Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

More Related Content

You Might Also Like

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Coresma unha viaxe en clave de oración.

  1. 1. Unha viaxe pola Coresma… … en clave de oración
  2. 2. A Coresma: ir ao deserto para encontrar o esencial Dáme forza, Señor, para adentrarme no meu interior e encontrar o que ti sementaches en min para ofrecelo aos demais.
  3. 3. A Coresma: deixarse iluminar pola Luz Que a túa Luz, Señor, me faga ver a luz, ilumine a miña vida e me axude a comprender o que me dá felicidade e sentido.
  4. 4. A Coresma: deixarse guiar polo Señor que nos leva polos seus camiños Grazas, Señor, por todos os que me transmitiron a fe e me axudan a facela máis intensa, máis profunda, máis personalizada, máis madura.
  5. 5. A Coresma: urxencia de conversión Que te coñeza, Señor, e me coñeza a min, como ti me coñeces, para que irradie o teu amor a toda persoa que se relacione comigo.
  6. 6. A Coresma: cambiar de vida. Axúdame, Señor, a camiñar polos teus camiños. Que nada nin ninguén me aparte do teu amor de Pai.
  7. 7. A Coresma: facer a vontade de Deus Veña, Señor, o teu Reino á miña vida, ao noso mundo, á nosa casa, ás nosas relacións humanas. Fai que loite por construír un ambiente máis habitable coa miña presenza sinxela e achegada.
  8. 8. A Coresma: renovar a fe na oración Señor, ensíname a orar con limpo corazón, con sentido profundo, con perseverancia e asiduidade, para que saiba discernir a túa vontade.
  9. 9. A Coresma: corresponder á elección e chamada do Señor. Señor, empúxame a ser máis, a vivir máis intensamente, a desenvolver todas as miñas capacidades, a loitar por mellorar. Que non me deixe vencer pola comodidade.
  10. 10. A Coresma: tempo favorable para camiñar e converterse obrando segundo Deus. Mírote, Señor, e ti mírasme. Fai que encontre en ti a forza que me guía.
  11. 11. A Coresma: reconciliación con Deus e cos irmáns Señor, ensíname a vivir as túas ensinanzas desde o interior e sen barreiras. Que elas fecunden en min os bos propósitos que guían a miña vida.
  12. 12. A Coresma: confiar nos verdadeiros valores. Axúdame, Señor, a descubrir a quen me necesita, a quen podo botar unha man, e dáme forza para acompañalo, escoitalo e estar ao seu lado.
  13. 13. A Coresma: recordar a mensaxe de Deus e poñela en práctica Creo, Señor, pero aumenta a miña fe. Dáme a ledicia de saberte achegado, e a confianza de sentir que ti sempre estás ao meu carón.
  14. 14. A Coresma: amar a Deus sobre todas as cousas. Quero, Señor, marchar polos teus camiños, rexeitar os ídolos que non me deixan achegarme a ti, e arraigarme no teu amor.
  15. 15. A Coresma: facer xermolar a vida que levas no teu interior Axúdame, Señor, a desenvolver o moito e bo que sementaches en min.
  16. 16. A Coresma: acoller a vida Axúdame, Señor, a discernir os meus camiños, a descubrir o que axuda a crecer e madurar, o que conduce ao encontro contigo e cos irmáns.
  17. 17. A Coresma: acompañar a Cristo na súa Paixón Axúdame, Señor, a ser servidor de todos, con sinxeleza, con humildade, con sinceridade, con amor.
  18. 18. Feliz camiño cara á Pascua de Resurrección!

×