SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Proposta de comentario EVOLUCIÓN POLÍTICA DURANTE O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)

O reinado de Sabela II foi un reinado moi inestable, con constantes enfrentamentos entre as distintas faccións do liberalismo.
Reinado sempre vinculado co partido moderado e sendo necesaria a intervención do exército para soster o goberno e para propiciar
os cambios.
Entre as causas da caída de Isabel II e da Revolución Gloriosa (doc.1) debemos destacar as económicas, políticas, ideolóxicas e
sociais.
A inestabilidade do reinado de Isabel II vese agravada pola crise económica que se extende entre 1866 e 1868. Producese unha crise
financieira orixinada polo afundimento das accións na Bolsa (sobre todo o ferrocarril), unha crise industrial, polo aumento do precio
do algodón (motivado pola guerra de Secesión americana) e o descenso das ventas e unha crise agrícola polas malas colleitas e o
aumento dos prezos dos productos.
Esta crise económica agrava a crise política. Toda a clase política está descontenta co aumento do moderantismo, autoritarismo e da
represión que exercen os gobernos de O´Donnell e de Narváez. En 1866, demócratas e progresistas habían firmado o Pacto de
Ostende, ao que un ano despois se une a Unión Liberal (Pacto de Bruselas), co obxetivo de derrocar a Isabel II, a posterior
promulgación dunha nova constitución e o establecemento do sufraxio universal. O protagonista do acordo foi o xeneral Prim, que
había intentado varios pronunciamientos nestos anos. A este descontento político unese a extensión das ideas progresistas,
republicanas e demócratas e, finalmente, a crise social, o descontento e enfrentamento das distintas clases sociais, sobre todo, entre o
proletariado (en situación de explotación) e a burguesía. Esta situación dalle á Revolución Gloriosa unha gran forza social.
As mortes de O´Donnell (1867) e Narváez (1868), favoreceron as pretensións dos conspirados, os cales se pronunciaron o 17 de
septembro de 1868 na Bahía de Cádiz coa axuda do almirante Topete, encargado de sublevar á armada. Ante o anuncio da
sublevación (outro pronunciamiento, - explicación-) destos militares liberais monárquicos, sucedense unha serie de alzamentos
populares nas principais cidades que adoptaron a forma de Xuntas Revolucionarias (explicar), nas cales terán un protagonismo
especial os elementos democráticos. Estas Xuntas, como a de Málaga (doc. 1), expoñen nas súas proclamas unha síntese das
aspiracións dos revolucionarios: establecemento do sufraxio universal, implantación de libertades (expresión, reunión, cultos...) e a
formación dunhas cortes constituintes para a redacción dunha nova constitución que exprese esos ideais. A raiña exiliase tralo
combate de Alcolea e Prim impulsa a formación dun Goberno Provisional formado por progresistas e unionistas que se plantexará a
democratización do país, pero tamén a moderación da revolución para que non se altere o orden social.

A Revolución de 1868, coñecida como “A Gloriosa”, nome que xa se lle da no documento nº 1, non é un pronunciamento liberal
máis. Vai a tratar de establecer un auténtico sistema democrático (revolución burguesa plena) que durará ata 1874. O periodo é
coñecido como “Sexenio Democrático”. As aspiracións dos revolucionarios, que en boa medida serán recollidas na Constitución de
1869 (doc.3), aparecen mencionadas no citado documento: amplia declaración de dereitos e liberdades, soberanía nacional e fin da
dinastía dos Borbóns.

