Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

2º nadal sda. familia b 2011

510 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

2º nadal sda. familia b 2011

  1. 1. Texto: Lucas 2, 22-40. A Sagrada Familia –B- 30 –12-11. Comentarios e presentación: M.Asun Gutiérrez. Música: Xesús Guridi. Dez melodías vascas. Amorosa. Abrir os ollos e descubrir o mundo da boa xente. Boa xente como Simeón e Ana, como Xosé e María. Xente que busca e se fai preguntas. Unha multitude inqueda, aberta ao asombro, capaz de acoller boas noticias e de dalas, rastreadores de signos, incansables buscadores de sentido... Están aí, ao teu lado; trata de recoñecelos, ponte á escoita dos seus nomes, porque neles encontrarás un eco de Deus. Alégrate polas súas vidas, bendí a Deus pola súa presenza... Ulibarri Fl.
  2. 2. 22 Cando se cumpriron os días da purificación prescrita pola lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén para presentalo ao Señor, 23 como prescribe a lei do Señor: Todo primoxénito varón será consagrado ao Señor. 24 Ofreceron tamén en sacrificio, como di a lei do Señor: un par de rulas ou dous pombiños. Segundo a lei de Moisés (Lv 12,2-8 ), o parto e a menstruación facían impuras as mulleres. As leis relixiosas non aceptan a natureza tal como é e establecen que hai que purificala, consagrala, perfeccionala. Ás veces as normas relixiosas pretenden impoñerse á natureza, intentando corrixir a obra de Deus. O valor da ofrenda delataba a condición social. Xosé e María eran pobres. Como a persoas pobres miraríaos a xente e así serían recibidos e tratados no templo.
  3. 3. 25 Había en Xerusalén un home chamado Simeón, home xusto e piadoso, que esperaba o consolo de Israel. O Espírito Santo estaba nel 26 e reveláralle que non morrería antes de ver o Mesías enviado polo Señor. 27 Veu, pois, ao templo, movido polo Espírito e, cando os seus pais entraban co neno Xesús para cumprir o que mandaba a lei, Quen están abertos ao Espírito, o escoitan e se deixan guiar por Él, poden entender, descubrir e experimentar os camiños de Deus e a súa liberación. Son as persoas sinxelas as que mellor captan a presenza e a mensaxe de Deus. Jerusalén
  4. 4. 28 Simeón tomouno nos seus brazos e bendiciu a Deus dicindo: 29 Agora, Señor, segundo a túa promesa, podes deixar que o teu servo morra en paz. 30s Os meus ollos viron o teu Salvador, 31 a quen presentaches ante todos os pobos, 32 como luz para iluminar as nacións e gloria do teu pobo Israel. Simeón, collendo o neno nos seus brazos, séntese feliz, entoa un cántico cheo de poesía e tenrura. Xa non lle importa morrer. Encontrar a Xesús é a súa maior alegría. Xesús ensínanos o encanto e a felicidade do tranquilo abandono, a fraxilidade, a plena confianza na Man que o arrola e o sostén. Xesús-Neno axúdanos a recoñecer as nosas posibilidades de crecemento e cambio e as dos demais, a non asombrarnos da nosa debilidade nin da dos outros, a ser capaces de manifestar os nosos sentimentos e demostrar tenrura... Coma El.
  5. 5. 33 Seu pai e súa nai estaban admirados das cousas que se dicían del. 34 Simeón bendiciunos e díxolle a María, súa nai: – Mira, este neno vai ser motivo de que moitos caian o se ergan en Israel. Será signo de contradicción, 35 e a ti mesma unha espada hate atravesar o corazón; así quedarán ao descuberto as intencións de todos. Xosé e María non tiveron todo claro desde o principio. Tamén tiveron que crer en Xesús. A fe é un proceso e pode ser doloroso. Coma nós, encontrarán a Xesús a través da busca, a alegría, a sorpresa,as inquedanzas, a admiración, o asombro, a dúbida... Cando os plans de Deus non son como espero e desexo, cando rompen os meus esquemas e proxectos, cando supoñen dificultades ... sigo confiando, loando e dando grazas?
  6. 6. 36 Había tamén unha profetisa, Ana, filla de Fanuel, da tribo de Aser, que era xa moi anciá. Estivera casada sete anos, sendo aínda moi nova; 37 despois permanecera viúva ata os oitenta e catro anos. Non se apartaba do templo, dando culto ao Señor día e noite con xaxúns e oracións. 38 Presentouse naquel momento e púxose a dar gloria a Deus e a falar do neno a todos os que esperaban a liberación de Xerusalén. Simeón e Ana saben descubrir nunha familia normal, nun neno normal, no cotián, no que sucede todos os días, a presenza e a novidade de Deus. Séntense agraciados porque viron a Xesús. Vexo eu a Xesús? Onde? En quen? Búscoo e espéroo coma eles? Como? Quen ve a Xesús bendí e loa a Deus e necesita anunciar aos demais o que viu e contemplou. Lucas subliña en toda a sú obra a universalidade da mensaxe e da liberación de Xesús.
  7. 7. 39 Cando cumpriron todas as cousas prescritas pola lei, regresaron a Galilea, á súa cidade de Nazaret. 40 O neno crecía e fortalecíase; estaba cheo de sabedoría, e gozaba do favor de Deus. Xosé e María son os testemuñas da vida oculta, as mellores testemuñas da humanidade de Xesús. Eles axúdano a crecer dándolle protección, seguridade afectiva, dignidade, confianza, amor.... Todas as parábolas de Xesús proveñen da súa contemplación da vida cotiá. María e Xosé foron a mellor imaxe para describir a Deus. A mellor das súas parábolas, mostrar a Deus como“Abbá”, é o resultado do que ve, escoita, aprende de seu pai e de súa nai.
  8. 8. PARA NON PERDERSE NA VIDA Fillo, estás equipado por min para a túa vida, pero só para a túa vida. Tes todo o necesario para vivir a túa propia aventura persoal, para ser ti mesmo e realizar así o meu soño sobre ti. Pero recorda e escoita os teus seres queridos: «Nosoutros somos nosoutros, e ti es ti. Nosoutros non podemos impoñerche a nosa vida nin impedirche vivir a túa. Podes facer o que elixas. En calquera caso, non te imos protexer das consecuencias da túa elección, ímonos reservar o dereito a protegernos nosoutros mesmos dos efectos da túa elección». Meu fill o, miña filla, non esquezas o dicir a calquera -próximo, afastado, sabio, necesitado, rico, pobre- esta dura e tenra verdade: Eu son eu, e ti es ti. Eu non estou na vida para encher as túas necesidades nin ti estás na vida para encher as miñas. Se por casualidade nos encontramos, será fermoso; se non, non podemos facer nada. Meu fillo, miña filla, elixe e fai o teu camiño con liberdade, con alegría, con responsabilidade, con sabedoría, con paz. Fl.Ulibarri

×