ESPAZOS NATURAIS
LIC A Ramallosa
Situado na desembocadura dos ríos Miñor e da Groba, entre as puntas Lourido e
Santa Marta. Inclúe as marismas da parte final do esteiro e a frecha da praia de
Ladeira ou Sabarís.
Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas tranquilas e mornas, está
condicionado pola dinámica das mareas que o anegan e o deixan ao descuberto
periodicamente.
SITUACIÓN: desembocadura do río
Miñor, na parte más interna da ría ou
enseada de Baiona, situada no
extremo suroeste da ría de Vigo.
Localidades de referencia: A
Ramallosa, Baiona.
SUPERFICIE: 92 ha
CONCELLOS: Baiona e Nigrán
VALORES NATURAIS: dunas,
esteiros e marismas, aves acuáticas...
Hai un proxecto de ampliación
pendente de aprobar que
inclúe a parte interior do
esteiro, na zona coñecida
como As Ínsuas.
PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014
CLIMA
Atlántico con invernos suaves e verán cálidos.
XEOLOXÍA
O territorio do espazo protexido está formado na súa maior parte por sedimentos
limosos ou areosos e unha pequena área por costa rochosa de baixa altura de
granitos e xistos.
MARISMAS DA RAMALLOSA
Formado pola conxunción dos esteiros dos ríos Miñor e Groba e protexida do mar
aberto pola barra areosa da praia Ladeira.
Vista desde o monte Lourido: de fronte o Miñor e á dereita o Groba
Desembocadura do Miñor, entre a punta da praia Ladeira e o monte Lourido
RÍO MIÑOR
Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as
augas da serra do Galiñeiro. Ten un percorrido sinuoso por terreos dos concellos
de Nigrán e Baiona formando o Val Miñor. Despois de 16 km desauga en Sabarís
(esteiro da Ramallosa). Unha barra de area (praia de Ladeira) pecha parcialmente
a desembocadura.
Ponte da Ramallosa, ou ponte da Xunqueira do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona.
Desembocadura do Miñor
RÍO DA GROBA
Nace na serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no
esteiro da Ramallosa, en Sabarís, moi preto do Miñor. A maior parte do seu
percorrido está ocupado por construcións e muros e circula practicamente por
unha canle artificial que acusa moito as enchentes en épocas de chuvias
abundantes.
PRAIA LADEIRA ou de SABARÍS
Asentada sobre unha frecha que tapa parcialmente a desembocadura do Miñor.
Conserva un sistema dunar moi alterado pola presión humana.
Enseada de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Esteiros
-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar
-Grandes calas e baías pouco profundas
-Arrecifes
-Vexetación anual sobre argazos
-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou
areentas
-Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)
-Dunas móbiles embrionarias
-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
-Depresións intradunales húmidas
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae).
As marismas son ecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen a auga
doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e debalar das mareas o que
determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga ao longo do día e amplas zonas
quedan en seco.
Vista coa marea chea
Areais da Ramallosa coa marea baixa
ESPECIES DE INTERESE
Nanozostera noltii
Rumex rupestris
CATÁLOGO GALEGO
DE ESPECIES AMEAZADAS
Rumex rupestris
FLORA
A vexetación que se asenta nos fondos das marismas resiste ben a inmersión e
as augas salobres. Aquí atópanse plantas moi especializadas como as sebas, a
espartinas, a herba coral, os xuncos ou a estreliña das xunqueiras.
Nas dunas podemos atopar feo da praia, cardo mariño, rabo de lebre, correola...
Seba (Nanozostera noltii)
Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas
que so cobre ocasionalmente a marea.
A Spartina maritima soporta as inmersións
periódicas das mareas, aínda que case nunca
queda cuberta totalmente pola auga.
Estreliña das xunqueiras (Aster tripolium). Atópase na beira das xunqueiras e nas marismas.
Cardo mariño (Eryngium maritimum). Vive nas dunas e praias.
Rabo de lebre (Lagurus ovatus). Atópase nas dunas.
Os bochos e os verdellos son algas que viven en lugares tranquilos e pouco fondos.
Soportan a exposición solar directa e a desecación no intermareal.
Pirixel do mar (Crithmun maritimum)
As rochas da zona supralitoral atópanse
cubertas por varias clases de liques.
FAUNA
As especies mariñas viven enterradas nos substratos lamacentos (miñocas,
berberechos, ameixas) ou agochadas nas pequenas pozas e nas algas
(cangrexos, caramuxos, caracolas). Son habituais cando sobe a marea os peixes
planos, os muxes, as xibas... e no tempo de desove son moitos os peixes e
moluscos que se achegan aquí para facelo. Todo este rico ecosistema serve de
soporte a unha grande variedade de aves acuáticas, en especial limícolas,
anátidas e ardeidas.
