SlideShare a Scribd company logo
1 of 101
Profesor: Adán Gonçalves
REPRODUCIÓN
EN ANIMAIS
E VEXETAIS
https://encrypted-
tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSFjFxznPX7BLl48pL_Rer7l3ts8EAngtLs2Jn8Oyb
wA0uWDpX-
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
Ciclo vital ou biolóxico: son as diferentes etapas ó longo da
vida dun organismo.
A complexidade do ciclo vital varía segundo a especie.
No ciclo biolóxico podemos diferenciar varias fases:
1. Fase inicial: é o comezo do ciclo. Pode ser unha soa célula
(célula ovo ou cigoto) ou un pequeno grupo de células
desprendidas do proxenitor.
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
2. Desenvolvemento: é a fase de cambios no tamaño e na forma
que conleva a diferenciación das estruturas internas. Nalgúns
organismos pluricelulares, como os anfibios e insectos, este
desenvolvemento é moi complexo e posúe distintas etapas nas
que o aspecto do individuo pode ser moi diferente do adulto
(Metamorfose).
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
3. Reprodución: nesta fase os adultos producen “unidades
reprodutoras” que orixinarán novos individuos coas
características dos proxenitores (descendencia).
A unidade reprodutora pode ser unha célula (células
xerminais) ou un conxunto delas.
EXEMPLOS DE CICLOS BIOLÓXICOS
©recursos.cnice.mec.es
©infovisual ©biottecfortaleny.blogspot.com
1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN
A reprodución é o conxunto de procesos mediante os cales as células
e os organismos producen descendentes semellantes a eles mesmos,
perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da especie
Liña somática e liña xerminal :
Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez a célula
reprodutora.
Nos organismos pluricelulares, as células non especializadas (células
somáticas) constitúen a liña somática ou soma. Polo contrario, as
células especializadas na reprodución (células xerminais) constitúen
a liña xerminal ou xerme..
Existen dous tipos de células xerminais:
• Esporas: desenvólvense directamente para orixinar un novo
individuo sen fusión. Nos vexetais son as células que teñen meiose.
• Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a outro gameto
para formar o cigoto que por multiplicacións orixinará o novo
individuo. Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se
orixinan a partir dun cigoto por sucesivas divisións mitóticas. Nos
animais só os gametos sofren unha división reduccional (meiose).
Os gametos son células sexuais e son característicos deste tipo
de reprodución.
1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN
Fixádevos no
ciclo dos
fentos a
diferenza
entre o que é
unha espora e
un gameto.
2. TIPOS DE CICLOS E DE REPRODUCIÓN
Hai unha grande variedade de mecanismos reprodutivos nos
seres vivos que, en xeral, agrupamos en dous tipos: reprodución
asexual ou agamia e reprodución sexual ou gámica.
Nalgúns organismos danse os dous tipos ao longo da súa vida e
fálase neste caso de reprodución alternante.
Dependendo delo os ciclos vitais poden ser máis ou menos
complexos.
Segundo o momento do ciclo no que suceda a meiose
diferenciamos: ciclo haplonte, ciclo diplonte ou ciclo
diplohaplonte.
 Ciclo haplonte: hai meiose cigótica formando catro células
haploides que dan lugar a adultos haploides. Éstes por mitose
forman gametos que tras a fecundación orixinan cigotos diploides.
Característico de moneras, algún protozoo, algas e fungos.
 Ciclo diplonte: hai meiose gamética durante a gametoxénese. O
cigoto (2n) divídese por mitose e orixina o adulto que por meiose
forma os gametos que se uniran para forman un novo cigoto.
Típico de animais.
 Ciclo diplohaplonte: hai meiose esporxénica. O cigoto diplode
por mitose orixina un adulto diploide (esporófito) que produce por
meiose esporas haploides. As esporas orixinan adultos haploides
(gametófitos) que por mitoses forman gametos que tras a
fecundación forman un novo cigoto. Característico das plantas.
REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA
Tamén chamada multiplicación vexetativa.
É aquela que non necesita de células sexuais especializadas,
senón que un único organismo xera copias idénticas de si
mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda que
adoita ir acompañada da sexual para asegurar a
variabilidade.
Vantaxes:
1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles.
2) Pódese levar a cabo cun só individuo.
3) Pode dar lugar a moitos de individuos.
Inconvintes:
1) Non aumenta a variabilidade xenética.
Hai moitos tipos diferentes de reprodución
asexual. En animais: amitose, bipartición,
escisión múltiple, xemación... En plantas:
bipartición, fragmentación, propágulos,
esporulación...
REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA
A reprodución asexual é moi frecuente en organismos unicelulares...
Paramecio en bipartición
Microalga en bipartición
...,pero tamén se da en plantas...
...e en animais.
É aquela na que células especializadas (gametos ou células
sexuais) se fusionan para formar un cigoto a partir de o cal
desenvolverase o novo individuo.
Vantaxes:
1) Permite unha maior variabilidade xenética (recombinación
xenética) sobre a que pode actuar a selección natural e polo
tanto, favorece a supervivencia da especie.
REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA
Desvantaxes:
1) Ten que haber dous proxenitores.
2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades e móbiles)
e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en
organismos terrestres).
FECUNDACIÓN
A unión dos gametos denomínase fecundación, e tras ela
fórmase a célula ovo ou zigoto que é unha célula diploide (2n) a
partir da cal se desenvolve o novo individuo.
REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA
FECUNDACIÓN
A gametogamia (reprodución por gametos) pode ser por:
Partenoxénese: o novo individuo orixínase a partir só dun gameto
feminino. Típica de insectos sociais (formigas e abellas).
Anfigonia: a máis frecuente, implica fecundación e fusión do
material xenético dos gametos (cariogamia). Segundo o tipo de
gametos diferenciamos:
- Isogamia: Os dous gametos son iguais. Frecuente en protistas.
- Anisogamia: un gameto máis grande co outro. Algas.
- Oogamia: un gameto inmóbil e de maior tamaño (óvulo/oosfera)
e o outro móbil (flaxelado) e máis pequeño (espermatozoide/
anterozoide). En animais e plantas.
PARTENOXÉNESE
ISOGAMIA
ANISOGAMIA
OOGAMIA
FECUNDACIÓN EN ANIMAIS
A fecundación en animais pode realizarse de dous xeitos:
Fecundación externa: os gametos únense na auga (fóra do
corpo da nai). Os ovos orixinan larvas que se desenvolven ata se
converter en adultos. Típica de animais acuáticos e anfibios.
Fecundación interna: a unión realízase dentro do corpo da nai.
Característica de animais terrestres e condrictios.
DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO NOS ANIMAIS
Segundo o desenvolvemento embrionario, os animais poden ser:
Ovíparos: o ovo deposítase no exterior e o embrión
desenvólvese a partir das reservas deste. Típico de moitos
peixes, anfibios, réptiles e aves.
Ovovivíparos: o embrión desenvólvese a partir das reservas do
ovo, pero dentro da nai. En quenllas e algunhas serpes e
lagartos.
Vivíparos: o embrión desenvólvese no interior do útero a
partir das substancias aportadas pola nai. Característico dos
mamíferos.
3. REPRODUCIÓN EN INVERTEBRADOS
Poden ter reprodución asexual ou sexual.
3.1. REPRODUCIÓN ASEXUAL EN INVERTEBRADOS
Hai varios tipos:
Xemación: unha parte do corpo do proxenitor sepárase (xema) e
orixina un novo individuo. Típico de esponxas e cnidarios.
Escisión ou fragmentación: rotura espontánea dun fragmento ou
máis do corpo do proxenitor que orixinan novos individuos.
Característico dalgúns cnidarios (anémonas) e planarias.
Dentro da fragmentación hai variantes como a rexeneración (en
estrelas de mar) ou a estrobilación en pólipos.
FRAGMENTACIÓN
ESCISIÓN
XEMACIÓN
ESTROBILACIÓN
Poliembrionía: as veces considérase tamén como un caso
especial de fragmentación. Consiste na división do embrión nas
primeiras etapas. En Vertebrados aparece no armadillo. Na
nosa especie, non é habitual e cando se produce orixínanse
xemelgos monocigóticos.
3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS
Os invertebrados mostran unha gran variedade de modalidades de
reprodución sexual debido a súa adaptación a múltiples hábitats.
Unisexuais e Hermafroditas
Os seres unisexuais son os que producen un só tipo de gametos.
Os hermafroditas son capaces de producir os dous tipos.
