SlideShare a Scribd company logo
OS RÍOS
Un río é unha corrente permanente de auga
que discorre por un leito fixo.
Os ríos desembocan ou verten as súas augas no mar,
completando o ciclo da auga na biosfera.
Algúns desembocan en lagoas, ou noutro río (afluentes).
Xeralmente os ríos
están organizados en
redes.

afluentes

río principal
DOIRAS ou TORRENTES:
cursos de auga temporais
mentres duran as choivas.
REGATOS, REGOS, REGUEIROS: ríos de pouco caudal.
O nacemento dos ríos é o lugar onde se orixinan.
Sempre é o seu punto mái alto. Nacen nunha fonte,
das augas resultantes de derreterse o xeo dos
glaciares, en lagos ou en terreos lamaguentos.

nacentes
CURSO ALTO: zona próxima ao
nacemento, nas rexións montañosas.
As augas descenden rapidamente.

CURSO MEDIO: de discorrer
máis lento ao atravesar terreos
máis chans.

O leito é a longa ou estreita
canle excavada polo río e por
onde circula a súa auga.

O curso é o percorrido do río
desde o seu nacemento ata a
súa desembocadura.
CURSO BAIXO: próximo
á desembocadura, sen
apenas corrente.

DESEMBOCADURA
MANANCIAIS: lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.
Curso alto. Río Xesta.
Curso Medio. Río Conso.
Curso baixo. Río Tines.
A CUNCA FLUVIAL é o conxunto dos terreos que verten as
augas nun río. Distínguense das adxacentes pola liña divisoria
de augas. A un lado e outro da mesma, as augas van parar a un
ou a outro río. As cuncas levan o nome do río.

A VERTENTE HIDROGRÁFICA é o conxunto de
cuncas que verten as súas augas a un mesmo
mar (Cantábrica, Atlántica...).
VERTENTES GALEGAS
O CAUDAL dun río é a cantidade ou volume de auga que
pasa por un punto determinado nun segundo.
Exprésase en m3 por segundo (m3/s).

Para coñecer o aforo ou realizar a medición do caudal
dun río, cómpre calcular a área da súa sección transversal
e a velocidade media da corrente.
O caudal medio diario é o volume de auga
desprazado nun segundo durante as 24 horas do día.
Cos caudais medios diarios dos 365 días do ano pódese
coñecer o caudal medio anual ou módulo do río.
Para medir a velocidade emprégase un aparello chamado molinete ou
correntómetro que se introduce no río a pequenos intervalos, de xeito que se
poida coñecer a velocidade nun grande número de puntos distribuídos
regularmente en forma de rede en toda a sección transversal.
Os ríos máis grandes do mundo
1-Amazonas
2-Nilo
3-Río Azul
4-Huang He (Amarelo)

5-Paraná
6-Congo
7-Lena
8-Mackenzie

9-Níxer
10-Ienisei
11-Mekong
12-13-Missisippi

14-Obi
15-Volga
18-Indo
19-Amur
21-Murray
O río Amazonas é máis longo (6.800 km),
máis caudaloso (118.860 m3/s) e coa conca
máis extensa do mundo (7.050.000 km² ), con
máis de 1.000 afluentes
O río máis longo de Galicia é o Miño (307,5 km).

O Miño en Tui.
O Sil é o río máis caudaloso de Galicia.

Río Sil entre A Rúa e Petín.
Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son
crecidas (enchentas) e baixadas anormais de caudal (estiaxes).

Variacións de caudal no Sil.
Enchenta no Umia
RÉXIME : variacións do caudal
dun río ao longo do ano e os
fenómenos relativos á súa
alimentación.
Pode ser: regular ou irregular,
pluvial ou nival
DEPENDE DE:
-relevo
-mananciais da conca
-clima
-natureza dos terreos
-vexetación
-acción do ser humano
O TRABALLO XEOLÓXICO DOS RÍOS
Os ríos son importantes axentes do modelado terrestre e os principais
transportadores de materiais desde as terras aos océanos.
Realizan tres accións interrelacionadas: a erosión, o transporte e a
sedimentación.
A EROSIÓN orixinada polas
correntes é o desgaste e
remoción dos materiais do leito
do río. É máis forte no curso
alto.
Erosión lineal: profundizando no
leito
Erosión areolar: desgaste das
ladeiras do val.
Nas cabeceiras dos ríos a erosión é
remontante (cara atrás).
A forza da auga en movemento pode arrastrar area, grava fina e arxila.
As pedras vanse desfacendo por abrasión ( rozan contra o fondo e as
ladeiras) e por procesos químicos.
RÁPIDOS
Fórmanse cando a inclinación da pendente pola que discorre o río é moi
pronunciada e o río corre con moita velocidade.
Nos rápidos dos ríos de montaña, polo efecto da abrasión fórmanse
pozas, pilacóns ou marmitas de xigante , ocos máis ou menos
cilíndricos de distintas dimensións. En moitos deles adoita atoparse
unha pedra case esférica que, empurrada pola corrente en espiral que se
produce na poza xira producindo o desgaste da rocha.
Pozas ou olas

