobre a biodiversidade tivo consecuencias de diferente signo. · Nunhas ocasións contribuíu á diversificación de ecosistemas -por exemplo, mediante algunhas prácticas agrarias-, ou á conservación dalgunhas especies, sobre todo aquelas das que se podía beneficiar. · Noutras, en cambio, favoreceu a súa extinción. Na actualidade, existen notables contrastes entre áreas intensamente explotadas durante séculos, e outras que, ao quedaren nunha posición marxinal dos fluxos económicos, preservaron boa parte da súa biodiversidade. Nas últimas décadas o número de especies amenazadas incrementouse significativamente; sobre todo, o daqueles que se atopan en perigo de extinción. O maior número de especies ameazadas rexístrase entre as aves, seguidas da flora e, a maior distancia, dos mamíferos e os réptiles. Este incremento está moi vinculado á expansión de actividades humanas que implican, directa ou indirectamente, a destrucción de hábitats e a contaminación do medio. Non obstante, este proceso coincide no tempo cunha etapa en que se están desenvolvendo numerosas estratexias de conservación, polo que cabe esperar que, nun futuro próximo, se reduza o grao de ameaza.
  • 7. Tema 5. Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas, especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes, por esta razón ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental. A contaminación é unha das maiores consecuencias ambientais e sociais negativas que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser perxudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal. A contaminación clasíficase segundo os medios aos que afecta: - Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes (en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos de combustión en actividades de transporte, industrias, xeración de enerxía eléctrica e calefaccción doméstica, así como da evaporación de disolventes orgánicos e das emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono. - Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con elevada temperatura) así como de augas residuais non tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias contaminantes á auga. - Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas, por filtracións ou roturas de canalizacións de augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de petróleo, disolventes, insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel de industrialización. A súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable. A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre: - Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os acuíferos e repercutir na saúde humana. - Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio enriquecido, usados en instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais enerxéticas, en probas atómicas, e que se produce por accidente (como o de 1986 en Chernóbil, Ucraina) ou pola manipulación de residuos radiactivos. - Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído, ao son excesivo ou molesto provocado polas fábricas, os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. Se ben o ruido no se acumula nin se traslada, nin se mantén no tempo, coma as outras contaminacións, pode causar danos na calidade de vida das persoas e no medio. Algúns ruídos da cidade están por riba do principio da dor ao son (uns 120 decibelios). - Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que un proceso vén modificar a temperatura do medio de forma prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente nun río: o incremento da temperatura dininúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran mortaldade de peixes. - Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, pode afectar a saúde humana; neste sentido, as antenas de telefonía móbil son unha fonte constante de polémica. - Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestructuras. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos. - Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida. A contaminación xera graves danos, atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e deteriora o noso planeta cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser tarefas que consomen moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar (mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente. Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: no noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación atmosférica. Iso supón dez veces máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais, nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis intensa, o qu evidencia unha relación directa entre contaminación industrial e enfermidades. En España 4.000 traballadores morren cada ano pola exposición a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa. O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmósfera, a disposición dos continentes, as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos. Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influir no cambio climático. Se ben durante moitos séculos a súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias. Para se referir ao cambio de orixe humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico, as accións humanas de hoxe non só están a condicionar o clima a longo prazo senón no futuro máis próximo. - O efecto invernadoiro e o quentamento global. A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmósfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de
  • 8. forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC. O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que impide que saia ao espacio exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico. - O quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As prediccións indican que, se non cambian as condicións, antes do ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%: o desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3 ao ano. Co ascenso da temperatura global, a auga dos océanos tende a expandirse e a reducir a súa enorme capacidade de absorción de CO2, ademais de afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos animais mariños. O aumento de temperatura dos océanos pode transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas. - Alcance do cambio climático. Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmósfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a deferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o ritmo acelerado lle impide á natureza non só a rexeneración natural dos gases senón a adaptación lenta e serena ás novas circunstancias: as consecuencias son imprevisibles. Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade. A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os regugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida. A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo porductivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer toas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir. Segundo os datos da última análise da pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir.