O hermafroditismo é relativamente habitual nos invertebrados en
grupos como: platihelmintos,, anélidos, crustáceos e moluscos.
O frecuente e a fecundación cruzada (os dous individuos
insemínanse mutuamente) como nas miñocas.
3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS
Invertebrados acuáticos
Varias posibilidades:
Esponxas: Liberan espermatozoides que fecundan óvulos
noutra esponxa e libéranse as larvas a auga.
Cnidarios: fecundación nas gónadas do animal, fórmase un
cigoto de resistencia que sae ao exterior.
Equinodermos e anélidos acuáticos: liberan a auga os gametos
onde se produce a fecundación e desenvolven larvas.
3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS
Invertebrados Terrestres
Os artrópodos soen ser unisexuais e ovíparos ou ovovíparos.
O máis característico deste grupo é que moitos deles sofren
metamorfose.
- Metamorfose incompleta: do ovo nace un animal similar ao
adulto (de menor tamaño) denominado ninfa. A ninfa ten os
mesmos hábitos alimenticios cos adultos. Saltóns, grilos...
- Metamorfose completa: do ovo nace un individuo moi
diferente ao adulto, incluso no tipo de vida. Son as larvas.
As larvas pasan por unha fase inmóbil (pupa) antes de orixinar
o adulto (imago). Bolboretas, escaravellos...
4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS
Os vertebrados caracterízanse por ter reprodución sexual.
Só en lagartas e píntegas pode ser habitual a rexeneración da
cola, pero como dixemos xa, non pode ser considerado un
mecanismo de reprodución.
PEIXES
Característica a fecundación externa, aínda que en quenllas é
raias son habituais os órganos copuladores (hemipenes).
Habitualmente os peixes son ovíparos, pero a maioría das quenllas
son ovovivíparas.
4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS
ANFIBIOS
Ovíparos con fecundación
externa, aínda que macho e
femia achéganse no acto
reprodutor para asegurar a
fecundación.
Teñen metamorfose: as larvas
denomínanse cágados, son
totalmente acuáticas e respiran
por branquias; os adultos poden
perder a cola (se son anuros), e
desenvolven patas e pulmóns.
4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS
O PASO A TERRA
A colonización do medio terrestre foi un importante paso
evolutivo.
Os anfibios son un grupo todavía cunha gran dependencia do medio
acuático sobre todo na reprodución.
O paso clave para orixinar vertebrados netamente terrestres foi o
desenvolvemento do ovo cleidoico ou amniótico (excepto na maioría
dos mamíferos onde apareceu a placenta) que posúe capas
protectoras que evitan a desecación, pero permiten a o
intercambio gasoso.
Ademais nos vertebrados terrestres é carácterística a
fecundación interna para asegurar un medio húmido aos gametos.
O ovo amniótico
Esta formado por unha célula ou xema
que é o óvulo recheo de substancias
nutritivas (o vitelo) e un núcleo
(mancha xerminativa) onde comeza a
formarse o embrión. Arredor del hai
tres membranas extraembrionais:
- Amnios: bolsa no que se desenvolve o
embrión e que evita a súa
deshidratación.
- Alantoides: onde se acumulan os
refugallos.
- Corion: permite o intercambio
gasoso.
4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS
RÉPTILES
Os réptiles foron os primeiros vertebrados que se independizaron
da auga.
Neles aparece por primeira vez o ovo amniótico.
Este ovo é similar ao das aves, agás na casca, que é apergaminada
nos réptiles e calcárea nas aves.
Os machos posúen un órgano copulador para introducir os
espermatozoides no corpo da femia.
4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS
AVES
Son ovíparas e reprodúcense por fecundación interna mediante a
superposición de cloacas (non posúen órgano copulador).
Os rituais de apareamento das aves son dos fenómenos máis
singulares do reino animal (plumas vistosas, cantos, movementos e
danzas...)
MAMÍFEROS
Posúen fecundación interna e son típicamente vivíparos (salvo os
monotremas). Na maioría deles (placentados) aparece un órgano, a
placenta xunto co cordón umbilical que permite o intercambio de
substancias da nai coa cría. Caracterízanse polo coidado das crías e
a lactancia.
5. REPRODUCIÓN HUMANA
Os órganos xenitais orixinanse cara o cuarto mes de vida
intrauterina, constitúen os caracteres sexuais primarios.
Na pubertade as hormonas sexuais estimulan a produción de
gametos e son responsables do desenvolvemento dos caracteres
sexuais secundarios (barba, seos, tono de voz,...)
Homes:
 Aumento do tamaño dos órganos sexuais.
 Aparece o pelo corporal e a barba.
 Increméntase a masa muscular.
 Voz máis grave.
 Primeiras exaculacións.
 Aumenta a secrección de grasa: acné.
Mulleres:
 Aumento dos órganos sexuais.
 Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas.
 Aparece o velo púbico e nas axilas.
 Prodúcense as primeiras regras.
Aumenta o contido de grasa nas coxas.
5. REPRODUCIÓN HUMANA
Homes:
 Aumento do tamaño dos órganos sexuais.
 Aparece o pelo corporal e a barba.
 Increméntase a masa muscular.
 Voz máis grave.
 Primeiras exaculacións.
 Aumenta a secrección de grasa: acné.
Cambios nos adolescentes
5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
É o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas
(andróxenos) e os espermatozoides (gametos masculinos).
Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así
a fecundación.
Falaremos a continuación das distintas partes que
diferenciamos neste aparello: testículos, vías reprodutoras,
pene e glándulas anexas.
5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
5.1.1. Testículos
Son as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos
numerosos e enrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas
paredes fórmanse os espermatozoides.
Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais (as células
de Leydig que producen testosterona).
Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dun
repregamneto da pel chamado escroto.
5.1.2. As vías reprodutoras
5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
Son os condutos que recollen o transportan os
espermatozoides cara o exterior. Son:
 Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos
seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.
 Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende
cara o interior do abdome. Serve de almacén para os
espermatozoides (42 días).
 Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A
última parte discorre polo interior do pene.
5.1.3. Pene
5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
É o órgano copulador masculino. Formado por dúas masas
esponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por
enriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sangue
permitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina
durante o coito.
A parte final do pene dilátase formando o glande que posúe
numerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do
aparello reprodutor e urinario.
O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe o
glande. Cando está estreitado fálase de fimose.
O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión
5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
Cuestións:
1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que
estar fora da cavidade abdominal?
2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da
micción simultaneamente?
3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden
ocasionar esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a
razón?
4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de
tamaño. Que consecuencias pode ter esta anomalía?
5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO
Formado polos ovarios e as vías reprodutoras.
5.2.1. Os ovarios
Son as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen
os óvulos e as hormonas femininas.
Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos
ováricos que é onde se forman os óvulos. A medida que nos
achegamos a superficie do ovario, os folículos son máis
grandes (folículos de Graaf) e conteñen óvulos xa
preparados para ser expulsados.
5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO
5.2.2. As vías reprodutoras
Son os condutos que interveñen na fecundación e na xestación.
 Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con
forma de funil que recollen os óvulos liberados polos ovarios e
os transportan mediante cilios das súas paredes ata o útero. É o
lugar habitual da fecundación.
 Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha
gran capa muscular e está tapizado por unha mucosa chamada
endometrio. Na súa parte inferior estréitase formando o cérvix
que comunica coa vaxina.