Limícolas alimentándose de pequenos animais entre as algas da praia Ladeira
Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla área de zonas lamacentas e
areosas onde viven unha grande diversidade de invertebrados que serven de
alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta
zona unha importante área de descanso, sobre todo no inverno. Coa subida da
marea convértese nun lugar recollido ideal para o descanso da aves acuáticas. A
zona é tamén un importante criadeiro de moluscos.
Os vermes atopan nas zonas areosas lamacentas ricas o lugar ideal para o seu desenvolvemento. Nos
lugares areoso fangosos como as marismas da Ramallosa son habituais estas formacións, produto da a
expulsión de resíduos dos cagóns (Arenicola marina) que se alimentan filtrando os sedimentos, co que
contribúen a sanear o terreo e eliminar materia orgánica.
Cangrexo (Carcinus maenas)
ESPECIES DE INTERESE
MAMÍFEROS
Globicephala melas
Lutra lutra
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Lontra (Lutra lutra)
AVES
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Acrocephalus paludicola
Actitis hypoleucos
Aegithalos caudatus
Alauda arvensis
Alcedo atthis
Anas platyrhynchos
Anthus trivialis
Apus apus
Ardea cinerea
Athene noctua
Buteo buteo
Calidris alba
Calidris alpina
Calidris maritima
Caprimulgus europaeus
Certhia brachydactyla
Cettia cetti
Charadrius hiaticula
Cisticola juncidis
Columba palumbus
Corvus corone
Delichon urbica
Garza real (Ardea cinerea)
Dendrocopos major
Egretta garzetta
Emberiza cirlus
Erithacus rubecula
Falco subbuteo
Falco tinnunculus
Garrulus glandarius
Haematopus ostralegus
Hippolais polyglotta
Hirundo rustica
Larus argentatus
Larus cachinnans
Larus canus
Larus fuscus
Larus marinus
Larus melanocephalus
Larus ridibundus
Limosa lapponica
Lullula arborea
Motacilla alba
Motacilla cinerea
Motacilla flava
Otus scops
Parus ater
Parus caeruleus Gabitas (Haematopus ostralegus)
Parus major
Phoenicurus ochruros
Phylloscopus ibericus
Pica pica
Picus viridis
Pluvialis squatarola
Prunella modularis
Pyrrhula pyrrhula
Rallus aquaticus
Saxicola torquata
Sterna hirundo
Sterna sandvicensis
Streptopelia decaocto
Streptopelia turtur
Strix aluco
Sylvia atricapilla
Sylvia communis
Sylvia melanocephala
Tachybaptus ruficollis
Tachymarptis melba
Turdus merula
Turdus philomelos
Tyto alba
Rascón (Rallus aquaticus)
RÉPTILES
Anguis fragilis
Chalcides striatus
Coronella girondica
Timon lepidus
Lacerta schreiberi
Natrix maura
Natrix natrix
Podarcis hispanica
Rhinechis scalaris
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
ANFIBIOS
Alytes obstetricans
Bufo calamita
Discoglossus galganoi
Hyla molleri
Lissotriton boscai
Pelophyllax perezi
Triturus marmoratus
Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
INVERTEBRADOS
Nucella lapillus
Patella ulyssiponensis
Corniño (Nucella lapillus)
CATÁLOGO GALEGO DE
ESPECIES AMEAZADAS
MAMÍFEROS
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
ANFIBIOS
Hyla arborea
Estroza ou rela
(Hyla arborea)
ACTIVIDADES
-Marisqueo
-Lecer
Praia Ladeira (Sabarís, Baiona)
PONTE DA RAMALLOSA
Situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa
(Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa
(Baiona). Datada no s XV, de estilo de
transición do románico ao gótico.
Na metade da ponte consérvase un
cruceiro, cunha imaxe de san Telmo, patrón
dos navegantes e un peto de ánimas.
-Arredor da ponte da Ramallosa
consérvanse varias lendas e tradicións.
Ata hai poucas décadas, xunto desta ponte
celebrábanse ritos relacionados coa
fertilidade. Segundo a tradición, a muller
encinta que non lograba ter fillos tiña que
botar sobre o seu ventre auga do río, ás 12
da noite, debendo apadriñar a criatura a
primeira persoa que atravesase a ponte
despois do conxuro.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
-A zona estivo densamente poboada desde tempos moi antigos.