  • 9. Tema 6. Repercursión ambientais da acción humana. Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas, especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes, por esta razón ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental. A contaminación é unha das maiores consecuencias ambientais e sociais negativas que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser perxudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal. A contaminación clasíficase segundo os medios aos que afecta: - Contaminación atmosférica. Os principais contaminantes (en especial o dióxido de carbono) proceden de procesos de combustión en actividades de transporte, industrias, xeración de enerxía eléctrica e calefaccción doméstica, así como da evaporación de disolventes orgánicos e das emisións de gases, que orixinaron un buraco na capa de ozono. - Contaminación da auga. Xeralmente a contaminación de ríos, mares e augas subterráneas provén de verteduras e refugallos industriais (con presenza de metais e de augas con elevada temperatura) así como de augas residuais non tratadas procedentes do saneamento de vilas e cidades. As industrias españolas recoñecen oficialmente que cada ano verten máis de 1.200.000 toneladas de substancias contaminantes á auga. - Contaminación do solo. Aparece logo da aplicación de insecticidas, por filtracións ou roturas de canalizacións de augas residuais e produtos industriais. Os produtos químicos máis habituais son os derivados de petróleo, disolventes, insecticidas e metais pesados. Este tipo de contaminación está estreitamente relacionado co nivel de industrialización. A súa acción pode ser directa ou ben ao entrar en contacto con cursos de auga potable. A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre: - Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas para a saúde e para o ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga. Por exemplo, o uso excesivo de insecticidas agrícolas pode afectar os acuíferos e repercutir na saúde humana. - Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio enriquecido, usados en instalacións médicas ou de investigación, en reactores nucleares de centrais enerxéticas, en probas atómicas, e que se produce por accidente (como o de 1986 en Chernóbil, Ucraina) ou pola manipulación de residuos radiactivos. - Contaminación acústica. É a contaminación debida ao ruído, ao son excesivo ou molesto provocado polas fábricas, os medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. Se ben o ruido no se acumula nin se traslada, nin se mantén no tempo, coma as outras contaminacións, pode causar danos na calidade de vida das persoas e no medio. Algúns ruídos da cidade están por riba do principio da dor ao son (uns 120 decibelios). - Contaminación térmica. Ten lugar no momento en que un proceso vén modificar a temperatura do medio de forma prexudicial, por exemplo debido á vertedura de auga quente nun río: o incremento da temperatura dininúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran mortaldade de peixes. - Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas. Ademais de crear problemas nos aparellos eléctricos e na transmisión de datos, pode afectar a saúde humana; neste sentido, as antenas de telefonía móbil son unha fonte constante de polémica. - Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestructuras. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos. - Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida. A contaminación xera graves danos, atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e deteriora o noso planeta cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser tarefas que consomen moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar (mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente.
  • 10. Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación directa coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: no noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación atmosférica. Iso supón dez veces máis que a mortalidade que producen anualmente os accidentes de tráfico. Ademais, nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, tamén inciden de forma de forma máis intensa, o qu evidencia unha relación directa entre contaminación industrial e enfermidades. En España 4.000 traballadores morren cada ano pola exposición a substancias químicas e máis de 33.000 enferman pola mesma causa. O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos: a órbita da Terra, o tipo e cantidade de insolación, a composición da atmósfera, a disposición dos continentes, as correntes mariñas. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos. Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influir no cambio climático. Se ben durante moitos séculos a súa influencia foi moi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e, o que é peor, a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias. Para se referir ao cambio de orixe humana, úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico, as accións humanas de hoxe non só están a condicionar o clima a longo prazo senón no futuro máis próximo. - O efecto invernadoiro e o quentamento global. A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espacio exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmósfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de forma natural: de aí o nome e o paralelismo. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC. O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que impide que saia ao espacio exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico. - O quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén o dos glaciares terrestres. As prediccións indican que, se non cambian as condicións, antes do ano 2050 o volume de xeo dos glaciares diminuiría en máis de 60%: o desxeo estimado de Groenlandia é duns 240 km3 ao ano. Co ascenso da temperatura global, a auga dos océanos tende a expandirse e a reducir a súa enorme capacidade de absorción de CO2, ademais de afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos animais mariños. O aumento de temperatura dos océanos pode transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns e tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas. - Alcance do cambio climático. Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmósfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a deferenza é que agora a causa esencial é a acción humana e que o ritmo acelerado lle impide á natureza non só a rexeneración natural dos gases senón a adaptación lenta e serena ás novas circunstancias: as consecuencias son imprevisibles. Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provincias detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal (a que ten maior capacidade de xerar recursos hídricos aproveitables) neste mesmo período amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade. A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os regugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.