5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO
5.2.2. As vías reprodutoras
 Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co
exterior. Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes
para facilitar a penetración. Na entrada existe unha pequena
membrana incompleta (Himen) que racha durante as primeiras
relacións sexuais.
Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta
pregamentos cutáneos (labios maiores e menores) entre os que
se atopa o clítoris (órgano moi sensible formado por un tecido
eréctil similar ao do pene).
Cuestión:
1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor?
2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?
6. GAMETOXÉNESE
A gametoxénese é o proceso de formación dos gametos:
espermatoxénese e ovoxénese segundo sean espermatozoides ou
óvulos.
ESPERMATOZOIDES: Os espermatozoides fórmanse nas paredes
dos túbulos seminíferos (o proceso dura uns 2 meses, dende a
pubertade repítese ao longo da vida do home).
Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida
curta (2-4 días no interior do útero da muller). Constan dunha
cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, o material
xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) e
unha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).
6.1. ESPERMATOXÉNESE
Nas paredes dos túbulos seminíferos hai espermatogonias ou
células xerminais que comezan a multiplicarse ao chegar a
pubertade. A espermatoxénes divídese en:
 Formación de espermatocitos primarios: por mitoses das
espermatogonias.
 Meiose: cada espermatocito primario (2n) orixina na 1º división
dous espermatocitos secundarios (n). Na segunda división fórmanse
4 espermatidas.
 Espermioxénese: As espermátidas maduran orixinando
espermatozoides que saen a luz do túbulo e desprázanse cara o
epidídimo.
Os óvulos fórmanse nos ovarios a partir dos folículos. Os folículos
con distintos tamaños corresponden con ovarios en distintos
graos de maduración. Cando o folículo está maduro rompe a
parede e libera o óvulo cara as trompas de Falopio, a este proceso
denomínaselle ovulación.
Un óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande,
xa que acumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo
co seu material xenético.
Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e
coroa radiata) que o protexen e producen mucosidade.
ÓVULOS:
6.2. OVOXÉNESE
Hai catro etapas:
 Multiplicación das células xerminais ou ovogonias: remata cara
a 15ª semana do desenvolvemento embrionario.
 Transformación das ovogonias en ovocitos 1º: durante o
período fetal as ovogonias orixinan ovocitos 1º. Netes ovocitos
iníciase a 1º división meiótica (queda na profase I).
 Formación dos ovocitos 2º: na pubertade os ovocitos 1º medran
e acumulan reservas e conclúen a 1º división meiótica que orixina
dúas células un ovocito 2º que contén case o todo o citoplasma e
o corpúsculo polar que só é material xenético.
Neste momento ocurre la ovulación (só un ovocito 2º en cada
ciclo sae do ovario).
 Segunda división meiótica: prodúcese somente se o ovocito 2º
é fecundado.
O ovocito 2º orixina dúas células, un corpúsculo polar 2º e un
óvulo maduro.
O corpúsculo polar 1º, a súa vez, orixinará outros dous
corpúsculos polares.
Polo tanto ao final da meiose temos un óvulo con tres
corpúsculos polares.
Todos os corpúsculos polares dexeneran.
Se o ovocito 2º non é fecundado será expulsado do corpo na
menstruación.
O Ciclo Ovárico
A ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada
un dos ovarios.
Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesterona
principalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cada
vez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases:
Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos.
Os ovarios producen estradiol (un estróxeno).
Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca a
liberación do “óvulo” do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois).
Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o “óvulo” fórmase unha
masa de células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona.
Este corpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non
hai fecundación.
O Ciclo Menstrual
De xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparan
as paredes internas do útero ante un posible embarazo.
O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos.
Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posición
ao endometrio.
Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis de
proxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través da
vaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (dura
normalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclo
menstrual ou uterino e tamén o podemos dividir en tres fases: menstrual (1º-
4º), proliferativa ou estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º-
28º).
7. FECUNDACIÓN
A fecundación na nosa especie ten lugar nas trompas de
Falopio. Para que isto suceda, os espermatozoides depositados
na vaxina no coito deben ascender polas trompas ata atopar ao
óvulo.
Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable
para os demais espermatozoides.
O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto.
A partir de aquí comeza a dividirse por sucesivas mitoses.
8. DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO
O desenvolvemento dun animal ata chegar a idade adulta
denomínase ontoxenia e consta de dous períodos: embrionario e
postembrionario (dende o nacemento ata a madurez sexual).
En canto ao desenvolvemento embrionario a nosa especie é
vivípara.
O desenvolvemento dentro da nai asegura unha mellor
protección e viabilidade aos embrións.
As transformación no embrión suceden ininterrompidamente,
pero soense diferenciar as seguintes fases: segmentación,
gastrulación, formación do mesodermo e organoxénese.
Segmentación: dende o cigoto ata a fase de blástula. Divisións mitóticas que orixinan
células cada vez máis pequenas (blastómeros) que permanecen agrupadas (mórula).
Despois os blastómeros migran cara a periferia formando unha parede externa, o
blastodermo que deixa unha cavidade interna chea de fluído o blastocele, estamo xa
na fase de blástula.
https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&uact=8&docid=PnuEKz_
WiY0NCM&tbnid=6LwUoqpajwTYQM:&ved=0CAQQjB0&url=http%3A%2F%2Fcienciasdelmundocontemp
oraneo1bat.blogspot.com%2F2013_06_02_archive.html&ei=zCluU-
jkGcPOOarrgagL&bvm=bv.66330100,d.d2k&psig=AFQjCNGGqFj2dvTnKxoUDDRiES-
R4S65kA&ust=1399814963288597
Gastrulación: a blástula sofre pregramentos e cambios que orixinan unha nova fase, a
gástrula. No proceso fórmanse as tres capas embrionarias: endodermo, ectodermo e
mesodermo que desenvolverán os distintos tecidos e órganos.
O primeiro que se forma é o ectodermo e o endodermo; por dentro do endodermo
orixínase unha cavidade , o arquenterón que comunica ao exterior polo blastoporo.
Com xa comentamos noutros temas, nos poríferos e cnidarios, só se desenvolven estas
dúas capas, son animais diblásticos.
No resto desenvólvese o mesodermo, son animais triblásticos.
Formación do mesodermo: como xa vimos, os animais triblásticos pode forman un
celoma. Dependendo delo diferenciabamos: acelomados (platihelmintos),
pseudocelomados (nematodos) e celomados (os demais).
Organoxénese: tras a gastrulación comeza a diferenciación de tecidos e órganos
(histoxénese e organoxénese).
FOLLAS
EMBRIONARIAS
ÓRGANOS QUE FORMA
ECTODERMO Epiderme, sistema nervioso e aberturas
naturais do corpo.
ENDODERMO Tubo dixestivo e glándulas anexas,
recubrimiento do tubo dixestivo, da
vexiga urinaria e a cloaca
MESODERMO Derme, músculos esqueléticos,
esqueleto óseo, circulatorio, gónadas e
excretor.
9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS
REPRODUCIÓN ASEXUAL
- Reprodución vexetativa: fórmanse novos individuos a partir
dunha parte da planta, os procesos máis habituais son: un talo
paralelo ao solo do que parten novos individuos como nos
amorodos (estolóns), talos subterráneos dos que parten novos
individuos como nas cebolas (bulbos) e talos subterráneos de
reserva con xemas que orixinan novas plantas coma na pataca
(tubérculos).
- Reprodución por esporas: a partir dunha célula con núcleo
orixínanse varias, en xeral moitas, células fillas que chamamos
esporas que cando as condicións son favorables son dispersadas
e xerminan orixinando novas plantas.
a) Estolóns. b) Rizoma. c) Tubérculo. d) Bulbo. e) Propágulos adventicios
Métodos de reprodución asexual artificial
ESTACAS OU
GALLOS
ENXERTOS
PORBAIXA
Micropropagación: actualmente empréganse
técnicas de clonación e cultivo in vitro para
obter moitas plantas idénticas nun reducido
espazo e tempo.
Primeiro cultívanse células embrionarias ou
somáticas, nun tubo de ensaio. De aquí obténse
unha masa de células indiferenciada chamada
calo na que hormonalmente indúcese a
diferenciación dunha plantiña. Despois
transplántase.
9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS
REPRODUCIÓN SEXUAL
As plantas teñen un ciclo diplohaplonte no que se alternan dúas
xeracións: unha haploide (gametófito) e outra diploide
(esporófito).
Nas plantas obsérvase unha tendencia cara o predominio do
esporófito sobre o gametófito.
Ciclo dos briófitos: hai predominio do gametófito sobre o esporófito. O
esporófito é unha fase de vida curta que vive a expensas do gametófito.
● Esporófito: fase produtora de esporas.
● Esporanxio: órgano produtor das esporas.
● Gametófito: fase produtora de gametos.
● Gametanxio: órgano produtor de gametos.
● Anteridio: órgano produtor de gametos masculinos (anterozoides)
● Arquegonio: órgano produtor do gameto feminino (oosfera)
Ciclo dos pteridófitos: o esporófito é a parte dominante do ciclo. O
gametófito é pequeno, subterráneo e de vida curta.
REPRODUCIÓN EN ESPERMATÓFITOS:
As espermáfitas teñen un ciclo diplohaplonte no que a fase predominante é o
esporófito.
As espermáfitas caracterízanse pola produción de sementes como estruturas
de dispersión.
As vantaxes das sementes fronte ás esporas son:
● A semente ten cubertas protectoras e a espora non.
● A semente contén o endospermo, con substancias nutritivas de reserva. A
espora non.
● A semente contén un embrión pluricelular, con raíz, talo e follas
embrionarias. A espora é unicelular.
Fronde con soros que conteñen os esporanxios e esporanxio
con esporas.
● Nos conos femininos están as escamas
seminíferas. Nelas, a célula nai das
megasporas, ao dividirse mediante meiose,
orixina catro células.
Tres dexeneran, e unha forma a megaspora
(n), que desenvolve o gametófito feminino ao
dividirse por mitose.
Dentro do gametófito fórmanse os
arquegonios, onde están as ovocélulas ou
oosferas.
● As escamas masculinas conteñen os sacos
polínicos nos que se producen, por meiose,
microsporas haploides. As microsporas
transfórmanse en grans de pole, que son os
gametófitos masculinos. Cada gran de pole
contén dous núcleos que actúan como
gametos masculinos.
Ciclo nas ximnospermas
POLINIZACIÓN, FECUNDACIÓN E FORMACIÓN DA SEMENTE
Os grans de pole son transportados ata o gametófito feminino. Fórmase un
tubo polínico que permite o paso dos núcleos espermáticos ata chegar a
oosfera. Prodúcese a fecundación cando se unen os dous gametos.
O embrión queda protexido por un
endospermo derivado dos tecidos do
gametófito e polo tegumento da semente.
Os conos femininos adquiren consistencia
leñosa, transformándose en piñas, que se
abren e liberan as sementes cando éstas
maduran.
AS ANXIOSPERMAS: PLANTAS CON FROITO
Partes dunha flor de anxiosperma
Flor hermafrodita
Flores unisexuais
Masculina
Feminina
ÓRGANOS REPRODUTORES NAS ANXIOSPERMAS:
ESTAMES (a) E CARPELOS (b)
O gametofito masculino é o
gran de pole xerminado.
Contén dous núcleos
espermáticos, que son os
gametos masculinos.
O gametófito feminino é o saco embrionario. A célula nai
da megaspora, por meiose, orixina catro células, das que
tres dexeneran. A restante (megaspora) orixina oito
núcleos por mitose. Dous deles fusiónanse e dispóñense no
centro, formando os núcleos secundarios. Dos outros,
dispóñense tres en cada extremo. Nun deles atópase a
oosfera acompañada de dúas células (sinérxidas). As
células do outro extremo chámanse antípodas.
POLINIZACIÓN E FECUNDACIÓN
POLINIZACIÓN
Transferencia dos grans de pole desde as anteras dunha flor ata o estigma doutra
(polinización cruzada) ou da mesma flor (autopolinización).
TIPOS SEGUNDO O AXENTE DISPERSIVO
ANEMOFILIA ORNITOFILIA E POR MORCEGOS ENTOMOFILIA
A FECUNDACIÓN E A FORMACIÓN DA SEMENTE
Núcleos
secundarios
Saco
embrionario
Oosfera
Núcleos
espermáticos
Tubo
polínico
Gran de pole
1 Unha vez que chega o gran de pole ao
estigma orixina o tubo polínico que
vai polo estilo e o ovario ata o óvulo
1
2
Mentras no óvulo se desenvolve o
saco embrionario: Con 8 núcleos
haploides en 7 células.
2
3
Polo tubo polínico baixan os dous
núcleos espermáticos que producen
unha dobre fecundación
3
SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS
SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS
Despois da dobre fecundación o cigoto diploide (procedente da
unión da oosfera e un núcleo espermático) desenvolve o embrión
que será pluricelular e terá raíz, talo e follas embrionarias
(cotiledóns).
O núcleo triploide (orixinado pola unión dos dous núcleos polares e
un núcleo espermático) formará o endospermo ou albumen con
función nutritiva.
O óvulo orixina a semente que contén o embrión e o endospermo.
O carpelo desenvolve o froito que estará constituido polas
sementes rodeadas dun tecido protector, o pericarpo.
PERICARPO = ENDOCARPO + MESOCARPO + EPICARPO (ou EXOCARPO)
Tipos de froitos
Froitos simples
Proceden dunha flor cun só ovario ou
varios soldados
Froitos múltiples
Proceden dunha flor con varios
ovarios independentes
Carnosos Secos dehiscentes
Secos Indehiscentes
Tipos de froitos
Froitos complexos
Proceden das paredes do ovario e
outras partes da flor.
Infrutescencias
Froitos procedentes de
inflorescencias
Dentro está a flor do
figo que será
polinizada por
avispas.
O pexego e a noz son o mesmo tipo de froito
Nas mazás, o
receptáculo
floral medra
rodeando o
ovario
A función do froito é protexer a semente e facilitar a súa
dispersión
Diferentes mecanismos de
dispersión:
Anemócora: 1a e 1b
Hidrócora: 2b
Epizoócora: 3a e 3b.
Bolócora: cogombro do diaño
A XERMINACIÓN
É a transformación da semente nunha nova planta. Hai dous tipos básicos:
 Epixea: os cotiledóns e o ápice caulinat saen por riba da terra. Moitas
leguminosas.
 Hipoxea: os cotiledóns permanecen baixo terra. A maioría das
monocotiledóneas.
Na xerminación inflúen diversos factores: a auga, gases, temperatura, viabilidade
da semente...
GRAZAS POR ATENDERME

