Situación O concellode Burela atópase na chamada Mariña Luguesa e no bordo norte da chaira lucense. En Burela comeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e as estribacións montañosas, orixinando un tipo de costa liñal de longas praias formadas aos pés dos cantís e separadas a miúdo por farallóns.
3.
Límites Está bañadopolo Mar Cantábrico polo norte e este. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz.
4.
Historia A historiade Burela remóntase aos tempos prerromanos. Os restos máis antigos de poboacións achados na zona corresponden a un castro situado na parte extrema do cabo. Foron os habitantes destes castros, a poboación castrexa, a que deixou un dos emblemas do pobo, un torques que actualmente se atopa no museo Provincial de Lugo, e que forma parte do escudo de Burela.
5.
Poboación Cunha poboaciónde 9.171 habitantes en 2008, Burela supera por primeira vez na súa historia os 9.000 habitantes, e situase como o segundo maior concello da comarca despois de Foz e o oitavo da provincia. Cunha idade media ao redor dos 36 anos, é unha poboación xove que supera amplamente aos maiores de 65 anos, o concello de Burela é un dos concellos máis xoves de Galiza e o máis xove da súa provincia. Así mesmo, Burela é un dos concellos galegos cunha maior tradición de acollida de estranxeiros, 657 do total de habitantes. Distribúese nunha soa parroquia (Santa María de Burela)
6.
Lugares de intereseDestacan: O Barrio de Cantiño, A Marosa, O Portelo, O Castelo (fotografía), A Igrexa de Vila do Medio, O Porto Pesqueiro, o Asentamento celta “Chao de Castro”, o Hipocausto romano e a Zona xeolóxica de Perdouro
7.
Economía (1) Osector pesqueiro ten o seu máximo expoñente no porto de Burela, o máis importante de todo o Mar Cantábrico. As especies máis importantes neste porto son: a pescada, o bonito, sendo Burela o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda, xurelo, sardiña, etc.
8.
Economía (2) Osector secundario atópase representado polas industrias de transformación da madeira, as cerámicas, as fábricas de xeo, os talleres gráficos e mecánicos, os estaleiros e os postos relacionados coa próxima Alúmina-Aluminio de San Cibrao, ademais do crecemento do subsector construtivo, en auxe polo desenvolvemento económico e turístico en todo o municipio. O sector terciario, en auxe nos últimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demográfico, económico e turístico.
9.
Festividades Festas Patronais na honra a Virxe do Carme e San Xoán Bautista, no mes de xuño. Romaría e Subida ao Monte Castelo, en xullo. Feira do bonito , o primeiro domingo de agosto. Expomar, feira monográfica náutico-pesqueira celebrada en maio.