Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL

Ad

CELEBRACIÓN NOS TILOS
26 de abril do 2020
III DOMINGO DE PASCUA NA CASA
Hoxe, quen teña horta ou un sitio ao ar libre no q...

Ad

Como podemos restaurar unha relación harmoniosa coa Terra e
co resto da humanidade? Necesitamos unha nova forma de ver o
n...

Ad

CANTO Laudato sii, Adrián
Dende este credo cósmico e global, proclamamos a Palabra que
nos fai entender que toda a marabil...

Ad

Ad

Ad

Loading in …3
×

Check these out next

1 of 6 Ad
1 of 6 Ad
Advertisement

More Related Content

Advertisement

CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL

  1. 1. CELEBRACIÓN NOS TILOS 26 de abril do 2020 III DOMINGO DE PASCUA NA CASA Hoxe, quen teña horta ou un sitio ao ar libre no que poder estar, que poña a mesa da celebración fóra, se o tempo o permite. De non poder ser, poñemos plantas arredor da mesa e abrimos as ventás, para que os sons da natureza acompañen a nosa celebración. BENVIDA Boa mañá de domingo O mércores celebrouse o día da Terra. Cando a sociedade parou co estado de alarma, a terra respirou libre dos fumes e ruídos da nosa actividade cotiá. Vimos golfiños entrando nas rías, cervos e xabarís baixaron do monte e centos de paxaros, nos que antes non repararamos, se escoitan chiar nas nosas vilas e cidades. Oímos a voz da Terra. Hoxe queremos escoitala tamén na nosa celebración, celebrando con nós. Paremos e escoitemos a Deus no vento, na choiva, nos rechouchíos da natureza. Abrimos as ventás para, simplemente, escoitar, sentir a Terra de Deus e nosa. Coas reflexións do Papa Francisco e Teilhard de Chardin imos celebrar a Terra que nos limpa e nos envolve, o colo agarimoso no que ti, Señor, nos arrolas. É Pascua: aledémonos de vivir nun planeta fermoso, cheo de vida, unha vida que é agasallo de Deus. CANTO: Regalos escondidos (Xaquín R. Pomares) ORACIÓN POLA TERRA Por ignorancia, e moitas veces por egoísmo, fallamos na nosa responsabilidade como custodios e administradores da terra. Contaminámola, espoliámola, poñendo en perigo a nosa mesma vida. Non hai futuro para nós se destruímos o ambiente que nos sostén.
  2. 2. Como podemos restaurar unha relación harmoniosa coa Terra e co resto da humanidade? Necesitamos unha nova forma de ver o noso fogar común. A Terra non é un vertedoiro, nin un depósito de recursos para ser explotados. Para nós, crentes, o mundo natural é "Evanxeo da Creación". A Terra é o fogar de Deus, terra sagrada! Levamos a terra debaixo das unllas. Os nosos devanceiros, avoas e avós, foron xentes ligadas ao mar e á terra: poñendo patacas, largando aparellos, no agromar de cada póla, na auga das fontes,... víante a ti, Deus,. (Abaixámonos para poñer as mans na terra, tamén na das macetas, e rezamos co Papa Francisco) Noso Pai-Nai que estás presente en todo o universo e na máis pequena das túas criaturas arrodeando coa túa tenrura todo o que existe. Ti deitas en nós a forza do teu amor para que coidemos a vida e a beleza. Inúndasnos de paz, para vivir como irmáns e irmás, sen danar a ninguén. Pai Nai dos pobres, axúdasnos a rescatar aos abandonados e esquecidos desta terra que tanto valen aos teus ollos. Curas as nosas vidas, para poder ser coidadores do mundo e non depredadores, para que sementemos fermosura e non contaminación e destrución. Toca os corazóns dos que buscan so beneficios a costa dos pobres e da terra. Apréndenos a descubrir o valor de cada cousa, a contemplar admirados, a recoñecer que estamos fondamente unidos con todas as criaturas no noso camiño cara a túa luz infinita. Grazas porque estás con nós todos os días e aléntasnos na nosa loita pola xustiza, o amor e a paz. Amén. CANTO: Canta o sol https://youtu.be/mOCgvPEWM1g CREDO Estamos en tempo de Pascua, e a vida nos sorprende co agromar da natureza. A terra, o mar, o vento e o sol son presenza de Deus. O cirio pascual é signo do triunfo de Cristo, o triunfo da vida sobre a morte. Ante el, recordamos que somos fillos e fillas de Deus Pai-Nai, irmáns de Cristo e alento do Espírito. Acendendo esta luz confesamos a nosa fe no Deus creador que está a facer novas todas as cousas cada día para nós. En ti cremos, Deus Pai-Nai A nosa fe no Fillo, que rompeu as cadeas da morte abrindo para todos un tempo novo, o tempo das promesas cumpridas, no que a creación se expande e glorifica camiñando cara a súa Pascua Eterna. En ti cremos, Deus Fillo A nosa fe na Ruah, o espírito de Deus que alentaba sobre as augas da creación e que nos fai descubrir que non somos elementos perdidos nas soidades cósmicas, nin o centro estático do mundo, senón o eixo e a frecha da evolución. En ti cremos, Espírito de Deus.