More Related Content

What's hot (16)

Tardígrado
TardígradoTardígrado
Tardígrado
 
Os fungos
Os fungosOs fungos
Os fungos
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Reino protista e virus
Reino protista e virusReino protista e virus
Reino protista e virus
 
Os cinco reinos 2
Os cinco reinos 2Os cinco reinos 2
Os cinco reinos 2
 
Os fungos
Os fungosOs fungos
Os fungos
 
Protistas
ProtistasProtistas
Protistas
 
Reproducción vexetais
Reproducción vexetaisReproducción vexetais
Reproducción vexetais
 
Os insectos
Os insectosOs insectos
Os insectos
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
 
a de Adrián
a de Adriána de Adrián
a de Adrián
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
Laura perez sarmiento
Laura perez sarmientoLaura perez sarmiento
Laura perez sarmiento
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 

Viewers also liked

Legal Issues Surrounding Social Media
Legal Issues Surrounding Social MediaLegal Issues Surrounding Social Media
Legal Issues Surrounding Social MediaAAF Inland Empire
 
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a paso
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a pasoTutorial sobre la creacion de un blogger paso a paso
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a pasoADELAMOLINARUIZ
 

Viewers also liked (20)

773 - spring 2014
773 - spring 2014773 - spring 2014
773 - spring 2014
 
Organización saída proxecto ríos decembro
Organización saída proxecto ríos decembroOrganización saída proxecto ríos decembro
Organización saída proxecto ríos decembro
 
O sangue
O sangueO sangue
O sangue
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 
Legal Issues Surrounding Social Media
Legal Issues Surrounding Social MediaLegal Issues Surrounding Social Media
Legal Issues Surrounding Social Media
 
Que é a ciencia
Que é a ciencia Que é a ciencia
Que é a ciencia
 
Mantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casaresMantemento da vida maria casares
Mantemento da vida maria casares
 
Orixe e evolución
Orixe e evoluciónOrixe e evolución
Orixe e evolución
 
Orixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivosOrixe e evolución dos seres vivos
Orixe e evolución dos seres vivos
 
A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)
 
Atmosfera. Parte I. pdf
Atmosfera. Parte I. pdfAtmosfera. Parte I. pdf
Atmosfera. Parte I. pdf
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1Proxecto ríos valiñadares grupo 1
Proxecto ríos valiñadares grupo 1
 
Lagrimasde Mujer
Lagrimasde MujerLagrimasde Mujer
Lagrimasde Mujer
 
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a paso
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a pasoTutorial sobre la creacion de un blogger paso a paso
Tutorial sobre la creacion de un blogger paso a paso
 
Escorial2
Escorial2Escorial2
Escorial2
 
Fotos 5 april 2012
Fotos 5 april 2012Fotos 5 april 2012
Fotos 5 april 2012
 
Claudia
ClaudiaClaudia
Claudia
 
Slideshare
SlideshareSlideshare
Slideshare
 
Elisete
EliseteElisete
Elisete
 

Similar to Reprodución animais vexetais

Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e MonerasTema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e MonerasSALVADOR FOLGAR COUSELO
 
Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1Fiz
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosbegoxin 1
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javierPlecoptero
 
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a péManual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a péASOAR-ARMEGA
 
Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaLOPEZMOURENZA
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaLOPEZMOURENZA
 
CéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou TroncaisCéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou Troncaisguestc225a5d
 

Similar to Reprodución animais vexetais (20)

Os Invertebrados
Os InvertebradosOs Invertebrados
Os Invertebrados
 
Os Invertebrados. Agrupamento
Os Invertebrados. Agrupamento Os Invertebrados. Agrupamento
Os Invertebrados. Agrupamento
 
A Célula
A CélulaA Célula
A Célula
 
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e MonerasTema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
Tema 10. Reino Fungos, Protistas e Moneras
 
Perpetuación vida. Parte I.
Perpetuación vida. Parte I.Perpetuación vida. Parte I.
Perpetuación vida. Parte I.
 