Ola do Pombar. Río Quiroga.
Pozo sangoento. Río Seixo, afluente do Lérez.
Río Belelle
CANÓNS: fórmanse cando o río atravesa un terreo duro e se encaixa.

Canón do Eume
Canón do Sil
Canón do Miño. As Neves.
FERVENZAS, CATARATAS....
Fórmanse cando o río atopa
unha ruptura de pendentes
cunha diferencia de nivel moi
grande e a auga cae en
vertical.
A forza erosiva das fervenzas
é moi grande. Dependendo
da natureza do terreo
desprázase cara atrás con
maior ou menor velocidade.
ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA

ORIXE DAS FERVENZAS

Falla no percorrido do río

Diferencia de capacidade erosiva
entre o curso principal e un afluente.

Distinta
resistencia dos
materiais
ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA

ETAPAS DA
EVOLUCIÓN
DUNHA
FERVENZA
A catarata máis alta do
mundo é o salto Anxo en
Venezuela (980 m).
A catarata máis ancha do
mundo é a Victoria, no río
Zambeze en África (ZambiaZimbabue) (1,7 km de ancho e
108 m de alto ).
A catarata máis
caudalosa do mundo é a
Khone, no río Mekong
(Laos), con 11.300 m3/s).
Catarata de Iguazú (Anxentina-Brasil). Cun caudal de 1.744
m3/s Formada por 275 saltos de hasta 80 m de altura.
En Galicia as fervenzas tamén se
chaman cadoiros, cachóns,
abanqueiros, cachoeiras, ruxidas,
saltos, caeiras, freixas...
A fervenza máis alta de Galicia é
o salto do Cenza, un afluente
do Bibei, em Vilariño de Conso.
Cadoiro do Toxa

Seimeira de Vilagocende
O TRANSPORTE é o movemento dos materiais erosionados. As areas
grosas, gravas e coios son arrastrados polo fondo.
A area miúda e o barro son transportados en suspensión e os sales
resultantes da descomposición das rochas van disoltos na auga.

Río con minerais de ferro. A Pobra do Brollón.
A SEDIMENTACIÓN é a acumulación progresiva dos
materiais transportados no leito do río, sobre o leito
de inundación e na desembocadura do río.
No curso medio diminúe a pendente, anchea a canle e o val vai
collendo forma de artesa. As augas circulan con menor velocidade, polo
que diminúe a acción erosiva e de arrastre. O leito do río vaise
enchendo con materiais máis grandes (coios, gravas e na parte final
areas) que se depositan.
O Miño en Ourense
Praia no Umia
O acumulamento de sedimentos pode
producir situacións de inestabilidade
que fagan que o río modifique o seu
curso e excave novas canles nos
propios sedimentos.
Fórmanse meandros, e se as
curvas se van acentuando poden
chegar a intercomunicarse e formar
lagoas (estrangulación).
No curso baixo, preto da
desembocadura, a pendente é escasa,
a auga perde velocidade e non pode
arrastrar os materiais. Predomina a
sedimentación.
Os depósitos de aluvións preséntanse ás
veces escalonados a ámbalas partes da
canle do río formando terrazas fluviais.
Estas orixináronse debido aos cambios do
nivel da auga e a erosión sobre o leito
anterior.

Terrazas fluviais no Umia
Cando os sedimentos se depositan no centro e ao longo
do leito forman barras, que poden dar lugar a illas.