  3. 3. CANTO Laudato sii, Adrián Dende este credo cósmico e global, proclamamos a Palabra que nos fai entender que toda a marabilla da nosa fe se agocha no corazón das nosas comunidades. PROCLAMACIÓN DA PALABRA LECTURA DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS (Feit 2, 14. 22-23) O día de Pentecoste, Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxolles: - Xudeus e todos os que habitades en Xerusalén: entendede ben e escoitade as miñas palabras: Fálovos de Xesús de Nazaret, home acreditado por Deus ante vós por milagres, marabillas e sinais que Deus fixo por el entre vós, como vós mesmos sabedes; a este, matástelo crucificándoo, pero Deus resucitouno. Palabra do Señor CANTO: ¿No lo notais? Ruah LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO PEDRO (1 Pe 1, 17-21) Benqueridos irmáns: Aínda que lle podedes chamar Pai ó que xulga con imparcialidade as obras de cada un, comportádevos con respecto durante o tempo do voso peregrinar. Porque xa vedes que non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes dos vosos pais, con algo perecedeiro, tal coma ouro ou prata; senón que vos rescataron co precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha. El xa estaba escollido de antes da creación do mundo pero presentouse nos derradeiros tempos para o voso ben. Por medio del tedes fe en Deus que o resucitou da morte e o glorificou e dese xeito a vosa fe e a vosa esperanza están postas en Deus. Palabra do Señor CANTO: Canta Aleluia (Adrián) PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS (Lc 24, 13-35) Daquela, dous dos discípulos ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. Ían falando de canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles, pero non o recoñeceron. Entón preguntoulles: - De que ides falando polo camiño? Eles pararon cun semblante moi tristeiro, e Cleofás, un deles, respondeulle: - Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí durante estes días? El preguntou: - De que, logo? Eles contestaron:
  4. 4. - Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo; de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o crucificaron. Nós esperabamos que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ao riscar o día ao sepulcro, e, ao non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive. E algúns dos nosos alá foron ao sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a el non o viron. Entón díxolles: - ¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! E logo, non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria? E comezando por Moisés e todos os profetas, foilles interpretando o que as Escrituras falaban del. Ao entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir para adiante. Pero eles porfiáronlle, dicindo: - Quédate connosco, faise tarde, e a noite bótase enriba. Quedou con eles. E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e partiuno e déullelo. Entón abríronselle os ollos e recoñecérono; pero el desapareceu. E dixeron: - Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándonos as Escrituras? E levantándose axiña, volveron a Xerusalén. Alí atoparon os Once reunidos cos seus acompañantes, que dicían “é certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón”. Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no xesto de partir o pan. Palabra do Señor Facemos silencio para acoller a palabra no corazón ORACIÓN Que non de desacouguen as dificultades da vida, os seus altos e baixos, as súas decepcións, o seu porvir máis ou menos sombrío. Quere o que Deus quere. Ofrécelle no medio das inquedanzas e dificultades a túa alma sinxela que, maila todo, acepta a súa providencia. Pouco importa que te consideres un frustrado se Deus te considera plenamente realizado, ao seu gusto. Pérdete confiado nese Deus que te quere para si. E que chegará a ti, aínda que non o vexas. Pensa que estás nas súas mans, tanto máis fortemente collido, canto máis decaído e triste te atopes. Vive feliz. Vive en paz. Que nada te altere. Que nada sexa capaz de quitarte a túa paz. Nin a fatiga psíquica nin os teus fallos. Fai que abrolle e conserva sempre no teu rostro un doce sorriso, reflexo do sorriso que Deus continuamente te dirixe. E no fondo da túa alma coloca, antes que nada, coma fonte de enerxía e criterio de verdade, todo aquilo que te encha da paz de Deus.