Sexualidade cms parte i
Sexualidade cms parte i Sexualidade cms parte i
Sexualidade cms parte i
 
Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1Naturais resumo tema_1
Naturais resumo tema_1
 
Estructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivosEstructura e función dos seres vivos
Estructura e función dos seres vivos
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
a de marco
a de marcoa de marco
a de marco
 
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a péManual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a pé
 
Seresvivos 1primaria
Seresvivos 1primariaSeresvivos 1primaria
Seresvivos 1primaria
 
Seresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimariaSeresvivos 5ºprimaria
Seresvivos 5ºprimaria
 
Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1Os seres vivos tema 1
Os seres vivos tema 1
 
Tema 5 A Evolución Biolóxica
Tema 5  A Evolución BiolóxicaTema 5  A Evolución Biolóxica
Tema 5 A Evolución Biolóxica
 
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
1º eso. Ciencias Naturais. Tema 9. A terra e os seres vivos. Adaptacións
 
Protozoos
ProtozoosProtozoos
Protozoos
 
Protozoos
ProtozoosProtozoos
Protozoos
 
CéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou TroncaisCéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou Troncais
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 

Reprodución animais vexetais

  • 1. Profesor: Adán Gonçalves REPRODUCIÓN EN ANIMAIS E VEXETAIS https://encrypted- tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSFjFxznPX7BLl48pL_Rer7l3ts8EAngtLs2Jn8Oyb wA0uWDpX-
  • 2. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO Ciclo vital ou biolóxico: son as diferentes etapas ó longo da vida dun organismo. A complexidade do ciclo vital varía segundo a especie. No ciclo biolóxico podemos diferenciar varias fases: 1. Fase inicial: é o comezo do ciclo. Pode ser unha soa célula (célula ovo ou cigoto) ou un pequeno grupo de células desprendidas do proxenitor.
  • 3. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO 2. Desenvolvemento: é a fase de cambios no tamaño e na forma que conleva a diferenciación das estruturas internas. Nalgúns organismos pluricelulares, como os anfibios e insectos, este desenvolvemento é moi complexo e posúe distintas etapas nas que o aspecto do individuo pode ser moi diferente do adulto (Metamorfose).
  • 4. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO 3. Reprodución: nesta fase os adultos producen “unidades reprodutoras” que orixinarán novos individuos coas características dos proxenitores (descendencia). A unidade reprodutora pode ser unha célula (células xerminais) ou un conxunto delas.
  • 5. EXEMPLOS DE CICLOS BIOLÓXICOS ©recursos.cnice.mec.es ©infovisual ©biottecfortaleny.blogspot.com
  • 6. 1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN A reprodución é o conxunto de procesos mediante os cales as células e os organismos producen descendentes semellantes a eles mesmos, perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da especie Liña somática e liña xerminal : Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez a célula reprodutora. Nos organismos pluricelulares, as células non especializadas (células somáticas) constitúen a liña somática ou soma. Polo contrario, as células especializadas na reprodución (células xerminais) constitúen a liña xerminal ou xerme..
  • 7. Existen dous tipos de células xerminais: • Esporas: desenvólvense directamente para orixinar un novo individuo sen fusión. Nos vexetais son as células que teñen meiose. • Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a outro gameto para formar o cigoto que por multiplicacións orixinará o novo individuo. Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se orixinan a partir dun cigoto por sucesivas divisións mitóticas. Nos animais só os gametos sofren unha división reduccional (meiose). Os gametos son células sexuais e son característicos deste tipo de reprodución. 1. IMPORTANCIA DA REPRODUCIÓN
  • 8. Fixádevos no ciclo dos fentos a diferenza entre o que é unha espora e un gameto.
  • 9. 2. TIPOS DE CICLOS E DE REPRODUCIÓN Hai unha grande variedade de mecanismos reprodutivos nos seres vivos que, en xeral, agrupamos en dous tipos: reprodución asexual ou agamia e reprodución sexual ou gámica. Nalgúns organismos danse os dous tipos ao longo da súa vida e fálase neste caso de reprodución alternante. Dependendo delo os ciclos vitais poden ser máis ou menos complexos. Segundo o momento do ciclo no que suceda a meiose diferenciamos: ciclo haplonte, ciclo diplonte ou ciclo diplohaplonte.
  • 10.
  • 11.  Ciclo haplonte: hai meiose cigótica formando catro células haploides que dan lugar a adultos haploides. Éstes por mitose forman gametos que tras a fecundación orixinan cigotos diploides. Característico de moneras, algún protozoo, algas e fungos.  Ciclo diplonte: hai meiose gamética durante a gametoxénese. O cigoto (2n) divídese por mitose e orixina o adulto que por meiose forma os gametos que se uniran para forman un novo cigoto. Típico de animais.  Ciclo diplohaplonte: hai meiose esporxénica. O cigoto diplode por mitose orixina un adulto diploide (esporófito) que produce por meiose esporas haploides. As esporas orixinan adultos haploides (gametófitos) que por mitoses forman gametos que tras a fecundación forman un novo cigoto. Característico das plantas.
  • 12.
  • 13. REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA Tamén chamada multiplicación vexetativa. É aquela que non necesita de células sexuais especializadas, senón que un único organismo xera copias idénticas de si mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda que adoita ir acompañada da sexual para asegurar a variabilidade. Vantaxes: 1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles. 2) Pódese levar a cabo cun só individuo. 3) Pode dar lugar a moitos de individuos.
  • 14. Inconvintes: 1) Non aumenta a variabilidade xenética. Hai moitos tipos diferentes de reprodución asexual. En animais: amitose, bipartición, escisión múltiple, xemación... En plantas: bipartición, fragmentación, propágulos, esporulación... REPRODUCIÓN ASEXUAL OU AGAMIA
  • 15. A reprodución asexual é moi frecuente en organismos unicelulares... Paramecio en bipartición Microalga en bipartición
  • 16. ...,pero tamén se da en plantas...
  • 18. É aquela na que células especializadas (gametos ou células sexuais) se fusionan para formar un cigoto a partir de o cal desenvolverase o novo individuo. Vantaxes: 1) Permite unha maior variabilidade xenética (recombinación xenética) sobre a que pode actuar a selección natural e polo tanto, favorece a supervivencia da especie. REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA
  • 19. Desvantaxes: 1) Ten que haber dous proxenitores. 2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades e móbiles) e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos terrestres). FECUNDACIÓN A unión dos gametos denomínase fecundación, e tras ela fórmase a célula ovo ou zigoto que é unha célula diploide (2n) a partir da cal se desenvolve o novo individuo. REPRODUCIÓN SEXUAL OU GAMIA
  • 20. FECUNDACIÓN A gametogamia (reprodución por gametos) pode ser por: Partenoxénese: o novo individuo orixínase a partir só dun gameto feminino. Típica de insectos sociais (formigas e abellas). Anfigonia: a máis frecuente, implica fecundación e fusión do material xenético dos gametos (cariogamia). Segundo o tipo de gametos diferenciamos: - Isogamia: Os dous gametos son iguais. Frecuente en protistas. - Anisogamia: un gameto máis grande co outro. Algas. - Oogamia: un gameto inmóbil e de maior tamaño (óvulo/oosfera) e o outro móbil (flaxelado) e máis pequeño (espermatozoide/ anterozoide). En animais e plantas.
  • 23. FECUNDACIÓN EN ANIMAIS A fecundación en animais pode realizarse de dous xeitos: Fecundación externa: os gametos únense na auga (fóra do corpo da nai). Os ovos orixinan larvas que se desenvolven ata se converter en adultos. Típica de animais acuáticos e anfibios. Fecundación interna: a unión realízase dentro do corpo da nai. Característica de animais terrestres e condrictios.