  • 11. A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo porductivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer toas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir. Segundo os datos da última análise da pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir.
  • 12. TEMA 15 : CONTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS DE ESPAÑA A administración do Estado esixe a súa subdivisión nun nº variable de unidades, co fin de organizar o funcionamento do territorio e da súa poboación, controlar os servizos públicos e os recursos existentes, ou planiicar os procesos electorais. Por esa razón, todos os países contan cunha estrutura territorial do Estado na que se superpoñen unidades de diferente rango ou importancia, cuxos límites cambiaron ao longo do tempo. En España, a división político-administrativa vixente distingue tres niveis: CCAA, provincias e municipios, aínda que noutros momentos do pasado, esa estrutura territorial oi distinta. O proceso de descentralización política que supuxo a Constitución permitiu aumentar as competencias e recursos dos que dispoñen as CCAA, (con importantes efectos xeográficos e sobre a vida dos cidadáns). Non obstante, aínda se manteñen importantes desequilibrios entre as rexións españolas. Fronte ao enfoque economicista, que se fixaba só nas desigualdades económicas, o actual concepto de desenvolvemento territorial sustentable considera tamén a situación nos planos social e ambiental. Para atenualas, puxéronse en práctica desde hai décadas diversos tipos de políticas baseadas no principio de solidaridade interterritorial, que tiveron un éxito bastante limitado e evolucionaron ao largo do tempo para intentar mellorar a súa eficacia. Antecedentes históricos España é un Estado cunha ampla descentralización política que se subdivide en 17 CCAA e dúas cidades autónomas, xunto a 50 provincias e 8.111 municipios. A actual organización territorial é froito dun longo proceso histórico. A principios do s.XVI, España constituíuse como un dos primeiros Estados-nación de Europa, que mantivo desde entonces unhas fronteiras bastante estables. A división provincial xurdíu coa instauración do Estado liberal no s. XIX para transformar unha estrutura territorial fragmentada, herdada do periodo absolutista. As CCAA xurdiron tras o regreso da democracia e a aprobación da Constitución de 1978, aínda que baseadas parcialmente no mapa de rexións históricas. As CCAA constituíronse entre 1978 e 1983 tras a aprobación polas Cortes dos seus respectivos Estatutos de Autonomía, onde se establecen as súas normas básicas de funcionamento. Todas contan con institucións propias: Parlamento, Consello de Goberno e Presidencia, así como Tribunal de Xustiza. As competencia que en elas mantén o Estado central están coordinadas pola Delegación do Goberno. Existen grandes diferenzas de superficie e poboación entre comunidades, pero en todas elas a capital concentra bóa parte das institucións autonómicas, xunto a gran cantidade de empregos e servizos públicos, o que tamén favoreceu o seu crecemento poboacional. As provincias son entidades políticas intermedias, cuxa delimitación actual se aprobou en 1833 para favorecer unha administración máis eficaz do territorio por parte do Estado, que delega as súas funcións nas Deputacións Provinciais. Nas Canarias, cada illa conta cun Cabildo insular e nas Baleares cun Consell Insular. Pola súa parte, os municipios son a entidade elemental de xestión dos diversos servizos públicos e de promoción do desenvolvemento local; o seu elevado nº e o pequeno tamaño de moitos deles impulsou a creación de mancomunidades para prestar servizos a varios municipios. Desequilibrios territoriais Malia que o Estado das autonomías se basea na igualdade territorial e na solidaridade, existen desequilibrios entre as rexións que afectan á súa competitividade económica, o benestar da súa poboación e a calidade do seu medio ambiente (O concepto de desenvolvemento territorial sustentable inclúe esas tres dimensións complementarias). Entre os diversos factores internos que explican os desequilibrios rexionais están a súa diferente dotación de recursos, o tipo de actividades en que se especializan, a cualificación dos seus recursos humanos ou o tipo de políticas aplicadas. Pero tamén inflúen outros factores externos, pois o desenvolvemento dunhas rexións vese afectado polo