Para evitar o auxe das ideas republicanas nas Xuntas, Prim impulsa a formación dun GOBERNO PROVISIONAL formado por
progresistas e unionistas, e presidido por Serrano, no cal non entran os demócratas. A súa acción terá un doble sentido:
 - Moderar a revolución para evitar que caiga en avances sociais e veleidades republicanas. Por elo, disolveránse as Xuntas
      Revolucionarias, sendo sustituidas por concellos democráticos.
 - Lexislar para instalar un sistema democrático.
O goberno provisional empeza a lexislar para dar satisfacción ás demandas das Xuntas, así se establecen decretos recollendo os
dereitos de expresión, asociación, etc. Ademáis establecense medidas de carácter librecambista, como o arancel de Figuerola de 1869,
que abre o mercado español ó comercio exterior; suprimense os impopulares impostos de consumos ( podese facer unha explicación)
e crease a peseta como unidade do sistema monetario español.
Outra das labores do Goberno Provisional é a convocatoria de elecións para a Asamblea Constituinte en xaneiro de 1869. Triunfan os
monárquicos progresistas de Prim e están presentes os demócratas, os unionistas, os moderados, algúns republicanos e carlistas. Esta
Asamblea redactará en poucos meses a Constitución de 1869 (xuño), algúns de cuxos artigos se recollen no doc. nº 2, na que se
establece unha monarquía constitucional plenamente democrática, Destaca:
           Establecemento da soberanía nacional (Preámbulo e art. 32), que en realidade é popular o ser establecido o sufraxio
universal.
           Completo recoñecemento dos dereitos dos cidadáns (Art. 17): Liberdade de culto, liberdade de ensinanza, libertade de
imprenta, liberdade asociación, etc. Declaración moi amplia e novidosa (dereito ó segredo da correspondencia).
           Clara separación de poderes: o Executivo: en mans do rei e ministros. O rei non ten veto, e tampouco iniciativa lexislativa,
só suspender as cortes unha vez por lexislatura, sanciona e promulga as leis, etc. As órdenes do rei necesitan a firma do ministro. O
Lexislativo: no Congreso e Senado; cámaras de iguais funcións elexidas por sufraxio universal. Asumen en exclusiva o poder
lexislativo (Art. 34), controlan ó goberno e aproban os presupostos. O Xudicial: independente (Art. 36). Se establece o xuizo por
Xurados e a carreira xudicial para garantir a súa independencia.
           Supresión de impostos indirectos, supresión dos impostos de consumos. No referente á relixión, establecese a tolerancia
relixiosa, pero mantendo os gastos de culto e clero. E establece como forma de goberno (art. 33) a monarquía.
Proclamada a constitución mantense no poder o goberno provisional do xeneral Serrano, que asume a Rexencia mentras que se ten
que facer fronte á guerra de Cuba, os desordenes sociais e, dado que se estableceu a monarquía como forma de goberno, á búsqueda
dun rei que tiña que ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Promoveronse varios candidatos: os carlistas
a Carlos VII; Cánovas del Castillo a Alfonso (fillo de Isabel II); Prim negouse a cualquera posibilidade de aceptar a un Borbón
(“¡Jamás, Jamás, Jamás!”) o candidato elexido foi Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II.

O 16 de novembro de 1870 as Cortes nomen a Amadeo de Saboya como rei de España. A súa chegada coincidiu co asesinato de Prim
(morto despois de sufrir un atentado, dicembro de 1870), o seu gran valedor, o que fará aumentar os seus problemas. Amadeo
adoptou o papel de rei constitucional, pero non puido evitar a inestabilidade derivada de:
• A debilidade dos gobernos compostos polos partidos do réxime: progresistas de Sagasta, radicais de Ruiz Zorrilla e unionistas de
Serrano. Tiñan pouco apoio social, como quedaba patente na alta abstención electoral.
• Crecemento da oposición á monarquía de Amadeo I: por parte dos monárquicos, partidarios da restauración borbónica con Alfonso,
o fillo de Isabel II; oposición dos republicanos; dos carlistas, quenes protagonizan un novo levantamento, propugnando a entrega do
trono a Carlos VII, levantamento que se convirte na Terceira Guerra Carlista (1872-76), con incidencia no País Vasco, Navarra,
Cataluña e o Maestrazgo. Oposición da igrexa (porque hai tolerancia relixiosa), das clases adiñeradas (porque hai librecambismo),
etc.