  • 24. DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO NOS ANIMAIS Segundo o desenvolvemento embrionario, os animais poden ser: Ovíparos: o ovo deposítase no exterior e o embrión desenvólvese a partir das reservas deste. Típico de moitos peixes, anfibios, réptiles e aves. Ovovivíparos: o embrión desenvólvese a partir das reservas do ovo, pero dentro da nai. En quenllas e algunhas serpes e lagartos. Vivíparos: o embrión desenvólvese no interior do útero a partir das substancias aportadas pola nai. Característico dos mamíferos.
  • 25. 3. REPRODUCIÓN EN INVERTEBRADOS Poden ter reprodución asexual ou sexual. 3.1. REPRODUCIÓN ASEXUAL EN INVERTEBRADOS Hai varios tipos: Xemación: unha parte do corpo do proxenitor sepárase (xema) e orixina un novo individuo. Típico de esponxas e cnidarios. Escisión ou fragmentación: rotura espontánea dun fragmento ou máis do corpo do proxenitor que orixinan novos individuos. Característico dalgúns cnidarios (anémonas) e planarias. Dentro da fragmentación hai variantes como a rexeneración (en estrelas de mar) ou a estrobilación en pólipos.
  • 27. Poliembrionía: as veces considérase tamén como un caso especial de fragmentación. Consiste na división do embrión nas primeiras etapas. En Vertebrados aparece no armadillo. Na nosa especie, non é habitual e cando se produce orixínanse xemelgos monocigóticos.
  • 28. 3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS Os invertebrados mostran unha gran variedade de modalidades de reprodución sexual debido a súa adaptación a múltiples hábitats. Unisexuais e Hermafroditas Os seres unisexuais son os que producen un só tipo de gametos. Os hermafroditas son capaces de producir os dous tipos. O hermafroditismo é relativamente habitual nos invertebrados en grupos como: platihelmintos,, anélidos, crustáceos e moluscos. O frecuente e a fecundación cruzada (os dous individuos insemínanse mutuamente) como nas miñocas.
  • 29. 3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS Invertebrados acuáticos Varias posibilidades: Esponxas: Liberan espermatozoides que fecundan óvulos noutra esponxa e libéranse as larvas a auga. Cnidarios: fecundación nas gónadas do animal, fórmase un cigoto de resistencia que sae ao exterior. Equinodermos e anélidos acuáticos: liberan a auga os gametos onde se produce a fecundación e desenvolven larvas.
  • 30. 3.2. REPRODUCIÓN SEXUAL EN INVERTEBRADOS Invertebrados Terrestres Os artrópodos soen ser unisexuais e ovíparos ou ovovíparos. O máis característico deste grupo é que moitos deles sofren metamorfose. - Metamorfose incompleta: do ovo nace un animal similar ao adulto (de menor tamaño) denominado ninfa. A ninfa ten os mesmos hábitos alimenticios cos adultos. Saltóns, grilos... - Metamorfose completa: do ovo nace un individuo moi diferente ao adulto, incluso no tipo de vida. Son as larvas. As larvas pasan por unha fase inmóbil (pupa) antes de orixinar o adulto (imago). Bolboretas, escaravellos...
  • 31.
  • 32. 4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS Os vertebrados caracterízanse por ter reprodución sexual. Só en lagartas e píntegas pode ser habitual a rexeneración da cola, pero como dixemos xa, non pode ser considerado un mecanismo de reprodución. PEIXES Característica a fecundación externa, aínda que en quenllas é raias son habituais os órganos copuladores (hemipenes). Habitualmente os peixes son ovíparos, pero a maioría das quenllas son ovovivíparas.
  • 33. 4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS ANFIBIOS Ovíparos con fecundación externa, aínda que macho e femia achéganse no acto reprodutor para asegurar a fecundación. Teñen metamorfose: as larvas denomínanse cágados, son totalmente acuáticas e respiran por branquias; os adultos poden perder a cola (se son anuros), e desenvolven patas e pulmóns.
  • 34. 4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS O PASO A TERRA A colonización do medio terrestre foi un importante paso evolutivo. Os anfibios son un grupo todavía cunha gran dependencia do medio acuático sobre todo na reprodución. O paso clave para orixinar vertebrados netamente terrestres foi o desenvolvemento do ovo cleidoico ou amniótico (excepto na maioría dos mamíferos onde apareceu a placenta) que posúe capas protectoras que evitan a desecación, pero permiten a o intercambio gasoso. Ademais nos vertebrados terrestres é carácterística a fecundación interna para asegurar un medio húmido aos gametos.
  • 35. O ovo amniótico Esta formado por unha célula ou xema que é o óvulo recheo de substancias nutritivas (o vitelo) e un núcleo (mancha xerminativa) onde comeza a formarse o embrión. Arredor del hai tres membranas extraembrionais: - Amnios: bolsa no que se desenvolve o embrión e que evita a súa deshidratación. - Alantoides: onde se acumulan os refugallos. - Corion: permite o intercambio gasoso.
  • 36. 4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS RÉPTILES Os réptiles foron os primeiros vertebrados que se independizaron da auga. Neles aparece por primeira vez o ovo amniótico. Este ovo é similar ao das aves, agás na casca, que é apergaminada nos réptiles e calcárea nas aves. Os machos posúen un órgano copulador para introducir os espermatozoides no corpo da femia.
  • 37. 4. REPRODUCIÓN EN VERTEBRADOS AVES Son ovíparas e reprodúcense por fecundación interna mediante a superposición de cloacas (non posúen órgano copulador). Os rituais de apareamento das aves son dos fenómenos máis singulares do reino animal (plumas vistosas, cantos, movementos e danzas...) MAMÍFEROS Posúen fecundación interna e son típicamente vivíparos (salvo os monotremas). Na maioría deles (placentados) aparece un órgano, a placenta xunto co cordón umbilical que permite o intercambio de substancias da nai coa cría. Caracterízanse polo coidado das crías e a lactancia.
  • 38.
  • 39.
  • 40. 5. REPRODUCIÓN HUMANA Os órganos xenitais orixinanse cara o cuarto mes de vida intrauterina, constitúen os caracteres sexuais primarios. Na pubertade as hormonas sexuais estimulan a produción de gametos e son responsables do desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios (barba, seos, tono de voz,...) Homes:  Aumento do tamaño dos órganos sexuais.  Aparece o pelo corporal e a barba.  Increméntase a masa muscular.  Voz máis grave.  Primeiras exaculacións.  Aumenta a secrección de grasa: acné.
  • 41. Mulleres:  Aumento dos órganos sexuais.  Ensanchamento das cadeiras e desenvolvemento das mamas.  Aparece o velo púbico e nas axilas.  Prodúcense as primeiras regras. Aumenta o contido de grasa nas coxas. 5. REPRODUCIÓN HUMANA Homes:  Aumento do tamaño dos órganos sexuais.  Aparece o pelo corporal e a barba.  Increméntase a masa muscular.  Voz máis grave.  Primeiras exaculacións.  Aumenta a secrección de grasa: acné. Cambios nos adolescentes
  • 42. 5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO É o encargado de producir as hormonas sexuais masculinas (andróxenos) e os espermatozoides (gametos masculinos). Ten tamén a función de levar a cabo a cópula, permitindo así a fecundación. Falaremos a continuación das distintas partes que diferenciamos neste aparello: testículos, vías reprodutoras, pene e glándulas anexas.
  • 43. 5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO 5.1.1. Testículos Son as gónadas masculinas. Formadas por uns condutos numerosos e enrolados chamados túbulos seminíferos en cuxas paredes fórmanse os espermatozoides. Hai tamén células produtoras de hormonas sexuais (as células de Leydig que producen testosterona). Os testículos están fora da cavidade abdominal recubertos dun repregamneto da pel chamado escroto.
  • 44.
  • 45. 5.1.2. As vías reprodutoras 5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO Son os condutos que recollen o transportan os espermatozoides cara o exterior. Son:  Epidídimo: conduto que é a confluencia dos túbulos seminiferos de cada testículo. É o lugar de maduración.  Conduto deferente: continúa o epidídimo e ascende cara o interior do abdome. Serve de almacén para os espermatozoides (42 días).  Urétra: conduto compartido co aparello excretor. A última parte discorre polo interior do pene.
  • 46. 5.1.3. Pene 5.1. APARELLO REPRODUTOR MASCULINO É o órgano copulador masculino. Formado por dúas masas esponxosas eréctis chamadas corpos cavernosos, situados por enriba da uretra. Cando existe excitación rechéase de sangue permitindo a erección e facilitando a penetración na vaxina durante o coito. A parte final do pene dilátase formando o glande que posúe numerosas terminacións nerviosas. É o lugar de saída do aparello reprodutor e urinario. O prepucio é un pequeno repregue de pel fina que protexe o glande. Cando está estreitado fálase de fimose. O prepucio pode eliminarse cirúrxicamente: circuncisión