tipo de relacións que manteñen con outras,o que permite alar de rexións centrais e periféricas. O desenvolvemento económico dunha rexión relaciónase coa súa capacidade de producción, os ingresos e nivel de consumo da súa poboación, a creación de emprego e o investimento de capital realizado en infraestruturas ou en servizos; sobre todo, os relacionados coa producción e difusión do coñecemento. Na época preindustrial, as rexións máis prósperas eran as de mellores condicións para o desenvolvemento agrario; na era industrial, esa posición pasou a rexións litorais como Cataluña e o País Vasco, xunto a Madrid. Nos últimos anos, a tercerización das rexións metropolitanas e das áreas turísticas litorais xeran o maior crecemento, fronte dalgunhas interiores e o declive doutras de antiga industrialización. O benestar das rexións non só depende do crecemento económico, senón tamén da distribución dos beneficios entre os seus diferentes grupos de poboación e territorios. A estrutura social e as políticas sociais son factores que inflúen sobre a desigual satisfacción das necesidades básicas en saúde, educación, emprego ou vivenda. As desigualdades sociais entre as rexións son menos acusadas ca as económicas; pero, a miúdo, presisten importantes diferenzas entre os grupos sociais dunha mesma rexión. Factores de transformacións A partir de 1985, a reestruturación económica que seguiu á crise transformou os factores en que se baseaban os desequilibrios territoriais e a xerarquía espacial. Así, a industria perde peso como factor de desenvolvemento debido á reestruturación de moitos sectores tradicionais e á tendencia descentralizar parte da producción cara a novos espazos industriais, o que rompe a identificación anterior entre rexións desenvolvidas e industrializadas. Os servizos avanzados, a innovación e a alta tecnoloxía convértense nos principais actores de desenvolvemento. Polo tanto, convértense en indicadores de desenvolvemento a especialización no sector terciaria de maior nivel (funcións reitoras e de decisión;
  • 13. servizos á producción; actividades financieiras, comerciais e de distribución e turismo); a existencia de actividades innovadoras e de alta tecnoloxía (industrias de alta tecnoloxía, telecomunicacións, e agricultura tecnificada); a presenza de centros de investigación, innovación e xestión; a disponibilidade de man de obra de alta cualiicación; os investimentos en tecnoloxía e formación; a calidade das infraestruturas e dos equipamentos, e a existencia de bóas comunicacións co contorno e co estranxeiro. Políticas rexionais A persistencia de importantes desequilibrios territoriais fixo necesaria a implantación de políticas de desenvolvemento rexional para intentar atenualos; pero, tanto os seus obxectivos específicos, coma os dierentes instrumentos aplicados para alcanzalo variaron ao longo do tempo. En España a política rexional iniciouse na década dos 60 cos Plans de Desenvolvemento (1964-75). Este baseáronse no fomento da industria en certas áreas atrasadas (Polos de promoción e desenvolvemento industrial) para que actuasen como motor de desenvolvemento do contorno. Os seus escasos resultados cuestionaron a eficacia das actuacións descentralizadas, e tras un perirodo de letargo (1975-85), deron lugar a partir de 1986 a unha nova política rexional marcada a pola adhesión á Comunidade Europea. Así, a política estatal para correxir os desequilibrios entre as rexións debe seguir as directrices marcada pola política rexional da Unión Europea, e a política para paliar os desequilibrios dentro de una misma rexión e fomentar o seu desenvolvemento correspóndelles aos gobernos autonómicos, aos que a Constitución lles outorga competencias na ordenación do seu territorio. Para conseguir estes obxectivos realzáronse importantes investimentos en inraestruturas de transporte, telecomunicacións e enerxía, así como no fomento da innovación tecnolóxica e a creación de emprego, tanto no sector da industria como no secto servizos. Xurdiron novos instrumentos de intervención que estiveron vixentes ata a actualidade. A maioría dos recursos proceden dos Fondos Estruturais e dos Fondos de Cohesión da UE, xestionados pola FEDER (Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional), o FEOGA (Fondo Europeo de Garantía Agraria) e o FSE (Fondo Social Europeo). Dende hai case dúas décadas, a repartición dos fondos para o