Ante os continuos desórdenes e o escaso apoio popular, Amadeo abdica o 11 de febreiro de 1873. O estado do país, os problemas e a
falta de unidade que comentábamos queda patente no seu discurso de abdicación (documento nº 3). No documento fai referencia á
falta de entendemento entre os distintos partidos políticos (“… atronador e contradictorio clamor dos partidos políticos “) os
desordenes sociais, á falta de apoio, etc.
Coñecida a súa renuncia, o Parlamento, reunidos o Congreso e o Senado, proclama entón a República o 11 de febreiro de 1873.

O réxime republicano nace sumido nunha gran inestabilidade, o que finalmente orixinará o seu fracaso. As causas principais desta
inestabilidade hai que buscarlas en:
- A existencia de dúass guerras: a de Cuba e a carlista.
- O seu escaso apoio popular.
- A división dos propios republicanos, entre federalistas e unionistas e entre moderados e exaltados.
- O problema do cantonalismo, que aparece como un intento de construir o estado desde abaixo.

A República vai ter catro presidencias (presidentes do poder executivo):
- Figueras é nomeado o 11 de febreiro de 1873. As primeiras medidas tomanse buscando estabilizar un réxime que nace en
circunstancias especiais. En maio celebranse eleccións e gañan os federalistas. Esto provocará o aumento dos desórdenes.
     – Pi i Margall é elexido presidente (11 de xuño 1873).Realiza un proxecto de constitución federal (documento nº 4), que
          habría modificado plenamente a organización do estado español. Chama a atención especialmente o seu art. 1, donde se
          fala de que España queda dividida non en rexións ou en provincias, senon en Estados (17 estados, incluese Cuba e Puerto
          Rico), que conforman a idea da república federal. En canto á Soberanía, establecese expresamente que reside en todos os
          cidadáns, se entiende, polo tanto, popular (art. 42). Establecese tamén unha ríxida separación de poderes entre o executivo,
          exercido polo Consello de Ministros (Presidente máis ministros) lexislativo, que reside nun Congreso e Senado, e xudicial,
          nos xuices e o xurado popular, aparecendo, ademáis, un novo poder, o poder de relación entre os tres poderes (art. 45), que
          sería exercido polo Presidente da República. O Presidente da República era elexido por sufraxio universal indirecto (cada
          provincia elexía uns electores e esos reuníanse en Madrid para a elección do Presidente e Vicepresidente). Outros aspectos
          destacados son o establecemento de amplias liberdades e a clara separación de Estado e Igrexa, que deixará de percibir os
          gastos de culto e clero.

          Aprobouse a constitución, pero os desordenes sociais aumentan (como a revolta de Alcoy, na que asaltan ás autoridades e
fábricas) e estala o problema do cantonalismo. Varias cidades se proclaman cantóns ( definir cantón: entidade de carácter
subnacional) soberanos en Andalucía e Levante (Cartagena foi o 1º sitio e o máis importante). Ante estos graves problemas e como
Pi i Margall non quere reprimir usando a violencia, presenta a súa dimisión.

          Elíxese o terceiro presidente, Nicolás Salmerón, en xullo e autoriza a represión militar contra o cantonalismo, o que otorga
un maior protagonismo os militares. Dimite en septembro por non querer firmar unhas penas de morte a cantonalistas.
          O último presidente é Emilio Castelar, él obten do parlamento poderes excepcionais para restablecer o orden, entre as
medidas destacan:
          • Persigue o federalismo, para estabilizar o país e manter a unidade.
          • Reforza o poder militar para facer fronte ó cantonalismo e á guerra carlista.
          • Suspende as Cortes durante tres meses.
O goberno de Castelar queda sen apoios, os grupos monárquicos, moderados, etc., queren que a súa xestión fracase para poder volver
á monarquía. Así, Castelar presentou a súa dimisión o 2 de xaneiro de 1873. Neste contexto o poder pasaría de novo os republicanos
federais e poderían volver a aumentar os problemas sociais e o cantonalismo. É entón cando se produce o golpe de estado do xeneral
Pavía (3 de xaneiro de 1874). De novo unha intervención militar para acabar cun réxime e dar paso a outro. Os militares e os sectores
moderados (oligarquía) non querían a república nin a inestabilidade dos republicanos federais.
          O golpe de estado da lugar á implantación do goberno do xeneral Serrano, quen permanece no poder ó largo de 1874.
Mantense como forma de goberno a república, pero cun goberno formado por monárquicos, á espera de encontrar o momento
axeitado para restablecer a monarquía. Serrano intentará, ante todo, restablecer o orden (Guerras de Cuba, carlista e cantonalista), ata
que o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez Campos se subleva en Sagunto pedindo a volta da monarquía. En 1875
volverá Alfonso de Borbón (XII) e será proclamado rei de España mentras que Serrano exiliase. Iniciase a Restauración.
          Termina deste modo o periodo coñecido como o Sexenio Revolucionario, seis axitados anos nos que tivemos, a 1ª
constitución democrática, unha nova dinastía reinante e á Primera república.