Esteiro do Miño
Se a desembocadura do río ten lugar en mares abertos ou zonas de
correntes, fórmanse esteiros, amplos espazos nos que os
sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos.
Esteiro do Ulla.
Esteiro do Umia
Esteiro do Tambre
Barras no esteiro do Miño.
Barra en Esteiro (Muros).
En mares pechados e de escasa
corrente os materiais acumúlanse
na desembocadura ata case
taponala. O río vese obrigado a
abrirse paso por entre os materiais
depositados por distintos brazos,
formando así illas denominadas
deltas .

Delta do Nilo

Delta do Ebro
Delta mareal do Umia.
HISTORIA DA VIDA DUN RÍO
Fase inicial

Fase media ou xuventude.

Madurez plena.

Madurez temperá.

Vellez
MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez.
FOTOS: Adela Leiro, Internet, Sixpac
DEBUXOS: Mon Daporta

More Related Content

What's hot (17)

Riesgos de erosión y sedimentacion costeras
Riesgos de erosión y sedimentacion costeras Riesgos de erosión y sedimentacion costeras
Riesgos de erosión y sedimentacion costeras
 
Dinamica da auga
Dinamica da augaDinamica da auga
Dinamica da auga
 
Avenidas e inundaciones.
Avenidas e inundaciones. Avenidas e inundaciones.
Avenidas e inundaciones.
 
Riesgos mixtos
Riesgos mixtosRiesgos mixtos
Riesgos mixtos
 
Unidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabularioUnidade 1 vocabulario
Unidade 1 vocabulario
 
Rios
RiosRios
Rios
 
A auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en EspañaA auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en España
 
Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)Río Iantsé (Azul)
Río Iantsé (Azul)
 
Hidrosfera
HidrosferaHidrosfera
Hidrosfera
 
Auga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E SolosAuga, VexetacióN E Solos
Auga, VexetacióN E Solos
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
PresentacióN.SesióN5
PresentacióN.SesióN5PresentacióN.SesióN5
PresentacióN.SesióN5
 
Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
Tema 10 a paisax e
Tema 10 a paisax eTema 10 a paisax e
Tema 10 a paisax e
 
Ríos de Galicia
Ríos de GaliciaRíos de Galicia
Ríos de Galicia
 
Os ecosistemas de augas continentais
Os ecosistemas de augas continentaisOs ecosistemas de augas continentais
Os ecosistemas de augas continentais
 

Similar to un rio.Xeneralidades

Similar to un rio.Xeneralidades (19)

Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
Tema4 141028161045-conversion-gate01 (1) (1)
 
Tema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e MaresTema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e Mares
 
03c as augas
03c as augas03c as augas
03c as augas
 
Tema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e maresTema 4 Ríos e mares
Tema 4 Ríos e mares
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 
Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)
 
Río Mekong
Río MekongRío Mekong
Río Mekong
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográficaTema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
 
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdfUNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
Comentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
 
As augas.odp [reparado]
As augas.odp [reparado]As augas.odp [reparado]
As augas.odp [reparado]
 
A paisaxe 2
A paisaxe 2A paisaxe 2
A paisaxe 2
 
As augas
As augasAs augas
As augas
 

More from LOPEZMOURENZA

Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1LOPEZMOURENZA
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinasLOPEZMOURENZA
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostasLOPEZMOURENZA
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaLOPEZMOURENZA
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfLOPEZMOURENZA
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del poppletLOPEZMOURENZA
 

More from LOPEZMOURENZA (20)

Máqunas e aparelos
Máqunas e aparelosMáqunas e aparelos
Máqunas e aparelos
 
Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinas
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostas
 
Manual mind42
Manual mind42Manual mind42
Manual mind42
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
O son ii
O son iiO son ii
O son ii
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
enerxia nuclear
enerxia nuclearenerxia nuclear
enerxia nuclear
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesia
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdf
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del popplet
 