desenvolvemento baséase nunha clasificación das rexións segundo a súa situación socioeconómica: As Rexións Obxectivo 1 correspondesse con aquélas por debaixo do 75% do PIB/habitante na U.E. , e a elas destínase a maior parte dos recursos. Ata 2006, un total de doce rexións españolas estaban neste grupo, recibindo 38.000 millóns de euros entre 2000 e 2006. Pero, tras a ampliación da UE a 27 países, as agora chamadas Rexións de Converxencia xa só inclúen a Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha e Galicia, que recibiron a metade da cifra anterior entre 2007- 2013. As Rexións Obxectivo 2 corresponden a aquélas con problemas específicos, relativos a súa industria, ao seu escaso desenvolvemento rural ou urbano ou a pesca. Ata 2006 incluían a sete rexións españolas, que recibiron 3.000 millóns de euros entre 2000 e 2006. As agora chamadas Rexións de Competitividade, moi similares ás anteriores, recibirán unha cifra similar ata 2013.
  • 14. Tema 16. Bloque V: España en Europa e no mundo O novo escenario xeopolítico: - Desigualdade no mundo - Comercio desigual, débeda externa - Posición de España no mundo O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado da crise e afundimento do bloque comunista e do triunfo do sistema capitalista, favorecido polo extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación. As relacións económicas, sociais e culturais que o capitalismo estableceu entre os diversos países e rexións da Terra crean situacións de colaboración, de intercambio, de interdependencia e de dominio político, social e económico. Así e todo, cabe lembrar que o comercio entre lugares ás veces moi afastados, a depredacións dalgúns recursos naturais e o dominio duns países sobre outros existen desde moi antigo. O que caracteriza o fenómeno da globalización é que estas relacóns na actualidade teñen unha cobertura mundial e unha intensidade descoñecida ata agora, de xeito que algúns autores din que o planeta se converteu nunha aldea global. A economía global organízase ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e, recentemente, China, Estes países controlan a información e o coñecemento, concentra gran parte do capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran poder político e de decisión. A desigualdade no mundo O sistema de economía de mercado debía crear o benestar e o progreso dos pobos pero foi favorable só para un reducido grupo de países, ricos e industrializados, e pola contra resultou moi problemático para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron aumentar a súa pobreza, a súa explotación e a súa dependencia. O distinto grao de desenvolvemento dos países do mundo explica que se poidan diferenciar outros grupos que non forman parte dos países ricos: - Os países en desenvolvemento son Estados cun nivel de vida relativamente baixo e un crecemento de poboación elevado. A economía ten unha base agraria e o desenvolvemento industrial é escaso ou incipiente, todo isto determina un nivel de pobreza bastante estendido. Dentro dos países en desenvolvemento hai un grupo de medran a un ritmo moi superior ao resto do mundo, son os chamados países emerxentes ou G-5 (Brasil, China, India, México e Repúbica de África do Sur). Este grupo de pai´ses comparte elementos do mundo rico e do pobre e mantén moitas diferenzas sociais internas. Son espazos esenciais para o sistema capitalista porque evitan a polarización entre ricos e pobres, e demostran que o sistema posibilita o progreso. Polo xeral son rexións moi activas que ofrecen man de obra preparada ou barata, baixos impostos, escasas normas ambientais e gobernos fortes e favorables á entrada de empresas estranxeiras. - Os países pobres, un exemplo poden ser os países subsaharianos, afástanse do benestar en sentido colectivo e viven nunha situación de pobreza e atraso tecnolóxico moi arraigados. Os países desenvolvidos e desde hai poucos anos China explotan os seus recursos naturais en beneficio propio e permiten, e ás veces apoian, a permanencia dos gobernos corruptos favorables aos seus intereses. Outros países, sen recursos naturais releantes e sumidos en guerras tribais, deixaron de lle interesar ao capital e son países esquecidos que quedaron á marxe do sistema. O comercio desigual O volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido as características da produción e dos fluxos comerciais. Moitos países, cunha