[i] El pronunciamiento es el levantamiento de una personalidad importante, generalmente un militar, que ha obtenido prestigio.
Empiezan los pronunciamientos durante el reinado de Fernando VII, para forzar al monarca a tomar un rumbo liberal (Porlier, Riego,
Torrijos). Son característicos en la historia de España debido a la debilidad de las fuerzas políticas civiles. También los liberales
moderados protagonizan pronunciamientos, como el general Narváez frente a Espartero.
        [ii] Las Juntas revolucionarias constituyen otra institución característica del liberalismo español. Aparecen con el inicio de la
Guerra de Independencia, cuando las autoridades existentes no hacen nada contra los franceses. El pueblo decide organizarse y forma
nuevas formas de autoridad que no aceptan las órdenes del poder existente y asumen el poder, la soberanía. Se repiten a lo largo del
XIX en momentos de crisis. Se eligen de modo espontáneo mediante procesos electorales variados y tienen especial incidencia en
1835, 36, 40, 42-43, 54 y 68-69.

More Related Content

What's hot

Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composiciónaialo1
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberalcamposseijo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
HE-Isabel ii
HE-Isabel iiHE-Isabel ii
HE-Isabel iiaialo1
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
VocabularioEvaPaula
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democraciaxosea
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)David Barrán Ferreiro
 

What's hot (19)

Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composición
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberal
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
HE-Isabel ii
HE-Isabel iiHE-Isabel ii
HE-Isabel ii
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
Vocabulario
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
Historia de España Unidade 3 A construción do Estado Liberal (1833-1868)
 

Viewers also liked

Presentación 2 españa 1850 1914
Presentación 2 españa 1850 1914Presentación 2 españa 1850 1914
Presentación 2 españa 1850 1914rosmorillo26
 
Tema 5. el sexenio democrático
Tema 5. el sexenio democráticoTema 5. el sexenio democrático
Tema 5. el sexenio democráticojoel7llanes
 
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)atorh
 
La Restauración española (1874-1931)
La Restauración española (1874-1931)La Restauración española (1874-1931)
La Restauración española (1874-1931)Madelman68
 
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)alle_sofi
 
Tema 11. La Restauración
Tema 11. La RestauraciónTema 11. La Restauración
Tema 11. La RestauraciónJJCMARZOL
 
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).Javier Pérez
 
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...Miguel Romero Jurado
 

Viewers also liked (12)

Presentación 2 españa 1850 1914
Presentación 2 españa 1850 1914Presentación 2 españa 1850 1914
Presentación 2 españa 1850 1914
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
Sexenio
SexenioSexenio
Sexenio
 
Tema 5. el sexenio democrático
Tema 5. el sexenio democráticoTema 5. el sexenio democrático
Tema 5. el sexenio democrático
 
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)
Tema 6. El Régimen de la Restauración_ La crisis del 98 (2)
 
La Restauración española (1874-1931)
La Restauración española (1874-1931)La Restauración española (1874-1931)
La Restauración española (1874-1931)
 
El sexenio democrático (1868 1874)
El sexenio democrático (1868 1874)El sexenio democrático (1868 1874)
El sexenio democrático (1868 1874)
 
La Restauración
La RestauraciónLa Restauración
La Restauración
 
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)
EL SEXENIO DEMOCRÁTICO (TEMA HISTORIA SELECTIVIDAD)
 
Tema 11. La Restauración
Tema 11. La RestauraciónTema 11. La Restauración
Tema 11. La Restauración
 
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).
El Sexenio Revolucionario (1868 - 1874).
 