  • 48. Cuestións: 1. Coñeces algunha razón pola que os testículos teñan que estar fora da cavidade abdominal? 2. Sabes por que non é posible unha exaculación e o acto da micción simultaneamente? 3. Os pantalóns axustados usados de xeito continuado poden ocasionar esterilidade temporal. Cal cre que pode ser a razón? 4. A partir de certa idade a próstata pode aumentar de tamaño. Que consecuencias pode ter esta anomalía?
  • 49. 5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO Formado polos ovarios e as vías reprodutoras. 5.2.1. Os ovarios Son as gónadas do aparello reprodutor feminino. Producen os óvulos e as hormonas femininas. Na parte externa dos ovarios (cortiza) atópanse os folículos ováricos que é onde se forman os óvulos. A medida que nos achegamos a superficie do ovario, os folículos son máis grandes (folículos de Graaf) e conteñen óvulos xa preparados para ser expulsados.
  • 50. 5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 5.2.2. As vías reprodutoras Son os condutos que interveñen na fecundación e na xestación.  Trompas de Falopio: dous condutos cunha abertura con forma de funil que recollen os óvulos liberados polos ovarios e os transportan mediante cilios das súas paredes ata o útero. É o lugar habitual da fecundación.  Útero: cavidade na que desembocan as trompas, posúe unha gran capa muscular e está tapizado por unha mucosa chamada endometrio. Na súa parte inferior estréitase formando o cérvix que comunica coa vaxina. 
  • 51. 5.2. APARELLO REPRODUTOR FEMININO 5.2.2. As vías reprodutoras  Vaxina: conduto musculosos e elástico que comunica o útero co exterior. Posúe glándulas que segregan substancias lubricantes para facilitar a penetración. Na entrada existe unha pequena membrana incompleta (Himen) que racha durante as primeiras relacións sexuais. Vulva: constitúe o órgano xenital externo da muller. Presenta pregamentos cutáneos (labios maiores e menores) entre os que se atopa o clítoris (órgano moi sensible formado por un tecido eréctil similar ao do pene).
  • 52.
  • 53.
  • 54. Cuestión: 1. Cal é a relación na muller entre o aparello urinario e o reprodutor? 2. En que se diferenza, neste sentido, do que ocorre no home?
  • 55. 6. GAMETOXÉNESE A gametoxénese é o proceso de formación dos gametos: espermatoxénese e ovoxénese segundo sean espermatozoides ou óvulos. ESPERMATOZOIDES: Os espermatozoides fórmanse nas paredes dos túbulos seminíferos (o proceso dura uns 2 meses, dende a pubertade repítese ao longo da vida do home). Os espermatozoides son de pequeño tamaño, moi móbiles e de vida curta (2-4 días no interior do útero da muller). Constan dunha cabeza (onde reside o núcleo da célula e polo tanto, o material xenético), un corpo intermedio (con numerosas mitocondrias) e unha cola (o flaxelo que permite o seu movemento).
  • 56.
  • 57. 6.1. ESPERMATOXÉNESE Nas paredes dos túbulos seminíferos hai espermatogonias ou células xerminais que comezan a multiplicarse ao chegar a pubertade. A espermatoxénes divídese en:  Formación de espermatocitos primarios: por mitoses das espermatogonias.  Meiose: cada espermatocito primario (2n) orixina na 1º división dous espermatocitos secundarios (n). Na segunda división fórmanse 4 espermatidas.  Espermioxénese: As espermátidas maduran orixinando espermatozoides que saen a luz do túbulo e desprázanse cara o epidídimo.
  • 58. Os óvulos fórmanse nos ovarios a partir dos folículos. Os folículos con distintos tamaños corresponden con ovarios en distintos graos de maduración. Cando o folículo está maduro rompe a parede e libera o óvulo cara as trompas de Falopio, a este proceso denomínaselle ovulación. Un óvulo é unha célula esférica, inmóbil e relativamente grande, xa que acumula substancias nutritivas de reserva. Posúe un núcleo co seu material xenético. Rodeando ao óvulo hai unha serie de envolturas (zona pelúcida e coroa radiata) que o protexen e producen mucosidade. ÓVULOS:
  • 59.
  • 60. 6.2. OVOXÉNESE Hai catro etapas:  Multiplicación das células xerminais ou ovogonias: remata cara a 15ª semana do desenvolvemento embrionario.  Transformación das ovogonias en ovocitos 1º: durante o período fetal as ovogonias orixinan ovocitos 1º. Netes ovocitos iníciase a 1º división meiótica (queda na profase I).  Formación dos ovocitos 2º: na pubertade os ovocitos 1º medran e acumulan reservas e conclúen a 1º división meiótica que orixina dúas células un ovocito 2º que contén case o todo o citoplasma e o corpúsculo polar que só é material xenético. Neste momento ocurre la ovulación (só un ovocito 2º en cada ciclo sae do ovario).
  • 61.  Segunda división meiótica: prodúcese somente se o ovocito 2º é fecundado. O ovocito 2º orixina dúas células, un corpúsculo polar 2º e un óvulo maduro. O corpúsculo polar 1º, a súa vez, orixinará outros dous corpúsculos polares. Polo tanto ao final da meiose temos un óvulo con tres corpúsculos polares. Todos os corpúsculos polares dexeneran. Se o ovocito 2º non é fecundado será expulsado do corpo na menstruación.
  • 62.
  • 63. O Ciclo Ovárico A ovulación é un proceso que sucede cada 28 días de xeito alterno en cada un dos ovarios. Está regulado polas hormonas sexuais (FSH, LH e proxesterona principalmente) e a súa finalidade é a maduración e liberación dun óvulo cada vez. A este proceso cíclico chámaselle ciclo ovárico e ten tres fases: Fase folicular (1º-14º día del ciclo): a FSH (hipófise) estimula os folículos. Os ovarios producen estradiol (un estróxeno). Ovulación (12º-14º día): Coincide cun “pico” de LH (hipófise) que provoca a liberación do “óvulo” do ovario. (días máis fértiles: 5 antes e 2 despois). Fase secretora (16º-28º): despois de expulsado o “óvulo” fórmase unha masa de células (corpo lúteo amarelo) que produce e segrega proxesterona. Este corpo dexenera en 10-12 días e deixa de producir proxesterona se non hai fecundación.
  • 64.
  • 65. O Ciclo Menstrual De xeito paralelo ao ciclo ovárico as hormonas sexuais (estróxenos) preparan as paredes internas do útero ante un posible embarazo. O endometrio engrósase e recóbrese dunha mucosa rica en vasos sanguíneos. Pola súa banda a proxesterona detén estos cambios e mantén na súa posición ao endometrio. Se o óvulo non é fecundado (entre outras cousas diminúen os niveis de proxesterona) a mucosa uterina despréndese e sae ao exterior a través da vaxina provocando unha pequena hemorraxia, a menstruación (dura normalmente entre 3-5 días). Este proceso períodico recibe o nome de ciclo menstrual ou uterino e tamén o podemos dividir en tres fases: menstrual (1º- 4º), proliferativa ou estroxénica (5º-13º) e secretora ou proxestacional (14º- 28º).
  • 66.
  • 67. 7. FECUNDACIÓN A fecundación na nosa especie ten lugar nas trompas de Falopio. Para que isto suceda, os espermatozoides depositados na vaxina no coito deben ascender polas trompas ata atopar ao óvulo. Trala fecundación o óvulo forma unha membrana impenetrable para os demais espermatozoides. O proceso de fecundación remata coa formación do cigoto. A partir de aquí comeza a dividirse por sucesivas mitoses.
  • 68.
  • 69. 8. DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO O desenvolvemento dun animal ata chegar a idade adulta denomínase ontoxenia e consta de dous períodos: embrionario e postembrionario (dende o nacemento ata a madurez sexual). En canto ao desenvolvemento embrionario a nosa especie é vivípara. O desenvolvemento dentro da nai asegura unha mellor protección e viabilidade aos embrións. As transformación no embrión suceden ininterrompidamente, pero soense diferenciar as seguintes fases: segmentación, gastrulación, formación do mesodermo e organoxénese.
  • 70. Segmentación: dende o cigoto ata a fase de blástula. Divisións mitóticas que orixinan células cada vez máis pequenas (blastómeros) que permanecen agrupadas (mórula). Despois os blastómeros migran cara a periferia formando unha parede externa, o blastodermo que deixa unha cavidade interna chea de fluído o blastocele, estamo xa na fase de blástula.