economía de subsistencia, non teñen sequera bens para acceder ao comercio internacional. Outros cultivan produtos ben cotizados, como café, cacao, azucre e algodón, destinados á comercialización mundial: as súas economías nacionais chegan a depender nun 80 ou 90% da súa exportación. No entanto, os prezos fíxanos, nas bolsas de Nova York, Londres, París..., as multinacionais que obteñen elevados beneficios do seu papel de intermediarios. Por esta razón xurdiu un tipo de comercio alternativo denominado comercio xusto ou solidario. En ocasións, os países menos desenvolvidos quedan á marxe do tráfico de mercadorías. Existen tres grandes fluxos comerciais a nivel mundial que unen América do Norte, a Unión Europea e Xapón- Corea. Así e todo, extensas áreas de América Latina, África e Asia quedan illadas das rutas comerciais e resúltalles moi difícil acceder a elas porque as súas redes de comunicación son moi deficientes e con escaso potencial. Deste xeito, as balanzas comerciais destes países son deficitarias, porque exportan poucos bens a baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos elevados, procedentes do mundo desenvolvido. O déficit agrava o problema de débeda externa, que ameaza as súas economías e pon en evidencia as fondas contradicións da globalización. O Fondo Monetario
  • 15. Internacional (FMI) ou o Banco Mundial concédelles préstamos que non poden devolver, e como consecuencia disto, a acumulación de xuros chega a triplicar o u cuadriplicar o crédito inicial; cada vez lles resulta máis difícil saír da situación de pobreza e por iso se baralla a necesidade de condonar a débeda externa dos países máis pobres. Posición de España no mundo España é un dos 27 países membros da Unión Europea e un dos 198 países que hai actualmente no mundo. Forma parte da civilización occidental e da cultura mediterránea. A economía española é das máis desenvolvidas e a poboación goza dun elevado nivel de benestar. Para analizar a súa posición no conxunto mundial convén ter en conta diversas variables: - Extensión. Se ordenamos os países pola súa extensión, nos primeiros lugares figuran países que ocupan unha gran parte dun continente con extensións superiores aos 7 millóns de km2. Unha segunda categoría de países inclúe grandes Estados con máis de 1 millón de km2. España ocupa pola súa extensión (505.990 km2) o lugar cincuenta e un na clasificación mundial, de xeito que se considera un territorio relativamente grande. - Poboación. Se ordenamos os países pola súa poboación, España ocupa un lugar destacado, polo que se pode considerar un país poboado. Salientan nos primeiros lugares China, con máis de 1.300 millóns de habitantes, e a India, con 1.166 millóns, que son os países máis poboados da Terra. España está situada dentro do grupo de pases que teñen un volume considerable de poboación (46 millóns). - Riqueza. O nivel de riqueza dun país adóitase medir segundo o seu Produto Interior Bruto por habitante (PIB per cápita). O PIB per cápita é o valor de toda a produción dun ano dividido ppolo número de habitantes. España, cun PIB por habitante de 24.020 euros, é un país rico que forma parte do conxunto de países desenvolvidos no mundo. España pertence á Unión Europea e, como tal, está incluída no grupo de países economicamente máis poderosos do planeta. - Desenvolvemento. Actualmente, para poder situar de forma comparativa o desenvolvemento dos países recórrese ao Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), un indicador que se calcula a partir de tres variables: a esperanza de vida ao nacer, o índice de escolarización e o índice do PIB por habitante e se puntúan entre un valor máximo de 1 e un valor mínimo de 0; España ocupa o lugar dezaseis na clasificación mundial (0,949 de índice). Todos estes datos veñen confirmar que formamos parte do pequeno grupo de habitantes do planeta que goza das condicións de vida máis favorables. Respecto a súa proxección cultural no mundo, España é un país multilingüe, no que os diversos idiomas constitúen unha riqueza cultural. Das linguas de España, a que ten maior presenza no mundo é o castelán, porque o falan nas súas diferentes modalidades millóns de persoas de diversos países de América Latina. O castelán tamén é a segunda lingua máis falada de Estados Unidos debido ao número de inmigrantes hispanos, e é lingua oficial da ONU e cooficial no ámbito da Unión