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...
Resumen 6. el régimen de la restauración. características y funcionamiento de...
 

Similar to Comentario sex. democrático

Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoXosé Rodríguez
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIDavid Barrán Ferreiro
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 

Similar to Comentario sex. democrático (20)

Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e Caciquismo
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Restauración - Alfonso XII
Restauración  - Alfonso XIIRestauración  - Alfonso XII
Restauración - Alfonso XII
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
II República
II RepúblicaII República
II República
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Restauración
RestauraciónRestauración
Restauración
 
RestauracióN
RestauracióNRestauracióN
RestauracióN
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 

More from lorenaamarelle

Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nikelorenaamarelle
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicolorenaamarelle
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficolorenaamarelle
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionallorenaamarelle
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencialorenaamarelle
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebooklorenaamarelle
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebooklorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social IIlorenaamarelle
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade sociallorenaamarelle
 

More from lorenaamarelle (20)

Tema1 xeo
Tema1 xeoTema1 xeo
Tema1 xeo
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Comentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea NikeComentario templo Atenea Nike
Comentario templo Atenea Nike
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
Tipos de modelado
Tipos de modeladoTipos de modelado
Tipos de modelado
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
 
Comentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográficoComentario dun perfil topográfico
Comentario dun perfil topográfico
 
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacionalComentario mapa topogrã¡fico_nacional
Comentario mapa topogrã¡fico_nacional
 
Mapa topografico
Mapa topograficoMapa topografico
Mapa topografico
 
Temas opción a
Temas opción aTemas opción a
Temas opción a
 
Sabela II pdf
Sabela II pdfSabela II pdf
Sabela II pdf
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
Fernando VII
Fernando VIIFernando VII
Fernando VII
 
G 20
G  20G  20
G 20
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
El creador de facebook
El creador de facebookEl creador de facebook
El creador de facebook
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social II
Responsabilidade social IIResponsabilidade social II
Responsabilidade social II
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
 

