CONCELLOS: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.
Fisterra ocupa a parte sur da Costa da Morte, no extremo occidental da provincia de A Coruña.
Os aspectos naturais máis sobresaíntes son xeomorfolóxicos (derivados da acción do mar e a composición das rochas) e ambientais, derivados da situación noroccidental, que marca o límite de distribución e asentamento dalgunhas especies endémicas ou singulares.

O concello de Corcubión ocupa unha pequena península na enseada de Fisterra. A súa costa vai desde o fondo da ría de Corcubión/Cee ata enseada de Estorde. O litoral de Corcubión é rochoso, elevado, irregular e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que na maior parte foron comestos polas infraestruturas viarias. Fora da vila só hai cantís de ata 50 m de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
O concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.
CONCELLOS: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
CONCELLOS: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
A comarca do Barbanza ou Arousa Norte atópase no suroeste da provincia da Coruña, ocupando a parte sur na península do mesmo nome. O territorio está ocupado na súa maior parte pola serra do Barbanza e a costa da banda norte da ría de Arousa e un tramo de mar aberto ata pasado o cabo Corrubedo. O último tramo do esteiro do Ulla ocupa parte das costas de Rianxo, e numerosos cursos fluviais de pequeno percorrido baixan da serra directamente ao mar.
As principais actividades son os servizos (destaca o turismo), a pesca, a industria (sobre todo relacionada coa pesca) e a construción. Ten un rico patrimonio natural centrado especialmente na costa exterior e no esteiro do Ulla.
CONCELLOS: Carnota e Muros
A comarca de Muros sitúase na marxe norte da ría de Muros e Noia e na costa de mar aberto ata a desembocadura do Xallas.
É unha comarca eminentemente costeira cun releve moi en pendente que pasa en moi pouca distancia dos 0 a máis de 500 m de altura nos que sobresaen o macizo do Pindo a Serra das Forcadas e o Pedregal.
É unha comarca cun grande patrimonio natural na que se atopan dous espazos protexidos e dun gran interese paisaxístico e etnográfico.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
O concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
1. A POBRA DO CARAMIÑAL Na Pobra do Caramiñal hai de todo: praias, montes, e un millón de cousas máis. Adéntrate neste pequeño resumo do noso gran pobo, e xa verás que ben o vas pasar …
2. DESCRIPCIÓN O Atlántico, cada recuncho da súa xeografía e o seu territorio é un dos máis contrastados e pintorescos da costa. A poboación concéntrase no litoral, mentres que o interior presenta uns escasos índices de ocupación, quedando, incluso, despoboada a montaña. Superficie : 33,9 Km² Poboación : 9992 habitantes Parroquias : Caramiñal, Lesón ( Santa Cruz), Posmarcos ( San Isidro), Santiago do Deán ou Castelo, Xobre ou Maño
3.
4. ¿ De qué vivimos na Pobra? A poboación concéntrase no litoral, mentres que o interior presenta uns escasos índices de ocupación, quedando, incluso, despoboada a montaña. As principais actividades económicas dos pobrenses son as relacionadas co mar e coa industria do peixe, seguidas dos sectores da construción, o comercio, os servizos e a hostalaría
5. A maioría da xente, os mércores, sae a comprar a praza e o mercado O mercado
6. O municipio ocupa unha pequena superficie na ladeira meridional da Serra do Barbanza. O seu perfil costeiro amosa unha sucesión de praias, rasas mariñas, enseadas, baías e promontorios. Esta zona é a que presenta un maior número de habitantes. Ás súas costas érguense as moles graníticas da Curotiña e da Curota e o resto das formacións do Barbanza, excelentes miradoiros naturais dende os que se obteñen as mellores perspectivas das Rías Baixas. A Serra do Barbanza
7. As terras da Pobra do Caramiñal estaban xa poboadas en épocas prehistóricas. Na costa, a superpoboación destruíu as súas pegadas pero, no interior, perduran o campo de mámoas dos arredores da Cruz de Moldes e as de Lesón. O topónimo de "O Colo de Arca" recorda a existencia dun dolmen e na serra érguese o de Casarota do Fuxiño. Estes depósitos falan das poboacións asentadas aquí durante o megalítico. Nos primeiros séculos da Idade Media o concello viu como algúns pobos bárbaros do norte de Europa se organizaban para invadir os enclaves do litoral arousán, incluíndo tamén o pobrense. Foi unha época de continuos ataques e incursións. En séculos posteriores os núcleos que forman a actual vila da Pobra do Caramiñal empezaron a coller relevancia. Isto sucedeu cando un poboado de pescadores, a principios do século XV, se independizou da freguesía de Posmarcos e creou a súa propia baixo o nome de 'Santiago Apóstolo'. Grazas aos favores do cabido compostelán e gobernando no seu nome un deán, o lugar pasou a chamarse 'Santiago de Pobra do Deán' e, á súa vez, 'O Caramiñal', enclave próximo ao anterior. E...¿ qué pasou antes?
8.
9. O pazo da Torre de Xunqueiras Sin alejarse mucho de la población, sobre un altozano, se alzan las soberbias Torres de Xunqueiras, que conservan el nombre de sus primeros señores. Fernán Martín de Xunqueiras había sido en el siglo XIII el fundador de este linaje, que ejerció durante siglos el señorío sobre la villa de Caramiñal.
10. Os cruceiros e fontes As arquitecturas destas fotografías xa levan moito tempo construidas, eu diría que uns cen anos…
11. O Río Pedras O sistema fluvial está presidido polo río Pedras que baixa salvando fortes pendentes que orixinan unha paisaxe agreste de pequenas fervenzas. Ao mesmo tempo, a atractiva paisaxe caracterízase por un clima local con ventos mariños do leste e do sudoeste e pola suavidade das temperaturas ao longo do ano.
12. Lugares de interese Os principais lugares de interese do noso pobo son as praias
13.
14.
15.
16. O Nazareno Data: Setembro Tipo de festa: Romaxe Interese Turístico O terceiro domingo de setembro. Vila mariñeira situada ao pé do monte da Curota, miradoiro que domina as Rías Baixas. As súas orixes remóntanse ao século XV por unha ofrenda do home que daquela era o rexedor da vila, que curou dunha grave enfermidade na véspera da procesión. Dende entón, a ofrenda é realizada por persoas que estiveron en perigo de morte e como agradecemento á intercesión de Xesús o Nazareno. Os oferentes, portando cirios e vestidos de nazarenos, son acompañados polos amigos e familiares que conducen un ataúde.