PROBLEMAS
-Vertidos urbáns e industriais
-Presión humana e urbanística
-Especies invasoras
Praia Ladeira con Baiona ao fondo
PUNTOS DE INTERESE
BAIONA
-Praia Ladeira
-Esteiro
Ponte da Ramallosa, no linde do espazo protexido
NIGRÁN
-Paseo pola beira do esteiro
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Actualizado en setembro de 2017

LIC A Ramallosa

  • 1.
  • 2.
    Situado na desembocadurados ríos Miñor e da Groba, entre as puntas Lourido e Santa Marta. Inclúe as marismas da parte final do esteiro e a frecha da praia de Ladeira ou Sabarís. Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas tranquilas e mornas, está condicionado pola dinámica das mareas que o anegan e o deixan ao descuberto periodicamente.
  • 3.
    SITUACIÓN: desembocadura dorío Miñor, na parte más interna da ría ou enseada de Baiona, situada no extremo suroeste da ría de Vigo. Localidades de referencia: A Ramallosa, Baiona. SUPERFICIE: 92 ha CONCELLOS: Baiona e Nigrán VALORES NATURAIS: dunas, esteiros e marismas, aves acuáticas...
  • 4.
    Hai un proxectode ampliación pendente de aprobar que inclúe a parte interior do esteiro, na zona coñecida como As Ínsuas.
  • 5.
    PROTECCIÓN -Lugar de importanciacomunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004 -Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014
  • 6.
    CLIMA Atlántico con invernossuaves e verán cálidos.
  • 7.
    XEOLOXÍA O territorio doespazo protexido está formado na súa maior parte por sedimentos limosos ou areosos e unha pequena área por costa rochosa de baixa altura de granitos e xistos.
  • 8.
    MARISMAS DA RAMALLOSA Formadopola conxunción dos esteiros dos ríos Miñor e Groba e protexida do mar aberto pola barra areosa da praia Ladeira. Vista desde o monte Lourido: de fronte o Miñor e á dereita o Groba
  • 9.
    Desembocadura do Miñor,entre a punta da praia Ladeira e o monte Lourido RÍO MIÑOR Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas da serra do Galiñeiro. Ten un percorrido sinuoso por terreos dos concellos de Nigrán e Baiona formando o Val Miñor. Despois de 16 km desauga en Sabarís (esteiro da Ramallosa). Unha barra de area (praia de Ladeira) pecha parcialmente a desembocadura.
  • 10.
    Ponte da Ramallosa,ou ponte da Xunqueira do século XIII, compartida entre Nigrán e Baiona.
  • 11.
  • 12.
    RÍO DA GROBA Nacena serra da Groba e despois dun percorrido moi encaixado desemboca no esteiro da Ramallosa, en Sabarís, moi preto do Miñor. A maior parte do seu percorrido está ocupado por construcións e muros e circula practicamente por unha canle artificial que acusa moito as enchentes en épocas de chuvias abundantes.
  • 13.
    PRAIA LADEIRA oude SABARÍS Asentada sobre unha frecha que tapa parcialmente a desembocadura do Miñor. Conserva un sistema dunar moi alterado pola presión humana. Enseada de Baiona e praia Ladeira, asentada na frecha que pecha o esteiro da Ramallosa
  • 15.
    TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Esteiros -Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar -Grandes calas e baías pouco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas -Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi) -Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae) -Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae) -Dunas móbiles embrionarias -Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas) -Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
  • 16.
    -Depresións intradunales húmidas -Ríosdos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho- Batrachion -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi- Veronicion dillenii -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
  • 17.
    As marismas sonecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen a auga doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e debalar das mareas o que determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura da auga ao longo do día e amplas zonas quedan en seco.
  • 18.
  • 19.
    Areais da Ramallosacoa marea baixa
  • 20.
    ESPECIES DE INTERESE Nanozosteranoltii Rumex rupestris CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Rumex rupestris FLORA A vexetación que se asenta nos fondos das marismas resiste ben a inmersión e as augas salobres. Aquí atópanse plantas moi especializadas como as sebas, a espartinas, a herba coral, os xuncos ou a estreliña das xunqueiras. Nas dunas podemos atopar feo da praia, cardo mariño, rabo de lebre, correola... Seba (Nanozostera noltii)
  • 21.
    Xunco mariño. Forma grandespradeiras nas marismas que so cobre ocasionalmente a marea. A Spartina maritima soporta as inmersións periódicas das mareas, aínda que case nunca queda cuberta totalmente pola auga.
  • 22.
    Estreliña das xunqueiras(Aster tripolium). Atópase na beira das xunqueiras e nas marismas.
  • 23.