Europea. En canto a súa presenza nos organismos internacionais España, debido á Guerra Civil e á ditadura franquista, viviu illada do ámbito internacional entre os anos 1939 e 1959. A posición estratéxica que ocupa no mar Mediterráneo interesoulle a Estados Unidos durante a guerra fría e iso facilitou a súa apertura ao exterior e a súa entrada na ONU en 1955. Desde aquela España coñeceu un gran desenvolvemento económico e social e hoxe figura como membro da Unión Europea, institución na que se integrou en 1986 (CEE). Ademais partircipa nun gran número de organizacións internacionais, o que expresa a vontade e a necesidade de resolver os problemas pola vía do diálogo e da cooperación. Unha das máis importantes é a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Esta organización foi fundada despois da Segunda Guerra Mundial, en 1949, para lles facer fronte a posibles ameazas do bloque comunista. É unha organización de defensa político-militar cuxo obxectivo é a axuda mutua, salvagardar a paz, a seguridade e o benestar das potencias que a integran en caso dun ataque exterior. Tras un referendo, España incorporouse definitivamente á OTAN en 1986. Das organizacións económicas máis destacadas na que España tamén ten un papel moi activo salienta a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Esta organización foi fundada en 1960 e ten como obxectivo coordinar as políticas económicas e sociais dos Estados membros. España ingresou na OCDE en 1961. Forman parte do grupo de organizacións económicas, o Fondo Monetario Internacional (FMI), institución de carácter financeiro, e a Organización Mundial do Comercio (OMC), de tipo comercial. VOCABULARIO - Comisión europea: É unha das principais institucións da Unión Europea. Representa e defende os intereses do conxunto da UE, elabora propostas de nova lexislación europea e xestiona o labor cotián de poñer en práctica as políticas e facer uso dos fondos europeos. Está integrada por 27 Comisarios, un por cada país membro da UE. O presidente (actualmente o portugués José Manuel Durão Barroso) é elexido polo Consello Europeo e atribúe a cada Comisario competencias en ámbitos de actuación específicos. A Comisión supervisa e aplica as políticas da UE: a) propoñendo nova lexislación ao Parlamento e ao Consello;
  • 16. b) xestionando o orzamento da UE e asignando fondos; c) fai cumplir a lexislación da UE (xunto co Tribunal de Xustiza) e d) representa á UE na escena internacional, negociando acordos entre a UE e outros países. - Movementos antiglobalización: Corrente de protesta mundial que inclúe a ducias de grupos de diferentes países que teñen en común o seu rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal (baseado nunha política macroeconómica que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social). Nestes movementos danse cita colectivos que inclúen aos sindicatos, os intelectuais de esquerda, ecoloxistas, indixenistas ou grupos desfavorecideos que acusan ao sistema económico de amoral e inxusto. Os diferentes grupos antiglobalización levan máis dunha década traballando en cuestións relacionadas cos problemas causados pola globalización da economía mundial. Organizaron numerosas campañas para a condonación da débeda externa dos países pobres e a reforma de institucións como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional. - Obxectivos do Milenio: Os Obxectivos do Milenio, fixados pola ONU no ano 2000, son 8 obxectivos de desenvolvemento humano (erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr o ensino primario universal; promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller; reducir a mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA, paludismo e outras enfermidades; garantir a sustentabilidade do medio ambiente; fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento), que os países desta organización se fixaron conseguir no ano 2015 - Xeopolítica: A Xeopolítica é unha rama das Ciencias Políticas que estuda ao Estado como un organismo vivo e partindo do territorio como influente e ata condicionante da actividade humana co fin de conseguir seguridade e benestar, que son os obxectivos xeopolíticos de todo Estado. A xeopolítica foise consolidando a través do tempo como un coñecemento científico teórico e pragmático que se inspira na intima relación entre o Estado e o espazo onde aquel ten un interese político que satisfacer.