Enerxia xeotermica
Enerxia xeotermicaEnerxia xeotermica
Enerxia xeotermica
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
Biocombustible
BiocombustibleBiocombustible
Biocombustible
 

un rio.Xeneralidades

  • 2. Un río é unha corrente permanente de auga que discorre por un leito fixo. Os ríos desembocan ou verten as súas augas no mar, completando o ciclo da auga na biosfera. Algúns desembocan en lagoas, ou noutro río (afluentes).
  • 3. Xeralmente os ríos están organizados en redes. afluentes río principal
  • 4. DOIRAS ou TORRENTES: cursos de auga temporais mentres duran as choivas.
  • 5. REGATOS, REGOS, REGUEIROS: ríos de pouco caudal.
  • 6. O nacemento dos ríos é o lugar onde se orixinan. Sempre é o seu punto mái alto. Nacen nunha fonte, das augas resultantes de derreterse o xeo dos glaciares, en lagos ou en terreos lamaguentos. nacentes CURSO ALTO: zona próxima ao nacemento, nas rexións montañosas. As augas descenden rapidamente. CURSO MEDIO: de discorrer máis lento ao atravesar terreos máis chans. O leito é a longa ou estreita canle excavada polo río e por onde circula a súa auga. O curso é o percorrido do río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. CURSO BAIXO: próximo á desembocadura, sen apenas corrente. DESEMBOCADURA
  • 7. MANANCIAIS: lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.
  • 11. A CUNCA FLUVIAL é o conxunto dos terreos que verten as augas nun río. Distínguense das adxacentes pola liña divisoria de augas. A un lado e outro da mesma, as augas van parar a un ou a outro río. As cuncas levan o nome do río. A VERTENTE HIDROGRÁFICA é o conxunto de cuncas que verten as súas augas a un mesmo mar (Cantábrica, Atlántica...).
  • 13. O CAUDAL dun río é a cantidade ou volume de auga que pasa por un punto determinado nun segundo. Exprésase en m3 por segundo (m3/s). Para coñecer o aforo ou realizar a medición do caudal dun río, cómpre calcular a área da súa sección transversal e a velocidade media da corrente.
  • 14. O caudal medio diario é o volume de auga desprazado nun segundo durante as 24 horas do día. Cos caudais medios diarios dos 365 días do ano pódese coñecer o caudal medio anual ou módulo do río.
  • 15. Para medir a velocidade emprégase un aparello chamado molinete ou correntómetro que se introduce no río a pequenos intervalos, de xeito que se poida coñecer a velocidade nun grande número de puntos distribuídos regularmente en forma de rede en toda a sección transversal.
  • 16. Os ríos máis grandes do mundo 1-Amazonas 2-Nilo 3-Río Azul 4-Huang He (Amarelo) 5-Paraná 6-Congo 7-Lena 8-Mackenzie 9-Níxer 10-Ienisei 11-Mekong 12-13-Missisippi 14-Obi 15-Volga 18-Indo 19-Amur 21-Murray
  • 17. O río Amazonas é máis longo (6.800 km), máis caudaloso (118.860 m3/s) e coa conca máis extensa do mundo (7.050.000 km² ), con máis de 1.000 afluentes
  • 18. O río máis longo de Galicia é o Miño (307,5 km). O Miño en Tui.
  • 19. O Sil é o río máis caudaloso de Galicia. Río Sil entre A Rúa e Petín.
  • 20. Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son crecidas (enchentas) e baixadas anormais de caudal (estiaxes). Variacións de caudal no Sil.
  • 22. RÉXIME : variacións do caudal dun río ao longo do ano e os fenómenos relativos á súa alimentación. Pode ser: regular ou irregular, pluvial ou nival DEPENDE DE: -relevo -mananciais da conca -clima -natureza dos terreos -vexetación -acción do ser humano
  • 23. O TRABALLO XEOLÓXICO DOS RÍOS Os ríos son importantes axentes do modelado terrestre e os principais transportadores de materiais desde as terras aos océanos. Realizan tres accións interrelacionadas: a erosión, o transporte e a sedimentación.
  • 24. A EROSIÓN orixinada polas correntes é o desgaste e remoción dos materiais do leito do río. É máis forte no curso alto. Erosión lineal: profundizando no leito Erosión areolar: desgaste das ladeiras do val. Nas cabeceiras dos ríos a erosión é remontante (cara atrás).
  • 25. A forza da auga en movemento pode arrastrar area, grava fina e arxila. As pedras vanse desfacendo por abrasión ( rozan contra o fondo e as ladeiras) e por procesos químicos.
  • 26. RÁPIDOS Fórmanse cando a inclinación da pendente pola que discorre o río é moi pronunciada e o río corre con moita velocidade.