Comentario sex. democrático

  • 1. Proposta de comentario EVOLUCIÓN POLÍTICA DURANTE O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874) O reinado de Sabela II foi un reinado moi inestable, con constantes enfrentamentos entre as distintas faccións do liberalismo. Reinado sempre vinculado co partido moderado e sendo necesaria a intervención do exército para soster o goberno e para propiciar os cambios. Entre as causas da caída de Isabel II e da Revolución Gloriosa (doc.1) debemos destacar as económicas, políticas, ideolóxicas e sociais. A inestabilidade do reinado de Isabel II vese agravada pola crise económica que se extende entre 1866 e 1868. Producese unha crise financieira orixinada polo afundimento das accións na Bolsa (sobre todo o ferrocarril), unha crise industrial, polo aumento do precio do algodón (motivado pola guerra de Secesión americana) e o descenso das ventas e unha crise agrícola polas malas colleitas e o aumento dos prezos dos productos. Esta crise económica agrava a crise política. Toda a clase política está descontenta co aumento do moderantismo, autoritarismo e da represión que exercen os gobernos de O´Donnell e de Narváez. En 1866, demócratas e progresistas habían firmado o Pacto de Ostende, ao que un ano despois se une a Unión Liberal (Pacto de Bruselas), co obxetivo de derrocar a Isabel II, a posterior promulgación dunha nova constitución e o establecemento do sufraxio universal. O protagonista do acordo foi o xeneral Prim, que había intentado varios pronunciamientos nestos anos. A este descontento político unese a extensión das ideas progresistas, republicanas e demócratas e, finalmente, a crise social, o descontento e enfrentamento das distintas clases sociais, sobre todo, entre o proletariado (en situación de explotación) e a burguesía. Esta situación dalle á Revolución Gloriosa unha gran forza social. As mortes de O´Donnell (1867) e Narváez (1868), favoreceron as pretensións dos conspirados, os cales se pronunciaron o 17 de septembro de 1868 na Bahía de Cádiz coa axuda do almirante Topete, encargado de sublevar á armada. Ante o anuncio da sublevación (outro pronunciamiento, - explicación-) destos militares liberais monárquicos, sucedense unha serie de alzamentos populares nas principais cidades que adoptaron a forma de Xuntas Revolucionarias (explicar), nas cales terán un protagonismo especial os elementos democráticos. Estas Xuntas, como a de Málaga (doc. 1), expoñen nas súas proclamas unha síntese das aspiracións dos revolucionarios: establecemento do sufraxio universal, implantación de libertades (expresión, reunión, cultos...) e a formación dunhas cortes constituintes para a redacción dunha nova constitución que exprese esos ideais. A raiña exiliase tralo combate de Alcolea e Prim impulsa a formación dun Goberno Provisional formado por progresistas e unionistas que se plantexará a democratización do país, pero tamén a moderación da revolución para que non se altere o orden social. A Revolución de 1868, coñecida como “A Gloriosa”, nome que xa se lle da no documento nº 1, non é un pronunciamento liberal máis. Vai a tratar de establecer un auténtico sistema democrático (revolución burguesa plena) que durará ata 1874. O periodo é coñecido como “Sexenio Democrático”. As aspiracións dos revolucionarios, que en boa medida serán recollidas na Constitución de 1869 (doc.3), aparecen mencionadas no citado documento: amplia declaración de dereitos e liberdades, soberanía nacional e fin da dinastía dos Borbóns. Para evitar o auxe das ideas republicanas nas Xuntas, Prim impulsa a formación dun GOBERNO PROVISIONAL formado por progresistas e unionistas, e presidido por Serrano, no cal non entran os demócratas. A súa acción terá un doble sentido: - Moderar a revolución para evitar que caiga en avances sociais e veleidades republicanas. Por elo, disolveránse as Xuntas Revolucionarias, sendo sustituidas por concellos democráticos. - Lexislar para instalar un sistema democrático. O goberno provisional empeza a lexislar para dar satisfacción ás demandas das Xuntas, así se establecen decretos recollendo os dereitos de expresión, asociación, etc. Ademáis establecense medidas de carácter librecambista, como o arancel de Figuerola de 1869, que abre o mercado español ó comercio exterior; suprimense os impopulares impostos de consumos ( podese facer unha explicación) e crease a peseta como unidade do sistema monetario español. Outra das labores do Goberno Provisional é a convocatoria de elecións para a Asamblea Constituinte en xaneiro de 1869. Triunfan os monárquicos progresistas de Prim e