  5. 5. Lembra: todo canto te deprima e inquiete é falso. Asegúrocho no nome das leis da vida e das promesas de Deus. Por iso, cando te sintas apesarado, triste, adora e confía. (Teilhard de Chardin sj) ORACIÓN UNIVERSAL Señor, Ti déchesnos este Universo fermoso no que desenvolvemos as nosas vidas, aí o tes. Pensamos que non soubemos facer del a casa común de todos. Poñémola na túa presenza con esperanza e amor uníndonos ao Papa Francisco e a toda a comunidade dos teus fillos orando e dicindo: Vivindo una ecoloxía integral, coidamos a nosa terra. Deixemos de pensar no mundo coma “o outro” para sentir que é unha parte de nós e que podemos construír xuntos unha nova relación co noso planeta: Vivindo una ecoloxía integral, coidamos a nosa terra. Os problemas ambientais son inseparable dos contextos humanos, familiares, laborais, urbanos que os humanos creamos. Caiamos na conta da necesidade de reducir os nosos niveis de consumo, de volvernos máis conscientes de que posuír cousas ou persoas non é o camiño á felicidade. Vivindo una ecoloxía integral, coidamos a nosa terra. O ben común implica a opción preferencial polos pobres. A vida sinxela e Non se pode falar de desenvolvemento sostible sen solidariedade entre os pobos e entre xeracións. Vivindo una ecoloxía integral, coidamos a nosa terra. CANTO: Quédate Señor connosco, Antón Fdez. León COMUÑÓN EN FAMILIA NOSO PAI No documento Querida Amazonia di o Papa Francisco: «Non haberá unha ecoloxía sa e sustentable, capaz de transformar, se nós, as persoas, non cambiamos, se non optamos por outro estilo de vida, menos voraz, máis sereno, máis respectuoso co medio, menos ansioso, máis fraterno» Queremos que esta sexa a nosa maneira de estar no mundo, irmáns e irmás de toda a creación, por iso rezamos: NOSO PAI-NAI, en quen somos e vivimos, santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino e fágase a túa vontade aquí na Terra coma no ceo. Dásnos hoxe o noso pan de cada día, perdóalas nosas ofensas e así tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido. Non nos deixas caer na tentación e líbrasnos do mal. Amén.
  6. 6. SIGNO DA PAZ Cando nos poñemos no camiño de Emaús somos quen de darnos conta de que as osas historias, pequenas ou grandes, teñen sentido no plan de Deus. En Emaús descubrimos que sentados á mesa e compartindo somos quen de deixar de lado as nosas diferenzas e sementar paz. Que ese sexa o noso sinal de identidade: deámonos unha aperta de paz. CANTO: A paz entre nós (Adrián) FRACCIÓN DO PAN A superficie vivinte da Terra esperta, estremécese e baila. O pan e o viño son froitos da nosa colleita, do noso esforzo pola paz e a irmandade. Ao partilo e repartilo facemos o xesto de Emaús, caen as vendas dos nosos ollos e nos facemos un na comunidade en harmonía coa creación. Señor, coa túa resurrección fasnos resplandecer de ledicia, e pos a todo o cosmos nunha dinámica de evolución cara unha nova creación que abrolla na Pascua. Nós hoxe así nos sentimos e celebramos nas nosas casas o xesto que nos convida e alimenta, que ti nos ensinaches e que repetimos na túa memoria. Collemos un anaco de pan, partímolo e dicimos: Pan e viño, corpo e sangue de salvación, que se parte e reparte como signos de bendición e de perdón. Facemos este xesto, Señor, como ti nos dixeches, en memoria túa. Ditosos nós que en familia celebramos a nosa fe. (Collemos da mesa o pan, pasámolo a todos e comemos. Logo facemos o mesmo coa copa de viño: pasámola a todos os da casa e bebemos) CANTO: El peregrino de Emaús, de Esteban Gumucio ORACIÓN FINAL E BENDICIÓN Xesús, centro cara o que todo se move, danos a graza de concedernos a todos un pequeno espazo no que agregarnos lentamente en Ti na unidade dunha nova Terra. Somos átomo do corpo de Cristo, místico e cósmico. Saber isto fainos vivir cun corazón sempre máis aberto. Que teñamos un bo día, unha boa semana, e o Señor nos bendiga,† nos garde de todo mal e nos leve ao seu fogar de vida eterna. Amén. CANTO: Virxe María, de Xosé A. Cantar Mariño

×