Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Bendición de aninovo 2011

438 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Bendición de aninovo 2011

  1. 1. BENDICIÓN para o ANINOVO
  2. 2. Que a túa mirada gañe en fondura e detalle para que poidas ver máis claramente a túa propia viaxe con toda a humanidade como unha viaxe de paz, unidade e esperanza.
  3. 3. Que sexas consciente de todos os lugares polos que camiñas e vas camiñar no Novo Ano, e que coñezas, por experiencia, que belos son os pés do mensaxeiro que anuncia a boa noticia.
  4. 4. Que deas a benvida cun sorriso a todos os que estreitan a túa man: as mans estendidas forman redes de solidaridade que alegran e enriquecen coa súa presenza protectora.
  5. 5. Que sexa teu o regalo de todas as cosas creadas; que saibas gozar a todas as horas do día; e que te enfrontes, con valentía e entusiasmo, á responsabilidade de coidar a terra enteira.
  6. 6. Que o manancial da tenrura e a compaixón abrolle sen parar dentro de ti, noite e día, ata que poidas probar os gozos e as bágoas dos que camiñan xunto a ti, os teus irmáns.
  7. 7. Que espertes cada mañá sereno/a e con brío, coa acción de grazas nos teus beizos e no teu corazón, e que as túas palabras e os teus feitos, pequenos ou grandes, proclamen que todo é graza, que todo é don.
  8. 8. Que o teu espírito estea aberto e alerta para descubrir o querer de Deus en todo momento; e que a túa oración sexa encontro de vida, de sabedoría e de entendemento dos camiños de Deus para ti.
  9. 9. Que a túa vida este ano, cal lévedo evanxélico, se mesture sen medo coa masa e faga fermentar este mundo no que vivimos, para que sexa realmente novo e tenro.
  10. 10. E que a bendición do Deus que sae ao teu encontro, que é a túa rocha, o teu refuxio, a túa forza, o teu consolo e o teu apoio en todo momento, descenda sobre ti e te garde de todo mal.  
  11. 11. LEDO ANINOVO!

×