  • 71. https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&uact=8&docid=PnuEKz_ WiY0NCM&tbnid=6LwUoqpajwTYQM:&ved=0CAQQjB0&url=http%3A%2F%2Fcienciasdelmundocontemp oraneo1bat.blogspot.com%2F2013_06_02_archive.html&ei=zCluU- jkGcPOOarrgagL&bvm=bv.66330100,d.d2k&psig=AFQjCNGGqFj2dvTnKxoUDDRiES- R4S65kA&ust=1399814963288597 Gastrulación: a blástula sofre pregramentos e cambios que orixinan unha nova fase, a gástrula. No proceso fórmanse as tres capas embrionarias: endodermo, ectodermo e mesodermo que desenvolverán os distintos tecidos e órganos. O primeiro que se forma é o ectodermo e o endodermo; por dentro do endodermo orixínase unha cavidade , o arquenterón que comunica ao exterior polo blastoporo.
  • 72. Com xa comentamos noutros temas, nos poríferos e cnidarios, só se desenvolven estas dúas capas, son animais diblásticos. No resto desenvólvese o mesodermo, son animais triblásticos. Formación do mesodermo: como xa vimos, os animais triblásticos pode forman un celoma. Dependendo delo diferenciabamos: acelomados (platihelmintos), pseudocelomados (nematodos) e celomados (os demais).
  • 73.
  • 74. Organoxénese: tras a gastrulación comeza a diferenciación de tecidos e órganos (histoxénese e organoxénese). FOLLAS EMBRIONARIAS ÓRGANOS QUE FORMA ECTODERMO Epiderme, sistema nervioso e aberturas naturais do corpo. ENDODERMO Tubo dixestivo e glándulas anexas, recubrimiento do tubo dixestivo, da vexiga urinaria e a cloaca MESODERMO Derme, músculos esqueléticos, esqueleto óseo, circulatorio, gónadas e excretor.
  • 75. 9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS REPRODUCIÓN ASEXUAL - Reprodución vexetativa: fórmanse novos individuos a partir dunha parte da planta, os procesos máis habituais son: un talo paralelo ao solo do que parten novos individuos como nos amorodos (estolóns), talos subterráneos dos que parten novos individuos como nas cebolas (bulbos) e talos subterráneos de reserva con xemas que orixinan novas plantas coma na pataca (tubérculos). - Reprodución por esporas: a partir dunha célula con núcleo orixínanse varias, en xeral moitas, células fillas que chamamos esporas que cando as condicións son favorables son dispersadas e xerminan orixinando novas plantas.
  • 76. a) Estolóns. b) Rizoma. c) Tubérculo. d) Bulbo. e) Propágulos adventicios
  • 77. Métodos de reprodución asexual artificial ESTACAS OU GALLOS ENXERTOS PORBAIXA
  • 78. Micropropagación: actualmente empréganse técnicas de clonación e cultivo in vitro para obter moitas plantas idénticas nun reducido espazo e tempo. Primeiro cultívanse células embrionarias ou somáticas, nun tubo de ensaio. De aquí obténse unha masa de células indiferenciada chamada calo na que hormonalmente indúcese a diferenciación dunha plantiña. Despois transplántase.
  • 79. 9. REPRODUCIÓN NOS VEXETAIS REPRODUCIÓN SEXUAL As plantas teñen un ciclo diplohaplonte no que se alternan dúas xeracións: unha haploide (gametófito) e outra diploide (esporófito).
  • 80. Nas plantas obsérvase unha tendencia cara o predominio do esporófito sobre o gametófito.
  • 81. Ciclo dos briófitos: hai predominio do gametófito sobre o esporófito. O esporófito é unha fase de vida curta que vive a expensas do gametófito. ● Esporófito: fase produtora de esporas. ● Esporanxio: órgano produtor das esporas. ● Gametófito: fase produtora de gametos. ● Gametanxio: órgano produtor de gametos. ● Anteridio: órgano produtor de gametos masculinos (anterozoides) ● Arquegonio: órgano produtor do gameto feminino (oosfera)
  • 82. Ciclo dos pteridófitos: o esporófito é a parte dominante do ciclo. O gametófito é pequeno, subterráneo e de vida curta.
  • 83. REPRODUCIÓN EN ESPERMATÓFITOS: As espermáfitas teñen un ciclo diplohaplonte no que a fase predominante é o esporófito. As espermáfitas caracterízanse pola produción de sementes como estruturas de dispersión. As vantaxes das sementes fronte ás esporas son: ● A semente ten cubertas protectoras e a espora non. ● A semente contén o endospermo, con substancias nutritivas de reserva. A espora non. ● A semente contén un embrión pluricelular, con raíz, talo e follas embrionarias. A espora é unicelular. Fronde con soros que conteñen os esporanxios e esporanxio con esporas.
  • 84. ● Nos conos femininos están as escamas seminíferas. Nelas, a célula nai das megasporas, ao dividirse mediante meiose, orixina catro células. Tres dexeneran, e unha forma a megaspora (n), que desenvolve o gametófito feminino ao dividirse por mitose. Dentro do gametófito fórmanse os arquegonios, onde están as ovocélulas ou oosferas. ● As escamas masculinas conteñen os sacos polínicos nos que se producen, por meiose, microsporas haploides. As microsporas transfórmanse en grans de pole, que son os gametófitos masculinos. Cada gran de pole contén dous núcleos que actúan como gametos masculinos. Ciclo nas ximnospermas
  • 85. POLINIZACIÓN, FECUNDACIÓN E FORMACIÓN DA SEMENTE Os grans de pole son transportados ata o gametófito feminino. Fórmase un tubo polínico que permite o paso dos núcleos espermáticos ata chegar a oosfera. Prodúcese a fecundación cando se unen os dous gametos. O embrión queda protexido por un endospermo derivado dos tecidos do gametófito e polo tegumento da semente. Os conos femininos adquiren consistencia leñosa, transformándose en piñas, que se abren e liberan as sementes cando éstas maduran.
  • 86. AS ANXIOSPERMAS: PLANTAS CON FROITO Partes dunha flor de anxiosperma
  • 88. ÓRGANOS REPRODUTORES NAS ANXIOSPERMAS: ESTAMES (a) E CARPELOS (b) O gametofito masculino é o gran de pole xerminado. Contén dous núcleos espermáticos, que son os gametos masculinos. O gametófito feminino é o saco embrionario. A célula nai da megaspora, por meiose, orixina catro células, das que tres dexeneran. A restante (megaspora) orixina oito núcleos por mitose. Dous deles fusiónanse e dispóñense no centro, formando os núcleos secundarios. Dos outros, dispóñense tres en cada extremo. Nun deles atópase a oosfera acompañada de dúas células (sinérxidas). As células do outro extremo chámanse antípodas.
  • 89. POLINIZACIÓN E FECUNDACIÓN POLINIZACIÓN Transferencia dos grans de pole desde as anteras dunha flor ata o estigma doutra (polinización cruzada) ou da mesma flor (autopolinización). TIPOS SEGUNDO O AXENTE DISPERSIVO ANEMOFILIA ORNITOFILIA E POR MORCEGOS ENTOMOFILIA
  • 90. A FECUNDACIÓN E A FORMACIÓN DA SEMENTE Núcleos secundarios Saco embrionario Oosfera Núcleos espermáticos Tubo polínico Gran de pole 1 Unha vez que chega o gran de pole ao estigma orixina o tubo polínico que vai polo estilo e o ovario ata o óvulo 1 2 Mentras no óvulo se desenvolve o saco embrionario: Con 8 núcleos haploides en 7 células. 2 3 Polo tubo polínico baixan os dous núcleos espermáticos que producen unha dobre fecundación 3
  • 91.
  • 92.
  • 93. SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS
  • 94. SEMENTE E FROITO NAS ANXIOSPERMAS Despois da dobre fecundación o cigoto diploide (procedente da unión da oosfera e un núcleo espermático) desenvolve o embrión que será pluricelular e terá raíz, talo e follas embrionarias (cotiledóns). O núcleo triploide (orixinado pola unión dos dous núcleos polares e un núcleo espermático) formará o endospermo ou albumen con función nutritiva. O óvulo orixina a semente que contén o embrión e o endospermo. O carpelo desenvolve o froito que estará constituido polas sementes rodeadas dun tecido protector, o pericarpo.
  • 95. PERICARPO = ENDOCARPO + MESOCARPO + EPICARPO (ou EXOCARPO)
  • 96. Tipos de froitos Froitos simples Proceden dunha flor cun só ovario ou varios soldados Froitos múltiples Proceden dunha flor con varios ovarios independentes Carnosos Secos dehiscentes Secos Indehiscentes
  • 97. Tipos de froitos Froitos complexos Proceden das paredes do ovario e outras partes da flor. Infrutescencias Froitos procedentes de inflorescencias Dentro está a flor do figo que será polinizada por avispas.
  • 98. O pexego e a noz son o mesmo tipo de froito Nas mazás, o receptáculo floral medra rodeando o ovario
  • 99. A función do froito é protexer a semente e facilitar a súa dispersión Diferentes mecanismos de dispersión: Anemócora: 1a e 1b Hidrócora: 2b Epizoócora: 3a e 3b. Bolócora: cogombro do diaño
  • 100. A XERMINACIÓN É a transformación da semente nunha nova planta. Hai dous tipos básicos:  Epixea: os cotiledóns e o ápice caulinat saen por riba da terra. Moitas leguminosas.  Hipoxea: os cotiledóns permanecen baixo terra. A maioría das monocotiledóneas. Na xerminación inflúen diversos factores: a auga, gases, temperatura, viabilidade da semente...