    Cardo mariño (Eryngiummaritimum). Vive nas dunas e praias.
  • 24.
    Rabo de lebre(Lagurus ovatus). Atópase nas dunas.
  • 25.
    Os bochos eos verdellos son algas que viven en lugares tranquilos e pouco fondos. Soportan a exposición solar directa e a desecación no intermareal.
  • 26.
    Pirixel do mar(Crithmun maritimum) As rochas da zona supralitoral atópanse cubertas por varias clases de liques.
  • 27.
    FAUNA As especies mariñasviven enterradas nos substratos lamacentos (miñocas, berberechos, ameixas) ou agochadas nas pequenas pozas e nas algas (cangrexos, caramuxos, caracolas). Son habituais cando sobe a marea os peixes planos, os muxes, as xibas... e no tempo de desove son moitos os peixes e moluscos que se achegan aquí para facelo. Todo este rico ecosistema serve de soporte a unha grande variedade de aves acuáticas, en especial limícolas, anátidas e ardeidas.
  • 28.
    Limícolas alimentándose depequenos animais entre as algas da praia Ladeira Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla área de zonas lamacentas e areosas onde viven unha grande diversidade de invertebrados que serven de alimento a numerosas aves mariñas, especialmente limícolas, que teñen nesta zona unha importante área de descanso, sobre todo no inverno. Coa subida da marea convértese nun lugar recollido ideal para o descanso da aves acuáticas. A zona é tamén un importante criadeiro de moluscos.
  • 29.
    Os vermes atopannas zonas areosas lamacentas ricas o lugar ideal para o seu desenvolvemento. Nos lugares areoso fangosos como as marismas da Ramallosa son habituais estas formacións, produto da a expulsión de resíduos dos cagóns (Arenicola marina) que se alimentan filtrando os sedimentos, co que contribúen a sanear o terreo e eliminar materia orgánica.
  • 30.
  • 31.
    ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Globicephalamelas Lutra lutra Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Lontra (Lutra lutra)
  • 32.
    AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Acrocephaluspaludicola Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alcedo atthis Anas platyrhynchos Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Athene noctua Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris maritima Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Charadrius hiaticula Cisticola juncidis Columba palumbus Corvus corone Delichon urbica Garza real (Ardea cinerea)
  • 33.
    Dendrocopos major Egretta garzetta Emberizacirlus Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Garrulus glandarius Haematopus ostralegus Hippolais polyglotta Hirundo rustica Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus ridibundus Limosa lapponica Lullula arborea Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Otus scops Parus ater Parus caeruleus Gabitas (Haematopus ostralegus)
  • 34.
    Parus major Phoenicurus ochruros Phylloscopusibericus Pica pica Picus viridis Pluvialis squatarola Prunella modularis Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Saxicola torquata Sterna hirundo Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia communis Sylvia melanocephala Tachybaptus ruficollis Tachymarptis melba Turdus merula Turdus philomelos Tyto alba Rascón (Rallus aquaticus)
  • 35.
    RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Coronellagirondica Timon lepidus Lacerta schreiberi Natrix maura Natrix natrix Podarcis hispanica Rhinechis scalaris Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
  • 36.
    ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Discoglossusgalganoi Hyla molleri Lissotriton boscai Pelophyllax perezi Triturus marmoratus Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
  • 37.
  • 38.
    CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIESAMEAZADAS MAMÍFEROS Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros ANFIBIOS Hyla arborea Estroza ou rela (Hyla arborea)
  • 39.
  • 40.
    PONTE DA RAMALLOSA Situadasobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, de estilo de transición do románico ao gótico. Na metade da ponte consérvase un cruceiro, cunha imaxe de san Telmo, patrón dos navegantes e un peto de ánimas. -Arredor da ponte da Ramallosa consérvanse varias lendas e tradicións. Ata hai poucas décadas, xunto desta ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición, a muller encinta que non lograba ter fillos tiña que botar sobre o seu ventre auga do río, ás 12 da noite, debendo apadriñar a criatura a primeira persoa que atravesase a ponte despois do conxuro. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL -A zona estivo densamente poboada desde tempos moi antigos.
  • 41.
    PROBLEMAS -Vertidos urbáns eindustriais -Presión humana e urbanística -Especies invasoras
  • 42.
    Praia Ladeira conBaiona ao fondo PUNTOS DE INTERESE BAIONA -Praia Ladeira -Esteiro
  • 43.
    Ponte da Ramallosa,no linde do espazo protexido NIGRÁN -Paseo pola beira do esteiro
  • 44.
    Montaxe: Adela Leiro,Mon Daporta Actualizado en setembro de 2017