  • 27. Nos rápidos dos ríos de montaña, polo efecto da abrasión fórmanse pozas, pilacóns ou marmitas de xigante , ocos máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións. En moitos deles adoita atoparse unha pedra case esférica que, empurrada pola corrente en espiral que se produce na poza xira producindo o desgaste da rocha.
  • 28.
  • 29. Pozas ou olas Ola do Pombar. Río Quiroga.
  • 30. Pozo sangoento. Río Seixo, afluente do Lérez.
  • 32. CANÓNS: fórmanse cando o río atravesa un terreo duro e se encaixa. Canón do Eume
  • 34. Canón do Miño. As Neves.
  • 35. FERVENZAS, CATARATAS.... Fórmanse cando o río atopa unha ruptura de pendentes cunha diferencia de nivel moi grande e a auga cae en vertical. A forza erosiva das fervenzas é moi grande. Dependendo da natureza do terreo desprázase cara atrás con maior ou menor velocidade.
  • 36. ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA ORIXE DAS FERVENZAS Falla no percorrido do río Diferencia de capacidade erosiva entre o curso principal e un afluente. Distinta resistencia dos materiais
  • 37. ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA
  • 38. A catarata máis alta do mundo é o salto Anxo en Venezuela (980 m).
  • 39. A catarata máis ancha do mundo é a Victoria, no río Zambeze en África (ZambiaZimbabue) (1,7 km de ancho e 108 m de alto ).
  • 40. A catarata máis caudalosa do mundo é a Khone, no río Mekong (Laos), con 11.300 m3/s).
  • 41. Catarata de Iguazú (Anxentina-Brasil). Cun caudal de 1.744 m3/s Formada por 275 saltos de hasta 80 m de altura.
  • 42. En Galicia as fervenzas tamén se chaman cadoiros, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, ruxidas, saltos, caeiras, freixas... A fervenza máis alta de Galicia é o salto do Cenza, un afluente do Bibei, em Vilariño de Conso.
  • 43. Cadoiro do Toxa Seimeira de Vilagocende
  • 44. O TRANSPORTE é o movemento dos materiais erosionados. As areas grosas, gravas e coios son arrastrados polo fondo. A area miúda e o barro son transportados en suspensión e os sales resultantes da descomposición das rochas van disoltos na auga. Río con minerais de ferro. A Pobra do Brollón.
  • 45. A SEDIMENTACIÓN é a acumulación progresiva dos materiais transportados no leito do río, sobre o leito de inundación e na desembocadura do río.
  • 46. No curso medio diminúe a pendente, anchea a canle e o val vai collendo forma de artesa. As augas circulan con menor velocidade, polo que diminúe a acción erosiva e de arrastre. O leito do río vaise enchendo con materiais máis grandes (coios, gravas e na parte final areas) que se depositan.
  • 47. O Miño en Ourense
  • 49. O acumulamento de sedimentos pode producir situacións de inestabilidade que fagan que o río modifique o seu curso e excave novas canles nos propios sedimentos. Fórmanse meandros, e se as curvas se van acentuando poden chegar a intercomunicarse e formar lagoas (estrangulación).
  • 50. No curso baixo, preto da desembocadura, a pendente é escasa, a auga perde velocidade e non pode arrastrar os materiais. Predomina a sedimentación. Os depósitos de aluvións preséntanse ás veces escalonados a ámbalas partes da canle do río formando terrazas fluviais. Estas orixináronse debido aos cambios do nivel da auga e a erosión sobre o leito anterior. Terrazas fluviais no Umia
  • 51. Cando os sedimentos se depositan no centro e ao longo do leito forman barras, que poden dar lugar a illas. Esteiro do Miño
  • 52. Se a desembocadura do río ten lugar en mares abertos ou zonas de correntes, fórmanse esteiros, amplos espazos nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos.
  • 56. Barras no esteiro do Miño.
  • 57. Barra en Esteiro (Muros).
  • 58. En mares pechados e de escasa corrente os materiais acumúlanse na desembocadura ata case taponala. O río vese obrigado a abrirse paso por entre os materiais depositados por distintos brazos, formando así illas denominadas deltas . Delta do Nilo Delta do Ebro
  • 60. HISTORIA DA VIDA DUN RÍO Fase inicial Fase media ou xuventude. Madurez plena. Madurez temperá. Vellez
  • 61. MONTAXE: Adela Leiro TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez. FOTOS: Adela Leiro, Internet, Sixpac DEBUXOS: Mon Daporta