están presentes os demócratas, os unionistas, os moderados, algúns republicanos e carlistas. Esta Asamblea redactará en poucos meses a Constitución de 1869 (xuño), algúns de cuxos artigos se recollen no doc. nº 2, na que se establece unha monarquía constitucional plenamente democrática, Destaca: Establecemento da soberanía nacional (Preámbulo e art. 32), que en realidade é popular o ser establecido o sufraxio universal. Completo recoñecemento dos dereitos dos cidadáns (Art. 17): Liberdade de culto, liberdade de ensinanza, libertade de imprenta, liberdade asociación, etc. Declaración moi amplia e novidosa (dereito ó segredo da correspondencia). Clara separación de poderes: o Executivo: en mans do rei e ministros. O rei non ten veto, e tampouco iniciativa lexislativa, só suspender as cortes unha vez por lexislatura, sanciona e promulga as leis, etc. As órdenes do rei necesitan a firma do ministro. O Lexislativo: no Congreso e Senado; cámaras de iguais funcións elexidas por sufraxio universal. Asumen en exclusiva o poder lexislativo (Art. 34), controlan ó goberno e aproban os presupostos. O Xudicial: independente (Art. 36). Se establece o xuizo por Xurados e a carreira xudicial para garantir a súa independencia. Supresión de impostos indirectos, supresión dos impostos de consumos. No referente á relixión, establecese a tolerancia relixiosa, pero mantendo os gastos de culto e clero. E establece como forma de goberno (art. 33) a monarquía. Proclamada a constitución mantense no poder o goberno provisional do xeneral Serrano, que asume a Rexencia mentras que se ten que facer fronte á guerra de Cuba, os desordenes sociais e, dado que se estableceu a monarquía como forma de goberno, á búsqueda dun rei que tiña que ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Promoveronse varios candidatos: os carlistas a Carlos VII; Cánovas del Castillo a Alfonso (fillo de Isabel II); Prim negouse a cualquera posibilidade de aceptar a un Borbón (“¡Jamás, Jamás, Jamás!”) o candidato elexido foi Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II. O 16 de novembro de 1870 as Cortes nomen a Amadeo de Saboya como rei de España. A súa chegada coincidiu co asesinato de Prim (morto despois de sufrir un atentado, dicembro de 1870), o seu gran valedor, o que fará aumentar os seus problemas. Amadeo adoptou o papel de rei constitucional, pero non puido evitar a inestabilidade derivada de: • A debilidade dos gobernos compostos polos partidos do réxime: progresistas de Sagasta, radicais de Ruiz Zorrilla e unionistas de Serrano. Tiñan pouco apoio social, como quedaba patente na alta abstención electoral. • Crecemento da oposición á monarquía de Amadeo I: por parte dos monárquicos, partidarios da restauración borbónica con Alfonso,
  • 2. o fillo de Isabel II; oposición dos republicanos; dos carlistas, quenes protagonizan un novo levantamento, propugnando a entrega do trono a Carlos VII, levantamento que se convirte na Terceira Guerra Carlista (1872-76), con incidencia no País Vasco, Navarra, Cataluña e o Maestrazgo. Oposición da igrexa (porque hai tolerancia relixiosa), das clases adiñeradas (porque hai librecambismo), etc. Ante os continuos desórdenes e o escaso apoio popular, Amadeo abdica o 11 de febreiro de 1873. O estado do país, os problemas e a falta de unidade que comentábamos queda patente no seu discurso de abdicación (documento nº 3). No documento fai referencia á falta de entendemento entre os distintos partidos políticos (“… atronador e contradictorio clamor dos partidos políticos “) os desordenes sociais, á falta de apoio, etc. Coñecida a súa renuncia, o Parlamento, reunidos o Congreso e o Senado, proclama entón a República o 11 de febreiro de 1873. O réxime republicano nace sumido nunha gran inestabilidade, o que finalmente orixinará o seu fracaso. As causas principais desta inestabilidade hai que buscarlas en: - A existencia de dúass guerras: a de Cuba e a carlista. - O seu escaso apoio popular. - A división dos propios republicanos, entre federalistas e unionistas e entre moderados e exaltados. - O problema do cantonalismo, que aparece como un intento de construir o estado desde abaixo. A República vai ter catro presidencias (presidentes do poder executivo): - Figueras é nomeado o 11 de febreiro de 1873. As primeiras medidas tomanse buscando estabilizar un réxime que nace en circunstancias especiais. En maio celebranse eleccións e gañan os federalistas. Esto provocará o aumento dos desórdenes. – Pi i Margall é elexido presidente (11 de xuño 1873).Realiza un proxecto de constitución federal (documento nº 4), que habría modificado plenamente a organización do estado español. Chama a atención especialmente o seu art. 1, donde se fala de que España queda dividida non en rexións ou en provincias, senon en Estados (17 estados, incluese Cuba e Puerto Rico), que conforman a idea da república federal. En canto á Soberanía, establecese expresamente que reside en todos os cidadáns, se entiende, polo tanto, popular (art. 42). Establecese tamén unha ríxida separación de poderes entre o executivo, exercido polo Consello de Ministros (Presidente máis ministros) lexislativo, que reside nun Congreso e Senado, e xudicial, nos xuices e o xurado popular, aparecendo, ademáis, un novo poder, o poder de relación entre os tres poderes (art. 45), que sería exercido polo Presidente da República. O Presidente da República era elexido por sufraxio universal indirecto (cada provincia elexía uns electores e esos reuníanse en Madrid para a elección do Presidente e Vicepresidente). Outros aspectos destacados son o establecemento de amplias liberdades e a clara separación de Estado e Igrexa, que deixará de percibir os gastos de culto e clero. Aprobouse a constitución, pero os desordenes sociais aumentan (como a revolta de Alcoy, na que asaltan ás autoridades e fábricas) e estala o problema do cantonalismo. Varias cidades se proclaman cantóns ( definir cantón: entidade de carácter subnacional) soberanos en Andalucía e Levante (Cartagena foi o 1º sitio e o máis importante). Ante estos graves problemas e como Pi i Margall non quere reprimir usando a violencia, presenta a súa dimisión. Elíxese o terceiro presidente, Nicolás Salmerón, en xullo e autoriza a represión militar contra o cantonalismo, o que otorga un maior protagonismo os militares. Dimite en septembro por non querer firmar unhas penas de morte a cantonalistas. O último presidente é Emilio Castelar, él obten do parlamento poderes excepcionais para restablecer o orden, entre as medidas destacan: • Persigue o federalismo, para estabilizar o país e manter a unidade. • Reforza o poder militar para facer fronte ó cantonalismo e á guerra carlista. • Suspende as Cortes durante tres meses. O goberno de Castelar queda sen apoios, os grupos monárquicos, moderados, etc., queren que a súa xestión fracase para poder volver á monarquía. Así, Castelar presentou a súa dimisión o 2 de xaneiro de 1873. Neste contexto o poder pasaría de novo os republicanos federais e poderían volver a aumentar os problemas sociais e o cantonalismo. É entón cando se produce o golpe de estado do xeneral Pavía (3 de xaneiro de 1874). De novo unha intervención militar para acabar cun réxime e dar paso a outro. Os militares e os sectores moderados (oligarquía) non querían a república nin a inestabilidade dos republicanos federais. O golpe de estado da lugar á implantación do goberno do xeneral Serrano, quen permanece no poder ó largo de 1874. Mantense como forma de goberno a república, pero cun goberno formado por monárquicos, á espera de encontrar o momento axeitado para restablecer a monarquía. Serrano intentará, ante todo, restablecer o orden (Guerras de Cuba, carlista e cantonalista), ata que o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez Campos se subleva en Sagunto pedindo a volta da monarquía. En 1875 volverá Alfonso de Borbón (XII) e será proclamado rei de España mentras que Serrano exiliase. Iniciase a Restauración. Termina deste modo o periodo coñecido como o Sexenio Revolucionario, seis axitados anos nos que tivemos, a 1ª constitución democrática, unha nova dinastía reinante e á Primera república. [i] El pronunciamiento es el levantamiento de una personalidad importante, generalmente un militar, que ha obtenido prestigio. Empiezan los pronunciamientos durante el reinado de Fernando VII, para forzar al monarca a tomar un rumbo liberal (Porlier, Riego, Torrijos). Son característicos en la historia de España debido a la debilidad de las fuerzas políticas civiles. También los liberales moderados protagonizan pronunciamientos, como el general Narváez frente a Espartero. [ii] Las Juntas revolucionarias constituyen otra institución característica del liberalismo español. Aparecen con el inicio de la Guerra de Independencia, cuando las autoridades existentes no hacen nada contra los franceses. El pueblo decide organizarse y forma nuevas formas de autoridad que no aceptan las órdenes del poder existente y asumen el poder, la soberanía. Se repiten a lo largo del XIX en momentos de crisis. Se eligen de modo espontáneo mediante procesos electorales variados y tienen especial incidencia en 1835, 36, 40, 42-43, 54 y 68-69.